miércoles, 31 de diciembre de 2008

CARTA DE AJUSTE E FELIZ ANO NOVO.











Uns chistes para ir abrindo a porta do 2009

Una pareja de amantes está retozando en la cama cuando oyen entrar al marido. Saltan de la cama y ella le calma:
"No te preocupes, te voy a cubrir de talco y te estás completamente quieto para pasar por una estatua".
Rápidamente lo cubre, quedando él todo de blanco. Al momento, entra el marido en la habitación.
"¿Qué tal, cariño?"
"Pues, muy bien, mi amor".
"¿Y esta estatua?"
"Pues nada, vi el otro día una igual en casa de los Pérez, me gustó y la he comprado esta mañana".
Sin más comentarios se acuestan los dos.
A las tres de la madrugada, el marido se levanta, se va a la cocina, coge un vaso de leche y unas galletas y regresa a la habitación. Se acerca a la estatua y le dice al oído:
"Toma, machote, que yo me pasé así tres días en la casa de los Pérez y no me ofrecieron ni un vaso de agua".



Ella: .- ¿Qué harías si me muriese?
Él: .-Te guardaría luto.
Ella: .- ¿Durante mucho tiempo?
Él: .- ¡Muchísimo tiempo!
Ella: .- ¿Por qué?
Él: (serio).-Porque te quiero y tu pérdida sería dolorosa para mí.
Ella: (Con una sonrisa).- Que bonito. ¿Volverías a casarte?
Él: No
Ella: (Con expresión dolida).- ¿Por qué no? ¿No te gusta estar casado?
Él: .-Sí que me gusta.
Ella: .- ¿Entonces sí que te volverías a casar?
Él: (Carraspea).- Creo que después de haberte guardado luto durante el tiempo suficiente y si mi vida volviese a tener sentido, sí.
Ella: .- ¿También dormirías con ella en nuestra cama?
Él: .- Es de suponer, no?
Ella: .- ¿Reemplazarías mi foto por la de ella! en la mesilla de noche?
Él: .-Pondría las dos fotos.
Ella: .- ¿También tendrías sexo con ella? ¿En nuestra cama?
Él: (Bebiendo un sorbo de café).- Seguramente llegaríamos a eso. Sí.
Ella: .- ¿Jugarías también al golf con ella?
Él: .-Sí, lo haría.
Ella: .- ¿Le darías mis palos?
Él: .-No, es zurda.
Ella: .-¿Cómo ?
Él:.¡¡Mierda...!!

martes, 30 de diciembre de 2008

PARA O VINDEIRO ANO DESEXAMOSVOS.

DESEXOS PARA TODOS VÓS PARA O VINDEIRO ANO


  • Que as verdadeiras amistades continúen eternas e teñan sempre un lugar especial nos nosos corazóns.
  • Que as bagoas sexan poucas e compartidas.
  • Que as ledicias estean sempre presentes e sexan festexadas por todos.
  • Que o cariño este presente nun simple hola, ou en calquera outra frase...
  • Que os corazóns estean sempre abertos para novas amistades...
  • Que as cousas pequenas como a envexa, o odio... sexan observadas e paradas no momento do seu nacemento.
  • Que aquel que precise axuda atope sempre en nós a reconfortante verba amiga.
  • Que o perdón e a comprensión superen as amarguras e as desavenencias.
  • Que este, o noso pequeno mundo sexa cada vez mais humano.
  • Que todo o que SOÑAMOS, IMAXINAMOS E INTUIMOS se transformen en realidades.
  • Que o amor por os demais sexa a nosa meta absoluta.
  • Que a nosa larga xornada dos próximos 365 días este chea de cousas boas.
Agora pedide vós desexos, e utilizade os comentarios para facelo e incluso para darlle vida ó caderno este, que xa dicía eu que eu son moi seria, e que por iso sempre vou de negro como dicía Loquillo.
Disfrutade as poucas horas que lle quedan a este 2008, que logo xa ven outro, eu espero chegar ó 2069 que será un ano moi pero que moi erótico e iso sempre gusta, a que vós gusta que sexa un ano erótico, tamén o pode ser este que esta á portiña xa petando, abridelle.

lunes, 29 de diciembre de 2008

FÁLAME BAIXIÑO, Por Mary Hermo.

Outra das miñas poesías, non sei ata que punto vós poderá gustar, nin sei se últimamente estades todos a seguir este caderno de bítacoras. Gustaríame coñecer a vosa opinión deste poema.

Lembrade que estas poesías teñen copyright.


Fálame baixiño,

cóntame os teus soños,

amósame o teu camiño.

Fálame baixiño,

da alba,

da túa posta de sol,

fálame baixiño,

da mirada da túa ventana,

se son diamantes

os que miran.

Fálame baixiño,

ensíname onde o mar acaba,

onde comeza o teu camiño.

Fálame baixiño,

cántame cancións da terra.

Fálame baixiño,

nesa melosa lingua

que aínda lonxe,

alumea o meu camiño.

Fálame baixiño,

que xa durmo.

¡Grítame!

Non quero que a miña canoa

sexa levada de novo pola corrente.

Mary Hermo.




