domingo, 31 de mayo de 2009

O MENÚ

Onte fun comer fora e deronme esto de menu, estaba moi bo , pero quedei con certa desazón.

Por qué será?

sábado, 30 de mayo de 2009

M3NS4J3 C1FR4D0

C13R70 D14 D3 V3R4N0 3574B4 3N L4 PL4Y4 0853RV4ND0 A D05 CH1C45 8R1NC4ND0 3N 14 4R3N4, 357484N 7R484J484ND0 MUCH0 C0N57RUY3ND0 UN C4571LL0 D3 4R3N4 C0N 70RR35, P454D1Z05 0CUL705 Y PU3N735. CU4ND0 357484N 4C484ND0 V1N0 UN4 0L4 D357RUY3ND0 70D0 R3DUC13ND0 3L C4571LL0 4 UN M0N70N D3 4R3N4 Y 35PUM4... P3N53 9U3 D35PU35 DE 74N70 35FU3RZ0 L45 CH1C45 C0M3NZ4R14N 4 L10R4R, P3R0 3N V3Z D3 350, C0RR13R0N P0R L4 P14Y4 R13ND0 Y JU64ND0 Y C0M3NZ4R0N 4 C0N57RU1R 07R0 C4571LL0; C0MPR3ND1 9U3 H4814 4PR3ND1D0 UN4 6R4N L3CC10N; 64574M05 MUCH0 713MP0 D3 NU357R4 V1D4 C0N57RUY3ND0 4L6UN4 C054 P3R0 CU4ND0 M45 74RD3 UN4 0L4 LL1364 4 D357RU1R 70D0, S010 P3RM4N3C3 L4 4M1574D, 3L 4M0R Y 3L C4R1Ń0, Y L45 M4N05 D3 49U3LL05 9U3 50N C4P4C35 D3 H4C3RN05 50NRR31R.

viernes, 29 de mayo de 2009

A VOZ SUSÚRRAME UN POEMA, por Mary Hermo

A voz susúrrame un poema,

a túa alma regálame palabras,

a túa risa dáme alento

para o mañan.

Acompáñame nesa viaxe

da tristura,

neses días de dor,

empúxame cara a Ledicia.

Lévame de viaxe polas estrelas, e

faime soñar cada madrugada.

É unha fada que por amiga teño,

que se achegou a min

unha madrugada, na que perdera

o rumbo do seu camiño, e

agora non me deixa soa,

dáme os bos días,

as boas noites.

Vixíame e dáme alento

para non desfalecer.

Esa fada es ti,

esa fada é a miña amiga.

Mary Hermo.

jueves, 28 de mayo de 2009

de grandes ceas......




Coa axuda de esta foto podemos ver que o palleiro non se fai sen palla......
Sabedes máis refráns??

miércoles, 27 de mayo de 2009

CANTARES EXISTENÇIAIS: PERTENÇA, DESENGHAÑOS, TRISTURA, CONSOLO, ALEGHRÍA, RELEOS, ACTITUDES ...

- A Moimenta non vou mais que aínda me dixeron onte que salían a Cabrais.
(Xente que na época de fame saía á costa de Cabrais a asaltar.)
-------------------------------------------------------------------------------------

- Moimenta camiño duro, hei de pasear Moimenta de noite polo escuro.


- ¿De onde son, de onde serán? Sonche da canle de Cures daquela terriña chan.


- Para Cures n´ai (non hai) quen vaia. Para Cures iba eu se houbera quen me levara.


Para onde camiñades? - Para san Andrés de Cures. - ¡Que boa terra levades.!


Miña nai, casade á filla, non a deixes envelleçer que non son herbas dos campos que volvan a enverdeçer.


Imos subindo e baixando, sempre descalços e desnudos, así pasan os tres anos comendo os trompos duros. (Vida dun soldado na ghuerra de África comendo gharabanços).





A leva das ghuerras:


Cando era das ghuerras, dunha como de calquera outra que houbo no tempo, reclutaban por estas terras aos homes, moitas veçes forçadamente, para irse a ela anque non se lle perdera nada por alá. Entón o reclutado que marchaba para o serviço deçía con soidade e resignaçión:


- Dito falado: ¡Adeus mulleriñas que marchan os homes todos e ides tervos que agharrar ós carballos!.


E di o cantar entoado por elas:


- Aghora que vén a leva levar os homes todos, lévame o meu queridiño, lévame a vista dos ollos.

-------------------------------------------------------------------------------------------




Un vaise para A Habana e ve baixar unha viaxeira que iba moi fresca:


“De Cuba para La Habana vi bajar una viajera más fresca que una mañana y en tiempo de primavera”.



Miña nai non me casedes cun home que enviudou, non quero criar os pitos que outra ghaliña deitou.



Rosiña, si vas al monte mira que soy cazador.


Si tiro un tiro y te mato, para mi será un dolor. (bis)





Hoxe é luns, mañán é martes, cuarta feira logho vén. De mañán en oito días éche a semana que vén.




Palabras darei, darei. Palabras darei un çento e nincunhas cumplirei.


O río vai para baixo, leva carballos e follas, tamén podía levar / levare as lencuas marmuradoras.




Estrellita reluciente que vas de par de la luna, quiera Dios que lluevan palos por las costillas de algunos.


Meu santo San Salvador, pensamos amellorar e aínda imos a peor.


Miña cariña de rosa, vamos indo, vamos indo que esta terra non é nosa.



