jueves, 30 de abril de 2009

O MAIO, por Ramón Laíño






Para evitar que o maio, entendido como o primeiro de maio, entre nas casas polas portas e xanelas, xa que se dí que é moi pillo e pode traernos meighallos, malas fadas, mal de ollo, ..., temos que preparar todo o neçesario con tempo sufiçiente.


Para iso, no día 30 de abril, xeralmente pola tarde antes de anoitecer, anque pode ser pola mañán, debemos recoller as xestas de xesteira optando por elixir as que teñan máis flores amarelas, para poñelas nas xanelas e portas das casas. Todo esto faise antes da posta de sol, tratando de que non nos colla a noite cando colocamos as xestas nos lughares pertinentes.


Hoxe en día, aparte das casas e cubertos, tamén se lle poñen ós coches e a outras posesións significativas para nós, que teñan portas e xanelas.


Así mesmo aconsellaban non pór (poñer) neste día primeiro de maio o ghando ó carro, e moito menos poñer as vacas preñadas, xa que podían abultar.


As xestas, coa súa funçión máxima para o primeiro de maio, acostuman quedar dous días como mínimo nas xanelas, portas, ..., anque poden botar máis tempo.


En días previos ao 1 de maio, ou neste mesmo día, pero con tempo sufiçiente antes de que sexa noite, a xente maior, xóvenes e rapaçes acostumaban ir ó monte acarrexar leña e amoreala para a foghueira.





Coa mesma limpábanse as leiras, os camiños e as casas, sacando delas os rastrollos e o lixo que se sumaba á leña amoreada, a cal ardería nesta noite espeçial.




Na data do 1 de maio polo día, os rapaçes preparan unha andia adornada de flores no que deitan entre elas unha fighura dun rapás feita tamén de flores. Noutras ocasións deitadaban un boneco de trapo recuberto con flores. En época xa presente puñan un boneco de plástico tamén envolto en flores.


Entre varios levan a andia e van na fronte do ghrupo.


Os representantes coa andia en cabeça e o resto do ghrupo van todos xuntos camiñando polas aldeas cantando o maio de porta en porta coa fin de recadar cartos para os seus ghastos.


Ao remate da ronda esta andia quéimase na foghueira da tarde noite do 1 de maio.


O cantar do Maio que entoaban os rapaçes indo coa andia de flores, de porta en porta polas aldeas pedindo cartos, di así:


- “Velaí vén o maio carghado de flores, deixa vir San Xoán que as trae mellores.


Levántate maio ti que moito durmistes que pasou abril e ti non o vistes. E ti non o vistes e ti non o vistes, levántate maio ti que moito durmistes.


Velaí aí vén o maio por riba das casas caghando nentellas, caghando cabaças.


O maíño maio é moi pillabán que quer que lle dean os cartos na man.


Levántate maio derriba de min que non sea un conto que mexes por min, e se mexas, mexas, mexa con coidado que non sea un conto que morras afoghado.


Angelitos somos, del çielo venimos, traémos a bolsa, diñeiro pedimos.”



Así mesmo, a andia de maio coa que os rapaçes recorreron as casas da aldea, ou tamén outras aldeas, botábase á valoura ou morea de leña e lixo que a xente acarrexara, e xuntara para arder na noite especial.


Nesta tarde notiña do día 1 de maio, cando xa se ía pondo o sol, xusto no intre de começar a escureçer, era o momento de prender a foghueira.


Tódalas aldeas veçiñas e lonxanas case no mesmo momento de anoiteçer, prendían as súas foghueiras, e das máis pertas a nós escoitábase á xente divertíndose e falando nun rebumbio aleghre de voçes.


Por aquel entón, as noites eran máis limpas, silençiosas, naturais, sen contaminaçión acústica nin lumínica, posto que aínda non existían os problemas de ruído de hoxe en día, nin tampouco cheghara a lus pública ás aldeas.


Dese xeito, estas foghueiras brilaban intensamente na escuridade nunha competençia entre aldeas e parroquias, por ver cales eran máis altas e duradeiras.

Cando a foghueira iba perdendo força había quen tentaba brincar por riba dela con labaradas.