Jaimito corre a informarle a la madre:
"Mamá, mamá, yo vi a papá haciendo algo con la sirvienta".
"Sí, ¿y qué más?"
"Bueno, él la estaba besando y tocándola; luego fueron al despacho, la montó en el escritorio, le quitó la ropa interior y le metió el..."
"Bien, hijo, este domingo, en la cena familiar, se lo cuentas a todos para que lo sepan".
Llega el domingo por la noche, toda la familia está sentada dispuesta a cenar, y le dice la madre a Jaimito que lo cuente.
"Mi papá estaba besando a la sirvienta y tocándola; luego se la llevó al despacho, la montó encima del escritorio, le quitó la ropa interior y le metió el... el... Mami, ¿cómo se llama lo que tú le chupas al chofer?"

domingo, 28 de diciembre de 2008

QUE SEGA A INOCENCIA.

Espero e desexo que a inocencia nunca abandone este mundo, é algo importante que nos fai ser nenos de novo, non gastedes bromas pesadas ou de mal gusto, sede inocentes por un intre e sorride sempre.

Ein bisschen Frieden


Wie eine Blume am Winterbeginn
Und so wie ein Feuer im eisigen Wind
Wie eine Puppe, die keiner mehr mag
Fühl ich mich an manchem Tag

Dann seh ich die Wolken, die über uns sind
Und höre die Schreie der Vögel im Wind
Ich singe aus Angst vor dem Dunkel mein Lied
Und hoffe, dass nichts geschieht

Ein bisschen Frieden, ein bisschen Sonne
Für diese Erde, auf der wir wohnen
Ein bisschen Frieden, ein bisschen Freude
Ein bisschen Wärme, das wünsch ich mir

Ein bisschen Frieden, ein bisschen Träumen
Und dass die Menschen nicht so oft weinen
Ein bisschen Frieden, ein bisschen Liebe
Dass ich die Hoffnung nie mehr verlier

Ich weiß, meine Lieder, die ändern nicht viel
Ich bin nur ein Mädchen, das sagt, was es fühlt
Allein bin ich hilflos, ein Vogel im Wind
Der spürt, dass der Sturm beginnt

Ein bisschen Frieden, ein bisschen Sonne
Für diese Erde, auf der wir wohnen
Ein bisschen Frieden, ein bisschen Freude
Ein bisschen Wärme, das wünsch ich mir

Ein bisschen Frieden, ein bisschen Träumen
Und dass die Menschen nicht so oft weinen
Ein bisschen Frieden, ein bisschen Liebe
Dass ich die Hoffnung nie mehr verlier

Sing mit mir ein kleines Lied
dass die Welt im Frieden lebt
Singt mit mir ein kleines Lied
dass die Welt im Frieden lebt

video
Esto non é unha inocentada, simplemente é unha canción. Tratade de adiviñar de quen se trata e de paso traducide a letra, podería poñela en inglés, pero así a diversión é moito maior. Se queredes unha pista pedidea nos comentarios pero dende logo na misa sempre se da a man que é simbolo de... nun momento da liturxia. Esqueciame dicir que foi a Eurovisión antes de que entrasemos no instituto de Boiro.
Veña que hai premio na loteria de reises.

sábado, 27 de diciembre de 2008

CRONICAS DO CAMIÑO - 13.OS SEÑORES DO CASTELO - EPISODIO XIII- BRIGADA DE INTENDENCIA - LUIS FERREIRÓS.


Episodio XIII- Brigada de intendencia.

Semellaba que esta vez íamos acarrexar os bañeiróns en serio, así que despóis do quencemento, dispuxemonos a repartir a carne nas bañeiras a modo de quiñóns, naturalmente a mín tocoume o máis pequeño, o que fixo que o meu optimismo medrase por momentos, nos estaba entre os meus desexos demostrar as miñas forzas en tan ingrata tarefa e tras comprobar o peso do recipente en cuestión, comprobei que o peso podía ser acarrexado.


Así que collín a miña bañeira vermella, rebosante de viandas, e cunha man en cada asa , achegueina ó meu corpo co fin de proucrar en el un punto de apoio que permitese atopar un mellor equilibrio e , desa forma, facer que o avance resultase máis livián e menos cansino, e por momentos parcía que o truco resultaba, pero as miñas esperanzas esvaecéronse en apenas cen metros cando poiden contemplar que os meus compañeiros de aventura avanzaban varios pés por diante de mín.
Os homes saían máis tarde, posto que quedaban discutindo as partillas, e se a lóxica resultaba chegar a bo porto, seríamos alcanzados e incluso adiantados por eles en pleno descenso, pero polo momento, tan só sos catro avanzabamos costa abaixo coa bañeira enriba, e no meu caso, pringado de sangue, suor e non bágoas porque a sensación de vergonza facía que estas foran reprimidas, que non por gañas de botar a chorar coma unha madanela.
Pronto atopei que a miña posición era bastante rezagada con respecto á referencia dos outros rapaces, certo é que eu era o máis novo, por pouco pero o máis novo, tamán o máis miudo, este punto por bastante diferencia,tanto coma en estatura coma en peso ou masa corporal.

De feito sempre fun un neno pequeño, cando era noviño ía á casa da miña abuela Pilar a medirme nas alacenas da cociña,coa esperanza almacenada, entre arrecendo a caldo e carozos da cociña de ferro, de que algún día poidera chegar a tocar aqueles mobles co peu pelo, por aquela peiteado ó pincho co fin da disimular a miña pequena estatura, non foi ata o verán de terceiro a Cou cando peguei o estirón, lembro ter falado con Dani que eu conformaríame con chegar a un metro sesenta e cinco, e agora penso que menos mal que ningún ser superior tomou a miña palabra, póis tería claro que non estaría conforma con esa talla.