Era unha nai que tiña un fillo e pasaran moita fame para criar o fillo. Dóulle escola ata os doçe anos. A esa idade o fillo marchou para o mar cun amigho e o pai deste, embarcando no barco do pai do compañeiro. A todo esto di o cantar:


- Ghraçias a Deus miña nai que temos peixiños no mar a paçer e xa temos que comer.



Para non sentir pena, volverse tolo. Anque o traballo non é bo, non hai outro.



Llamó a mi puerta un anciano, yo le pregunté quien era. En lugar de responderme volvió a llamar con más fuerza. Bajé a abrir, ya no estaba, y tan solo vi en la puerta un letrero que decía: “El tiempo llama y no espera”.


Coraçón apaixoado, bághoas ter paçiençia, o que ha de ser desghraçiado, desde o berçe comença.


Estamos nunha terra tan miserable que se non me alabo eu non hai quen me alabe.





Fillo: - Mimadre, / Miña nai, non sei que teñen as flores do camposanto que cando as move o vento pareçe que están chorando.


Nai: - ¡Ai, meu fillo. Son almas do çeo!.




A requisa:


Un sacristán chegha a unha casa e peta na porta.


- ¡Señora ama da casa, vista o seu mandil de lan, dea unha volta na casa e veñan os ovos para acá. (Pedía os ovos para o cura, que acostumaba a ser unha duçia, anque case sempre se lle levaban directamente ó cura. Anteriormente eran máis cousas que os ovos)




Era un matrimonio no que a muller sempre lle iba á misa. El non estaba de acordo con esa instituçión e díxolle á súa muller:


- María e ti foderasme.

Di o cantar del:


- María, non quero que vaias á misa, nin á porta te asomes, nin collas / tomes aghua bendita onde a collen / tomen os homes.










Tállara das miñas entrañas, aldea incomparable, non te creas que te olvido, que che quero máis que a miña nai, que se tuvera diñeiro no Monte Castelo poría / poñería un letreiro que o que entre en Tállara que se fighure que entra no çeo.


Antes as casas tiñan porta con tarabelo e uns ventanuxos pequenos con tapas de madeira. Ás portas metíaselle a navalla e xa se abrían. Dille un moço a unha moça: - Mira, esta noite non teñas medo que ca punta da navalla hei de abrir o tarabelo e non teñas medo. E despois esa mesma noite así fixo e entrou na casa dela para estar os dous xuntos. O cantar dí así:

- Esta noite hei de ir alá, meniña non teñas medo que ca punta da navalla hei de abrir o tarabelo.



Taraghoña ponte firme que Rianxo xa caeu e o Araño está temblando co susto que colleu.


No monte de Araghón xa vin un araghonés, estaba clavando un clavo coa cabeça ao revés. Anda mañico rediós, que che vin mil veçes no Monte de Araghón xunto ós araghoneses.


Alá enriba naquel monte hai un santo, réçase non sei que e ghánase que tanto.


Porque chorando naçín, porque chorando naçín. Na pila do bautismo falta o sal para min.




¿De onde vés María?


Veño da verdura. Qué ricos repolos ten o señor cura.

martes, 26 de mayo de 2009

ALÓ, NO VELLO SANTIAGO. por Mary Hermo

Aló, no vello Santiago,

as rúas empedradas,

a maxia no aire envolve

os soños,

ilusións e lembranzas,

o camiño faise longo

ata chegar ó Obradoiro,

a música dun violín,

unha guitarra, e

unha frauta,

acompañan.

Hai tristura e ledicia,

vida e morte,

pero unha fada voa no aire,

converténdose nunha brisa dourada,

que acaricia os poros dunha pel

xa queimada.

E nesa praza añorada,

a esperanza, o soño, e

a ilusión cumpridos

daquela fada que amamanta

a pel de todo aquel que a ama.

Mary Hermo.

lunes, 25 de mayo de 2009

LA GENERACIÓN X

El objeto de esta misiva es la de reivindicar una generación.

La de todos aquellos que nacimos entre los 60 y 70 (un par de años arriba, años abajo), la de> los que estamos currando de algo que nuestros padres ni podían soñar, la de los que vemos que el piso que compraron nuestros padres ahora vale 20 o 30 veces más, la de los que estaremos pagando nuestra vivienda hasta los ¡60 años!.La de los que erdimos la virginidad con la novia o el novio.

Nosotros, no estuvimos en la Guerra Civil, ni en mayo del 68, ni corrimos delante de los grises, no votamos la Constitución y nuestra memoria histórica comienza con el munidal del 82.
Por no vivir activamente la Transición se nos dice que no tenemos ideales y eso que> sabemos de política más que nuestros padres y de lo que nunca sabrán nuestros hermanos pequeños y descendientes. Somos la última generación que hemos aprendido a jugar en la calle a las chapas, la peonza, las canicas, la comba, la goma, el rescate o el bote bote y, a la vez, somos la primera que hemos jugado a videojuegos.
Hemos ido a parques de atracciones o visto dibujos animados en color. Los Reyes Magos no siempre nos traían lo que pedíamos, pero oíamos (y seguimos oyendo) que lo hemos tenido todo, a pesar de que los que vinieron después de nosotros sí lo tienen realmente y nadie se lo dice.
Se nos ha etiquetado de generación X y tuvimos que tragarnos 'bodrios' como: Dallas,Hotel,Reality Bites, Melrose place o Sensación de vivir,> que te gustaron en su momento, pero... vuélvelas a ver, verás que chasco.
Somos la generación de Compañeros, de Al salir de clase...Lloramos con la muerte de Chanquete, con la puta madre de Marco que no aparecía, con las putadas de la Señorita Rottenmayer.

