viernes, 14 de noviembre de 2008

CRONICAS DO CAMIÑO- OS SEÑORES DO CASTELO- EPISODIO II- A IRMANDADE DAS NATITAS-por Luis Ferreirós

Episodio II- A irmandade das Natitas






Na plaza vella, sita detrás do sindicato, onde convivían na escuridade bolsas de leite con sacos de patacas e caramelos de cola e natitas en envases transparentes, lugar onde Loreto estudiaba e Ricardo facía as súas primeiras gamberradas antes de dedicarse profesionalmente á bebida, esperaban os meus amigos, que sinalando o reloxio Thermidor, regalo de 1º comunión dun tío que emigrara a Canarias ó máis baixo deles, facían entender que a miña chegada viña con un lixeiro retraso.





En realidade si que era tarde, Josefina xa abrira a tenda, esperaba na porta verde de medio pano a entrada dos primeiros clientes, que ben por unhas zapatillas rusas ou por un metro e medio de goma, medida sempre con milimétrica precisión cunha vara de madeira que penso que todavía conserva, precisaran mercar calquera cousa que viñera ben para as súas imperiosas necesidades; Dentro da tenda en semiescuridade Juan Antonio facía pías de caixas e Bea estudiaba enriba do mostrador de madeira, acristalado na súa parte baixa, apoiando o seu lápis do 04 contra un expositor de carretes de fíos de diversas cores que presidía a parte dereita do improvisado bureau.



Tamén o Señor Juan saiu á porta, paseando o seu corpachón cun andar acompasado, e sacando do peto da camisa as gafas de cerca, facendo deste xeito mostra inequívoca das súas intencións dirixíase , encarando a beirarrúa co seu irregular embaldosado xadrezado, á vetusta libraría onde Ermitas, acurrucada e sentada nunha banquetiña de madeira, enfrente dunha vella AGNI que permanecía apagada, olvidada do retiro que correspondía pola época estival entrante, facía ganchillo.



Manolo viña con mangas curtas pasando por diante do improvisado garaxe que tiñan na parte de atrás , portando baixo o seu fornido brazo un poster do hercúleo Lou Ferrigno, que posteriormente sería colocado en calquera parede da inmutable expendiduría de prensa matutina, esquivou a moto que anos máis tarde sería a súa perdición,pesou cuarto quilo de El Ideal Gallego ( os sábados traía o TP), e agradecendo a vista do veciño,agarrou unha caixa de tacholas e púxose á faena, os canarios oíanse cantar dende a parte de atrás, facendo así a mañá máis radiante do que xa de por sí era.



Baixabamos os 4 Fantásticos pola Rúa Calvo Sotelo ata chegar o cruce que vira á dereita chegando á tintorería que había no baixo da casa de Manolo o Comeuñas, eunha vez entrados no camiño vello, collemos costa arriba o pedregoso camiño de Rivela, tirando do alento e apoiándonos no que coméramos.



Rematado o citado camiño, Dani parou diante da casa do Roxo a coller un pau que fixera as veces de bastón de pelegrín, e dispúxose a limpalo de polas, sacou do seu peto traseiro unha navalla de sete estalos que fora limpamente conseguida no tiro das festas de Boiro con sólo cinco pesos de balíns,e afiouno, no mesmo intre Fran bebía auga dunha cantimplora de cor caqui que mercara o ano pasado na de Marichú, esperando reemprender a marcha para adentrarnos no inhóspito territorio de Carmela a Chopa......


12 comentarios:

Anónimo dijo...

Luís, incrible descripción do que eu lembro de Boiro, ata con algunha foto e todo.
Segue así, que isto vai por bo camiño, e pensa en publicar estas Crónicas do Camiño pois merece a pena tentalo.
Veña ánimo e segue escribindo con ese sentir popular, e o sentimento que ti lle pos.
Unha aperta.

Anónimo dijo...

De puta madre a descrición, agora a ver oterceiro capitulo, promete..
a música boiísima, comose chamaba o grupo???

Anónimo dijo...

estoume dando conta de que tiñas unha faceta literaria moi adentro,pero pouco a pouco está saíndo, sr luís.aínda que penso que che costa moitas horas facer uns anacos de relatos,pero ésto cada vez´vai a mellor.un saúdo e felicidades.

Anónimo dijo...

eu espero un relato sobre a sastrería do tío ramón o chepas e máis do seu quiosco

Anónimo dijo...

Moi boa discrición, pero si tes unha pendiente co quiosco do Sr Ramón o Chepas, o sair da misa, o que iba, sempre pasabamos a mercar alí os tebeos.. e agora xa estou esperando a 3ªparte, estaste adentrando no mismo Boiro de Abaixo...

Si non me equivoco que pode ser a Calle Calvo Sotelo era a dos taxis, a Principal de hoxe era General Franco.

Anónimo dijo...

A Principal De Agora, estaba dividida en tres tramos, cimadevila era General Sanjurjo, desde a calle 26 era Calvo Sotelo, e do cruce do Camiño vello para abaixo era General franco..... A o chepas está no forno.... antes ten que cocer esta.
A dos taxis era Carrero Blanco, a de Barraña era Av. Jose Antonio, e tamén estaba a tenencia que comprendía o lugar da parte baixa da Rúa Principal e parte do Camiño Vello.

14 de noviembre de 2008 15:18

Anónimo dijo...

Gracias pola aclaración das calles, estás en todo.
un saúdo.

Anónimo dijo...

¡Coidado! Xa o leéstedes todos, Luis vainos a faser a do Chepas.

Anónimo dijo...

Sempre me chamaron a atención os posters de fornidos muchachotes que tiñan na librería Ermitas. Entrabas alí e atendíache moi correctamente aquela señoriña tan formaliña, con aquel peinado modosito, e cando te dabas a volta para sair pola porta, mirabas para enriba e alí estaban eles, de frente ó mostrador.

Anónimo dijo...

manolo o de ermitas, o primeiro culturista de galicia

Anónimo dijo...

Luis eres fantástico, a verdade e que as descripcións son de 1ª e non se che esquece detalle. Desde o 1ª narración díxenche que eran estupendas, a verdade é que fas que nos lembremos de cousas que non nos poñeríamos a pensar.
A seguir así que xa estou impaciente pola seguinte. Saudos

Anónimo dijo...

Luis, capullo, estás faltando á verdade. Eu nunca me dediquei profesionalmente á bebida: xamais recibín un salario por tomar cubatas. Como moito, o camarero invitábame á décima copa.