Eu tíñalle bastante simpatía a Carmela a Chopa, e máis, teño pasado moito tempo con ela, a súa nai crioume cando eu era moi pequeno e sentín moito a súa morte, dábame un pouco de reparo pasar por alí, xa que era moi pesada ás veces e sempre retrasaba a marcha.
Tamén tiña as miñas reticencias porque ,cando era moi novo, Leliña ,que era unha muller deficiente que vivía detrás da casa de Prudencio,saía ó camiño nalgún despiste dos seus coidadores e pedíache un bico, a mín dábame medo de moi neno vela sair cos seus grandes dentes,os chichos a cada lado da súa cabeza e gritando "¡Un bico , un bico!", e agora xa entradiño en anos seguía a conservar aquela imaxe da miña pronta nenez. Sei que é una tontería pero facíase inevitable pensar naquela imaxe cada vez que pasaba polo Boiro de Abaixo.
Tamén tiña as miñas reticencias porque ,cando era moi novo, Leliña ,que era unha muller deficiente que vivía detrás da casa de Prudencio,saía ó camiño nalgún despiste dos seus coidadores e pedíache un bico, a mín dábame medo de moi neno vela sair cos seus grandes dentes,os chichos a cada lado da súa cabeza e gritando "¡Un bico , un bico!", e agora xa entradiño en anos seguía a conservar aquela imaxe da miña pronta nenez. Sei que é una tontería pero facíase inevitable pensar naquela imaxe cada vez que pasaba polo Boiro de Abaixo.
O que o que opinaba Fran sobre Carmela era bastante distinto, posto que unha vez ,volvendo do colexio polo atallo que había por detrás da casa do Tocayo,pisou ser darse conta un pedazo de leira , que se conoce que estaba sendo coidado, con excesivo celo por ela,e entre gritos e maldicións, arreboloulle un fouciño con moi mala saña;Cada vez que a súa cara pasaba por diante de el, intentaba non mirala, pois lembraba aquel lamentable incidente e comía lume, en realidade tiña que conterse para non decir algo, pero era un cabaleiro, así que gardaba as formas.
Aínda así pasamos por diante da súa casa, e alí estaba ela, sentada nunha silla de palla, morena,nariz aguileña, verruga ó lado dereito, pano negro na cabeza ó estilo pirata, mandil pata de galo negro e gris cheo de lamparóns,unha muller que perderá a Benigno no mar sen que aparecera o corpo,e cada ano no día de difuntos regaláballe un ramo de flores ás ondas da Praia de Barraña,…. así como estivemos no seu campo de visión agudizou as pupilas,( nunca usou anteollos, increíble, a súa idade,) carraspeou e espetounos con entusiasmo :
-"Luisiño,…… ¿a donde ides?, ¿sei que non tendes sono? ¡Moito che quería mamá! ¡ ainda teño a foto da túa primeira comunión na mesilla de noche! (é certo, aínda a ten) ¡ ay , Dios mío , cómo medraches, si mamá vivira! ¡ moito che quería! ".
- “E eu a ela, Carmela, e eu a ela, xa o sabes”, replicaba mentras me acercaba a ela para darlle un bico e un pouco de conversación, que ó fin e ó cabo era o que ela quería, os meus amigos reían en voz baixa, esperaban impacientes algún tempo mentras platicaba con ela .
Finalizado o primeiro atranco tiñamos vía libre durante uns kilómetros, así que enfiamos polo camiño que pasa por diante da casa de Celestino,que saudou coas gafas ladeadas e subimos un pequeno treito para despóis baixar polo medio do monte hacia Xarmea, atravesado o antigo campo de bolos celtas baixamos un terraplén dándolle patadas ás pedras.
No cruce do Runs estaba o antigo matadoiro,xa por aquela abandonado a súa sorte, antes de saber os eu fado de ser transformado nunha área de recreo para domingueros, ¿quen o diría?, posto que no seu tempo tamén foi área de recreo.
No cruce do Runs estaba o antigo matadoiro,xa por aquela abandonado a súa sorte, antes de saber os eu fado de ser transformado nunha área de recreo para domingueros, ¿quen o diría?, posto que no seu tempo tamén foi área de recreo.
