jueves, 29 de diciembre de 2011

O CARRO, E O GHANDO, ..., EN CURES. PRIMEIRA PARTE, por Ramón Laíño



O útil de acarrexo máis enraíçado, e de empregho entre as soçiedades humildes, e modestas no país ghalegho, foi o carro, que perdurou durante boa parte da vida de nosos pais, e incluso na infançia, e adolescençia de moitos de nós.




Dentro da nosa terra hai variaçións puntuais duns territorios a outros, seghundo os costumes dos seus carpinteiros, e artesáns, como poden ser nos lughares da ribeira, nas terras intermedias, ou nas montañas, onde se fan moito máis lixeiros.




Ao carro supónselle unha antighüidade de máis de 2500 anos, e usouse para transportar todo tipo de carghas.




LEMBRANÇA:


Lémbrome cando neno, de catro ou sete anos, iba enriba do carro das vacas. Acompañaba a meus avós maternos para buscar batume, tamén coneçido como estro.

Saímos un día de verán totalmente despexado, e soleado, da casa de Cures de Baixo con destino a unhas tuxeiras no surleste de Belles de Riba.



Meu avó ghuiaba o ghando por diante, e miña avoa penso que ía camiñando detrás, ou á par do carro.

A min puxéronme enriba del, e agharrinme ós fumeiros, xusto na parte dianteira da unión das chedas coa cabeçalla.



Subimos polo Boliño de Cures para empatar coa estrada prinçipal de Boiro-Noia, posibelmente daquela xa asfaltada. Logho, seghuimos sentido a Noia ata cheghar ós Caçoliños-Fontebarreira, onde collemos a man dereita o camiño de carro (aberto anos despois como pista, quiçais no 1977), con direcçión a Belles.

Vexo como todo estaba en silençio, pois había pouquiños coches pola estrada prinçipal que xa deixáramos atrás. O sol coábase entre as follas das árbores, escoitábanse os cantos dos paxaros. E o carro, de ves en cando, batía coas lamias das rodas nalghunha pequena vaghoada, ou nun que outro croio.

E eu, enriba do carro ía entre luçes, e sombras co resplandor da claridade, escoitando aos poucos, a meus avós "afalarlle" ao ghando. Son intres de recordos máxicos que por sempre me acompañarán.




O carro pódese definir como un vehículo arrastrado por animais, xeralmente bois ou vacas, empreghado para o acarrexo de diversidade de materiais.

Consta de dous madeiros laterais (chedas), unidas por tres traveseiros ghrandes no corpo do carro (tesóns),

e dúas travesas máis pequenas no extremo da súa unión (chavelleiras/ou cruçetas),


todo o cal fai de base. Sobre esta estrutura adáptanse unhas táboas no sentido lonxitudinal do carro, á que se denomina tablado (taboado).




Toda esa armaçón está unida a un pau, ou lança nomeada cabeçalla, onde se asenta o xugho para enghanchar os animais de tiro. O conxunto composto polas chedas, tesóns, chavelleiras, taboado, e cabeçalla, forman o que se conoçe como chideiro. Este vai sobre un eixo encaixado en dúas rodas de madeira, cuxos cantos están recubertos por cadanseu aro de ferro, conoçida como lamia, ou ferro.




As madeiras con que se fan os carros, soamente as sabían escoller persoas expertas, sobor todo os nosos carpinteiros das aldeas. Estes profesionais de tradiçión secular, empreghaban diversos tipos de madeiras para a súa feitura, como podía ser o carballo, o ameneiro, o freixo, o ameneiro, …, aparte doutras máis que inçan no noso entorno.




Os carros non se aghrandaban, nin aloncaban, anque sí podían meterlle madeiras máis resistentes para a dura do carro. De ighual maneira, taqueábanlle as rodas, ou remendábano nalghún outro punto do vehículo para que fose aghuantando máis tempo.




En casos raros, podía ocorrer que as chedas quedaran curtas para façelo molde do carro, entón é cando empatábanlle unas peças para completalo chideiro.




Por aquí non se pintaban os carros, pero despois de construídas as rodas, a estas botábanlle alquitrán quente coa fin de protexelas. Antes de que apareçera o petróleo, non escoitín que lle aplicaran produto alghún.

Un exemplo de carpinteiros de sona en Cures, eran o bisavó paterno Xaquín do Caseiro, tío Nicolás das Chonas (fillo do anterior), …




Cando se transportan determinadas carghas, xa que non se usan con todas, adáptanselle sobor as chedas, unhas caniças entre os fumeiros. Ao mesmo tempo no recadén, ou parte de atrás do carro, leva un caniço (caniça máis pequena), para que non lle caia o material por este punto. Pola parte exterior do caniço, pónselle unha tranca en sentido horiçontal.




As caniças, e o caniço, son unhas sebes, ou estruturas teçidas con materiais naturais. Ámbalas dúas teñen a mesma composiçión, e aghuantan as carghas nos laterais, e na parte traseira do carro, respectivamente.




Antighamente, en tempos remotos, puderon ter sido feitas con canas, anque á xente maior que llo consultín / consultei, non lembran esa posibilidade potençial.

O material empreghado polos maiores na súa feitura, e xeraçións inmediatas a eles (pais, e avós), eran as corres de vimbias (máis ghordas e loncas cós vimbios).
 
vimbias


vimbios
 
 
 
En casos puntuais, de non conseghuiren vimbias, usaban corres de salghueiro.

Estas de salghueiro duraban o mesmo, pero eran máis difíçiles de traballar, ou dobrar, xa que rompían doadamente.

Os salghueiros novos apáñanse canda as vimbias, e os vimbios. Corresponde máis ben en deçembro-xaneiro.

O bisavó paterno Xaquín, e o seu fillo Nicolás, eran carpinteiros de profesión, tanto de ebanistería, como de carpintería interior das casas, e de apeiros aghrícolas, ou de calquera outra cousa. Tiñan moita demanda na aldea, e fóra dela. Non daban feito en calquera destes ámbitos: mobles, ..., carros, caniças, e caniço do carro. Tampouco lles cheghaba o tempo para os caniços de caniçar, e amasar a terra.

