domingo, 31 de agosto de 2008

O FESTIVAL-

video


Por aqueles tempos os fillos das dúas canles de TVE tiñamos unha cita ineludible coa televisión, como podedes saber esa cita era o Festival da Eurovisión, un título que estivemos apunto a gañar un par de anos antes, pero o fair -play dos nosos membros do xurado lle dera o título a Israel(Que ainda non entendo por qué está en Eurovisión, nin porque o Maccabi xoga a copa de Europa, xa que están en Asia).


Este ano, dicían os expertos que había posibilidades, nos representaba o grupo BRAVO con unha canción que falaba do amor e desamor dunha señora de certa idade , un fío conductor moi parecido ó PENÉLOPE de SERRAT, pero cun final distinto .


O grupo español fixoo bastante ben, para o que a canción daba de sí, e Uribarri se felicitaba polo boa que era a canción, non contaban con que os tempos estaban cambiando (Como diria Dylan ou mesmo Loquillo) e o que se estilaba polo momento eran as cancións "festivaleiras", unha especie de son pop, con toques de Bubble Gum, coreografías ben estudiadas e xente guapa bailando en traxes horteras.


E así foi, comenzou a puntuación e empezaron as quinielas, non íamos mal, nos votara Grecia (Por eso de que a raíña era irmán de aquel rei que tiveran en Grecia e que tiveran que largar por dictador...APLASTANTE LÓXICA), Portugal, (pacto de boa vecindade), Inglaterra, Alemaña, Mónaco,etc.....

Pero se nos iban ...o grupo Herrey´s que representaba a Suecia, tomaba ventaxa e daba ó traste todo o noso rancio fervor patrio .

Venderon varios discos en España, un deles mercouno meu primo,mediante o Boletín Discoplay, os outros tres non sei quen foi pero penso que unha vez Tino o pincha da Frama, un tipo largo con un parecido asombroso a Franco Batiattto, puxo esta canción cando quedabamos catro desgraciados na pista.

Os nosos representantes quedaron de cuartos, posto digno, medalla de chocolate.

Esto era o que había, e desgraciadamente o asunto da Eurovisión foi a peor, ......lamentable.

Sempre nos quedará Massiel,(se está sobria,claro)



video

viernes, 29 de agosto de 2008

Toda aquela xente que nos quera deixar material, fotos, videos,historias, artículos,etc. e non poda envialo por e-amail á nosa dirección, pode deixalo no Departamento de Cultura Concello de Boiro- A Cachada, nun sobre pechado que poña BLOG INSTITUTO, e dende alí nolo farán chegar, o material devolverémolo nunha semana da mesma forma.
¡¡¡VEÑA A COLABORAR!!

VIAXE A EXIPTO

Nesta foto, hai tres persoas que inauguraron o instituto, penso que as tres cambiaron un pouco, pero non sabería decir quen cambiou máis.
Veña, a acertar.
Para os gañadores unha viaxe a Exipto.


jueves, 28 de agosto de 2008

LIFE IS LIFE.....(divagacións dun pesimista)

Vivimos nun mundo cheo de mentiras, de falsa crenzas, con líderes de palla, testas de ferro, cabezas de turco e ídolos con pés de barro, onde o mellor amigo do home non é o can....e o chivo expiatorio.


O feito de que se fagan vintecinco anos dende a inauguración do centro escolar no que en Outubro fetexamos dita efeméride, fainos pensar que nós cambiamos pero o mundo non cambiou , seguimos seguindo a líderes que nos fan saltar por riba das amizades.


Un mundo que segue sosténdose en Guerras por intereses; África é un parque temático das guerras, ben sexan polo Coltan, polo Cacao, polos diamantes, caucho ou petróleo.


Asia é a contaminación e a man de obra barata, un continente que no seu surleste concentra 2.700 millóns de habitantes, e que carece de recursos para alimentalos a todos, a verdade non augura un futuro moi prometedor, por non falar do oeste do continente , enrocado nunha tolemia belicista que a súa vez obedece a intereses de occidente, tapado polas crenzas que nos fai caer nun maniqueísmo irracional.


Europa estase convertindo no refuxio dos desamparados, sendo o paradiso do social, pero as políticas dos paises europeos, así como a carencia de recursos para empregar a todos, fai que cada pais viva verdadeiras traxedias nas súas liñas fronteirizas.