Somos una generación que hemos visto a Maradona hacer campaña contra la droga, que durante un tiempo tuvimos al baloncesto como el primero de los deportes (Gracias Chicho!).

Hemos vestido vaqueros de campana, de pitillo, de pata de elefante y con la costura torcida; nos pusimos bombers sin miedo a parecer skin heads.

Nuestro primer chándal era azul marino con franjas blancas en la manga y nuestras primeras zapatillas de marca las tuvimos pasados los 10 años (Esas J'hayber!).
Entramos al colegio cuando el 1> de noviembre era el día de Todos los Santos y no Halloween, cuando todavía se podía repetir curso.
Fuimos los últimos en hacer BUP y COU, .
Hemos sido las cobayas en el programa educativo, somos los primeros en incorporarnos a trabajar a través de una ETT y a los que menos les cuesta tirarnos del trabajo...

Siempre nos recuerdan acontecimientos de antes que naciéramos, como si no hubiéramos vivido nada histórico.

Nosotros hemos aprendido lo que era el terrorismo contando chistes de Irene Villa, tres ppas en mes y medio,vimos caer el muro de Berlín y a Boris Yelsin borracho tocarle el culo a una secretaria; los de nuestra generación fueron a la guerra (Bosnia, etc.) cosa que nuestros padres no hicieron; gritamos OTAN no! bases fuera!, sin saber muy bien qué significaba y nos enteramos de golpe un 23 F.

Aprendimos a programar el video antes que nadie, jugamos con el Spectrum, odiamos a Bill Gates, vimos los primeros móviles y creímos que Internet sería un mundo libre.
Somos la generación de Caponata, Espinete, Don Pimpón y Chema 'el panadero farlopero'.
Los q recordamos a Enrique del Pozo cantando con ganas la tabal de multiplicar,las pesetas rubias con la jeta de Franco en algunas de ellas.

Nos emocionamos con Superman, ET, los Goonies o En busca del Arca Perdida. Los del bocata de chorizo y mortadela y también Phosquitos, los Tigretones eran lo mejor, aunque aquello que empezaba (algo llamado Bollycao) no estaba del todo mal.

Somos la generación del coche fantástico, . La generación que se cansó de ver las mamá chicho. La generación a la que le entra la risa floja cada vez que tratan de vendernos que España es favorita para un mundial.

La última generación que veía a su padre poner la baca del coche hasta el culo de maletas para ir de vacaciones.

La última generación de las litronas y los porros, y qué coño, la última generación cuerda que ha habido.

La verdad es que no sé cómo hemos podido sobrevivir a nuestra infancia!!!!

Mirando atrás es difícil creer que estemos vivos en la España de antes: Nosotros viajábamos en coches sin cinturones de seguridad traseros, sin sillitas especiales y sin air-bags, hacíamos viajes de más de 6h sin descanso con cinco personas apretujadas en el coche y no sufríamos el síndrome de la clase turista.

No tuvimos puertas con protecciones, armarios o frascos de medicinas con tapa a prueba de niños.

Andábamos en bicicleta sin casco, ni protectores para rodillas ni codos.

Los columpios eran de metal y con esquinas en pico.

Salíamos de casa por la mañana,> jugábamos todo el día, y solo volvíamos cuando se> encendían las luces.

No había móviles. Nos rompíamos los huesos y los dientes y no había ninguna ley para castigar a los culpables.

Nos abríamos la cabeza jugando a guerras de piedras y no pasaba nada, eran cosas de niños y se curaban con mercromina (roja) y unos puntos y al día siguiente todos contentos.

Íbamos a clase cargados de libros y cuadernos, todo metido en una mochila que, rara vez, tenía> refuerzo para los hombros y, mucho menos, ruedas!!!

Comíamos dulces y bebíamos refrescos, pero no éramos obesos. Si acaso alguno era gordo y punto.

Estábamos siempre al aire libre, corriendo y jugando. Compartimos> botellas de refrescos y nadie se contagio de nada. Sólo nos contagiábamos los piojos en el cole. Cosa que > nuestras madres arreglaban lavándonos la cabeza con vinagre caliente (o los más afortunados con Orión).

Y ligábamos con los niñ@s jugando a beso, verdad y atrevimiento o al conejo de la suerte, no en un Chat.

Éramos responsables de nuestras acciones y arreábamos con las consecuencias. Sabias que se rifaba una ostia si vacilabas a un mayor.

No había nadie para resolver eso. La idea de un padre protegiéndonos, si trasgredíamos alguna> ley, era inadmisible, si acaso nos soltaba un guantazo o un zapatillazo y te callabas.

Tuvimos libertad, fracaso, respeto, éxito y responsabilidad, y aprendimos a crecer con todo ello. Eres tú uno de ellos?? ¡Enhorabuena!

domingo, 24 de mayo de 2009

DIA EUROPEO DOS PARQUES NATURAIS.


As Dunas

24 de mayo - Día Europeo de los Parque Naturales


Fraga do Eume
Este día se celebra en toda Europa en conmemoración de la creación de los primeros parques naturales de Suecia el mismo día del año 1909.La celebración del Día Europeo de los Parques va ser impulsada dos años por la Federación Europarc, que agrupa a los parques naturales de Europa, con el objetivo de fomentar el soporte público hacia estas zonas protegidas.



Illas Atlánticas O Xurés
Así, cada año se organizan diversas actividades en las áreas protegidas del continente para divulgar los valores naturales y culturales, y dar a conocer la importancia de proteger estas zonas.


