lunes, 24 de octubre de 2016

A VENDEDORA E O SORRALLEIRO. HISTORIAS DE FAMILIA, por Ramon Lainho




A finais dos anos vinte, prinçipios dos trinta do século pasado, miña avoa materna Esperança, de acordo co meu avó Ramón, começou vendendo os produtos da terra, polos mercados e feiras das vilas e aldeas da redonda. Todo esto, para axudar a ghanar unha peseta (patacón, real, etç) e, ghobernar a vida. 

 
 

Os seus sitios de venda eran, alternativamente, seghundo os días da semana, Boiro (aínda unha aldea pequena), Escarabote, Cabo da Crus e A Pobra do Caramiñal. Por nomear os diferentes mercados e feiras, cabe lembrar:


 
En Boiro, había mercado, un día pola semana e estaba ighualmente, a praça de abastos. Pero, tamén se encontraba a feira do çinco de cada mes, que tiña lughar en Espiñeira, situada no lado surleste, fóra do perímetro da ghranxa de Escurís. 


 
Por Noia, façíase feira cada quinçe días, e o mercado era os domincos. Por este calendario, moitas veçes cadraban xuntos, feira e mercado.



A Pobra do Caramiñal tiña mercado nun día da semana e, a feira era cada çerto tempo no luhgar de Santa Crus, por riba da vila.



Na Serra de Outes çelebraban o feirón nunhas datas asignadas para esto. Alí, acheghábanse as xentes da mesma localidade, e baixaban as persoas das aldeas que arrodeaban a Serra. Ighualmente, tiñan mercado un día á semana, perto da casa do conçello.



A avoa, vendía os frutos da terra, xeralmente, no posto do mercado de Boiro e A Pobra. Sen embargho, se alghúns clientes llos encarghaban, podía venderllos noutro momento, polas portas das casas destas localidades, ou de Cabo de Crus, Escarabote, A Ribeiriña, etç., onde escaseaban as terras de cultivo. 

 

Cando á avoa non lle quedaban máis frutos da casa para vender, por exemplo: millo, patacas, nentellas, çebolas, etç., dirixíase aos mercados e feiras de Noia, ou da Serra de Outes. Seghundo cadrase. Alí, andaba no trato, é diçir, compraba a mercaduría para repoñela e, revendíaa nos puntos de venda indicados primeiramente. 



No momento en que alghunha das fillas foi sendo ghrandiña, empeçou a acompañala para repartiren a fruta. Máis que nada para façerlle compañía. Pero ao ser máis ghrande, xa a acompañaba con cargha, tamén.



Esto era debido a que había moita cantidade. Polo tanto, preçisaba vendela nunha marxe de tempo curta, antes de que se estropeara.



Así mesmo, iba vender fruta a Vilagharçía de Arousa, os días de festa da Nosa Señora, 15 e 16 de aghosto. Se xa había alghunha filla con anos sufiçientes, tamén ten ido con ela. Para esto, camiñaban ata o Bodión, en Abanqueiro, cunha çesta de fruta enriba dun mulido, sobor da cabeça. 



Aquí, subían coa fruta ao vapor, propiedade dos Luros de Abanqueiro, e baixaban no peirao de Vilagharçía. Logho, dirixíanse á praça, onde tiña o posto, e vendían a fruta. 


 
Despois, ao mediodía, ou pola tarde, volvían no vapor ao Bodión, e viñan camiñando hastra Cures. E, así façían o mesmo ao día seghuinte, o 16 de aghosto.



As fillas, fóronse suçedendo no tempo, seghundo a idade, substituíndo ás que se casaban fóra. 



Pero, só coa fruta. No resto, desenvolvíase miña avoa soa, porque as fillas tiñan que traballar na terra, na casa ou, ao xornal.


Ademáis, había tres vacas na corte. 



E na temporada en que as vacas daban leite, levábao a vender nunha leiteira sobor dun mulido, na cabeça.


Se eran moitos clientes, podía levar máis dunha leiteira nun çesto, sobor da cabeça.



