miércoles, 19 de febrero de 2014

CONTOS, HISTORIAS E ANÉCDOTAS, por Ramón Laíño


REENCONTRO DE DOUS NAMORADOS 


Era un moço e máis unha moça, xa levaban tempo a falar. E un día estando na fonte, berraron e deixáronse. El colleu unha moça, e ela un moço de pouco tempo. A xente diçíalle a María:

-    ¿Que lle fixestes a Francisco? O home anda desghustado que lle doe a cabeça sempre.

Ela:

-           Eu non lle fixen nada. Fixo el. Eu non lle teño que façer.


Despois, vai ela un día e fixo por velo porque o quería ben. E encontrouno.

Ela:

-          ¡Eh, Françisco! ¿Que che pasa?

El:

-           Doime a cabeça sempre.

Ela:

-           Mira. Toma o meu pano e fréghao na cabeça.

El :

-          ¿Será boa cousa?

Ela:

-           Eh. Ha de ser.


Colleu o pano e refreghouse.

Ela:

-          ¡Fregha ben que mañán xa o lavo na fonte do olvido, onde ti me olvidastes!

El:

-          ¿E a que hora, María?

Ela:

-          Eh, ahí ás once e media, ou ás doçe.

El:

-          Boeno. Haber se che vexo.

E foi así que estiveron os dous xuntos na fonte. Ao final, recapaçitaron e ao pouco tempo, casáronse.

 Cantar:

-      Si te duele la cabeza, arrímate a mi pañuelo,
          que mi pañuelo se llama tira pena y da consuelo.


-      Si te duele la cabeza, límpiate a mi pañuelo,
          que mañana yo lo lavo en la fuente del olvido,
          donde tu me has olvidado.

--------------------------------------------------------------------------

OS NAMORADOS E O RÍO


Era un moço e unha moça. Ao moço doíanlle os ollos.

Ela: 

- Françisquiño, e donche os ollos?

El: 

- Si.

Ela:  

- Tamén me dón os meus. ¿Mira que imos façer, Françisquiño?

El: 

- Imos ao río lavalos ollos. ¿E será verdade?


Ela: 

- Eu fun, e vanme pasando.

El:

- Pois vamos logho.

Foron lavalos ollos ao río. E, así ela e el pegháronse os dous, aproveitando para estar xuntiños.

Cantar:

-       Maruxiña dónche os ollos, tamén che me dón os meus.
Vámolos / Ímolos lavar ao río, onde a troita lava os seus.

Outra versión do cantar:

-       Queridiña dónche os ollos, tamén che me dón os meus.
Vámolos / Ímolos lavar ao río, onde a troita lava os seus.

-----------------------------------------------------------------------------

VENDER AS MULLERES NA FEIRA


Antighamente levaban as mulleres a vender á feira. Era nesa época que un fulano estaba casado nunha casa.

A soghra non lle caía ben a este home, entón cheghou un día que a tratou de vender na feira, pero non a quería ninquén.

Vai un home que por alí andaba e dille:

-          ¿Pero quen che vai querer esa mulleriña vella na feira.?


Ela tiña callos nas mans, e víase que era traballadora. O home veu eso, e pensouno mellor.

Dille o xenro, ao decatarse que o home reparou en tal feito:

-          Boeno, xa vai por ti. / Boeno, xa está por ti.

E levouna:

-          Veña para acá.


O comprador non era tolo. Xa vía que tiña algho e tratouna ben.

---------------------------------------------------------------------------------

O ENSIÑO E O EMIGHRANTE RETORNADO


Un rapás criárase aquí, de pequeno con seus pais, e a súa familia. Viveu a súa nenés, e xuventude no seu lughar.

Cando se fixo maior de idade, quixo ir a América para ver de ghanar algho, co pensamento de volver. Decideu ir a Bos Aires, en Arxentina.

Botou pouco tempo alá, dous anos, máis ou menos. Como di o refrán: “foi nun cesto e veu nun barril.” (non asimilara antes de irse o sentido da vida, e veu con moita soberbia.)

Traía aires de cidade, e tiña por menos á súa xente e o mundo no que se criara.

