martes, 30 de septiembre de 2008

FÜTBOL.


Aquel ano fixerase un equipo de fútbol-sala que competía na liga local co nome de INSTITUTO MOTOS MIGUEL, é unha pena, non temos foto do equipo orixinal, co tempo foi cambiando de xente algúns chegaron a xogar xuntos, había bó equipo.
Neste equipo, cafetería Trébol, hai ata sete integrantes que inauguraron o instituto, xa sabedes quenes son, si non é así, acertade.


Mentras tanto imos ver un gran gol, tamén de aqueles tempos, claro.


video

lunes, 29 de septiembre de 2008

SE A VIDA É UN REGALO



Non o coñecín case nada, tan só nos dou clase un mes, non sei nen sequera como foi parar a Boiro, supoño que porque lle quedaba cerca de Dodro, que era onde tiña a súa xente.
Aquel ano de COU noi 86 apareceu pola porta e nos deixou atónitos, espigado, alto, extremadamente delgado, devorado pola enfermidade que meses despois o apartaría dos seus; No seu lugar veu Ánxeles, unha rapaza moi nova e moi pequeneira coa que tiven algún intercambio de opinión un tanto subido de tono, pero non nos olvidamos de él.

Unha mañá nos avisaron, ....morrera, e non tivemos clase, fomos en varios buses ó seu enterramento, como quen vai a unha excursión, adolescentes sen sentido, sen preocupacións, sen capacidade de meditación, e rematou o día, ...e a vida segueu.


Un bó día lendo o libro O Xene da Chuvia, de X.R. Losada, souben que Ricardo tamén o coñeceu, e volvín a lembrarme de el, no atopei a súa Gramática do Silencio, pero sí lle botei un ollo Á Morte Presentida, agorera, nihilista,agonizante, ferinte coma unha vella canción de Hank Williams, resignada co fado que lle era gardado, que se fixo realidade naquel lonxano ano.


Agora hai un colexio no seu nome, un certame literario, e moitos rapaces de 17 anos, que sen saber quen era, non rematan de olvidalo.


IN MEMORIAM EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN

Profesor de Literatura Galega no IES Praia de Barraña no ano 85.






video




Para rematar disfrutemos de esta canción gañadora de eurovisión 83- Se a vida é un regalo.



domingo, 28 de septiembre de 2008

PUBLI- NOVAS INSTRUCCIÓNS

video




Está claro, xa hai menú, atención agora todo o mundo ás instruccións:
-Pagar no Banco de Galicia, no seu defecto Banco Popular, un ingreso de 50 Euros no número de conta--0097 8968 37 05 00149545, concepto --pago de cea 25 aniversario, POÑER NOME DO PAGADOR
-Gardar o xustificante do ingreso para entregar a modo de ticket o día da cea.
- Mandar un mail a 25aniversarioiespraiabarrana@gmail.com , identificándovos para decir que o pago xa está feito.
- Estar atentos ó blog, xa que imos poñer un bus, para evitar disgustos, do que daremos máis datos.
- Ter moita fame e máis sede.
DATA TOPE 15 OUTUBRO


>

sábado, 27 de septiembre de 2008

VAIA HISTORIA A DOS DOUS_Manolo Dieste




BUENO, PASOU O VERAN E EU COMO ALGUN DOS MEUS COMPAÑEIROS/AS TIVEMOS QUE IR A SETEMBRO.
SIN RASCALA DURANTE O VERAN, ALA NOS FUMOS OS EXAMENES DE SETEMBRO. LITERATURA, LATIN, INGLES E HISTORIA DO ARTE.A ESTA ULTIMA PROBA XA NON HABIA GAÑAS DE IR. MENOS MAL QUE MEU COMPAÑEIRO LITO FOI UNHA PERSOA IMPORTANTE NA MIÑA VIDA. EL FIXO QUE DUN XEITO OU OUTRO EU FORA UN MAL ESTUDIANTE DE HISTORIA, POLO MENOS PUXO A PRIMEIRA PEDRA- GRACIAS LITO- EU NON QUERIA IR O EXAME, NON ESTUDARA ABSOLUTAMENTE NADA.


RODRIGO PUXERA UN EXAME MOI DURO EN XUÑO.
-¿PARA QUE? DECIA EU.
-VENTE HAI QUE IR,
-NON, NON VOU.
-VENTE IMOS A XUNTA (BAR QUE ESTABA FRENTE O INSTITUTO),
-EU NON VOU O EXAME.
- PONNOS DOUS MALAGAS VIRGEN (SERIA A POCIMA MAXICA , INFLUEU NAS NOSAS VIDAS). –
-BEBEO.
BEBINO E DESPOIS XA FUN MAIS CONTENTO A FACELO EXAME DE RODRIGO.
O RESULTADO FOI QUE OS DOUS APROBAMOS AS ASIGNATURAS DE COU E DESPOIS A SELECTIVIDADE, . UN TIROU PARA NAUTICA E OUTRO PARA HISTORIA. VAIA HISTORIA A DOS DOUS.
ESTAS SON AS LEMBRANZAS DUN QUE FORMOU PARTE DE ESA ALINEACION DE COU B FAI 25 AÑOS., E TIVO A SORTE DE COÑECER O QUE PASOU NA PRIMEIRA PROMOCION DO INSTITUTO DE BOIRO, AGORA IES PRAIA DE BARRAÑA



video

viernes, 26 de septiembre de 2008

A CEA DE COU_Mary Hermo.





Non son moi boa expresándome, así que espero que desculpedes os erros de sintaxe ou ortografía, que como a normativa esta cada pouco cambiando, líame tanto cambio. Tamén dicir que non nomeo a todos os profesores pois teño que votar moito tempo atrás para lembrar todos os nomes e como repetín tanto, como para saber en que ano me deu clase cada quen. Pode que alguén se lembre daquela cea e poida comentar algo máis.

Foi aló polo curso 87-88 repetindo o COU, se mal non me lembro, acabábase o curso para os alumnos de COU, bueno para algúns pois outros seguían adiante cara a selectividade, e outros xa pensabamos en setembro, evidentemente eu quedei coas gañas de aprobar, e por riba de suspender a Bioloxía, quedoume tamén Matemáticas por iso de que estaba as portas e que o podía mellorar en setembro.


Lembro que todo se estaba preparando para a famosa cea de COU, o finalizar o curso e antes da Selectividade, eu tiña que argallar algo, algo que quedase ou polo menos que acojonase a algún dos profesores daquel ano, se mal non me lembro, algúns dos profesores foran Deira con filosofía, Rosa Pumar con bioloxía, Remedios con inglés, entre outros dos que non estou moi segura pois ó repetir e cos anos que van aló, como para lembrarse de todo.


