lunes, 15 de mayo de 2017

SR. CONSTANTINO DE RAFAEL. “EXPERTO EN MEDIÇINA NATURAL E VETERINARIA”, por Ramon Lainho




No noso entorno era coneçido o sr. Constantino de Rafael, da aldea do Piñeiro, en Mieites, parroquia de Cures, conçello (auntamento=axuntamento) de Boiro, como persoa capaçitada para curar os animais.



Antes de apareçeren os veterinarios e, incluso despois, valíanse del xa que posuía vastos conoçementos de mediçina natural, da que aplicaba remedios curativos.



E tamén, de veterinaria, na cal formárase a sí mesmo como autodidacta.



Tiña fama de ser moi competente á hora de curar animais, e era conoçedor de plantas e tratamentos feitos con elas. Sabía técnicas aplicadas con artiluxios, e estaba ao tanto dos medicamentos ofiçiais.
 

 
Lembran que era mellor cós veterinarios que empeçaron vindo polas aldeas. Se había enfermidades e, feridas que non sabían tratar o dono dos animais, nin os ferradores, e tampouco os “barbeiros”, chamábano a el. 


  

Reclamábano en calquera punto das parroquias de Cures, Maçenda, Cespón, Bealo, Lampón, Cabo de Crus, Abanqueiro, Boiro, Noia, etç. Nunca se ten neghado a ir a nincunha casa.



Non se propuña tratar as doenças da xente, anque entendía ao respecto. Pero non quería, debido aos problemas da lei e as súas consecuençias. Así e todo, intentar curar ás persoas é máis comprometedor, porque un simple comentario descalificador, pode botar pola borda todo un traballo de anos.



A pesares daquel dilema, en varias ocasións ten dito textualmente: “Hai cantidade de herbas que se pisan cos pés e, son mediçinales para moitas cousas.” Como anécdota, recordáballe ás mulleres que padeçían dores durante o período, que existían remedios naturais para eso. 



Era un home que nunca puxo preçio aos seus serviços.



Façíao de boa vontade, para axudar á xente. Moi serviçial e humano, tamén moi querido. Xamais dixo, é tanto pola visita. Simplemente, as persoas que lle pedían axuda, dábanlle algho á súa vontade, máis ben pouquiño.



A maioría dos veterinarios víano como un competidor destacado, a quen a xente estimaba en alto ghrado. Era moi talentoso, con enorme potençial natural, habilidoso e preocupado por aprender e instruírse.

 


Lía constantemente e abondo, libros de veterinaria, de plantas, etç. Trataba de estar á última en veterinaria, perfecçionaba os conoçementos naturais herdados dos maiores, ademáis de sacalos dos libros e experimentalos por sí mesmo. 
  
 

 
Polo que se refire á súa infançia, era fillo de “nai solteira”. A súa situaçión persoal foi un tanto peculiar: Seu pai, carpinteiro do lughar de Palmeira (Ribeira), sempre o reconoçeu e mantivo relaçión co fillo e coa súa "muller".



Non obstante, seu pai comentáralle a ela (xa en estado ou co fillo reçén naçido) que nunca viviría na aldea do Piñeiro porque non quería “andar co carro”. É diçir, non lle ghustaba o mundo da terra e dos animais.



Ao mesmo tempo, pedíalle a ela que se fora vivir con el a Palmeira. Sen embargho, súa muller non estaba disposta a deixar a casa, cos seus maiores, os bens, nin o seu xeito de vida. Inda hoxe en día, os sobriños daquel home de Palmeira perpetúan a relaçión cos desçendentes da familia do Piñeiro, en Mieites.



Cando de neno contaba seis anos, morreu o seu avó da casa. 



E quedou só con súa nai. Seghundo relatan, foi moi coidado debido a tales circunstançias de nai solteira e pai na distançia. 

 

Naqueles tempos, a maioría dos rapaçes non iban á escola. 



En cambio, seus pais fixeron un ghrande esforço por telo escolariçado hastra a idade de deçaoito anos. 