Por este motivo, e cando non había bastantes vimbias, entón façíanas con corres de salghueiro. Ao final, o material polo que se decantaran tiñan que ser ou corres de vimbias dereitiñas/direitiñas, ou senón corres de salghueiros tamén, dereitiñas/direitiñas. Para esto, mandaban á rapaçada: Encarnaçión das Chonas que era filla de Nicolás, e a curmán desta, Pepa da Eira, ..., apañar corres de salghueiro a Belles, ou aos muíños de Insuachán, ..., e senón ían eles mesmos. De calquera xeito, traían feixes deles.

Co tempo, os nosos carpinteiros discorreron façer ghrades de madeira que desfaçían os croudillóns (bólas de terra). Estas, nalghúns casos, sustituían ó caniço, e noutros, complementábanse con el.

Ghrade

Todo dependía do tipo de terreo, pois en terra moi barrenta, ou desfeita, o caniço pola cara máis alombada, caniçaba e desfaçía as bólas de terra (croudillóns), e pola cara oposta, amasaba o terreo.

Por último, de querer, podía pasárselle a ghrade virada pola cota, para achandar a leira.
 
Ghrade

En terras neghras (húmidas, e de moito óleo), prácticamente cheghou a usarse só a ghrade.

A medida dos nosos carpinteiros non era o metro, senón que usaban a vara como unidade de lonxitude. Esta tiña como referençia o cóbado, ou as pulghadas, e era moi exacta.

Os vimbios non valían para façer as caniças porque eran moi delghados. 
 
Vimbieiros (arbustos con vimbios)


Vimbios
 
Cando se fala de corres de vimbias, diçir que son de maiores dimensións cós vimbios, tanto en anchura como en lonxitude. De tódolos xeitos, na escolla das vimbias desbotábanse as de tamaño semellante a varas de pau, porque para teçer con esa enverghadura, non dobraban, e crebaban fáçilmente.

Vimbieiras (árbusto con vimbias)


Vimbios
 
 
Vimbieiros

 
Noutras terras aluden ás caniças de varas, que por semellança, poderían ser as que aquí chamamos caniças de corres de vimbias, corres de salghueiros, … Ou senón, virían equivalendo ás caniças de táboas, xeralmente de pino.





Lémbrome de cando pequeno, na casa de meus avós maternos, do noso carro de dúas vacas con caniças de vimbias, e doutros carros da contorna coa mesma feitura.



 
Respecto do salghueiro, tense a seghuridade de ser espeçie espontánea por si mesma. Todas estas plantas xorden en sitios húmidos, e de afluentes de aghua. 
 

Salghueiros

 
Vimbias



As vimbias saen de enxertar salghueiros mansos. Aconséllase que estes salghueiros sexan novos, pero con alghunha altura para o enxerto. A vimbia enxértase collendo un cacho da súa mesma tona, e póndoa nun salghueiro das características comentadas anteriormente.





En cambio, para reproduçir o vimbio, córtase unha vara deste, façendo estaca, e espetándoa no chan da terra. 

Vimbieiros 


Se queremos cambiar de caste de vimbia, ou de vimbio, enxertamos esa calidade que desexamos obter na propia planta.

Nas aldeas façíanse os cestos para a herba, etç., con corres de vimbios sen estonar, ou de corres de vimbias, tamén sen estonar. Estes cestos valían ighualmente para levar froitos, ou outros produtos a vender ó mercado.



Tíñase a mesa dos cestos, chamada "espeteira", aínda hoxe os hai, como ferramenta para compoñelos. E, incluso façíanse sen ela, no mesmo chan.


Así mesmo, os buçeiros (cestiños sen aro), e os cestiños con aro, elaborábanse con vimbios, ou con corres delghadas de salghueiros, ou de castaños / castiñeiros, …, pero sen estonar. Xa que para traballar entre nós, no campo, non se acostumaba estonalos. Estes tipos de cestiños con aro, e buçeiros (cestiños sen aro), servían para apañar as patacas, verduras, froitas, ...

Buçeiro de aro ou, chamado tamén buçeiro de asa


De querer estonalos, collíanse na época propia, e estonábanse verdes, cunha raspa, ou un taco de madeira. Daban ben a tona, e quedaban limpos.





Xeralmente, os cestiños e os buçeiros que se façían con vimbios estonados, ou con corres de salghueiros estonados, ou corres de castiñeiros, soían ser feitos por xente que se dedicaba a vendelos, como cousa fina. Pero, entre as xentes do lughar, soían ser sen estonar.

Aparte desta preferençia, os cesteiros preparaban buçeiros, e cestiños con aro, tanto de corres estonadas, coma sen estonar. De calquera xeito, o seu ofiçio consistía en vender todos estes útiles artesanais.


Outro material co que traballaban os cesteiros, eran as corres de castaño / castiñeiro, as cales estonábanse, e laminaban (partían á metade) para construír cestas de levar a froita, e outros produtos ó mercado. Como complemento da cesta para levar, e traer mercadoría, tamén usábanse os cestos, de diferentes medidas.





Á hora de construír as costas das caniças, había que marcar as medidas no chan, con corda, ou arame. Despois, espetaban na terra as doelas (varas ghordas, ou táboas de aproximadamente 5 x 2 cm), en cada volta da vimbia. De seghuido teçían (noutros lughares din coser) as corres de vimbias ás doelas, dobrándoas pero sen rompelas.




Na volta de diante había quen as puña a plomo, é diçir, en vertical. Sen embargho, outra xente colocaba estas doelas dianteiras algho tumbadas (viradas) para fóra. Esta última opçión, posibilitaba que as caniças fixéranse máis anchas na unión das chedas, aumentando espaço de cargha.





Para conseghuir estas doelas con volta, buscaban atopar en estado natural, madeira desa inclinaçión. De non encontralas así, quentábanas ó lume, e íanas dobrando para que viraran un pouco, e despois teçíanas coas vimbias.





O caniço de atrás façíase do mesmo xeito, pero como peça separada da anterior, teçendo unhas corres a outras doelas.



Á hora de aplicar estas técnicas, dábase a realidade dalghunha casa, que posiblemente por non saber façer as caniças, e o caniço de corres de vimbias, ou de corres de salghueiro, optaban por façelas con táboas de madeira. Este tipo de caniças alternativas eran moi contadas, e case non se vían na parroquia, nin pola redonda.





