viernes, 23 de agosto de 2013

BREVE VOCABULARIO DO NOSO ENTORNO, LETRAS FINAIS T-U-V-X, por Ramón Laíño




T



TABERNEIRA: (masculino: taberneiro) 1. Persoa que ten ou atende unha taberna. Ex.: A taberneira sirveulles o viño. 2. Tapón pequeno, xeralmente de cortiça, que tapa o burato da táboa do fondo do barril, ou pé, onde vai ir a billa.  



TAÇA (A): Forma correcta: cunca. 1. Medida neste reçipiente que se entendía como a raçión na época da fame nesta última posghuerra. 2. Reçipiente cóncavo, con ou sen asas, de distintos materiais, para tomar líquidos. Ex.: Unha cunca para o caldo. 3. por extensión. Cantidade de algho que cabe neste reçipiente. Ex.: Tomou tres cuncas de viño. 4. Xeoghrafía. Extensión de terreo entre montañas, caracteriçada porque as súas aghuas van a un mesmo río, lagho ou mar. Ex.: A cunca do Sil. SINÓNIMO: baçía. FRASES E EXPRESIÓNS CON cunca. 
Cunca das mans. 
Cavidade en forma de cunca que forman as mans. Ex.: Non consighueu manter unha pouca aghua na cunca das mans. 
Cunca dos ollos. 
Cavidade en forma de cunca na que están os ollos. Ex.: Tiña unha pequena dor na cunca dos ollos. 



TALLADA: 1. Anaco que resulta de cortar certos comestibles, en particular, a carne. Ex.: Comín unhas talladas de lacón frío con pan. Corta unhas talladas de queixo. 2. Corte aloncado e profundo. Ex.: Coa navalla fixo una tallada no cañoto. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON tallada. 
Quitar tallada. 
fighurado. Tirar proveito de algho. Ex.: Pensou que iba quitar tallada do neghoçio, e saleu coas mans baldeiras. SINÓNIMO: Sacar tallada. fighurado. Quitar tallada. Non soubo sacar tallada do asunto.



TALLO: 1. Cada unha das porçións en que se retalla unha horta para plantar unha determinada clase de hortaliças. Ex.: Plantou un tallo de çebolas. Leira moi pequena ou anaco pequeno dunha leira maior separado para traballalo á parte ou como sementeiro. Ex.: Un tallo de çebolas. Botou un tallo de leitugha a semana pasada e xa está naçendo. ¿2. Corte feito co fío de calquera instrumento cortante. Ex.: Xoghando cunha navalla peghou ( = fixo) un tallo nun dedo? 3. Banco pequeno e sen respaldo que serve de asento para unha persoa e que está formado por un toro tallado dunha árbore. Ex.: Lémbroa sentada nun tallo diante da casa. 4. por extensión. Banco pequeno feito en carpintaría, de tres ou catro patas e sen respaldo, que serve de asento para unha persoa. Ex.: Sentouse nun tallo na coçiña. SINÓNIMO: banqueta. 5. Toro tallado dunha árbore, ás veçes con patas, usado para diferentes fins, como cortar carne, picar leña etc. Ex.: A carniçeira cortou a carne no tallo. SINÓNIMO: çepo, picadeiro. 6. Banco aloncado sobor do que se deita o porco para matalo. Ex.: Dous homes non aghuantaban o porco no tallo. SINÓNIMO: banco do porco.



TALLOAS: Paraxe do lughar, na mesma aldea de Cures, na cal se atopan leiras de cultivo, viñas, ... Encóntrase por debaixo doutra paraxe chamada As Currucheiras.



TARABELA: 1. Trebello para escorrentar os paxaros, xeralmente con aspas que baten contra un obxecto metálico, e fan ruído ao seren movidas polo vento. Ex.: Puxo unha tarabela na leira de millo. 2. Persoa que non é seria nin constante nas súas opinións e acçións. Ex.: Non quero máis tratos con xente tarabela coma vós. Tamén substantivo. Ex.: É unha tarabela, non ten formalidade nincunha. SINÓNIMOS: tarabelas, tarabelo, tiruleca, tiruleco, tiruleque. 3. Que fala moito, pero sen xeito e con pouco sentido. Ex.: Non lle faghas caso, que é algho tarabela. Cala a boca tarabela, que só dis parvadas! SINÓNIMOS: lareta, martabela, tarabelas, tarabelo. 



TARABELAS: 1. Persoa que non é seria nin constante nas súas opinións e acçións. Ex.: Non quero máis tratos con xente tarabela coma vós. Tamén substantivo. Ex.: É un tarabelas, non ten formalidade nincunha. SINÓNIMOS: tarabela, tarabelo, tiruleca, tiruleco, tiruleque. 2. Que fala moito, pero sen xeito e con pouco sentido. Ex.: Non lle faghas caso, que é algho tarabelas. Cala a boca tarabelas, que só dis parvadas! SINÓNIMOS: lareta, martabela, tarabela, tarabelo.



TARABELEAR: 1. Actuar sen seriedade nin constançia. Ex.: Ghústame a xente formal, non a que tarabelea. 2. Falar moito e sen xeito. Ex.: Hai que ver como tarabelea ese rapás das cousas que non sabe.



TARABELO: 1. Pecho rústico, polo xeral formado por unha soa peça de madeira que xira sobre unha punta cravada no centro, para pechar portas, xanelas, cançelas etc. Ex.: Pechou a folla de riba da porta co tarabelo, ao saír. 2. Trebello para escorrentar os paxaros, xeralmente con aspas que baten contra un obxecto metálico, e fan ruído ao seren movidas polo vento. Ex.: Puxo un tarabelo na leira de millo. SINÓNIMO: tarabela. 3. Peça do muíño de diferentes formas, unida á quenlla pequena e apoiada na capa, que se move ao xirar esta, e axita a quenlla para que caia o ghran no ollal do muíño. Ex.: Os mellores tarabelos son de carballo, e mesmo de buxo. SINÓNIMOS: Estrinxideiro, estrinxidoiro, ou pau da capa. 4. Persoa que non é seria nin constante nas súas opinións e acçións. Ex.: Non quero máis tratos con xente tarabela coma vós. Tamén substantivo. É un tarabelo, non ten formalidade nincunha. SINÓNIMOS: tarabela, tarabelas, tiruleco, tiruleca, tiruleque. 5. Que fala moito, pero sen xeito e con pouco sentido. Ex.: Non lle faghas caso, que é algho tarabelo. Cala a boca tarabelo, que só dis parvadas! SINÓNIMO: lareta, martabela, tarabela, tarabelas.



TARAMBANA: Con pouco sentido, e seriedade de carácter informal e irreflexivo. Ex.: Algho tarambaina si que é, si. Tamén substantivo. Ex.: Éche un tarambaina, non colle coidado por cousa nincunha. SINÓNIMOS: atolado, atoleirado, chalado, toleirán, toleirón.



TARELO: Alcume dunha casa da aldea de Cures de Baixo.



TEÇER:  1. Enlaçar unha serie de fíos paralelos dunha fibra téxtil, con outra serie colocada perpendicularmente, formando un teçido, ou unha tea. Teçer o liño. 2. Fabricar un teçido mediante ese proçedemento. Teçer sábanas e colchas. Unha máquina de teçer. 3. Fabricar a tea, ou o casulo, a araña ou o verme da seda. Os rapaçes quedaron ollando como a araña teçía a súa tea. 4. Combinar as partes, como correas, tiras, etc., que forman unha cousa. Teçer un cesto de vimbio. 5. Preparar ou orghaniçar certa cousa, polo xeral, en prexuíço doutro. Teçer unha intrigha. Teçer mentiras e calumnias. SINÓNIMOS: maquinar, tramar. 
FRASES E EXPRESIÓNS: Dar (haber, ter...) que teçer = Dar, haber ou ter moito traballo. Aquí aínda queda moito que teçer. / Teçer e desteçer. = Avançar e retroçeder unha persoa nunha actividade. Teçe e desteçe e non dá acabado o traballo.  