Outros esperaban a que só lle quedasen as ascuas para poder saltalas.


A noite daba para moito e non faltaban as aventuras nocturnas nas que se alternaba o calor da foghueira coas fuxidas de calor da xente. Esto podía durar ata as tantas da madrughada, e sempre había quen empataba co amañeçer.


Ata ben entrados os anos noventa nestes territorios, conectados co mundo natural e aghrícola, somentes se çelebraba a foghueira de maio.


A xente de maior idade lembrábanme que as purificaçións de lume que se façían nestas latitudes da canle de Cures - río Coroño, e supoño que de toda a Serra do Barbança, eran a da noite do 1 de maio, pero non a de San Xoán, que foi un costume importado por medio da televisión, as cal se festexaba noutros territorios.


O 3 de maio é considerado para o pobo como o día de santa crus de maio, anque non fighure como tal no calendario.


Neste día preparábase a crus de maio que era unha crus de madeira envolta toda ela en flores ou tamén podía ir a crus de madeira envolta en flores e deitada nunha caixa de madeira aberta.


Esta crus no caso de ir no aire estaba suxeita polas mans dun neno, que dirixía o ghrupo de rapaçes.


Se a crus envolta en flores ía dentro dunha caixa de madeira aberta entón levábana entre varios.


Deste xeito os que levaban a ofrenda floral encabeçaban o ghrupo que dirixía ós de atrás, e todos a unha camiñaban ata cheghar á aldea ou aldeas onde paraban a cantar coa fin de xuntar cartos para eles. Di este cantar:


- “ Santa crus de maio víndenos buscar que aí veñen os mouros para nos levar.”

- “ Si la crus de mayo tuviera rosales yo compraría la flor de los mares.”

miércoles, 29 de abril de 2009

QUIXERA COÑECER, por Mary Hermo

Quixera coñecer,

se das cinzas

o amor pode renacer,

nas cousas do querer,

aínda queda moito por aprender.

Sigo infatigable,

a percura existencial,

ata o meu día final,

sen amor

nada é igual,

é difícil vivir

co corazón desigual,

ata o penoso letargo

dun sinxelo atardecer,

fai a soidade melancolía,

e ata o arrefrío,

do sentimento mutilado

da percura dun querer,

que sen estar

xermina na alma

da ilusión e da paixón

de calquera namorado.

Mary Hermo.

martes, 28 de abril de 2009

LENDAS- O MESTRE MATEO E O PÓRTICO DA GLORIA



Dentro da incomparable obra de arte en pedra que é a catedral de Santiago, a xoia mais preciada é sen disputa o Pórtico da Gloria, recoñecido como o mais notable monumento da arte cristiá do século XII.

O Pórtico representa o cumio da escultura románica, no que esculpido na dura pedra do país aparece todo un tratado de teoloxía, segundo a idea que da eternidade tiñan as xentes do medievo.

O autor desta maravilla foi o escultor e arquitecto Mateo, que tamén traballara na reconstrucción da Ponte Cesures, na igrexa de Cambre e no mosteiro de Carboeiro.

Ó pé da columna central do Pórtico, pola súa banda posterior, Mateo esculpiuse a si mesmo, axeonllado en actitude humilde, cos ollos postos no altar do Apóstolo. Esta figura é coñecida popularmente como "o santo dos croques", alcume que lle vén dos croques que na súa cabeza dan os visitantes coa testa para que se lles transmita unha chispa do xenio que tivo o inmortal mestre.
Sobre o "Santo dos croques" hai quen conta que cando xa estaban a piques de remata-las obras o arcebispo fíxolle unha visita ó Pórtico. O mestre Mateo foille referindo o significado de cada figura e a quen representaba nela.

Despois de oí-las explicacións do escultor, o arcebispo quedouse mirando para o arco central, presidido pola figura de Cristo, rodeado dos catro evanxelistas e decatouse de que alí había unha figura da que Mateo non lle dera ningunha explicación.

— ¿E esa escultura a quen representa?— preguntou o arcebispo.
Mateo botou un sorriso de disculpa.

— Ese son eu —dixo—. Despois desta obra que acabo de facer, coido que son merecente de figurar representado na Gloria...