Naquel punto pousei, con toda a delicadeza que o meu cansanzo permitía, o bañeirón no satinado chan da calzada, e tras tirar do alento durante un par de minutos, empecei a tirar da bañeira sen levantala do chan. As lousas da calzada facían que o barreño fora deslizandonse por ellas, ata chegar á seguinte lousa, onde tiña que pegar un tirón un tanto máis violento par poder superala, pero deste xeito comprobei, que a dor, ó igual que moitas outras cousas na vida, tamén é cíclica, e o que antes era unha dor de brazos fora do común, pasou unhas ducias de metros máis adiante a ser unha dor de lombo desesperante.
-“Esperade!!!”- Gritei, pero, nada,..... estaban demasiado adiante, era moita a vantaxe que sacaban e creo que non oiron ben a miña chamada.

-“Esperade”, ……nada,…..” son para un cesto”, ou non oían ou non querían oir, a verdade era que eu desde o meu punto de vista creía que eles debían axudarme, eu era o pequeño, o miudo, o que tiña pouca forza , pero o normal sería que eles, a pesar da súa velocidade tamén estiveran pasando un mal momento.

Polo tanto decidín esperar alí, sentando o meu pequeño cú sobre outra rocha, ata que os fornidos homes da aldea fixeran a súa aparición, non debían estar moi lonxe de min, e seguro que algún deles tería brazo suficiente como para prestar una pequeña axuda a un pobre rapaz,..metín no bañeirón coas miñas mans sanguinolentas catro talladas de carne crúa que saíran par fora a base de empurróns deseperados, non teño nen idea da parte do corpo da vaca á cal correspondía cada pedazo, pero facendo un exercicio de imaxinación podía velas cociñadas pola miña nai na vella asadora, e metidas nunha barra pequeña de Pan do forno da Ferrería.

Por un momento volvín á nenez lembrando aqueles momentos nos que sentaba sobre o colo do meu pai á cea e el compartía a súa costeleta de pucho, asada e sabiamente aderezada con limón, ese sabor que, aínda agora de vello, faime evocar os meus prontos anos, as noites felices diante do televisor en branco e e negro vendo informe semanal despóis do baño, meténdolle o dente a un xugoso bistec,e que naqueles intres, acuciado polo cansanzo, fame e impotencia desexaba volver a vivir.
Pero a realidade era diferente, e alí estaba eu, sentado nunha pena, emporcado, suoroso e esperando una axuda para ser quen de facer un traballo, que coma una praga bíblica, caera do ceo sen ser pedido.
Esperei durante uns cinco minutos largos,….pero non chegaba ninguén, así que retomei a tarefa, xa coas forzas recargadas e conseguín facer que o meu avance fose tomando corpo ata que relativamente pronto albisquei o remate da calzada que aparecía difuminado no medio do verde dos toxos e fieitos.
Volvín a reclamar a axuda dos meus compañeiros, esta vez exitosamente, acudiron á miña chamada coma á dun canciño que chama pola nai, botaron as mans á bañeira e levantárona no aire coma se fose una pluma, …avazaron ata Mosquete sorteando pedras, paus e xestas mentras eu ía ó seu rabo, e coma quen non quere a cousa fixemos a penúltima parada, á espera dos maiores no lavadoiro de Mosquete.



Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"

Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII

viernes, 26 de diciembre de 2008

¿HAICHE ALGO NO QUE NOS ESTAMOS A EQUIVOCAR? por xentileza de Rodrigo Rey.

- Un home de negocios norteamericano estaba no embarcadoiro dunha aldeiña costeira de México cando chegou unha gamela cun so mariñeiro e uns repoludos atúns.

-O iankee felicitou ao mexicano por a calidade do peixe e preguntoulle canto tempo lle levara pescalo.

- O mexicano respondeulle: Oh! So un ratiño.

- Entón o americano preguntoulle por que non quedara máis tempo para coller máis peixes.

-O mexicano dixo que xa tiña dabondo para as necesidades da súa familia.

- O norteamericano volveulle preguntar:

- ¿E que fai vostede, entón, co resto do seu tempo?

- O mexicano contestou: - Durmo ata tarde, pesco un pouco, xogo cos meus fillos, durmo a siesta coa miña muller, vou cada tarde á taberna a tomar unhas copas e a tocar a guitarra cos meus amigos.

- Teño unha vida chea e ocupada, señor.

- O iankee dixo con retranca:

- Son graduado de Harvard e poderíalle botar unha man. Debería dedicar máis tempo á pesca e coas ganancias compraría unha gamela máis grande. Cos beneficios que lle reportaría unha barca máis grande, podería comprar máis gamelas. Co tempo poderíase facer cunha frota pesqueira. En vez de vender a súa captura a un intermediario poderíalla vender ao maiorista; ainda podería ter a súa propria fábrica de conservas.
Controlaría o producto, o proceso industrial e a comercialización. Tería que marchar da aldea e ir vivir a Ciudad de México, despois a Los Ángeles e, finalmente a Nova Iorque, onde dirixiría a súa propria empresa en expansión.


- Pero señor, ¿canto tempo tardaría todo iso?

- De quince a vinte anos.

- E logo ¿que?

- O norteamericano largou unha gargallada e dixo que esa era a mellor parte:

- Cando chegue o momento oportuno, pode vender a empresa en bolsa e facerse
moi rico. Gañaría millóns.

- ¿Millóns, señor? E logo ¿que?