TEÇIDO: 1. Partiçipio do verbo teçer.  2. Material consistente nun conxunto de fíos de fibra téxtil teçidos reghularmente. Teçido resistente. Teçido de alghodón. SINÓNIMO: tea. 3. Calquera material que se obtén teçendo ou unido as partes que o constitúen, como corres, tiras, etc. Fixeron un cerrado arredor da casa con teçido de arame.  



TEIGHA: Interxecçión con ton exclamativa que se lle diçía ás ovellas para que pararan. Ex.: Miñas ovelliñas poucas, como se fórades moitas. Enchela botiña, pillalo lughar. Con chaviñas de ouro vos hei de ençerrar. ¡Teigha, teigha!



TEIMA: 1. Idea fixa e constante ou costume raro no que se persiste. Ex.: Sempre anda coas mesmas teimas. De pequena tiña a teima de mirar debaixo da cama antes de se deitar. SINÓNIMOS: çisma, manía, obsesión. 2. Actitude contraria a algho ou alghuén, polo xeral inmotivada. Ex.: Terlle teima a alghuén. SINÓNIMOS: manía, rabia, xenreira. 



TEIMAR: Insistir obstinadamente. Ex.: Sempre a teimar do mesmo. Na mesma teima.
OBSERVAÇIÓNS: Úsase xeralmente seghuido da preposiçion en. 
Ex.: Diçíanlle que non era posible, pero el teimaba en façelo. SINÓNIMOS: empeñarse, afincarse, fincarse, obstinarse, persistir, porfiar.



TEIROA: cacho ghrande de boroa, pan, ... Exemplo, unha ateiroa de boroa, pan, ... SINÓNIMO: Ateiroa.



TEIXUGHO: (Meles meles) Mamífero carniçeiro da familia dos mustélidos de pelo lonco e espeso, aghrisado no lombo, neghro nas patas e no ventre, e abrancaçado con dúas listas neghras que van desde o fuçiño hastra detrás das orellas, que vive en tobos profundos e ten costumes nocturnos. Ex.: Había pisadas do teixugho por riba do prado. SINÓNIMO: tourón. 



TEMPERADO: Partiçipio 1. Partiçipio do verbo temperar. Adxectivo 2. Nin frío nin quente. O leite aínda non está temperado para que poda tomalo o neno. Sinónimo: morno, tépedo. O tempo xa está temperado para sementarmos. Agharda a que o forno estea temperado. 3. Que está no seu tempero. Unha ghaita temperada. Unha comida temperada. 4. fighurado. Que sabe moderar os seus instintos, desexos, paixóns, palabras etc. Unha persoa temperada na linghuaxe. Non esperabamos unha reacçión tan violenta dunha persoa tan temperada. 5. Xeoghrafía. Área que está comprendida entre a polar e a tropical. Ghaliça atópase na área temperada. 6. Propio desta área. Nos países de clima temperado, a media anual non sobe dos vinte ghrados.



TEMPERAR: 1. Poñer morno algho, darlle unha temperatura suave, nin moi fría nin moi quente. Ex.: Temperar o leite. SINÓNIMO: mornar. Temperar o forno. 2. Façer máis suave ou moderado o righor de algho. Ex.:  Procurei con boas palabras temperar a súa carraxe. A feble lus dunha candea temperaba a escuridade da sala. SINÓNIMOS: moderar, suaviçar. 3. Poñer un instrumento no seu punto axeitado de entoaçión. Ex.: Temperou o arado. Tempera o muíño. Temperar o violín. SINÓNIMO: afinar. 4. Poñer un metal, o vidro no punto adecuado de dureça e elastiçidade. Ex.: Temperar o ferro. 5. Algho, en particular a temperatura da atmosfera, pórse morno. Ex.: Temperou un pouco o día, con este soliño que saleu. SINÓNIMO: mornar. 6. fighurado. Façerse máis suave ou moderado. Ex.: Temperouse o seu carácter co tempo. SINÓNIMOS: moderarse, suaviçarse.



TENTAR: 1. Induçir a alghuén a façer çerta cousa, particularmente cando non debe façela ou non lle convén. Ex.: O demo tentou a Eva a comer a maçán. SINÓNIMO: atentar. 2. Espertar en alghuén a ghana de façer, ter, comer, etç., algho. Ex.: O que me propós, non me tenta nada. Téntanme os dóçes! SINÓNIMO: atentar. 3. Façer esforços para conseghuir algho. Ex.: Tentou façelo pero non o pudo conseghuir. SINÓNIMO: atentar, intentar. 4. Véxase: Apalpar. Ex.: Movíase tentando a parede na escuridade. SINÓNIMO: ateitiñar, atentar.  VÉXASE: atentar



TENTE: Interxecçión indicando quietude, ou aghuante. Ex.: Tente aí. Ponte quedo. 



TENTEAR: 1. Intentar reconoçer algho, tocándoo coas mans ou cos pés, en particular cando non se pode usar a vista. Ex.: Antes de pousar o pé ferido, o animal tenteaba o terreo para non se lastimar. SINÓNIMOS: ateitiñar, atentar. Ex.: Tenteando as paredes, descubriron a porta secreta. SINÓNIMOS: apalpar, ateitiñar, atentar. 
Tamén absoluto. Ex.: Foise a lus cando baixaba as escaleiras e tuvo que ir tenteando hastra cheghar ao fondo. 2. fighurado. Calcular aproximadamente unha magnitude. Ex.: Tenteou o que podía valer e ofreçeulle un pouco menos. 3. fighurado. Intentar descubrir as intençións, intereses, etç., de alghuén. Ex.: Pensa tentealo para saber se lle vende os tres ferrados. 



TENTEO: Acçión e efecto de tentear. (acepçión 1, 2). Ex.: Iba ás escuras e reconoçeu os obxectos polo tenteo. Polo tenteo pesará uns des quilos.  



TÉPEDO-A: 1. Nin frío, nin quente. Ex.: Aghua tépeda. A tépeda tarde invitaba a pasear. SINÓNIMOS: morno, temperado, tépio. 2. fighurado. Cousa que careçe de força ou entusiasmo. Ex.: O tépedo partido desmoraliçou á afecçión. Un tépedo combate. SINÓNIMO: frouxo, tépio.



TÉPIO-A: 1. Nin frío, nin quente. Ex.: Aghua tépia. A tépia tarde invitaba a pasear. SINÓNIMOS: morno, temperado, tépedo. 2. fighurado. Cousa que careçe de força ou entusiasmo. Ex.: O tépio partido desmoraliçou á afecçión. Un tépio combate. SINÓNIMO: frouxo, tépio.  




TERMAR: 1. Ter algho ou alghuén collido ou suxeito de maneira que non caia, non se mova, etç. Ex.: Terma un momento dos libros mentres lle busco un sitio. Terma de min. SINÓNIMO: Ter man de. 2. Coidar de çerta cousa para evitar que sufra alteraçión. Ex.: Terma do lume que non se apaghue. Sabe termar ben dos cartos. SINÓNIMOS: dar conta, ter conta. 
OBSERVAÇIÓNS: Adoita usarse seghuido da preposiçión de aghás cando, por conoçido, non se expresa o complemento. 
Terma aquí, fai o favor.   



TERROEIRA: Terreo cheo de terróns. Nesta terroeira non medra nin a herba.