Anoxado po-lo que consideraba inconcebible atrevemento do escultor, o arcebispo reprendeu con severidade a Mateo, quen aturou a reprimenda de ollos baixos e en silencio.

Ós poucos días o escultor chamou ó arcebispo para lle mostrar unhas modificacións que fixera na súa obra.

E o prelado viu que do tímpano central desaparecera aquela figura que tanto o alporizara. En troques aparecía unha nova escultura, axeonllada humildemente na parte traseira do Pórtico, no medio da escuridade.

Naquela estatua penitente quixo representa-lo escultor o arrepentimento po-la ousadía que o levara a facerse figurar a carón de Deus Fillo, e así, a través dos séculos, o sorriso humilde de Mateo segue a prega-lo perdón pola súa disculpable arroutada de orgullo.

MARKALE, Jean. Contos e Lendas dos paises celtas

lunes, 27 de abril de 2009

LUGARES DE PODER- CARNAC ( Un paseo entre soldados malditos)




Karnag -así se coñece a este prodixioso lugar en bretón- é coma unha lingua estirada de pedras que se suceden entre pastos, campos e bosque. Ao longo de varios quilómetros, varios aliñamentos, orixinalmente limitados por círculos de pedra dunha banda á outra, se suceden nunha liña que vai lixeramente cara o nordeste. Liñas formadas por 4.000 menhires, ao carón dos cales sucédense dólmenes e túmulos megalíticos.


Unha cadrícula, unha grella sagrada disposta non moi lonxe do mar. As lendas artúricas falan de como Merlín petrificou aquí a toda unha lexión roman; cada menhir é un soldado aínda en formación.


Masas humanas acompañan aos menhires de Karnag, desfilando en procesión kitsch de aliñamento en aliñamento.


Debeu ser unha obra de centos de anos, construída de xeito paciente por comunidades que se sucederon na banda occidental do mar pequeno, do Morbihan, a ría de Arousa bretona.


As comunidades posteriores comezaron a habitar no seu interior, establecendo as súas aldeas no medio dos megalitos e empregándoos como lindes dos seus agros. Un novo programa de xestión do espazo arqueolóxico está facendo que retornen os usos agrícolas ao xacemento: as ovellas pastan nos menhires de Carnac e permítense algúns outros traballos.


Se vas a Karnag, non é preciso pagar para visitar o xacemento: faino só se queres unha visita guiada explicativa. Varias rutas permiten bordear os xacementos, camiñando ao carón dos bosques, lendo estas sucesións de pedras.






Primeiro comezas polo aliñamento de Menec, e segues por Kermario, Kerlescan e Pétit-Ménec. Son varios quilómetros.



Ao carón, meténdote no bosque dun pazo, poderás visitar túmulos coma o de Kercado, un gran dolmen ainda cuberto do cairn, da coraza protectora de pedras, e outras estruturas megalíticas.


Karnag é o centro dunha área de especial densidade megalítica na Bretaña, con monumentos repartidos por todos os concellos circundantes. Próximo está o túmulo de Gavrinis, nunha illa en Morbihan á que hai que chegar en barco, famoso polos seus gravados dixitais, como se foran pegadas de dedos xigantes.

domingo, 26 de abril de 2009

REPOSICIÓN-TRUCO






Aquel ano de COU foi distinto ós demáis, eramos poucos tíos na clase, o resto...chavalas.


Facíase un entorno moi familiar, coñeciamos a todo o mundo e a quen non, pois xa avanzaríamos ó longo do ano.


Ibamos pouco á clase e ademáis non tiñamos moitas dificultades para ir aprobando algunhas,sabíamos que ibamos repoetir, a aspiración era deixar só tres, para non repetir todo.



O finado de Máximo, boa persoa onde as houbera, nos deixaba as chaves do ximnasio e alí montabamos partidos de fútbol dous contra dous, acabamos chorreando, ducha e para a cafetería.



Angelita preparaba uns bocadillos que estaban como para repetir varias veces ( o bocata),e mentras tomábamos o bocadillo e baixabamos unha cervexa con bastante sede, collíamos a baralla e comenzabamos a partida de Truco.