- Logo poderíase retirar. Ir a unha pequena aldea de pescadores onde podería durmir ata tarde, pescar un pouco, xogar cos seus netos, deitarse a siesta coa súa muller e ir de paseo polo pobo, por as tardes a tomar unhas copas e tocar a guitarra cos seus amigos.


MERECE A PENA LELO CON ATENCIÓN PORQUE PARÉCEME QUE HAI ALGO NO QUE NOS ESTAMOS A EQUIVOCAR OU EQUIVOCÁMONOS HAI TEMPO.

video

jueves, 25 de diciembre de 2008

MAMA TEÑO RESACA, por Mary Hermo.

Hoxe toca descanso dominical no medio da semana, como dicia Mecano nun dos seus albúms, que eu estou de resaca:

- "Mary Carmen ¿onde che van os zapatos? e ¿o gorro?"
- "xa sei mama que perdín os zapatos e o gorro"

- "xa sei oh!, pero que vai ser da movida e da festa se non estou eu"
- "anda mama que me doe a cabeza."

E hoxe ós compañeiros que escriben artigos están prácticando a receita esa que vós dei para facer bebes, esa de fai unhas semanas para facer... bueno lede a receita e practicade tamén un pouco.

Por certo, a que esperades para escribir algún dos vosos recordos, que non sexamos uns poucos os que escribimos neste caderno de bítacoras, esta que é a casa de todos vós, e tampouco sexades catro os que comentades. VEÑA OH!!! NON ABANDONEDES O BARCO A VENUS.

Tanta saída de movida pesa, son moi nova para dicir isto, e xa creo que son os kilopondios os que masan, vedes xa non sei nin o que digo.

Así que hoxe toca surfear polo vídeos daquela, meu deus donde vai o beta e o vhs
- "seguro que tamén os perdín"
Vedes xa se me vai a cabeza, non os perdín quedaron naquela época, ou non?, menos mal que hoxe temos dvd pero con esto de youtube xa vai acabar por quedar obsoleto.

Eu vou surfear pola camiña, que este corpo pide a gritos: ¡¡DEITATE!!

FELIZ NADAL A TODOS, TANTO SE O DISFRUTADES EN FAMILIA COMA LONXE DELA, ESPERO QUE ESTEADES Ó LADO DOS QUE QUEREDES O DOS QUE VÓS QUEREN, E QUE NA VIDA TEÑADES MOMENTOS PARA A RISA, E SEN MAIS PREOCUPACIÓNS QUE A CHEGADA DUN NOVO DÍA.

Adiviñade de quen se trata, cal era esta canción que tiña tanto pica pica, jajaja, non hai pistas a sufrir que toca.
video
Premio para o que acerte:
"Unha noite de movida comigo"

miércoles, 24 de diciembre de 2008

martes, 23 de diciembre de 2008

CRONICAS DO CAMIÑO- 12.OS SEÑORES DO CASTELO- EPISODIO XII- A LEXION DAS TALLADAS-por Luis Ferreirós.


Episodio XII- A LEXION DAS TALLADAS.

A sentencia do homiño deixaba explicada de forma clara e diáfana o que había que facer con toda aquela morea de carne, "P'a abaixo", e a nosa intuición adolescente, afeita a ter obedecido moitas veces órdenes que non entendiamos e que non tiñan explicación previa ou simplemente o pertinente “porque sí” ,dicíanos que no idioma daquel señor as súas palabras significaban,"Temos que levar os bañeiróns cheos de moreas de carne e que pesan un collón e parte do outro ata Mosquete sen máis axuda que as das nosas mans, o nosos lombos e as nosas pernas” ,¡eu que tiña pensado pasar un agradable, plácido e descansado sábado ! ,…Sen desmontar ou montar mobles, sen acarrexar ladrillo ou carretillas de masa, varrer, limpar o pó ou calquera das outrras tarefas nas que adoitaba ocupar os días libres.

¡Menos mal que chegaran reforzos!!! Os catro homes que viñeran axudar ,cada un deles máis curioso, estaban sentados nunha pedra,, compartindo pitillos e departindo amigablemente co dono da vaca, matizando pequenos detalles que estaban por pulir, a modo de fase previa e anterior ó carrexo en sí propiamente dito.

Un deles reía a mandíbula batiente, entre chupada e chupada ó Ducados Internacional que tiña na boca, o seu pelo loiro brilaba cos raios do sol, que aquela hora da tarde impoñía a súa ditadura, sobre todo na costa arriba; Tería preto dos corenta anos e unha pequena barba de cor rubio, que facían que a súa apariencia fose máis típica dun habitante do fiordo de Bergen que a dun barbanzón, era dunha estatura superior a que podería ser considerada a media galega, por suposto.

O máis baixiño tería unha estatura un pouco menor a do máis alto de Nós, morocho, con rostro carcavado, sen pescozo e un peito que chegaba ata As Escobias, o que no argot poderíamos chamar Home-Nécora, con céfalotórax e dúas impresionantes extremidades, anchas e musculadas , que asomaban polos lados do lugar no que calquera persoa tería o mentado pescozo,..mans castigadas, cheas de calos, e uñas cheas de merda,...mirounos en fite e dirixíndose ó grupo de forma titubeante e tímida preguntou:

-“Vos de onde sodes??”

