sábado, 28 de febrero de 2009

CAMINOS DE COLORES, por Mary Hermo.

Caminos de colores,

canciones de momentos,

tensiones de la ausencia,

ansias de la paz.

Tú eres el motivo,

de este bronco sentimiento,

Taciturna es la espera

de una andante bohemia,

gritando tu nombre,

alzando la voz al viento,

el mar ruge y desespera

con ansias de sentir,

envidia pensamientos

de ganas de vivir.

No llores, espera,

que ya llega,

tu primavera.

Mary Hermo.

viernes, 27 de febrero de 2009

Blanco y cía


Os nosos profes sí festexaban o antroido aínda que eu non teño nen idea de quen é esta xente, ..será polas panzas..claro..lóxico..

AXUDA..gel!

jueves, 26 de febrero de 2009

ANTROIDO 2009

25 anos despois da inauguración do insti, vemos que as gañas de pasalo ben on cambiaron,aquí unha mosta fotográfica do Antroido 2009, no IES PRAIA DE BARRAÑA, xentileza de Juanjo.







ALBANEIS

CARNAVAL VENECIANO

ASSÚCAR

BIN LADEN

ASÍ ESTABA O XIMNASIO

PIRATILLAS

O INDIO

O CIRCO

O XURADO

O NOVO CONSERXE

MEXILLÓNS DA RIA

ROSA

miércoles, 25 de febrero de 2009

CANÇIONEIRO POPULAR - REFRANS DOS MESES DO ANO-Ramón Laíño

É o meu propósito dár a conoçer parte das miñas recolleitas levadas a cabo na miña época de adolesçente e xuventude, as cales foron herdadas dos maiores do meu lughar dun xeito intençionado e buscado por min e outras veçes indirectamente.




Todo o isto forma parte do noso patrimonio cultural.
Asímesmo é extensible e está emparentado en boa parte co entorno vivençial de toda a nosa xente deste país como denominador común das nosas semellanças.



Con esta pequena exposiçión pretendo honrar nas miñas humildes posibilidades aos que mantiveron viva esta chama, coa fin de transmitírvola a vós e ás xeraçións vindeiras.





REFRÁNS DOS MESES DO ANO

- A faneca / A raia en xaneiro val carneiro.

- En febreiro colle obreiro, mellor no remate que no primeiro.

- En febreiro sete lobos ó carneiro.

- Vaite febreiriño corto cos teus días vinteoito que se duraras máis
catro non deixabas can nin ghato, nin corviño nin miñato.

- Deixa vir meu irmán março, xa vos fará andar cos feliquiños debaixo
do braço. (chaghas produçidas polo calor)

- En abril aghuas mil.

- Chuvia en maio, pan do ano.

- En maio aínda a vella queima o tallo.

- En maio corre a aghua detrás do arado.

- Maio mollado, San Xoán ventoso fai un ano moi compancoso. (moi bo)

- Por San Xoán as nove co día dán.

- A sardiña en San Xoán molla o pan.

- A chuvia en San Xoán tolle o viño e non dá pan.

- Pola Santa Madanela colles roca e vela.

- Pola Santa Mariña, mira a túa viña, se boa a tes, boa a vendimas.

- En se poñendo o sol en aghosto, non lle dá á vella tempo de ir ó horto.

- En aghosto, o sol posto, noite connosco.

- En setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes.

- Entre santos e nadal, vén chover ou vén nevar.

martes, 24 de febrero de 2009

o antroido no insti

FELICIDADES PEDRO!!!!




A verdade é que non chegaron moitas fotos do antroido no instituto, só poidemos rescatar entre outrasesta vella foto.
Se coñecedes alguén, facedeo saber, eu estou perdido.....

lunes, 23 de febrero de 2009

CARNAVAL, CARNAVAL




CARNAVAL CARNAVAL

Xa entrado na adolescencia, nos anos do instituto, tocaba agudizar o inxenio e a imaxinación, non había un peso e polo tanto había que espremer a sesera para poder competir en condicións con outra xente que tiña medios e axuda dos profes de plástica.

Un ano gañara un grupo que ía de San Xurxo e o Pilinguisaurio, con un magnífico dragón chinés feito polo alumnado coa axuda de Xaquín onde Marcelino xa demostraba que ía para santo vencendo ó dragón.
Lembro con especial devoción os disfraces de Madonna e CelesTina Turner de Fernando Miranda, moi logrados e sen gastar un peso.

