martes, 31 de marzo de 2009

CANTARES EXISTENÇIAIS, por Ramón Laíño


CANTARES EXISTENÇIAIS: PERTENÇA, DESENGHAÑOS, TRISTURA, CONSOLO, ALEGHRÍA, RELEOS, ACTITUDES ...


A Moimenta non vou mais que aínda me dixeron onte que salían a Cabrais.
(Xente que na época de fame saía á costa de Cabrais a asaltar.)

----------------------------------------------


Moimenta camiño duro, hei de pasear Moimenta de noite polo escuro.

----------------------------------------------

¿De onde son, de onde serán? Sonche da canle de Cures daquela terriña
chan.

---------------------------------------------------

Para Cures n´ai (non hai) quen vaia. Para Cures iba eu se houbera quen me
levara.

---------------------------------------------------

Para onde camiñades? - Para san Andrés de Cures. 

¡Que boa terra levades.!

--------------------------------------------------

Miña nai, casade á filla, non a deixes envelleçer que non son herbas dos campos que volvan a enverdeçer.

--------------------------------------------------

Imos subindo e baixando, sempre descalços e desnudos, así pasan os tres anos comendo os trompos duros. (Vida dun soldado na ghuerra de África comendo gharabanços).

-------------------------------------------------

A leva das ghuerras:

Cando era das ghuerras, dunha como de calquera outra que houbo no tempo, reclutaban por estas terras aos homes, moitas veçes forçadamente, para irse a ela anque non se lle perdera nada por alá. Entón o reclutado que marchaba para o serviço deçía con soidade e resignaçión:


Dito falado: ¡Adeus mulleriñas que marchan os homes todos e ides tervos que agharrar ós carballos!.

E di o cantar entoado por elas:


Aghora que vén a leva levar os homes todos, lévame o meu queridiño, lévame a vista dos ollos.

--------------------------------------------

Un vaise para A Habana e ve baixar unha viaxeira que iba moi fresca:

“De Cuba para La Habana vi bajar una viajera más fresca que una mañana y en tiempo de primavera”.

----------------------------------------------

Miña nai non me casedes cun home que enviudou, non quero criar os pitos que outra ghaliña deitou.

-----------------------------------------------

Rosiña, si vas al monte mira que soy cazador.

Si tiro un tiro y te mato, para mi será un dolor. (bis)

----------------------------------------------

Hoxe é luns, mañán é martes, cuarta feira logho vén. De mañán en oito días éche a semana que vén.

---------------------------------------------

Palabras darei, darei. Palabras darei un çento e nincunhas cumplirei.

----------------------------------------------

O río vai para baixo, leva carballos e follas, tamén podía levar / levare as lencuas marmuradoras.

-------------------------------------------

Estrellita reluciente que vas de par de la luna, quiera Dios que lluevan palos por las costillas de algunos.

---------------------------------------------

Meu santo San Salvador, pensamos amellorar e aínda imos a peor.

---------------------------------------------

Miña cariña de rosa, vamos indo, vamos indo que esta terra non é nosa.

--------------------------------------------

Era unha nai que tiña un fillo e pasaran moita fame para criar o fillo. Dóulle escola ata os doçe anos. A esa idade o fillo marchou para o mar cun amigho e o pai deste, embarcando no barco do pai do compañeiro. A todo esto di o cantar:

Ghraçias a Deus miña nai que temos peixiños no mar a paçer e xa temos que comer.

-------------------------------------------

Para non sentir pena, volverse tolo. Anque o traballo non é bo, non hai outro.

-------------------------------------------

Llamó a mi puerta un anciano, yo le pregunté quien era. En lugar de responderme volvió a llamar con más fuerza. Bajé a abrir, ya no estaba, y tan solo vi en la puerta un letrero que decía: “El tiempo llama y no espera”.

--------------------------------------------

Coraçón apaixoado, bághoas ter paçiençia, o que ha de ser desghraçiado, desde o berçe comença.

--------------------------------------------

Estamos nunha terra tan miserable que se non me alabo eu, non hai quen me alabe.

--------------------------------------------

Fillo: - Mimadre, / Miña nai, non sei que teñen as flores do camposanto que cando as move o vento pareçe que están chorando.

Nai: - ¡Ai, meu fillo. Son almas do çeo!.

-------------------------------------------

A requisa:

Un sacristán chegha a unha casa e peta na porta.


¡Señora ama da casa, vista o seu mandil de lan, dea unha volta na casa e veñan os ovos para acá. (Pedía os ovos para o cura, que acostumaba a ser unha duçia, anque case sempre se lle levaban directamente ó cura. Anteriormente eran máis cousas que os ovos)

--------------------------------------------

Era un matrimonio no que a muller sempre lle iba á misa. El non estaba de acordo con esa instituçión e díxolle á súa muller:

María e ti foderasme.

Di o cantar del:

María, non quero que vaias á misa, nin á porta te asomes, nin collas / tomes aghua bendita onde a collen / tomen os homes.

----------------------------------------------

Tállara de mis entrañas, aldea incomparable. No te creas que te olvido, que te quiero más que a mi madre. Que si tuviera dinero, en el Monte Castelo pondría un letrero que el que entre en Tállara que se figure que entra en el cielo.