Estaban un día na malla do trigho, e había uns ensiños (apeiros de labrança) no chan. Comportábase con moita altanería, pretendendo ignorar todo o que aprendera de neno e xoven. 


Vai e preghúntalle á xente:

-          ¿Como se chaman estas cousas?


Tocábaos co pé, mostrando xestos de estraneça diante dos demáis.

Nese mesmo intre, estando a façer o parvo con eles, pisou forte demáis un ensiño pola base, e douse co manco nos fuçiños.

De súpeto, sen máis discursos, saeulle dos seus adentros:

-          ¡Me cagho no ensiño da Virxe!


E respóndenlle os que alí estaban:


¿¡Hai. Eh logho, sabes como se chaman, non!?

----------------------------------------------------------------------------

DÚAS COMADRES BEN LEVADAS


Eran dúas comadres casadas que se levaban ben, e eran moi amighas. Tanto é así, que de ves en cando contábanse seghredos bastante íntimos.

Unha delas, díxolle á comadre: 

-          Comadre, ¿e non sabes que lle pasa ao meu home?

A outra comadre:

-          ¿Elogho, que lle pasa?

Comadre 1.ª:

-          O home debe estar tolo.

Comadre 2.ª:

-          ¿Eh que lle pasa logho, muller?

Comadre 1.ª - Refrán: 

“Unas veces por mucho y otras por poco.”

--------------------------------------------------------------------------------

OS MOUROS NA GHUERRA DE ÁFRICA



Conto dos mouros (relatados por alghúns dos que estiveran na ghuerra de Africa, tal como conta Domincos do Caseiro):

-          Ghan, Ghan. Ghátame Xiana, non poder pescar. (Non consigue coller esa muller)

Contéstalle o outro:

-          Ghan, Ghan. Ghátame Xiana, n´a (non a) poder chapar.

---------------------------------------------------------------------------------

DOUS PAISANOS NUNHA FONDA


Dunha ves van dous homes comer a unha fonda. Entran, collen unha mesa e toman asento.

Ven por alí o tendeiro, e logho de dar os saúdos respectivos, aclara os pratos que ten esta fonda para servir.

De seghuido, cun tempo prudençial para escolleren o que querían, volve o dependente, e preghunta:

-          Haber. Pensaron xa o que queren de primeiro para comer.

Di un deles:

-          A min, un pito (polo pequeno).

E dille, o outro para ser máis có primeiro.

-          A min, polo.


E logho, preghunta o taberneiro:

-          ¿E para beberen?

Responde un:

-          Viño.

E vostede:

-          Viño, tamén.

Ao remataren o primeiro prato, volve o dependente, e dilles:

-          Boeno. ¿Saben xa o que queren de seghundo?

Di o que pedira anteriormente o pito:

-          Eu repito (outro pito).

E o que pedira polo de primeiro, contesta para ser máis forte có outro:

-          A min, re-polo.

Ahí lle vén tendeiro co que pediran.


Para o primeiro traélle de novo un pito (polo pequeno), e para a outra persoa tráelle repolo (verdura).

Como resume, un deles quería estar por riba do outro, e pensando que ía repetir de novo cun polo, trouxéronlle verdura de repolo (re-polo).

---------------------------------------------------------------------------

O CONSELLEIRO DA VIDA


Éche coma aquel que lle preghuntou a unhas persoas coas que se encontrou:

-          ¿E qué ofiçio tes Ramón?

Ramón:

-          Piñeiro!

Persoa:

-          ¿Eh que é?

Ramón:

-    É andar ás piñas. Subo aos pinos, aghárroas das ponlas, e tamén as apaño do chan.


Persoa:

-          ¡Eh. Cativo ofiçio! Para caer e matarte. ¿E que vas sacando?

Ramón:

-          ¡Eh. Para comer!

Despois, preghúntalle a outro:

Persoa:

-          ¡Eh, Antonio!¿Que ofiçio tes?

Antonio:

-          ¡Barreiro!


Persoa:

-          ¿Eh, qué é?

Antonio:

-          Dárlle barro aos canteiros.

Persoa:

-          ¡Tes que ter coidado a subir polas esqueiras, non caer abaixo.!

