martes, 30 de junio de 2009

A BOLBORETA, por Ramón Laíño

Moi ben, xente de ben,ata aquí chegou o aniversario noso Instituto, hai moitos anos empezamos a pelexar xuntos nesta vida, e o tempo dunos a opotunidade de volver a atoparnos no mundo virtual.

Moitas noites, moita tardes, moitiño tempo de nuestro señora epremer os milos para dar a ler algo co que poder sacar o vosos sorrisos ó día seguinte póla mañá, cando chegarades ó traballo e acenderades o ordenador ou no voso tempo de lecer, soltándovos na internet.

Moitas miradas ó blog, albiscando os comentarios nos ratos libres, recordos, risas, ledicias, penas.

Este blog consigueu, cos seus erros, facernos xuntar a moitas persoas e lembrar que un dia fomos amigos e amiga,s compañeiros e compañeiras, que nos caiamos ben, mal, eramos coñecidos,rivais, etc.

Anunciamos boas novas, malas novas, e sobre todo xuntámonos, que era o importante.

Hai xente que di que non o pechemos, que fagamos un esforzo, que continuemos,..pero as ideas escasean, e a colaboración non é moita.

Polo tanto imos facer unha cousa, imos deixar o BLOG ABERTO e imos ecopilar as vosas colaboración durante o verán, en Setembro voltaremos faemos balance, se hai material teremos a posibilidade de continuar en contacto, se non é así, voltaremos para o 30 ANIVERSARIO.

E como non pode ser doutra maneira, agradecer a todo o mundo que escribiu, colaborou con todos os actos do 25 aniversario, todos sabedes quenes son, desde o primeiro que abriu o Blog ata o que enviou o áltima foto, o que colgou a pancarta, o que chamou a outra persoa para avisar e sobre todo A TODO O MUNDO QUE ESTIVO Ó OUTRO LADO DA PANTALLA.

Deixaosvos con un poema de un (xunto con Mary H.) dos maiores colaboradores do BLOG.
En Setembro facemos balance.
Un saúdo.

-----------------------------------------------------------------------------------------------




A BOLBORETA



Bolboreta silençiosa que dançando vas como cariçia nun soño e te pousas de flor en flor para probar o seu sabor.


Delicada señorita de múltiples cores que con ghraçia te balançeas en camas de verdes follas buscando compañía, buscando o teu amor.


Coa lus da alba reçibes a vida para moverte animosa en pleno día, e no teu fráxil existir dentro da sombra do anoiteçer remata a túa curta vida.


Ao escureçer virán no seu deambular, como nunha marcha fúnebre, as túas irmáns de tristes alas escuras para façernos compañía.


Fermosa bailarina de suaves e lixeiros movementos como música aleghre que surcas o aire e atravesas a casa, o xardín e o campo, perdéndote na lonxanía do meu soño.


¿Onde está a túa casa, onde o teu foghar? Caprichosa e bela criatura transportadora de semente que xerminará en novo colorido.


Sen refuxio visible, pode o çeo ser o teu destino, acaso convertirte en flores dos campos ou quiçais en arco da vella formado.


Inqueda e presurosa de alas anxelicais pintando o aire, que como saias de muller de cadeiras axitadas te moves ondulante ao vento.


De diferentes cores vistes os teus traxes. Con branco vai a noiva no seu casamento, de vermello, a paixón dos teus beiços, de açul a pureça, de verde o frescor e a esperança do teu mundo, de dourado, a túa ghloria.


Nos pétalos humedeçidos polo resío a túa sede alivias. Baixo as follas te abrighas da choiva que pode afogharche, do sol que pode queimarche e sobre a brisa ghalopas para perderte na brétema.


Coa caída da folla prefires hibernar ou emighrar a outras terras, e sen novas túas despareçes da nosa vista, volvendo a reapareçer coa primavera.


Ansiada é a túa cheghada porque contigho apareçerán os días claros, os campos frolidos, os çeos despexados, a aleghría recobrada.


Como palpitar apresurado do meu coraçón namorado cando preto da mirada dos ollos do meu querer, sinto o meu respirar axitado, así tamén a voar me converto en bolboreta.

lunes, 29 de junio de 2009

SERES MITICOS- A COCA


Esta é a lenda da Coca tal coma ma contaron a min os vellos .


Redondela e unha vila mariñeira do sur de Galicia, situada entre Vigo e Pontevedra, con moita historia, a vila dos viadutos, dos chocos, do mariñeiro Xan Carallas e da Coca.


No s. XVI , non se sabe a dat exacta, na desembocadura do río Alvedosa, cara a ría de Vigo, uns rapaces miraron como se no río, debaixo da auga, estivese fervendo unha ola do cocido xigante.


Quedaron abraiados con aquilo, correndo polo camiño da portela cara a vila e mirando de reollo como, o que parecia unha ola do cocido xigante fervendo, seguia en movemento.


Cando chegaron á rampla que había fronte á ribeira do peixe xa había unha morea de xente asustada, rezando os seus rosarios e pensando que aquilo era a fin do mundo.


Algo empezou a xurdir do fondo do río; era un dragón enorme de color verdosa e con un limo que lle esvaraba polo corpo, con unhas ás, máis ben pequeniñas para o corpo que tiña, e un rabo longo acabado en punta, como a punta que ten a vara de pescar carallotes ou navallas.


Quedaron todos paralizados polo medo mirando semellante aparición. Subindo pola rampla e bufando, movendo a cabeza a dereita e a esquerda, como se estivese buscando algo.


De repente colleu unha rapaza coa boca pola cintura, meteuse no río e desapareceu. Coma se non pasara nada, os veciños resignados marcharon para as súas casas.E desde ese momento todos os anos pola mesma data, a do Corpus Christi, deixábase unha moza na rampla para que o dragón (A coca) quedase satisfeito.


Ata que os rapaces novos da vila non aguantaron máis, aquilo non podía seguir así. Xuntándose todos foron á Forxa de Baldomero e fixeron espadas para matar o dragón.


Todos a unha acabarían con el e deixaría de levar as mozas da vila. Agardaron a noite e cando o dragón apareceu botáronse contra del cravándolle as espadas e acabando coa súa vida.
Celebrouse unha gran festa, os mozos bailando coas espadas ainda ensanguentadas, as mulleres collían as mozas poñéndoas enriba dos seus ombreiros dando voltas ó son das gaitas. Os mariñeiros da vila sacaron viño e peixe seco con pan para todos....e desde ese día en Redondela celebrase a Festa da Coca, onde a danza das espadas, os cabezudos e as penlas son a gran celebración.
[Relato achegado por Xosé Manuel Cabaleiro Santos, de Catapeixe, Cesantes (Redondela), en febreiro de 2009]

domingo, 28 de junio de 2009

sábado, 27 de junio de 2009

ALGO PICANTE

Apeteciame publicar algo moi picante, pero tamén tiña gañas de poñer algo moi tenro.