Serra da Enciña da Lastra

sábado, 23 de mayo de 2009

DITOS E EXPRESIÓNS DO MUNDO NATURAL- Ramón Laíño

DITOS, EXPRESIÓNS, MUNDO NATURAL, ...


Eses dous / Esas dúas non serran bos paos. (Non se levan ben. Non conxenian).


É mala criança pero o animal descansa. (Botar os ghases, eructos, ... fóra de corpo).


Santa Luçía bendita, o que se dá non se quita.


Que vos aproveite coma se fora leite.


¡Ai Ramón, Ramón, dálle ó caño é ó timón.!


Eu non che ato á artesa. (Non che impido ir a onde queiras).




- ¿Cánto é?
- Quinçe.
- Do que non ten rinse an.




¡Tira, Pepe!

Hasta sete tira Pepe e de sete para riba aínda Pepe tira.



Esa persoa está amorriñada (decaída, desghanada).


Hoxe está un día aparromado (bretemoso, parado, baballando).


Todo o mundo é bo pero a capa non aparenta (apariençia: vestimenta, físico da persoa)


Todo o mundo é bo pero os feitos non cadran.


Coçido e asado, todo xuntado.


Ter a pioca (pereça).


O verán de San Martiño se é ghrande son tres días, anque pode cheghar hasta nove días.


O lume é un ladrón.


Está para bebelo paxariño. (Cando xa case enche o reçipiente ou se vai loghar o esperado).


¿Qué fais = Qué fas? / Vai Xan, vai. / Eichevai. / Eichovai.


¿Vístelo cabalo pinto por Chenlo? (monte entre Cures de Riba e o monte do Petón)


¿Vístelas tobadas da curuxa (raposo)? Existe a posibilidade de que indique a intençión de ter dado coa ghuarida dun raposo ou o lughar de acomodo íntimo dunha parella de persoas)


¿Vístela curuxa (ave ou raposa)? Pode significar a casualidade de atopar unha ave tan esquiva como esta ou a retranca de ter atopado unha muller que che encha o ollo.


Este é o camiño dunha vida e a vida dun camiño.


Carriço do demo, carriço de porco. (Por alghunhas persoas que se lles quere mal).


Diasile, diasile o que é parvo que espabile.


(Outra versión). Diasila, diasila, se es parvo espabila.


Con esta e con outras vamos lavando as poutas. (= As mans)


Que barbaridá, a vaca marela que dá leite. (Expresión de sorpresa usando o exemplo dunha vaca que non daba leite e aghora dá.)


Os moços morrerán pero os vellos non queda un.


¿A onde vas can? - A onde van todos.


¿A onde vas can? – A onde mo dan.


¿A onde vas tolo? – A onde van todos.


A vaca se é çegha ben a ves. (A çeghueira da vaca é ben visible.)


O día da Asçensión os paxaros non revolvían os ovos no niño.


O millo cando quenta o sol enrolla as follas ás doçe do día. Cando vén a noite di el: ¡Ai, deus o paghue que vén o roçío para beber polo día!.


¿Ou como é? - ¿É de nailo ou de que é?


Cásate compadre, cásate. Bestas con pelos hainas no Barbança.


¿Non sabes fumar? – Eu non pupo.


Eu creo que todos somos peleghrinos.


¡Xan, cásate!. – Como queres que me case se non teño con quen casar.


A terra é unha bola e nós somos os boludos.


¿E despois?. – O carro e mailos bois.



¡Joder!
Jodamos que todos somos hermanos.


¡Ai que me mata este burro que me ata!.


Sete fulanos querían levar un burro á força e non lle iba. E despois ó pouco tempo foi o burro solo.


Andaba por aí un rapas que non estaba ben da cabeça ou do sentido e deçía:

- Quen leva, leva e quen raña, raña / daña, daña.



E con estas e con outras estamos todos e estamos uns cos outros.


Paxariños miúdos ide para Belles que nos acabades co millo todo e máis co trigho.

(Dito dun señor que veu de Belles de Baixo e casou na Ameán. Cando vía que os seus froitos eran comidos polos paxaros importáballe máis o seu pan que a súa terra de orixe xa que tanto polo tanto non dubidaba en que colleran camiño para Belles e alí comeran o que se lles presentara.)



¿Enchéstelos lenços? (Cando se lle día alghuén que botou tempo esquençido a durmir e tardou en erghuerse da cama).


Estar penso (Estar de lado)


Son ditarachos (Son un deçir)


Nin (un) regho de terra = Persoa sen nada ou non lle dar nada a ninquén.


Non pagha a pena (Non vale a pena)


As vacas a façer xoeiras. (A façer callo no pescoço co xugho, ...)


Alghuén de alghures que vai para nincures.


Pasa burra. Mecagho no Dios que te dou. Vouche poñer a andar.


Viva a vida chico.


Ai que bo, macho, a nai que o pareçe.


Estas terras están escocuncadas. (Dise da terra que non dá ou non está produtiva.)


Escorrentar a un can: Pasa can. / Pasa can fame.



Chamar ós animais:

Polo can: Tou, Kis, Kis...

Polas ghaliñas: Churras, Churras. / Pitas, Pitas.

Polos parrulos: Churras, Churras / Pitas, Pitas.

Polo porco: Quiño, Quiño.

Polas pombas: Xuras, Xuras.

Polos cuicos: Cui, Cui.

Polos coellos: Sanches, Sanches ou Sanchiños.

Polo corvo: Roque, Roque.