- “De Boiro,” respondín eu de forma breve, tentando non dar lugar a una elucubración posterior, quería acabar con aquel inferno de forma rápida e , na maior medida do posible , indolora, e non andar a enredar con paroladas que non servirían de nada,... pero non, non estaban pola laboura,e outro redundou no tópico facendo outra pregunta:

-“¿ E de quen vindes sendo?” replicou o "tercer hombre",educado, limpo e con un sorriso que amosaba un desas paradoxas que teñen as persoas, un dente de ouro entre o espazo baleiro para tres ou catro dentes, xa caídos,e que centelleaba reflectindo o seu fulgor contra os profundos ollos azuis que posuía.

Eso xa foi o "acabose", posto que deste modo , vímonos na obriga moral de explicar con pelos e sinais a nosa procedencia, a etimoloxía dos nosos apelidos e cada unha das ramas do noso árbol xenealóxico, para descubrir que finalmente, como adoita ocurrir nestes casos, algún de nós viña sendo medio primo de algún deles, ou cuñado de un que casara cunha prima segunda da neta da sogra de outro.

E así continuamos de parola, contáronnos " vida e milagres" da finada da vaca, e de cada un dos que alí estaba e a súa familia, mentras nós tentabamos repor forzas cos certeiras chantadas nos bocadillos, coa finalidade de poder afrontar con garantías a dura tarefa que agardaba,... o tempo ía pasando na montaña e eu empezabame a por nevioso, non era o meu desexo que chegara a noite coa tarefa por facer, aínda arriba, certo é que os días eran bastante largos, pero a verdade era que nestes casos a precaución foi sempre unha das miñas prioridades, e tratándose dunha das primeiras veces que andabamos embarcados neste tipo de aventura con coñecemento paterno ou materno, o que a prudencia ditaba era non plantar un desafío ante as autoriadades en forma de arrivada ó noso destino fora de tempo (chegando á deshora), xa que a batalla por chegar coa roupa limpa estaba perdida, alomenos pola miña parte.
O cuarto dos homes, parecía ter un rostro máis agradable que os demáis, era ben parecido, as súas roupas parecían moverse cos tempos, levaba uns pantalóns vaqueiros, aínda que de mercadillo, e unha camiseta de Cola Cao e o seu calzado consistía nun par de zapatillas rusas,observaba mentres os demáis falaban e parecía estar impaciente por aportar a súa axuda como técnico axudante de carrexo de pezas de desguace de gando bovino. Sen facer ningún xesto nen aspaventos, alzou a súa voz, non sen esforzo previo, posto que soaba chillona, metalizada, voz de célula, coma se non correspondese ó seu ben construido, ó patrón grecoromano, corpo:

"-Bueno…, é para hoxe ou qué???"

Facendo unha análise das seis palabras unha por unha, vemos que o seu aporte semántico resulta bastante limitado, pero unha vez contextualizada a frase enteira e ante a mirada de aprobación do señor da res, erguemos os cús das pedras e comenzamos a estirar os corpos a modo de quecemento para a ardua tarefa que, esta vez sí, agardaba por nós coma o cegho pola vista…..Baixar a carne a Mosquete.






Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"

Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI

lunes, 22 de diciembre de 2008

¿CAL É O SENTIDO DA VIDA? Por Mary Hermo.

Pode que moitos pensen que ter máis cartos, o poder, unha boa casa, un mellor coche, accións nisto ou naquilo outro, atopar parella, vivir de presa e sen tempo para nada, etc. dálle sentido ás súas vidas.


Outros cren atopalo na búsqueda da aprobación dos demais.


Pero ó final sempre queda a mesma sensación de desesperanza e bacío.


O máis interesante é que o sentido da túa vida atopalo por primeira vez cando sofres unha fortísima emoción ou cando esta en perigo a túa vida. É neses momentos cando todo esta claro, coma se despois dunha día de niebla levantara e aparecera o sol brillando, ante os teus sorprendidos ollos.


¿Fixeches algunha vez o experimento de verte no teu propio enterro? ¿De imaxinar o recordo que deixaras na túa familia e nos teus amigos?


Se non o fixeches... imaxínate por un intre, que hai unha tumba, que estás nun enterro... e que abres a tapa para ver a persoa que esta dentro... e para a túa sorpresa... ¡Es ti mesmo!

¡É o teu propio enterro!


¿Por que desexas que te recorden as persoas que están no teu enterro? Pénsao por uns intres.


A min resultoume curioso, pois eu cando o fixen pensei no amor, en detalles da vida aparentemente “tontos”; pensei na miña sobriña, nos fermosos momentos que tiven coas miñas parellas, nos momentos en que axudei a alguén; non pensei en ningún momento nos cartos, nin na casa, nin en nada de valor económico.


Supoño que é por que eu disfruto das pequenas “cousas” da vida, como pasear nun atardecer con choiva, lembrar os meus paseos polo monte, escoitando o canto dos paxaros e dos grillos, do arrecendo da herba mollada; disfruto aínda cando as rúas están pacificas e tranquilas antes de que apareza o axetreo diario; disfruto da lúa na noite estrelada na rúa case sen xente; disfruto da boa compañía dun amigo, énchome do seu sorriso e do brillo da súa mirada, de ter o meu lado a miña sobriña e collela no regazo e dar un paseo con ela e das “cousas” que me di e ás veces me deixan apampada, da miña familia aínda que ás veces non esteamos de acordo.


É como se volvese a ser unha cativa de 5 ou 6 anos e agora entendo o significado tan importante da infancia, desa etapa na que non nos preocupa nin o máis mínimo a situación económica do país ou a herdanza, esa etapa na que se é natural e sen artificios.

