jueves, 7 de septiembre de 2017

O TOXO, por Ramon Lainho




Toxo esquençido que floreçes na estaçión das miñas lembranças. 

Para enghalanar o teu corpo espido, de aleghre vida amarela.

Nesta hora contemplo as túas belidas floriñas, de nome churuma, que recrean a miña vista. 

Son dunha textura branda e suave, asentadas e medosas entre as bravas espiñas.

De corpo vistoso, en cor dourada e verde, espallado polas ladeiras das montañas.

¡Qué feliçidade para os meus sentidos, a través desa paisaxe ruda e linda!

Pode o teu corpo picar, poden as túas puntas clavar.

Máis ti sabes que estás ahí para ser mirado, pero sen tocar.

 
É neçesario cheghar á túa alma para loghrar comprender ese ser.
 
Como aquel que busca no seu interior, e abandona toda superfiçie.
 
Pasas parte da túa vida desaperçibido, 

mostrando esas armas afiadas cando che molestan.

Foxes dos bosques nobles para brotar entre vaghoadas e outeiros,

estendéndote por terras ermas e deixadas.

Non confías en ninquén, non queres que a ti se arrimen.

¿Dime por qué picas? ¿Dime por qué es tan áspero?
 

Nas túas puntas en pincho, come o cabalo do monte.
 
E envolto no batume, fas a cama do ghando.
 
Incluso che apañan e "pican" como alimento das bestas.

De seco, aprovéitanche para coçer a boroa e, ardes no forno.
 
Tantas veçes, aínda verde, estalas no lume "falándome" da túa vida.

¡Reservas fecundas sorpresas! De ti, poden sacar combustible líquido ecolóxico. Tamén licor.

Algho che marcou e endureçeu no pasado, pero non o queres contar.

Por eso te recubres en formas punçantes e, te ençerras en ti mesmo.


De aspecto indómito, máis de coraçón aberto.

Ti, morador de alturas inhóspitas e solitarias,

con recordos ghravados por loitas de supervivençia.
 
Ao tempo, convertido nun símbolo de resistençia, dunha terra durmida. 
 
Pero eu sei, e todos saben que hai seres aos que lles das abrigho e protecçión.

¡Desexas tanto telos escondidos para protexer as súas vidas!
 
Eso non pode provir, senón de nobles sentimentos.

Unha chea de tesouros arqueolóxicos e materiais, ocultas baixo a túa espesura.


¿Sabes? Aos animais en liberdade, non lles afecta a túa bravura.

Comprenden esa natureça aghreste e indómita.

¡Qué se alonxe de ti o banal e oco!

¡Qué se vaia da túa presença toda superfiçialidade e artifiçio!