Sudamérica, niño de corruptelas durante anos, facendo así alarde da súa herdanza hispana, continuamente manexado polo amigo do norte, que coloca dictadores ó seu antoxo e intenta quitar ós dictadores que non se doblegan ós seus intereses.


Oceanía, retiro sanador de xenios como Gauguin ou Stevenson, coa grande Australia, dominada polo gran deserto vermello onde vixia o monte Uluru,(antigamente Ayers Rock),cos descendentes de unha gran casta de delicuentes, e desherdados de procendencia anglosaxona, froito da súa inicial misión que era facer de prisión para esta xente.


E por último a Gran Norte América, actual imperio sen emperador, manexador dos fíos deste mundo en máns de oscuros intereses onde a humanidade e as coberturas sociais son segundo prato para os políticos de turno, ben burros ou elefantes,que dende a revolta do té comenzou unha espiral de mentiras, pasando polo Álamo, o Maine, ou as armas de destrucción masiva no Iraq, colocando sucursais do seu imperio corporativo por todo o mundo.


Toda-las épocas tiveron o seu imperio dende Nabucodonosor e Ciro, Ramsés,pasando por Alejandro, César, Atila, Kuwlai Khan, Timur Lang, Iván IV,Napoleón, FelipeII, Elizabeth, Napoleón ou o innomeable Adolf Hitler; Todos tiveron os seu momento de gloria, e os seus momentos de penuria, momentos de victoria e derrota, alegria e tristura, pero todos coincidiron nunha cousa,.....despareceron,e a nai Gaia, permaneceu inmutable a pesar de todos estes ¿grandes? homes.


Tocará nalgún momento a caida do actual imperio e o ciclo completarase, pero con danos irreparables, xa que o finado século XX, foi o máis nefasto para a humanidade en tódolos niveis, tanto no nivel demográfico, como no humanitario, económico e científico, xa que o xen que domina ó ser humano é o xen da autodestrucción, e cada avance se contrarresta con unha aplicación destructiva (Homo homini lupus); Se os pioneiros da aeronaútica, ou os esposos Curie, pasando por centos de persoeiros que pasaron polo mundo, erguesen cabeza e visen as aplicacións atroces dos seus descubrementos, sen dúbeda voltarían ás suas tumbas e se enterrarían aínda máis; Mentres tanto,.....Gaia séguese laiando.


Pero nun mundo no que os sombreiros de Panamá se fan en Honduras,no que Agustina de Aragón naceu en Reus, ó R. Madrid fundouno un catalán e ó Barça un Suizo,as caixas negras dos avións son naranxas, no que os cultivadores de cacao non poden tomar chocolate, os cosedores de zapatillas andan descalzos, ou os colocadores de ladrillos non teñen vivenda, pódese esperar de todo.


Os ídolos son famosillos de fábrica, deportistas sen cultura, empresarios tiburóns, metidos nunha constante montaña rusa que fai que estean arriba e abaixo constantemente, en resumo, ídolos con pés de barro.


E daqueles tempos, dos anos 80, só nos queda disfrutar dun bó exemplo de alguén que, como o mundo, como nós que foi e nunca será............LIFE IS LIFE...............................



video

martes, 26 de agosto de 2008

OLIMPIADAS 84- O FILLO DO VENTO....


video




video

Agora que remataron as Olimpiadas PEKIN 2008, é un bó momento para lembrar as Olimpiadas LOS ANGELES1984, este que acabades de ver, foi o deportista máis destacado de ese ano en California.
E a continuación as súas opinións na actualidade.

videoVai por él.


lunes, 25 de agosto de 2008

AS DEZ PROBAS DE HÉRCULES



Esta foto, xentileza de Lilí Fabeiro, prantéxanos varios enigmas:
-O primeiro, ¿Quenes son as dúas rapazas que estás ó fondo encima dos burros?
-O segundo, ¿Quen é o que está debaixo do burro?
-O terceiro, ¿onde é?
-O cuarto,¿Que ano é?
-O quinto, ¿Candos quilos soportaba o cuadrúpedo?
-O sexto, ¿Cantos soportaría actualmente?
-O séptimo: Se o citado persoeiro nos escribeu un comentario desde Málaga, nos preguntamos,
-¿¿Necesita un funcionario de carreira, corpo de PES, con 5 sexenios e dez trienios, buscar unha segunda ocupación nos meses do verán na citada localidade, paseando turistas??
-O oitavo. ¿Que canción sona no video-clip?
-O noveno. ¿Que profesores foron a esa viaxe?
-O décimo. ¿que lle pasou nesa viaxe ó outro profesor?