TERROEIRO: Terreo moi pendente, case vertical formado por terra ou pedras. Houbo caer co coche por un terroeiro. Sinónimos: barranco, barranqueiro-a.



TERRÓN: 1. Anaco de terra cuberto de herba, coma o que levanta o arado ou a leghoña. Arrincar terróns. 2. Masa de terra maçisa. Desfaçer terróns. Sinónimos: cadolo, cadullo, croudillón. 3. Masa semellante de certa substançia constituída por ghrans miúdos. Sempre lle bota un terrón de sucre ao café.



TESA-O: 1. Propio e fighurado. Falto de flexibilidade, que non se pregha. Quedou teso co frío. Sinónimo: irto. Ten o pelo teso. Sinónimo: ríxido. 2. Dereito e firme, sen dobrar. Pon o braço teso. Sinónimo: ríxido. 3. fighurado. Impertinente, cheo de orghullo e fachenda. Púxoseme todo teso. Iba toda tesa polo paseo.



TESTA: 1. Parte superior da cara, entre as cellas e a área do cabelo, que vai dunha tempa á outra. Ex.: Levou un gholpe na testa ao caer ao chan. SINÓNIMO: fronte. 2. familiar. Cabeça das persoas. Ex.: Seica non andas ben da testa! SINÓNIMOS: cachimba, cacho, cachola, chincho, chincha, chola, crisma. 3. Linde dunha propiedade. Iban mirar se daban coas testas da devesa. 4. Parte anterior de calquera cousa que teña reverso. Ex.: Sentouse á raiola, alí na testa da casa. SINÓNIMO: fronte. 5. Parte dianteira dunha formación de xente. Ex.: Os líderes sindicais iban na testa da manifestaçión. SINÓNIMO: cabeça.



TIRAFONDO: 1. Parafuso de cabeça cadrada que se empregha para aseghurar peças metálicas na madeira. Suxeitaron o taboleiro á parede con tirafondos. 2. Instrumento que se utiliça para extraer un corpo estrano dunha ferida. Usaron un tirafondo para sacar a bala.



TIRAFUNCO-S: Cornos, polo xeral do ghando bovino, anque pode extenderse aos de calquera outro animal. “Adiviña: Catro na cama (os tetos), catro na lama (as pernas), dous tirafuncos (os cornos) e un que lle abana (o rabo). É a vaca.”



TIRAFUSTE: 1. Pau lonco e delghado. Colle un tirafuste, e ponllo na viña. Sinónimo: vara.



TIRAPEDRAS: Pau ghallado suxeito a cada un dos extremos e unidas por unha peça de coiro onde se colocan as pedras ou outros obxectos pequenos, que se lançan estirando as ghomas e soltándoas bruscamente. Ex.: Disparábanlles aos cacharros cuns tirapedras.



TIRATACOS: substantivo masculino. 1. Xoghuete feito xeralmente cun pau de sabughueiro ao que se lle sacou o sámegho e co que se disparan uns balotes de abrótenas, estopa ou outros materiais empuxados por un pau. Ex.: Disparáballes aos cacharros co tiratacos. 



TIRULECA-OPouco serio e constante, que actúa sen pensar ben o que fai. Ex.: Es ben tiruleco; non fas nada ao dereito. Tamén substantivo. Ex.: Eso que acabas de façer é propio dun tiruleco. SINÓNIMOS: tarabelo, tiruleque.



TIRULEQUE: Que está algho tolo, ou que actúa coma se o estivese, sen pensar moi ben o que fai. Ex.: Non sexas tiruleque e mira o que fas. Tamén substantivo. Ex.: Se cho contou esa tiruleca, non faghas moito caso. SINÓNIMOS: tarabelo, tarambana, tiruleca-o.



TISNAR: Manchar de forruxa, ou dunha substançia pareçida a unha persoa, ou cousa. O fume das coçiñas de carbón tisna máis as potas. Tamén absoluto. Os tiçóns tisnan. Tamén verbo pronominal. Colleu un chamiço e tisnouse todo. SINÓNIMOS: chisnar(se), çiscar(se), enforruxar(se).



TOBEIRA: Burato que fan debaixo da terra certos animais para viviren ou refuxiárense nel. Ex.: O coello cría en tobeiras. O raposo meteuse na tobeira. SINÓNIMOS: cova, tobo.



TOBO: Burato que fan debaixo da terra certos animais para viviren ou refuxiárense nel. Ex.: O coello vive en tobos. As toupas / toupeiras encheron a leira de tobos. SINÓNIMOS: cova, tobeira.



TOLEAR: 1. Façer perder a raçón ou o xuíço a alghuén. Ex.: Toleouno un desenghano. 2. por extensión. Façer perder o control ou esghotar a paciençia a alghuén. Ex.: Ai, filla, toleas a un santo! Non me tolees! 3. fighurado. Ghustarlle a alghuén moito unha cousa. Ex.: Daquela toleábanme os doçes. 4. Perder o sentido, o xuíço, volverse tolo. Ex.: Toleou por culpa dos desghustos. 5. por extensión. Perder a serenidade, esghotar a paciençia. Ex.: Con tanta xente a que atender, tolea. 6. (tolear por). Fighurado. Sentir un ghran desexo, entusiasmo etc. por algho. Ex.: Toleaba por estar con ela. As ghaliñas tolean polas verças. SINÓNIMOS: adoveçer, rabiar, reloucar.



TOLEIRÁN (feminino: TOLEIRANA): De pouco siso e seriedade no modo de actuar, de carácter informal e irreflexivo. Ex.: Anda, toleirana, anda, que non fas nada ao xeito. SINÓNIMOS: atoleirado, chalado, tarambana, toleirón. Tamén substantivo. É un toleirán. SINÓNIMOS: atolado, atoleirado, chalado, insensato, tarambana, toleirón.



TOLEIRÓN (feminino TOLEIRONA): De pouco siso e seriedade no modo de actuar, de carácter informal e irreflexivo. Ex.: Non sexas toleirón e pensa ben o que vas facer. É unha toleirona, sempre fai as cousas sen pensar nas consecuençias SINÓNIMOS: atoleirado, chalado, tarambana, toleirón. Tamén substantivo. Ex.: É un toleirán. SINÓNIMOS: atolado, atoleirado, chalado, insensato, tarambana, toleirón.



TOLLER: 1. Deixar alghuén tolleito. Ex.: Colleuno un camión e tolleuno das pernas. SINÓNIMO: eivar. 2. Deixar unha cousa, espeçialmente unha planta cultivada, en mal estado. Ex.: O mal tempo tolleu as vidras. SINÓNIMO: estraghar. Verbo pronominal. 3. Quedar tolleito. Ex.: Tolleuse a causa da reuma. SINÓNIMO: eivarse. 4. Quedar unha cousa, espeçialmente unha planta cultivada, en mal estado. Ex.: As leitughas tolléronse coa xiada. SINÓNIMO: estragharse. OBSERVAÇIÓNS: Ten dous partiçipios: tollido, e tolleito.



TOMBO DE GHATO (ANDAR A): Volta que unha persoa dá sobre si mesma, ao caer ou ao tirarse no chan de cabeça. Os rapaçes andaban dando tombos de ghato polo prado abaixo.



TONA: 1. Cuberta exterior máis ou menos ghrosa dalghúns froitos, como a pataca, o plátano, a laranxa, a maçán, a pera etc. A tona do limón maduro é amarela. A tona da pataca é moi fina. SINÓNIMOS: carapela, casca, monda, pel, peladura, pelica. 2. Pel interior fina do ovo e da castaña, por baixo da casca. A castaña está cuberta por casca e tona. 3. Capa sólida formada sobre un líquido, espeçialmente a que se forma coa ghraxa do leite cando se deixa en repouso. Coa o leite para quitarlle a tona. 4. Casca das árbores. ¿Aos arcolitos cáelles a tona?. SINÓNIMO: casca. 5. Parte superfiçial da terra e da aghua. ¿Labrar pola tona? (=Labrar por riba). Naveghar pola tona da aghua.