 
-----------------------------------------------

Antes as casas tiñan porta con tarabelo e uns ventanuxos pequenos con tapas de madeira. Ás portas metíaselle a navalla e xa se abrían. Dille un moço a unha moça: - Mira, esta noite non teñas medo que ca punta da navalla hei de abrir o tarabelo e non teñas medo. E despois esa mesma noite así fixo e entrou na casa dela para estar os dous xuntos. O cantar dí así:


Esta noite hei de ir alá, meniña non teñas medo que ca punta da navalla hei de abrir o tarabelo.

---------------------------------------------

Taraghoña ponte firme que Rianxo xa caeu e o Araño está temblando co susto que colleu.

----------------------------------------------

No monte de Araghón xa vin un araghonés, estaba clavando un clavo coa cabeça ao revés. Anda mañico rediós, que che vin mil veçes no Monte de Araghón xunto ós araghoneses.

---------------------------------------------

Alá enriba naquel monte hai un santo, réçase non sei que e ghánase que tanto.

--------------------------------------------

Porque chorando naçín, porque chorando naçín. Na pila do bautismo falta o sal para min.

--------------------------------------------

¿De onde vés María?


Veño da verdura. Qué ricos repolos ten o señor cura.

lunes, 30 de marzo de 2009

TAQUILLAS NOVAS


Coa mediación da ANPA Santa Lucia do IES Praia de Barraña, o alumnado pode disfrutar de estas estupendas taquillas para gardar o material.
É unha pena que nós non tiveramos estas cousas hai 25 anos, moitos posters de Modern Talking e de Samantha Fox iamoslle poñer pola parte de dentro coma nas películas americanas.

domingo, 29 de marzo de 2009

e a vista engaña

XA CHEGOU A PRIMAVERA .


Din que o Sangue altera pero ás veces o que altera é a vista.


¿En que estaredes pensando oh???

sábado, 28 de marzo de 2009

viernes, 27 de marzo de 2009

UN ORDENADOR ENTRE TODOS


Todos somos conscientes de que este blog non é o mesmo desde que a nosa amiga Mary non pode participar nel.
A razón é moi simple, está pasando unha mal época que obriganna a estar na cama 24 horas ó día, non pode levantarsenen para comer, polo tanto non pode entrar.
A idea é poder mercarlle un Notebook, vamos un ordenador destes pequeniños, para que dende a súa cama poida acceder, pasar o tempo e levar mellor o que está pasando.
Pensaramos en poñer 10 euros por persoa, dese modo con 40 persoas teriamos os cartos, polo momento xa hai vinte na conta que acabo de abrila hoxe á tarde. XA TEMOS 60 EURASSOS
A conta está ó meu nome por unha razón,... ela tería que vir firmar, e nen pode , nen queremos que se entere, esperamos en dúas semanas ter os cartos e facerlle a Pascua.
O número de conta é... 2091-0384-08-3040005223--Caixa Galicia- rúa Principal de Boiro.
CONCEPTO: UN ORDENADOR ENTRE TODOS
Cadaquen que poña o que poida, e se sobran cartos mercamoslle material informático, que tamén o necesita.
Quen faga un ingreso que avise no mail do aniversario 25aniversarioiespraiabarrana@gmail.com
e cando teñamos o suficiente quen queira que veña mercar conmigo a buscar os cartos e mercar o ordenador.
Tamén dicir que normalmente imos un par de veces ó mes a tomar algo con ela á casa dos vellos en Cabo, así que se alguén querese unir, benvido sexa.
Por último pedimos axuda para seguir co blog polo menos ata que remate o curso escolar o aniversario. todo o mundo ten algo que contar,animadevos.

jueves, 26 de marzo de 2009

A FAME_ Ramón Laíño

A fame:

En tempos de fame cando se comían os brisos do río, que eran unhas plantas pequenas cunhas floriñas brancas, tamén se recollían unhas herbas dos montes e das leiras que botan unha çeboliña pequena, así como pan de cobra, leitughas,...

Todo valía para inghredientes das comidas, como empanadas, caldo, ou calquera outro tipo de comida, que ao non haber açeite, par ao cal había que ter cartos, nin manteigha ou ghraxa do porco como sustituto, botábanlle viño, iso que no tivera, senón aghua.

Para criar un porco ou calquera outro animal había que ter que dárlle que comer.

Teño escoitado en conversas aos vellos que, por exemplo épocas pasadas na feira de Noia a cal era a que estaba máis perto daquí, cheghaban as familias ao extremo de vender as mulleres na feira para traballaren nas casas dos poderosos.

Púñanse as moças sentadas en bancos xa dispostos na feira todas de fronte e en rinqlueira, e alí iban os adiñeirados a que lles mostraran as mans por ver se tiñan callos para aseghurarse de que eran traballadoras, tanto para criar os fillos dos poderosos, como façelas labores da casa ou coidarlles os animais e traballaren as terras.

miércoles, 25 de marzo de 2009

PICARESCA, TROULA, SEXO, por Ramón Laíño

 

- Miña comadre abana, non vin muller coma ela, dáballe os osos ó home, a carne cómea ela.

----------------------------------------------------------

Esta noite vai de tuna, a que vén de parranda, para a outra que vén durmirei contigho na cama.

--------------------------------------------------------

Nunha fiada de liño nesta noite me colleron, noutra non meu queridiño.