Ó que ía, eu estaba buscando a maneira de que a cea fose divertida, e dalgún xeito que aqueles profesores e alumnos que se xuntaban para confraternizar se risen, así que decidín encher a todos os profesores de hostias ou ostias, e en dar un pequeno discurso antes de darlles o seu regalo, así que como a h é muda o discurso deixaría a algún que outro con cara de trágame terra ou a saber de que.


Uns días antes da cea falei co cura para que me dese uns paneis de hostias sen consagrar, e así o fixo, lembro de que xa mas trouxera preparadiñas nunha bolsa, eu dixéralle que eran para unha tarta pero esta clarísimo que daquela D. Paco o cura non me creu.


Así que chegado o día esperado cheguei á de Chicolino e fun dereitiña para a cociña para que me preparasen unha gran bandexa con aquelas hostias, e así foi, esperei ata a hora do postre para darlles a sorpresa, estaba ansiosa pola chegada do momento e de verlles as caras a todos aqueles profesores, e por fin chegou o postre, lembro que na miña mesa estaba Remedios a de inglés a que lle enchiamos a copa de viño cada pouco e que debía temerse algo, eu e un par de compañeiras fomos a cociña e volvemos ó salón con moitas ganas, elas coa bandexa detrás de min y eu abrindo paso, dentro do salón pedinlles a todos un pouco de atención pois quería darlles un pequeno discurso, e lembro que empezara dicindo algo así como “Para estes profesores, por todo este ano dese comportamento, e polos suspensos, hoxe quero enchelos a hostias.....” xa vos podedes imaxinar a cara dalgúns, claro o h é mudo, que pena dunha cámara para reflexar aquelas caras de asombro e incredulidade ante as ostias que pensaban que lles ían dar.


E de repente sacamos a bandexa e empecei dándolle a todos unha hostia, logo as caras cambiaron e viñeron as risas, pero recoñezo que gañas non me faltaron de dar ostias sen h, pero bueno aquilo foi un momento para lembrar hoxe como un bo recordo e sobre todo as risas de todos.

Mary Hermo con H.



video

jueves, 25 de septiembre de 2008

XA TEMOS MENU !!!-atopa as 3657 diferencias





Está claro, xa hai menú, atención agora todo o mundo ás instruccións:

-Pagar no Banco de Galicia, no seu defecto Banco Popular, un ingreso de 50 Euros no número de conta--0097 8968 37 05 00149545, concepto --pago de cea.

-Gardar o xustificante do ingreso para entregar a modo de ticket o día da cea.

- Mandar un mail a contabilidade@chicolino.es , identificándovos para decir que o pago xa está feito.

- Estar atentos ó blog, xa que imos poñer un bus, para evitar disgustos, do que daremos máis datos.

- Ter moita fame e máis sede.


E para acabar participar neste concurso.
ATOPA AS 3567 DIFERENCIAS




Estas fotos teñen 3567 diferencias, e o voso cometido atopalas e redactalas.O gañador levará un paquete de Sombra o día da cea. Imos dar unhas pistas para empezar:



1.Mentras na foto de arriba están comendo xeados ONDINA, na de abaixo están facendo o parbo.

2. Na foto de arriba hai máis xente que na foto de abaixo.

3.A pesar do punto 2. Na foto de arriba hai menos kilos que na foto de abaixo.

4...???????

5....???????



Adicada a unha das rapazas, música dos 80





video

miércoles, 24 de septiembre de 2008

ESE IMBÉCIL DO CHAPEU



O Bar Muñiz é un dos poucos, xunto co Bocacho, Central e Os Trillizos que durante estes vintecinco anos permaneceu aberto,non mutou a súa imaxe e cambiou un pouco de tipo de clientela, antes iamos os rapaces e xoves que nos creiamos entendidos en música a poñer a andar a vella pianola e poder escoitar música de actualidade (eu poñía o Shine de Mike Oldfield) e tamén vellos clásicos,agora,...non teño nin idea do tipo de xente que vai.

Ademáis tiña as maquinitas que, claro está, enganchaban, .... lembro unha de circuitos de coches na que Luis o camareiro era un experto xogando a unha sola man,e tamén a mítica Ghost n' Goblins, na que un cabaleiro da idade media iba paseando por un camposanto en coiros, lanzando dagas ou lanzas, destruindo monstruos, para í poder rescatar á súa dona.
Era 1985, e eu e máis un par de rapaces de primeiro, nos veíamos polas tardes antes da entrada do Instituto, no Muñiz, alí poñíamos unhas cantas cancións na vella pianola, e lle pedíamos a Luis o do Muñiz, que nos dese cambio, collíamos as moedas de cinco pesos, e llas botábamos á maquinita de INDIANA JONES AND THE TEMPLE OF DOOM (vamos, o Templo Maldito), alí intentábamos pasar o tempo e as fases, da mellor amaneira que as nosas habilidades nolo permitían.
Na primeira, o personaxe, Indiana, iba unha vella mina, subindo, baixando, esquivando hindúes, que dedicaban a perseguirte, e liberando rapaces cautivos nunhas gaiolas de madeira.O sumo sacerdote lanzaba corazóns de lume que tí espantabas dándolle co látigo.

Cando conseguías liberar a todos, pasaban á vagoneta, carretilla ou como lle queiras chamar, alí, nunhas vías semidestruidas, intentabas chegar ó final, accionando o cambiador de raís a latigazos, mentras intentabas librarte dos pesadísimos hindúes.
Na terceira e última fase, Indiana, intentaba recuperar a Pedra de Sankara, coa que volverían as colleitas e os nenos ó poboado. Saltabas un río de lava, espantabas ós omnipresentes hindúes a latigazos, mentras tanto Mola Ram, o sacerdote da deusa Kali, lanzaba os repetitivos corazóns de lume, que trataban de rematar co enredo, coma se soubesen que era hora e liscar para a clase.

Nunca entendín porque non poñían na maquinita á guapísima Kate Capshaw, tampouco entendín porque ó acabar as fases non te regalaban unha partida, o que sei e que alí nos deixabamos cinco ou dez pesos diarios, xogando a ser Indiana Jones, eles xogaban moito mellor ca mín, pero eu pasabao ben.
Chegaba tarde á clase, claro, e entraba ante a mirada dos meus compañeiros e compañeiras mentras Deira decía eso de "¡A ver, oh!, ¿cómo chegas tan tarde oh?", total, que a Filosofía deixeina para Setembro, e curiosamente me empezou a interesar cando xa deixara o Instituto.
Pasaron moitos anos, e Indiana Jones aínda rebule, Deira tamén, os dous rapaces de primeiro non acabaron moi ben, un morreu en extranas circunstancias e ó outro vexoo pola rúa como un zombi e collendo o autobús para ir á UMAD de Ribeira, ¿e eu?, pois,....xa non me gustan os video xogos e espantame ver como rapaces de 5 anos están enganchados á Nintendo, pero de vez en cando miro para eles e boto un sorris......lembrando cando hai moito tempo, durante algúns momentos, podías ser INDIANA JONES.



video

martes, 23 de septiembre de 2008

MÁIS BURRADAS



Eu no sei que tiñan esas excursións do vello instituto, pero tarde ou cedo todas remataban con un burro de por medio, sería unha especie de metáfora para decirson que se non estudiabamos acabariamos gañándonos a ida en Mijas transportando turistas domingueros.