Xa diredes se acertei.

viernes, 26 de junio de 2009

PROBE MIGUÉ


Esta noite deixounos o maior icono da música Pop dos anos 80, polo tanto toca homenaxe

¿Lembrades este home?

Tamén cambiou bastante, pero no seu caso, ademáis da idade, tamén houbo outras circunstancias que o fixeron cambiar física e psiquicamente.

Era o principio dos anos 70 cando das mans de Eddie Holland, Brian Holland e Lavon Dozier saltaban á fama con un grupo que era unha imitación de Frankie Lymon and the Teenagers, a discográfica de Detroit, Tamla Motown, volvía pola senda do éxito, senda que nunca deixara de todo, xa uqe tivo sempre grandes nomes coma Smokie Robinson, As Supremes, Stevie Wonder, Marvin Gaye (asasinado polo seu pai), Martha Reeves and the Vandellas, The Temptations, etc, etc.
Éxitos como I want you back, ABC, Ben ou Blame it on the Boogie, fixeron grande ós Jackson 5.

Chegaron os 80 e o pequeno Migueliño empezou a voar só, o seu album Thriller chegou a números insospeitados iniciando unha nova era na música pop, a era do videoclip, nese album destacaban cortes como o propio Thriller, Billie Jean ou The girl is mine, que se editaron como cara A dos vellos 45 rpm.


Con BAD, refrendou a súa figura de Nº 1 do pop, excelente cantante e bailarín, pasou ó cine cun filme para o seu lucemento Moonwalker, con excepcionais canción como Man in the mirror ou Dirty Diana, adicada á líder das Supremes.

Pero amigos, ahí empezou a costa abaixo, a súa obsesión por cambiar de color, comprobada co título de seu seguinte disco Black or White, xunto cos escándalos e acusacións de pederastia das que saiu sempre inocente, fixeron que saltase ós tabloides por todo menos pola música, e os anos 90 foron un tormento para o outrora rei do pop.

A emerxencia de novas figuras xunto co cambio de tendencias e as súas extravagancias, fixeron que pasara ó olvido e que pasase a ser un esperpento, unha sombra do que foi, casou coa filla do Rei, tentando estabilizar a súa vida, pero foi un sonoro fracaso.

Do vello Miguel, non queda nada, só o recordo do que foi, Norma Desmond loitando contra o tempo, din que vai volver, non sei, xa non pega, mellor deixalo no que foi, porque está claro que Calquera tempo pasado foi.....Anterior.

Quedamos co seu recordo, cos bós ratos que nos fixo pasar na pista do Baile de Outeiro naquel Guateque do 84, na Frama, en Disco 3,no Suki, na Golden e outros tantos sitios.

Miguel seguirá camiñando sobre a lúa nos nosos recordos, seguirá namorado platónicamente de Diana Ross, e seguiremos lembrando o seu Thriller que no 84 nos pareceu tan real, con unha transformación digna do filme Un home lobo américano en Londres, unha coreografía cadavérica, e un final inesperado.



BILLIE JEAN
video

THRILLER

video

Moonwalk(pasos de baile)

video

BEAT IT
video
A pesar de todos os teus defectos, gracias por facernos mover Migueliño. Alá onde estes, pórtate ben!
----------------------------------------------------------------------------------------------
Tamén marchou outro icono dos anos 70 e 80, a guapísima Gill dos Anxos de Charlie.. o noso recordo para Farrah Fawcet

jueves, 25 de junio de 2009

LENDAS-A PONTE DO PORCO



Roxín Roxal era un doncel do señor de Pontedeume, Nuno Freire de Andrade; lanzal de corpo, loiro ou roxiño, ledo e sorrinte, destemido e sinxelo.



Don Nuno tíñao en moita estima e, abofé que o mozo o merecía.



Mais aquel carácter aberto e chusqueiro do rapaz comezou a mudar.




Deixou os enredos e brinquedos con outros rapaces e gostaba de se deitar no campo, baixo a sombra do arboredo e, alí, senlleiro, deixar voar a súa fantasía ou a cantar a media voz tenras cantigas saudosas.




Outras veces, nunha das torres do castelo, asomábase á fiestra que abría cara á ría e fitaba o seu ollar ó lonxe, onde o mar se xuntaba co ceo como nunha aperta de dous elementos tan desemellantes.



Era que nos seus vinte anos abrochara un amor.



Tiña don Nuno unha fermosa filla, Tareixa, menina inqueda, que, coma unha bolboreta buligadora, tan axiña estaba no pazo de Pontedeume coma subía deica o castelo de Nogueirosa; montaba a cabalo o mesmo que unha amazona céltica e disparaba a frecha mellor que algúns arqueiros do seu pai.



Algunhas veces acompañábaa, servíndolle de escolta, o doncel Roxín Roxal, respectuoso e baixado coa súa doniña, e disposto a defende-la ara dar por ela a súa propia vida.



Un será que o doncel, melancólico, cantarolaba unha cantiga de amigo que aprendera dun xograr da bisbarra, chegouse súbitamente a pé del dona Tareixa, a filla do seu señor, e, ollando para el, díxolle:



— Observo, Roxín Roxal, que dende hai unha temporada estás descoñecido. ¿Que fixeches co teu ledo carácter? ¿Por que andas agora decote tristeiro e saudoso?



— ¡Oh, señora..! —limitouse a murumar o doncel, corando ó se ver sorprendido po-la rapariga.



— ¿É que estás namorado? —seguiu demandando a diniña.



— ¿E se así fora? —dixo el coma un suspiro que lle fuxía do peito.



— Nada tería de estraño, posto que xa es un home —retrucou a nena, que aínda non atinguira os dezaoito anos.




E continuou— ¿Quen é ela, de Pontedeume?



Roxín Roxal fixo coa testa un aceno afirmativo.



— ¿Da nosa casa? —insistiu Tareixa; e as súas faceiras puxéronse rubias, e os seus ollos adquiriron unha expresión de dozura e ansiedade


.
— ¡Por Deus, señora! ¡Por favor, amerceádevos de min, non preguntedes máis!



Mais, dende aquela, Tareixa amiudou os paseos.