Polo ghato: Mico, Mico.

Polas ovellas: Ven perica, ven. / Ven periquiña, ven.

Polas vacas, para chamalas: Tuma, Tuma / Toma, Toma / Ven, vaquiña ven.

Polas vacas para apartalas: Arreda, Arreda.

Polas vacas para dárlle para atrás: Sé vaca, sé.


¿Cómo estás tan amarilla? De comer plátanos verdes e pasear pola manighua.

viernes, 22 de mayo de 2009

¿CON QUE MANS ESCRIBIR? por Mary Hermo.

Este poema está adicado a unha persoa que xa non está entre nós, oxala o puidera ler antes, disculpádeme por non adicarvolo a vós, pero esto para min é especial e isa persoa comprendería do que falo, pero por desgracia deixounos e sei que estará voando libre xa.


¿Con que mans escribir?

As miñas foron despoxadas

do mellor sabor a froito,

da paixón desmesurada

que pola poesía sinto.

Non teño pluma,

non teño mans

por que a indiferencia

fixo delas morte prematura.

O pasado sepultounas

no máis escuro dos tormentos.

Pero si, teño corazón,

e latido, teño alma

e sentimento que fica

no máis a dentro

e de cando en cando

sae para fora

como bolboreta

en vuelo libre e sen

ataduras,

sen nada máis

que as gañas de piar

por saír da xaula

e recomezar a voar.

Mary Hermo.


BOIRO MÄXICO- A CALZADA DE VITRES




As comunicacións eran para Roma fundamentais.

En Galicia o foron tanto que se dixo que o substantivo da romanización se condensó nas calzadas. A marxe de valoracións, non hai dúbida que Roma sen o sistema arterial e venoso das súas vías non fose señora do mundo.

Dahí que na construción de calzadas chegasen a ser sabios enxeñeiros: tiñan entre dous e cinco metros de anchura, aínda que máis dimensións nas curvas peraltadas, usaron grandes laxas ben asentadas con morteiro, sinalizáronas con miliarios que eran hitos con información; e de cando en cando edificaron mansións ou estacións para descanso.

A Vía 20 do Itinerario de Antonino é a chamada "per loca marítima", xa que transitaba a costa galega.

Non están moi claros os puntos por onde este itinerario discorría a península de Barbanza.

Fálase de Bealo por unha vertente e de Noal por outra.

Tamén de Cures e Queiruga. Precisamente en Cures sobrevive, ascendendo a áspera xeografía do monte Vitres e o castro alí aloxado, un anaco moi substantivo e admirablemente conservado da calzada.

Con esta Vía e unha lexión, a "VII Victrix", que parece apostábase no citado punto orográfico, Roma tiña garantida a paz pola ladeira do Barbanza onde as xentes castrexas, moi bélicas, eran perigo permanente.

O viaxeiro que queira andar e saborear este anaco de 150 metros de calzada na seu máis puro estado ten dúas opcións: a primeira, tomar a estrada a Noia e virar cara a Runs até chegar ao caserío de Mosquete.

Tómase, como se anota, a estrada de Noia e, a pouco máis dun quilómetro, dóbrase á esquerda onde estaba o antigo matadoiro municipal, pásanse os caseríos de Runs e Mosquete, onde, coa axuda dun guía chégase prontamente á Vía.

A segunda vai ascendendo pola estrada de Santiago de Lampón, en Escarabote, que enseguida deixa ao viaxeiro no citado Mosquete.

Dende alí, unha 'corredoira' que gatea entre piñeirais, toxeiras e 'xesteiras' condúcenos, tras unha camiñada de dous kilómetros ao momento máis sobresaliente da calzada, onde se expresa co máximo esplendor de enxeñaría e beleza, é viaxe que gratifica.

Tamén sobreviven anacos de calzada, pero máis vagos, por Belles de Abaixo e de Arriba. Estas rutas son ideais para os turistas gustosos do sendeirismo e o contacto coa natureza no seu estado máis salvaxe.

jueves, 21 de mayo de 2009

AS DAMAS DE ELCHE


Supoñemos que esto será Elche, pero nin idea de quenes son as Damas.
AXUDA!! nomes e datas.....

miércoles, 20 de mayo de 2009

AS LETRAS, XERMEN DA PALABRA, por Ramón Laíño



Letras xunghuidas aos seus sons e ás súas formas.


Letras suaves, letras rotundas, letras de amor, de pas, e de dor Con sabor, letras ansiosas de cada sentir, letras propias e alleas.


Enrevesadas, rectas, curvas, ghrandes e pequenas. Anchas, estreitas, sans e enfermas.


De cores diferentes como o arco da vella, así no çeo. Frías e quentes, apaghadas ou refulxentes.


Aprendiçes constantes de toda época e momento. Como transmisoras da fermosura e fealdade das xentes.


Semente nuclear e creadora de verbas que alimentan a alma e o mundo. Narradoras de ideas compartidas ou, discordantes.


Xogho de palabras que compran e venden, que buscan e encontran. Que se pronunçian e se perden, enredantes e baleiras, con significado e profundas.


Verbas do pensamento, verbas do aire, articuladas, entendibles, incomprensibles. Verbas do medo e da aleghría, verbas fuxidías.


Veículo do propio coraçón. Da casa, da familia, dos amighos, dos estranos, das entidades e das instituçións.


Relatoras de mundos por descubrir. Mundos reinventados, misteriosos, ocultos, imaxinados, lembrados.