Poderíase preguntar o nome do burro, pero como non o sabemos e a xente que aparece na foto, seguramente sabedes quenes son, non nos queda máis que amosar a foto, para decirvos que non todo cambiou nos derradeiros vintecinco anos, e podo dicir con toda a seguridade, que O BURRO SEGUE IGUAL.



¡Música Maestro!




¿Quen lembra isto??????'TAMÉN OUTRA BURRADA.



video

lunes, 22 de septiembre de 2008

UN PEQUENO RECORDO-Pepe Mouriño.



Pablo Félix tumbado, un saúdo Pablo.



Dentro da avalancha de malas novas e desgracias varias, cas que nos obsequian as nosas televisións, pasou de refilón unha boa o mes pasado: o descenso no número mortos por accidentes de circulación. Creo recordar que morreran o mesmo número de persoas que fai 40 anos, con 20 veces mais de coches que por aquel entonces.
Foi unha noticia que me aledou moito, e veume a cabeza que, a estrada privounos de tres compañeiros do instituto; Máximo, Jordan e Pablo Félix. Unha enorme desgracia, e mais tendo en conta o pequeno que era o noso instituto; en proporción, equivaldría a que en España morreran 800.000 persoas en accidentes de circulación nestes anos.

Conocía un pouco a Jordan, sabía que tocaba o trombón de varas nunha orquesta e entereime da súa morte por un cartel que anunciaba unha homenaxe á súa persoa, bastante mais a Máximo (sobre todo por unha inolvidable excursión en COU) e, a Pablo Félix tíveno dous anos de compañeiro de pupitre.

De Pablo só podo ter boas palabras, sempre me botaba unha man para o que fixera falta e era imposible non velo de bo humor. El díxome máis de unha vez que iba morrer xoven, (decíamo cando tiña algunha pequena dor, ainda que fose no cóbado), eu non lle facía moito caso e non me podía imaxinar que iba ter razón.

Si unha cousa tiñan en común os tres eran as ganas de disfrutar da vida (ainda que soe a tópico, era así) e seguro que si estiveran nestas celebracións íbano a pasar moi ben. Vaia para eles este pequeno recordo.



PDTA: Por certo, con eles temos agotado o cupo de baixas, e ata o 75 aniversario do instituto non pode faltar ninguén.



video


Tino Casal, morreu en accidente de tráfico o 22 de setembro de 1991, Tino Casal regresa de madrugada dunha festa na discoteca Ática, nun Opel Corsa de cor blanco, pola estrada M-500.

O vehículo, que non estaba conducido polo propio Casal, perde o control ó tomar unha curva con exceso de velocidade e pega contra unha das farolas que bordean a estrada. Casal foi o único falecido dos cinco ocupantes .

A nova estremeceu ó mundo da música en España, e incluso personalidades mundiales da música David Bowie, George Michael, Boy George y Peter Murphy entre otros acudieron ó funeral de Tino Casal en Tudela.


Esto vai polos nosos tres amigos, que nos deixaron na estrada, ondequeira que esteades, un saúdo e o día 17 unha copa na vosa honra.


Pepe Mouriño.

sábado, 20 de septiembre de 2008

O VELLO ATOCHA-Manolo Dieste




XOGABAMOS IGUAL NO VELLO ATOCHA. CHOVERA OU VENTARA.

O COU FOI INDO POUCO A POUCO. CLASES, HORAS LIBRES, ALGUNHA COLLIDA A PROPOSITO, GUATEQUES, PRIMEIROS ESCARCEOS AMOROSOS. SUSPENSOS. ALGUN APROBADO.
CHEGAMOS O VERAN. ENTEROME DE QUE HAI UNHA LIGA DE FUTBOL SALA QUE ESCOMENZA NO VERAN.

REUNO UN GRUPO DE RAPACES POLAS MIÑAS ANSIAS DE XOGAR. ALGUNS MENORES CA MIN. CONOCIA A ALGUN DE XOGAR CONMIGO NOS INFANTIS DO BOIRO: SUSO CHOUZA E JOSE MANUEL FERREIROS. O RESTO ERAN COMPAÑEIROS DO INSTITUO E ALGUN QUE NON ESTABA.:
CARLOS COMPAÑEIRO MEU DE COU, LORENZO QUE BO ERA XOGANDO, SUSO EL ALTO ,XOGABA DE TODO HASTA DE PORTEIRO PERO O SEU POSTO ERA DE CENTRAL.
SUSO CHOUZA, SEMPRE ME RECORDA A MISMA ANÉCDOTA

-ESTABA YO EN LA PUERTA DE CLASE Y VINO MANOLO Y ME DIJO:
- ¿QUIERES JUGAR EN EL EQUIPO DE FUTBOL SALA QUE VA A JUGAR EN LA LIGA DE BOIRO?.
- VALE.

NON ERA MALO ESE RAPAZ DANDOLLE O BALON.
ESE EQUIPO CHAMABASE INSTITUTO MOTOS MIGUEL. O PRIMEIRO PATROCINADOR QUE TIVEN QUE BUSCAR NA MIÑA VIDA. VESTIAMOS CAMISOLA AMARELA E TIÑA O DEBUXO DUN BUITRE, CUNHAS BANDEIRAS NA BOCA, ESTABA ROTULADA EN NEGRO NA PARTE DIANTEIRA.. A MIÑA CAMISETA ERA AZUL CON RAIAS BRANCAS MOI FINIÑAS, CLARO XOGABA DE PORTEIRO. ESTE EQUIPAXE COMPRAMOLO EN CALDAS DE REIS.