Nesta modalidade escasa de caniça de madeira, non conviña que fose de árbore resistente, vella e con çerna: castiñeiro, carballo, …, xa que eran moi duras de traballar, e pesadas para o carro. Aparte deso, co carballo, e co castiñeiro façíanse perfias (barriles) nas casas. Ademais, o castiñeiro usábase para xanelas, portas, … Así e todo, a madeira nobre: carballo, castiñeiro, …, no caso de vendela, paghábana mellor.





Para as caniças escasas de madeira, preferíase o pino do país, por ser unha madeira de fáçil traballar, e loveán / leveán, é diçir, de pouco peso. Din que incluso as táboas do casqueiro de pino: primeira, e última táboa a carón da casca da árbore, podían nalghunha ocasión, acompañar ás táboas boas do pino que compuñan as caniças do carro, ou por neçesidade, ser totalmente de casqueiros.





Para cortar a árbore na toxeira, ou no monte, primeiro dábanlle un corte co machado, para abrir unha fendedura, ou cuña, e así orientar a caída da árbore.

Despois desa entrada, empreghaban o tronçador para serralo ata derrubar a árbore. Semella que en tempos anteriores podían cortalo ata caer, empreghando soamente o machado.


Logho na terra da toxeira, eira, horta, leira, ou onde cadrara, façían unhas covas para colocar uns paus, e nivelábanos coa fin de poñer a “estada”. Esta era a estrutura de apoio para serrar a árbore.




En cada beira tiña cabaletes, ou sosténs, formados por paus ghordos en forma de X. Estes extremos uníanse con outros paus horiçontais, entre os cales puñan de pé a árbore desponlada para serrala lonxitudinalmente co serrón de aire. Unha persoa situábase enriba, e outra por debaixo, serrando ó mesmo tempo en vertical ata completar o recorrido, pois este serrón posuía un tope en cada beira.



Serrón de aire ao pé da porta do cuberto das Chonas.




Tamén existía a serra portughuesa que non era tan frecuente coma o serrón de aire, e usábase para esta mesma fin. Tiña forma cuadranghular, a cal agharrábase entre dúas persoas.





Despois de obteren as táboas, colocábannas para enxughar no monte, e cando xa estaban enxoitas, construían o que tiñan pensado, que neste caso son as caniças de madeira.





Os tipos de carro existentes nesta comarca eran o carro común, e o carro carreteiro. Este último é de maiores dimensións e volume, do cal tiraban bois potentes, ou vacas de ghran corpo.





No carro común, calquera ghando normal, e sinxelo valía para tirar. Podía ser de dúas vacas, ou dunha vaca soa, que neste caso era máis pequeno, e transportaba menos peso.



Carro dunha vaca soa na parede do cuberto, de José O Roxo, de Moimenta.




Este carro dunha vaca soa, tiña dúas cabeçallas paralelas de madeira que podían unirse na súa parte dianteira por un traveso, onde se lle incrustaban as cancallas, façendo de xugho.



Carro dunha vaca soa, enfronte da casa de Dorinda da Troita, en Cadarnoxo

Tamén estaban aqueles outros sen traveso, polo cal o mesmo xugho era quen unía as dúas cabeçallas. En calquera destas modalidades do carro dunha vaca soa, o animal vai metido entre as dúas cabeçallas.

Carro dunha vaca soa, enfronte da casa de Dorinda da Troita, en Cadarnoxo





O carro de carreteiro, como tamén o carro común de dúas vacas, levan idéntico tipo madeira, e feitura, pero distintas medidas. O primeiro destaca polo maior ghrosor do material, polo que ten máis peso, e é máis forte có seghundo. En correspondençia, nun caso a madeira ten máis ghordura, e no outro, é máis delghada.




Esto inflúe, respectivamente, na força de tracçión do vehículo, pois no de maior peso turraría del un ghando de potençia, e bo corpo, mentres que no outro podería ser de menor tamaño.





O carro de cabalos, por este entorno, chamábase así. Dábase máis pola montaña, os pobos, e as cidades, que por aquí. 

Na década dos anos 40, había na aldea de Cures, un vehículo destes tirado por unha besta. Posuíano a medias entre a nosa casa de Ramón de Esperança, e a do irmán de miña avoa Esperança: Françisco do Cacheiro. 

Na aldea, tíñamos besta nós, e os de Arruchelo. E máis tardíamente os do Currucho.

A señora Avelina e miña avoa Esperança, andaban no trato coa nai de Encarnaçión das Chonas.

Cando non lle cheghaba os seus propios froitos obtidos das súas terras, ían con este carro a comprar "fartura" a  Noia, e alghunhas veçes á Serra de Outes. Compraban, sobretodo millo que vendía maiormente na Pobra do Caramiñal. Noutras ocasións, cando se acababan outras leghumbres, tamén ían compralas a Noia, ou á Serra. Anque os seus mercados de venda reghulares para froitas, leite e outras cousas, tamén se repartían por Boiro, Escarabote, Cabo de Crus, Pobra do Caramiñal e alghunhas veçes, en datas sinaladas collían o  barco no Bodión-Abanqueiro para vender en Vilagharçía de Arousa.

Transportou durante esa etapa das súas vidas, a miña avoa e compañeiras do trato, e posiblemente á súa cuñada, xunto coa mercadoría de cada casa, para venderen no mercado e feiras.


No ano 1956, meus avós maternos, compráronlle a burra que tiñan os do Cacheiro. 

Cando se lle acababa a miña avoa os seus propios víveres para vender, collía o Ideal Ghallegho cara a Noia, ou á Serra de Outes para compralos alí. Logho, xa na casa, ía coa burra e os víveres necesarios para revender en Escarabote e Cabo de Crus. Tamén a Boiro e Pobra do Caramiñal.


Cando foi da ghuerra, as autoridades requisábanlle a mercadoría para mantérense dela.

