martes, 4 de noviembre de 2008

CRONICAS DO CAMIÑO - Noite de difuntos por Luis Ferreirós.




Chuvia, escuridade, tenues candeas que se van apagando, ben polo paso do tempo, ben polo vento que sopra frío pola costa do Adro.

Miña nai fora con Pilita e Maria Jesús, xa pola mañá con cadanseu barreño cheo de xabrón e un bruso para cada unha, limpar a tumba do finado do meu abuelo,a abuela quedaba na casa, iría pola noite, non gustaba de toda esa parafernalia de limpar, ella ós seus lémbrabaos nos seus adentros, que polo que teño vivido, tíñaos e ademáis moi profundos.

Pasaran xa tantos anos!, case vinte, pero ela, muller estoica,disciplinada,espartana,única muller supervivinte á caida dende o Taigeto, válida para a guerra da vida, coa amargura dunha persoa que tivera que sacar adiante seis fillos sen máis axuda que a das súas mans cos dedos sarmentosos e tortos pola artrite,e os fillos maiores, pouco dada a descubrir as súas emocións ou dar unha mostra de cariño, (falando en prata, un toxo de muller),ela seguía a lembralo.

A telefónica, o taxi, as leiras, o porco, as ghaliñas, os frutales,....José, sen máis que unha vella foto de carné ampliada con restos da impresión dixital incluída, posta nun marco prateado na sá-comedor da vella casa, ó lado, primeiras comunións, a miña, os vinte e algo netos, a voda de Juanjo, primeiro neto casado, o finado do seu irmán pequeño, Ramón, que quedara co lombo desviado pola caída dunha cabesalla dun carro enriba del,(un home que garaba caixas de patacas debaixo da cama por si volvía a guerra), e que desgraciadamente xa non estaba, e un sinfín de imaxes enriquecían a vella rinconera de formica branca que, esperaba alí, resignada e a ser enchida por unha foto máis, que chegou máis tarde co derradeiro dos vinte e tantos netos.

Empezaban a desfiar as vellas ó lubrican co pano na cabeza, candea na man,enfiaban a costa do adro, coas súas lousas empozadas, (cada lousa una trampa) e alcanzaban o camposanto da igrexa parroquial, …arrecendo á castañas, sabiamente asadas pola señora Ventura a Carrasquilla, postos de rosquillas, María a dos dentes e máis a súa irmán que non sabía contar vendían caramelos, algún neno da man da súa nai, postos de cirios, con tétricas cabezas e membros feitos de cera, ….o adro rebulía nun ir e vir de xente e máis xente.

Aquel día estiven castigado, a semana anterior eu e máis Carlos foramos coller castañas á Buxiña,(viña da miña abuela, cerca do Currillo),nunha idea que xurdiu vindo da escola e vendo o castiñeiro que hai diante da taberna da Pinchuda, e viñeramos a pingar coma pitos, para evitar a cadansúa bronca non tivemos millor idea que secarnos no baño da casa da abuela con una caixa de mixtos, o único que conseguimos foi multiplicar a bronca e o castigo por tres, una por ir de noite sen permiso, outra por vir mollados ata arriba ,...e a terceira por conato de incendio.

Así que o primeiro día sen escola tivemos que traballar na casa, Carlos quedou na tenda coa súa nai e con Tita,vendendo colonias ó litro, tambores de Colón e alguha boneca envellecida das que tiñan nos estantes de atrás,.. eu estiven co meu pai, xa pola mañá viñera o difunto de Paco o Andaluz, (marido de Mari Carmen a Chuca, Sally Field nun lugar do corazón), excelente persoa, mellor albanel e gran entendedor do mundo fútbol), entre el e meu pai, que xa daquela estaba moi iniciado no arte do trencadís gaudiniano (menos mal que en Boiro non había tranvías),artista da arquitectura do somier e creador de estructuras inverosimiles con diversas finalidades, fixeron un encofrado para facer unas pequeñas reformas na casa,…eu…a dar servicio e a traer os quintos que esperaban apiados en caixas de Cervezas El León no cercano bar de Andrés, o das quinielas.
Pero xa entrada a noite, quedei liberado do meu castigo e poiden ir ó adro co fin de ver o ambiente. Alí confluía xente de tóda-las idades, e un grupo de rapaces xuntamonos a xogar polo medio dos panteóns, subindo polas escaleiras que dan ó Monte do Sino, baixando pola parte de atrás , onde tiña a consulta Don Francisco.

Polo medio das lápidas, a xente camiñaba, paseniño, como querendo non pisar as tumbas dos pasados, apenas cabía un pé dun home, o dun neno sí; falaban en baixo, como non querendo molestar ós difuntos, facendo unha suma de pequenas voces que acadaban o resultado dunha estridente murmuración.