Xa quería ir ás areas da ría ou camiñar po-las ribeiras do Eume; chamaba por Roxín Roxal para que lle aprendera a tnxe-lo laúde, ou pedíalle que lle cantara aquelas cantigas de amigo ás que o mozo lles daba unha expresión tan apaixoada.



Don Nuno decatouse daquela intimidade que ía medrando e unindo cada vez máis os dous rapaces, e decidiu corta-la. Poida que as confidencias dalgunha das donas da súa filla contribuiran a move-lo para tal actitude.



Un día chamou a Roxín Roxal e díxolle:



— Xa es un home, e non quero terte a pé de min coma un rapaz en prexuízo do teu porvir. Vaite e que Deus te axude. O mundo é largo e tes condiciós e saber para triunfar. ¡Así cho desexo!



E entregoulle unha bolsa de dobras de ouro.



— Estímolle máis se me deixa seguir no castelo —replicoulle o mozo sen colle-la bolsa.



— Ti agora era coma se estiveras ó servicio exlusivo de dona Tareixa —repuxo o señor de Andrade—; e, como dona Tareixa vai casar, xa é imposible que sigas a carón dela.



— Estarei decore no castelo de Nogueirosa —suplicou Roxín Roxal—, e non vieri endexamais ó pazo de Pontedeume.



— Sexa —caudaceu don Nuno.



Don Nuno falou tamén coa súa filla e anuncioulle o seu casamento con don Enrique de Osorio.



— ¡Oh, meu pai! —exclamou a doncela chorando—. ¿Por que casar? ¡Aínda son moi nova!



— ¡Es unha muller! E o señor de Osorio é un cabaleiro prestixioso e ricaz, de nobre familia, con alongadas terras e fartos vasalos. ¿Non quererás que por cousa túa poida morrer o pobre Roxín Roxal?...



— ¡Oh, non!



— Entón compre que cases.



E casou dona Tareixa con don Enrique de Osorio, mais non se sentía ditosa. Suspiraba adoito, sentábase no poial da fiestra da torre da homenaxe e, alí amorriñada, poñía o pensamento en Roxín Roxal, o bo compañeiro, o bo amigo, que soñaba a súa vez con ela.



Por entón comezou a falarse en Pontedeume en como po-los arredores aparecera un grandísimo porco bravo que facía moita estragueira. Algúns vasalos e labregos tencionaran darlle morte, mais non o lograban, morrendo en troques máis dun derrancado po-la fera.




Don Nuno imaxinou unha cazada para darlle morte ó xarabín aquel, e outros máis que puideran roldar por aqueles arredores fraguentos, pois por todos aqueles montes habíaos a vau. Don Enrique Osorio aceptou con ledicia a idea, pois era grande cazador, e alentou a dona Tareixa para lle facer compaña. Mais ela non se sentía con vontade e negouse.




En baluto, don Enrique fíxolle ver que debía ir de par del, e apoiou o seu discurso dicíndolle que andaba moi morriñenta e que era ben que se esparexera. ó cabo, logrou que dona Tareixa caucedera.



Celebrouse a cazata e deron morte a dous xabarís, mais o grande, aquel que tiña amedoñadas ás xentes, non aparecía. Ata que á derradeira resoaron os cornos, maticaron os cans e a troupelada de cazadores foron pechando o cerco ó porco bravo e acurrunchándoo cara ó mar, por onde non podería fuxir.



Don Enrique, a carón da súa dona, foi correndo po-la ribeira do río Lambre ata chegar á ponte que, xa na foz, o atravesa. E alí descabalgaron, e na mesma ponte dispuxéronse a agardar o sinal da morte do xabarín. Píanse os ladros dos cans, os berros dos peóns, o catropear dos cabalos...
Mais nesto viron sair da touza ó animal, correndo fronte á ponte, único camiño que tiña, ó parecer, libre para fuxir da persecución.



Un pouco apresadamente po-la sorpresa, don Enrique lanzoulle un venabro ques e foi espetar no lombo do animal, mais este nin se detivo ni recuou, que, po-la contra, acometeu alporizado cuinchando de dor.



Instintivamente, don Enrique, salvando o petril da ponte chimpouse no río e a nadar dirixiuse para a ribeira. Mais dona Tareixa, estarrecida, indefensa e espavorida, viu chegar á fera e sentiu as súas carnes entrilladas, esgazadas, franxidas...



Cando chegaron á ponte don Nuno e mais os outros cazadores, puideron recoller soamente un cadabre.



Poucos días despois, na mesma ponte, apareceu, morto, cunha daga chantada na gorxa, aquel medoñento e terrible porco bravo.



Don Nuno recoñeceu a daga: era a mesma que el lle tiña doado a Roxín Roxal había tempos.



— ¡El non tería abandonado a Tareixa! —pensou o triste pai.



Disque po-lo episodio derradeira desta lenda chámanlle á ponte "Ponte do Porco".

miércoles, 24 de junio de 2009

SAN XOAN


Esta noite máxica desde os tempos máis remotos, e que coincide coa celebración do solsticio de verán (a noite máis curta do ano), ten na nosa terra unhas características moi especiais. É a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas; da auga, reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, das nove ondas do mar (purifican e fecundan), do orballo; e tamén do mundo vexetal.

Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, as mozas recóllenas para poñelas nun caldeiro con auga. Alí teñen que quedar ó orballo da noite e pola mañán tódolos membros da casa, en especial os nenos, lávanse con esta auga milagreira.
Algunhas herbas varían segundo a zona, pero hai moitas que aparecen en todas elas. A estas imos dedicar un pequeno espacio da nosa páxina.

Coas herbas recollidas na noite de San Xoán facíanse os 'cachos', mellor con auga de sete fontes.
As herbas, atadas nun feixe, deixábanse nun caldeiro con auga, toda a noite, ó sereno (para a bendición do San Xoán).

A mañán seguinte, lavábanse coa auga e gardaban as herbas que secaban ó sol, para logo usar como menciñas.

Curábase tamén ós nenos do enganido, fendendo en dous un carballo e pasando ó neno pola fenda. Interviñan dous Marías ou unha e un Xoán, decindo: "Toma María. Daca Xoán. Doucho crebado. Darásmo sán". Atan de novo a árbore e se solda, o neno cura.

Tamén hai a crenza de que si as mozas meten as herbas baixo da almofada, coñecerán quen vai se-lo seu home.

Pendurando do leito as herbas de San Xoán, pódese sabe-la sorte dos ausentes.