Esa etapa na que a terquedade á hora de conseguir o que se quer fai que aparezan as pataletas e na que os maiores din frases coma: “xa non te vou querer”, “mira que malo es”, “pareces unha nena”, “se te portas ben mércote isto”; pregúntome cantos de nós quedamos con esas manipulacións que exerciamos de cativos.


Os cativos non entenden de rancores, poden pelexarse pero no mesmo intre xa están coma se nada pasase, non finxen; teñen a capacidade para xogar e facer “cousas” e ser felices con pouca “cousa”.


Penso que toda a miña loita interior esta enfocada a volver a ser unha cativa, de volver a ter esa alegría, esa espontaneidade, de aprender a perdoar e esquecer no mesmo instante.

Entendedes aquela frase de Picasso “A los diez años pintaba como uno de los grandes del Renacimiento... pero tardé otros cincuenta para volver a pintar como un niño.”, creo lembrar que era del, eu si que a entendin.


Para min o sentido da vida é vivir o presente, disfrutando de todo, facendo caso dos impulsos do meu corazón, facendo o que me fai sentir feliz en cada momento, da compaña dun amigo, dunha charla, de todas esas pequenas “cousas” que ten esta vida.


Dende que enfermei tiven moitos problemas pero houbo uns momentos nos que estiven a piques de morrer, nos que a morte veu a visitarme e nos que lle pedín máis tempo e dende aquela aprendín moito, tanto que estou máis disposta para amar e ser feliz sen máis artificios que a sinceridade dunha cativa de 5 ou 6 anos.


Por casualidade pásavos a vós o mesmo, ou outra cousa, contade a vosa experiencia que de seguro que será interesante.


Aquí vos espero nesta que é a casa de todos.


Unha forte aperta.

Mary Hermo.

domingo, 21 de diciembre de 2008

FELICES FESTAS DE NADAL PARA TODOS.

Xa estamos nestas datas que ás veces frías pola falla dalguén, e ás veces cheas de ledicias polo reencontro con outros os que queremos.

Estas datas que de seguro a uns lles gustarán máis e a outros menos. Pero amigos meus son datas que co tempo se fixeron máis consumistas do normal, eu tan só vos digo que as disfrutedes con todos os que vos queren e que vós queredes, sen pensar en nada máis, nen en comilonas, pensade que é un momento de reecontro e dade gracias por estar ó lado de todos os que vos rodean, e fíxadevos nos pequenos detalles, no sorriso dun cativo, nesa pranta que segue a pesar das inclementcias do tempo, pero non vos esquezades de desfrutar de todo.

¡¡¡¡FELIZ NADAL!!!

SORTE NA LOTERIA, e se non vos toca pensade que tedes a mellor loteria que é ter un teito, unha comida, un amigo, e a familia.


Un vídeo para que cantedes un pouco, que este seguro que todos sabedes quen é.
video

sábado, 20 de diciembre de 2008

CRONICAS DO CAMIÑO- 11.OS SEÑORES DO CASTELO- EPISODIO XI- O SACRIFICIO..-por Luis Ferreirós



Capítulo XI- O SACRIFICIO

¡ Hai que matala!, ¡ con que facilidade decía esas cousas! eu, pacifista, antitaurino, amante dos animais, dos que ía detrás da miña abuela Pilar cada vez que quería enterrar as crías dos ghatos que tiña na horta, para poder desenterralos e devolvelos desa forma á vida; non hai dúbeda, o destino ás veces ten estas incongruencias e agora veríame obrigado a colaborar no sacrificio da res.

¿E unha vez morta?- naturalmente meter os pedazos nos bañeiróns e carrexalos, coma se foran vellos que van votar, a Mosquete. Meu Deus!, menudo día de vacacións que agardaba, manchar as miñas inocentes mans coa sangre da vaca, da mesma vaca á que eu intentaba axudar, ...menuda axuda!, e despois exercer de burra de carga para levar as talladas ata a aldea....pois non quedaba máis remedio.

Así que deixamos o asunto en mans expertas, e o noso amigo, outrora aprendiz de carniceiro ía facer alarde da súa maestría co coitelo coma improvisado matarife profesional.

O home mirou para el e díxolle:

"-Tí, traballaches con Palliñas, ¿non? , ¿por onde empezamos?

Pregunta á que o maior de todos nós non respondeu,coma o Magno Alejandro ante o nó gordiano, simplemente actuou, farto daquela aventura, colleu o coitelo e sen pestanexar cun pulso firme e seguro, querendo rematar aquelo dunha vez por todas, man dereita na arma branca , man esquerda na cabeza da vaca, polos cornos, claro,cun certero corte no pescozo, sesgou a vida do animal, fuxeu dun álito a pouca forza que o bicho preservaba, metras a vaca bruaba, a vida fuxía no medio dun son que podería ser con tranquilidade escoitado ata en Runs, un son que fixo que o meu corazón comenzase a later con moita máis velocidade do normal, e que amiña mente comenzase a pensar na vida que eu estaba arrebatando....., da complicidade das miñas acción, do meu silencio,da pasividade ante o crime.