Busquei a tumba do meu abuelo José o do Coche, entrado á dereita, antes da porta principal,impecable e branca,miña nai e as miñas tías fixeran un bó traballo, flores arredor dela, dous cirios vermellos alumeando o seu eterno viaxe polas estradas secundarias,traendo e levando xente con él, Caronte boirense dos anos sestenta, alá no outro lado…. …alí segue.

Non coñecín ó meu avó, morreu antes de que eu nacera, pero era algo meu, por eso a buscaba, tampouco ó meu bisavó José do Catadoiro,marido de Mamá Consuelo, que descansaba nun panteón ó fondo. Gustábame ve-las súas tumbas, sentía algo distinto, aquel día tamén eu tiña os meus motivos ,(aparte do xogo )para visitar ós mortos.

Tocou a campá, empezaba a misa, Don Manuel ía cara á igrexa co seu bastón con cabeza de can, arma castigadora de blasfemos e indignos,esquivando ferigreses seguido de cerca por Don Xesús o Coadxutor, detrás deles, Marcelino, Costoya, Buceta,o difunto de Tejerina, e máis rapaces que facían de monaguillos, á espera de ser chamados en posteriores días para dar axuda na misa ou nun bautizo, e recibir a merecida propina por pate do padrino do bautizado.


As vellas desfilaron, …homes había poucos, nas primeiras filas estaba o cadro docente, A Profesora Josefina, Doña Maruja e Doña Choncha, acompañada de Don Alfredo, detrás estaba máis xente, varias catequistas, Marujita Piñeiro, Ramoniña,Clarita a Xapiña ….e moitas outras persoas que non facían uso diario da súa ferigresía,…. moreas de xente.


Eu púxenme con outros rapaces na capela da dereita,a que ten a imaxe de Cristo crucificado alí podíamos falar sen ser molestados pola mirada inquisidora do párroco, detrás duns bancos faciamos o noso mundo, perfectamente alumeado polas candeas, xunto o arrecendo a incenso, facían daquel sitio un lugar onde o esoterismo fluxe por todas partes.


Mentras o cura levantaba a custodia para facer o ofrecemento, entrou na capela una señora,mayor, de trinta e tantos anos, cun neno pequeño de dous ou tres anos, que non paraba calado, buscaba naquel recuncho a privacidade que o resto do templo negáralle, coa finalidade de reprender ó seu neno a ausencia de silenzo e respeto que o meniño non entendía por que tiña que ser gardado.


E velaí o neno, soltou coa súa inocencia, mentras miraba a imaxe de Nuestro Señoriño crucificado, con diversos regueiros de sangue baixando polo seu agónico rostro, producidos sen dúbida pora coroa de espiñas que fería a súa frente, e tamén co costado aberto, as mans e pés cravados, mentras o lume dos cirios enfocaban desde abaixo a espectral imaxe.

-“Mamá, ¿ese home de ahí...... é Dios?”
-Sí, meu miniño.
-Mimá, entón como debe ser o Demo!


¡Canta razón!


Luis F.


Esto para un bo amigo.

46 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi bo, segue así Luis, pois as túas "Crónicas do Camiño" faran deste caderno de bítacoras un lugar onde todos nos lembremos de tempos pasados e sempre con unha moralexa.

Meu Deus! Hoxe o día de defuntos non che cambiou moito nas pequenas aldeas, pero si nas grandes cidades.

Saúdos a todos.

Anónimo dijo...

Luis, estás que te sales

Anónimo dijo...

Eu xa estou esperando a terceira, cando queiras e non tardes moito.
Moi ben Luis. Encantamente estas historias que recordan a moita de xente de aqui. .. Paco o Andaluz, Barça total, e de toda a vida...
Encarna.

Anónimo dijo...

Luís, eu de letras non entendo moito, que che son mais de números e fórmulas, pero hei de decir que os teus relatos me parecen deliciosos. Cando eu tiña catro ou cinco anos, para mín os de Boiro érades os da "cidade" (mira tí que cousas) que vivían en pisos ou apartamentos sin pisar unha leira (qué sabía eu daquela!). Eu iba algunha vez á "cidade" con miña nai no que eu lle chamaba "coche grande" (o autobús de Salvador Muñiz) á consulta de Don Francisco, donde unha enfermeira moi guapa me decía desde unha foto, poñendo un dedo nos beizos, que estivera calado.

Anónimo dijo...

coxonuda,luis.médraste en cada relato,aínda que éste é millor,por que sí que é realmente teu.o outro era unha adaptación moi ben feita dun contiño que eu xa leera.segue mandando artículos, e que se note que tés un tío escritor.un saúdo.

Anónimo dijo...