Tamén saltando as fogueiras, feitas con leña verde para afumar ás bruxas, pódese sabe-lo futuro.

As mozas que salten ou 'salven' a fogueira un número impar de veces, sen toca-lo lume, casarán dentro dun ano.

Terán que face-la invocación:
"Salto por enriba do lume de San Xoán, para que non me trabe nin cobra nin can".
"Dios te dou, Dios te criou, Dios che saque esta ollada se alguén cha botou. Antes que o mal sea visto, naceu Cristo. Morra este mal e viva Cristo"
A borralla da fogueira tirámola cara a un río decindo: "Demo maldito vaite de ahí. Ahí vai a borralla de San Xoán atrás de ti. Dios te leve ó mar onde non cantou galiña nin galo. E a que cantou, levouna o diaño".
Hai moitos máis ditos sobre esta celebración:
Na noite de San Xoán non te deites ata a mañán.
Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.
No San Xoán as bruxas fuxirán.
Polo San Xoán, as nove co día darán.
O día de San Xoán, é o día máis longo do verán.
Mañanciñas de San Xoán, unhas corren e outras van.
Polo San Xoán, calquera burro gaña o pan.
Quen xexuna polo San Xoán, é tolo ou non ten pan.
Na noite de San Xoán, bebe viño e come pan.
Polo San Xoán a sardiña pinga o pan.
Son moitas as referencias ós labores agrícolas:
No San Xoán, peras na man.
A auga de San Xoán, tolle o viño e non da pan.
No San Xoán, fouciña na man.
En San Xoán, cardos dan.
Os allos postos no San Xoán, son dentes de can.

martes, 23 de junio de 2009

A PROCURA

A PROCURA

Fuxín buscando a sapiencia,
encamiñando a cidade;
mais asaltoume a saudade
por causa do meu pensar
nese arrecendor a mar
e na ria que asolaga
sempre con magna insolencia;
talmente coma unha praga..
fai voltar á adolescencia.


Aumentei o meu saber,
pero esperar non é xusto,
botei fora máis dun lustro
e voltei ilusionado
sempre agardando que o fado
teña a ben abrir as portas
para ó fin volver lecer..
Sentín baixar pola aorta
bulir un novo querer.

Achei a miña procura
parolando co silenzo
co teu sorriso de lenzo
viñeches ó meu camiño
camiñando paseniño
adorable Mona Lisa !
O meu mal de ser ten cura
e desafiando á brisa
fuxiu a miña tristura.


Dun corazón moribundo,
galopando polas veas..
amoriños a mancheas.
Ti ocupas o meu pensar
e xa non pode parar ,
non nacín para estar solo,
un querer xa tan profundo.
Teño ansia do teu colo
cariátide do meu mundo.

lunes, 22 de junio de 2009

A XANELA ILUMINADA, por Ramón Laíño


Xanela que resplandeçes como pintura de acuarelas á lus do día e da noite clara de luar

Atalaia solidaria fiel ao serviço dos demais sen que os meteoros che impidan a a túa misión continuar.

A través de ti podo ver os nenos xoghar, os animais bulir, os coches pasar, por ti podo ver as paisaxes do meu lughar.

Desde aquí perçibo o respirar das xentes, os seus desexos, anhelos e medos, porque invisible permaneço ao seu andar.

Ollando nas alturas desde a miña cadeira sentado, unha ave maxestuosa planea debuxando çírculos no ar.

Coa criatura máis diminuta á máis imponente, á súa beira camiño, perçibindo toda a súa enerxía e o seu palpitar.

Contemplo ao lonxe no mar ghrandes barcos anclados con pequenas embarcaçións rodeados no que todo á lus da lúa se converte nun remanso de plata.

Con andar cansino camiña a muller en plena xestaçión que enxendrará un novo ser a través da súa preparaçión a unha nova experiençia.

Lus creadora de toda vexetaçión e vida, que como enerxía alimentas o seu creçemento, entra e inunda a miña estançia.

Xanela clara pola que me transporto a un mundo de resplandor e sen forma.

Corpo diluído sen peso nin ataduras do cal me elevo flotando no aire como unha suave dança.

Espaçio que se abre ao exterior e por onde fuxo á terra dos meus soños tanto tempo ansiado.

Como aves migratorias ergho o voo para planear na inmensidade desde a que albiscar o meu paraíso.

Nubes brancas de algodón que paseo suavemente e desde as que vexo a choiva e o raio caer sen que me molle nin me fulmine.

Sol radiante que ilumina, dá calor e enerxía a toda vida, sen que ao achegharme me queime nin me dane.

Todo está tan perto!, semellando maravilloso e fasçinante. A integhridade que me faltaba, todo o meu ser a ela con lediçia se dirixe.

sábado, 20 de junio de 2009

XOGAR ÓS CHINOS


Imos xogar unha cea ós chinos.

Unhas cantas preguntas, premios para quen acerte.

1. Cantos son irmáns?
2. Cantos son homes?
3. Cantas son mulleres?
4. Cantos teñen sono?
5. Cantas acaban de fumar un porro?

viernes, 19 de junio de 2009

MARIA SOLIÑA

Xente de ben, remata o curso 08-09, polo tanto remata o 25 aniversario, polo tanto sería lóxico que rematase o blog o día 30 de Xuño.
Vemos que o blog fixose un lugar de encontro e as visitas son abundantes, polo tanto::.

Temos tres opcións:

a) Dar por rematado o tema e volver dentro de catro anos polo asunto do trinta aniversario.

b) Seguir adiante co tema, pero repetindo entradas e engadíndolle as colaboracións.

c)Arrimar todos o ombro e facer que esto siga, a cabeza non nos da para tanto, non teñen porque ser relatos ou cousas escritas por vós, poder ser cousas sacadas da internet, lendas, viaxes, historias, contos, fotos, etc.

Votade nos comentarios, entre cerca de cen entradas (poñamos 50 persoas)que ten o blog ó día, con que buquedes na internet unha cousiña á semana, temos para tempo.Vos enviades, nós montamos as entradas
Esta que ven á continuación saqueina da internet, foi copiar e pegar.Espero que vos guste....
-------------------------------------------------------------------------------------------------

MARIA SOLIÑA
Entre 1619 e 1628 numerosas mulleres de Cangas (Pontevedra) foron xulgadas polo Tribunal do Santo Oficio (Inquisición) por suposta "bruxería". Hoxe en día sabemos que aquelas desgraciadas, que acabaron confesando atrocidades a forza de espantosos tormentos, foron en realidade víctimas dunha invención dos inquisidores.


