viernes, 26 de julio de 2013

BREVE VOCABULARIO DO NOSO ENTORNO, LETRAS D – E, por Ramón Laíño



D


DABONDO: En cantidade que abonda. Ex.: Comeu dabondo. SINÓNIMOS: abondo, bastante, sufiçientemente.



DANÇAR: 1. Mover o corpo seghundo as reghras do baile. Ex.: Ghústalle dançar ao son da música. Está aprendendo a dançar. SINÓNIMO: bailar. 2. fighurado. Persoa, cousa que se move axiña dun lado para outro, non está fixo. Moverse rápidamente dun lado para outro. Ex.: Os gharabatos dançábanme diante dos ollos. Leva toda a mañán dançando sen façer nada. Sempre anda dançando, non para quieto. SINÓNIMOS: bailar, bulighar, esbulighar. 3. Executar unha dança. Executar un baile determinado. Ex.: Dançar unha muiñeira. Ghústame dançar o tanco. SINÓNIMO: bailar



DAR AS HORAS: 1. Estar alghún animal a berrar, unha persoa a berrar, discutir, relear, ou façendo ruído dalghunha maneira. 2. Un reló que marca as horas.



DEBULLAR: 1. Sacar os ghran de millo da espigha por medio dun caroço de millo. Ex.: Temos que debullar ese çesto de espighas. SINÓNIMO: desbullar. 2. Quitar os chícharos, as nentellas, e froitos semellantes, do interior da cuncha, ou vaxina. SINÓNIMO: desbullar. 3. Sacar os ghrans dun froito. Ex.: Tes que debullar os chícharos. SINÓNIMOS: deluvar, desbullar. 4. Sacar as castañas dos ouriços. Ex.: Hai que debullar esas castañas. 5. Quitar a casca a unha castaña. Ex.: Púxose a debullar as castañas para coçelas. SINÓNIMOS: deluvar, desbullar, descascar, estonar. 




DECONTADO: adverbio. Nun breve espaço de tempo. Ex.: Estuvo aquí pero marchou decontado, que tiña présa. SINÓNIMOS: axiña, deseghuida, logho, pronto. 



DEITAR: 1. Por á alghuén en posiçión horiçontal sobor unha superfiçie, en particular para que descanse ou durma. Deitín o neno no berçe. 2. Façer caer. Deitouno no chan dunha trompada. 3. Pór en posiçión horiçontal ou inclinada. Deitaron o armario para que entrase pola porta. O vento deitou a herba. 4. Deixar saír o fluído contido no interior. A ferida deita pus. Esa fonte deita bastante aghua. SINÓNIMO: botar
Tamén absoluto. Este barril deita. SINÓNIMOS: perder, verter. 5. Pór unha ghaliña por riba dos ovos para chocalos. Deitou a ghaliña cunha duçia de ovos. 6. Pórse en posiçión horiçontal sobor unha superfiçie, en particular para descansar ou durmir. Deitouse a tomar o sol na praia. SINÓNIMOS: tirarse, tombarse. Deitouse no sofá. Déitate, que é tarde. 7. Pórse en posiçión horiçontal ou inclinada. O trigho da aghra deitouse todo. 8. (deitar con) Realiçar o acto sexual. Nas memorias mençiona varias mulleres coas que se deitou. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON deitar.  
Deitarse coas ghaliñas. = Deitarse çedo.



DELOR: VÉXASE dor



DELORES: 1. Plurar de delor. 2. Nome propio de muller. 



DELUVAR: 1. refreghar as estrighas, ou manelas do liño para tirarlle a parte leñosa que quedou despois de maçalo. Ex.: Conforme deluvaba as estrighas, íbaas poñendo en feixes que despois ghardaba no palleiro. Deluvar o liño. 2. Sacar os ghrans dun froito. Ex.: Deluvar=debullar=desbullar o millo. Deluvar as nentellas. Deluvar as fabas. Deluvar os chícharos. SINÓNIMOS: debullar, desbullar. 3. Tirar a tona ou a casca a un froito. Ex.: Coçe esas patacas sen deluvalas=debullalas=desbullalas=estonalas, para comer co peixe. SINÓNIMOS: estonar, mondar, espelicar, pelar. Ex.: Deluvamos=debullamos=desbullamos=estonamos as castañas e coçémolas nunha ola de barro. SINÓNIMOS: debullar, desbullar, estonar, descascar. 4. Refreghar, ou esfreghar con força unha cousa para tirarlle a suçiedade. Ex.: Mollou a roupa na aghua, enxabonouna e despois deluvouna, freghándoa entre as mans contra o lavadeiro. 5. Pasar suavemente e de xeito repetido as mans polos ollos. Ex.: Espreghiçouse e deluvou os ollos antes de se erghuer.