O Truco era un xogo de cartas que eu non coñecía, pero as influencias que chegaron da zona norte do concello, Bealo, Cespón e a parte de Taragoña, nos fixo engancharnos a todos.O Richard tampouco o coñecía pero en menos de nada empezou a engancharse e así estabamos todo o día.



Primeiro envidabas, e todo o mundo quería ter a tres cartas do mesmo pao para ter unha Flor, que che daba tres puntos, se aparte era de Espadas, xa tiñas gañadas as dúas mans,a non ser que che respobnderan con Contraflor e arresto, podía ser un farol, pero ahí a grandeza do xogo.



Cando un xogador cantaba a Flor, ó outro non lle quedaba máis que dicir "Ten bo olor......., imos verlle o color",podíase dicir "Veño de Pernambuco con unha flor e un truco".Se non a tiñas, aspirabas a ter un bo Envido, a ser posible o 6 e 7 de espadas, eso daban 33, se aparte eras Man, xa tiñas as primeiras gañadas, o cal eran dous puntos, se che retaban con outro envido ou real envido, era unha porrada de puntos,se che botaban a Falta, adeus partida, bocatas e cervexas.



Nas Segundas xa tiñas outra opción, as preferencias eran ter un As de Espadas, ou de Ouros, senón un sete, de Espadas ou Ouros, despois viñan os Anchos, e a partir de ahí as figuras dende o Rei e Cabalo ata a Sota,....... Setes normales e todo para abaixo.



Por certo, todos temos claro que son os Reis ou Reises, o Rei do Rock, o Rei do mambo, os Reis Magos e Vicente Fernandez que sigue sendo El Rei.




Os Cabalos,.....poden ser Cabalos de Mar, Cabalos do Demo, Cabalos que se chaman Morte, un Dous Cabalos ou o Cabalo de Doroteo Arango (Pancho Villa) que se chamaba Sete Leguas.



Pero,.... ¿As Sotas?,.....¿Que carallo é unha Sota?, ¿Se reproducen as Sotas?, ...¿Son homes ou mulleres as Sotas?; Se alguén me pode aclarar isto lle estarei eternamente agradecido, é unha dúbida existencial que me corroe dende hai anos.



Unha vez rematada a dúbeda, conven dicir que alí nos tirabamos días e días os machotes de COU A, xunto con outra xente que non fallaba nunca, Manolo Jornalero (que casou en Disco3),Fritos,outra pandilla de COU con mesa reservada e sobre todo o que enchía tremendamente o ambiente fumeante da vella cafetería era Marcelino xogándose as cervexas con Juanjo, Mary Carmen ou Rebollido.



Nunca na miña curta vida de 15 anos oira baixar ós Santos en fila de a un e sen queixarse como se oía na cafetería de Angelita hai 24 anos, todos desfilaban baixo o poster do gol fantasma de Michel contra Brasil no mundial . Certo ou non, alí enfilaban dende San Antoniño co neno incluido, San Francisco acompañado polo Lobo de Gubbio,ata San Roque con can e San Papá del Sielo, era increíble aquel dominio do Santoral, sobre todo para mín que non sabía cando era o meu santo, baixo o grito de "Voute esplumar", a procesión alargábase durante unha hora.



En fin, hoxe en día non me gusta xogar ás cartas, sigo sen celebrar os Santos, pero o gusto que non perderei, porque aínda me cae a baba cando o penso é......... o gusto dos Bocadillos de Angelita.





sábado, 25 de abril de 2009

viernes, 24 de abril de 2009

UNA NOCHE MÁS EN MI SOÑAR, por Mary Hermo

Una noche más en mi soñar,

y desde esa ventana veo el cielo,

el cristal del universo,

las luces parpadean a lo lejos,

alguna me sonríe de nuevo,

es esa estrella

que ya me conoce desde aquel día

en que supo del dolor que sufría

por un amor

que no sabía que existía una estrella que lo guía.

Me conoce,

hablo con ella,

sabe de mis secretos,

de mis ilusiones,

de mis sueños

y mis anhelos,

ha visto mis lágrimas,

y limpiándolas suavemente me habló un día,

y me dijo que ella sería la estrella en tu vida y la mía.