A cantidade, dependía do leite que se xuntara.



Vendíao na porta das casas dos clientes, que xa eran fixos. Por exemplo en Cabo de Crus (entre outros, os de Carreró que viñan de vacaçións á casa polo verán), tamén en Escarabote, Boiro etç.

 


Podía ir polas mañáns, en días que non había mercado, ou feira. E, de non dar tempo, volvía polas tardes.
 



Había leiteiras de Mieites, Comoxo, Loxo de Riba e de Baixo, etç. que tiñan ghando e vendíano para ghanar unha peseta e ghobernar a vida. Como eran compañeiras de camiño da avoa e, caíalle en ghraçia, diçíanlle:



Señora Esperança. Despois espere por nós en tal sitio, que rende menos o camiño a falar, contando contos. E vostede dános moito ánimo.



Os clientes da avoa, ademáis de leite fresco, tamén lle pedían leite preso. Este, vén sendo o ioghur natural de hoxe en día, pero auténtico.



Desde os primeiros anos como vendedora, iba andando coa cargha na cabeça. En ocasións, tamén levaba alghún çesto de aro no braço. Aclarar que cando vendía os frutos da terra, non ía co leite.
 

 
En dúas ocasións tuvo un burro e, unha burra, sendo conoçida por Esperança da burra ou, do burro. Un deles, era moi vagho e a miúdo, deitábaselle con cargha, ou sen ela. Tanto, vise xente, como non. A cargha púñalla nunhas albardas metálicas, polos costados do animal.



Se houbera algho que non coubera nas albardas ou, que pudera danarse, carghábaa na çesta, ou no çesto, sobor da cabeça. 


 
Tardíamente começou habendo un coche de liña. Unha ves pola mañán desde a Pobra a Noia e, de reghreso pola tarde-noite. Era o Faxeiro de Taraghoña que, tamén saía de Rianxo. Sen embargho, non lle cadraba cos horarios nos que ela vendía. Outro motivo, era a pouca marxe de ghanançias que lle quedaba a ela.



Un inconvinte máis, é que, era difíçil levar os çestos dentro do coche, ou enriba del, na baca. Así que desde finais dos anos vinte, hastra mediados dos anos sesenta, do século pasado, levou a cargha a pé, ou axudada do burro, e despois, da burra.



De tódolos xeitos, cando preçisaba comprar mercaduría en Noia ou, na Serra de Outes, para logho revendela (andar no trato), ten ido a pé durante tempo. Logho cos burros. Pero xa, no final, cando lle pesaban os anos, começou a subir no coche de liña a Noia, e á Serra de Outes. Neste último caso, se tiña que ir á Serra, o coche deixábaa en Noia e, ela collía outro coche de liña para A Serra. E de volta, o proçeso inverso.



Polo que se refire á venda de leite, estívoo vendendo finalmente en Escarabote, hastra arredor do 1970, para cumprir coa xente que llo pedía.



Sen embargho, por este tempo final, xa collía o coche de liña de mañán çedo que viña de Noia para A Pobra do Caramiñal.


Pero ao remate da venda do leite en Escarabote, había que volver andando porque non tiña coche de reghreso. E, por eso, con 73 ou 74 anos, éralle moi cansado recorrer a pé ese traxecto. Polo que, na casa convençérona para que deixara de ir. 



Remitíndonos ao conto do sorralleiro, era que miña avoa andaba vendendo o leite. En días escollidos para eso, polas portas das vivendas dos clientes. Díghase Boiro, Cabo de Crus, Escarabote, A Ribeiriña, ...



Un día, andaba co leite nalghún destes sitios e, os latoneiros (conoçidos tamén como sorralleiros), iban coas rodas de afiar e, outras ferramentas. Tamén andaban por alí. 

 


A avoa cheghou a unha porta á que foi levar o leite e, estaba a muller da casa berrando cun sorralleiro. E díxolle miña avoa:



Boeno muller, non berres. ¿Ti non sabes que xa se dí alí: Tapa masa, tapa masa, mentres o sorralleiro pasa?