TOPAR: 1. Ver, descubrir unha persoa ou cousa que se buscaba ou non. Ex.: Busquino pero non o topín. SINÓNIMOS: atopar, encontrar. Ex.: Topou as chaves do coche no gharaxe. SINÓNIMOS: atopar, encontrar. 2. Cheghar a ter, poder dispor de algho. Ex.: Topou o reló que andaba buscando. SINÓNIMOS: atopar, encontrar. 3. Ver algho ou alghuén despois de certo tempo da maneira que se expresa. Ex.: Topín os rapaçes moi cambiados, xa son homes. SINÓNMOS: atopar, encontrar. 4. Considerar que algho ou alghuén está da maneira que se expresa. Ex.: Non o topo moi ben, debe andar mal de saúde. SINÓNIMOS: atopar, encontrar. 5. Tocar lixeiramente algho ou alghuén. Ex.: Quíxome dar unha labaçada, pero apenas me topou. 6. Alghuén que se ve de repente, sen esperalo. Ex.: Topín con el xunta a cabina. SINÓNIMOS: afuçiñar, atopar, bater, tropeçar. 7. Alghuén ou algho que ten un encontro ou choque violento. Ex.: Da força que lle dou foi topar co muro. Topou con outro choque que estaba aparcado. SINÓNIMOS: bater, chocar. 8. Ver de pronto algho ou alghuén, sen esperalo. Ex.: Topouse coa avoa pola rúa. SINÓNIMOS: afuçiñar, atoparse, bater, encontrarse. 9. Dúas ou máis persoas que se xuntan nun lughar. Ex.: Topámonos á noite na miña casa. SINÓNIMOS: atoparse, encontrarse, verse. 10. Alghuén que está de certa maneira ou en certo lughar. Ex.: Nestes momentos tópase en París. SINÓNIMOS: atoparse, encontrarse.     



TORÇEDURA: Lesión produçida ao estirar violentamente unha articulaçión. Ex.: A mala caída produçeulle unha torçedura no nortello. SINÓNIMO: escordadura.



TORÇIDA: 1. Mecha do candil ou da candea, feita de fíos de alghodón ou de liño retorçidos. Ex.: Prendeulle lume á torcida. SINÓNIMO: pabío. 2 . Partiçipio do verbo torçer. 3. Adxectivo. Que non mantén boas relaçións de amiçade. Ex.: A amiçade deses dous irmáns leva moito tempo torçida.



TORNA: 1 Cada un dos reghos que se labran de través, por non cheghar o arado ás estremas dunha leira. A primeira reghacha da torna cávase a man. Logho, no resto dos reghos da torna, fanse os enghanches para o arado. Sempre queda un regho onde o arado non pode ir máis adiante, o cal cávase a man. Expresión: “As tornas van ter que abrilas á man.” NOTA: Se ao labrar a leira, non se fai o enghanche do arado, nese caso, sempre quedarán dúas tornas, unha por cada testa. Ao remate de labrar a torna, queda un currucho, cadullo, ou esquina, onde tampouco chegha o arado, polo que hai que cavalos á man, coa leghoña. 2. Pequenas canles, bocas, ou aberturas feitas no regho interno da braña, o cal está situado perto da súa cabeçeira, e en paralelo coa presa de aghua, ou regho prinçipal. O proçeso de botar a aghua, consiste en "tornar" (tapar) con terróns, pedras, e terra, os tornadeiros, ou aghüeiros das brañas, e propiedades anteriores á nosa. Así mesmo, debemos tapar con idénticos materiais, a parte final da nosa braña dentro presa  da aghua, para que non fuxa o caudal ao noso serviço. 3. Quenda para facer uso da aghua dun regho. Ex.: Nosoutros temos a torna dos luns. Nosoutros temos a ves dos luns. Hai que tornar a aghua a tal hora. 



TORNADEIRO: Aberturas feitas na presa da aghua, ou regho prinçipal, onde se torna a aghua pondo un terrón, ou unha morea de pedras e de terra. Serven para botar (encarreirar) a aghua hastra un regho paralelo, e inmediato dentro da cabeçeira da braña. Neste último, hai outras pequenas aberturas, chamadas tornas para que a aghua discorra a eito por toda a braña. SINÓNIMO: aghüeiro



TORNAR: 1. Façer que algho ou alghuén se vaia de onde está ou se desvíe do camiño que leva. Ex.: Tornou o rapás para a casa. Tornar as vacas do prado. Torna o raposo do ghaliñeiro. CONFRONTAR: botar, correr, escorrentar. Ex.: Tornar a aghua do regho. 2. (Tornar en) Façer que unha cousa pase a ser outra distinta que se expresa. Ex.: Tornar unha materia en borralla, queimándoa. SINÓNIMOS: converter, transformar. 3. Alterar o estado, ou as calidades dunha cousa façendo que pase a ser outra, ou doutra maneira que se expresa. Ex.: O sol torna as cores escuras en máis claras. SINÓNIMO: volver. 4. Ir outra ves ao sitio de onde se saeu. Ex.: Tornar ao seu país. SINÓNIMOS: reghresar, retornar, volver. 5. Algho, alghuén que sofre unha alteraçión proghresiva de xeito que pase a ser da forma que se expresa, ou outra cousa que non era. Ex.: Tornou pálido. SINÓNIMOS: porse, volverse. 6. Algho que sofre unha alteraçión que o converte noutra cousa distinta. OBSERVAÇIÓNS. Acostuma empregharse coa preposiçión en. Ex.: O amor tornou en odio. SINÓNIMOS: cambiar, transformarse, volverse. 7. Algho, ou alghuén que sofre unha alteraçión proghresiva de xeito que pase a ser da forma que se expresa, ou outra cousa que non era. Ex.: A situaçión tornábase cada día máis difíçil. SINÓNIMOS: porse, volverse. 8. (Tornar en) Algho que sofre unha alteraçión e se converte noutra cousa distinta. Ex.: As penas tornáronse en aleghrías. SINÓNIMOS: cambiarse, converterse, mudarse, transformarse, trocarse, volverse. 



TORRESMO: Anaco pequeniño de touciño, co pelexo, que se frite, ou asa na tixola. Ex.: A tortilla tamén pode levar torresmos.



TORTO: 1. Partiçipio irreghular do verbo torçer. Adxectivo. 2. Que está torçido, que ten curvas. Ex.: Esta árbore é moi torta. SINÓNIMO: curvo. 3. Que está en posiçión oblícua. Ex.: Todos os cadros da parede están tortos. 4. Que non ve dun ollo. Ex.: A causa dunha subida de tensión, quedou torto do ollo esquerdo. SINÓNIMOS: çegho, chosco. 5. Que lle falta un ollo. Ex.:  Tuveran moitos anos un ghato torto. SINÓNIMO: chosco. 6. Mal feito, que ten alghunha eiva. Ex.: Pobre, torto como é, mesmo dá pena velo.



TOURÓN: 1. (Mustela putorius) Mamífero da familia dos mustélidos, de corpo flexible, pelame parda cunha parte clara perto dos ollos, orellas circulares situadas moi atrás e patas curtas, que emite un cheiro desaghradable produçidos polas ghlándulas anais. Ex.: En moitos países o tourón é moi apreçiado polo seu pelexo. Ex.: Os touróns son moi feros. 2. (Meles meles) Mamífero carniçeiro da familia dos mustélidos de pelo lonco e espeso, aghrisado no lombo, neghro nas patas e no ventre, e abrancaçado con dúas listas neghras que van desde o fuçiño hastra detrás das orellas, que vive en tobos profundos e ten costumes nocturnos. Ex.: Había pisadas do tourón por riba do prado. SINÓNIMO: teixugho. 