-------------------------------------------------------

Nunha fiada de lan, nesta noite me colleron, noutra non me collerán.

-------------------------------------------------------

Como deçía o outro:

- Ai, si, si, ai, no, no. Esa de la Puebla sí la quiero yo.

-------------------------------------------------------


Bailador, baila con ela que che ten unha cariña e pareçe unha Madanela, ai, la, la, la, lelo, ai, la, la, la, la.

Bailador, baila con ela, sacude ben os calçóns que pareçe que levas dentro un ferrado de abellóns.

------------------------------------------------------

Era un matrimonio que deçían que se querían ben. Chamábanse José e María. Cando ela cheghaba á casa deçía:

- ¡Ai meu Joseíño, meu José! ¡Ai, meu rosario de cadeas, cando vexo a meu José, vexo a miña casa chea!

- Dis que me queres moito, ¿en que cho pagharei? En quererche outro tanto e nada che darei.

------------------------------------------------------

Aquí estamos meu amo, sen orellas e sen rabo. Se volvemos ó destroço, cheghamos / quedamos sen pescoço.

------------------------------------------------------

Señora María, señor Manoel, castañas asadas e viño con mel.

-----------------------------------------------------

Campo Xuño viva Nebra. Vivan as miñas polainas que me quedan antre a herba.

-----------------------------------------------------

Heime de ir casar a Louro, a Louro cunha louresa, levareina a Santiagho façer a santiaghuesa.

-----------------------------------------------------

Este mundo é unha trampa, eu tamén de trampas vivo, ó que se acaben as trampas este mundo está perdido.

----------------------------------------------------

Teño ghraçia para todo, non sendo para cantar. Deus que ma dou para todo, tamén ma podía dar.

----------------------------------------------------

Aquí estamos meu amo, sen orellas e sen rabo. Se volvemos ó destroço, cheghamos / quedamos sen pescoço.

---------------------------------------------------

Señora María, señor Manoel, castañas asadas e viño con mel.

---------------------------------------------------

As moçiñas de Moimenta todas xuntas no Pataco, todas a foder con Est...

----------------------------------------------------

Dito dun probe:

Imos comendo e bebendo, ímolo pasando ben que anque debamos a todos, non nos debe a nos ninquén.

-----------------------------------------------------

Sete cuncas de papas unha vella comeu, comeu e máis recuncou e despois fixo no aire chi-pum e explotou.

------------------------------------------------------

Dille un home a unha muller:

¿Que levas de venda, María?

Levo pelos no cu e carrachos na frente.

----------------------------------------------------


Un home foi pescar a Muros e dille outro:

- ¿Que pescastes?

- Pesquei unha muradana.

- ¿Para que?

- Para durmir con ela na cama.

-----------------------------------------------------

Cantar: - Fun a Muros pescar e pesquei unha muradana.

Se a pesquei, fixen ben, durmo con ela na cama.

------------------------------------------------------

O canteiro pica, pica, pica na pedra miúda, pica nas mulleres alleas, outros lle picarán na súa.

---------------------------------------------------

A muller de tío Mateo (Xirome), sarápalle o meu, ten un buratiño que llo fixo tío Mateo (Xirome), sarápalle o meu, cun gharabulliño.

----------------------------------------------------

Eu ben che dixen miña rapaça, eu ben che desenghañei. Díxenche que era casado, aghora que che farei.

----------------------------------------------------

Como deçía o outro este cantar:

- Conacheiro, conacheiro.

- Heiche de mandar prender. ¿En cántas feiras me vistes cas conachas a vender?

---------------------------------------------------

O paxaro de María non sei que demonio ten. Cala pola media noite, ponse o paxaro de pé.

---------------------------------------------------

Tantas laranxas maduras, tantos limóns polo chan, tantas rapaças bonitas, non teño nincunhas na man.

---------------------------------------------------

Eran dous rapaçes que estaban a relear e, dinse un ao outro:

¡Tes bos socos, Xan!

Teño, Antón.

¿Son de sobreira, Xan?

Son, Antón.

Vaites, Xan.

Vaites, Antón.

Se ti es vaina, tamén eu son.

----------------------------------------------------

O paxaro de María e mailo de San Xoán, tódolos paxaros teñen plumas e o de María ten lan.

----------------------------------------------------

As putas da Cruña cando non teñen que façer, quitan pelos do coño para bordar e coser.

-----------------------------------------------------

Que vengo de moler morena de los molino de Abajo. Dormí con la molinera, no me cobró su trabajo. Que vengo de moler morena de los molinos de Abajo.

------------------------------------------------------

As rapaças de Vilanova din que non beben viño e debaixo do refaixo levan o xerro escondido.

-----------------------------------------------------

Teño unha muller pequena, San Antonio ma gharde, anque a poña no monte non ma revira o aire.

-----------------------------------------------------

Miña nai e maila túa van xuntas na romaría. A miña viña borracha e a túa xa non se tiña.

----------------------------------------------------

Ai, ai, ai, ¿quen che anduvo na maleta?

Ai, ai, ai, no queixón da ferramenta.

Materile, rile, ron.

------------------------------------------------------

Ós treçe xa os mereçe, ós catorçe xa se retorçe, ós deçaoito xa lle ghusta moito, hastra os sesenta que xa non se quenta.

