Episodio XII- A LEXION DAS TALLADAS.
A sentencia do homiño deixaba explicada de forma clara e diáfana o que había que facer con toda aquela morea de carne, "P'a abaixo", e a nosa intuición adolescente, afeita a ter obedecido moitas veces órdenes que non entendiamos e que non tiñan explicación previa ou simplemente o pertinente “porque sí” ,dicíanos que no idioma daquel señor as súas palabras significaban,"Temos que levar os bañeiróns cheos de moreas de carne e que pesan un collón e parte do outro ata Mosquete sen máis axuda que as das nosas mans, o nosos lombos e as nosas pernas” ,¡eu que tiña pensado pasar un agradable, plácido e descansado sábado ! ,…Sen desmontar ou montar mobles, sen acarrexar ladrillo ou carretillas de masa, varrer, limpar o pó ou calquera das outrras tarefas nas que adoitaba ocupar os días libres.
¡Menos mal que chegaran reforzos!!! Os catro homes que viñeran axudar ,cada un deles máis curioso, estaban sentados nunha pedra,, compartindo pitillos e departindo amigablemente co dono da vaca, matizando pequenos detalles que estaban por pulir, a modo de fase previa e anterior ó carrexo en sí propiamente dito.
Un deles reía a mandíbula batiente, entre chupada e chupada ó Ducados Internacional que tiña na boca, o seu pelo loiro brilaba cos raios do sol, que aquela hora da tarde impoñía a súa ditadura, sobre todo na costa arriba; Tería preto dos corenta anos e unha pequena barba de cor rubio, que facían que a súa apariencia fose máis típica dun habitante do fiordo de Bergen que a dun barbanzón, era dunha estatura superior a que podería ser considerada a media galega, por suposto.
O máis baixiño tería unha estatura un pouco menor a do máis alto de Nós, morocho, con rostro carcavado, sen pescozo e un peito que chegaba ata As Escobias, o que no argot poderíamos chamar Home-Nécora, con céfalotórax e dúas impresionantes extremidades, anchas e musculadas , que asomaban polos lados do lugar no que calquera persoa tería o mentado pescozo,..mans castigadas, cheas de calos, e uñas cheas de merda,...mirounos en fite e dirixíndose ó grupo de forma titubeante e tímida preguntou:
-“Vos de onde sodes??”
- “De Boiro,” respondín eu de forma breve, tentando non dar lugar a una elucubración posterior, quería acabar con aquel inferno de forma rápida e , na maior medida do posible , indolora, e non andar a enredar con paroladas que non servirían de nada,... pero non, non estaban pola laboura,e outro redundou no tópico facendo outra pregunta:
-“¿ E de quen vindes sendo?” replicou o "tercer hombre",educado, limpo e con un sorriso que amosaba un desas paradoxas que teñen as persoas, un dente de ouro entre o espazo baleiro para tres ou catro dentes, xa caídos,e que centelleaba reflectindo o seu fulgor contra os profundos ollos azuis que posuía.

Eso xa foi o "acabose", posto que deste modo , vímonos na obriga moral de explicar con pelos e sinais a nosa procedencia, a etimoloxía dos nosos apelidos e cada unha das ramas do noso árbol xenealóxico, para descubrir que finalmente, como adoita ocurrir nestes casos, algún de nós viña sendo medio primo de algún deles, ou cuñado de un que casara cunha prima segunda da neta da sogra de outro.
E así continuamos de parola, contáronnos " vida e milagres" da finada da vaca, e de cada un dos que alí estaba e a súa familia, mentras nós tentabamos repor forzas cos certeiras chantadas nos bocadillos, coa finalidade de poder afrontar con garantías a dura tarefa que agardaba,... o tempo ía pasando na montaña e eu empezabame a por nevioso, non era o meu desexo que chegara a noite coa tarefa por facer, aínda arriba, certo é que os días eran bastante largos, pero a verdade era que nestes casos a precaución foi sempre unha das miñas prioridades, e tratándose dunha das primeiras veces que andabamos embarcados neste tipo de aventura con coñecemento paterno ou materno, o que a prudencia ditaba era non plantar un desafío ante as autoriadades en forma de arrivada ó noso destino fora de tempo (chegando á deshora), xa que a batalla por chegar coa roupa limpa estaba perdida, alomenos pola miña parte.

O cuarto dos homes, parecía ter un rostro máis agradable que os demáis, era ben parecido, as súas roupas parecían moverse cos tempos, levaba uns pantalóns vaqueiros, aínda que de mercadillo, e unha camiseta de Cola Cao e o seu calzado consistía nun par de zapatillas rusas,observaba mentres os demáis falaban e parecía estar impaciente por aportar a súa axuda como técnico axudante de carrexo de pezas de desguace de gando bovino. Sen facer ningún xesto nen aspaventos, alzou a súa voz, non sen esforzo previo, posto que soaba chillona, metalizada, voz de célula, coma se non correspondese ó seu ben construido, ó patrón grecoromano, corpo:
"-Bueno…, é para hoxe ou qué???"
Facendo unha análise das seis palabras unha por unha, vemos que o seu aporte semántico resulta bastante limitado, pero unha vez contextualizada a frase enteira e ante a mirada de aprobación do señor da res, erguemos os cús das pedras e comenzamos a estirar os corpos a modo de quecemento para a ardua tarefa que, esta vez sí, agardaba por nós coma o cegho pola vista…..Baixar a carne a Mosquete.

Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"
Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI
4 comentarios:
Da gusto ler esta aventura, aínda que a verdade se fose hoxe en día, axudariadeslle a facer todo iso.
Eu non sei se sería capaz de ver como mataban ó animal e moito menos ver como o descuartizaban e iso que como carne coma calquera. A verdade que eu tampouco creo que fose quen de acarrexar as partes do animal así sen máis, e moito menos sen coñecer as persoas coas que tería que compartir a tarefa, eu correría por patas despois de saber que había que matar a vaca.
Segue adiante e aínda que semella que non hai moitos lectores ultimamente, estou segura que estan nas súas casas cos fillos e de vacacións, pero en canto volte a rutina diaria do traballo a xente porase a ler todo o que se publicou nestas datas.
Unha aperta para todos e FELICES FESTAS.
Eu sigo aqui lendo e sígueme encantando a historia e a maneira de contala, coma si estiveramos falando tomando algo.
Que o pasedes moi ben mañán na Noite Boa e durante todo o ano novo tamén. Felices Festas.
loli.
Ben digo eu que o que non vos pasara a vos non lle pasaba a ninguén, a verdade é que tiñades facilidade para estar nuns fregados de aupa, pero menos mal porque narras todo dun xeito fascinante, senón o blog iba ser un pouquiño mais aburrido.Bueno Luis a seguir así.
BO NADAL A TODOS, BICOS
eu tamen sigo ó pé do cañón.que siga a historieta , luis.bon nadal.
Publicar un comentario