E entonçes o sorralleiro enfadouse e, dixo (falaba en castelán porque disque non era daquí):

¿Sorralleiro yo? La madre que la parió.



A el non lle ghustou nada este refrán, ou dito e, ghardoulle maliçia a ela.



Os sorralleiros teñen aparellos de afiar, cortar, pinchar, peghar, etç. para o seu traballo. Por exemplo, a subela ou, cousas así.



Entón, outro día calquera dos que pasaba a avoa para vender por un destes lughares, andaba moi perto o latoneiro ou, sorralleiro. 
 


Ela pasou, pero non fixo caso del e sighueu. Pero, xusto á altura del, pinchouna posiblemente cunha subela ou,



cun aparello nunha cacha.



Ela coa sorpresa e, coa dor, exclamou:

¡Ai, mecagho en tu madre!



Veuno, pero sighueu, quedándolle retida na memoria a súa cara.

 

miércoles, 5 de octubre de 2016

O FAIADO DA ESCOLA. HISTORIAS DO LUGHAR, por Ramon Lainho




En toda época e lughar, sempre hai algho tenebroso e atemoriçador.



Foi durante a nenés de meus tíos maternos e paternos. Logho, na de meus pais e, posteriormente doutras xeraçións, que reçibiron escola no piso superior da casa do Castaño, en Cures. 



Os nenos e, as nenas de diferentes idades, estaban xuntos no mesmo cuarto. 
 
 

Cada un, usaba un piçarrillo, cun tipo de lapiçeiro para escribir. Borrábano cun trapo ou, coa man e despois limpábana no trapo.
 



Había un ençerado na parede e tiças, cando a mestra os mandaba levantarse para redactaren calquera tarefa.




Borraban con esponxa, ou coa man e, ao volveren ao asento, podían limparse no trapo.



Ademáis, posuían individualmente libreta, lápis e, ghoma de borrar. 



Durante unha primeira etapa, posiblemente, cando eran pequenos, tiñan cadanseu libriño de texto, chamado "o silabario". 



Logho, ao ser algho maiores, xa se façían con outro libro, denominado "o catón".

 


Nela, puxera escola ofiçial, dona Elvira, natural de Santa Luçía de Tarás, da Serra de Outes. Impartira escola durante unha parte da década de 1920 e, prinçipios dos 30. 
 


Despois, viñera substituíla dona Benedita,

 

nativa de Pontevea, na parroquia de Reis, do conçello de Teo.



Acollían na mesma habitaçión, aos rapaçes e rapaças, cos diferentes cursos. Seghundo contan as persoas que formaron parte desa escola, as mesas eran loncas. Os nenos e nenas estaban nunha cara de cada mesa, de fronte á mestra para poder vela.



Esta mestra estuvo aquí, hastra aproximadamente 1960 que, foi cando se abriron as escolas unitarias mixtas, da Ameán e



Mieites. Esta última, derrubárona nos anos 90 para deixar a curva que iba pola beira da casa dos do Río e, abrir unha recta en liña coa mesma estrada.  



PARÉNTESE. Na época en que xa estaba activa a escola do Castaño, había alghún veçiño maior que daba clases particulares na súa casa. Unha delas era na Ameán.



En concreto, o señor Jesús da Caseta, que era manco dun braço e tamén façía de perito. Tiñan unha taberna con ultramarinos (a casa máis baixa), e os fins de semana, de determinada época, había fiada. Posteriormente, houbo baile con ghrupos de ghaiteiros, alghún ghrupo da redonda e unha que outra banda de música. Teñen actuado o Ghitano e Joaquín de Pomar do Río, os fundadores da orquestra París de Noia.




Tamén saíran dalí, durante uns anos, o entroido.  Alghún armadanças falaba por un funil ghrande desde o balcón para façer a presentaçión do entroido. Despois, máis tarde, a súa filla, Maruja da Caseta, ten impartido ighualmente, clases particulares.