Pero aquel ano había premio en metálico, así que tiñamos que facer algo, os cartiños viñan moi ben para pasalo mellor, así que mans á obra..MEMORIAS DE SUDÁFRICA.. así era o nome do disfraz que argallamos unha pandillita na que Mouriño facía de explorador e Pedro Enrique, Moncho Triñanes, Moncho Miramar e Carlos Chouza ían de negros, atavíados con pantis e perrucas ,pintados con Kanfort e portando cadansúa caixa de DYC baleiras (xentilieza do Hostar Miramar).

A expedición camiñaba pola xungla, feita de mesas de alumnos, cando de repente sía sa espesura (sillas de brazo) un gran León, que non podía estar representado por outro máis que por Nemesio, que non precisou case nen disfraz,..pero belaí que cando parecía todo perdido, con Mouriño apuntando pola mira telescópica e coas gafas de cú de vaso, cos negro s gritando e o cazador asustado aparecía Tarzán ,que era eu (escollido pola miña robusta fisonomía), pero en vez de espantar ó león, mazaba a ostias ós neghros, dáballe unha patada no cú o explorador, emarchaba co león e as caixas de DYC.

O público apladeu a rabear, non sei polo disfraz, pola interpretación ou por poder contarme as costelas, .....pero non tiñamos nada que facer xa que apareceron uns enchufados do profe de plástica disfrazados con cabeza de Snorkels, magnificamente creadas,que levaron o primeiro premio de grupos ,..ademáis fixeron con tanto realismo que meu irmán, o Snorkel maior; caeu de cabeza enriba do público cando rematou a pasarela (saiu en Videos de Primera).

Para eles as 5000 pelas, para nós 3000 que deixamos no Bar O Pote en litros de mistela e paridas de xogar á rá, despóis fomos ó guateque en Disco 3, algún todavía con restos de Kanfort, pero aínda así triunfou.

(O ano seguinte fun de cama, pero eso deixoo para o 30 aniversario).






domingo, 22 de febrero de 2009

vai de disfraces

Estes disfraces tampouco están nada mal, sobre todo os disfraces de SOTAS que están ó fondo. ..

video

Alguén ten un disfraz desa guisa ?, mirade que teño que gañar o premio do Suki, e quero ir orixinal.

sábado, 21 de febrero de 2009

O DISFRAZ IDEAL

Xa sei, xa sei que xa puxemos este video,. pero é que non podo resisitilo, é menos no Antroido... que non daría eu por poder disfrazarme como o protagonista do video... a canción non está mal..¿que vos parece???

video

viernes, 20 de febrero de 2009

A noite dos oscars

Estes foron os Oscars de 1984, fai hoxe 25 anos.













MILLOR PELICULA


MILLOR DIRECTOR

por....



MILLOR ACTOR PRINCIPAL


por


MILLOR ACTRIZ PRINCIPAL



por


MILLOR ACTOR DE REPARTO


por




MILLOR ACTRIZ DE REPARTO


por


MILLOR PELICULA DE FALA NON INGLESA




MILLOR CANCION




por


A ver que pasa este ano.


Axudade un pouquiño para saber quenes gañaron os Oscars no 84.

jueves, 19 de febrero de 2009

CANÇIONEIRO POPULAR- CANTARES EXISTENÇIAIS-PERTENÇA-TRISTURA-CONSOLO-Ramón Laíño






CANTARES EXISTENÇIAIS: PERTENÇA, TRISTURA, CONSOLO,...

- Din que me darán / han de dar solimán para que me morra. Anque me
morra mañán, Cures sempre é / será miña terra.

- Din que me darán / han de dar solimán para que me morra. Despois che
pesará / ha de pesar de que o coma a terra.

- A moça que teño alá en baixo, dígholle que veña para riba. Se lle
pareçe montaña, tamén a min me pareçía.

- Vinde vindo para riba. Se vos pareçe montaña, a min paréçeme vila.

- O cantar d'Avilés non o sabe cantar ninquén, non séndolos mariñeiros
cando van por alta mar.

- Pomar do Río rondei, nos días da miña vida non lle hei de perder a lei.

- Anque cante e recante non é por ghanas que lle teño. Canto por
alobear coraçón de tanta pena.

- Anque cantes e recantes e volvas a recantar, anque che leven os
demos, por riba non has (n'has) de quedar.

- Arrimabos ó loureiro, deixar pasar ós de Nebra con ferreñas e pandeiro.

- Vindo/ Baixei por Covelo abaixo comendo nun xurelo cun cachiño de
boroa. ¡Cómo sabe o puñetero!.

- Miña nai, miña naiçiña, coma ela non hai nincunha, que me quentou a
cariña co caloriño da súa.

- Coma miña nai nincunha, lavou a miña camisa dentro das mancas da súa.

- Veño de Monte Muíño, de Monte Muíño veño. Veño de Monte muíño. Andando veño.

