lunes, 24 de noviembre de 2008

CRONICAS DO CAMIÑO: OS SEÑORES DO CASTELO-EPISODIO IV - Nowhere to RUNS - LUIS FERREIRÓS

EPISODIO IV- NOWHERE TO RUNS

Baixar pola pista de Runs producía en nós unha agradable sensación de descanso, as nosas pequenas pernas agradecían a costa abaixo posto que ,excepto as de Dani que quedara campeón galego infantil de salto de altura, os demáis non eramos precisamente uns atletas.

Xa estabamos os catro armados con cadanseu caxado no que poder apoiar os nosos corpos e a tranquilidade do entorno xunto cos momentos de expontáneas gargalladas que anteriormente pasaramos, facían que os nosos abertos pulmóns disfrutaran de cada bocanada de aire puro; O murmurar do Coroño aparecía adiviñado polos nosos oidos máis lonxe que preto,pero sempre ó noso alcance.

Deixamos a pista principal guiándonos por un aroma que chamaba por nós e guiándonos polo olfato chegamos á granxa de conexos do Tahamata, o arrecendor a caghalla,significativo da actividade económica que naquel ghalpón era practicada, invadía o aire e animábanos a apurar o paso para poder deixar atrás o aroma asasino.

Sempre sentín moita pena polos conexos que eran hacinados naquel Mathausen cunícula, onde apenas tiñan espazo para facer movementos, e total para morrer, era un lugar lúgubre que non era do meu agrado, pero era o camino máis seguro para alcanzar a nosa senda que pasaba por un dos lugares máis bonitos do Val do Coroño, Os Pasales,o non falo dunha sala de festas da veciña vila de Noia, non, senón ó sitio fronterizo que comunicaba con Runs, por onde os nosos antergos accedían sen ter que pasar polo atranco de chegar cos pés mollados, evitando así gripes e visitas a Don Pepito que normalmente eran pagadas con ovos, leite, grelos ou algún outro producto alternativo que a terra ofrecía.

Ante nós o noso Rubicón privado, e nós sen licenciar, pasar aquel río significaría a non volta atrás, marchar sobre Runs sn remisión,a agradable sensación de facer equilibrios coas mochilas ó lombo sobre os pasales só podía ser comparada coa ledicia de aquel ser que dalgunha maneira regresa ás orixes, que rompe co mundo e cásase coa terra, a liberdade que oferta o primitivismo, ausencia de regras, de convencións sociais… Nós e o río, e polo medio uns pandullos, volvíamos a ser persoas, igual que os nosos anciáns.

O obstáculo foi pasado , non sen amagos de ternos botado ás fauces bravas do Coroño,e continuamos coa nosa marcha. O trekking por antre as leiras era do agrado de todos, arrancar herbas,metelas na boca, tirar piñas ó río, atravesar viñas, leiras de millo , de coles,… e poder facer una lenta e disfrutada observación da paisanaxe doblando o lombo para gañar o sustento, con mans calosas, frente suorosa, viseiras de Piensos Biona na cabeza,… a terra, o sustento, a nai.


Rematado o tramo final da ruta alternativa, albiscamos por riba dos pés de millo un pequeño grupo de casas, coroadas por un cruceiro que custodiaba un antigo pazo ou casa rica de labradores…. Ante nós apareceu, coma una visión de Shangri-la e alí estaba …Runs.



Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"

Crónicas do Camiño "Noite de Difuntos"

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Fermoso relato(igual que os anteriores)que fai que nos transportemos á nenez,cando ainda se podía andar tranquilamente polos montes e camiños.Gustariame ter formado parte desa "expedición" e que o tempo se houbera parado ahí porque,ainda que de aquela non éramos conscientes, esa era a verdadeira felicidade e,cando medras, todo se complica sobremaneira:andamos continuamente buscando a felicidade e ésta parece resistirse a quedar nas nosas vidas por moito tempo,a veces fai acto de presencia, pero en seguida, aparece algo que che fai ter que voltar a pelear de novo ca vida...En fin,como dí alguien ó que quero moito:"hai que ser positivos..." e aínda que,ás veces nos coste un pouquiño:haberá que intentalo!.Un bico a todos!

Anónimo dijo...

A verdade é que sí que este tipo de cousas fainos lembrar a nosa nenez, ..
espero que non quede ahí e que o relato siga canto antes.

Anónimo dijo...

Considero que estes relatos non so nos levan a esa étapa de cando eramos cativos, van máis alá, é a historia dun vila emerxente, na que as súas xentes e as súas costumes se ven reflexadas.
Sigue así Luis.

Hoxe chego tarde, que eu cando vou de movida fago en toda regra cun hotel 5 estrelas, onde hai terrazas para ir a fumar e onde todo é a pedir de boca, ata a febre....

Anónimo dijo...

Moi ben Luís seguen sen defraudar os lectores das crónicas do camiño, segue así porque como ben di Mary son uns relatos que nos fan voltar a vista atrás e fannos pensar.Concéntra e ponte a traballar no seguinte.Unha aperta

Anónimo dijo...

podían ser un pouco máis longos,que agora hai mais fotos que letras.luis ¿cantas entregas ten ésta telenovela?espero xa o próximo capítulo.un saúdo.

Anónimo dijo...

O importante neste delató non e a historia. Senon a descripcion , sigue igual luis e faino o mais largo posible para poder ver todo boiro mediante as letras.