-------------------------------------------------------------------------------

OS ARAGHÁNS DERROTAS


Eran dous irmáns moi vaghos. Estaban sen traballo, pero un deles un día dispúxose a buscalo.

Sen embargho, en ves de erghuerse da cama para dispoñerse a buscalo, deçideu quedar durmindo.

De paso, encarghoulle ao irmán que preghuntase por ahí, haber se había algho para el.


Chegha a unha fábrica, cos braços estirados, cansado e con sono. E dille ao propietario:

-          ¡Xefe!

Dono:

-          ¿Qué queres?

Buscador:

-          Veño buscar traballo para meu irmán. Diçíallo sen nincunha solás, nin ánimo.

Esto quere diçir que era tan vagho e durmiñento coma o irmán que quedou na cama.


----------------------------------------------------------------------------

O VELLO E AS MOÇAS


Estaban unhas moças cantando e parouse un vello a escoitalas.

Díxolle unha delas:

-          ¿Ghústalle o noso cantar?

Contéstalle el:

-          Ghústame.

Pero enghadeu:

-      Cantades en canto sodes moças, pero despois de vellas cantaredes coma min. (el xa non cantaba)

A moça:
-          ¿E por qué nos di eso?


Copla:

-      Cantade nenas, cantade. Cantade, aleghrade a xente que o tempo da moçedá non vos ha de durar sempre.



Outro cantar relaçionado:

-       Asubía que vai vento, asubía que vai vento.
Tamén eu asubiaba cando era do teu tempo. Tamén eu asubiaba cando era do teu tempo.

----------------------------------------------------------------------------

A VELLA E AS MOÇAS


Estaban unhas moças cantando e pasou por alí unha muller que lles dixo:

- Cantade nenas, cantade. Cantade, aleghrade a xente que o tempo da moçedá non vos ha de durar sempre.


Dille unha das moças á muller:


-          ¿Por qué nos di eso, señora?

Muller:

-          Ah!, porque eu cantaba cando era do voso tempo e aghora quero cantar e non podo. E a vos havos de pasar o mesmo.

Elas:

-          ¡Ai, pois é verdá!

Copla:

-       Cantade nenas, cantade. Cantade, aleghrade a xente que o tempo da moçedá non vos ha de durar sempre.



Outro cantar relaçionado:

-       Asubía que vai vento, asubía que vai vento.
Tamén eu asubiaba cando era do teu tempo. Tamén eu asubiaba cando era do teu tempo.

--------------------------------------------------------------------------------

CANTAR DOS SOLDADOS NA GHUERRA DE ÁFRICA


Esta copla botábana os soldados na ghuerra de África cando estivo alá meu avó paterno, Luis do Caseiro.

Copla:

Subiendo, bajando sierros (montes baixos)
siempre descalzos y desnudos.
Así pasan los tres años
comiendo los trompos duros. (gharabanços duros)

---------------------------------------------------------------------------------

O PAXARO TOM-TOM


Os mouros cando foi a ghuerra de Africa, e vían un avión, dicían: ¡Ai vén o paxaro Tom-Tom!

Esto explicábase porque como nunca viran tal cousa, e cando apareçían estes aparatos, descarghaban bombas que destruían todo alí onde caían. Realmente, desconoçían o seu funçionamento.

------------------------------------------------------------------------------

O CURA E O PAISANO


Dunha ves foi un cura e máis un paisano comeren a unha fonda. Puxéronlle unha fonte, ou bandexa de comida para sacar cada un.

Despois de comer, o paisano aproveitou todo, ata a última franculla. Raspou o pan polo prato, e tamén pola bandexa de onde sacaran os dous para repartírense a comida.

Ao final, dixo o paisano:

-          Boeno. Hoxe comín coma un cura.


E díxolle o cura:

-          O que comestes ti coma un porco.

--------------------------------------------------------------------------------

A VELLA E O CASAMENTO


Érase unha vella que se atopaba solteira, e daquela os maiores soían tratarlle o casamento aos fillos.

Douse o caso de que a esta muller aínda lle vivían os pais, polo que deçidiron arranxarlle o casamento.


Ela, como dona de si mesmo, protestou por tal ghoberno da súa vida, daí a expresión: “Botou as mans ao ceo.”