Signos dos alimentos que culinariamente combinados nos sustentan. Dos sentidos que perçiben o exterior, do movemento dos nosos corpos.


Letras das vidas da xente, do mundo animal, doutros seres. Letras de libros sesudos, açuis, rosas, amarelas, vermellas, verdes esperança, ...


Verbas de báter e de odio que causan pena. Verbas bonitas e de amor que dan vida. Verbas do vivir de cada día.


Palabras con fillos reproduçidas e unidas en tamaño aumentadas. Que nun instante se fragmentan e, desmenbran en novas vidas.


Durmidas, sentadas, ou de pé esperando activas, formas antighuas, contemporáneas e futuras a través do aire comunicadas para quedarse no éter suspendidas.


Pioneiras aventuradas en orbes, conçeptos e formas desconoçidas que exploran a súa apariençia, sustançia e medida, dándolle sentido ao seu continente e contido.


Antighos sons articulados, sons de hoxe, e dos que por cheghar están, expresados na materia, no orghasmo e no espírito. Terrenais, místicos e çelestiais, viaxando no tempo.


Bens usados, queimados, despraçados, esquençidos. Recuperados das súas propias çinsas. Bens inventados e creados, de novo naçemento.

martes, 19 de mayo de 2009

GALICIA ENCANTADA- O CASTRO DE BAROÑA



O castro de Baroña (concello de Porto do Son), está situado nunha pequena península, só únese á terra por un corto istmo de area donde están as primeiras defensas.



O poblado consta de dous grupos de vivendas circulares u ovaladas separadas por unha muralla escalonada con dirección este-oeste (perpendicular ao exterior). Da primeira zona ascendese á segunda por unhas escaleiras monumentais.
Creese que orixinariamente, estivo habitado por algunha tribu celta dos presamarcos, mais tarde parece que foi romanizado e permaneceu habitado ata unha época moi tardía, tal vez ata a chegada dos suevos.

lunes, 18 de mayo de 2009

ACTOS DO 25 ANIVERSARIO- CONCERTO E EXPOSICIÓN



ONTE TIVERON LUGAR OS ACTOS DE CLAUSURA DO XXV ANIVERSARIO DO IES PRAIA DE BARRAÑA.



EMPEZAMOS COA EXPOSICIÓN DE FRAN BLANCO ALCALDE, PROFESOR DO IES, .....


CONTINUOU A FESTA CO CONCERTO DOS MENESTREIS.



REMATOU CON DIVERSOS AGASALLOS PARA PRESENTES E NON PRESENTES QUE LLE SERÁN ENTREGADOS EN MAN NO IES.
POLO MOMENTO SEGUIREMOS CO BLOG O QUE RESTA DE CURSO...

GRACIAS A TODOS POR ESTAR AHÍ.......

domingo, 17 de mayo de 2009

DIA DAS LETRAS GALEGAS



O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia através da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.



O 20 de marzo de 1963, baixo o franquismo, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega".




Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, a data real de publicación do libro descoñécese, pero nese día Rosalía dedicoullo á tamén poeta Fernán Caballero.



Publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, obra de Fermín Bouza Brey. A festa tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nível literario senón nos ambientes populares. A partir de entón dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración se cumpriran dez ou máis anos do seu falecemento.




Autores homenaxeados

1963 Rosalía de Castro
1964 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
1965 Eduardo Pondal
1966 Francisco Añón Paz
1967 Manuel Curros Enríquez
1968 Florentino López Cuevillas
1969 Antonio Noriega Varela
1970 Marcial Valladares Núñez
1971 Gonzalo López Abente
1972 Valentín Lamas Carvajal
1973 Manuel Lago González
1974 Xoán V. Viqueira Cortón
1975 Xoán Manuel Pintos Villar
1976 Ramón Cabanillas
1977 Antón Vilar Ponte
1978 Antonio López Ferreiro
1979 Manuel Antonio
1980 Afonso X o Sabio
1981 Vicente Risco
1982 Luis Amado Carballo
1983 Manuel Leiras Pulpeiro
1984 Armando Cotarelo Valledor
1985 Antón Lousada Diéguez
1986 Aquilino Iglesia Alvariño
1987 Francisca Herrera Garrido
1988 Ramón Otero Pedrayo
1989 Celso Emilio Ferreiro
1990 Luis Pimentel
1991 Álvaro Cunqueiro
1992 Fermín Bouza-Brey
1993 Eduardo Blanco Amor
1994 Luis Seoane
1995 Rafael Dieste
1996 Xesús Ferro Couselo
1997 Ánxel Fole
1998 Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho (en conxunto, autores de cantigas medievais)
1999 Roberto Blanco Torres
2000 Manuel Murguía
2001 Eladio Rodríguez
2002 Frei Martín Sarmiento
2003 Antón Avilés de Taramancos
2004 Xaquín Lorenzo
2005 Lorenzo Varela
2006 Manuel Lugrís Freire
2007 María Mariño Carou
2008 Xosé María Álvarez Blázquez
2009 Ramón Piñeiro

sábado, 16 de mayo de 2009

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS-25 aniversario IES PRAIA DE BARRAÑA

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURA DE FRAN BLANCO_ PROFESOR DO IES PRAIA DE BARRAÑA
- Domingo 17 de Maio -19.00 e despois....

OS MENESTREIS




O 17 DE MAIO NA CASA DA CULTURA RAMÓN MARTINEZ LÓPEZ ÁS OITO DO SERÁN..SERÁN AS OITO......