Sempre entrabamos a botar unha mexadiña e de paso reirnos pola cantidade de condóns ,(que coexistían con caghallóns secos e botellas baleiras),que alí había tirados, adiviñando que aquel era un lugar de diversión nocturna alternativo ó Baile de Outeiro,( ou ben podíanse facer as dúas cousas, claro está),aproveitabamos para pegar un largo grolo que refrescar as xa daquela sedentas gorxas e camiñabamos costa abaixo dirección Runs.
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
7 comentarios:
Luis, pareces o portavoz da nosa xeración. Os teus relatos teñen a virtude de transportarme á miña nenez, poblada de episodios e situacións similares ás que contas, ou que polo menos me fan recordalas.
Hai en ti un narrador que disfruta escribindo.
É hora de dormir. Mañán non é sábado.
Luis, de novo a miña noraboa, o teu traballo como cronista é excelente e anímote a que segas con estes relatos sempre, seguro que se queres poderías ser o cronista boires para que cando sexamos vellos e os fillos medren lembren que Boiro e os seus redores teñen historias, xentes e moito máis.
Segue así.
Saúdos para todos.
Dada a jran repercusión mediática e sosial que a publicasión da foto do parque acuático, e as identidades de quenes a intejran,está tendo na sosiedade boirense, dende CSI Boiro vémonos na obrija de intervir.Que naide dubide de que imos chejar ata o fondo deste asunto.
Esta pasada noite xa tivemos unha reunión eu e máis o meu jabinete de crisis para trasa-la liña a sejir no caso.
Imos proseder á remasterisasión dixital da foto para intentar ver millor ós seus intejrantes. Por suposto, imos tamén a interrojar a todos e cada un dos "sospeitosos" de formar parte dela.
Este prosedimento vai ser bastante lonjo e lento polo que teremos que empesar polas pistas e identidades máis CLARAS E FIABLES. Neste senso xa ordenei a un dos meus colaboradores que chame mañán ó Parque acuático e prejunte a que hora entra a traballar Manolo Dieste, que queremos falar con él.
O que nos trae pola calle da amarjura a mín e máis ós meus investijadores é a verdadeira identidade do de jafas da dereita da foto. Xa o bautisamos co apodo de " O home das mil caras ".
Iste Home resibe no blog imnumerables seudónimos entre os que destacan: Alias "Serafín Zubiri", alias "Suso Chousa", alias "Tucho-Suso", alias "Son eu",
(e en menor medida tamén) Alias "Carlos Muñiz".
Non me quero acordar da cara que puxeron os meus colaboradores cando o viron na foto e a exclamasión de todos ó unísono:
- Mimadriña querida, pero este home, ¿PÓDESE SABER QUE CARALLO É O QUE TÉN NA MAN?.
Por último permitídeme recomendar que vos refirades ós "sospeitosos", mentres non se demostre a súa total partisipasión nos feitos, como "presuntos intejrantes" da foto.
E dalle, está ben claro Jrissom, o de asul e Tuchooooo, e o da cousa na man e Suso drojería, o que non sei e o que esta detras de Suso, non querrás desir que ese e Carlos muñis, ou e Carlos Chao, imos ter que chamar a Jarson para que desenterre os recordos e nos de a solusión.
Moi ben Luisiño, veño que fai pouco que pasaches por ali, pudeches aproveitar para sacarlle unha foto ou sei que non quixo.
Eu tamen tiña medo encontrame con Leliña...
un saudo
Moi ben Luis, xa vexo que segues narrando dun xeito que nos resulta entetido, pero non podes deixarnos sempre no mellor. Apura e escribe a continuación. Vémonos
As investijasións xa comensan a dar os seus frutos. Acabamos de resibir un chivataso telefónico aserca dun dos "presuntos intejrantes" da foto do parque acuático. Trátase do sospeitoso alcumado "o home das mil caras". Dixéronnos que si queríamos contactar con él que o atoparíamos fasilmente no AVE.
Xa mandei para alá a un dos meus colaboradores, aínda que lle vai levar bastante tempo chejar. Como todos sabedes este tren hai que collelo fóra de Jalisia.
Sejiremos informando.
Publicar un comentario