Luis deberías publicar estes contos, xa cho dixen o outro día e cada día son mellores. Anímate.
Saludos

Anónimo dijo...

manuel ferreirós,materiales de construcción y muebles saladina.dous comercios do antigo boiro,nos que luís terá arrimado algunha vez o lombo

Anónimo dijo...

hoxe outra goleadiña do barsa,como xa nos ten acostumbrados

Anónimo dijo...

Pois eu levo uns anos que se poidera borrar este mes do calendario facíao. Parece que todo se xunta, as peores cousas, dende simples atrancos a enfermedades,miñas ou dos que mais quero, ata o peor que foi ver marchar a unha das mellores persoas que teño coñecido, no mellor da sua vida; ainda hoxe dous anos dispois pareceme que vai a vir pola costa arriba ca sua melena rubia e o seu sorriso. Pois este ano, novembro xa empeza a enseñala súa cara, xa empezan a diviñarse problemas que che fan estar nun sin vivir.
Hoxe negábame a aceptalo, levanteime da cama e dixen, nada é, ala vóu que non pasa nada. En boa hora, saio toda contenta da pescaderia e catapumba, ala vou dous cas costelas e cas cachas no chan, rasco as mans, e non sei si me doi mais a vergoña ou o golpe. Maldito noviembre, cambiame de cara que eu a ti non che fixen nada.

Anónimo dijo...

Para o anónimo das 12:42
Dicirte que non se trata do mes, senón doutra cousa, direite que esperes o artigo de pasado mañan que levará por título Superación, pois ao final todo se trata de superar os obstáculos que día a día se poñen nos nosos camiños, e hai que seguir sempre cara adiante superando o día a día sen máis obxectivo que chegar a mañan.

Saúdos a todos.

Anónimo dijo...

Esta tarde comenteille a Rodrigo que o colofón perfecto para o XXV aniversario sería editar un libro que recolla os artigos publicados no blog. Estaredes de acordo conmigo en que, tanto a calidade literaria dalgún déles coma o propio contido contribuirá a que as novas xeneración sepan como era o Boiro dos seus pais así coma a historia de propio centro. Todo é buscar algo de financiación. ¿qué vos parece?

Anónimo dijo...

a min parecema moi ben, Carlos, dacordo contigo en todo.

Anónimo dijo...

Estou de acordo contigo Carlos, é unha grande idea, ese libro podese editar fácilmente, todo sería pedir un pouco de colaboración ao concello.

Saúdos a todos.

Anónimo dijo...

totalmente dacordo con carlos.teño entendido que o concello xa iba a publicar unha revista do 25 aniversario.só sería facela mellor,tipo libro e meter os artículos do blog

Anónimo dijo...

sí, un libro cos articulos e con algunhas fotos das do blog

Anónimo dijo...

recoméndovos a bonita exposición de fotos de volvoretas que hay no instituto

Anónimo dijo...

cos artículos,cas fotos e tamén cos comentarios... ja,ja.ja

Anónimo dijo...

a mín neste mes, tamén me pasaron moitas cousas malas, tamén se me foron moitos seres queridos e tamén teño algún aínda moi enfermo,pero que se lle vai facer, hay que collelas como veñen e seguir para diante sin desanimarse. a vida é así.

Anónimo dijo...

Pareceme moi ben todo, pero eu digo que o que temos que facer antes de que acabe o ano é outra cea. Así poderíamos arranxar os erros dos regalos, poderíamos sacar máis fotos e mais comentarios para o libro e tamén acabaríamos co mal corpo que nos deixa novembro.

Anónimo dijo...

eso, eso!........outra cea!

erros?qué erros?qué pesadilla!Pero é qué alguén non está dacordo con que homenaxearamos a Rodrigo por ser o único profe da primeira promoción que continúa actualmente no Instituto ademáis, por suposto, de ser unha grande persoa?Pero quen é o qué considera esto un erro? Algún alumno? Algún dos seus compañeiros?
Qué horror! Qué maneira de estropear cos comentarios do blog, o que para todos os que estivemos alí foi unha cea estupenda.

outra cea! E os recoñecementos os mesmos. Aupa Rodrigo!

Anónimo dijo...

tí que és? o fillo de rodrigo? non traballou nin traballa rodrigo só desde o principio e ata o de agora.él tamén cho pode confirmar.si non queres que se volva ó mesmo de sempre,pasa tí de facer éstos absurdos comentarios tamén,por que non se trata de non estar de acordo o reconocimento a rodrigo.bueno,deixame pasar outra vez de todo...