SE NON ME EQUIVOCO NESE VERAN DO INSTITUTO DE COU XOGAMOS SABADOS POLA TARDE E DOMINGOS POLA MAÑAN CHOVERA O VENTARA OU QUENTASE O SOL. QUE DIFICIL ERA IR XOGAR O DOMINGO POLA MAÑAN DESPOIS DE IR DE TROULA O SABADO POLA NOITE, PERO IBAMOS E IBAMOS TODOS, A XENTE ERA MOI FORMAL NESE XEITO. ESTE ANO DE COU GRAZAS O FUTBOL SALA COÑECIMOS MOITAS PERSOAS, FIXEMOS MOITAS AMISTADES QUE AINDA HOXE CONSERVAMOS.




video

ANTES DE SUFICIENCIA. HOUBO A FESTA DE FINAL DE CURSO, FESTA TODO O DIA, DE FEITO SE COMEU NO INSTITUTO DE BOCATA.

A TARDE PARTIDO DE BALOMMAN PROFESORES-ALUMNOS. VICTORIA DOS ALUMNOS.

DESPOIS PARTIDO DE FUTBOL SALA ENTRE PROFESORES E ALUMNOS OUTRA PASADA. OS PROFES SABIAN MOITO DE MATEMATICAS, LITERATURA, ARTE, HISTORIA. PERO SALVO O MALOGRADO MAXIMO, QUE ERA DE DEPORTES, E SANTI QUE, ENSINABA LATIN EN SEGUNDO E TERCEIRO, E QUE TAMEN SABIALLE DAR O BALON, O NIVEL ERA BASTANTE CATIVEIRO.


Manolo Dieste


viernes, 19 de septiembre de 2008

GAUDEAMOS IGITUR-R.Rey



CON MOTIVO DO SENTENARIASO INAUGURASE UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFIA DA ASOCIACIÓN OLLÁPARO NO IES PRAIA BARRAÑA,CUNA DE XENTE ILUSTRE.






FELIZ 25 ANIVERSARIO

Nin era unha fría mañá de outono nin calorosa. Insulsa. Como se a climatoloxía quixera compasar tan apática inauguración do Instituto de Bacharelato de Boiro.
Xoves 13 de outubro de 1983.

Armazóns de ferro para columnas, area, cemento e ladrillo sorteaban os alumnos e profesores para chegar ata un porche onde se amoreaban mesas e cadeiras que, con inxenua ilusión, subían ata as aulas.

O corresponsal de La Voz de Galicia con paisana retranca comenta “no hay Biblioteca ni Salón de Actos, tampoco hay laboratorios…aulas y menos mal”.

Aquela crónica do citado Xornal coruñés fai unha lista, podo asegurar que non exhaustiva, das carencias: faltaba profesor de Educación Física, de Relixión, limpadoras…os alumnos tiñan que trasladar a súa mesa de aula en aula nas materias de desdobres, e un longuísimo e ata divertido etcétera. Rematado coa guinda: “os aseos aínda non funcionan”.
Non obstante é un momento inesquecíbel no corazón dos que o vivimos.

Inesquecíbel a cara do electricista que se colaba na aula sen pedir permiso e se lle demandaba o aoristo dun verbo grego.

Inesquecíbel a Policia Municipal regulando o tráfico da manifestación de alumnos que reclamaban calefacción e limpadoras.

Inequecibeis as mariscadas no Chicolino, con Don Paco o cura bendecindo para que se multiplicaran as cigalas…, o caco contratado para violar o maletero do coche de certo profesor e facerse cos exames…, San Xurxo, agora Padre Marcelino, e o Pelengrinisaurio.

Inesquecíbel Máximo.

Daquela eran alumnos, hoxe son pais e nais de alumnos, profesionais,sindicalistas, profesores e profesoras do Centro, ata curas.

Aínda non hai biblioteca nin salón de actos que merezan tal nome. Pero o IES Praia Barraña cumpre 25 anos.

GAUDEAMUS IGITUR!

Rodrigo Rey

video

jueves, 18 de septiembre de 2008

O EXAME DE FISICA- Mary Hermo

Recibo anual da APA o Insti.

Lembro un exame de física, a min dábase fatal, parece que non atinaba nunca para aprobar pois sempre me quedaba ás portas do cinco, aínda que claro con Paco o de Física era todo un éxito pois ata os máis estudosos da clase lles custaba, así que os meus case cincos eran para festexar.

Pero lembro una anécdota, pois daquela entendía que os profesores cando corrixían os exames para non ter que traballar moito facían un círculo no chan e tiraban os exames ó aire e os que caerán dentro do círculo serían os aprobados, e logo só era darlle unha nota a uns e outra distinta a outros(ou polo menos eu cría que algúns si o facían, pois o que iamos, eu daquela estaba en 2º e a Física para min era un tortura (logo claro como masoquista en 3º fun por ciencias puras), non sei que exame foi nin como era o exame.

Lembro que decidiramos pegarlle o cambiazo entre algúns compañeiros, así que emprendemos a búsqueda de cómplices para a nosa argallada, e así foi atopamos uns bos cómplices con mentes privilexiadas e que tiveran unha letra similar a de cada un de nós; unha vez tido os cómplices tiñamos que ver como íamos facer para que o exame saíse da clase, e así foi argallámolo ben, eu púxenme ó lado da porta de atrás da aula para votar o exame por debaixo da porta, e como Paco xa daba daquela os folios contados tiven que facer verdadeiras virguerías para que non se notase, así que copiei as preguntas do exame nun folio e quedei coa copia e fun facendo tempo e incluso ata cheguei a preguntarlle de cando en vez algunha dúbida.

E aló foi o orixinal por debaixo da porta e alí estaba o noso cómplice esperando por el para levarllo os outros membros da argallada, dala a un tempo chegou de novo para devolverme o exame pero o problema era que non só era o meu senón o de outras dúas persoas máis, así que sen cortarme un pelo levanteime para entregalo (ata nin me molestei en pasalo coa miña letra, entregueino tal cal) e como se fose o vento deixeillo as outras dúas persoas máis, ninguén se deu conta do que pasaba.

Esperando os resultados, chegou o inesperado, como había tan poucos aprobados, Paco decidirá que con ter un 4,75 (creo que era esa a nota pero non me lembro ben) xa servía. Así que cando chegou o día de dar as notas e entregarnos os exames chegou a tolería e a tortura, eu aprobei coa nota xusta pero as outras dúas persoas non, pero si as respostas eran idénticas, non cambiaba nin unha coma, non cambiaba nada, lembro que ata tivera ganas de darlle cos tres exames na cara, pois non se entendía que tivésemos notas distintas se era exactamente igual, pero bueno, así foi ,eu aprobei e as outras dúas persoas creo lembrar que non.
Así que daquela quedei coa sensación de que algúns profesores utilizaban o círculo para corrixir e que logo daban as notas ó azar en función do nome do alumno.
Foi a única vez que fixen algo así para poder aprobar, dende aquel momento dixen que nunca máis despois de todos os nervios que pasei e sobre todo do medo a que nos pillaran, resulta que tanto traballo non serviu para moito, así que dende aquela a Física era un dos suspensos que me acompañaba.



video

miércoles, 17 de septiembre de 2008

LEMBRANZAS DO 2º CURSO DE BUP NO ANO 83-Juan José Saborido.