Iba andando tódolos días á escola, a Boiro.



Ese sacrifiçio por dárlle formaçión ofiçial, implicou temporalmente, penalidades económicas e de calidade de vida para el e súa familia.



A poboaçión, frecuentemente ten andado descalça e coa roupa remendada. De tantos remendos que tiñan, xa non se sabía cal era o teçido orixinal. E, esta realidade tamén o alcançaba a el. 
 


Así foi mentres tanto, ata que xa de maior começou façendo por vida con toda a súa formaçión e sabiduría adquirida.



Casou coa señora Pepa. Foto dela, cando xoven.

 


Desde pequeno, xa daba sinais de ser un neno espabilado e vivo. Amosaba unha ghrande capaçidade e disposiçión. 



Foi desenvolvendo unha bonita letra de escribano, coa que posteriormente, redactaba as notas de remedios e medicamentos, como doutros escritos persoais. Entre eles, contan que de solteiro mantivo unha correspondençia epistolar, cunha moça de Vigho.



Relata a neta da casa que ela e seu irmán, un chisco máis vello, teñen pasado moitos anos con seu avó, xa maior, ao pé do lume da lareira.



Nestas loncas estadías, xa había televisión, pero en blanco e neghro con dúas únicas cadeas. Dentro desta dependençia da casa, movíase a familia ao completo, entre os cales se encontraban os referidos netos. 

 
(Chineiro antigho, en bo estado, con pousa de mármore. Está perto da lareira.)


Destacan o feito de que seu avó tiña unhas dotes excepçionais para relatar os contos. Sabía conduçir o fío das historias e, imprimíalle o ritmo axeitado para que non decaese a curiosidade dos ouvintes. Tanto era así, que os netos e o resto da familia, atendíano con moito interese, sen prestar atençión ao que puña na televisión. 


(O señor Constantino cuns bisnetos no reghaço.)
  

(El, con dous bisnetos e dúas das fillas diante da porta. Elas son, Pilar a da casa e súa irmán de Riveira, vestida de luto. Detrás das costas do señor Constantino, está durmindo o can.)
 

Para dárlle máis interese e expectaçión ao que contaba, din que con picardía, aumentaba a realidade dos feitos. Anque, en moitas ocasións, a realidade na que se baseaban estes contos, superaba a ficçión.


(Uns aniños despois, cunha das súas bisnetas.) 


(Levándose algho á boca)
 


Diçir que ata os oitenta e moitos anos, permaneçeu activo en relaçión ao mundo da veterinaria e da mediçina natural. Como tamén, das novas técnicas aplicadas en ámbolos campos.



Faleçeu á idade de 90 anos. Na foto, Pilar, unha das fillas que quedou na casa.

 


Xunto del, iba moita xente pedirlle axuda para curar animais de calquera espeçie: ghando bovino, cabalar, porcos, cans, etç.



Non tiña inconveniente en levantarse da cama á hora que fora.



Contábanlle os síntomas que padeçían. Acto seghuido, iba coa persoa hastra a casa onde estaba o animal. 



Mirábao, apalpábao e, valoraba tanto o que escoitara, como a súa propia análise. 



De seghuido, diçíalle o remedio natural que correspondía façer. Ou, a maiores, se debían comprar alghún medicamento na botica.



Explicáballe as plantas que se neçesitaban coller e como preparalas ou mesturalas, para logho aplicarlla ao animal.



De ir acompañada de tratamento de botica, indicáballe como dárlle as tomas.



Ao mesmo tempo, deixáballe dito aos donos do animal que se non melloraba, volvérano chamar sen problema nincún para probar outro remedio e/ou medicamento diferente. Se nesa mesma aldea, houbera alghún animal enfermo que tivera sido anteriormente atendido por el, pasaba a ver como lle iba. De non lle ver melloría, tendo en conta o tempo transcorrido, cambiáballe de remedio.



No caso de seren pastillas, podían meterse nun cacho de boroa ou, de pan que se lle daba a comer. 