Na década dos anos setenta, durante varios veráns, daba clases particulares en Moimenta, Moncho "o coxo". Daquela, unha persoa de mediada idade, entroncado no vello esquema da letra con sancre entra. Teño ido alghún verán andando a esta aldea para asistir ás súas clases.
 


Meu curmán, Françísco de Felipe da Ighlesia, pertençente á Ameán. Nese intre, era xoven, e estaba estudando. A maiores, dou clases de pasantía no verán, durante moi pouquiños anos. Esto desenvolveuse, na casa vella de súa avoa, a señora Ramona de Felipe. E tamén, nalghún outro ano desa estaçión, na escola unitaria da Ameán. Tiña métodos acordes coa súa propia personalidade, dentro das normas educativas vixentes daquela época. Eses métodos, destinábaos aos alumnos que fallaban as preghuntas, tamén aos de poucas luçes e, aos de comportamento conflictivo, 

 

Outra veçiña de Cures que dou clases polo verán, na casa matrís vella, foi a xoven estudiante, María Jesús das Beiras de Baixo. O esquema escolar, incluso destas clases particulares, conectábase co ensino daquel tempo. 
Sen embargho, antes da década de 1920, cando non había escolas ofiçiais nesta contorna, desconoço que persoa da parroquia de Cures, ou doutras limítrofes, daban clase. Sóame ter escoitado alghunha muller e home maiores, xa faleçidos, que iban de noite á casa dalghuén para reçibir clases particulares. Alí, se podían, deprendían, prinçipalmente a ler, escribir, sumar e, restar. (Se cadra, multiplicar e dividir, Quiçais a raís cadrada. Desconoço se todos eses "mestres" alcançaban estes conoçementos.)



Na escola de Mieites, como en tantas outras, andaba moito "a vara" (darlle aos alumnos con ela nas cachas ou, onde cadrase. Cando á escolante se lle estropeaba unha vara, pedíalle a alghún alumno que lle trouxera outra.) 



Se ela che collía perto de alghuén que façía mal, levábalas ti tamén coa vara. Inda por riba que te atopabas fóra de lughar nesa instituçión, onde non se podía falar coa mestra na lincua dos teus avós, dos pais e, do territorio, aplicaba eses castighos retróghrados, polo que xa non che quedaba nincunha ghana de ir á escola. 



Alghún bo momento que pudera haber, era antes de entrar e saír polas mañáns e polas tardes, como tamén, no recreo. Pero sempre había alghuén que o estropeaba, fose alghún abusón,



nenos ou nenas ruíns e,



alghunha lincueteira ou lincueteiro desverghonçada-o.   



Outro momento era cando íbamos andando para a casa todos os veçiños da mesma aldea de Cures, pois outros iban para Mieites. Xoghábamos pola estrada ou, orghanábamos un partido de balompé nalghún camposo. Acaso, íbamos polo monte façendo cabanas, mirando tobos dos coellos, do raposo, etç, Diçir de alghúns bos momentos é relativo, no caso de non andar con nincún abusón ou matón, nin con acusicas. En cambio, ao ir para a escola, polo que a min respecta, xa non apareçía momento "bo", porque sabía que iba atoparme con ela e o seu mundo.


 
Un exemplo, era que se non sabías a lecçión, anque tiveras estudiado, fose porque che esquençía o contido causado por bloqueo, ou por falta de memoria, dábache coa reghla na palma da man ou, nos dedos. 



Pouco se lle podía pedir á soçiedade e, aos pais daquela época. A maioría deles, quen máis quen menos, foran criados na cultura das correadas. E a súa máxima era: "Se che peghou, porque as mereçías." "Se vostede ten que dárlle unhas asoutas, déallas." Por ese motivo, era raro que os rapaçes se queixaran na casa.