Estas son as dez probas así que...

¡veña!,....a contestar, mentras recapacitades.... Minutos Musicales

video

domingo, 24 de agosto de 2008

LOS ANGELES








LOS ANGELES 84



Xa que estamos coas Olimpiadas, ahí vai unha pregunta:

Estes foron os medallistas españois nas Olimpiadas de Los ANGELES 84.
¿Alguén sabe quenes son??

Os gañadores recibiran o seu premio na cea do día 17 de Outubro: Un aprobado en Historia para os seus fillos e máis dúas ducias de ovos da casa.



¡¡¡ Vamos, a exprimir o coco!!!!

Mentras tanto Minutos musicales con pregunta, Autor, Título e Ano.. ... ¡¡¡¡¡é dificilíssssima!!!


video

sábado, 23 de agosto de 2008

O GUATEQUE

Ainda me lembro de aquel venres, había un guateque,unha cousa que levabamos bastante tempo esperando, era o noso bautismo de lume; por aquela saíase os domingos e ata ás doce, e aquela era unha boa ocasión para escapar durante unhas horas do control paterno.

Aquela tarde fomos directamente do instituto á Sá de Festas "As Delicias" (actual Tonos), naturalmente fomos polo camiño largo, collemos un "ATALLO", que iba por detrás do Espadañal e saía onda a de Elenita "A Bicha", meu amigo Ramón "O Caíno" e máis Eu, paramos debaixo dun vimbieiro a beber unha botella de champán a morro, e xa chegamos un pouco quentes e con algunha risa de máis........

.-"Estás calzado", decía meu irmán,

-"Pasa de mi" repliqueille eu.

Despois e discutir durante un bó rato, marchamos Ramón e máis Eu ós Trillizos, a tomar uns cañóns con xenebra, xa que había un partido de fútbol que queriamos ver, España-Malta..........ninguén pensaba no milagro, pero as cousas sucederon de forma distinta.

Alí atopamos a Gento e a Pepe que o estaban pasando en grande.

-Xa van catro-un, dixeron.

-Ainda faltan oito, non chegan,replicamos, ......pero seguiron caendo goles como churros,ata que José Angel de la Casa gritou-¡GOOOOOL DE SEÑOR!!!!!!!!, con galo incluido, final e misión cumplida.

Volvemos ó guateque e continuou o baile de cubas-libres ata que me vin tumbado nun sofá con Carlos e Sandra dándome tónicas, pouco a pouco, tras visitar o baño, foime pasando o peido, pero aínda tambaleaba para os lados, intentando seguir pola liña de baldosas que me levaba á casa.

Cheguei á casa disimulando, din as boas noites e me fun durmir, o maldito helicóptero non marchaba, botei pé o´chan como está escrito e esperei.... ata que quedei durmido.

Ó día seguinte erguinme cedo, e paseei a resaca por todo Boiro, orgulloso da miña primeira borrachera solventada con éxito.

A música de aquela noite non a lembro moi ben, ligar non liguei, pero o que si lembro e o Bar Os Trillizos, saltando co fútbol, como se a nós nos fora a vida niso.

En fín, vintecatro anos máis tarde volvemos a vivir a mesma experiencia, e cabe decir que ........CATRO VECES Ó SÉCULO, PAGA A PENA.........

video

viernes, 22 de agosto de 2008

A VOZ DE GALICIA

PUBLICADO HOXE NA VOZ DE GALICIA

La primera promoción del IES Praia de Barraña celebrará los 25 años del centro con una gran cena
Visita o LInk e verás a noticia.

SOLUCIÓNS

SOLUCIÓNS Á FOTO-ENIGMA

Abaixo---Ferre, Abeijón (con tupé)

Arriba--Rosa Ozores-Tucho-Mouriño-César Gómez-Mary Vara-Jose Luis Fdez- Flor Abal

Se alguén non está de acordo , que me envíe os seus padriños.

Mentras Tanto a escoitar .. ¿música?

video

jueves, 21 de agosto de 2008

PUBLICIDADE

HOXE NON PODEMOS ESCRIBIR NADA XA QUE TEÑO QUE FACER UNS ANALES, TEÑO QUE REVISAR O ESTERQUEROL, O ÁSIDO SULFÚRICO, E VER COMO ME ANDA A ASIÁTICA.