(Nesta foto de abaixo, vese a miña tía Digna, e meu tío Jose de Torrado de Calo, Nebra, coas dúas fillas máis vellas por idade, Susana e Lourdes, emighrados arredor do ano 1956 a Urughuai. Primeiro foise meu tío Xosé, que atracou en Brasil, e despois dunha serie de aventuras pola selva, pasou a Paraghuai, e finalmente a Urughuai. Desde este país, casouse por poder con miña tía Digna, e logho, reclamouna para Urughuai. Aquí estiveron 30 anos. Vese detrás deles un coche de cabalos, co que estaban preparando a súa quinta, ou horta ghrande na que máis tarde obterían froitas, hortaliças, e leghumes que vendían nas feiras dos povos dese país que os acolleu. Xa no ano 1986, por medio dunha filla que se foi co seu home para Montreal, en Canadá, reclamou a meus tíos e ao fillo máis novo, Ghustavo, daquela solteiro, e fóronse para alá. As dúas fillas máis vellas que xa estaban casadas e con fillos, seghuiron en Urughuai. Pero, aproximadamente, a prinçipios da década de 1990, reclamáronos meus tíos, e fóronse para Montreal coas súas parellas e fillos.)




O cabalo ve de noite mellor que as vacas, pero tampouco con detalle.


Tanto uns como as outras, polo día teñen unha visión clara.





Coneçíase tamén ó carro ghalegho, coma carro do país, carro común, carro aldeán, ou carro normal. Desde tempos esquençidos este xoghou no medio rural ghalegho, un papel moi importante no transcorrer dos séculos.




Cando nosos pais se criaron, na súa maioría eran probes. Xeralmente, se a casa era rica, ou valida, tiraba do vehículo unha parella de bois, ou vacas potentes.


Porque nas casas probes, aínda no caso de poder ter animais de tiro, soía ser unha parella de vacas sinxelas, e cativas. Velaí aquel dito: “… coma a vaca do probe.”





Ter vacas, e outros animais ben acomerados, e coidados, non era tarefa fáçil, debido a que se neçesitaban terras para alimentalas.


Moito máis complicado era contar con bois, ou vacas ghrandes, por mor da súa enverghadura, e mantemento.





Toda aquela casa con poucas terras de seu, podía non xuntar alimento sufiçiente para os animais. Isto obrighaba a paçer o ghando por camiños, e montes. Estes começaran repoboándose a fins da década dos 40, prinçipios dos 50.





Desde tempos remotos, o carro foi, xa non é, o medio de transporte do mundo rural ghalegho. Sempre rodando, e cantando polas rotas, ou camiños de carro, e tamén polas corredoiras da nosa terra.





A miúdo, dependendo da oroghrafía do terreo, o carro tíñase coma medida para valorar a cargha que podía rexer (transportar). Seghundo fora o camiño, unhas veçes máis ou menos costento, outra con pendente, ou irreghular, …, isto determinaría o nivel de cargha.




Cando un particular façía unha casa, aparte de contratar canteiros, e barreiros (pinches que dan pedra ós canteiros, amasan, e pasan o barro), neçesitaba transportar a pedra ata a obra. De contar so co seu carro, tería que botar máis tempo carretando, façendo esperar ó persoal contratado, e aumentando os custes dos xornais.





Por iso, seghundo se levara cos veçiños, e considerando a propia neçesidade, podía chamar a alghuén máis para sumaren carros, e poder transportar a pedra no menor tempo posible. Por outra parte, era posible que alghún veçiño se ofreçese axudar co seu carro, sen ter sido chamado.




Dese xeito aforraría tempo, e cartos, podendo os barreiros, e os canteiros adiantar o traballo. Por outra parte, as persoas encarghadas de rebocar as paredes con barro, e encalalas, eran os albaneis, xa expertos nestas tarefas. Na carpintería chamábase ós carpinteiros, a non ser que se apañara ben a xente da propia casa.




No remate da carretada da pedra, o dono da obra xa avisara con tempo á súa muller, e familia para ter listo un xantar na casa, ou unha çea, como pagho ós veçiños que partiçiparon cos seus carros, xunto ó del, no acarrexo do material.





Se co avançe da obra de días suçesivos, preçisaran máis pedra, entón carrexarían a preçisa. De haber axuda, podería repetirse o xantar, ou a çea, seghundo a hora do día en que se rematara a viaxe.




Este traballo en carretar a pedra coa partiçipaçión doutros veçiños, non se paghaba económicamente, senón que era unha axuda mutua. Quen si cobraban eran os canteiros, e barreiros (pinches). Así mesmo, baixo un xornal tamén estaban os que rebocaban con barro a parede, e a encalaban, e por último os carpinteiros.




Nas labores aghrícolas, cada casa xeralmente posuía o seu carro que usaba somentes para si mesma. Esto non quita que en determinadas çeifas do ano, existise por parte dos veçiños o costume de partiçiparen, en prinçipio só coas súas propias mans, en tarefas tradiçionais conxuntas.





Se alghún fraghueiro (comprador de pinos, e árbores, en xeral, anque daquela os arcolitos=eucaliptos aínda non foran sementados), cheghaba a un acordo co propietario do piñeiral, entón o fraghueiro contrataba ao carreteiro que xeralmente xa tiña de man, coa fin de levar a cargha á fábrica de madeira.





Podían darse excepçións pola cal o dono do pinar coneçese alghún carreteiro que llo fixera a mellor preço. Aghás estas excepçións, por sistema case sempre se encarghaba o propio fraghueiro.




Se desde o sitio de cargha (xeralmente de pinos, ameneiros, carballos, …), se fixera dificultoso carrexalos ao punto de amoreamento nun camiño, ou pista prinçipal, entón levaban media cargha, ou a que rexeran, ata alí. Despois completaban as viaxes neçesarias para xuntalas nese punto. Xa rematada a operaçión anterior, tocaba transportalo nas veçes que fixera falta, ata Barraña, ou a Ponte Beluso.




Estes acarrexos con media cargha, ou media viaxe, ata o punto de amoreamenteo, defínense como “subir unhas trincas”.





Os carros que levaban pinos, podían manchar de breu as mans dos carreteiros. Había diferentes técnicas para intentar quitar o breu, de acordo coa idea de cada carreteiro.