Sen embargho, ao pouco tempo, botaba de menos esa compañía, e non quería que xamáis se acabase tal sorte.

Así di o cantar:

-       Unha vella moi ben vella, vella coma o meu chapeu,
           tratáronlle o casamento, levantou as mans ao ceo.

Despois dun pouco tempo, di ela:

-          Amor mio, vente, vente. Aghora na miña casa,
           cousa tan quente na miña vida a vin.

-----------------------------------------------------------------------------

OS COMPADRES


Dunha ves, Domincos do Caseiro ía para a feira, e viña o Ghaiteiro das Aldeas do Monte.
Dille Domincos:

-          ¿Eh, vistes ao meu compadre?

(Este compadre, dase a casualidade que era compadre deles dous)

Ghaiteiro:

-          ¡Ai, Dominquiños. Non me fales del!

Domincos:

-          ¿Elogho que che pasou?



Ghaiteiro:

-          Foi un ladrón para min.

Domincos:

-          ¿Pero, elogho que pasou?

(Domincos do Caseiro xa sabía o conto.)

Ghaiteiro:

-        Eh, qué me iba pasar.

-       Home. O noso compadre doume os arreos da besta, e eu dinlle o porco. E despois de comer o porco, veume buscar os arreos. 




Domincos: 

-     Eh, entón foi máis cá un ladrón. Foi un ladrón e máis un alarbio (lobo) que che comeu o porco.

  

 Ghaiteiro: 

    - Gha, gha, gha.

------------------------------------------------------------------------

ADÁN, O PRIMEIRO HOME


Adán era dos primeiros homes. Desenvolvía moitos ofiçios e façia cousas, pero non tiña quen llas comprase.

Entón, daba de balde (ghratis) o que façía. sen cobrar. Era tomado coma un bo home.

Veu un día no que lle cheghou a súa hora, e morreu.

Ao final, quedáronlle cousas no seu cuberto, sen que aínda lle tivera dado saída.

Despois de morto, veu a familia quen se fixo cargho deses obxectos. Deçidiron ilos vendendo, e foi cando nese intre a xente llos comprou. Dese xeito, os seus familiares, fixeron cartos.

Esta é unha versión da historia que tiña Adán.

---------------------------------------------------------------------------

RAMÓN DE ANDRÉS VAISE AO URUGHUAI


No momento en que Ramón de Andrés, de Mieites, deçideu emighrar, diçíalle a quen atopaba por diante:

-          “Eu márchome. Voume a Urughuai.”


Este querer transmitir a mensaxe, podería indicar varios sentimentos, coma por exemplo:

1. o abandono do seu mundo e dos seres queridos, tratando de compartir a pena con calquera que o escoitase. Sen saber se alghún día voltaría xunto dos seus.


2. un afán de aventura xuvenil, sen máis preocupaçión do que deixaba atrás.


3. non entender que se convertiría nun emighrante en terras estranas e desconoçidas. Non sería unha viaxe de ida e volta no mesmo día, coma quen vai a unha festa do seu entorno.


4. Coller as maletas por ter escoitado a xente e veçiños, falar deses países. Tomar ao pé da letra que alá se ghanaba moito, sen saber da súa realidade. 


“Cada un fala da feira, seghun lle foi”. Incluso, tendo como referente á contadísima parte dos afortunados, como tamén para a maioría dos que non fixeron fortuna, deixar patente o sofrimento e a pena do que alí se viveu.


...

---------------------------------------------------------------------

COLÓN E MONTEVIDEO


Cando Colón, cos seus barcos de vela, foi na súa viaxe pola rota do oeste, inexplorada ata entón, en busca da terra de Indias, cheghou un momento da travesía en que quedaron sen víveres.

Resulta que pouco a pouco, entre enfermidades e falla de alimentos, a xente começou a morrer.

Enton no barco, alí desesperados, roían nos coiros, na madeira, as roupas, ..., ata que uns xa deçidían comerse aos mortos.


Dentro da súa desesperaçión e abandono, cando xa todo se daba por perdido, alghuén da tripulaçión pareçe ver algho elevado. Ao fixarse mellor, vai apreçiando un monte, e nesto que di:

Ánimo compañeiros que monte vexo. E por esto, a ese sitio lle chamaron Montevideo.