----------------------------------------------------

Díxolle o home, que se chamaba Andrés, á súa muller que dou en andar no ofiçio da vida:

- María, ¿cómo andas así, muller?

- Mira Andrés. Pola cona comemos e pola cona bebemos, e se cona tíñamos, cona temos.

-----------------------------------------------------

Era unha que andaba sempre ben vestida e non traballaba. E díxolle alghuén:

- María, ti traballar non traballas e vestir vistes ben. ¿E de onde che vén?

- Da vía do tren e máis do trailalalá. (Do fandanco)

- ¿E non se ghastan?

- ¡Ai, non se ghastan máis hastra que morra!.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Chona ten unha cunca atada cunha amarralla, cando compra aperta a çinta e cando vende aperta a tralla.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A muller de Parromeiro está bailando na eira.

Parromeiro está mirando como a muller se pineira.

- Máis aghora bailas ti, máis aghora bailo eu.

- Máis aghora bailas ti, Parromeira e máis Mateu.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A muller deixou ó home para façer as papas e púxolle os foles (saquetiñas) de fariña sisada (escasa).

El púxose mans á obra e botou máis aghua do debido, polo que non lle cheghou a fariña para façer as papas.

Nesto foise o home xunta dela que estaba bailando nunha foleada e díxolle con este cantar:

- Moça que andas bailando, aquel conto saleu mol (= blando).

E ela que seghuía dando voltas bailando, contestoulle:

- Arréghlate como podas e non vaias ó do fol (saco ghrande).

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os de Rianxo ghastan refaixo cando se van a bañar. As nenas de Vilanova ghástano de pixiclás.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van. Non te embarques rianxeira que te vas a marear.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------

E ti tes o telo e non o queres dar e despois de vella halo de salar, halo de salar, halo de salar, e ti tes o telo e non o queres dar.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

María, se vás ó río lavar non torças a roupa que a podes rachar, que a podes rachar, que a podes rachar, María se vas ó río lavar.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Papá y mamá, Juanito soy yo. Comemos los juevos, la casca sobró.

---------------------------------------------------------------------------------------------------

Cara de troita lambeta, cara de troita lambeta. Debaixo dos meus sapatos teño uns cornos que che meto.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Tanto bailei e hei de bailar, tanto bailei que mo han de dar.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ventana sobre ventana, miña vida, son pelighrosas. Pais de familia que teñen rapaças / nenas fermosas.

Ventana para a calle, mira son pelighrosas, para pais de familia que teñen nenas / rapaças fermosas.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

El que parte y bien reparte, si en el partir tiene arte, siempre debe dejar para si la mejor parte / la mayor parte. Ai eh, lere, lelo, lere, lelo.

--------------------------------------------------------

Preghúntalle a Mateu que mente coma eu.

martes, 24 de marzo de 2009

Una pesetilla por cada español


Necesitamos 400 eurillos entre todos, xa sabedes para que....
Aproveitando a entrada no blog dádeme ideas para recaudalos.......

lunes, 23 de marzo de 2009

XA MARCHARON



OS francesiños e francesiñas que pasaron uns dias na nosa terra, deixaronnos con grande sabor de boca e a promesa de que van voltar...esperemos.










Houbo despedida co grupo de pandereterias Xoaniñas actuando..

ahí van unhas fotos

domingo, 22 de marzo de 2009

NOVO CANÇIONEIRO_ DO AMOR E MOÇEO_ Ramón Laíño

DO AMOR, DO MOÇEO


Miña rosa, miña rosa, meu carabel encarnado. Pareçes un repoliño que está no campo plantado.


Meu carabel, miña rosa. Adeus meu carabeliño, hasta o día da Ghorghosa.(A Ghorghosa, capela desta aldea, da parroquia de Camboño, Conçello de Lousame)


Un moço tiña unha moça chamada Malvira que acabou casándose con outro rapas. E o antighuo moço dorido deçía:

- Eu ben vin estar Malvira na feira co seu rapas. Na feira co seu rapas, de ronda co seu pim pon.- Malvira, lará, Malvira, Malvira do coraçón. Malvira, lará, Malvira, Malvira, lará, tris, trás.


Era un matrimonio que tiña dúas fillas e non se lle casaba nincunha. Un día empeçou un moço a andar coa máis vella e dille o pai das fillas ao moço:

- Heiche de dar o boi pinto / blanco fillo da vaca marela, levas a filla máis nova se non quérela máis vella.



O río vai para baixo, arriba n`a (non ha) de volver, o que non foi queridiña, o que non foi, ha de ser.

Con miña Manoela, ela que boa que mala pasei a noite con ela.

Una vez que quise entrar por tu ventana morena, una escalera me faltó. La intención era buena.

Quen me dera ser hedra e subir polas paredes, para ver a túa habitaçión, para ver que durmir tes.

Cando quixen non quixestes, aghora queres, non quero. Ghoçarás o amor triste como eu ghoçei primeiro.


Gracias a Dios que llegamos a la calle de la Palma (bis).

Vamos a echar una copla a mi querida del alma.


As raíçes do toxo verde son malas de arrincar. Os amoriños primeiros son moi malos de olvidar.

Cando paso pola túa porta sempre me cae o sombreiro por mirar pola túa ventana se ten bo subideiro. Se eu non subo que suba meu sombreiro.