A "caza de bruxas" estivo directamente provocada polo emprobecemento xeral que seguíu á invasión turca de 1617. A pequena nobreza víu descender as súas rendas de xeito alarmante, polo que buscou por tódolos medios os recursos necesarios para mante-lo seu nivel de vida. A Inquisición, integrada case exclusivamente por membros deste grupo social, foi un eficaz medio para logra-lo seu propósito.



O obxectivo primordial era arrebatar a certas persoas os seus "dereitos de presentación" en capelas e freguesías. Consistía este dereito en que os sucesores do fundador dunha igrexa podían propoñer ó seu titular cando quedase vacante, e á súa vez participar dos beneficios que aquela xerase.

Para disimular o seu reprobable propósito, mesturaron algunas que si os posuían con outras que eran "pobres de solemnidade". Moitas delas atopábanse totalmente desamparadas, por ter quedado viúvas tralos tristes sucesos de 1617.

Este foi o caso da máis famosa das supostas "meigas" de Cangas, ou polo menos a que máis trascendeu do seu tempo, inmortalizada en cantares como o que di:


“polos camiños de Cangas a voz do vento xemía ,ai que soliña quedaches,María, María Soliña"


Esta cantiga parece indicarnos que as xentes a lembraron, maís que como maléfica e perniciosa bruxa, como unha pobre e desgraciadísima muller, reflexo de tódolos sufrimentos do pobo.

María Soliña, posuidora de dereitos de presentación en Aldán e Moaña, entrou nos cárceres secretos da Inquisición no 1621. Todo o proceso foi dirixido a demostrar que esta inofensiva muller gozaba de poderes demoníacos, capaces de provocar incontables males, e que entregara a súa alma ó diaño. Pero foron as propias confesións de María Soliña, provocadas polo suplicio, as que chegaron a roza-lo paroxismo. Asegurou ser bruxa dende había máis de 20 anos, e ter tido actos nefandos co demo durante longo tempo, o cal se lle aparecía en forma de home.

E mentres isto declaraba, María Soliña suplicaba clemencia ó Tribunal e proclamaba o seu arrepentimento, pois aseguraba que xamais renegara de corazón de Noso Señor, senón só de palabra. Todo isto revela a desesperación anímica desta muller, como consecuencia dunha terrible tortura física e psicolóxica. O 23 de xaneiro de 1622 chegou por fin a sentencia.

Foi condenada cunha confiscación de bens, debendo porta-lo hábito penitencial durante medio ano. Non sabemos se chegou a cumprir toda a pena, pois probablemente a súa vida non durou moito máis. As secuelas físicas do tormento non podían deixar de notarse nunha muller de 70 anos de idade. A súa acta de defunción non foi atopada aínda. Tal vez algún día descubramos onde repousan os seus castigados restos.

Outras moitas "bruxas" foron xulgadas durante estes anos. Mulleres como Catalina de la Iglesia, que confesou ter matado a cinco criaturas. Ou como Elvira Martínez, Teresa Pérez, María dos Santos,…estas pobres infelices merecen o respeto dos heroes anónimos dun pobo que houbo de sufrir, estoicamente, os abusos e a avaricia infame dus poucos. Tal vez próximas investigacións aporten nova luz sobre as súas vidas, pero a memoria colectiva as lembrará non como meigas, senón como o que realmente foron, persoas de carne e óso, con tódalas súas miserias e grandezas.

jueves, 18 de junio de 2009

GALICIA MÁXICA-SANTA TEGRA






O contorno do monte de Santa Tegra conforma un xacemento arqueolóxico, no que se atopa un castro (o Castro de Santa Tegra) pertencente á cultura castrexa e o máis emblemático e visitado dos castros galegos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931 e tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural.




No castro atópanse desde petróglifos, en varias das pedras do monte, elaborados 2.000 anos antes da ocupación do castro, que, seguindo a tese mantida por de la Peña Santos, director das últimas campañas de escavacións arqueolóxicas na década dos oitenta, tivo unha ocupación continuada entre o século I a.C., ao pouco de comezar o proceso de romanización de Galicia, e o século I d.C., e que a partir dese momento comezou un lento proceso de abandono, que ben puido ter sido interrompido por reocupacións esporádicas temporais en época tardorromana.



Situación



Sitúase no monte de Santa Tegra, de 341 metros de altitude, no extremo máis sudoccidental de Galicia, no concello da Guarda, nun lugar privilexiado desde o que domina a desembocadura do Miño. O monte ten unhas pendentes moi pronunciadas e o dominio visual do contorno fixo que fose un lugar estratéxico destacado desde moito antes do levantamento do castro.

Escavacións arqueolóxicas
Aínda que é de supoñer que as xentes da Guarda debían ter coñecemento da existencia de restos de antigas edificacións no monte desde hai moito tempo, é de subliñar que, cando no ano 1745 o Pai Sarmiento visita A Guarda, non fai mención delas, mais, polo contrario, faino do monte, a súa ermida e a romaría.

Primeiras descubertas e referencias

O océano Atlántico desde o monte de Santa Tegra.
A primeira descuberta da que se ten constancia foi, no ano 1862, a dunha escultura de Hércules feita en bronce que foi atopada por uns canteiros que traballaban preto da ermida. Esta escultura foi roubada do museo na década de 1970.



Na segunda metade do século XIX as ruínas comezaron a ser valoradas na súa xusta medida. Constátanse as primeiras referencias escritas das ruínas nos apuntes arqueolóxicos de Ramón López García no ano 1864[2], e na testemuña de Manuel Murguía na súa obra "Historia de Galicia" no ano 1888, que deduce das ruínas un emparentamento dos seus habitantes coa raza celta da familia dos galos.



Xa no século XX créase na Guarda, no ano 1912, a Sociedade Pro-Monte de Santa Tecla que un ano máis tarde promoveu a realización de obras de acondicionamento dos arredores da ermida e o trazado dunha estrada de acceso ao cumio. As obras desta estrada puxeron ao descuberto, no lugar coñecido como Campo Redondo, muros de edificacións e cimentos de lenzos da muralla exterior do castro.



Ante estas descubertas a sociedade solicitou unha autorización oficial para iniciar escavacións sistemáticas no lugar, autorización que foi concedida o 26 de febreiro de 1914[3], e na que se nomeou arqueólogo xefe a Ignacio Calvo Rodríguez, do Museo Arqueolóxico Nacional.