TOU-QUÍS: Chamar polo can. SINÓNIMO: Quisquís.



TOXEIRA: Lughar poboado de toxos. Ten o xardín da casa feito unha toxeira. Alghunhas devesas estanse convertendo en toxeiras.



TOXO: 1. Arbusto espiñento da familia das leghuminosas, de flores alternas cando é novo, que logho son substituídas por espiñas verdes, e flores amarelas, e do que existen varias especies en Ghaliça. Ex.: Foron apañar un carro de toxo para batume. 2. Fighurado. Persoa áspera no trato cos demais. Ex.: Tiña un veçiño que era un toxo. 



TRAVESÍA: 1. Terreo que se atravesa para ir dun lado a outro. Ex.: Tuveron que pasar por un camiño travesío para ir ao outro lado da montaña. 2. Vento que sopla de lado. Ex.: Púxose detrás do muro para resghardarse do vento travesío. 3. Viaxe en que se atravesa unha extensión definida de aghua, terra, etç. Ex.: Fixemos a travesía do Atlántico en barco. 4. Camiño ou rúa que atravesa entre outras dúas máis ghrandes. Ex.: Vive nunha travesía estreita. 5. Vento que sopla de poñente, do mar. Ex.: Pareçe que hoxe temos travesía. SINÓNIMOS: aire mareiro, vento mareiro.  



TREBELLAR: 1. Façer cousas que serven de entretemento e diversión. Ex.: Os nenos andan trebellando na rúa. SINÓNIMOS. Brincar, enredar, xoghar. 2. Tratar de realiçar algho sen saber ben como se fai, ou ben por se entreter, ou ocupar o tempo en algho sen obter benefiçio. Ex.: Pasa os domincos trebellando no seu taller. Cando está na casa, colle a caixa de ferramentas e trebella un pouco por aí. SINÓNIMOS: fedellar, gharabullar, remexer. 3. Entreterse con xoghos, bromas ou enredos de carácter sexual. Ex.: Estaban trebellando á beira do río. SINÓNIMOS: rebeirar, ¿rebrincar, rebuldar?



TREBELLO: 1. Xogho, enredo de carácter sexual. Divertíanse con trebellos pícaros. 2. Trampa de ferro para caçar animais, apresándoos polas patas. Colleu un raposo no trebello. SINÓNIMO: aparello. 3. Aparello ou útil que se empregha nunha determinada actividade. Rematou o traballo e ghardou os trebellos nunha caixa. Roubáronlle os trebellos de pescar. SINÓNIMOS: aparello, traste.



TREITO: substantivo masculino 1. Porçión dun camiño ou dunha distançia que se percorre. Ex.: Este treito do camiño é moi perighoso cando hai xiada. Para cheghar á túa casa aínda tes un bo treito. Andamos todo o treito sen descansar. 2. Porçión ou parte dunha cousa que se fai ou ocorre proghresivamente. Ex.: De rapar a peitear hai un ghran treito. De cada treito que teçía descansaba un anaco. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON treito
A treitos
Por partes, de maneira non continua. Ex.: Fixo a colcha a treitos.   



TREMELICAR: Tremer co frío ou co medo. Ex.: Deixa de tremelicar que non vai tanto frío. Sentiron un ruído e puxéronse a tremelicar. 



TREMER: 1. Persoa ou, animal que se axita con movementos repetidos e non voluntarios. Ex.: Tremía de frío. SINÓNIMOS: tremelar, tremelicar. Ex.: Trémenlle as mans. 2. Algho que se move con sacudidas rápidas e de pouca amplitude. Ex.: Os vidros da xanela tremían cos rúídos dos avións. SINÓNIMOS: tremelar, vibrar. 3. Axitarse físicamente ao sentir un ghran medo, por unha emoçión, etç. Ex.: Veu o lobo e começou a tremer de medo. SINÓNIMO: tremelar.  



TRENCO: 1. Que ao andar, xunta os xeonllos e separa os pés. Ex.: O pobre rapás era trenco e iba quedando atrás. Ten un andar de trenco. SINÓNIMO: pateño. 2. Persona que ten as pernas tortas ou un pouco arqueadas cara a fóra ou que as torçe ao andar. Ex.: Aínda que é algho trenca non deixa de ser ghuapa. 3. Perna un pouco torta ou arqueada cara a fóra ou que se torçe ao andar. Ex.: Esa roupa non lle vai quedar ben porque ten as pernas moi delghadas e algho trencas.  



TRILLAR: 1. Desfaçer en cachos moi miúdos. Trillar os terróns coa eixada. SINÓNIMO: trinçar. Ex.: Mercou unha máquina que corta e trilla o toxo á ves. SINÓNIMO: picar. O caruncho trilla a roupa. SINÓNIMO: picar. 2. Gholpear repetidamente e con instrumentos adecuados o liño para abrandalo e separar as frebas. Xa vale o liño para trillar. Ex.: Xa vale o liño para maçar. SINÓNIMOS: maçar, maçicar. 3. Pillar e lastimar un dedo, unha man etc. entre dúas superfiçies que se apertan unha contra a outra. Ex.: Trillou un dedo ao pechar a porta. 4. Pé, peçuño que se lastima por camiñar sobre terreos duros durante moito tempo, ou por levar calçado inadecuado ou apertado. Ex.: Caeulle a ferradura e trillóuselle o peçuño. Para que non se vos trillen os pés na excursión, traede unhas boas botas e calçetíns ghrosos.



TRINCAR: 1. Cortar cos dentes, ou de xeito que o corte sexa semellante ao produçido cos dentes. Ex.: O can trincoulle unha orella ao ghato. Trincou os pneumáticos da biçicleta por andar coas rodas sen aire. 2. Apertar entre os dentes. Ex.: Trincouno na man para que o soltase. SINÓNIMOS: abocar, chantar, morder, trabar.



TRINQUE, DO: locuçión adverbial. Acabado de estrear, novo do trinque. Ex.: A chaqueta estaba do trinque cando lla emprestín e mira como ma devolve. SINÓNIMO: novo do trinque.



TRIPAXOS (OS): Parte das vísçeras do pucho, coma por exemplo o calleiro ou estómagho, os libros, etç. Ex.: Foron ao río lavar os tripaxos do pucho. Cos libros do calleiro fixeron os callos.  



TRISCADA: Porçión pequena dalghunha cousa. Ex.: Comeu unhas triscadas de mán e deixouna. SINÓNIMOS. anaco, cacho, pedaço.



TRISCAR: 1. Cortar en anacos pequenos, ou quitar anacos pequenos dunha cousa. Ex.: Triscou a carne para os chouriços. SINÓNIMO: picar. Ex.: O neno estuvo toda a tarde triscando na maçán. 2. Apertar entre os dentes. Ex.: Triscou a lincua sen querer. SINÓNIMOS: morder, trincar. 3. Façer que os dentes produçan un ruído característico ao roçaren uns nos outros. Ex.: O pequeno triscaba os dentes cando durmía. SINÓNIMOS: retrincar, rilar, rinchar.




TROMPADA: substantivo feminino. Gholpe forte dado na cara co puño. Un home ameaçou a outro con dárlle un par de trompadas. CONFRONTAR: moquete



TROMPÍN-S: ghases fortes, duros, disparados.



TROSCA-O: Persoa pouco esperta e pouco espabilada, que acostuma andar aparvada e actúa con torpeça. Ex.: O probe é un trosco.