ASÍ QUE.......DAMOS PASO Á PUBLICIDADE
video

martes, 19 de agosto de 2008

Segundo A- ¿¿sen erros??

Había uns erros na configuración da lista de 2A, pero gracias a un ex alumno, poidemos solucionalo.
Esta é a xente que estaba en Segundo A, se coñecedes a algúén, fecédelle chegar a dirección do blog, e que nos mande un mail, para poder facer unha base de datos e estar todos en contacto.

Alcalde Lojo, Encarna,
Ana Cristina Blanco Romero,
Susana Blanco Silva,
Pilar Fernandez Sieira,
Cristina Fernandez Treus,
Ramón Fernandez Vidal,
Luis Ferreirós Blanco,
Bernarda Ferreirós Calo,
Maria Dolores Garcia Gonzalez,
Natalia Lojo Blanco,
Tucho Lopez fernadez,
Bernarda e Emilia Martin Muñiz,
Francisco Mato Agrelo,
Roberto Miguéns Resúa,
Francisco Muñiz Redondo,
Mari Cruz Muñiz Vila ,
M Carmen Ozores fernandez ,
Rosa Maria Perez Muñiz,
Javier Piñeiro Blanco,
Mila Piñeiro Dominguez,
Ana e Anxeles Piñeiro Triñanes,
Rita Piñeiro Vázquez,
Jose Antonio Ramallo Araújo,
Ricardo Rey Silva,
Jose Ventura Romero Outeiral,
Juan Jose Saborido Silva,
Jose Manuel Tarrio Segade , (mención a Jordan, que xa nos deixou)
Ana Trasbach Sanisidro
Francisco Javier Tubio Viturro,

Profe titor.. XOSE ANTONIO VIÑA
Que 25 anos non son nada!!!!!!!!!!

Gracias Juan, sempre ó quite

domingo, 17 de agosto de 2008

Excursión

Aqui vai esta foto (cortesía de Mari Vara e enviada por Pepe Mouriño) dunha excursión que fixemos, a ver si alguen pode dar mais información porque eu non sei que sitio era, nin tampouco podo decir si era en terceiro ou en COU.

COU


Esta é a lista da xente de COU, non a dividimos en grupos porque non sabemos quen pertence a cada lado, A e B

-Maria Dolores Armental Romero
-Mercedes Ballesteros Torrado
-Beatriz Cabrera Araujo
-Cipriana Castro Olveira
-M.Angeles Calo López
-Jesús Deira Laiño
-Manuel Dieste Del Rio
-Jorge Escurís Figueira
-Marta Farto Mosquera
-M. Carmen Fernadez Lorenzo
-J.Santiago Fernández Piñeiro
-Celestino Figueirido Pardavila
-Mauricio Garcia Clavijo
-Lourdes García Hermida
-Jesús Manuel Gómez Tubío
-Soledad González Outeiral
-Nieves Varela Juanatey
-Alberto Lojo Sánchez
-Juan Miguel Montull Moral
-Jorge Muñiz Parada
-Josefa Núñez Alonso
-M.Carmen Pardeiro Toucedo
-Rosario Pérez Oliveira
-Carmen Pouso Alcalde
-Andrés Proupín Castiñeiras
-Xurxo Proupín Castiñeiras
-Angel Rodriguez Santamaría
-Jesús Romero Hermida
-Nemesio Romero Hermo
-Carlos Angel Romero Yañez
-Juan Alberto Sampedro Alcalde
-Clara Sánchez Casais
-Mercedes Santamaria Sanisidro
-M. Carmen Santiago Hermo
-Amparo Santos Soler
-Francisco Silva Paz
-Aurelio Trasbach Triñanes
-Maria Victoria Treus Outeiral
-Concepción Varela Trasbach
-M.Carmen Vázquez Hermida
-Maria Isabel Vazquez Santiago.
-Rosana Viturro Dieste
-Germán Viturro Torrado

E con esto rematamos o alumnado 83-84 do Instituto de Boiro (agora Praia de Barraña),

Seguiremos publicando novas, e desde aquí chamamos á vosa participación.

