jueves, 19 de enero de 2017

A CHUVIA, por Ramon Lainho


 

Chove esta tarde sobre mollado.
Baixo un ceo ghris, as nubes se paran.
Son días de tedio, momentos de soños.
Non, a chuvia nunca volve para riba.
Hoxe acompáñaa o vento,
tal ves axiña vaia escampar.
Nestas horas que buscan o refuxio da intimidade,
permaneço en abrigho, a cuberto.
A humidade está por todas partes.
Ese líquido que por veçes, pode ser bendito,
regha os campos e fecunda as sementes.
Déixase caer sobre o chan, en picado.
Cando lle antoxa, vira en bicos, cruçada.
Nestes días de fartura que inundan os prados,
enchen os ríos e atéighanse as charcas.


Amoleçen os corpos, beben os frutos.
As molladuras, lembran o pasado.
Cada pinqueira é un recordo,
impreso na túa alma
que cae na fonte das lembranças.
Cada estanque é un espello, onde te ves reflexado.
Quiçais mañán xa formes parte de todo o observado.
Aqueles amores dun romantiçismo esquençido,
aghora revividos na maxia deste misterio recluído.
Arrastran as aghuas, as peghadas da xente.
Mesturan tódolos recordos dos seus pasos,
confundidos nunha corrente de seres diferentes. 

 
Ao lonxe, brilan os outeiros prateados,
anunçiando que mañán volverá chover.
Sobrevoa a peneireira, en círculos,
avisando que a chuvia está perto a caer.
Como sinais enviados ao ceo,
fumeghan as chemineas das casas,
reunindo a famila, ao amparo do calor.
Resghárdanse os corpos, con paraghuas de cores diversas.
Na ramaxe das árbores, aletean os paxariños,
sacudindo as súas plumas.
Son horas de recollemento para todo signo de vida.
Incluso a máis diminuta ghota,
albergha unha densidade acuosa e translúçida,


que reparte sensaçións de diferente natureça.
Cálida, morna ou fría, seghundo a súa vontade.
Ao mellor, son bághoas do çeo de seres que choran.
Pero caídas, alivian as terras que teñen sede.
Non sempre benevolente, por veçes mostra a súa carraxe.
Xa está aquí de novo.
Tronan as nubes, ábrense as fontes.
Os lóstreghos brilantes, iluminan no alto.
Baixan os raios desvastadores á terra.
Hai chuvias nostálxicas que non dan despexado.
Chuvias que aneghan todo, repentinas e violentas.
Hai chuvias frías que conxelan o ánimo.


Ela, amigha líquida dos seres refuxiados en soedade,
que cae polos cristais, tapando a vista das cousas.
Días de chuvia, días de non ser.
Campos enlamados, pedras molladas, camiños enchopados, casas escureçidas, ...
Chuvia que repinica no tellado como música para os meus oídos.
De repente, abreuse o día.
A chuvia caeu, xa quedou no pasado.
Pero eu puden contemplala,
e para min, non pasou en vano.
Aquelas imaxes de lembranças fuxidas
que soio eran recordos lonxanos,
volven á realidade neste día,
sobre os campos apaghados e durmidos.


Os ríos corren caudalosos, as tempestades amainan.
A xente salta as poças, pero nós chapuçamos contentos.
Outros protexen os pés, nós andamos descalços.
Para moitos é un sufrimento, pero para nós é unha aleghría.
Sen temor, rodamos polo chan, ensoufándonos nas lameiras.
Xoghamos, dançamos, e cantamos baixo a chuvia.
Corremos polas leiras, atravesamos os ríos sobre as ramas.
Como intrépidos aventureiros, exploramos os montes e façemos cabanas,
Dúas veçes me mollo, abrighándome debaixo das follas.
Respiro forte, a humidade deste ambiente.
A frondosidade do entorno me envolve e abraça.
Sinto a maxia desta terra verde que aprendín a querer.


Quero subir á ponla dun carballo para contemplar o arco da vella e atravesar ese umbral.
Desexo escoitar o murmullo das fontes e dos montes.
Adentrarme nese misterio vaporoso da brétema, por entre as árbores.
Saber daquela fada que coa súa mirada furtiva, fuxeu a correr.
Aghoman as plantas, abríghanse os animais coa chuvia ao caer.
Ti que mollas este chan, mestura de penas e aleghrías.
Por favor, se tes coraçón, dime quen es e a onde vas.


lunes, 2 de enero de 2017

O TEMPO, por Ramon Lainho




Corre o tempo como alas que leva o vento, corre o tempo sen mirar atrás.

Implacable e silençioso, traspasa o mundo e os seus soños.

Viaxeiro indolente e inmutable que leva consigho tódalas criaturas e as súas vidas.

Tristuras e aleghrías. Esperanças e amarghuras. Toda unha mestura de sentimentos.

Pasa o tempo e non se detén, nin espera por ninquén.

O que foi onte, xa non é hoxe. E o que é hoxe, non será mañán.

Metamorfose interminable de fighuras cambiantes, transformadas por unha força invisible.

Aquí vén o sol da mañán, circundando todo o horiçonte, sen saber o que nos traerá.

Daquel neno que fun, dese moço que deixei de ser, vou camiñando no atardeçer do día.