Manoel feito de çera, Manoel feito de çera, quen me dera ser o lume que Manoel derretera.

Miña cara Manoela, heiche de dar para un velo, pero non quero que durmas na miña cama de ferro.

Manoeliño o barqueiro, Manoeliño o barqueiro, pásame Manoeliño nas alas do teu sombreiro.

Anduvéstete alabando que che quería eu. Aghora te alabarás que ti queres e non eu.

María para pomba solo lle faltan as alas, e eu para perdighón as patiñas encarnadas.

A lúa cando se pon sempre deixa claridá. Anque teñas amor firme nunca lle contes verdá.

Quixera ser un merliño e ter o peito encarnado para façer o meu niño no teu cabelo dourado.

Allá en el medio del mar una concha fue mi cuna. Si no me caso con Concha no me caso con ninguna. Anda Elena, Elenita, tu te vas a bañar. Si no me caso con Concha yo no voy a buen lugar.

As estrelas miudiñas traen o çeo a chover. Non podo pasala noite queridiña sen che ver.

Esta noite chove moito que non cabe polos canales. Ábreme a porta nena que eu son aquel que ti sabes.


Cantar de cantares: María e o moço.

O moço: - ¡María! Arrabeas pola pineira, arrabeas por pineirar, arrabeas por ter amores, arrabeas por te casar.
María: - Eu non che quero a ti Andrés.
O moço: - Tampouco eu a ti, María.



O amor da costureira era papel e mollouse, aghora costureiriña o teu amor acabouse.


Mariñeiro non que vai e non ven, un carreteiriño que carrete ben, que carrete ben, que carrete ben. Mariñeiro non que vai e non ben.

Ferreiro non o quero que é moi malo de lavare. Quero un mariñeiriño que vén lavado do mare.

sábado, 21 de marzo de 2009

.....O Sangue altera

Ó noso amigo a vista xogoulle unha mala pasada, a verdade é que hai moita xente ou non xente por ahí adiante que cando chega a primavera,...valelles todo.










viernes, 20 de marzo de 2009

LENDAS-A TORRE DE BREOGÁN




Breogán, fillo de Brath, foi o podente xefe dunha daquelas tribos dos ártabros que moraron nas terras de Galicia, na parte central da costa norte, cando os celtas asentaron, miles de anos antes da invasión dos romanos no noso país.



Nunha pequena insua que hoxe está unida po-la parte moderna da Courña, construida sobre area, existía a vella cidade gobernada por Breogán. As barcas de vimio recubertas de coiro abrigábanse no pequeno porto de San Amaro.

Preto de alí, nunha das beiras que fai un pequeno outeiro, Breogán fixo construir unha grande e ergueita torre máis achegada á mar aberta.

Aquela torre podería servir de guieiro ós navegantes; podería tamén, acendendo no seu cume unha lumarada, transmitir a longas distancias durante a noite certos sinais, como por exemplo a arribada daquelas grandes naos dos marchantes fenicios que viñan comerciar cos galegos, unha orde de xuntanza, un perigo que arboleaba ou cousa po-lo xeito.

Unha tarde, Ith, o fillo de Breogán, subiu ó cimo da torre e albiscou ó lonxe do mar; aló, nos confíns, pareceulle ver entre as brétemas da distancia outra terra descoñecida.
O desexo de saber o que habería naquel lugar, ata daquela ignorado, empurrouno á aventura.

Pediu consentimento ó seu pai para organizar unha expedición.
Podía dar, era posible, que da outra banda do mar houbera pedras das que se fundían para fabricaren armas e ferramentas; o precioso metal amarelo co que labraban prezadas xoias; quizais riquísimas froitas ou sementes semellantes á ceveira, orxo ou aínda mellores para a matenza; madeiras, liño para teceren as súas roupas outros animais, outras xentes...

A expedición realizouse. Antes da partida, Breogán recomendoulle ó seu fillo que fixera a viaxe montado no seu cabalo, sen baixarse del ata que chegara; somentes así podería ter a certeza de poder voltar con felicidade.

E desta maneira foi como os celtas de Galicia levaron a Irlanda a súa civilizacíon. Por esto é que as mesmas citanias ou castros de casas circulares se atopan en Irlanda e Galicia; e mais os preciosos torques de ouro; e parellos nomes de ríos e lugares... e, ara a mesma gaita con semellantes temas musicais.

CARRÉ ALVARELLOS, Leandro. As Lendas tradizonaes galegas, Museu de Etonografía e História, Junta Distrital do Porto, Porto, Portugal

jueves, 19 de marzo de 2009

MEUS PAIS, por Ramón Laíño

 
 

 
 
MEUS PAIS

 
Pais meus que un día vos iredes para nunca máis volver, como ós demáis se lle foron, e así a todos se lle irán.
 

Lei de vida natural, lei de vida inmisericorde que sen piedade, alghún día, as prendas amadas do meu ben querer me levarán. 

Naçín entre vós, para con vós vivirei, e dentro do meu coraçón continuamente vos levarei. 

Pais, círculo protector onde sempre nos amparamos para ser amados, e consolados. 

Incerteça na suficiençia dos bicos, e abraços que vos demos, e dos que sen dar nos quedaron.  

Ofensas, e feridas que vos causamos, e das que a cambio entreghábades cariño, e comprensión.  