Ata pronto.........................

jueves, 14 de agosto de 2008

TERCEIRO A e B

Entrando xa nos cursos máis altos hai que dicir que o noso pequeno instituto empezou con 9 aulas activas,. Tres primeiros, dous segundos, dous terceiros e dous COUs, agora tócalle o turno a TERCEIRO , a xente que entrou no 83 en ditas aulas é:
-Encarna Brión Tubío
-Jesus Briones Blanco
-José Manuel Calo lópez
-Suso Chouza Blanco
-Juanjo Chouza Noal
-Arturo Fajardo Piñeiro
-Manola Ferreirós Alcalde
-Antonio Garcia Fabregat
-Manuel González Vila
-Lourdes Hermo Romero
-Ramón Manuel Laíño Vázquez
-Francisco López Suárez
-Jose Antonio Lorenzo Buceta
-Teresa Lorenzo Fungueiriño
-J.Manuel Martinez Martinez
-Maria Luisa Martinez Muñiz
-Jose Ramón Muñiz Saborido
-Manuel Paz Carbón
-Ramón Pérez Paz
-Gloria Proupin Castiñeiras
-Rafael Manuel Riveiro Figueira
-Mari Carmen Rey Silva
-Jose Carlos Rodriguez Muñiz
-Maria Dolores Rodriguez Pérez
-Encarnación Rojas Rodriguez
-Perfecto Romero Brión
-Santos Saborido Ozores
-Digna Sánchez Fernández
-Encarnación Sánchez García
-Isabel Santiago Hermo
-Maria Jose Sánchez Piñeiro
-Antonio Silva González
-Mercedes Silva Outeiral
-Susana Torrado López
-Mercedes Treus Blanco
-Rosa Blanca Torrado Carreño
-Maria Ermitas Treus Piñeiro
-Rosa Vázquez García.
-Maria del Pilar Vázquez Outeiral
-Begoña Vidal Mariño
-Jose Manuel Vilas Silva.

En breve iremos cos cursos de COU.
Permanecede á espera,
ata pronto ............. .....

martes, 12 de agosto de 2008

GRAN CEA


Finalmente a cea de vellas glorias será o dia VENRES 17 DE OUTUBRO EN CHICOLINO, os prezos serán asequibles, e a forma de apuntarse sairá publicada no BLOG cando a teñamos ultimada.

Probablemente teremos que pagar por adiantado nunha conta bancaria e o comprobante servirá de xustificante.

Xa vos digo, aínda non está ultimada nen a forma de pago nen o menú, nen o prezo, pero, xa temos 40 anos , non imos a ir de churrascada, ¿non?

Ahí nos daremos conta de algúns non cambiamos nada nos últimos 25 anos, ¿non sí???''


Seguimos en contacto no BLOG

lunes, 11 de agosto de 2008

PRIMEIRO C

Tocalle o turno a toda aquela xente que viveu a experiencia de estrena-lo instituto na clas de PRIMEIRO C, a lista estaba composta polas seguintes persoas:

-Yovanna Sampedro Toucedo
-Eva Maria Sanchez Fernandez
-M.Antonio Sanchez Lojo
-M. Carmen Sanchez López
-Fernando Sánchez Outeiral
-Pablo Sánchez Sánchez
-Moncho Santamaria Somoza
-Teresa Sieira Otero
-Paulino Silva Dominguez
-Carlos Manuel SIlva Lojo
-Pablo SOmoza Dieste
-Maria Elena Suárez Carreño
-Agustin Teixeira Barcala
-Begoña Tomé Arufe
-Francisco Torrado Cespón
-M0ncho Triñanes López
-Eva Maria Triñanes Muñiz
-Rosario Tubio Lamas
-Jose Mario Vale Freije
-Carmen Vara Gómez
-Daniel Vázquez Dieste
-Josefa Vázquez Duarte
-Emilio Vázquez Fernández
-Dolores Vázquez Silva
-Maria Del Pilar Vidal García
-Guadalupe Vidal Reboiras
-Alfonso Vidal Romero
-Maria Manuela Vidal Sánchez
-Eva Viturro Fajardo
-Sonia Viturro Fernández
-Lourdes Yañez Pérez.
-Maria José Silva Castro.

Esto era PRIMEIRO C, con esto queda rematado PRIMEIRO E SEGUNDO, SEGUIREMOS CON TERCEIRO nuns días.