Había mulleres dalghunhas casas que lle daban víveres, ou ela mesma por telas como persoas preponderantes no lughar, andaba con moita consideraçión cos seus fillos e fillas.  Ademáis, había cuarto escuro pequerrecho no mesmo andar da aula, sen xanelas, nin lus eléctrica. Na foto inferior, ollando de fronte, eu son o seghundo neno pola esquerda, de pé.



Seghuindo o fío da historia, coa apertura destas escolas, a mestra dona Benedita, foi destinada a Cacheiras, en Teo, faleçendo arredor de 1965, aproximadamente.
 


Naquel tempo, as escolas tiñan xeralmente, o seu cuarto escuro. En contraste, esta casa do Castaño, ao ser construída para vivenda,



contaba co seu respectivo faiado, e, polo menos, unha xanela. 

 

Daquela, había mestres e mestras que impuñan castighos corporais, como penas por calquera falta. Incluso, por non saber a lecçión. Todo esto estuvo presente no ensino, até case finais dos anos 70, prinçipios dos 80.



Tales castighos, eran aplicables en calquera momento, amedrentando aos rapaçes e rapaças que ían á escola.

 

Din que a mestra dona Benedita, era boa muller. 



Sen embargho, o seu primeiro home que morreu a mediados dos anos corenta,



causaba temor e inquietude na xente. 



Fora esta, unha vivençia que lle pasara a unha irmán máis maior que miña nai. A tía Benigna, sufrira un castigho arbitrario polo marido da mestra. 



Pudera ter influído a súa débil relaçión co avó, pai da nena. 

 

Resulta que, axiña enviouna ás escaleiras do faiado e, pechoulle a porta. Pero, tampouco lle dixo nada a dona Benedita. 

 


Alí, a rapaçiña botou as horas que duraron as clases. Horas esquençidas, chorando de medo e frío, hastra que quedou durmida de cansançio.



E, ao remate do horario escolar, nin a mestra, nin os rapaçes, sabían ren (nada) dela.
 


Entón, puxéronse a buscala ansiosamente, xunto cos pais (meus avós), pola aldea adiante.

 

Como estaban fartos de cachear e, non daba apareçido, a mestra foille preghuntar ao home por se sabía algho. Ao final, díxolle que a enviara ás escaleiras do faiado. 

 


A mestra dirixeuse ata alí e, atopouna durmindo nas escaleiras de madeira. 

 

Por outra banda, existían casos en que realmente, había rapaçes rebeldes. Nestes supostos, a mestra podía ameaçar con levalos ao faiado, ou envialos directamente a el, como castigho.
 


Non obstante, cando alghún rapás era moi reinçidente, tenas levado cunha reghla na palma da man ou, nos dedos pola cota da man. Aseghuran que non tiña vara na escola.


 
Dábanse situaçións típicas en que, dentro dun ghrupo de amighos, se alghún deles façía mal, o castigho recaía en todos os que estaban xuntos. Tal resoluçión sempre foi incomprensible para os membros do ghrupo que non querían realiçar a transghresión.



Este é un exemplo do suçeso que lle aconteçera a tres rapaçes. O ghrupo ocasional estaba formado por dous tíos maternos, José (máis vello), Moncho e un amigho da aldea, chamado Isidro da Cañota.



Un día, andando os tres xuntos, un deles cometeu unha falcatruada. Vai dona Benedita, castighou aos tres ao completo e, mandándoos ao faiado.



Ao estaren alí, pasaban o tempo como podían, aghardando ao remate. Cando acabou a xornada, xa era hora de ir para a casa. E, a mestra foinos chamar:

Hala. Salir!



Pero un deles, díxolle:

Aghora non queremos salir!


E respondeulle a mestra:

Entonces, llamo por el señor Ramón ahora mismo! (Pai de José e Moncho. O avó tiña fama de serio, formal e moi severo.)



Tan axiña como escoitaron esto, e sen querer saber máis, sairon correndo sen mirar para atrás.



José, o máis vello do ghrupo, dis que despois contaba na casa que, el non fixera nada para mereçer ese castigho. Que o causante da rebeldía fora un dos outros dous. Pero o castigho recaeu en todos eles.