A partir deste momento o xacemento comezou a aparecer nos medios de comunicación. No mesmo 1914 o cóengo Domínguez Fontela, sen ningún tipo de argumentación, atribuíu os restos á "civilización ibérico-romana" e identificounos coa histórica "Abóbrica" mencionada por Plinio o Vello (teoría aínda seguida na actualidade por algúns autores).



Primeiras escavacións (1914-1923)
Desde o ano 1914 ata o ano 1923 o director dos traballos arqueolóxicos foi Ignacio Calvo, que foi dando a coñecer o resultado dos traballos en varios artigos. A Sociedade Pro-Monte tamén participa nos traballos da zona coñecida como a Fonte Nova. Calvo atribuíu ao poboado unha ocupación desde os inicios da Idade do Bronce ata a época romana. Foi o primeiro autor en denominalo "citania" (seguindo o exemplo da arqueoloxía portuguesa) e en falar da posibilidade de identificalo co mítico Monte Medulio, onde os escritores clásicos[4] situaron a tamén mítica derradeira e heroica resistencia dos galaicos.

As campañas de Mergelina (1928-1933)
Entre os anos 1928 e 1933, o catedrático da Universidade de Valladolid, Cayetano de Mergelina y Luna dirixiu, utilizando os máis avanzados métodos da época, unha serie de campañas arqueolóxicas centradas, principalmente, na ladeira oriental poñendo ao descuberto gran cantidade de vivendas e outros edificios.



No ano 1945 publicou o resultado dos seus traballos nun estudo titulado "La citania de Santa Tecla. La Guardia (Pontevedra)". Seguindo as maioritarias "teorías invasionistas" do momento datou o poboado cunha ocupación desde o século VI a.C. ata o século III d.C., cunha nova ocupación no século V, e atribuíulle aos seus habitantes unha natureza "post-hallstáttica" de orixe celta.

Período de abandono (1933-1979)
Pese a ter sido declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931, o xacemento sufriu neses anos a ampliación do trazado da estrada de subida e unha agresiva reforestación do monte que deterioraron gravemente o xacemento.



Desde o ano 1933, data da última campaña de Mergelina, os restos postos ao descuberto sufriron as consecuencias do seu abandono enchéndose de vexetación. Este período de abandono durou ata o ano 1979.



Durante estes anos houbo poucas e breves intervencións, como a de Manuel Fernández Rodríguez nos arredores do edificio coñecido como Casa Forestal ou as reconstrucións feitas nos anos 1965 e 1972 en dúas vivendas a ambos lados da estrada, reconstrucións que desde o punto de vista científico presentan serios problemas de fidelidade pero que se converteron en pouco tempo nun icono da cultura castrexa.



Esta etapa de abandono rematou no ano 1979, cando Alfredo García Alén dirixiu traballos de limpeza e consolidación das estruturas máis próximas á estrada, traballos estes promovidos polo Ministerio de Cultura.

Campañas de 1983 a 1988

Cumio do monte, coñecido como Pico de San Francisco, coa ermida e o repetidor.
No ano 1983, coa colaboración económica da Xunta de Galicia e o concello da Guarda, o arqueólogo Antonio de la Peña Santos dirixiu un equipo do Museo de Pontevedra iniciando un novo período de escavacións sistemáticas. Esta etapa centrouse na esquina setentrional do poboado.



As estruturas descubertas nestas campañas e nas anteriores foron consolidadas neses mesmos anos por un equipo dirixido por Montserrat García Lastra Merino.
Desde o ano 1988 non se realizaron máis traballos arqueolóxicos.

Na actualidade
Xa no ano 1996 a Consellería de Cultura e Deporte anunciara na prensa que emprenderían accións para o aproveitamento sociocultural deste xacemento. En xullo de 2006 a Consellería anunciou un plan director para o xacemento de Santa Tegra, que incluirá a protección de todo o monte, novos traballos arqueolóxicos, etc.




A visita ao monte non é libre; mellor dito, non é gratuíta. Porén o xacemento carece de vixilancia e a cantidade de visitantes sen guía fai que as estruturas sufran importantes deterioracións[7].

Os poboadores do castro
Seguindo aos autores clásicos como Plinio o vello, Pomponio Mela, Appiano, Ptolomeo... o extremo sudoccidental da actual Galicia estaría poboado pola comunidade dos Grovii ou Grovios, cuxa cidade máis importante sería o Castellum Tyde o Tude, a actual Tui. Seguindo a teoría de Antonio de la Peña Santos:
“ Os castros galaicos non foron, pois, habitados por celtas no estrito sentido senón por galaicos só moi remotamente emparentados co que se leva entendendo como culturas célticas continentais, coas que tal vez compartisen un fondo lingüístico común dentro do grupo indoeuropeo ”



Interpretando os achádegos arqueolóxicos trataríase dun pobo cunha estrutura igualitaria (construcións de tamaños semellantes), cun carácter pacífico pouco belicoso (sistemas defensivos máis simbólicos que efectivos) e cunha economía agraria (proximidade ás terras fértiles, aproximadamente a 1 ou 2 km de distancia) pero cunha certa capacidade adquisitiva e comercial (abondosos produtos foráneos).



Co tempo e produto das reformas dos emperadores da dinastía Flavia e a progresiva implantación do sistema romano de explotación, os habitantes do poboado comezaron un lento abandono para asentarse nas novas villae e vici, situadas nos vales e máis próximas ás terras de maior valor produtivo.

Economía da comunidade
A importancia dos cereais na economía da comunidade queda patente nos numerosos muíños manuais de pedra atopados diseminados por toda a zona escavada, a maioría deles tardíos muíños circulares, que algúns autores poñen en relación coa influencia romana.



Outros instrumentos atopados como machados, aixolas, podóns e fouces de bronce e ferro falan do labor agrícola.



Destacan as grandes cantidades de cantos de talla monofacial,nódulos discoidais moi regulares atopados sobre os pavimentos interiores das estruturas. O seu primitivo deseño (similar aos Choppers, utensilios líticos moi rudimentarios e antigos, do Paleolítico Inferior) e a súa posible utilidade causa estrañeza entre os estudosos.



A recollida de froitos silvestres sería outra fonte de recursos testemuñada principalmente nos restos de landras carbonizadas que se atoparon.



Para o estudo de restos orgánicos son fundamentais os cuncheiros, dos que constataron varios no xacemento. Neles atestíguase, ademais da actividade de explotación de recursos mariños, a explotación gandeira das especies de ovicápridos (Ovis aries e Capra hircus), bóvidos (Bos taurus) e gallináceas (Gallus gallus). Resalta a ausencia de porco doméstico.