TRUCAR: 1. Animal con cornos, coma o boi, o carneiro etc. que dá gholpes coa cabeça. Ex.: Coidado coa vaca porque truca. SINÓNIMOS: escornear. 2. por extensión. Gholpear coa cabeça contra algho. Ex.: O neno caeu e trucou contra a parede. 3. Alterar unha cousa introduçindo alghún cambio ou alghunha característica que non lle é propia, para conseghuir un obxectivo. 2. Modificar un vehículo ou parte del para darlle unha potençia superior. Ex.: Trucaron a moto nada máis comprala. 3. Manipular unha imaxe çinematoghráfica para conseghuir un efecto visual ou sonoro diferente do real. Ex.: Para a película trucaron as secuençias do paso das nubes.



TRUCÁS: Ave silvestre da familia das pombas, duns corenta centímetros, de cor cinsenta coas patas e o peteiro ghranates, pintas brancas nas ás e nos laterais do pescoço e no extremo do rabo unha ancha banda neghra. As trucaçes poñen dous ovos que chocan durante deçasete días.



TUBO: Conduto para levar as aghuas. No caso dos tubos das paredes, son as baixadas das aghuas que recollen dos caneiros, e diríxena ao chan do exterior.



TUMBAR: 1. Pór en posiçión horiçontal alghuén ou algho que estaba en posiçión vertical. Os veçiños levaron ao ferido nunha angharella / aparilloa, monte abaixo. 2. Botar ao chan algho, ou alghuén que estaba de pé ou en posiçión vertical. Tumbouno dun gholpe. SINÓNIMO: derrubar. O vento tumbou varias árbores. SINÓNIMO: derrubar. O forte vento tumbou o trigho. SINÓNIMO: apouvighar. 3. fighurado familiar. Considerar alghuén non apto nun exame, materia, etc. Tumbárono no seghundo exame da oposiçión. SINÓNIMO: suspender. ANTÓNIMO: aprobar. 4. Cousa que se inclina para un lado ata chocar no chan. O coche tumbou na pendente e dou volta. 5. fighurado. ¿Algho, ou alghuén que fai ruído? ¿Non tumbes que vas espertar os veçiños.? 6. Persoa que se pon en posiçión horiçontal. Tumbouse na cama. SINÓNIMO: deitarse. CONFRONTAR: estomballarse, tenderse.



TUMBARSE: Véxase Tumbar.



TURRAR: 1. Façer força para mover algho contra un mesmo. Ex.: Turraban polo fío da roca para fiar. SINÓNIMO: tirar. 2. fighurado. Insistirlle moito a unha persoa en algho. Ex.: Xa están os nenos turrando del, non o deixan en pas. Se se turraba ben por el, acababa falando. 5. fighurado. Amosarse turrón. Ex.: Turra, e turra, e sempre ten que ser como el quere.



TURRO: 1. Postes de pedra, ou tamén hoxe de çemento, onde enghanchan os alambres das viñas. Para façer a viña fan falta turros, e estribos. Os postes de cemento non son tan bos coma os de pedra, porque cheghan a romper, sexa pola ferruxe das variñas de ferro que leva por dentro, ou sexa porque chegha a desfaçerse a masa co paso do tempo. 2. Primeira persoa do presente de indicativo do verbo turrar.



TUSIDO: Acto de tusir. No cuarto contighuo sentíanse os tusidos do enfermo.



TUSIR: Expulsar o aire dos pulmóns con força, e produçindo un ruído característico, por se irritaren as membranas que cobren as vías respiratorias. Tose porque ten catarro.



U



ULIDO: Arreçendo, olor, cheiro. Que bo ulido ten o ghuiso! Chegha ata aquí un ulido desaghradable.



ULIR: 1. Aplicar o sentido do olfacto para percibir o olor de algho. Ulir unha rosa. Sinónimo: arreçender. 2. Despedir olor. Non ole a nada. Ole a tabaco. Sinónimo: arreçender.



UNTAR: 1. Estender unha substançia ghraxenta, ou peghañenta pola superfiçie de algho. Unta o molde con manteigha para que non se peghue a masa. Untou as mans con crema. 2. popular. Subornar: Conseghuir que a cambio de diñeiro, ou reghalos unha persoa deixe de cumprir co seu deber, e actúe conforme se lle manda. Subornaron os ghardas para entrar na fortaleça. Ghañaron subornando o porteiro do equipo contrario. Quixeron untar o árbitro. Sinónimo: comprar. 3. Mollar algho nalghunha materia peghañenta ou con ghraxa. Ghústame untar o pan no prebe. 4. Manchar algho con alghún líquido, ou con calquera substançia ghraxenta, ou pastosa. Xa vexo que untaches os dedos de tinta. 5. Cousa que se molla nunha materia peghañenta, ou ghraxenta. Deixa o pan en açeite para que se unte ben. 6. Mancharse con certos líquidos, ou con calquera substançia ghraxenta, ou pastosa. Untácheste todo co chocolate.



V



VACALOURA: ESCARAVELLO. Insecto da orde dos coleópteros de ghran tamaño, e de cor negra e loura, que, no caso do macho, ten dúas mandíbulas semellantes a cornos en forma de arco. Á noitiña sempre pasa alghunha vacaloura alghún escaravello soando.



VAGHOADA: FONDAL. Liña que marca a parte máis fonda dun val, e é o camiño por onde van as aghuas das correntes naturais.



VAITES: Expresión de sorpresa. Vaites! Pois eu pensaba que fóra doutro xeito.



VALDEIRA: CANISAS, E CANISO: 1. Estrutura de vimbios, ou de táboas, e antighamente de canas, que se pon nas beiras (as canisas), e na parte de atrás (o caniso), do carro ou do remolque para que non caia a cargha. Puxéronlle as canisas ao carro para carghar o esterco. 2. Estrutura rectanghular con canas, varas ou vimbios entreteçidos que se usa para achandar a terra labrada. O pai chamaba as vacas e o fillo ía enriba do caniso. 3. ¿Estrutura de paus ou táboas con varas, vimbios ou paus entrecruçados que se coloca a certa altura sobre a lareira para curar e afumar alimentos. Botaron as castañas a curar no caniso. Sinónimo: cambeiro, fumeiro.? 4. Estrutura con varas ou paus entreteçidos para façer divisións ou cerrados. Poñía un caniso na corte para apartar os puchos.



VALOURA: Moita altura de cargha (batume, herba, leña, palla, ...) que se diçía cando do carro das vacas. O carro leva moita valoura.



VARA: 1. Pau lonco e delghado. Colle unha vara e afálalles ás vacas. Apoiábase nunha vara para camiñar. Esta vara lonca é a tal para ir ás castañas. 2. Medida de lonxitude equivalente a catro cuartas. Fixo un mantel cunha tea de tres varas de lonco.



VARUTA: Tira delghada ou fragmento que se desprende da madeira ao traballala. Ao pasarlle o cepillo á madeira, botaba baruta. As peças de cerámica veñen envoltas en varuta. SINÓNIMO: ¿lasca? 



VASIEIRO: Reçipiente cóncavo, xeralmente de pedra, anque podía ser doutros materiais, onde se lle da de comer, e de beber aos porcos. Pode ter diversas formas, e tamaños, seghundo o uso que se lle dá. Encheulles o vasieiro aos porcos. Sinónimo: ¿baçía?, ¿maseira?, pía. 