E, no suposto dunha botella de líquido, de remedio natural ou de botica, explicaba como abocarllo ao animal. 



Era chamado para “librar as vacas”. E de dárse este problema con bestas da casa que alghúns tiñan para montar nelas ou, traballar na terra, tamén llas libraba. Anquen as bestas da casa usadas para o comentado anteriormente, non as empreñaban. Esta acçión de "librar" consiste en sacarlle as “quitas” ou, tea que cubría a cría, cando ao pariren non as botaban fóra elas mesmas.



Había alghún caso que as quitas saían un pouquiño ao exterior. Entón, os da casa amarrábanlle nesa esquina da quita, un cordel. 



Acto seghuido, púñanlle no extremo desta, un obxecto cun pouquiño de peso, non moito. Así, axudaba a que fora cedendo esa tea e, ao mesmo tempo cando mexaba, quiçais a fose botando fóra. Se, aproximadamente en nove días non saían as quitas, “librábanse”=sacábanse metendo directamente o braço adentro. Pero, co tempo transcurrido, esta materia tiña un cheiro tan desaghradable que tumbaba a calquera


 
No parto, o ghando empurra moito. Esto provoca nalghunhas ocasións, sobor de todo nas vacas e no ghando ovino, que boten a madre (útero) fóra. É menos frecuente nas éghoas, cadelas, porcas, etç. 



Como é lóxico, ao saír a madre fóra, prodúçelle un desgharro. Existe outro risco maior que é cando expulsa a madre, pero non da saído a cría. Neste caso, dáselle un corte coidadoso na membrana e por el, sácase a cría.

 

Así que, coa madre fóra podía proçederse como sighue:

De ter parido no chan, limpáballa con algho delicado, pero suavemente, os posibles lixos.



Entón, coa "cinta catalana" (observar a cinta de cor branca, na foto inferior), dáballe unhas puntadas no desgharro. 

 


No suposto, de terse sacado a cría por medio dun corte na madre, cosíaselle ao completo. En calquera dos casos, o acto de coser servía para que ese órghano non se soltara cando mexara o animal.


 
Utensilios persoais que manexaba o señor Constantino para coser o desgharro da madre, ou para coser o corte na madre ao sacar a cría por ela.



Existía unha clase de herba que se daba nas leiras para tales casos. Había quen lle metía a herba e deixáballa, ¿quiçais dentro da mesma madre antes de cosela ou, se cadra, por riba dela despois de metela madre dentro?



A continuaçión, volvía a asentar este órghano no interior do animal. Deste xeito, se pasados 2 ou 3 días, a vaca ao mexar non botaba a madre fóra, entendíase agharrada.



O señor Constantino, tamén axudaba noutras complicaçións do ghando ao querer parir. Neses casos, metía o braço polo curso da femia e intentaba recolocar a cría.



Pero, había situaçións moi complicadas, en que non lle era posible soluçionalo directamente a el, nin tampouco aos veterinarios, que foron apareçendo posteriormente. As causas podían ser varias, coma por exemplo que a cría viñera torçida ou de cú, estorbando o seu tamaño a canle do parto.



Ou, anque estuvera de cabeça, cadrara ser un pucho “colón”, demasiado ghrande para saír por sí mesmo. 


  
Así que non quedaba máis remedio que amarrarlle cunha corda, ás dúas patas de atrás, se é que estaba de cu. 



NOTA: No caso de vir de cu, pero se o seu tamaño non estorba a canle do parto, entón a posiçión fetal é considerada normal. 



E senón, se viña de cabeça pero era demasiado ghrande, neste caso amárranselle as dúas patas de diante. 



En calquera dos casos, xuntábanse varias persoas para turrar da cría. Façíano pouco a pouco, sen danar a vaca ou, a éghoa. Deste xeito, polo xeral, íbana sacando.