ESTOS PROFESORES (mínimo hai catro)COMO NON TEÑEN NADA QUE FACER... TOCAN A FLAUTA





haberá que ir a velos logho....

viernes, 15 de mayo de 2009

LETRAS GALEGAS 09- RAMÓN PIÑEIRO





Ramón Piñeiro, protagonista do Día das Letras Galegas 2009


Ramón Piñeiro López ,que fora o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, será o próximo homenaxeado do Día das Letras Galegas.


O plenario da Real Academia Galega decidiuno pola dedicación, total e desinteresada, da súa vida na defensa de Galicia e da súa cultura que debe ser unha referencia moral indiscutible e necesaria cara ás novas xeracións.


Os seus traballos sobre pensamento e filosofía, dedicados maioritariamente " saudade", así como as súas traducións supuxeron un "paso decisivo" para a normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, indica a Academia.


Influencia en xeracións de galeguistasRamón Piñeiro (Láncara (Lugo), 31 de maio de 1915-Santiago 1990), que tivo gran influencia en xeracións de galeguistas, logrou, segundo a Real Academia, que o galego superarse a cualificación de lingua rural ou poética na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois de postguerra.


A RAG tamén se refire ao labor ensaística de Ramón Piñeiro, recollido parcialmente nos libros "Olladas non futuro", "Galicia", "A linguaxe e as linguas" ou "Lembrando a Castelao", que reflicten os eixos fundamentais do seu pensamento e destacan a necesidade da reafirmación cultural de Galicia como "camiño fundamental para a súa realización como pobo".


Impulsor da normalización igualmente, a Real Academia refírese ao labor do elixido para dedicar o Día dás Letras de 2009 como impulsor da normalización do galego nos anos difíciles da postguerra, o que quedou recollido en numerosos artigos e actividades, como a publicación do Dicionario Enciclopédico de Don Eladio González.


Como director literario da editorial Galaxia, tamén contribuíu á publicación de numerosos libros en galego e encheu un baleiro "como ningunha outra institución", nos anos anteriores á transición democrática.


Piñeiro tamén destaca como animador cultural galeguista, ante o que a RAG cita actividades tan singulares como a colección Graal e a Revista Galega de Cultura, que recolleu a maioría do traballo ensaístico galego da postguerra.


Primeiro presidente do Consello da Cultura igualmente, a Real Academia Galega recorda que foi elixido en 1967 como membro numerario desta propia institución, á que se incorporou cun discurso sobre a linguaxe e as linguas.


Tamén participou na creación do Consello da Cultura Galega no ano 1983 e foi o seu primeiro presidente, cargo que ocupou ata a súa morte.Finalmente, a RAG destaca como outra das súas facetas o seu labor "socrática, ejemplarizada nas conversacións na súa mesa padiola, na súa intensa e xenerosa correspondencia epistolar fose e dentro de Galicia, moi en concreto en relación coa mocidade" tanto nos "escuros" tempos de postguerra como posteriormente, con toda "persoa que tivese Galicia como referente das súas actividades ou ideais".


http://www.galiciae.com/nova/13465.html?lang=gl

jueves, 14 de mayo de 2009

ACTOS DO 25 ANIVERSARIO

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURA DE FRAN BLANCO_ PROFESOR DO IES PRAIA DE BARRAÑA
- Domingo 17 de Maio -19.00 e despois....

OS MENESTREIS




O 17 DE MAIO NA CASA DA CULTURA RAMÓN MARTINEZ LÓPEZ ÁS OITO DO SERÁN..SERÁN AS OITO......


ESTOS PROFESORES (mínimo hai catro)COMO NON TEÑEN NADA QUE FACER... TOCAN A FLAUTA

haberá que ir a velos logho....

ADIVIÑAS- Ramón Laíño

ADIVIÑAS


¿Qué cousa é cousa que bate na lousa e nunca se pousa? - A mosca.


¿Que cousa fala no noso corpo? – A lincua.


¿Qué cousa é cousa que anda de día e noite e non chega á casa de seu dono? – O muíño.


Unha cousa que anda arredor, arredor e nunca chegha a casa. ¿Qué é?

– O muíño

¿Qué cousa é que se corta enriba da mesa e non se come? – A baralla.


¿Qué cousa é que o que o fai, faina cantando, o que a compra, cómpraa chorando e o que a leva non a ve? – O cadaleito.


¿Qué cousa é cousa que come pola barrigha e cagha polo lombo? - O çepillo de carpinteiro.


¿Cómo lle chaman ó mundo? – Unha bola e nós os boludos.


Unha señorita moi aseñorada, con tanto romendos, sen unha puntada. (A ghaliña, que ten as plumas espetadas).


Mira rapasiña, mira como veño, chea de puntadas e sen un romendo.
- A ghaliña.


Os sabores dos sabores, ¿que é? – O sal.


Un carreiro de señoras, cando mexa unha, mexan todas. ¿Qué é? – As tellas.



Ten a árbore doçe ramas, cada rama catro niños, cada niño sete paxaros e cada cal o seu motivo.

– É o ano cos doçe meses. Cada mes catro semanas, cada semana sete días e cada día o seu nome.



Redondiño, redondete, metido nun cabulete (casca), nin coçido nin asado, nin se come con cuchara. Non açertarás para este ano, nin para outro que viñera senón que eu cho dixera.

- É a nos. (Froito seco)



Estou no mar, estou no aire, estou na casa, estou na calle. Medita un momento que non é cousa rara e a pouco que penses poderás açertala. – A carta.


Unha María blanca coma unha pomba. Para ser pomba, ¿qué lle falta?- Ter as alas.