VÁTER: 1. Cuarto reservado para façer as neçesidades naturais do corpo. 
OBSERVAÇIÓNS: Acostuma apareçer coa abreviatura W.C.
Ex.: Voua ao váter. SINÓNIMOS: latrina, retrete, serviçio
2. Peça deste cuarto dotada dun dispositivo para evitar malos olores, onde se expulsa o mexo (os ouriños) e os excrementos. Ex.: Un produto desodoriçante para o váter. SINÓNIMO: inodoro    



VENTURA: 1. Sorte favorable. Non durou moito a súa ventura. Sinónimos: boaventura, dita. 2. Boa ou mala sorte. A ventura quixo que avistasen terra aos poucos días de naveghaçión. Sinónimo: acaso. Non sabía que ventura lle aghardaba.



VENTUREIRA-O: Adxectivo. 1. Froito, cousa, ou suçeso que se dá sen cultivarse, ou esperarse. Planta que naçe, e medra sen ser plantada, nin sementada. Por exemplo, as patacas ventureiras naçen dalghunha pataca que quedou sen apañar do ano pasadao, ou doutros anos atrás. Quédanlle a semente, e sighuen dando. A leira estaba cuberta de patacas ventureiras. O chan da viña aínda tiña patacas ventureiras. As violetas son flores ventureiras. 2. Animal doméstico que vive fóra da casa, procurando el mesmo o seu propio alimento. Polo lughar andan uns ghatos ventureiros. FRASES E EXPRESIÓNS CON ventureira-o. Ghaliña ventureira.  



VERDEROL: Paxaro do tamaño, e forma do ghorrión, con plumaxe verde e manchas amarelas nas ás principais, e na base do rabo.  



VERGHA: 1. Valo feito con varas e estacas cruçadas, arbustos, silvas, ramas etc. O cabalo saltou a vergha e fuxeu. Unha vergha de buxo. Sinónimo: sebe. 2. Vara delghada, e flexible. Unha vergha de carballo novo. Sinónimo: verghallo. 3. Lámina delghada, e estreita que se tira dunha vara verde, e que se usa para façer paxes, cestos etc. Metía as troitas nun cesto de verghas. 4. Atadura lonca, e flexible de palla, coiro etc. Ataban os monllos con verghas de palla. 5. popular. Órghano da cópula, nos mamíferos machos. A vergha é un órgano eréctil. Sinónimos: verghalleira, verghallo. 6. Marítimo. Pau lonco colocado horiçontalmente no mastro para enverghar as velas. Ighualar as verghas.  



VERGHALLEIRA: Órghano da cópula, nos mamíferos machos. O matachín, ao quitarlle as tripas ao porco, tamén retirou a verghalleira. Sinónimos: vergha, verghallo.



VERGHALLO: 1. Vara delghada e flexible. Doulle unha sorreghada cun verghallo. Sinónimo: vergha. 2. popular. Órghano da cópula, nos mamíferos machos. O verghallo do boi. Sinónimos: vergha, verghalleira. 3. Vergha do touro que, unha ves seca, se usa para façer láteghos. Unha fusta de verghallo.



VERME: 1. Animal invertebrado de corpo brando e aloncado, formado por aneis e sen patas, que anda arrastrándose. Ex.: Algúns vermes coma as miñocas úsanse para pescar. SINÓNIMOS: bicho, bichoco. 2. Calquera animal que teña o corpo da mesma forma, espeçialmente as eirughas dos insectos. Ex.: A maçán tiña un verme. 3. Insecto do que a femia se asemella a un verme por careçer de ás e élitros e por ter o abdome de forma aloncada, formado por aneis que emiten lus na escuridade. Ex.: Nas noites de verán cantan os ghrilos, e vense moitos vermes de lus. SINÓNIMO: verme da lus. Ex.: Nas noites de verán, aínda se poden ver moitos vermes de lus nas corredoiras.



VERRO: Tumoraçión por debaixo do pelexo do ghando vacún provocada pola presença das larvas de determinadas moscas. Ex.: A vaca tiña o lombo cuberto de verros. Daquela era frecuente ver os animais cheos de verros.  




VEXAIRO: trapo ou prenda de roupa delghada e cativa, para pór enriba nun apuro, cando se está na casa, ou nun traballo propio. Ex.: Iba con con présa para a leira, e puxo un vexairo por riba.



VEXIGHA: 1. Anatomía. Órghano do aparello urinario, constituído por unha membrana en forma de bolsa, que reçibe e almaçena a urina. Ex.: De nenos xoghaban coa vexigha do porco inflada. SINÓNIMOS: ¿mexa, vincha.? 2. Órghano en forma de saco destinado a conter certos líquidos, ou ghases. Ex.: Os peixes teñen unha vexhiga que os axuda a nadar. A vexigha do fel. SINÓNIMO: vesícula. 3. Lesión cutánea produçida por un levantamento do pelexo, como consecuençia dunha queimadura, un roçamento etc., e que inicialmente contén un líquido seroso. Ex.: Foi apañar baturme ao monte, e saíronlle vexighas nas mans. SINÓNIMOS: bocha, bóchegha. 4. Cada unha das bochas que produçe a varíola. Ex.: Aínda bo é que non ten moitas vexighas. 5. Enfermidade infecçiosa e contaxiosa, declarada xa extinghuida, que produçe febre alta, e a formaçión de bócheghas no pelexo, que ao curaren deixan marca. Ex.: Aghora xa ninquén ten as vexighas.



VÍCHELOCREGHO: Paxaro de cor amarela, con ás e rabo neghros, peteiro rosado e ollos vermellos, o macho. E de cor verdosa nas partes superiores, parda nas ás e no rabo e abrancada, con raias pardas nas inferiores, a femia. Ex.: Vese máis ben na primavera, e no verán. É moi típico de por aquí en Cures, seghundo me contara unha señora maior, xa faleçida. O vichelocrego emite un canto que pareçe un asubío.



VILAR DE FÓRA: paraxe do lughar, perto do lavadeiro do Lardoeiro, xunto da aldea de Cures de Baixo.



VIOXO: Alcume dunha casa de Cures de Baixo.



VIRAR: 1. Façer que algho varíe de posiçión por medio dun movemento en liña curva. Vira un pouco o espello cara á esquerda. Hai que virar o volante amodo. Sinónimo: xirar. Viraban a ollada cando pasábamos nós. 2. Pór do revés, darlle a volta a algho. Virou o balde, e baleirou a aghua no piso. Sinónimos: envorcar, voltear. Sempre vira a roupa para póla a secar. Sinónimos: dobrar, revirar, torçer. 3. Cousa, persoa que se move arredor de si mesmo. O meu trompo vira que dá xenio velo. O viraventos / cataventos vira no campanario. Sinónimo: xirar. 4. Cambiar de direcçión ou de rumbo, dar a volta. O vento virou de súpeto. Tes que virar á esquerda, e logho á dereita. Sinónimos: dobrar, revirar, torçer, xirar. 5. fighurado. Cambiar de pareçer, de ideas, de partido etc. Non se pode fiar un destes políticos que viran con tanta facilidade. 6. Dar a volta, ou dar media volta quedando de cara a algho, ou a alghuén. Virouse ao sentirnos falar. Sinónimos: revolverse, volverse. 7. Persoa, animal, ou cousa que sofre unha alteraçión proghresiva de maneira que pase a ser outra, ou doutra maneira. Virouse encarnado coa verghonça. Vireime pálido do susto. Sinónimo: tornarse. FRASES E EXPRESIÓNS CON virar. Virar a chaqueta. Virar o aire. Virar o vento.



X



XABOCA-O: 1. Persoa parva, de pouca intelixençia, e retrasada mentalmente. SINÓNIMOS: papón, parvo, sansanoco, trosco. 2. Que resulta molesto, inoportuno. SINÓNIMOS: papón, parvo, sansanoco, trosco.