Houbo dúas situaçións en que partiçipara meu pai, nas cales non había sufiçiente xente para turrar da corda. Unha foi na nosa casa de baixo e, outra na dun veçiño da aldea de Cures. Dábase alghún dos problemas mencçionados anteriormente. Dado que el tamén é alambrador, pensou en usar unha máquina de alambrar para turrar aos poucos.



Para eso, enghanchou unha corda a un sitio firme. Por exemplo, a un ferro da parede.



Entón no seu extremo, fíxolle unha laçada. 



Despois, colleu outra corda e amarroulle ás dúas patas do pucho que estaban na saída da vaca.


 
Cortou un alambre cunha tenaça axeitada. 



Enghanchou o alambre  na parte da corda que vén das patas do pucho. 
  


Logho, empatou o outro extremo da corda que estaba no ferro, co extremo libre do alambre, mediante un amarro seghuro.



Colocou a máquina de alambrar unindo as dúas partes cortadas.



E foille dando á palanca para turrar pouco a pouco da cría, coa fin de non danala.



Deste xeito, consighueu sacala.



Momentos antes de que parira o ghando, fora ou non un parto normal, a xente (pero non todos), untábanlle ghraxa sen sal pola mexeira e, tamén polo curso do animal para saír mellor. A diçir verdade, o referido método era frecuente en determinadas casas.




As xoghueiras (feridas ou, maghoaduras ocasionadas polo xugho no pescoço) do ghando, podían previrse por medio desta ghraxa sen sal. Acostumábase ghardar nunha ola de barro tapada cun testo do mesmo material, ou doutra cras: táboa, metal, coiro, papel de estraça, etç.





Untábaselle no pescoço das vacas, ou dos cabalos (estes últimos para quen os empreghaba nas labores aghrícolas). Servía para curarlle as feridas das xoghueiras. E, ao mesmo tempo para que lle escorrera a aghua da chuvia por elas. Aparte de axudar a curar, tamén lle alobeaba. E senón, prevía ou diminuía as xoghueiras. 

 

Por exemplo, diçían del, que cando lle esbaghullaban os ollos dos animais, non se lembran se por cataratas ou, infecçión de ollos, raiaba unha cuncha de xiba, tamén conoçida como chopo de mar. 

 

Entón, por exemplo na vaca, abríanlle a pálpebra dun ollo, e sopráballe esas raiaduras. Estas, podían estar sobor da mesma cuncha, ou se cadra na palma da man, senón en calquera obxecto. E despois, façía o mesmo co outro ollo.
 
  

Hai unha versión a maiores, na que alghuén comentaba que estas raiaduras da xiba, botábaas nun líquido feito de plantas e/ou de herbas que xa traía preparado da casa, para logho remexer todo. Despois, molláballe o ollo, ou os ollos coa mestura líquida. Dun xeito ou, doutro, a xiba ou cuncha de chopo, ghardábase nun burato, entre as pedras da parede para cando volvera façer falta.



Para a palmoeira das vacas (infecçión do ubre), aconsellaba apañar ortighas que había que lavar en aghua limpa (mellor a correr). Logho, nunha cunca ou nun cacharro, mesturábanse con ghraxa sen sal (xa ghardada para eso) e machucábase todo.




De seghuido, esa masa refreghábase no ubre. Non obstante, había casas en que para a "palmoeira" so lle refreghaban a ghraxa sen sal.



 Outra posiblidade era dárlle empapadas de xabrón.



Ás uñas (peçuñas) das vacas, e os cascos (dos cabalos) roídos polos ratos, ou por trillárense ao non estaren ferrados, aplicábanlle o seguinte tratamento:
 


Sulfato de cobre en pedra. Derretían unha pedra deste mineral nun cacharriño cunha pouca aghua. Mollaban as feridas con el, para curarllas. Esto era comunmente usado polos ferradores no acto de ferrar, por ser parte do seu traballo. Anque, de persistiren ou aghudiçárense estes problemas e, os que sighuen máis abaixo, podían en último termo, acudir ao señor Constantino.

  

Tamén para endureçer os cascos blandos, untábaselle borralla amasada nunha pouca aghua.