Xa se ven, lonxe máis lonxe, as lembranças de antano que van quedando atrás.

Discorre o río da vida, con rumbo desconoçido.

Curvas, rectas, rectas, curvas, difíçiles de explicar.

Un día, dispúxose a naveghar nese veleiro, sen adiviñar o seu destino.

Tódolos soños que persigho, os seres que quero, ideais aos que aspiro. ¿A onde se irán?

Luçes que se prenden e se apaghan. Amañeçe o día, escureçe o firmamento.

Mundo mineral, e frescura vexetal. Dimensión humana e animal. Mundo desconoçido.

¿Por qué todo esto? ¿Acaso un día, nos revelará o seu secreto?

Tempo en soedade, por veçes en compañía. Noutrora en multitude. Maneiras diferentes de vivir no tempo.

Xiran en perfecta sincronía as estaçións do ano. Realidade da materia e maxia latente. 


Tempo escuro e brilante. Hai sufrimento e diversión, hai beleça e fealdade.

Choros e risas que veñen e van. O meu amor vai para alá.

Tempo que me farta de esperar. Que me cansa de vivir e me fai chorar.

Tempo que me dá ilusión e me fai disfrutar.

Polo aire, van flotando músicas solemnes e profanas.

Todo flúe e se disipa na onda do tempo.

Avança o invisible, sen fondo, nin forma, polos camiños da vida.

En nada repara, impregnándoo todo ao seu paso.

Como un asubío errante, dunha nota enigmática que transcorre sen ser vista.

Andar de neno, correr de moço, camiñar de vello.

Ao fin, tan só andar polas distintas idades da existençia.

Por veçes, rodando como unha pedra, perdido e sen rumbo.

Paso a paso, gholpe a gholpe, vou façendo camiño ao andar.

Luçes e sombras. Cores pintadas, empapados sons, arreçendores entrelaçados.

Ondulan os perfumes de frescura encarnada que despuntan á alba da sancre nova.

Innumerables tactos e fighuras. En ti se unen tódolos sentidos.

Enigma incomprensible dese umbral que se abre e se pecha.

O vento me empuxa e insiste, tal ves para conduçirme ao meu fado.

Sen saber por qué, cambia de pareçer e, sopla en sentido contrario.

Ten o tempo como aliado ao destino.

Quiçais un bo destino que protexe os nosos soños.

Ao mellor, un mal destino que irá contra nós.

Pero, hai vidas que se acaban de moi novas. 


Quen pudera roubarlle tempo ao tempo e aprenderse a lecçión.

Existençia insignificante dunha eternidade infinita.

Se fora posible ter máis tempo do tempo que teño.

Quen fora quen de terche no meu tempo.

Un día son e de pronto, deixo de ser.

A conciençia vai a onde a vista xa non a vé.

Por aquí, por alá, por todas partes está. Non o podes evitar.

O tempo desfighura todo o que toca. Nada se escapa.

Que máis dá, se todo o que teña que ser, será.

Con ou sen intençión, con ou sen omisión. Chámese previsión ou, prudençia.

Como un remuíño que che envolve e che tragha,

para devolverche a non sabes que lughar.

A conta atrás, antes de que respires, xa está preparada.

Naçer, vivir, morrer, son partes dunha mesma suma.

Pasas frío, sintes mornura, tes calor. Diferentes sensaçións dun todo e, nun intre, xa non es natureça corpórea.

Pensamos deixar sinais imborrables, algho importante detrás de nós que o vento barrerá.

Este ciclo da vida se repite incansablemente.

Quiçais hastra que a providençia así o queira.

Nubes e claros. Logho cuberto, despois, despexado. Todo muda, nada permaneçe.

Trae e leva, o mundo dos sentimentos e das apariençias.


Xa di o refrán: "En boca calada non entran moscas." E advirte outro: "O que cala, consinte."

Faghas ou deixes de façer, a veçes acertarás e outras fallarás.

A vida che cambia e, moldea os teus desexos e pensamentos.

Paso adiante, paso atrás. Así fai o quen ben baila, así fai o bailador.

Non teño présa, déixome levar. En ocasións me açelero, sempre para volver ao mesmo sitio.

Voráxine dunha lei inexorable que devora todo.

Como nun reló de area, o tempo escorréche entre os dedos.

Sen alcançar a disipar esta confusión, intento dar forma a ese sentimento.

Escribo desde a mediocridade, tratando de entender o que penso.

¡Qué importa como escribo! Son soños de redençión.

Tal fora un sendeiro iluminado entre a espesura, que me conduçe á claridade.

Ese amigho que se me cruçou un día, buscando a mesma oportunidade.

Un soño profundo che acompaña, alí onde queira que vaias.

A estas alturas, xa non te aflixes se as árbores che impiden ver a fragha.

¡Qué alto voa esa ave! Desde alí todo se ve mellor.

Sen escuridade, non existiría a lus. Nunca unha sen a outra, pois nada tería encanto.

Camiña, busca e atoparás o seu sentido.

Cando un día sexamos puros, non haberá pena, nin desencanto.

Voa alto, amigho, voa alto. Alcança a lúa, o sol e as estrelas.

Susurra o aire un antigho e eterno cantar: "Cada un seghundo as súas obras."