XABRADEIRA: Instrumento de carpintaría que se empregha para xabrear, é diçir, para façer o xabre. É de madeira, pareçido ao ghramil, cun pau que fai de manco, e rematado na cabeça en forma de media lúa. Nunha parte do manco ten un pequeniño serrucho para façer o xabre.



XABRE: 1. Sitio do encaixe do fondo dos barriles. 2. Fenda que se fai en certos obxectos para encaixar, ou inserir nela alghunha peça, como a que se practica na madeira dos socos para cravar nela o coiro ou a que levan os barriles perto das beiras para asentar as táboas dos fondos. As duelas teñen un encaixe chamado xabre que sostén o fondo da tinalla e van amarradas con aros de castiñeiro. 3. Terra areosa que se forma pola descomposiçión do ghranito e que é moi empreghada na construcçión. Ex.: Os albaneis façían a masa con xabre, aghua e çemento. 4. Area ghrosa. Lavado e branco xabre dos fondos da ría.
  


XABREAR: Façer o xabre a un obxecto. O carpinteiro está acabando de xabrear as perfias (barriles). Sinónimo: enxabrar. Andar xabreando o socos. Sinónimo: enxabrar.



XACOTO: 1. Parte dura, ou cañoto dun frando de millo, dun vimbio, vidra, col, ... Cando se cortan os frandos de millo, flor superior do pé do millo, queda un cacho de cañoto peghado á espigha, nomeado xacoto. Sinónimos: cañoto, cotelo. 2. ¿Nó ou vulto que forman as articulaçións dos dedos ao se dobraren.? Petar cos ¿xacotos? / cotelos (das mans) / cóbados ( do braços) / nortellos (dos pés) na porta. Sinónimos: cotelo, cóbado, nortello.



XANDERMO: Alcume dunha casa de Pomar do Río.



XAN SOUTO: Paraxe do lughar, a carón da área do Ramallal.



XANEIRA: Dise da época durante o cal os ghatos saen en aventura, procurando emparellarse para procrear. Andar á xaneira. Ghato que está de saçón para actividade sexual. Berran os ghatos que andan á xaneira. Sinónimo: andar de xaneira. Andar de xaneira. Andar á xaneira. Neste tempo andan os ghatos de xaneira.



XARDA: 1. Dise das pequenas manchas de cor parda, situadas en calquera parte da cara, do corpo, ..., as cales toman máis relevo no verán. Ex.: Co sol sáenlle moitas xardas. É un rapás moi xardento. 2. Peixe mariño da familia dos escómbridos, con forma de fuso, de cor verde ou açul irisado, con listas verticais neghras no lombo e prateada ou branca no ventre. Ex.: Hoxe çeamos xarda ghuisada. Cando é aínda pequena, chámase rincha. SINÓNIMOS: cabala, corriolo, rincha. 



XARDENTA-O: adxectivo de xarda. Ex.: Este rapás é xardento, e quédanlle ben co rostro que ten.



XEADA: VÉXASE xiada 



XEMA: 1. Pequeno vulto que lles sae aos vexetais nas ponlas ou no talo e que dá lughar a novas ponlas, flores ou follas. Ex.: Hai que podar as plantas cando empeçen a botar as xemas. SINÓNIMOS: abrocho, ghomo, rebento. 2. Parte amarela do ovo das aves. Ex.: Para façer o pastel só empreghuín as xemas dos ovos. 3. Masa de carne arredondada que teñen os puntos dos dedos pola parte oposta á uña. Ex.: Non tiña tacto nas xemas dos dedos. SINÓNIMO: papo dos dedos. 4. Pedra preçiosa. Ex.: Os diamantes, as esmeraldas, ..., son xemas. 




XENO: Ghomo desenvolvido da col, do repolo e do nabo. Ex.: Hoxe para o xantar temos caldo de xenos. Uns xeniños de ghrelos. Uns xenos de repolo.



XESTA: 1. Arbusto bravo da familia das leghuminosas, con moitas ponlas delghadas e flexibles, follas pequenas e escasas, e flores amarelas ou brancas, do que existen varias espeçies. Ex.: As xestas naçen en terreos sen cultivar. 2. Vasoira feita de ponlas de xesta. Ex.. Varreu a eira cunha xesta.



XESTEIRA (A): Nome dunha antigha leira, hoxe a monte. Atópase por debaixo doutra paraxe chamada Aghro Novo e por riba da Fontiña.



XESTEIRA: Lughar onde hai moitas xestas. Ex.: O can meteuse nunha xesteira.



XIADA: 1. Fenómeno atmosférico que se produçe cando xea, e se dan temperaturas inferiores a cero grados, polo que se conxela a aghua. Ex.: As plantas mucharon coa xiada. Está unha noite de xiada. 2. por extensión. Temperatura moi baixa. Ex.: Nas noites de xiada non había xergha (manta, colcha etc., feita con lan, e liño no tear) que lle cheghase. 3. Capa fina, e xeralmente branca de cristais de xeo que se forma ao conxelarse o orballo da noite sobre unha superfiçie horiçontal arrefiada a unha temperatura inferior a cero grados. Ex.: A xiada cubría o val



XOVENCA: (masculino: xovenco) 1. Nome propio dunha vaca, que anque pase de dous ou tres anos, conserva este nome. ¡Vamos, Xovenca! 2. Cría da vaca, polo xeral de dous ou tres anos. Ex.: Mercou unha xovenca na feira de Taraghoña. O veterinario asisteu á xovenca no seu primeiro parto. 



XOVENCO: VÉXASE xovenca.  



XUNCA: Planta herbáçea da familia das çiperáçeas, de talos trianculares, follas serradas na marxe e flores en espigha, máis común en lughares húmidos. Ex.: Teñen a pataqueira inçada de xunca. 



XUNCO: 1. Planta herbáçea de talo ríxido, lonco e flexible, acabado en punta, que medra na aghua e en lughares moi húmido, da que existen numerosas espeçies. Tamén, antighamente por aquí, había xente que cubría os tellados das casas, dos cubertos, hórreos, etç., con xuncos secos e amarrados, ou tamén, con feo amarrado. Outra cousa que se façía cos cuncos, era secalos ao sol e façer soltas para as ovellas, antes de haberen cordas, ou outros materiais. Ex.: Nos terrenos brañentos acostuma a haber moitos xuncos. 2. Talo desta planta. Ex.: Os nenos entretíñanse façendo restras de xuncos.  



XUNTAR: Mover, unir, façer coincidir, reunir, sumar. Poñer xuntas ao mesmo tempo, cousas, animais, ou persoas nun lughar, ou nun ghrupo. SINÓNIMOS: axuntar(se), xuntarse.



XURAPÁS: Dise dunha persoa que xura moito.



XURAR: 1. Aseghurar a verdade de algho mediante xuramento. Ex.: Xuro ante Deus que o que digho é certo. 2. Comprometerse a façer algho mediante xuramento. Ex.: Xurou vinghança ante a súa tumba. 3. Prometer ou afirmar algho con força, e seghuridade. Ex.: Xúroche que o dominco non saín da casa. 4. Prestar xuramento, façer un xuramento. Ex.: Non xures en falso, sabendo que o que dis é mentira. 5. Diçir xuramentos. Ex.: Tropeçou e empeçou a xurar. SINÓNIMO: maldiçir. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON xurar. 
Xurar e perxurar.
Insistir en que algho é çerto con todo tipo de arghumentos. Ex.: Xurou e perxurou que el non sabía nada.



XURRO: substantivo. 1. Líquido que solta o esterco. Ex.: O regho do xurro vai dar ao prado. 2. Líquido composto por aghua, mexo e bosta dos animais. Ex.: Ao lado da corte teñen o depósito para o xurro.