Xuventude ilusa, inconsçiente, e desmedida deica os maiores, e a súa experiençia.  

Momentos de ira, e pretensións soberbias de autosufiçiencia que inxustas foron ca vosa sabiduría. 

Importante, e saghrado é o valor, e calor do voso amor que nos coida, e dirixe polo camiño da vida. 

¿Para qué tanto sufrimento? ¿Solo para perpetuar a espeçie sen fin coneçido?  

Sacrifiçios que pasástedes antes de ser eu vivo, e que non foron aliviados despois de ter naçido.  

Corpiños curvados e encollidos polo traballo, caras surcadas polo tempo.  

Suor do voso esforço para conseghuíredes o pan, e o sustento.  

Falas, xeitos, e coneçementos desta terra que vos veu naçer, e na que vos criástedes.  

Vidas que sen saber onde quedan nin a onde van, e co propósito de buscar o noso ben, así queimástedes.  

Polo camiño quedan consellos, e deçisións que causaron sufrimento, e sen maliçia entre todos escollemos. 

Quen de antemán saber pudera das consecuençias dos nosos, e vosos actos que na vida continuamente tomamos.  

Sodes como as nubes do çeo que camiñando pasades á nosa beira, 

e desta maneira sen poder retervos, vos ides paseniñamente para sempre.  

Fillos que sen reparar na vosa valía, quedaranos a dúbida de tervos ido con máis aleghría que sofrimentos.  

Só me queda o consolo de que esta viaxe non fora sensentido, 

e que se un día vos marchades, unidos espero que moi axiña nos encontremos. 

Sempre voso, Un fillo.

 

miércoles, 18 de marzo de 2009

NOTICIA NO CORREO




El alcalde de Boiro, Xosé Deira, ofreció una recepción a 25 alumnos y 3 profesores del colegio Tomas Divi de Châteaudun (Francia), que participan en un intercambio con el IES Praia de Barraña, en el que expondrán fotos de su visita al Barbanza.

martes, 17 de marzo de 2009

CRONICAS DO CAMIÑO - SIMPLEMENTE...PALOTES......-LUIS FERREIRÓS.


SIMPLEMENTE.....PALOTES































Era eu aínda moi merdento alá polos principios dos 70, o sol saía polo leste da miña cama e púñase polo oeste. Cama de 1,35 de matrimonio,madeira chapada, chea de raiazos..un día miña nai díxome que non se podía raiar a cama e a min veume á cabeza escribir cunha peseta “NO SE PUEDE RAYAR LA CAMA”, berráronme algo, pero sobre todo o que deberon de rirse os meus pais debeu ser bastante.

O meu compañeiro de habitación non era outro que o meu irmán maior, tíñamos unha parte do ropeiro, a xogo da cama, con copete torneado, para cada un. Pero moi a menudo o meu irmán exercía a súa ditadura de irmán maior sobre min ; Ás veces sentiame coma un invitado nos meus dominios, a miña colección de indios e vaqueiros que viñan en sobres de papel e que eu mercaba na libraria de Joaquina,(librariá vella, para os nenos de Boiro), ou na de Ermitas (libraría nova), aparecía completamente revolta, …nada que ver coa disposición táctica que eu dispuxera a noite anterior.

As zapatilas de casa aparecían atravesadas e os poucos libros (Colección Historias Selección) que eu tiña,e que ainda conservo, normalmente resultado de agasallos de santos e aniversarios aparecían completamente desordenados e coas follas feitas pó, polo tanto o disgusto pola miña parte tornábase dunha magnitude bastante considerable.

O meu cuarto tiña fermosas vistas, un balcón daba á estrada principal e desde alí podía ver a estrada principal e a polo daquela rúa privada de Bao, desde alí podía ver pasar á xente, ver mexar ás vellas, e si me asomaba era quen de ver a fermosísima casa de Tita, con dúas palmeiras no fermoso xardín que tiña e toda cuberta de hedras e rodeada de camelias.

Era un lugar perfecto para ver ós Reis Magos que viñan de Lampón, e ás veces algún arrebolaba desde o seu Mehari os caramelos ata o meu balcón, porque eso sí, o balcón era meu.

Pero eu prefería o cuarto da miña irmá maior, aínda que era un pouco oscuro, coma todos os cuartos interiores, tiña ese plus de privacidade do cal o meu carecía…Era unha habitación pequena, de chapa,con unha cama de 90 e un armariño a xogo, unha Nancy co seu armariño, cómoda e cama, e sobre todo unha boneca xigantesca vestida de fallera maior que a min provocábame pesadelos e se por min fora iría directamente ó bidón da basura.

O cuarto daba directamente a un patio interior onde estaban os canarios e que alumeaba a pequena estancia cos raios que entraban pola uralitas, non faltaba un barril de viño tumbado coa villa cara adiante e con un tazón debaixo para evitar que as pingas que caían mancharan o chan., pingas que sempre caían cando desbordaba a vella xerra de porcelana branca estriada na que o viño era recollido e posteriormente servido na mesa.

Eu facía vida na horta, invitaba alí a xogar ós meus amigos que eramos os reises escondendonos dentro dos tubos, collendo caracois debaixo das uralitas coa finalidade de metelos en grandes caixas e apostar por cal sairía primeiro atendendo ó señuelo da folla de verdura, un día apareceunos un “escancero” e o tema solucionouse con unha pedrada enriba do pobre do ofidio, tema pechado.