Nós estreamos o Instituto de Boiro, pero seguramente algúns dos meus compañeiros daquel segundo de BUP do 83 tamén estrearon o colexio de EXB Santa Baia (Santa Eulalia daquela).
A nos mesmos, rapaciños pequenos, nos fixeron levar as primeiras mesas desde o Franciso Franco ó novo colexio.Ibamos en fila todos cada un ca súa mesa desde o colexio vello ó novo. Menos mal que daquela non pasaban tantos coches por aquela carretera.
No meu caso dase a curiosa circunstancia de que tamén estrenei o edificio da facultade de física de Santiago no outubro de 1986. Así que eu estrenei por triplicado: colexio, instituto e facultade.

Revisando a lista dos 59 alumnos de 2A e 2B, descubro que só son capaz de poñerlle cara á metade dos nomes (!vaia memoria!). Nembargantes, si volvo a ver a calquera dos meus antigos compañeiros seguro que o recoñezo:resulta moito mais fácil recordar caras que nomes! (si non cambiaron moito, claro).

Postos a rememorar anécdotas divertidas daquel segundo curso, acórdome cando nunha hora de clase na que non viñera o profesor, uns cuantos decidimos abandonar a aula e ir a tomar algo ó bar de enfrente. Cando pasábamos pordiante da secretaría, o profesor de guardia preguntounos cun xesto (estaba detrás dunha cristaleira) que a donde íbamos. Luis Ferreirós (se non recordo mal) contestoulle tamén cun xesto, empinando o codo e levando a man á boca para indicar que íbamos a tomar algo. Pero aquel profesor de física e química , Fernando, interpretouno como un xesto de burla e levantouse disparado correndo cara a nós.

Todos sairon correndo e saltaron a valla do instituto, pero eu pensei: "mais vale esperar aquí a reprimenda que sair correndo e empeorar as cousas". Para a miña sorpresa, o profesor pasou correndo polo meu lado sin facerme nin o mais mínimo caso, coma si non existise. Logo parece ser que chamou ós pais dalgún, pero ó final creo que se aclarou todo o malentendido.

¿Acordádesvos de Checha, aquela profesora de xeografía tan aficionada amandarnos escribir redaccións? Nunha ocasión insistiu en que fixéramos unha redacción moi orixinal, e a min ocorreuseme unha pequena "trastadiña"facendo un relato sobre "unha viaxe nun supositorio" (desculpade a referencia escatolóxica). A probabilidade de que me tocara a min precisamente leer a redacción en clase era pequena, pero.... TOCOUME!

Cando me mandou leela empecei a lamentar a miña trastada, pero era xa demasiado tarde para inventarme unha historia nova, nervioso como estaba. Tamén para a miña sorpresa, Checha non pareceu darlle moita importancia, simplemente me preguntou canto viño bebera na comida.

Noutra redacción que nos mandara facer a profe de literatura (creo recordar), a min dóuseme por agarrar o diccionario e buscar unha serie de palabras difíciles para que nin a profesora coñecese o seu significado. Armei unha redacción ó redor desas palabras como mellor puiden e, !sorpresa!, outra vezme tocou leela a MIN na clase.
Cando rematei, a profesora preguntome o ignificado dalgunhas palabras, toda sorprendida do meu "dominio lingüístico", e eu díxenllo, precisando incluso que tal ou cual palabra era pouco coñecida en España porque era de uso mais común na Arxentina.
Nestas vai un compañeiro e comenta: "... este o que fixo foi buscar todas esas palabrejas nun diccionario para metelas na redacción!". A profesora dixo "No, no lo creo,Saborido no haría una cosa así, ¿verdad Saborido?" E eu digo, !que va, que va!, e ahí quedou a cousa.

Nunha ocasión mandáronme sair ó encerado a facer un problema. Levaba a carpeta na man, donde tiña a solución que fixera na casa. Púxenme a facelo e oio que me din "...se te ha caido algo al suelo". Era un calendario de bolsillo tipo"tarxeta", que me caera ca parte da foto hacia arriba mostrando unha guapa rapaza cos peitos ó aire.
Eu púxenme todo colorado, pero non me dixeron nada, comprensivos supoño co usual interés adolescente por esas cousas"escondidas".

Pero o que realmente me fixo bastante gracia é que unha das compañeiras (creo recordar que Cristina Fernández Treus) me dixera baixiño cando me sentei "...Ay Saborido!, nunca pensé que tu también fueras así..."

En fin, anécdodas todos teredes moitas, e supoño que bastante mais interesantes que as miñas, así que o deixo aquí. Espero que nos vexamos moitos nesa cea.

Juan J. Saborido.



video

martes, 16 de septiembre de 2008

LAS SIENSIAS AVASAN QUE ES UNA BARBARIDÁ



Queridos felijreses: Xa tiña janas de estableser contato, (inda que non sea carnal), con esta primeira promosión que alumbrou o instituto de Boiro. ¿quén podía desir entonses que Boiro iba a poñer tanto talento ó servisio da humanidá?
Non hai hoxe aspecto da vida política, sosial, económica e inda catecuménica nas que aljún dos prohomes da primeria promosión non teñamos aljo que desir e, máis ainda, non sexa tido en conta. Poderíamos sitar mil exemplos que o acreditan de non ser po-la falta de espasio.

Por eso, desde a autoridá que me confire o haber estado sentado á dereita de Monseñor, (que xa é desir), quero selebrar un acontesimento que, de sejuro, vai a faser tremer os simentos do mundo tal coma o conosemos: nada máis e nada menos que a posta en funsionamento do aselerador de partículas levada a cabo a semán pasada en Suisa.

Teño que reconoser que me éncheme de orjullo, (e satisfasión), poder desir que un dos serebros jrises do invento pertenese a esta lista de jrandes homes que xurdiron da entreja incondisional da comunidá educativa do instituto de Boiro. Claro que, chejado este punto, non podo menos que prejuntarme que tería sido da carreira de este home de non terlle deixado copiar nun exámen de relixión. Nada, nada. Non tendes nada que ajradeserme. Considerádeo coma a miña modesta aportasión á siensia. Porque no que verdadeiramente quero insidir é no que, desde o punto de vista tenolóxico, vai a supoñer o aselerador en cuestión.