Como anécdota comentaba Alfonso do Cacheiro, que el collía area do río coas mans, e refreghábaas, para logho lavalas con aghua. En cambio, Manuel das Chonas empreghaba açeite para limpar as mans. Seghundo conclúe, disque lle daba mellor resultado limpalas con area, que con açeite.




Xa cheghados ó punto de venda, puñan o ghando co carro, e a cargha, enriba da báscula ghrande do aserradeiro.


Despois baleiraban a madeira nun currucho da fábrica, e volvían pesarse co ghando, e o carro xa baldeiro, para calcular o peso exacto da mercadoría.





Cando nun deses casos puntuais, o carreteiro era contratado polo dono dos pinos, entón a fábrica pagháballe a aquel o preço estipulado, seghundo o tipo de madeira, e o peso total. Desa cantidade cobrada polo carreteiro, unha parte taxada quedáballe a el polos portes da madeira, e a outra ó dono do pinar.





Se o carreteiro fora contratado polo fraghueiro, entón era este quen lle paghaba os portes a aquel.




Non sempre se vendía toda a madeira da corta dunha toxeira, ou do monte. Podía interesar vender unha parte, e o resto reservala para serrar, empreghándoa tanto na carpintería interior dunha casa, como en apoios para os canteiros nas paredes, ou no que fora.





A ferramenta típica para serrado da madeira era o serrón de aire, ou, con menor frecuençia, o serrón portughués. Con esta madeira os carpinteiros, ou calquera persoa habilidosa para esto, preparaba de todo: as vighas, tixeiras, costeiros/terçios, o cume, ripas, e cancos do tellado, como as táboas do piso, ou calquera peça doutra neçesidade diferente.


Por costume, o serrado façíase na propia aldea, ou no monte, xa que boa parte dos seus habitantes dispuñan dunha “estada” (estrutura de madeira onde se colocaban os paus que ían serrar). Moitas das casas tiñan instalada a carón da súa horta, eira, nunha leira, tuxeira, monte, ou onde puder, a súa “estada” permanente.



A mediados dos 40, instalouse un aserradeiro no monte do Castro, perto da aldea de Cures, e Ameán. Fora montado polo Chaveiro de Cadarnoxo. Pouco durou, xa que aproximadamente a primeiro dos anos 50 xa se pechou, e desmantelou.




Posteriormente, na mesma década dos anos 50, o Chaveiro, xunto cun señor de Bealo, trasladaron a maquinaria do aserradeiro anterior para montar outro na beira da estrada prinçipal. Está perto do cruçe que vai para Cures de Baixo, e conéçese como de Cabanela, polo lughar onde se colocou.





Ao pouco tempo quedou en mans do soçio de Bealo. Posteriormente o fillo deste, de nome José, casou en Cures, con Flora, pasando eles a rexentar durante moitos anos esta fábrica, que pechou exactamente no ano mil noveçentos oitenta e cinco. Tiñan unha caldeira de vapor que daba enerxía para o proçeso de serrado.




Debido á proximidade do aserradeiro no lughar, foi apareçendo quen tímidamente começou a levar á fábrica alghún toro (parte da árbores entre a raís e as ponlas) que coubera no carro para preparar ripas, e cancos, ... do tellado, ou outro tipo de peças pequenas. O resto de toradas coa que obter vighas, tixeiras, terçios, ou costeiros, e cumes, …, non cabían no carro, e seghuíase preparando pola xente no mesmo entorno do lughar.





Ese acheghamento ó aserradeiro non se estableçeu por sistema, xa que mentres non apareçeu o transporte de vehículos a motor, a maioría das peças do serrado, senón todas, continuou façéndose na aldea, ou no monte.




Eso serve de exemplo para cando o propietario da arboleda façía unha rarea / pichada, no seu monte, ou toxeira. Podía vendelos como axuda de ghastos da casa, ou aproveitar a madeira para si mesmo. Ao ser pouca cantidade de madeira, máis ou menos unha, ou dúas carretadas, ía vendela co seu propio carro á fábrica, ou quedábase con ela para serralas en por el.




Outros aserradeiros existentes en Boiro, eran:

O de Alejandro, no Poço (desembocadura do río Coroño).


Cóntame unha persoa maior, con idade de ser avó, que na súa infançia, e adolescençia xoghaban dentro da arboleda, situada ao noroeste da desembocadura do río, e neste lado estaba amurallado, ata hoxe en día.

Na súa frondosidade tiñan os campamentos, e desde os muros que separaban o bosque do fin do río, botábanse á aghua. Unhas veçes co propio impulso, outras empuxados polos amighos, e en momentos arrebolándose desde as lianas das árbores.

Aínda non existía o veraneo das praias de hoxe en día. Tampouco había costume da xente da beira do mar de bañarse na augha salghada. Soamente se metían no río, coma a xente de terra adentro.

As nenas podían xoghar cos nenos, pero non se bañaban no río. En todo caso, púñanse nun outeiro, ou en calquera punto, a contemplar o baño deles.

Non estaba a ponte de Escarabote. O pinar repoboado que se atopa á súa beira tampouco existía. So eran sedimentos do estuario do río, recuberto de area do vento mariño.

Todo este lughar conoçíase como "O Poço", e estremaba polo leste, co Espadañal.

Seghundo me explica esta persoa, el naceu na aldea que se atopa á beira das Colonias. Tería uns des anos cando se construíron esas unidades, arredor da década dos cincoenta. Pensa que unha persoa foránea destinada a esta nova estrutura, foi quen deçideu cambiarlle o nome de Poço polo de Praia Xardín, anque para eles sempre foi, e sighue sendo o Poço.

Di que toda esta contorna estaba cuberta de area ata pasar o colexio de Santa Baia, máis ou menos á altura da Pinchuda.

Por iso, cando tocaba saír co carro desde a súa aldea para levar esterco ás leiras, ou vir con el carghado do que cadrara, había que palear diante, botando a area ás beiras, e poder tocar firme.

De baldeiro, non façía falla esto, xa que non se enterraba.

Lembra que había dunas considerables en determinadas liñas da beira do mar.

Relata que nos tempos en que se substitueu o barro, polo composto de cemento, e area para construír casas, todo aquel que preçisaba area, ía buscala cos carros, ou en carretillas, baldes, e posteriormente alternaban con tractores, e camións. Quere deixar ben claro que desta praia saíron toneladas inmensas de area.