Ou senón, soamente açeite de bacalao, que façía o mesmo efecto.



Este problema da brandura das uñas ou peçuñas das vacas e dos cascos das cabalarías, debíase a estaren metidos nas cortes, pola humidade do xurro debaixo do batume e, tamén polos ratos que lle comían neles.



Máis tarde, viñeron as pastillas de permanghanato potásico para moitas doenças.



Como remedios naturais, ten dado por exemplo:

A raís de herba da moufa, fervida en aghua para a meninxite dos animais. Había moita herba deste tipo por Moimenta.



Infusión de amenta para as lombrighas, nos animais e tamén, na xente.



Coçer follas de laranxo, con mentrastes e, tomar esa infusión para a tose. Aconselláballa ás persoas.



 
Infusión de follas de fighueira para a infecçión de orina, na xente.



Para os porcos atragantados, botáballe açeite a traghar. 



E, despois nun vimbio flexible, amarráballe moi ben amarrado e extremadamente seghuro, un trapo mollado en açeite.

 


Posteriormente, íballo baixando con coidado para desatoarlle a ghorxa. E despois, sacáballo para ver o resultado.




Un remedio conoçido polos ferreiros e, tamén por el, aplicado aos animais cando coxeaban e sancraban ou, botaban aghuadilla, era quitarlle o clavo e, botarlle açeite quente no burato que supuraba. 



CURIOSIDADE: O trovisco, refreghado sobor dunha pedra no río, soltaba un líquido velenoso. Entón alghunha xente que o mesturaba na aghua, façían que saísen as troitas para riba, flotando mortas. 

Trovisco aínda sen ghraia

Trovisco xa con ghraia


Non tódolos veterinarios eran insensibles e corporativistas. Había alghún que reconoçía o labor do señor Constantino pola súa valía, formaçión, experiençia e talento.



Dunha ves, un paisano chamou ao veterinario porque a vaca estaba enferma. Reçetoulle unha indicçión, pero díxolle que posiblemente lle iba morrer. 



Entón, o home foise xunta o señor Constantino de Rafael, quen despois de ver o animal, mandoulle preparar un remedio con plantas naturais. E de paso, reçetoulle unha indicçión (Ivensalpen-E) que vén sendo un antibiótico, diferente ao que lle daba o veterinario. 



Alá se vai o dono da vaca, xuntou as herbas e fixo o remedio. De paso, foise á botica comprar o que lle mandara.
 


Doulle o remedio como lle dixo e, suministroulle a indicçión. Ao pouco, a vaca mellorou e curou. 



Acto seghuido, foise xunta o veterinario e contoulle que a vaca sandara. 


 
Respondeulle o veterinario:

  • ¿Déstelle a indicçión que che dixen, non?



Dono:

  • Non. Non lla din.



Veterinario:

  • ¿Entonçes, déstelle outro remedio?


Dono:

  • Sí, dinlle. Deille unha indicçión doutro antibiótico e, 





  • un remedio natural.
     

     
Veterinario:

  • ¿Fostes xunta o home de "Mieites", logho?


Dono:

  • ¿Por qué?



Veterinario:

  • Porque se me entero que foi el, dóulle carta blanca para poder curar os animais.


Pero, moitos veterinarios eran da tendençia contraria. Pois de saber que andaba polo medio, axudando á xente, podían metelo no cárçere. A esto, a maioría deles andábano buscando.
 


Doutra ves ás seis da mañán, chegharon á súa casa do Piñeiro-Mieites, dous homes proçedentes dunha aldea de riba de Noia.



Naquel tempo, as vías eran camiños de carro e cañeiras. Só existía a estrada de Boiro-Noia que daquela estaba con barro e pedraghullo. 



Pero non podían entrar ás aldeas polas corredoiras, nin polos camiños de carro. Entón, deixaron o coche ao lado da ponte da Algharia, perto da casa dos do Río e,



dirixíronse a pé ao Piñeiro, xunto del.