Como defendín na miña tese doutoral, (que por serto mereseu a aprobasión do meu padriño antes sitado), poderíamos tirarlle das rendas ó cabalo desbocado da aconfesionalidade que cabalja coma un novo xinete do apocalisis po-lo nóso país a nada que lle subíramos ó pienso á parroquia. Porque, ¿quen ajuanta media hoa de jimnasia na que te pós unha chea de veses de rodillas, de pé, sentado, con tan baixo aporte calórico? Non dijo de poñer vieiras, pero po-lo menos, ¡súbelle á rasión!.

Teño que reconoser que, daquela, sertos oxetivos comersiales eran unha utopía. Disque o forno non daba para máis. Pero o que non sabían e que eu xa tiña feita unha inversión de futuro. Non esperaba menos deste antijo compañeiro que ajora me devolve o favor co aselerador de partículas.

Porque inda desconosendo a cantidá de particulas que é capás de faser por minuto, é posible empesar unha nova Reconquista si se empesa por donde hai que empesar: po-lo estómajo. Xa o estou vendo, os locales coma o metro en hora punta, siberconfesionarios, penitensias on-line, adiós á lei do aborto e ós matrimonios jais que xa cheja de mariconadas. Dito en román paladino: Ostias por un tubo. E é que, con Pan e Viño, ándaseo camiño. De nada Padriño.

Un da Boliña.
video

lunes, 15 de septiembre de 2008

STREET DANCE

As novas xentes de este mundo cren que inventaron a dinamita, pero non, foi Alfred Nobel,(e non se dou un premio para as matemáticas para que non o poidese levar Magnus Gösta Mignas Leffler, o seu enemigo, que lle levantara unha moza),agora que se o finado vise para que se usa e usou, devolvería o invento ó Hades, con esto quero dicir que hai vintecinco anos, veu desembocar neste país un invento dos Americanos do Norte, que se facía chamar Break Dance.

Era un tipo de baile novo que consistía a facer figuras co corpo coma se rompeses, e despóis dar volteretas, tombos , xirar sobre a cabeza, e moitas cousas raras máis.

O baile, ó igual que pasara nos cincuenta co Doo. woop, naceu nas rúas da Gran Mazá, onde os mozos e mozas neoyorquinos reuníanse e intentaban abstraerse do pouco futuro que o mundo moderno lles brindaba; Foi , ó igual que moitas, unha moda pasaxeira, que despóis rexurdeu mediada a primeira década de este milenio, pero que durante os 80 durou dous ou tres anos nada máis.

Empezaba a oirse por aquí, e en Boiro,igual que noutras vilas , tamén se empezou a bailar, influenciados polos programas de radio e de televisión como o que rompía na época TOCATA.

Pois aquel día en Disco Ritmo, anterior e actualmente Dyke, se lles ocurreu a brillante idea de facer un concurso de Break Dance.

Disco Ritmo era un sitio de paso; Ibas á primeira hora dos domingos antes de ir a Disco 3, non pagabas entrada, e atopabas alí a todo o mundo, se tiñas cartos tomabas unha, pero eso era a minoría, xa que as escasas pagas que na casa nos daban, rondaban as catrocentas e quiñentas pesetas, con eses cartos non te podías permitir máis ca entrada de Disco 3, e tomar unha caña ou hamburguesa no Cabaña.

Con ese concurso lograron que a xente quedara un rato máis no local antes de fuxir a outro, e alí se concentraron os bailaríns do concello.

Pode que me olvide algunha xente, pero creo que empezou o concurso Rafael o Janchelo, seguido de Carlos o Rubio, de Cabo, eterno autoestopista, que aparte de bailar ben, intentou xirar sobre a cabeza e logrou un par de voltas.

Non era fácil o dichoso baile, había que ter boa forma física, algo do que eu adolecía, como moito, podía sacar a cadeira do sitio, facer o espello, o moonwalk, paso que fixo famoso Michael Jackson, e un pouquiño o robot, pero alí había rapaces da miña idade, que sí o podían facer.

Saíron dous bailaríns de Vilariño, que non me acordo o nome, e por fin saiu o mellor bailarín de Boiro, que non era outro que J.R. o pintor, bailou moi ben, o seu parecido con Drazen Petrovic, co seu estectacular cardado, xunto con esa elegancia, rapidez e coordinación de pés,pantalón pitillo e tenis de basket coa lengueta fora, fixeron de él o máximo aspirante ó trono do Break Dance,...... pero o summum chegou ó final.

Juanjo Boo, bailaba de vicio, entráballe a todo tía que se movese (a menudo triunfaba), e manexaba pelas, co cal, era todo o mundo estaba disposto a velo bailar.E así foi, elegante, sempre con pantalóns de pinzas, camisa e zapato negro; Pegou uns pasos, que necesitaban de todo, coordinación , forma física, e sobre todo imaxinación, supoño que calquera persona que vaia con regularidade a un ximnasio e teña dez e tantos anos o poderá facer, pero nos 80 todo era distinto.


Como foi de esperar, levou o premio, e aquel día non fomos a Disco 3, quedamos con Boo, tomando as dúas botellas de champán Dubois que levar de premio, e nos deron as doce, hora tope para chegar á casa.


Coma se fose hoxe lembro aquel día, e se algún xovenciño da voltas sobre a cabeza ou pensades que baila ben, é porque non coñecechedes ó Baile da rúa de Vao. Street Dance..


video

domingo, 14 de septiembre de 2008

O SEÑOR DIRECTOR QUIXO AMOSAR A SÚA AUTORIDADE-Manolo Dieste.





O SR. PROUPIN ERA O DIRECTOR DO INSTITUTO. ENSINABA FRANCÉS. A MIN NON, GRAZAS A DEUS.
FOI A UNICA VEZ NA MIÑA VIDA NA QUE FIXERON A MEU PAI IR FALAR CUN DIRECTOR POR UNHA SUPOSTA INDISCIPLINA ,SÓ O PENSABA O DOCENTE. VOLO CONTO:
ESTABAMOS XOGANDO UN VENRES POLA TARDE NO VIEJO ATOCHA,
(QUE ERA UNHA CANCHA DE FUTBOL- SALA O AR LIBRE QUE HABIA A UNS METROS DO INSTITUTO, ERA POLIDEPORTIVO QUE TIÑAN OS RAPAZES DO VELLO FRANCISCO FRANCO, DONDE EU CURSEI ESTUDOS DE EGB. AGORA CHAMASE PRAIA XARDÍN.
NOS DEIXARAN UN BALÓN NO INSTITUTO E FOMOS XOGAR Ó VIEJO ATOCHA. REMATAMOS E TOCOUME A MIN IR A DEVOLVER O BALÓN. ASI QUE EU FIXEN COMO SE FACIA HABITUALMENTE.
ABRIN A PORTA DO PASILLO DE DIRECCION E VOTEINO A ROLAR, ¡QUE MALA SUERTE A MIÑA!, O SR. DIRECTOR QUE SALE. –
-¿QUE HACE USTED?.
- NADA, SIMPLEMENTE VEÑO DE XOGAR E DEIXO OS BALÓNS QUE ME PRESTARON.
-¿ EN QUE CURSO ESTA USTED?.
- EU EN COU B.
- USTED NO ENTRA EN EL INSTITUTO SI NO VIENE A HABLAR SU PADRE CONMIGO.
- MIRE QUE SOY MAYOR DE EDAD.
- SI TIENE ALGO QUE DECIR, DIGAMELO A MI NO META A MI PADRE EN ESTO. AINDA SE PUXO DE MAIS MALA H…
CHEGUEI A CASA. CONTEILLO A MEU PAI, ESO SI CON MEDO NO CORPO, DAQUELA SEMPRE TIÑAN RAZÓN OS MESTRES OU CASE SEMPRE.
ESTO ACONTECEU UN VENRES POLA TARDE QUE NON TIÑAMOS CLASE.