En relación coa pesca atopáronse tres anzois de bronce e dous de ferro, e restos óseos de exemplares das familias Sparidae, Gadidae, Labridade e Morenidae, especies seguramente capturadas desde o mesmo litoral. Dos restos procedentes do marisqueo máis da metade pertencen á lapa común (Patella vulgata), seguida en cantidade polo mexillón (Mytilus galloprovincialis), o caramuxo (Littorina littorea) e o bígaro (Monodonta lineata). Cabe destacar a ausencia de especies propias de zonas de areal.



Entre as actividades artesanais testemuñadas a máis estendida é a téxtil, testemuñada na gran cantidade atopada de pesas de tear, fusaiolase nas agullas de bronce con ollo ovalado (todas rectas agás unha). Pola contra son escasos os achádegos relativos á actividade metalúrxica, só algúns anacos de crisol e algún molde de pedra.



A actividade comercial debeu de ser de grande importancia, tanta que a súa propia situación viría determinada polo seu valor loxístico para a navegación comercial marítima de cabotaxe así como a fluvial (remontando o curso baixo do Miño). Coa chegada dos romanos a comunidade incorporarase ao complexo sistema comercial marítimo e terrestre do Imperio.



O achádego de gran cantidade de restos cerámicos de ánforas confirman este comercio. A maior parte destes corresponden a modelos usados para o trasporte de viños, outros modelos sería para o aceite (principalmente para servir de combustible das lucernas) e outras mercadorías.
As pezas cerámicas atopadas, de vidro e outros materiais, reforzan a importancia deste comercio co mundo romano (cerámicas campaniformes, de terra sigillata).


Por último, o case centenar de moedas atopadas, principalmente dos gobernos de Augusto e Tiberio, un grupo de época republicana e outro conxunto de exemplares cuñados nas cecas do val do Ebro, achegan un novo dato sobre o proceso de incorporación ao novo sistema comercial que estaba a vivir esta comunidade.

Descrición
Trátase dun poboado castrexo-romano cunha ocupación serodia dentro da cultura castrexa. Seguindo as últimas escavacións feitas dátase a súa ocupación entre o século I a.C e o século I d.C., nun período no que o proceso de romanización do noroeste peninsular xa comezara. O seu abandono coincidiría coas reformas administrativas levadas a cabo polos emperadores da Dinastía Flavia.


A pesares disto o sistema construtivo reflicte uns xeitos construtivos moi respectuosos coa tradición castrexa (predominio case absoluto de construcións circulares fronte ás rectangulares) e pouco influenciado pola presenza romana (sempre urbanisticamente falando), se ben estudos máis pormenorizados poderán achegar máis datos sobre esta maior ou menor influencia romana.


Da totalidade do escavado, unha porcentaxe moi baixa do tamaño estimado do asentamento, na actualidade só é visitable a zona setentrional escavada nos anos 80 e algunhas construcións da zona máis alta do monte.


A zona ou barrio oriental escavado por Mergelina e o escavado por outros equipos atópanse cubertos polas matogueiras e árbores e case non é perceptible. Este estado de abandono fai imposible o seu estudo. Isto, unido a inexistencia dunha planimetría do xacemento, fai que sexa moi complicado o estudo en conxunto do poboado.

Dimensións
Está delimitado por un sinxela muralla que acolle unha extensión de terreo cuns eixos máximos de 700 metros (norte-sur) e 300 metros (este-oeste). Se ben estas dimensións non están debidamente confirmadas e a visión actual que se ten do xacemento está supeditada ás sistemáticas empregadas no seu estudo arqueolóxico, á baixa porcentaxe de terreo escavado e aos estragos que tiveron lugar desde a súa descuberta (estrada, construcións no cumio, reforestación, etc.).


No caso de que posteriores estudos confirmen estas dimensións estariamos en presenza dun dos maiores castros dos atopados ata o de agora tanto en terras galegas como do norte de Portugal.

A muralla
No deseño da muralla semella primar unha función de delimitación do terreo respecto ao seu entorno, fronte ás funcións defensiva ou disuasoria.


A muralla foi realizada en cachotería trabada con barro, non sobrepasando os 160 cm de grosor máximo, carece de cimentación e de momento non se teñen atopado accesos interiores a elas, como escaleiras ou rampas.


Ábrese a porta Norte no seu extremo nordeste cun corpo de garda á dereita. Cara ao extremo meridional, e hoxe non visible por mor da vexetación, ábrese outra porta cun sistema de acceso en ángulo recto.


O sistema de comunicacións no interior da zona setentrional baséase nun camiño de ronda pegado á muralla que rodea as construcións.

As cabanas

Case todas elas teñen plantas circulares ou ovaladas e son exentas, non compartindo paredes medianeiras salvo contadas excepcións. Tamén son excepción as poucas cabanas con planta rectangular e estas presentan, na súa maioría, esquinas en arco.


O grosor das súas paredes adoita ser bastante uniforme, sobre 40 cm de media, e cun mellor acabado cara ao exterior. A gran maioría son de pequenas dimensións.


Aséntanse directamente sobre a rocha nai e os seus muros estarían recubertos cun morteiro de cal e area. Restos de pigmentación atopados indicarían que os recebados estarían tintados con distintas cores.


Moitas das cabanas presentan un vestíbulo de acceso que moitos autores entenden que se trata dun influxo mediterráneo adaptado ás características das construcións indíxenas.


No interior, algunhas presentan bancos acaroados e o pavimento nalgúns casos é de terra pisada e noutros de lousado. En moitos dos limiares de entrada pódense ver os gonzos, buratos nos que se axustarían as portas.


Neste castro téñense atopado unha boa cantidade de xambas e linteis monolíticos decorados con formas xeométricas, sogueados, entrelazados. Tamén se atoparon, empotrados nos muros, bloques monolíticos cilíndricos de non moi grandes dimensións e cunha das súas caras decoradas con formas xeométricas como espirais, trisqueis, rosáceas ou molinetes. Outros elementos, como peanas ou os chamados amarradoiros,presentan decoracións similares e tamén representacións de animais.


Este tipo de decoración, segundo Antonio de la Peña Santos:
“ pon de relevo a existencia dunha plástica propia e peculiar do mundo castrexo, produto da asimilación e reelaboración de temas ornamentais de filiación mediterránea ”


En relación ao sistema de cubrición a teoría tradicional que defende unha cobertura cun tellado cónico sustentado por un poste central non atopa o referendo dos achádegos arqueolóxicos, xa que non se ten atopado o burato para fixar o poste central e nese lugar central acostuman atoparse as lareiras para a combustión.