CURIOSIDADE: Unha laçena das abellas, nese redondel neghro da parede da casa, polo pinche leste



Sen máis, reçibeunos a esa hora. Explicáronlle que tiñan problemas cunha vaca empreñada que non daba parido. Xa lles fora o veterinario e dixéralles que non había remedio, que iban morrer a vaca e a cría.



Açeptou ir con eles. Baixaron desde O Piñeiro, andando hastra a ponte, onde tiñan o coche. Subiron os tres e foron cara alá.



Ao chegharen a esa aldea, miroulles a vaca coa cría dentro. E, valorando a situaçión, preghuntoulles aos donos: 
  • ¿Qué queredes salvar, a vaca ou o pucho? 


Podía ser que fora un pucho colón (demasiado ghrande) anque viñera de cabeça, ou se cadra viña de cú ou torçido, estorbando en ámbolos casos a canle do parto.




Eles:

  • ¡Pero a nós díxonos que iban morrer os dous!



Nese intre, escoitaron ruído dun coche, e o señor Constantino ao sentilo, aghachouse. Entrou o veterinario, mirou de novo a vaca e afirmou:

  • Non hai remedio. Van morrer as dúas.




Os paisanos responderon:

  • ¡Boeno logho. Qué se lle vai façer!



Marchou o veterinario e cando o señor Constantino escoitou que se alonxaba o coche, 



saeu do aghachadeiro. E volveulles repetir:

  • ¿Qué queredes salvar, a vaca ou o pucho?


Eles:

  • A vaca que aínda é nova.


El acostumaba vestir chaleque, o cal tiña dous petos.



No da parte superior, sempre levaba papeis para reçetas, un lápis e unha navalla pequena.




E no peto inferior, continuamente tiña un reló de bolsillo con cadea.



Entón, vai e colleu a navalliña por entre os dedos do medio, da man dereita. Meteu o braço con coidado para dentro, cubrindo ben a navalla para non danar as paredes do curso do animal. E xa dentro, foi cortando a cría en cachos, e sacándoos para fóra.




Así, salvouse a vaca.
 


Seghundo me conta a súa familia, houbo outro caso a maiores coma este. En total, dous casos sacados así.



Noutra ocasión, había un ghrupo de xente no cuberto dos de Pedro de Xan.

 


A primeira vivenda á esquerda, entrando na aldea do Piñeiro.



Nel, atopábanse os desa casa, con outros veçiños tratando de axudar a que parira unha vaca. Pero había problemas porque o pucho non daba saído. Vese que viña mal, mais ninquén sabía qué façer.



O señor Constantino, daquela con oitenta e cinco anos ou máis, oeu falar xente nese cuberto veçiño. Se acaso, alghuén da casa lle contou a situaçión e, foise camiñando hastra alí.


(Esfollando millo e, botando as espighas ós cestos.)



Ao estar próximo ao portal, fixo unha carreiriña medio en broma. E, xa ao pé del, deixou caer os braços en crus, enriba da folla do portal. Este, era de dobre folla e os que estaban dentro, viran como cheghara e a postura na que quedou observando.
 


Eles atopábanse turrando dunha corda amarrada ás patas do animal. Pero por moito que tiraran, o que façían era ir traendo á vaca pero non conseghuían nada máis. Porque víase que o pucho estaba atoado (atrancado).




Inoçentemente preghuntou:

  • ¿Elogho, qué façedes?



Responden eles:

  • Nada. Aquí, que non dá saído a cría.


El:

  • ¿Por qué façedes eso?



A xente:

  • Non sabemos que máis façerlle.



O señor Constantino:

  • ¡Ah, boeno!



Vai, entrou e dirixeuse xunto da vaca. Arremancouse, mete o braço, e exclama:

  • ¡Ai, mordeume!

    (Non se sabe se o dixo en serio ou, en broma. De paso, fíxolle un movemento de riba abaixo e, retírase para o portal.) 



De seghuido, dille á xente:

  • Aghora tirade.