Anónimo dijo...

había outra xente para darlle un recoñecemento e, desde logo non eran os que nombrara carlos daquela,pero non empezar outra vez e sigamos con outros comentarios

Anónimo dijo...

pois sí,houbo un montón de erros,pero non por eso se ten que facer outra cea

Anónimo dijo...

a pesadilla es tí,que non entendestes nada desde o principio,pero polo menos pasástelo ben,que o fín e o que importa

Anónimo dijo...

eu o que quero son relatos de rodrigo,juanjo,manuela,luis,etc

Anónimo dijo...

queridísimo Lois de Saladina estás que te sales amijo...
sigue contando contos e acórdate dos veciños....

Anónimo dijo...

Eu só quería dicir que me gustaría ir cear outra vez con vós. Nada máis.

Anónimo dijo...

I write from the distance, from an earth in which only have found full people of maliciousness an hypocrisy. It is beautiful to think that it exists a place like Boiro in where live people with a so full hearth of goodness like the writer of these lovely histories. I expect that, a day, can form part of these histories and enjoy in that place of my great love.

Anónimo dijo...

ana a de perfecto, por favor, traducción o canto xa

Anónimo dijo...

he was born in little root valley.....
Oh montana, give this child a home, give him the warm of a good fire and family of his own, give him the warm in his hand, give him the light in his eyes, give the wild wind for a brother and the WIld Montana Skies......
Lov.

Anónimo dijo...

I wonder why, I wonder why, I wonder why I wonder... Are you really from Montana? Your writing tells me you are probably not. I guess you have your own special reasons to write such things here. Tell us more please if you can, if you dare...

Anónimo dijo...

pero ésto qué é, qué pasa aquí, hay interferencias, collemos unha emisora de fóra?

Anónimo dijo...

Uff, non hay interferencias...
Uff, que haberá por ahí, porque utilizar o ingles, primeiro pensei que se trataba dunha canción pero non a recoñezo, pero logo pensei noutra cousa, e comezo a entendelo.
Sigue contandonos máis cousas que eu sei que me entendes...

Anónimo dijo...

I was born in Helena,
Que va Home, son de Quinteiro pero estou emighrada.

Anónimo dijo...

Canto tempo levas fora?
Contanos máis cousas, foches ao instituto, se queres podes escribir algún articulo e podemolo publicar.
Saúdos.

Anónimo dijo...

según o Sr Google, Montana skies é un dúo de violonchelo e guitarra formado por un matrimonio americano. Pero porfa explicádenos de qué estades a falar

Anónimo dijo...

Vaia o que me faltaba, traducide algo que no me entero de nada, eu que sempre suspendin o inglés, decirme de que vai, porfa....

Anónimo dijo...

Esta claro que Montana Skies é alguén que está fora da súa terra, que a vota de menos e que quixera estar aquí.

Anónimo dijo...

Montana Sky dixo: Yo escribo desde la distancia, desde una tierra en la que sólo he encontrado un pueblo de malicia e hipocresía. Es hermoso pensar que existe un lugar como Boiro, donde viven personas con un corazón tan lleno de bondad, como el escritor de estas encantadoras historias. Espero que, un día, pueda formar parte de estas historias y disfrutar en ese lugar de mi gran amor.

Luis dixo: había nacido en el valle .....
Oh montana, dale a este niño un hogar, dale la calidez de un buen fuego y de su propia familia, dale una mano cordial, que le de la luz en sus ojos, dale la fuerza del viento para un hermano y el Wild Montana Cielos ......

Perplexity dixo: Me pregunto por qué, me pregunto por qué, me pregunto por qué, me pregunto ... ¿Está realmente en Montana? Su escrito me dice que probablemente no. Supongo que usted tiene sus razones especiales para escribir estas cosas aquí. Cuéntanos más, por favor si puedes, si te atreves ...

Anónimo dijo...

gracias. que rapidez, xa me gustaria a min.
anonimo 20.07

Anónimo dijo...

Así e todo eu non entendo. Luis, explícao tí.

Anónimo dijo...

EU cando vin o que poñía o comentario anterior citei unha canción de John Denver.
Nada máis, non coñezo a nunguén de quinteiro que esté emigrado, pero
SOMOS INTERNACIONALES.

Anónimo dijo...

Por cero a canción é Wild Montana Skies....OS ceos salvaxes de MOntana (Emmylou Harris ..Duets)...escoitadea que vale a pena

Anónimo dijo...

Pois eu, sospeitando que a autora das primeiras verbas inglesas era tan da terra coma nos, continuei a broma co pseudónimo "perplexity" para ver se nos decía algo mais, pero sólo dixo que é de Quinteiro.

Anónimo dijo...

Gustaríame (moito) saber se esa rapaza de Quinteiro podería chamarse....por exemplo...Mª Xosé????
I like too much knowing if your name was (for example) Mª Xosé???? In that case I shallenjoy you answer in french...:-)))

Anónimo dijo...

gracias Luis, xa quedo máis tranquila.