Tamén era de gran diversión subir ás mazanceiras, pasando dunha árbore a outra, ghavear ós vimbieiros e facer guerra usando mazás podridas coma arma arroxadiza e os grandes tubos coma parapetos …e rematar o ataque con unha carga de brigada lixeira usando vimbios amodo de espadas ou cimitarras.

Unha vez rematada a guerra iamos cara o soto non sen antes lavar as mans ó pilón ou botar unha mexadiña no vello excusado con placa turca de “cagar a pulso”, e por fin …. esquivando o sumidoiro,(non fora a ser que caeramos dentro coma pasou con algunha) entrabamos no soto , onde entre sacos de cemento e cal,faciamos cabañas cos milleiros de caixas que alí andaban apiladas coma un regalo de nuestro señor, ou faciamos concursos de peso na vella báscula de pesar cemento e que xa tan pequenos sabiamos manexar.

A entreplanta da tenda era todo un mundo , os mobles xa montados en exposición facían de aquel vetusto local o lugar perfecto para xogar ás casiñas ou casazas, según coma se vira, e tamén ó escondite,..meténdonos dentro dos armarios, e debaixo das camas.

Nas escaleiras que subían á vivenda había sempre tres caixas de bebidas, unha metálica de gaseosas A NOSA, que tiñan o mapa da ria de Arousa e por onde navegaba eu dende Boiro ata Cambados, outra de sifón da mesma marca e,como non, outra de cervexas medias , que os homes tamén tiñan que beber.

No faiado estaban as patacas, e por moito que dixeran eu nunca vin un rato alí no medio, na Ponte unha vez vin un , pero na casa do Cano nunca…Había fardos inmensos de vellos xornais que eu devoraba de cabo a rabo, sobre todo a tira cómica de Olafo el Vikingo,… centos de revistas caducadas, Semana, Ama que traian patróns de costura e eu non sabía o que era, e uns libriños pequenos que anunbciaban outros libros e levaban por nome Selecciones de Reader’s Digest… e sobre todo… a terraza..enorme, alí era os ito ideal para acampar nunha tarde de primavera, alí puxen o meu primeiro pombal, feito cunha mesa vella, cando tiven a febre dos animais..alí metía a man entre o enreixado da varandilla para ver ata onde entraba,…alí …estaba prohibido ir porque podiamos ter a tentación de subir ó tellado.

A vivenda dende a cociña daba acceso a unha tremenda azotea, teito da entreplanta, na que serái perfectamente factible poder botar un partido de fútbol, tenis ou voleibol..-..nunca entendín porque non enreixaron a azotea para poder ambliar o noso terreo de xogos, e ás veces saiamos porque veiamos á miña nai e a miña tía saltar pola fiestra para colgar a roupa.

E finalmente…a tenda…mobles, carritos, bicis,..unha lonxitude enorme e un pequeño escritorio onde a miña nai recibia ós potenciais clientes, que quedaba ubicado á esuqerda , pasadas as escaleiras…Na entrada un pequeño recibidor con baldosas de terrazo pousadas a modo de exposición,unha verxa vermella e un contador en alto onde escondiamos as chaves.

Á esquerda da tenda según saías estaba a de Moncho Sancristán, e despois a tendiña da Señora Carmen a Maroña…Daquela non había supermercados, facías a compra na da Maroña, na de Manuela ou no Sindicato….Non había contenedores de lixo, por non haber non había nen lixo, e a forma de reciclaxe máis común era a seguinte:




-Orgánico…para as ghaliñas.
-Periódicos…para secar o chan fregado.
-Vidrio….para encher de leite ou de viño.Os tarros ....para o azucre ou o sal.
-Bricks…Non había.
-Bolsas do leite…Para a cañeira.
-Papel de estraza..para envolver e facer contas enriba..
-Xa vedes,.. daquela eramos moito máis ecolóxicos que agora.
-Caixas de cartón e madeira…cociña de ferro.

A señora Carmen era unha señora baixiña, gordecha, pano á cabeza anudado atrás,sempre traballando, cando non era na tenda era na praza,...moito o sentín cando lle cortaron a perna e non volveu a sair á rúa!, ......cando pechaba a tenda facía pias coas caixas da froita, que nós apañabamos para facer de ficiticeas paredes e de camas e mesas nos xogos das Casiñas que tiñan lugar na horta da miña abuela Pilar(22 netos) arredor do pozo.

Pero o tesouro estaba dentro, ..xa no pequeño escaparate canteado en madeira vermella deixaba unha boa mostra do que alí había,… pero dentro, nun estante de madeira na vella tenda con chan de terra estaba o paraiso….












-Cropáns…Búlgaros, Bracito, Chapela, Megatón, Rufo, Chiu chiu..
-Bimbo…Bucaneros, Pantera rosa, Tigretón, Bony,Tunos, Mi merienda.
-Panrico…Tronko , Tronkito,Mio, Grisines.
-Ortiz… Gitanitos, Magdalenas con azúcar.
-Horno San Martirián.
-Rosquillas Girasol Rio.
-Damel.. Palotes
-Carmelos Sugus, chicles niña,refrescos Sidral,chicle bazooka Joe, caramelos snipes,sugusDunkin Kubala, Chiclets, Flagolosinas,Maskys….