Por esta falta de referendo das testemuñas arqueolóxicas cabe pensar nun sistema de cubrición que descarga sobre os muros directamente. Do mesmo xeito non existen probas que fagan desbotar a posibilidade dunha cubrición en forma cónica, plana ou a dúas augas. Porén si se ten constatado o uso de materiais vexetais para a súa cubrición, reforzados por cordas tensadas por laxes perforadas (pesas) que colgarían do beiril.


Como é lóxico non todas as cabanas terían un uso habitacional, as vivendas serían aquelas de maiores dimensións e cun aparello de maior calidade (algunhas con eses linteis e elementos decorados xa mencionados), con vestíbulo e que presentan coidados pavimentos de xabre e con lareiras no centro da estancia. No vestíbulo atoparíase un sinxelo forno.


Outro grupo de construcións, que podemos denominar xenericamente almacéns, semellantes en número terían usos distintos aos de habitación polo que presentan unha tipoloxía menos elaborada e unha construción menos coidada que as habitacionais e cun limiar máis peraltado.


No interior destas construcións atopáronse restos de ánforas, algún muíño, cantos para tallar, etc.


Estas construcións adáptanse ao terreo coa axuda de pequenos muretes de aterrazamento que delimitan o espazo. A distribución urbanística caracterízase pola presenza de grupos de construcións formando conxuntos perfectamente individualizados. Trátase das coñecidas como Unidades familiares (outros autores falan de Casas patio) conformadas polas correspondentes vivendas e almacéns estruturadas en torno a un pequeno patio común, moitas veces enlousado.


O urbanismo do xacemento inclúe unha complexa rede de canais de evacuación das augas pluviais situadas baixo os pavimentos e chans, e en ocasións na superficie, esculpidas sobre a rocha base e cubertas con lousas. En ocasións estas augas canalízanse cara a alxibes escavados na rocha e revestidos cunha argamasa impermeabilizadora.


Esta ordenación interna do espazo aparece condicionada pola muralla, posible primeiro elemento en ser levantado, o que fai pensar a De La Peña Santos na existencia dunha planificación minuciosa previa á edificación das cabanas.

Os petróglifos

Na mesma zona onde se levantou o poboado tense comprobada a presenza humana aproximadamente 2.000 anos antes. Testemuñas desta presenza son os gravados rupestres que deixaron en varias localizacións do posterior castro. Moitos destes petróglifos foron tapados polas estruturas levantadas no momento da construción do castro.


Entre as distintas representacións que aínda hoxe son perceptibles, representacións xeométricas, destaca a coñecida como Laxe Sagrada ou Laxe do Mapa que, situada na parte alta do monte, está composta por varias espirais, círculos concéntricos e trazos lineais máis ou menos paralelos. Os seus descubridores interpretaron que se trataba dun mapa da desembocadura do Miño, hipótese que carece de fundamento científico. Cercana a esta, entre dous muros que a tapan parcialmente, atópase outra rocha con gravados similares.


O que é evidente é que estes gravados non teñen ningunha relación co castro xa que son produto dunha sociedade que se desenvolveu 2.000 anos antes na etapa final do neolítico galego.

Achádegos de materiais
Ademais dos achádegos xa mencionados pódese salientar a gran cantidade de restos cerámicos atopados, feito común aos castros galaicos, tanto de cerámica indíxena, caracterizados por ter pastas escuras modeladas á man ou con torno lento, como numerosos restos doutras variedades típicas do mundo romano, como a cerámica campaniforme, de característico verniz verde e anacos de terra sigillata, co seu característico verniz vermello, así como restos da chamada cerámica común romana. Tamén se ten atopado anacos dun kalathos ibérico pintado . Entre os restos cerámicos tamén se atoparon anacos de lucernas.


Abondosos foron tamén os achádegos de anacos de vidros romanos de variadas formas e tonalidades. Destacan dúas cuncas fragmentadas de vidro polícromo dunha variedade moi escasa coñecida como vidro mosaico ou millefiori, propia dos obradoiros orientais da primeira metade do século I d.C., e que pola súa calidade poden considerarse das mellores atopadas ata o momento na Península Ibérica. Finalmente, tamén se atoparon gran cantidade de contas de colar feitas de vidro e fichas de xogo no mesmo material, estas últimas pode que vinculadas á aparición dalgún taboleiro de pedra cuadriculado de tipo romano coñecido como tabula latrunculata.


Os achádegos metálicos, pouco abondosos nas nosas terras pola acidez do terreo, tamén están presentes no xacemento en forma de anacos de caldeiros, sítulas de bronce e coitelos de lámina plana de bronce que formarían parte do enxoval doméstico dos habitantes do castro.


A ourivería tamén ten a súa presenza con dous remates de torques feitos en chapa de ouro. Un deles, de gran calidade artística, presenta forma globular acabada en escocia e profusa decoración xeométrica e cun trisquel na base do extremo. Colgantes de bronce de variadas formas, anacos de pulseiras e brazaletes tamén en bronce forman parte dos achádegos, así como aneis romanos de bronce.


Relacionados coa vestimenta téñense atopado fibelas en bronce de diversas tipoloxías, en omega, de brazo longo, etc.


Finalmente, os escasos achádegos no xacemento de restos de armamento redúcense a unhas cantas puntas de dardo de ferro, dous regatóns de bronce, un puñal romano de ferro (pugio) con remaches en bronce e restos da vaíña, unha espada de antenas rematadas en botóns bitroncocónicos e folla de ferro. Estas dúas últimas trátanse de pezas tardías das que se considera foron usadas máis como elementos de distinción social que estritamente como armas propiamente ditas.




A todos estes elementos habería que sumar a desaparecida estatuíña en bronce que representaba un Hércules e que fora atopada a mediados do século XIX nas proximidades da ermida.

O Museo




Nos anos en que Ignacio Calvo escavou en Santa Tegra (1914-1923), os achádegos destes traballos comezan a ser expostos nun local da Guarda, xermolo do museo que anos máis tarde se abriu na cima do monte.




No ano 1943 a Sociedad Pro-Monte adquiriu un edificio na parte alta do monte que fora deseñado polo arquitecto Antonio Palacios para o seu uso como restaurante. A este edificio trasladaron as pezas atopadas nas escavacións que configuraron o actual museo, que foi inaugurado o 23 de xullo de 1953 coa presenza dos arqueólogos asistentes ao III Congreso Nacional de Arqueoloxía.