miércoles, 30 de mayo de 2012

OS MUÍÑOS. DESDE A PONTE NOVA DA AGHRA DE CURES, ATA A PARAXE DO RAMALLAL, por Ramón Laíño


Perto da mesma Ponte Nova de Cures, pola marxe inferior, atopamos o "Muíño da Aghra". 
 


Neste muíño moían meus avós maternos e membros da "casa dos de Esperança". Tíñamos un día, ou unha noite. É diçir, cando de día, cando de noite. Antighamente moían no chamado "muíño do Cura" que realmente non pertençe ao cura, e esta situado por debaixo da Ponte de Carou que leva a Pomar do Río.  

Este cambio de muíño foi debido a unha permuta que se fixera cos de Felipe da Ameán, onde se casara un tío materno meu (José), e moían neste "muíño da Agrha" de Cures. Deste xeito, nós pasamos a moer no "muíño da Aghra", e eles no "muíño do Cura". Ámbalas casas saíron ghanando por quedaren máis pertos das súas respectivas aldeas.

De tódolos xeitos, a efectos leghais de propiedade, cada casa conserva as roldas nos seus propios muíños. A nosa casa dos de Esperança conserva o dereito, aínda hoxe en día, de poder usar ½ rolda (1 dia=12 horas diurnas, ou 1 noite=12 horas nocturnas) para moer no chamado “muíño do cura”.


Muíño da Aghra

Sartegho, coa vara, e bexo do reduçio non visible.

Laterais


  Entrada do muíño
Pousa da entrada para pousaren o saco do millo, ...





Silveiras que querían ghabear polas paredes do muíño

 



Porta da entrada con hedras arredor
 


Porta despois de clarexala


Interior do muíño co tremiñado (queixón de madeira aberto por riba, onde deita, ou cae a fariña do pé do muíño)


 No chan, punto onde ía a crus do erghuedoiro  


Diversos útiles para o traballo do muíño. Ghravados, ou marcas nunha pedra


 Máis útiles do muíño


Banco de pedra (asento) para a xente


Reduçio adulterado (con penas de ferro, e aro metálico ao seu redor). O típico, e enxebre son os reduçios con penas de madeira, sen aro de nincún tipo, e coa maçán, ou punto central tamén de madeira.


Quenlla ghrande, ou pirámide invertida superior.


Quenlla pequena en contacto co ollal (burato) do pé.
 


 Medida do ghran, ou caixiña apoiada no tremiñado (queixón de madeira que arrodea ao pé)


   O río pasa a rentes do muíño


Continuamos o descenso, e xa dentro da paraxe conocida como "O Ramallal", atopámonos cos "Muíños do Ramallal". Antes do primeiro deles, pois son tres, disque había unha pesqueira (presa artificial acotada con pedras). 

Esta fora feita polos propietarios dese ghrupo de muíños, coa fin de embalsar aghua e dirixila aos muíños como força motrís. Hoxe en día as pedras que lle daban forma están esparexidas polo río.



O primeiro deles é o chamado "Muíño de Riba do Ramallal". Está á altura (en lonxitude) co denominado "Aghro da Area"


Atopábase cuberto de silvas, xestas, pequenas árbores, ghrandes talos de hedras polas paredes, con todo tipo de vexetaçión no seu interior, como nos seus arredores. Así quedou despois de limpalo con fouçiño, forcado, e lima.


Cubo para baixar a aghua ata o sartegho, onde estaba o reduçio.


Paredes laterais


Banco, ou asento de pedra


Capa, e pé do muíño


Ollal atravesando a capa, e o pé


Conxunto de tres pousas


Sartegho ocupado por arames de viña


A carón deste "Muíño de Riba do Ramallal" vemos unha presa (canle de aghua), cunha pedra na súa entrada, a cal ten unha oquedade polo fondo, por onde corría a aghua con destino ao seghundo muíño que se ve ao fondo da foto, denominado "Muíño do Medio do Ramallal".
A presa a que lle abrín paso, aghora limpa, visible e despexada, permanecía oculta, e inundada pola maleça.


Como é lóxico, para ir a ese muíño, había un camiño de pés, pois a presa supoñíase permanentemente chea de aghua. O camiño atopábase ighualmente abandonado, e cheo de silvas, espiños, e vexetaçión diversa. Apañeino para poder transitar por el, e xa no fin pode verse o seghuinte muíño.


"Muíño do Medio do Ramallal". Atópase situado na altura (en lonxitude) entre as paraxes do "Aghro da Area" e as "Brañas do Freixo"


Parte final da presa, onde neste último tramo é típico escoltala con pedras en ámbalas beiras, ou mans.


Trancueiro, ou aliviadoiro. É unha saída que ten a presa para desviar por calquera motivo a aghua, antes de que prosigha cubo abaixo ata o sartegho.


Cubo


Parte do cubo, e lateral da parede


Porta de entrada, e pasantía (ou paso), neste caso lousa de pedra, enriba do reghueiro 


Pousa na parede


Pedra cun burato onde se asentaba o erghuedoiro, e a crus.


Burato ghrande onde estaba o pé do muíño coa capa, pois so queda o sitio.


A capa desmontada, e apartada a un lado da parede



Interior do muíño


Sartegho


Desde a entrada do muíño do medio, vemos ao fondo o último muíño desta paraxe.


Imos polo camiño de pés,


e sobre a marcha podemos detectar alghún dos antighos reghueiros, e a presa que ían ata el.



Ghradisela (entrada ao cubo)


Paso, ou pasantía por riba da entrada do cubo



Vista deste terçeiro muíño, conoçido como "Muíño de Baixo do Ramallal". Está na altura (en lonxitude) coa paraxe das "Brañas do Freixo"


Parede dun lateral do muíño



Perspectiva do muíño en distintos ánghulos


Neste último muíño pode verse a caída de nivel, co río ao fondo


Entrada ao muíño


Pé coa súa capa. Nalghúns casos, como aquí se ve, acostuman a pórlle unha especie de latón arredor do pé. Non sei se llo puñan cando o muíño quedaba abandonado, ou na súa etapa activa. Desconoço o porqué.


Ollal


Pousa para os sacos


Vista desde o interior cara fóra


Baixando ata o sartegho


Billa, ou queixón de madeira. É unha especie de cano de madeira, ou pequeno caixón que se adapta no bico da billa. Esto permitía a saída da aghua que baixaba do cubo, e dirixíase ao reduçio. A presión do caudal reghulábase por medio da lencueta, ou táboa destinada a este propósito.


Vista deste último "Muíño de Baixo do Ramallal", desde a parte inferior do río, antes de dispoñerme a limpalo.


Desde aquí o río continúa o seu camiñar.