Eu era un neno da vila, aínda que a miña familia era da aldea, pero non vivira a parte cruda da labranza e da gandeiría, o meu era a parte bucólica, lírica, o beatus ille,… agora non, agora veíame encarando a cruda realidade do carnívoro depredador que fai presa ó herbívoro para alimentarse.
A vía pola que eu imaxinaba que 20 séculos antes (daquela pensba que era una calzada romana, non un camino de carreteiros)estarían cubertas de lexionarios camiñando en busca dos barbanzóns, agora atopábanse tinxidas de sangue que caía a caldeiros dende a gorxa do animal, as nosas mans completamente emporcadas polo fluido que regala a vida e tamén nega a mesma coa súa ausencia, coma un manípulo de cobardes fuxindo da súa cohorte, calada abaixo, nun suspiro, nun laio, desta maneira, así a vida do animal….fuxiu.

Os máis versados na arte da matanza cortaban a carne en anacos de forma que os mesmos foran perfectamente transportables,o señor lucía o seu pantalón con rego estilo fontaneiro e o noso amigo dirixía a labor do desguaze,....mentras o resto, man de obra non especializada máis non por eso prescindible, apañábamos a mancheas as tripas, o leveán, o inservible, facendo una morea no medio dos toxos , onde innumerables moscas de todos os tamaños e cores dábanse cita para o estupendo festín que para elas estaba a ser preparado.

É de supor que pola noite, os cans, os lobos, farían tamén a súa celebración cos restos que tan amablemente foran deixados por OS Señores do Castelo, para que eles tamén tiveran festa, para que o ciclo da vida poidera continuar, as entrañas volven á terra, que alimenta ás entrañas.

A medida de iamos metendo a carne nos bañeiróns,escoitabamos un tusir acompañado dunhas voces que viñeron seguidas de catro homiños colgados de cadanseu Ducados, subían a costa aspirando os velenosos efluvios do tabaco ó tempo que camiñaban, multiplicando desta maneira a toxicidade do vicio, pero eles mantíñanse indiferentes ás recomendacións pro-saúde, fumando e camiñando…¡xente brava da aldea!

Viñan de Mosquete, foran avisados fai un tempo polo dono da res, e aparecían co fin de prestar a súa axuda no carrexo das viandas, que acumulándose nos barreños debuxaba pías con diferentes formas, envexa de calquer artista surrealista, mentras nós continuábamos emporcándonos de arriba a abaixo coa sangue do bicho en cuestión e os artistas do cóitelo, con gran maestría, que non arte, despedazaban ós últimos anacos do animal.

Non era o momento de pensar na roupa,, xa estaba perdida,…dábame moita pena a camiseta nova, pero a pantalón xa era vello, e os tenis podíanse salvar, imaxinaba á miña nai xurando en Arameo, facendo lanzamento de zapatilla, sen querer atender ás miñas explicacións, ..algún castigo caería seguro,¿podería ir o homiño onda ela a explicarle o asunto? Non sabía, apetecíame preguntarle, pero finalmente non fun quen, estaba o home moi absorto na laboura frenética que agora ocupaba todo o seu pensar.

E entre pensamento e xuramento, a vaca quedou nos ósos, con talladas de carne pegadas, que xa os cans pola noite despegarían, parecía saída dunha película de medo, sangue, ósos, carne, cóitelos, morte, lobos….

O home parou,..sentouse,..bebeu auga da cantimplora de Fran e coas mans vermellas botou outro Celtas á boca e cuspiu:

“-Xa está lista,…. aghora, p’abaixo



Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"


Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X

viernes, 19 de diciembre de 2008

XA CHEGOU A NOITE, por Mary Hermo.

Aquí vai outro deses poemas, ese libro que estou tratando de sacar adiante non é doado, é complicado deixar que leades estes versos que tan só son sentimentos desta bohemia que na súa timidez e no máis adentro agocha versos a un vento que azota nese lugar recóndito do máis adentro, son sinxelos e modestos, tan só vos pido a vosa opinión ó respecto, non debería poñer moitos máis pois senón xa non serán inéditos, espero que o saibades entender.


Disfrutade destes instantes poéticos.


Ah! Teñen copyright dese da propiedade esa intelectual que eu non sabía que tiña pero que a Sgae me dixo que era un euro e medio por cada un, así xa saco para a resaca do seguinte fin de semana, e xa sabedes o ingreso faise directamente na seguinte conta: 0000-00-00-000000000-00, jajajaja.


Xa chegou a noite,

xa estás durmido,

síntote, si, sinto,

o teu latido,

a túa respiración,

esa dozura do teu corazón

que fai que eu viva.

Cantos sentimentos

se me achegan,

a escondidas

e que en min se quedan

cando estas durmido,

ámote tanto,

que non sei que daría

por un amor

algo máis pausado e tranquilo,

É a túa mirada,

o teu sorriso,

non o sei,

pero estas aló,

aló dentro

na miña alma,

e agora a escuras,

dígote

o que non te diría de día.

Mary Hermo.

jueves, 18 de diciembre de 2008

MESTRES QUE NON ERAN TALES, por Ramón Laíño




Foi unha pena que non se pudese levar a cabo a reforma educativa republicana, método daquela xa moderno e adaptado ao entorno cultural da poboaçión, coa fin de romper coa estrutura escurantista que imperaba na soçiedade da época.





Logho do trunfo represor, a maioría da poboaçión seghuía sen poder acçeder á educaçión. A escolaridade desta frustrante época consistía en formar individuos sumisos e temerosos. 

Alén deso, moitos nenos e nenas, perdían numerosas clases porque tiñan que levar os animais ao monte, axudar nas terras, e na casa. Tamén abandonaban cedo a escola para pórse a traballar coma un adulto.