Nunha determinada época a administraçión correspondente começou a reghular este ben, pero so desde un punto de vista económico, impondo unha tarifa por unidade estableçida.

No momento en que espertou a conciençia respecto a este ben natural, e se valorou como tal, foi cando se prohibeu a súa extracçión.

Pero o mal xa estaba feito, as dunas desapareçeran había anos. A praia sen volume sufiçiente para afrontar o devalar do mar, arrastraba a pouca area existente. Na actualidade foi recheada con area da canteira. Outro expolio e destrucçión máis para os montes.

No tempo que se construíron as Colonias, tiveron que montar uns raíles desde a taberna da Pinchuda ata o lughar de asentamento das construcçións. A empresa da obra construeu uns vaghóns para transportaren o material sobre os raíles. Na parte final do recorrido, case á beira da praia, puxéronlle unhas pedras como tope, para que non se marcharan os vaghóns á aghua.

Nun fin de semana, el, xunto con outros rapaçes puxéronse a xoghar cos vaghóns en todo o seu recorrido, subindo dentro deles, e empuxando tamén desde fóra. Nunha desas, apartaron as pedras que façían de tope no fin da vía, e alá van patas arriba, a punto de maghoarse, e descarrilando o vaghón.

Todos fixeron un pacto de silençio, pensando que xa se encargharían os obreiros de arranxar o vaghón o próximo luns da semana. Como así foi.


Na súa casa non preçisaban ir ó batume, ou á leña ao monte do Barbança, xa que por préstamo familiar podía servirse de amplo terreo pola área de Rosomil, ou sitio próximo.

Outro aserradeiro no Saltiño, era o de Chouça, hoxe ocupado o seu terreo con pisos.


O de don Ghonçalo, ou Sieira.


De Casais, no Saltiño.



Máis tarde xurdeu o do señor Eughenio de Hermo, no cruçe do Saltiño a Triñáns.


O de Sobradelo, no Boiro de Riba, máis ben taller de carpintaría, cun pequeno aserradeiro. Na actualidade ocupada por outra empresa, con distinta actividade.


En Ponte Beluso, estivo activa moito tempo a fábrica de madeira conoçida como de Carbonell.


Alí atracaban, e saían barcos, antighamente de vela, con esta materia prima, e os seus derivados.






Como había pouco fondo para manterse a flote, tiñan que esperar a que subise a marea para poderen naveghar.



Por outra banda, non era posíbel diversificar o seu uso para a xente, e as mercadorías, posto que o horario das mareas non cadraban coas neçesidades das persoas.





Puntos importantes pola nosa contorna de carga-descargha de mercadoría, e embarque-desembarque de pasaxeiros, eran O Bodión/Bodeón, Cabo de Crus, Pobra do Caramiñal, Ribeira. Aghás O Bodión, os restantes peiraos tamén abranghuían a pesca, incluído neste caso, Escarabote.




- Adiós muelle de la Puebla, muelle de la embarcaçión, donde muchas madres lloran lághrimas del coraçón.




Aparte do transporte de árbores, os carreteiros podían transportar calquera outra cousa que se prestase levar, coma coçiñas de ferro, mesas, utensilios, …




Cando se xuntaban varios carros carreteiros en rincleira levando unha cargha, ou os carros comúns (labreghos=normais) traballando cada un para si, ou por axuda mutua nunha faena aghrícola, a toda esta fila, ou rincleira de carros nomeábase “carretada”.





Carretada, ademáis podía significar: - A propia cargha do carro, ou moita cargha.



Exemplo: - Levaba unha boa carretada. / - Iñó, trouxo unha carretada! (boa carretada)





O dono do carro cuxa profesión era carretar, denominábase carreteiro. Aghora xa case non se ven carros en activo, pasando a seren peças de museo etnoghráfico.




O carro pola rodeira, anda camiño rodando. Leva patacas da leira, ¡Ai, das vaquiñas, tirando.!





(NOTA):

Xeralmente, existía antighamente nas aldeas unha estrutura tradiçional non escrita de colaboraçión, e axuda mutua. Todo dependía de cómo se levasen os viçiños, e a confiança que houbese entre eles.




Na renovaçión de pisos, teito, …, dunha vivenda xa existente, ou na construcçión dunha casa nova de pedra por medio de * “estadas” (dous paus saíntes da parede, con táboas cravadas na que soben os canteiros a colocar pedra nas paredes), e posterior carpintería interior, .., para todo isto vai ser neçesaria madeira axeitada.



* Non confundir estadas de serrar a madeira, coas estadas de andar os canteiros na altura das paredes dunha casa.




Cando se façía a casa de pedra, deixaban dous buratos na parede, nos cales se lle metían cadanseus paus saíntes. Por riba deles adaptábanselle unhas táboas que se cravaban nos paus. Nalghúns casos, para máis aghuante, e seghuridade das estadas, espetaban uns puntais nunhas covas feitas no chan.




Mentres as paredes eran baixas, podían empuxar as pedras a rolos, ou con palanca.




Seghundo ía subindo a parede, púñaselle unha rampla (dous paus algho inclinados cunhas táboas cravadas). Podían rolearse, e subir as pedras coa man, ou cunha palanca. De paso que se “tomaba a pedra” (agharrala), había que “forrala ou calçala” (acuñala ben / pórlle unha calça= pedra pequena), para retela, ou freala mentres subía pola rampla.



Exemplo: - “Toma aí a pedra”. (Agharra / Colle aí a pedra)


- “Forra” = “Calça” = “Acuña” aí a pedra / Ponlle unha calça / unha cuña.



Xa cheghados a unha determinada altura, interviña o “aparejo”, que subía a pedra ata as “estadas”, onde se atopaban os canteiros.




Aparejo: conxunto de tres roldanas, ou poleas individuais, e paralelas entre sí. Estas tiñan unhas cordas cada unha delas por separado. Estaba sostido por dous paus en forma de X espetados no chan, e a parte superior deles suxeitábanse cunha corda por ambos extremos a sitios firmes.




Se co propósito anterior, o veçiño dispuña de pinares, entón xa tería madeira, e cartos para esa obra.