A ella le mando caricias y melodías,

besos y ternura,

y tantas otras cosas que hoy no diría,

porque sé que ella te guía,

y que de algún modo te traerá de vuelta,

sí, algún día, hará que tú regreses a mi;

y se llevará esta tristeza, que

por momentos me asfixia

y me quita la vida.

A esa estrella le dedico esta melodía.

Mary Hermo.

jueves, 23 de abril de 2009

BOIRO MÁXICO- OS CASTROS DE NEIXÓN





Os coñecidos como Castros de Punta Neixón son dous poboados contiguos datados a finais da Idade de Bronce. Son o Castro Pequeno e o castro Grande. Atópanse no concello de Boiro, nun cabo que sobresae á ría.


Punta Neixón é un promontorio na parroquia de Cespón no que se ergueron dous castros cuxo período de ocupación abrangue desde finais da Idade do Bronce ata época tardorromana.


O chamado Castro Pequeno ten as testemuñas de ocupación máis antigas, mentres que o Castro Grande foi fundado por volta do século V a.C., posiblemente cando o Castro Pequeno estaba xa abandonado ou en proceso de abandono.

Polo de agora, o Castro Pequeno é o que fornece restos arquitectónicos máis importantes, representados por varias casas de pedra de planta circular.



O Castro Grande, en troques, posúe unhas monumentais defensas, entre as que destaca un foxo de máis de tres metros de profundidade localizado nas últimas campañas de escavación (2004-2007) e un parapeto de terra que separa os castros do resto do promontorio marítimo.


Os materiais arqueolóxicos localizados nestes xacementos son de grande interese, especialmente polo que se refire aos produtos de importación, que demostran a relevancia dos castros como un lugar de intercambio entre navegantes mediterráneos e povoacións locais.

Entre as pezas máis importantes destaca un aryballos (recipiente de vidro) púnico, do século V-IV a.C. descuberto polo arqueólogo Fernando Acuña Castroviejo (USC) nos anos 70 do pasado século.

Nas escavacións máis recentes, dirixidas por Xurxo Ayán Vila (CSIC-IEGPS), tense localizado un novo fragmento de aryballos, alén de numerosas cerámicas púnicas (entre as que se poden salientar ánforas Mañá-Pascual A4, Mañá C2b e diversos modelos de xerriñas), cerámica itálica (campaniense), romana e tardorromana (terra sigillata hispánica e focense).


O castro continuou tendo un lugar importante nas redes comerciais ata o século V a.C., cando a súa función habitacional xa tiña desaparecido.


No foxo escavado durante as últimas campañas localizouse un vertedoiro con abundante cerámica púnica, castrexa, unha peza de oso decorada, un ungüentario castrexo e unha fíbula de longo travessão.

A cerámica castrexa está moi ben conservada é ofrece un conxunto único da Fase II da Cultura castrexa das Rías Baixas (s. IV-II a.C.), formado por xerras e olas tipo Toralla, olas tipo Cíes e pezas singulares tipo Recarea, entre outros.


Os Castros do Neixón teñen sido escavados por Florentino López Cuevillas (na década de 1920), Fernando Acuña Castroviejo (na década de 1970) e Xurxo Ayán Vila (desde 2003).


No lugar instalouse o Centro Arqueolóxico do Barbanza.




miércoles, 22 de abril de 2009

LENDAS-APARECIDOS



Pasoulle unha vez a unha rapaza que vivía en Carral e que tiña un rapaz veciño a quen unha noite, ó voltar da tuna, presentóuselle no camiño a alma dun defunto e, ó facer as vintecatro horas morreu de súpeto.

Ó outro día despois do enterro, cando a rapaza viña de pechar o muíño da dona a quen servía, sendo xa noite pecha, nunha volta do camiño presentóuselle o veciño moto. Ela gañou medo e fuxiu a correr, facendo cruces e murmurando un rezo.
Chegou á casa morta de medo e non deu fala a ninguén do que lle pasara. Ó outro día, cando viña de volta a tremer coma un condenadona porta do inferno, volveuse repetid o feito, mais agora, antes de ver ó rapaz, sentíu as súas falas, que lle dixeron:

— ¡Marica! Non fuxas que non che hei de facer mal.