O home para ser perdighón, ¿qué lle falta? – As patiñas encarnadas.



¿A que volta se deita o can? – Á última.

(Outra versión): - Ás tres. Entra para o cortello/casarello, e anda tres voltas ó redor e ás tres déitase.



¿Qué fai un burro ó sol? - Fai sombra.


¿Por qué vai un can detrás dun coche cando pasa? – Porque vai o ghato dentro do coche.


Unha casa sen fume nin cheminea e mantén unha patulea (a todos). ¿Qué é?

- A ighrexa.


¿Qué cousa é cousa que sempre está dan, dan e nunca da nada? – A campana.


Alto me vexo no meu lugharexo, por unha risada perdín miña anada. (O castiñeiro que perde as castañas cando abren os ouriços.)



¿Por qué as mulleres non poden ser electriçistas?

- Porque en caso de emerxençia tardarían nove meses en dar a lus.


¿Qué lle di unha lus a outra? – Sempre dando lus e nunca temos fillos.


Do alto me miras e comer me querías. Ti morrerás e eu quedarei. De ti se fará onde eu me irei. – O po.


Na calle se viste e na calle se desviste. ¿Qué é? - ????


¿Qué lle di un misto a un pitillo? – Vamos fumar.


¿Qué lle dia un barrendeiro a unha barrendeira? - ¿Onde botámolo polvo?


¿Onde é Ghustodeboi? – Na cona da vaca.


¿De quen é o can? – Da cadela.

miércoles, 13 de mayo de 2009

SOMBRA PERO ANTES... por Mary Hermo

Sombra pero antes

fun verba e son,

calma e tormenta,

reina e cincenta.

Vó pero antes

fun nube e ceo,

paxaro e niño,

viaxe e paisaxe.

Son pero antes

fun culpa e perdón,

camiño,

cativa,

emoción.

Antes de volver ser sombra

quero voar e cantar de novo,

Antes de ser soño fun descanso,

remanso,

ledicia,

canción.

Do amor coñecín

o sorriso e a dor,

pero inda gardo no meu corazón,

as caricias e o seu calor.

Foza, luz,

esta cruz pesada,

este amor xa é parte da miña historia,

pero queda gardado no mellor rincón

do meu corazón,

e da miña memoria.

Prefiro ser sombra,

antes de ser alfombra.

Mary Hermo

martes, 12 de mayo de 2009

LENDAS-A SANTA COMPAÑA EN CARRAL




Foi unha vez que un pai e mais un fillo, que xa era home, viñan dunha viaxe e tiveron a desgracia de seguir, sen se deporcatar e sendo noite, un camiño que pasaba preto do adro dunha igrexa.

Dándose de conta do mal que lles traía o seu descoido ó se atopar nunha revolta coa Santa Compaña, que ó ser as doce sae do cemiterio para facer a súa rolda.

Pai e fillo viron arrepiados as luceciñas verdeás dos fachos que portaban as almas en pena e oíron o borboriñar dos pregos dos defuntos e, daquela, foi tanto o medo que gañaron que quixeron fuxir a escape sen o conseguir, porque o vello, xa canso e de pocas forzas, tropezou e caeu de contado sen folgos nin azos para se valer.



O fillo chegou un pouco máis lonxe, pero mellor lle fora caer coma o pai para se aforrar moitos contratempos, xa que, coma o vello, tampocuco tivo forzas nin saber para riscar no chan o circo e poñerlle no medio a cruz, como é ber para se librar das cousas do outro mundo en meténdose un dentro.

O pai, ó caer no chan, afociñado, quixo comprender que a Santa COmpaña para por riba del, pois sentiu ben no corpo como o tripaban as pasadas dos defuntos, deixándoo esmendrellado; fixo un esforzo erguendo un pouco a cabeza para mirar se vía ó fillo, mais, como era noite, non o viu.

Escoitou un pouco e non oíu cousa. Sen dúbida, levárao a Santa Compaña para portar a cruz, o caldeiro da auga benta e mais o heizope.


O pai, daquela, perdeu o acordo e non foi home ata o abrir do día. Estaba canso e sen forzas, doíalle o corpo, quixo porse en pé e as pernas non termaban del.


Ó cabo, mal como puido, case ás arrastras, foi facendo o camiño da casa.


O fillo aínda non chegara e el, perdida a cor e esgumiado, máis semellaba un defunto.


Ó rapaz atopárono logo os veciños. Apareceu durmido pé do cruceiro da parroquia, collendo nunha aperta o talo da cruz. O pai apenas tardou tres días en morrer e o fillo durou pouco máis tempo, mais ben pouco foi.


Ninguén conseguiu del que dixese cousa, porque o que vai cos defuntos, aínda que queira, non pode dicir o que ve nin o que lle mandan facer e tampouco quen é o que o fai: non pode virar a cabeza para ver o que leva detrás de si, por eso nunca ninguén dá razón.


O único que lle é doado facer ó que vai coa Santa Compaña, se é que se sabe dar xeito é, se atopa a outro desgraciado no seu camiño, o porlle nas mans a cruz e o caldeiro de auga benta e máis o heizope, librándose de seguir el ó deixar a outro no seu canto, mais, dende que o fai, e pouco o que tarda en morrer, pois co seu rudo traballo de po-la noite, perde a cor e vai esmorecendo cada día máis, mirrándose pouco a pouco.


CARRÉ ALVARELLOS, Lois. Contos populates da Galiza, Museu de Etonografía e História, Junta Distrital do Porto, Porto, Portugal