En toda época, e momento, sempre existiron persoas en situaçións desfavoreçidas. Por aquel tempo, tanto na aldea de Cures como na parroquia, había alghúns habitantes con estes problemas. Para aliviar tales casos, façíaselle unha recolecta entre o veçindario da aldea, e/ou da parroquia que xeralmente podía destinarse ao arranxo, e mellora da casiña ruín, ou á construcçión dunha casa digna. Antes de todo, descartábase que esa penuria, ou “leste”, non fora por pioca (pereça), e abandono, xa que de ser así, non se xuntaba para eles.

Para pedir, xeralmente había no lughar alghunha persoa, ou un ghrupo delas encarghado desta misión, ó que podía sumarse o propio interesado ou interesada.





Dependendo da capaçidade, e á confiança de cada veçiño, podían darlle cartos, ou un pino. Logho disporía como mellor lle conviñese: xuntar os pinos, e vendelos a un fraghueiro para conseghuir diñeiro en metálico, ou reservarse os que proçedera para serralos, e obter madeira. Neste último caso, serrábanse na aldea, ou no monte.




Moitas das familias tiñan unha estada permanente para serrar a madeira. Esta, podía estar situada en calquera punto das súas propiedades, como xa explicáramos no seu momento. Desta madeira, os carpinteiros, ou calquera cortador dedicado a esto, preparaba as vighas, as tixeiras, os costeiros ou terçios, o cume, ripas, e cancos.





En prinçipio, cada propietario carretaba a súa rarea, ou corta dun ou máis pinos da súa propiedade. Non obstante, se alghún veçiño, ou veçiños se prestaban colaborar cos seus carros, esto quedaría como futura axuda mutua. En ocasións, podían cadrar que nese mesmo día, varios propietarios rarearan (cortaran) un ou máis pinos para si mesmos, polo que tamén existía a posibilidade de cruçárense cos carros no camiño.




Naqueles mundos en que escaseaban os cartos, e a case ninquén lle sobraba a comida, afortunados os que algho tiñan baixo a súa suor, pois outros incluso con esforço víanse apurados para alimentárense, e xa non dighamos vestirse.





Quen tiña pinares, vendía cada 2 ou 3 anos unha rarea, ou pichada de pinos ghordos. Se había ghando, tamén podía vender un ou máis puchos cada 2 anos, para arranxo (ghastos) da economía familiar.


Outra fonte de inghresos para quen tiña frutais, alghunhas leghumes, un pouco de leite, …, era vender nos mercados, e feiras eses posibles sobrantes. Con todo esto, podía quedar algho de marxe para dar ás festas parroquiais.




Polo tempo de paghar a contribuçión, quen non dispuña de propiedades, estaba exento de contribuír.




Por outra parte, a xente que debía tributar, pero non dispuña de diñeiro sufiçiente para afrontar as cotas tributarias, pedíalle cartos a quen os tivera con miras de devolvelos, e á confiança de cada un. Neste caso, os pinos non eran moeda de doaçón, nin préstamo. Nunha época determinada paghouse polo viño, e polo porco, e despois xa non foi neçesario contribuír por esto.




Toda aquela casa sen carro, pero cun algho de terra, podía valerse da axuda doutros veçiños que se prestaban irlle co carro nas tarefas requiridas. De tódolos xeitos, calquera tipo de axuda que se comentou en distintas ocasións, estaba supeditada a se existían boas relaçións entre a xente, pois do contrario tal axuda non existiría.





Seghundo comenta alghunha persoa xa moi maior que viveu tales mundos, daquela tamén había xente de todo, como en botica, pero hoxe en día hai máis soberbia que antes.





As vacas paridas, ademais de dárlle de mamar ó pucho-s, tamén traballaban por fóra a labrar, ghradar, sachar, poñelas ó carro, … Cando volvían da arada, de carretar, ou do que cadrara, mirábase antes de metelas na corte xunto coa cría, se viñan quentes de suar.





No caso de estar realmente así, quençida, e suorosa, entón ó pucho dábaselle de beber aghua fría directamente na boca. Arredor de medio tanque, ou un enteiro, cunha capaçidade de 1/4 l, ou 1/2 l, respectivamente, para que non lle fixera mal o leite da vaca que traía o sancre quente de traballar.





Había quen reservaba alghunha vaca para leite, e o resto delas para as labores aghrícolas. En cambio, outra xente dispuña todas a traballar, incluso as que estiveran dando leite. Na casa de meus avós maternos tíñamos, ás veçes, tres vacas. Traballaban todas, e non deixaban de façelo anque estiveran dando leite despois de paridas.





Se as vacas teñen pucho, múxense unha ves ó día, polo reghular á mañán. Para iso, bótaselle un momento o pucho a mamar. Entón, ó pouco tempo apartámolo para muxila nós. Ou senón, no mesmo intre que mama o pucho, múxesenlle os tetos libres da vaca. Non obstante, sempre é mellor apartarlle o pucho.





As nosas vacas muxíanas pola mañán, destinando un pouco de leite ó desaiuno da xente, e o resto para vender no mercado. Puñan o-s pucho-s da vaca parida a mamar un pouco, e sacábano-s dos tetos. Despois muxían o resto do leite que lle quedaba no ubre.





Cando son vacas “enxermadas”, é diçir, ás cales se lles vendeu o pucho, hai que muxilas, aparte de pola mañán, tamén de noite. De muxilas so pola mañán, poden coller palmoeira (inflamaçión do ubre) debido á acumulaçión de leite.





Para tratar unha posible palmoeira, coçíanse follas de ortighas con follas de saramaghos, e despois toda esta masa vexetal refreghábaselle nos ubres inflamados. Polo menos untábanselle dúas ou tres veçes ó día, ata que lles pasara. Senón se vía mellora, acudían ó veterinario.




Logho de muxir a vaca, tanto se tiña pucho, como se fose xa “enxermada” (vaca co pucho vendido), podía apartarse un pouco deste leite fresco, sen quentalo, nin fervelo, con vistas a conseghuir "leite preso".

Para iso, púñase o leite reçén muxido, en sitios secos, e con boa temperatura para que coa mornura do abrigho, callase. Cando está loghrado, ven sendo o equivalente do ioghur natural.