- Campana do meu lughar, tí quéresme ben de veras. Cantastes cando
naçín, chorarás cando me morra.

- Miña nai, miña naiçiña, que boa nai teño eu, vendeu o seu relicario
para me compralo meu.

- Eu caseime no Araño pensando que había pan. O forno de miña soghra
cría silvas polo vran.

- Somos de Calo, calemos. Anque che somos de Calo, outra non a temos.
(Calo, lughar de Nebra).

- A aldea de Cures de lonxe pareçe vila. Ó entrar no medio dela pareçe
unha maravilla.

- Baixei por Covelo abaixo, boteille a man a un loureiro. Vivan as
moças de Cures e máis as de Carboeiro.

- En Cadarnoxo hai un toxo, hai un toxo reflorido, hai un reflorido toxo.

- Arrimeime a un pino verde por ver se me consolaba, e o pino como era
seco, en ves de cantar choraba.

- Chuvia e vento santa Eulalia. Axúdalle ti Roquiño para que os do
outro lado non podan pasar o río.

- Arriba que alá hei de ir, a coller a flor de maio, a de abril deixala ir.

- Pasei por Raña, rañando. E dixéronme os de Raña que lles estaba arromedando.

- Son de Calo, venos vexo. Viñeron velo vapor que embarrancou en Chorexo.

miércoles, 18 de febrero de 2009

COCIÑA DE COLOR LILA

A nosa compañeira Lili Fabeiro abreu un BLOG, para toda a xente einteresada na cociña recomendovos que visitedes o seu blog








Eu xa o visitei e estoume poñendo gordo gordo.




Con esto queremos animar a toda a xente que quera facer osa seus pinitos a poñerse en contacto para darlle difusión ó seu traballo- HORA DE COMER!!!

martes, 17 de febrero de 2009

LAS CANCIONES DEL AYER, por Mary Hermo.

Las canciones del ayer,

recuerdos de miradas,

de sonrisas,

de los primeros besos

a escondidas.

El primer amanecer

de tus labios,

de tu embriagador sabor,

esos susurros de amor.

Que ciega fue la esperanza

de tenerte entre mis brazos

por el fin de los días,

en la eternidad de la noche, y

en el sin fin del alba.

Tan sólo son recuerdos,

que entre sueños

recobran mi esperanza,

donde se refugian

y consuelan

mis ansias y mis anhelos.

En mi soñar despierto

pero ya no te veo

pues no eres mi dueño,

ni la pasión

ni el desvelo

de mis placeres y alegrías.

Mary Hermo.

lunes, 16 de febrero de 2009

CRONICAS DO CAMIÑO- CLUB DEPORTIVO ANTROIDO- Luis Ferreirós

CLUB DEPORTIVO ANTROIDO

Sempre disfrutei moito dos carnavales, dende pequeño sempre foi unha forma de evasión, ..xogar a ser algo ou alguén, atopei nestas datas un obxecto de homenaxe ou de escarnio a diversos tipos personaxes que se cruzaron da historia deste mundiño.

De adulto disfraceime de moitas cousas, de xograr, Lucky Luke, Corsario, Ilusionista,Kung Fu, Samurai, Bitelchus, Wyatt Earp, Elvis,etc.,etc., pero de pequeño a cousa era diferente.


Cando estaba no vello Martín Gómez o antroido non era motivo de festexos,.. agora todos os nenos van perfectamente ataviados co seu disfrace de bolsa de basura con pegotes, …pero antes era diferentes, adicábase máis tempo ás materias e menos ás festas, os nenos como moito xogaban con caretas de cartón e os mestres, … pasaban . A verdade é que non imaxino a Don Alfredo disfrazado de vaca leiteira ou a Doña Josefina de bolboreta, habían de estar graciosos, a primeira vaca con cana india incorporada, …pero non, non había,..así que aproveitábamos as mini-vacacións para disfrazarnos…como non… de Choqueiros.


Normalmente colliamos roupa vella das nosas nais:- saias, chaquetas, toquillas e non podían faltar os zapatóns. A cabeza cuberta cun trapo con buratos para ver e comer, ou con unha media, que desfiguraba a faciana,…era imprescindible ir conveniantemente armado cun pau, coa fianlidade de poder zurrar a todo aquel que tivese a osadía de cruzarse cun choqueiro.


Todos envexabamos os fungueiro do Señor José o de Lodeiro, co cal ía zurrando ás vacas para que guiasen corretamente o seu mítico carro polas daquela escasas rúas da vila de Boiro, ..pucha calada e camisa aberta en tres ou catro botóns, pero non podía ser, estaba permitido zurrar, pero non ensañarse, así que un pauiño para utilizar coma arma persuasiva era suficiente.