Ata pronto, ,,,,,,,,,



-

viernes, 8 de agosto de 2008

TEMUJIN

Estes homes e mulleres tan discretos adicaronlle unha canción a GENGIS KHAN (Temujin), o señor dos océanos, o personaxe máis importante do segundo milenio. Presentaronsea Eurovisión con Alemania no 79 e quedaron cuartos (que inxustiza).

Logo algún advenedizo se fixo famoso con esta canción, versionada en plan light, foi alá polo 83, claro.

E como non nos gustan os advenedizos, poñemos a versión orixinal


video

jueves, 7 de agosto de 2008

MONUMENTO Ó MAZAPÁN

video

Doce e Pegañenta, ¿Verdad??' ..... Pois Triunfaba.

E seguro que todos bailabades cando empezabar a soar.

PRIMEIRO B

A verdade é que resulta cansino predicar no deserto, pero non nos imos rendir, ahí vai 1º B

-Margarita Hermo Figueira
-Maria del Carmen Hermo Torrado
-Pablo Félix Hermo Otero.
-Sabina Lojo Dieste
-Eva Maria López Alonso
-Ana Belen López Dosil
-César López Figueiras
-Juan Carlos López Yravedra
-Maria Luisa López Piñeiro
-Maria Belén Lorenzo Lojo
-Rosa Ana Lorenzo Lorenzo
-Maria Teresa Lorenzo Saborido
-Maria del Carmen Lustres Vázquez
-Elisabeth Macinich Lojo
-Celia Martinez García
-Vicente Martinez Muñiz
-Maria Rosario Mayán Piñeiro
-César Miguens Resúa
-Maria Isabel Montull Moral
-Jose Luis Mouriño Miguens
-Pily Muñiz Fernández
-Victoria Muñiz Hermo
-Araceli Muñiz Pérez
-Maria Dolores Muñiz Pérez
-Susana Muñiz Romero
-Maria Fernanda Nuñez Lojo
-Maria Teresa Oliveira Hermo
-Ramona Otero Rey
-Susana Outeiral Lojo
-Concepción Outeiral Soler
-Jose Luis Outeiral Tubio
-Santiago Paz Rodriguez
-Maria Blanco Pérez García
-Angel Román Pérez López
-Miguel Pérez Paz
-Enrique Piñeiro González
-Montserrat Piñeiro Riveiro
-Juana Maria Piñeiro Saborido
-Rosa Maria Piñeiro Tubio
-Jesús Rodriguez Fernández
-Maria José Del Río Tarrío
-Jose Angel Rodriguez Vila

Pode ser que falte ou sobre alguén, pero como xa dixen onte , a memoria falla ás veces,
bo verán, seguiremos publicando.

miércoles, 6 de agosto de 2008

PRIMEIRO A

Continuando coas listas da xente que inaugurou o instituto, agora tocalle o turno a PRIMEIRO A.

Xa sei que nos facemos un pouco pesados neste tema, pero vexo que ata o momento a participación é mínima, e con isto queremos dicir que as listas póñense para que avisedes, reenviedes e sobre todo que vos poñades en contacto con nós, para ter os vosos datos.

Primeiro A estaba no primeiro piso , ala esquerda, era a primeira aula e estaba composta da seguinte xente:

-Flor Abal González
-Toño Abeijón Muñiz
-Maria Dolores Ares Romero
-José Becerra Tarrío
-Maria José Bermúdez Piñeiro
-Ana Blanco Laiño
-Francisco Blanco Laiño
-Maria del Mar Blanco Saavedra
-Ana Guadalupe Blanco Tubío
-Encarnación Briones Blanco
-Jose Antonio Briones Blanco
-Digna Maria Buceta Castro
-Maria Araceli Buceta Nine
-Raquel Buceta Tubio
-Ramón Calo Garcia
-Maribel Carbajosa García
-Suso Casais Boo
-Jose Manuel Castro Viturro
-Jose Manuel Cespón Rodriguez
-Maria Mercedes Collazo Moares
-Elvira Comojo Fernandez
-Gerardo Conde Piñeiro
-Eva Costas Piñeiro
-Carlos Chouza Blanco
-Benito Vicente Deira Romero
-Maria Teresa Dieste Castro
-Ana Maria Dieste Del Rio
-Juan Jose Fernandez Pérez
-Jose Luis Fernandez Riva
-Flora Fernández Santos
-Cristina Fernández Vidal
-Maria José Ferreirós Becerra
-Berta Garcia Castro
-Montserrat Garcia Ferrol
-Pedro Enrique Garcia Romero
-Maria Dolores Garcia Sánchez
-Rafael Garcia Hermida
-Jose Manuel González Outeiral
-Maria Del Mar González Paz
-Fermín González Triñanes
-Margarita Guillín Iglesias

Cabe a posibilidade que os últimos da lista xa sexan de PRIMEIRO B, pero é que non teño tanta memoria, se é así mil perdóns, senón, foi sorte.