Escoita: vai mañá ás doce da noite á fraga do Suenllo e direiche o que tes que facer para me sacares de penar po-los camiños.
Vai, non llo digas a ninguén — e, daquela, aareceulle de corpo enteiro, coa mesma roupa que lle puxeran para enterrar.

Chegou a nova noite e a moza, axexada po-los veciños dispostos a lle valer, acudiu á cita, mais o morto non se presentou.
Moqueáronse dela os outros e, xa coidaba ter todo pasado, cando outro día, voltando soa do muíño, outra vez se lle apareceu o morto a lle decir:

— ¡Marica! Non fixeches caso do que che pedín e sigo penando po-la túa culta.

Escoita, aínda é tempo de que me vallas. Para que eu pouse, e non me vexa punido po-los meus pecados a penar po-los camiños da terra, unha moza solteira ten que facer a pé a romaxe de Nosa Señora da Barca, a pedir po-las portas o xantar de pan e auga, e un cotiño de palla para durmir nos alpendres.
Ten que levar un hábito de burel, feito coa esnola recollida entre os veciños de sete parroquias e ten que dicir unha misa en Paleo e outra o día da Virxe na súa igrexa. Esa moza es ti, Maricaa, ¡váleme agora que aínda hai tempo!

Cando chegou á casa, contoulle á dona o que lle pasara, e fóronse de contado as dúas xuntas pé do señor cura. Ó outro día, foise a rapaza de porta en porta para cumprr a manda do morto: fixo a súa romaxe á Nosa Señora da Barca e disque nunca máis ninguén oíu falar de que se volvera presentar outra vez a ninguén a alma do rapaz morto.



CARRÉ ALVARELLOS, Lois. Contos populates da Galiza, Museu de Etonografía e História, Junta Distrital do Porto, Porto, Portugal

martes, 21 de abril de 2009

O CAN, AMIGHO INSEPARABLE, por Ramón Laíño

 


Protector do meu camiñar, confidente da miña intimidade, esclareçedor natural da nosa vida errante.

Vixía do día e da noite, alerta ladrador do perigho, ghardián e defensor da casa.

Ti que me acompañas nos bos momentos e me socorres e axudas nas dificultades sen máis inquietudes polas que preocuparte.

Can querido e coidado, can maltratado, can abandonado, can perdido,... en ti non cabe a traiçión para con que che fire e á túa sorte che deixa.

Referente do mundo natural do que a xente se alonxa e a quen lle fas lembrar os valores verdadeiros da amistade e sinçeridade.

Instinto transmutado en almas entreghadas ao serviço do home na espera de reçibir un mínimo xesto de ghratitude, cariño e comprensión por quen de ti se encargha.

Tanto entreghas e pouco reçibes e que por obra da baixeça humana esa débeda de afecto para contigho pode non che permitir con ela deleitarte.

Qué ínfimo esforço neçesitarían a quen ti coa túa mirada lle suplicas unha insignificante mostra de cariño a cambio da túa lealdade, fidelidade e nobleça.

Familiar da casa, andador de camiños, prados, vales, saltador de valados e explorador de montes, acompañante sempre.

Instinto de supervivençia manifestado en intuiçión que se transforma en pura sensibilidade cando es comprendido no teu sentir, na túa tristura e lediçia.

Entre nós como un membro máis da comunidade camiñas pola vida e por ela pasamos sen entender ese sacrifiçio e a súa finalidade.

Como un espello se reflexa en ti a nosa aleghría, o noso sufrimento e todo sentimento da nosa alma humana.

Aberto e natural é neste mundo o teu actuar porque nel as túas neçesidades con familiaridade satisfás e sen prexuíços que che aten e limiten no teu vivir camiñas libremente.

É tanta a túa xenerosidade que fronte á humillaçión e ruindade do teu torturador mostras benevolençia.

Conçebida tal ghrandeça non hai xustiça terrenal ou divina que poda recompensar esta dor e ultraxe.

Seres que xa de existir deixástedes e dos que aínda con nós camiñan, sodes coma unha lus de irmandade iluminando o camiño na escuridade.

Meu amigho, meu inseparable compañeiro, por sempre o teu recordo na miña alma quedará.