Vimbios ou canas indias non valían, estaban penados,..zurrar con un vimbio indo de choqueiro era un delito grave, ….casi de tanta gravidade coma barrenar xogando ó fútbol, que estaba penado co paredón, …unha corre era unha arma demasiado lesiva para andar de choqueiro.

De porta en porta, coa cara tapada vestidiños de farrapos, petando e agardando a que a xentiña da vila tivese a ben facer pasar ós choqueiriños :..”Toc, toc, toc” –“¿hai filloas?”, as mulleres invitaban a pasar e entre filloa e filloa, con un pouco de Málaga Virgen,Kinito , Calisay, Orellas ou Bizcochón intentaban adiviñar a persoanalidade do neno ou nena que demandaba a xenerosidade da paisanaxe.

Ás veces tamén papabas algunha pesetiña e con ela xa tiñas para escapar ata a Praia Xardín mercar un anel de plástico, ben con personaxes de debuxos ou con escudos de equipos de fútbol, á da Señora Rosa.

O sábado era o día grande, o día grande, o dái de ir disfrazado en serio, os nenos agardabamos por el para poder ir ó Baile de Outeiro, para soltar os ósos, brincar, bailar, xogar, correr e ás veces gañar algún premio en forma de Exin Castillos, balón de reglamento ou camión de xoguete.

Estivera de moda puxar por ver quen levaba mellor disfraz e entre outros levei un par de premios en grupo, xunto coas miñas primas vestidos de Un, Dos , Tres,.. onde eu facía de Andrés Pajares, vestido con un mono de currante, meu irmán de Kiko Ledgard, e as miñas primas e a súa pandilla ían de azafatas vestidas do Rayo Vallecano, hai que aclarar que era un programa temático.

Outro ano eu era o maior do grupo que acadou o primeiro posto co disfraz de el Bosque de Tallac, co meu irmán pequeño facendo de Osiño Jackie e eu facendo de indio, sempre se me dou bastante ben facer o Indio…Houbo moitos máis, de mosquetero, de hippie, paiaso, Daniel Boone, Tuno, etc.

Pero o ano que mellor o pasei de foi un ano que a miña nai tivo a xentileza de mercar un par de disfraces para min e para o meu irmán maior..eran de futbolistas ¡Que ilusión!...Sempre queixera disfrazarme dos meus ídolos,.Neskens, Sexach, Sotil, Mario Marinho, De la Cruz ou Sadurní, que era igual que eu ..porteiro, posto reservado para aqueles nenos que facíamos do fútbol un arte…..surrealista.

Pero velaí o problema,.. as caixiñas envoltas con celofán foron abertas e atopamos dous equipaxes blancos, ¡Do real madrí !...¡Mamá..pecado!,... o noso descontento foi supino e non lembro ben o que fixo o meu irmán, pero eu,.. por principios negueime en redondo a disfrazarme.

E alí quedou o traxe blanco nuclear na súa caixa coas botas de fútbol de tacos de goma aparcadas a un lado, daba pena mirar para el, aínda sen sacar da caixa, co seu escudiño redondo, coroado, coa franxa morada atravesando e as letras curvadas, pero non, era superior a min, dábame alerxia.

-¡Mamá, eu non o poño!

-¡Peor para ti,.. vai para os gitanos!

¡Pois podía ir para os gitanos, seguramente a eles gustaríalle, pero eu negábame a levar eso posto!,..pero o malo era que ese ano non ía poder disfrazarme, nen correr, nen saltar, ..nen gañar,…e se gañaba un excalextric?...había que poñer solución.

Polo tanto achegueime á miña nai e con voz de pedir díxenlle :


-Mamá, O Boiro tamén vai de blanco.

-Vai.

-¿Non hai escudos do Boiro?..Había que deixar claro, alto y en la plana que o meu uniforme era do equipo da vila, non do “noble y bélico adalid”.

Pero, mi gozo nun pozo, -NON HAI. Punto e pelota, ahí remataba a discusión i eu marchei chorando.

Aquel carnaval ía ser negro porque eu non quería que fose blanco, pero as nais son as nais e a miña debeuno de pensar mellor quye uns dáis antes apareceu co traxe sobra a miña cama co escudo do madrí arrancado e o do Boiro pegado con corchetes.

Non iriamos en Ferraris…. iamos en Simca 1200;Non comiamos en asadores …comiamos da ola do caldo na cociña da casa, meu irmán non podía ser Cruyff, pero sería Pajarillo e cando subín o estrado do baile para preguntarme que futbolista era, se Amancio, Pirri ou Rubiñán dixen en voz alta, chea de orgullo:..-¡PUCHINI!…Naturalmente..non gañei.