Disfrutade, reenviade, poñédevos en contacto con nós, mandádenos direccións da xente coñecida a 25aniversarioiespraiabarrana.gmail.com , facede comentarios, publicitade o blog, etc, etc.

ATA LOGO





domingo, 3 de agosto de 2008

RECORDATORIO

Vexo que nalgún comentario pídesenos a posibilidade de colgar fotos. Iso é o que queremos pero para poder facelo debedes enviarnolas ao correo electrónico que esta colgado no blog: 25aniversarioiespraiabarrana@gmail.com
Vos envíadeas aquí que xa nos ocuparemos de colgalas. Gracinas.

sábado, 2 de agosto de 2008

Imos á praia

Hoxe é un dia nuboso,neste novo Boiro que temos,
a xente rebule ,o centro da vila trasladouse da Rúa Principal á Rúa Santos Mieites,
todos somos conscientes que nos últimos vintecinco anos o clima cambiou,
levamos mes e algo de verán e a praia vimola pouco.

Vemos na Televisión que no resto do estado hai calor por todas parte,e nos non podemos nin estrenar esa roupa de baño que mercamos antes de Xullo.

A televisión ten vinte tres canales, por non contar as teles de pago,
a roupa mercamola nunha das numerosas tendas que hai na vila ou na cercana capital que
gracias ás novas vias (á espera do remate da autovía) se achegou a nós.


Escarabote,está a dez minutos andando, Cabo da Cruz, tamén, xa non hai que dar numerosas curvas para chegar a Abanqueiro , non hai mortes na Ponte Beluso e San Ramón está cheo de xente.


O curso no instituto comenza a mediados de Setembro, mentras nós non empezabamos ata Outubro.


Alí nos esperaba o novo instituto de Boiro, estaba na Praia Xardín ó lado do colexio novo;non había beirarúas, e non sabíamos como funcionaría todo.


Nos esperaba na porta un chavaliño de dazaoito anos que dicían que era o conserxe,nunha dependencia que había ó fondo á esquerda chea de posters de futbolistas do Barça.


O exterior era completamente diferente, polos cristais das escaleiras, se adiviñaba a rúa.
Na parte de atrás unha fraga de piñeiros e eucaliptus era testemuña de paseos ,bicos e pitillos.
Podiase fumar na clase, o profesorado se levaba ben co alumnado, e tiñamos ese colegueo dentro do respeto que fai que vintecinco anos máis tarde tomemos viños xuntos ou compartamosceas, ideas e moitas veces inquietudes.


Non había paseo marítimo para ir de Barraña á Praia Xardín, había que atravesar, brañas,leiras, pedras e sobreirais, e alí faciamos as nosas furtivas escapadas, cando "latar" non era motivo de alarma social.


Xogabase fútbol sala na vella pista da Praia Xardín, chea de pedras e cos vestiarios inpracticables, ¿de pabillóns?.... nin soños e a piscina máis cercana estaba en Santiago.


É o momento de mirar atrás,ós rapaces que hai un cuarto de século empezaban ilusionados, ben en primeiro,segundo terceiro ou COU, unha nova etapa das súas vidas.


É o momento de agradecer a eses profes e profas que te daban unha pescozada e tí te rías,(agora denuncias)e que fixeron de nós os homes e mulleres que somos hoxe.


Pasou motio tempo, pero a estas alturas do verán, sólo podiamos facer catro cousas, sair pola noite, preparar exames de setembro, traballar(quen tiña a sorte ou a desgracia), e ir á praia.


Agora ¿sair?, .......unha vez ó trimestre e ata cedo, ¿exames de setembro ?......non preparamos ( a maioría),¿traballar?...... algo ou moito(se tes a sorte ou a desgracia),


.......¿que nos queda?


.....Ir á praia, claro.






video

viernes, 1 de agosto de 2008

video