A partir de aquí, xa está listo para tomalo directamente, ou mesturado con boroa, sucre, ... Senón, ghardábano en calquera sitio: nun fresqueiro, laçena, …, para comelo antes de que se estropeara.





Outra cantidade de leite tomábase fervido no desaiuno. Cando tocaba muxir de noite, fervíase o leite para que cheghara en bo estado ata a mañán seghuinte, sumándoo co muxido da mañán.





Este leite envorcábano en cacharros de aluminio que levaban na cabeça, ou nos braços polo aro, para vender no mercado, ou polas casas dos clientes. Miña avoa Esperança, xunto coas tías maiores, antes de casárense para fóra, e máis tarde miña nai, ían andando coas leiteiras na cabeça para vender o leite. Unhas veçes por Boiro, outras por Escarabote, Cabo de Crus e a Pobra do Caramiñal. Esto repartíase, seghundo a cantidade de leite que houbese, e os clientes fixos que tivesen. 


Enchíanlles o leite nas botellas de cristal que traía a xente da casa.





O leite fervido que temos nunha tarteira, ou na cunca, ao arrefiar cría unha tona, ou pelica. Para façer manteigha, retirámoslle esa tona, e poñémola nunha vaixela, ou un cacharro calquera. E así sistemáticamente, ata xuntar a cantidade desexada. Dentro duns días teremos a tan ansiada manteigha lista para comer.




Cando o leite muxido non cheghaba para vender, pasábase sen el no desaiuno, tomando aghua con sucre, ou aghua cunha area de sal (pouco de sal) … Neste caso particular, esa parte do leite súmabase ó lote da venda.





A vaca cando cansa, xa non da mais leite. Ten que empreñar, e parir de novo para volver dalo.





Comprábase, e vendíase ghando nas feiras de Noia, e Taraghoña (monte perto de onde hoxe está o campo das festas). O que se vendía era máis que nada alghunha vaca que non empreñaba.


Houbera unha feira de ghando en Espiñeira, pero durou poucos anos. Outra feira, relevante era o feirón da Serra de Outes, e xa máis lonxe, a de Padrón.

Cando era a víspera da feira de Padrón, no Sábado de Pascua, baixaban das Aldeas do Monte, manadas de cabalos e bestas ghrandes e pequenas. Iban dirixidas por un xinete e cabalo "ghuía", e as demáis persoas integhrantes do ghrupo, ían detrás andando a pé para que non se escapase a manada. Pasaban polo medio da aldea, e era unha festas velos pasar. Iban ata Vilar de Fóra, e alí subían polo monte da Saísa, despois polo monte do Ghrilo, Belles de Baixo, Ponte Beluso e pola estrada, ata Padrón. Daquela, había pouquiños coches, eran contados cos dedos da man.

Meu avó Ramón mandara a miña nai, que daquela tiña deçasete anos, ir ela soa vender á feira de Taraghoña unha vaca que xa non empreñaba. Levouna monte a través, presa por unha corda. El explicáralle que debía vendela a tal preço, pero que de aí non baixara.





Ademais lembroulle que era moi perighoso vir cos cartos enriba, sobre todo unha chavala de deçasete anos que tiña daquela. Por este motivo, indicoulle que se vía a alghún veçiño coneçido, coma por exemplo, ó señor Antonio do Paço de Comoxo, moi habitual nas feiras, lle dera os cartos en prestado.




Xa despois, ó día seghuinte, calquera dos da nosa familia encargharíase de recollelos na casa del, en Comoxo. Sabíase que o señor Antonio era moi dado a andar nas feiras, preghuntando preços, e vendo como façían os tratantes, ou chaláns, por iso enredaba nelas. Tal como pensaba meu avó, así foi que miña nai o veu. Pideulle se podía traerlle os cartos ata Comoxo, e así ela volver confiada para Cures. Díxolle, el: - Vaite tranquila, que mañán vés buscar os cartos á nosa casa.




O señor Antonio ao cheghar de noite á súa casa, díxolles ós seus: - Boeno, están aquí estes cartos dunha vaca vendida que mos dou Isolina, filla de Ramón de Esperança. Haos de vir buscar mañán, e se morro de noite, dádesllos que son deles.



Ó outro día miña nai foi alá, e os da casa xa sabidos, déronlle os cartos.




Outras veçes, ten ido andando ata Noia con meu avó, como antes fixeran as/os irmáns maiores, para vender alghunha vaca que xa non podía ter crías, ou comprar unha vaca que pudera empreñar.





En cambio para vender os puchos, viña o chalán á casa taxar o preço, e, se cadra mercalo. Neste caso, eran os da casa os encarghados de levar andando o animal preso pola corda, ata a casa do Cuco, en Boiro. Miña nai ten levado, con meu tío Françisco do Cacheiro, un pucho a Boiro. Para esto, era preçiso ir tamén coa vaca, coa fin de que o pucho camiñase ao lado. O pucho atábase polo pescoço, e ao mesmo tempo a corda amarrábase nos cornos da vaca. Deixaban alí a cría (o pucho), e traían a vaca de volta para a casa. 


Xa na súa eira, metíano nunha corte, onde nese momento podía haber máis puchos traídos por outra xente.





Despois, estes animais serían recollidos por un camión, encarghado do seu transporte ó lughar “definitivo”. Os puchos sempre se levaban a esta casa de Boiro, nunca a Noia.





Logho do sacrifiçio, xeralmente os sapateiros preçisaban o coiro como material de traballo. Para isto, dirixíanse xunto dos carniçeiros, e comprábanlle as peles do ghando, coa que façían os acçesorios para enghanchar ó xugho: apiadoiros, apioghas, timoeiros, ... Tamén para os socos, e calquera traballo artesanal de coiro.

Cando meu avó materno xa era moi maior, e tiña que ir á feira, collía o coche de liña que naquel intre era o Ideal Ghallego. Esta empresa façía o recorrido saíndo da Pobra do Caramiñal ata Noia. Mentres tanto, miña nai levaba a pé a vaca pola corda, a cal xa non collía a semente, coa fin de vendela na feira de Noia onde se reuniría con meu avó.