O MEU PAI E MAIS EU FOMOS O LUNS SEGUINTE O INSTITUTO. CANDO CHEGAMOS VIMOS QUE O SR. DIRECTOR, QUE DIRECTOR, PUXERA O CONSERXE NA PORTA DO INSTITUTO PARA QUE NON ME DEIXARA PASAR.NON PASOU ABSOLUTAMENTE NADA E ASI TRAS UNHAS VERBAS DE MEU PAI MOI CORRETAS PERO MOI MORDENTES E MOI CHEAS DE RAZON REMATOU O CAPITULO DO SR. PROUPIN ,DIRECTOR DO INSTITUTO DE BOIRO QUE QUIXO AMOSAR A SUA AUTORIDADE A UN RAPAZ QUE O MAL QUE FIXERA FORA VOTAR UN BALON A RODAR POLO PASILLO DE DIRECCIÓN.
video

sábado, 13 de septiembre de 2008

MÁIS PUBLICIDADE

Un pouco de publicidade, que temos que ir ó baño

video

viernes, 12 de septiembre de 2008

O LIBRO AZUL.

Cando entramos no instituo, toda a nosa vida académica viña refrexada nun libriño azul, notas, enderezo, xuño, setembro,etc.

Era o libro que estrenamos ós catorce anos, e que todos esperabamos pechar ós dazaoito con unha boa nota no COU e na Selectividade.


Algúns tiveron a brillante idea de borrar as notas con tipex e poñerlle aprobados por riba, pero non colou.Foron pillados e castigados, foi unha anécdota divertida.Se agora os seus fillos, que os teñen, fixeran o mesmo, habería que escoitalos.


Ese libro azul tamén nos revela como cambiamos nun cuarto de século, (tamén cambiamos nun cuarto de baño), pero non pasamos tanto tempo, bueno...., algunha xente sí.

Esta rapaza é unha das nosas maiores colaboradoras e lectoras no blog,comparte as súas ideas con todos e sobre todo ten unhas ganas enormes de entrar en contacto con tódolos que fomos os seus e as súas compañeiras, hai tempo que non a vemos, pero esperemos que todo lle vaia moi ben.Ela leva a páxina web de Cabo da Cruz e vos animamos a visitala http://cabodecruz.org .
Tivo a grande idea de enviarnos a foto do libro azul ,con selo incluido, de aquel libro causante de alegrías e preocupacións, aquel libro que Mari Carmen a administrativa gardaba con tanto celo na vella secretaría, ese libro que toda a nosa xeración quería ter con todo escrito en tinta azul, como o ceo, como o mar,a verdade é que eu tamén estiven buscando a foto, pero non atopo o libro, seguramente está nalgunha caixa con todos os recordos que forman parte do inesquecible da vida.

Unha homenaxe para todos e todas os que tivemos e conservamos na nosa memoria O LIBRO AZUL.

Grazas por enviarnos o voso material.
video

jueves, 11 de septiembre de 2008

HAI QUE ENCHER O INSTITUTO DE MERDA-Manolo Dieste








HAI QUE ENCHER O INSTITUTO DE MERDA

ENTREI NUN COU CHAMADO B. OS ALUMNOS QUE IAN POR LETRAS ESTABAN AQUI.
OS PROFESORES ERAN: TERESA ENSINABA HISTORIA,MARICARMEN INGLES, LOLA LATIN,PILAR LITERATURA, XAN FILOSOFIA, O DE LENGUA, NON RECORDO O SEU NOME, JOSÉ RAMÓN, CREO QUE ERA, RODRIGO REI, HISTORIA DO ARTE. O UNICO DOCENTE DO INSTITUTO BOIRENSE DAQUELA QUINTA QUE AINDA IMPARTE AS SUAS ENSINANZAS NO IES DE PRAIA DE BARRAÑA.




ESTOS PROFESORES NOS ENSINARON COMO PREPARARNOS PARA A FACULTADE DA VIDA NO SEU PRIMEIRO CURSO, UN DOS MÁIS DIFICILES, POLAS DECISIÓNS QUE HAI QUE TOMAR.

O ALUMNADO ESTABA COMPOSTO POR: SUSO, LITO, ANGEL, TINO (RECUPERADO A METADE DE CURSO), CARLOS,AMPARO, VICKI, ISABEL, MARI CARMEN, MERCHI BALLESTEROS, GELI, MERCHI, ROSANA, LOURDES, MARICARMEN HERMIDA E QUEN ESCRIBE ESTAS VERBAS M. DIESTE
ESTOS TODOS FOMOS OS QUE FIXEMOS CHORAR Á DE INGLES, PORQUE NON LLE FOMOS A CLASE UN DIA, NON LEMBRO EXACTAMENTE O MOTIVO PERO ALGO TIÑA QUE VER CUN EXAME.
CLARO QUE, TERESA A DE GALEGO TIÑA MAIS TABLAS E CONSOLOUNA ENSEGUIDA. SI NO VIENEN A CLASE TIENES UNA HORA LIBRE. ¡NO TE PREOUCUPES MUJER.!

UN ENFADO MEU CA DA DE LITERATURA É OUTRA DAS ANÉCDOTAS QUE RECORDO: SAÍRAME UN EXAMEN DE PUTA MADRE, E DAME UN DOS SETENTA E CINCO. DECIDÍN MERECER MAIS NOTA E ME FIXEN AMIGO DA SEÑORA DA CAFETERIA DURANTE UN LARGO ESPACIO DE TEMPO.