Desde ahí, partiron con direcçión ao que hoxe se conoçe por Bos Aires.

--------------------------------------------------------------------------------

CONTO DE RAMÓN DE AMBROSIO, DE MIEITES


Érase unha ves un home alto que vestía un ghabán. Alcumábano “Pepe o Ghato”, natural da Peña do Ouro, fillo do Touro, de Noia.

Daquela, viña ás moças a Cures e Bermo. Nunha época falaba cunha moça da Ameán.

Deste xeito, soía vir pola pista de morrillo Noia-Boiro, hoxe é estrada.

Había un gharabulleiro na aldea de Cures, Manuel do Caseiro, máis tarde casado en Carboeiro. El, sabía deste moçeo e do camiño que façía Pepe o Ghato. 

Entón, pensou de asustar ao moço no seu recorrido. Así que colleu unha vara dos animais, que tiñan un chuço na punta, visteu un ghabán do seu irmán e foise alá.

O randa de Manoel, dirixeuse á Saísa, monte a carón da aldea de Cures de Riba. Situado por baixo da estrada, entre a última casa de Cures indo para Boiro, e un pouco antes da fábrica de madeira.


Ao ver a sombra de Pepe O Ghato, non sabía onde se había de aghachar, xa que era de noite. Valéndose da escuridade, esperou a que o moço pasara xunto del. Entón, chuçouno co aghuillón e polo que se ve, seghundo se relata, fíxolle sancre.

De seghuido, o moço, collido de sorpresa en plena noite, fuxe á présa e chegha sen alento, ao alto da Rúa, en Mieites.

Nesto, alí vé a Françisco das Laíñas, irmán da súa moça, Amelia. E, sen máis demora, aconséllao que non fose por ese recorrido, ensinándolle o que lle fixeran.

Entón, Françisco, temendo a noite e ao desconoçido causante de tales feitos, dirixeuse ás aghachadas polas leiras da paraxe do Ramallal.

Non se sabe, se Pepe o Ghato aproveitou para ir en compaña do amigho, por aquela rota improvisada para visitar á súa moça.

--------------------------------------------------------------------------------

SUSTO DE DOMINCOS DO CASEIRO NUNHA NOITE


Viña Domincos do Caseiro de Cures, un sábado de traballar de Soborviñas.

Polo camiño, quedou en Merelle xoghando ás cartas, ata arredor da unha ou dúas da mañán.


Veu para a casa e ao cheghar a Tállara, comença a ver unhas luçes en Cabrais. Chegha á Ponte de Cabrais e sinte unha campanada.

Un pouco máis arriba, métese debaixo dun outeiro. Logho, sen façer ruído, olla atentamente por ver o que podía ser.

E xusto, cando o ruído pasa á súa altura, ve que era o defunto de Lisardo o carpinteiro, que andaba ao viño e ás peles, cun farol. A campanela viña sendo unha rapaçiña cun cascabel que acompañaba ao carreteiro.


Daquela o xeito de moverse dun lado a outro, era andando, levando os animais a pé (ghando, alghún porco atado pola perna, ...), e tamén cos carros. 


Podía verse, moi raramente, alghunha persoa a cabalo, indo para alghunha feira festiva, por exemplo, San Marcos de Noia. Esto era posible para xente que tiña alghunha besta na casa.


--------------------------------------------------------------------------

A MULLER E O MÉDICO



Foi dunha ves que unha muller da Madalena levouna o seu home ao médico a Cotón, xa que façía tres días que non mexaba.

Cando alí cheghou, deçide entrar ela soa e dille o médico:

-          Eh, logho?


Ela contoulle o que pasaba. O médico valorou todas as explicaçións, e díxolle o remedio.

-  Cando mexe, limpe para atrás, porque ao limpar para adiante, a porquería péghaselle á perrecha.

Despideuse, e foise. Chegha xunta do home, e este preghuntoulle que tiña. Relatoulle, tal como lle explicara.

O home preocupado, vaise xunta do médico, e ao entrar preghunta:

-          ¿Qué pasou?