Un refrexo dese atraso, era a e triste e famosa frase de “a letra con sancre entra” que por ser obrighatoria, impregnouse na mente da maioría da nosa xente.




Ese aberrante esquema cultural e educativo cheghou hastra a nosa propia infançia. Como relata Saborido e o resto de compañeiros, eran típicos os castighos corporais e mentais. 

Para eso tiñan distintos medios: o uso da vara, ou calquera instrumento de xeometría, e de ser o caso valíalle a mesma man. Soportar de pé ou de xeonllos o peso dos libros nas mans cos braços abertos, meterche no cuarto escuro, reprimirche o teu idioma materno, quedar sen ir xantar á casa, ou tamén quedar pola tarde, etc...


Está visto que sen cheghar hastra os usurpadores dirixintes daquela época, os servidores do enghranaxe educativo, neste caso boa parte dos “mestres”, non viñan sendo máis que servidores da represión e do escurantismo. Moitos deles sen formaçión clara, e outros con formaçión refinada, pero en ámbolos casos sen humanidade e sen raíçes nosas, estaban desapeghados do propio pobo.



Eso mesmo era aplicable a outras poderes estamentais como a xustiça, os institutos armados, a sanidade, a aboghaçía, etç...



Desto extráese que calquera que non tivera escrúpulos e poseera cualidades de totalitarismo e crueldade (prototipos de matón, ou coma no conto de Heidi, de señorita Rottenmaier), podía exerçer como mestre-a do sistema imperante.






O máis curioso era o uso dos formalismos que eles mesmos se adxudicaban como don ou doña, pensando que con eso estaban por riba do resto dos mortais. Sen embargho, en moitos casos eran indignos de tales atributos. Hoxe en día, como sempre debía de ter sido, eses tratamentos son anacrónicos, bastando só co respecto deica a persoa.

Lémbrome de cando estuven na escola unitaria mixta de Mieites, desde que empeçín en párvulos con sete anos, ata rematar cuarto de EXB, que foi cando se pechou esa escola. Dahí, trasladáronnos ao que hoxe en día é o colexio Praia Xardín, anteriormente designado co nome do conoçido xeneral.

Pois ben, como en todas partes, tiñamos un prototipo de profesora arquetipo do réxime estableçido, na escola de Mieites. Tamén, por lóxica, o tratamento era de "doña". Aplicaba a técnica disuasoria da leña cando viñera ao caso, ou do castigho reclusorio no cuarto escuro. Non atendía a explicaçións á hora de soscar.

No caso de que neçesitase unha vara nova, pedíalle aos alumnos haber quen lla podía traer. Por min podía estar esperando sen ela hastra o día de hoxe. Sempre había alghuén que lla procuraba e tamén a ten estrenado el/ela mesmo-a.

A paradoxa máis dolorosa era a connivençia dos pais á hora de apoiar o maltrato dos alumnos na escola: “Se che peghou porque as mereçías” ¡Hala. Asunto arranchado!

¡Que mentalidade, válghame Deus!. ¿Desde cándo para asistir a unha escola a aprender, hai que ir reprimido e con medo?.

Por se esto fora pouco, existían pais con mentalidades serviles e trepas da época que lle suministraban de ves en cando alghúns víveres: patacas, carne, etc.. ¿Ou sería para fortaleçer á mestra e poder arrearlle con máis enerxía tanto á maioría da clase, coma aos fillos dos que entreghaban os víveres? Aos seus preferidos, non lle peghaban, non. Eses nenos e nenas, xa se adaptaban ao seu xeito. Era moi selecta.

Pechada a escola, trasladámonos coa mestra da unitaria ao colexio de Boiro. Boa parte do profesorado deste colexio tiña outro talante. 


Esta mestra creo recordar que me cadrou aínda en quinto de EXB. Un día, na clase había un rapás de Cabo de Crus, moi colorado de cara e, totalmente irreverente. Vai ela, chamou ao director, un señor de barba, e queixóuselle do alumno na propia aula. Entón o director mandou pór ao chaval de pé, xunto ao pupitre e arreoulle forte coa man aberta na cara. ¿Non sería mellor que antes de cheghar a eso, se lle era totalmente indóçil, buscaran outro medio? Ou senón, en último caso, o que "correspondera", pero non, malos tratos físicos, nin psíquicos que deghradan á persoa.

Había alghún que outro profesor, tamén co dichoso trato de don, que impartía matemáticas en oitavo. Acostumaba entrar á clase e arrimábase ás aghachadas ao marco da porta, preghuntándonos: ¿Quereis sopa? ¿Cuando las barbas del vecino veais afeitar, poned las vuestras a remojar? Ten repartido sopa sen elixila no menú. ¡Que lediçia!

Sóubose que alghún rebelde con causa do Cabo da Crus, encheulle de merda o seu coche. E inda non sei se houbo algho máis. 



Doutra ves viñera un profesor loiro e alto, en prácticas a sexto de EXB. Paréçeme que era de Vigho. Lémbrome dun alumno veçiño meu que pasou falando, ou berrando en alto polo pasillo, xa non me lembro. O que si sei é que o mestre escoitouno. Chamouno xunta del e doulle coa man aberta na cara que resoou en toda a clase. Sorte que logho se foi, senón posiblemente coma no caso anterior pudera ser que alghuén se cheghara a rebelar.

Historias para lembrar.


Ramón Laíño.