O INSTITUTO NON ESTABA REMATADO. A CALEFACCIÓN NON FUNCIONABA, OS BAÑOS ESTABAN DAQUELA MANEIRA. ,NON HABIA SEÑORAS DA LIMPEZA, UN DESASTRE.
A PRIMEIRA FOLGA DA NOSAS VIDAS DONDE REALMENTE FOMOS PARTICIPES. DECIDESE QUE HAY ENCHER O INSTITUO DE MERDA, VALÍA TODO, ¡MEU DEUS O QUE TAL SE VEU NESAS AULAS!, INCLUSO HOUBO UN DE PRIMEIRO QUE FOI A MALLENTE E TROUXO UNHA GUEIVOTA MORTA. NON NOS ESCOITABAN NO CONCELLO HABIA QUE TOMAR MAIS MEDIDAS. DECIDIMOS CORTAR O TRAFICO DIANTE DO AXUNTAMENTO VELLO, ó LADO DO CAMPO DA MISIÓN.


ESTIVEMOS PASEANDO POLO PASO DE PEÓNS PRIMEIRO. OS MUNICIPAIS ESTABAN MOI ENFADADOS. DECIDIMOS SENTARNOS NA ESTRADA. OS MUNICIPAIS XA NON ERAN SO OS ENFADADOS SENÓN TAMBEN OS AUTOMOVILISTAS E CAMIONEROS.
RECORDO UN QUE FRENOU A CARÓN DE NOS, ¡VAIA SUSTO!.


O INSTITUTO Á SEMANA SEGUINTE ESTABA LIMPO E RELUCINTE AÍNDA ASI NON ESTABA REMATADO.



video

miércoles, 10 de septiembre de 2008

A MODERNIDADE




Esta foto foi enviada por unha persoa, tratase dun ex-alumno cos todos os ingredientes da monernidade da época:
¿Quen pode ser o individuo que vestía desa guisa?
-Walkman.
-Gafas pastilleras (Debe ser polos optalidóns para a resaca)
-Bote de Pepsi.
-Cazadora con hombreras.

Hai que ter valor para enviala, pero bueno, hai xente que non ten vergonza ningunha.

Vai un pouco de música; tamén moderna.


video

martes, 9 de septiembre de 2008

TARDE DE TOROS





Nunca me gustaron os toros, en realidade nunca me gustou ningún tipo de maltrato, sexa animal , ós seres humanos ou ó medio ambiente ( en realidade eu prefiro ambiente completo), cando na casa dos meus avós se facía a matanza, eu sufría tremendamente cos chillidos do porco, ou cando miña avoa enterraba vivos ás crías de gato, eu iba detrás a desenterralos.

Non entendo como se pagan miles de euros por ver ese show, cando o meu avó o facía gratis e con máis mala ostia.

Me poño de mala uva condo vexo deporte e os aficionados van vestidos de toreros ou sevillanas, fan que moita xente redunde no tópico e pense que aquí todo é siesta, toros, paella e castañuelas.

Tampouco me gusta a xente que fomenta este tópico, cando o Madrid gaña algo, me enfada moito que Raúl (el 7 de España), ,saia coa bandeira a facer pases, verónicas, largas cambiás e outras chorradas máis. (Tamén me enfada que o Madrid gañe sen máis, pero o dos pases de toreo levoo fatal, xa que entre os afeccionados a este clube hai moita xente antitaurina e cabal).

A bandeira co toro de Osborne me parece unha vil tontería, eu non teño nada en común con esa xente, a diversidade de Iberia, fai que entre os distintos povos, teñamos máis en común con uns que con outros, pero os toros, o fino e a castañuela non son o meu.

"Se o toreo é arte, o canibalismo é gastronomía", polo tanto as suertes, o coso, os claríns, os cambios de tercios, os "Ozú, qué arte, maestro", non son prato para mín.Por eso cando morre un torero, aínda que me da un montón de pena, me parece que é un accidente laboral máis, non se montan esos cristos polos mariñeiros, mineiros ou albaneis que morren tódolos días.

O goberno central, prohibiu a corrida do galo, a cabuxa do campanario, a solta de parrulos nos portos, a matanza tradicional do porco, pero non prohibiu os toros,naturalmente, estamos a falar de un montón de millóns que hai en xogo, ademáis da iconoloxía nacional, que se fomenta dende a meseta e o sur do país, "que é unha tradición, (coma as mentadas, ou a loita de gladiadores na antiga Roma), etc, etc".

Aquel día foi distinto, aparte da traxedia en sí, non me gustou o morbo que a televisión lle puxo a todo este asunto, (actualmente fan o mesmo), tratar a todo o círculo do finado coma se fosen heroes nacionais, o torero coa tonadillera,retransmitir a agonía en directo, etc; Pero o día que Avispado reivindicou que Él tamén tiña dereito a vivir, este país foi un funeral.

Máis adiante caeu outro do cartel maldito, o circo foi o mesmo, aínda que a fama non era igual, a seguridade na "festa" pasou a ser asunto nacional, pero segueu existindo.

Un bó día, cando eu estaba en 3º de BUP, o finado manifestouse, peso eso xa o contei.

"Cuanto más cerca estás, más emoción,
cuanta más sangre cae más ovación,
hoy el público pide diversión"
Mecano 1985 .

video

lunes, 8 de septiembre de 2008

GRAN GANGA-SOLUCIÓNS

AS SOLUCIÓNS SON::::::::

ARRIBA: Santos (conductor)- Carlos Muñiz- Mari Loli Garcia.

ABAIXO: Pily Vazquez-Amalia López-Merchi De La Fuente.



En breve, máis pasatempos.

domingo, 7 de septiembre de 2008

MÁXIMO,por Manolo Anca.

Recordo como algo non tan distante aquel mes de outubro de 1983. 21 profesores e uns 250 alumnos para inaugurar un instituto todavía sen rematar. Foi una experiencia inolvidable .

Coñecín a moitos compañeiros e alumnos, que sempre estarán no meu recordo, pero un deles quedou grabado na miña memoria por todo o que representou para min e polo seu tráxico destino: MÁXIMO.

Máximo era coma un neno grande tanto polo seu tamaño físico coma pola sua inocencia. Pronto fixemos boas migas polo amor ao deporte que ambos profesabamos. Era habitual mixturarnos cos alumnos para xogar ao baloncesto.

Recordo tamén como polas tardes ao rematar as clases xogábamos no ximnasio ou faciamos footing .

Máximo era a persona máis despistada do mundo. Un ano matriculouse para facer as oposición e esqueceuse de acudir o día do inicio das mesmas.

Podería contar moitas máis anécdotas como cando nos os dous fomos cos alumnos de excursión a Benidorm.Sei que todos, alumnos e profesores, adorabades a Máximo e que el tamén sentía o mesmo por vos.

Vaian estas líneas na memoria dunha persona inexquencible MÁXIMO VICENTE SUÁREZ

Manolo Anca
video