Os pastelitos de Bimbo eran os máis modernos, con eles podías gañar un bimbojet ( unha especie de avión lanzado por unha goma), un bimbovni (voante voador), ou unha bimbola(o típico labirinto con bóla), ¡ Con que pouco nos conformábamos!

Eu perdía a cabeza por todas esas chilindradas e sabía que pedirlle á miña nai que tivese a ben mercar algo de toda esa ambrosía que eu vía todos os días ó pasar por diante era tarefa pouco máis que inútil, polo tanto as miñas estratexias eran outras.

Como todo neno utilizaba a chantaxe emocional, pero eu tentaba escoller os días que había alguén de visita, algún dos centos de viaxantes que pasaban pola tenda(Armando de Cachaza, que morreu xogando o Squash, Avelino de Mobles Carballo, O Sr. Gallego de Delio Rodriguez, Angel Arias de Hermanos Arias-Medina del Campo, etc.) podía ser a víctima das miñas argalladas e podían ter un ataque de xenerosidade dandome un pesiño para mercar algo, cando ue empezaba a montar o espectáculo que actualmente montan os cativos nas colas do super.

Outras veces había que esperar á visita de algún familiar achegado, pero que non fora demasiado achegado, posto que desa forma non vería nada extraordianrio en verme tan grandiño e non invitaría a nada, e a ocasión pintaba cando aparecía a miña tía Adelaida.

A miña tía tía é irmá do difunto do meu avó materno, vivía en Barraña nas casas baratas, e tiña daquela dúas fillas mozas e un fillo chaval, era viuva, como case todas as vellas, dentadura perfecta (era postiza) e gafas de pasta , oscuras tipo Roy Orbison, era unha muller alegre e sorrinte, máis adiante ocurríronlle todo tipo de desgracias,…. a morte da filla maior e tamén da segunda neta, pero ela nunca perdeu a sonrisa, pero nunca na súa vida quitou o loito, non sei agora… ou non sabe nen ela, posto que devorada pola enfermidade xa non se acordaa nin de quen é nin de quenes son os seus.

Gustábame mirar o seu pelo branco, parecía da cor da neve,..as mulleres antes non tinxían o pelo, e cada semana pasaba polo comercio para departir coa miña nai…e alí estaban as dúas sentadas á luz da lámparita en cadansua banqueta mentras escoitaban Lucecita ou Simplemente Maria na vella radio,.. ata que aparecía eu para chafarlles a tranquilidade.. a calma.. o benestar das tardes do inverno á calor da estufa de butano.

-“Mamá, dame algo”

-“Un pau polo lombo vouche dar”.

-“Mamaaá, dame para un cropán”.

-“Non hai, vaite leer”.

-“Solo vale diez pesetas”.

-“Vas levar,deixanos oir a novela!”

A miña tía calaba, por unha parte tiña gañas de darme as seis pesetas, pero non era quen de discutir a autoridade da miña nai, que tiña dende o primeiro momento que eu baixei as escaleiras polo pasamanos, decidido que non ía acceder ás miñas pretensións.

Entonces comenzaba a pataleta, e coa musiquiña mimenta eu empezaba a choromicar:

-“Quiero diez pesetas”.

-“Mamá, quiero diez pesetas”.

-“Mamá , yo quero, quero a chupeta
”, replicou ela , burlándose…ó que eu responmdín coa mesma música

-“Mamá yo quiero......…las diez pesetas”

A tía botou a man ó monedero, de aqueles negros en forma de cuncha que agora xa non quedan, mentras unha luz entraba nos meus ollos en forma de dous pesos.Pero a miña nai paróulle os pás, ou millor dito..as mans:

-“Non lle des nada, que vaia facer o parvo á casa de Cristo”.

-“Mamá , tengo mucha pena porque no me das las pesetas”.

Naturalmente burlouse de min cunha vella cantiga:

-“¡Que pena, que pena , que pena me das, na gherra de Cuba morreuche o rapás”.
Eu xa empezaba a cabrarme de desespero vendo que era como dar cabezazos contra unha pedra, polo tanto baixei as miñas pretensións de repente rompendo todas as normas non escritas das boas negociacións, polo tanto unha baixada de mási de dous tercios sería ben acollida por ela, e algo seguro había de levar.

-“Dame solo tres pesetas para palotes”

A tía Adelaida esta vez sí ía decidida a agasallarme coas tres pesetiñas, pero miña nai volveulle a parar os pés, alegando que a miña actitude non era merecedora de nada, e menos de galopinadas que o único que ían face era escarallarme os dentes provocando que desa forma tiveramos que coller o Vapor no Bodión para ir a Vilagarcía ó dentista.

O desafío espertou o meu egocentrismo pueril e rompín a berrar:

-“Quieeero paloootes” “Quieeeeero Paloootes”.

-“Vai vir teu pai”.

Pero no foi necesario que viñera o meu pai, porque xa estaba alí, subía do soto e observou desde a distancia toda a escea , causándolle vergoña a actitude do seu fillo máis pequeño chantaxeando emocionalmente á súa nai e á súa tía.

Polo tanto achegouse a min e fíxome un xesto instándome a ir con él…e aquel bendito día ….O meu pai deume ….PALOTES!