E, dese xeito, o pucho foi saíndo para fóra.



Neste caso, resulta que a cría estaba no interior coa cabeça para atrás.



E o que fixo el, foi meterlle o braço para baixarlle a cabeça, desatoando o animal para permitirlle saír.



Tamén tiña un equipo de ferramentas para sacar moas, a onde ten acudido moita xente. Façíao de xeito ghratuito e non tiña día para eso. Seghundo cadrara o momento, púñase ao labor. 



Desinfectaba os utensilios con alcohol, (de non telo neses momentos, usaba caña da uva). E, despois de extraer a peça da boca, púñalle un alghodón mollado con alcohol no sitio. Ou de ser o caso comentado, con caña.
 


A miña nai de xoven, sacoulle alghunha moa na casa del.



Como é de supor, para a maioría da xente humilde, por aquel entón, non se dispuña de anestesia.



PARÉNTESE: Dunha ocasión cando neno, arredor da década dos anos setenta, atopábame na casa cunha dor de moas.



Estaba por veçes, sentado a voltas no asento. E, outras de pé, movéndome e queixándome, para intentar soportar esa dor que calmaba con caña da uva, ou picadura de tabaco.
   


Entón, deçidiron levarme a Boiro a unha consulta dun médico, quiçais un dentista, situado na rúa Prinçipal, ao lado do edifiçio da entidade bancaria A Banca.



Alí, sacáronme a moa sen anestesia. E tamén en Noia, non me lembro a consulta, outro dentista tenme sacado sen anestesia, alghunha moa. En ámbolos casos, a sensaçión era un obxecto metálico frío (a tenaça prateada) e moita dor. Se esta realidade se daba na década dos anos setenta, moito máis na época de nosos pais e avós.



Cortáballe o pelo de balde (ghratis) a quen llo pedira, tanto a homes como mulleres. Para esto, posuía os útiles axeitados




E tamén afeitaba, se llo requirían.



Puña os domincos para este traballo, porque é cando estaba libre, pois o resto dos días traballaba.



Estuvo no serviço na oitava rexión militar do noroeste, que por aquel entón eran tres anos.



Porto militar do Ferrol.


 
E nese intre, ao seu pesar, produçeuse un gholpe de estado. De seghuido, contra a súa vontade, moviliçárono para ir á ghuerra.



Cando estaban acampados na serra de Madrid, intentou evitar un enfrontamento entre os dous bandos.



Entón, pensou como podería façer para que non houbese nin un só disparo por ámbalas partes. 



Despois de moito cavilar, vendo que había monte, e a climatoloxía axudaba, saeu de noite sen que ninquén o vira.



E cos medios ao seu alcançe, prendeulle lume no monte para que se viran comprometidos os dous campamentos rivais.



Logho, cando começou ardendo de xeito seghuro, situouse nun sitio que non dera que desconfiar e dou a vos de alarma. Xa postos en alerta ámbolos bandos, non puderon dispararse entre eles, senón que debían ocuparse en apaghar o lume.



Deste xeito, por avisar do perigho do lume e partiçipar na súa extinçión, tuvo o reconoçemento dos mandos e dun xeneral que era seu amigho.
 


Varios documentos e obxectos persoais do señor Constantino, coma por exemplo:

Un boletín aghrícola,



unha libreta do Réxime Aghropecuario da Seghuridade Soçial,



un cruçifixo,



un boleto da lotería de Nadal,



unha chapa canina do control contra a rabia,



moedas antighas pola cara e a crus.



Este reloxio de parede fora un obsequio do xeneral, amigho seu, por ter demostrado e sido unha persoa de ben. Comentan que llo enviaran en barco desde Vilagharçia de Arousa hastra o Bodión. E desde ahí, ou se cadra desde Boiro, o señor Constantino tróuxoo en dúas partes ao lombo, façendo cadanseu viaxe. Desde que foi instalado, nunca parou, hastra o de aghora, debido a unha avaría nun relé ou válvula. Está con vistas a ser arranchado.