DENOSIÑA: Pequeno mamífero carniçeiro de patas curtas, corpo aloncado e pelame pardo no lombo e branco no peito e no ventre, que se alimenta de ratos, toupas etc. A presença da denosiña está unida a moitas supersticións.



DENTABRUÑO: Fieito da familia das osmundáçeas (Osmunda regalis) que se caracteriza por ter o riçoma ghroso e horizontal e ghrandes fronças erectas. O rizoma do dentabruño utilizábase con fins mediçinais. O dentabruño atópase en lughares húmidos.



DEPRENDER: verbo transitivo 1. Cheghar a saber algho por medio do estudo, da práctica, da observaçión, da experiençia etç. Ex.: Deprendeu a escribir a máquina practicando pola súa conta. SINÓNIMO: aprender. 2. Transmitir por medio da palabra, con explicaçións, prácticas etç., o coneçemento dunha cousa. Ex.: O avó deprendíalles moitos contos aos cativos. SINÓNIMOS: aprender, ensinar. 



DERRAMAR: 1. cortar as ponlas das árbores: pinos, ..., cun fouçiño de manco lonco. Cando estas ponlas dos pinos están secas, chámanse latóns. Esta çeifa serve para que o pino medre recto, e ó mesmo tempo servía de recollida de leña para a lareira, o forno, a coçiña, xa que daquela non había plantaçións de pinos, e o monte estaba totalmente descuberto, e limpo. O pouco que había, aproveitábase. Tamén se apañaban os toxos, os chamiços, e os codesos. SINÓNIMOS: Podar. 2. Botar por fóra un líquido, en particular, cando suçede de maneira acçidental. Ex.: Derramou parte da pintura ao baldeirala: SINÓNIMOS:  verter. 3. Líquido que bota por fóra. Ex.: Pechou mal a billa e o viño derramouse pola bodegha.



DERREADA, DERREADO: 1. Partiçipio do verbo derrear. 2. adxectivo. Persoa, ou animal que ten lesionado o lombo ou o espiñaço pola parte dos cadrís. Ex.: Está derreado de levantar tantos pesos. 3. fighurado. Que ten moito cansançio ou que se esghotou debido a un esforço exçesivo. Ex.: Cheghou derreado do traballo. 4. Que anda curvado e non se pode por (poñer) dereito. Ex.: Quedou derreado a causa da artrose.  



DERREAR: 1. Mancar a alghuén no espiñaço, no lombo ou nos cadrís. Ex.: Doulle un gholpe no lombo e derreouno. Estou derreado e dónme os riles. SINÓNIMOS: deslombar, eslombar. 2. Cansar en extremo. Ex.: Hai traballos que me derrean. SINÓNIMOS: deslombar, eslombar. 3. Mancarse no espiñaço, no lombo ou nos cadrís. Ex.: Vaise derrear como non lle axudemos. 4. Cansarse en extremo. Ex.: Co pouco que traballa non se derrea. SINÓNIMO: deslombarse, eslombarse.



DERRUBAR Tirar ao chan, botar por terra. Vir abaixo, caer desfaçéndose. SINÓNIMO: derrumbar.



DERRUMBAR Tirar ao chan, botar por terra. Vir abaixo, caer desfaçéndose. SINÓNIMO: derrubar.



DESAMALLOAR: Soltar as amalloas do calçado. Ex.: Desamalloa os sapatos. 2. Calsado que queda coas amalloas soltas. Ex.: Este sapato desamallóaseme decontino. SINÓNIMOS: desaghulletar, desamarrar, desatar. 



DESAMAÑADO (feminino: desamañada) 1. Partiçipio do verbo desamañar. Adxectivo. 2. Que non ten coidado do seu aseo ou do seu aspecto. Non hai quen peitee un home tan desamañado.  



DESAMAÑAR: 1. Alterar ou façer perder a orde, a preparaçión, a boa disposiçión ou o bo estado de algho. Xa me andaron a desamañar as miñas cousas. SINÓNIMOS: chafallar, chafullar, desarranxar, desordenar, desorghaniçar, remexer. ANTÓNIMOS: amañar, ordenar. O televisor xa non funçionaba moi ben, e el acabou de desamañalo. SINÓNIMOS: avariar, desarranxar, desghobernar. ANTÓNIMOS: amañar, arranxar, ghobernar, reparar. O vento desamañoume o cabelo. SINÓNIMO: desaliñar. 2. Cousa que se altera, ou perde a orde, a preparaçión, a boa disposiçión ou o bo estado. Desamañóuseme o reloxo. SINÓNIMO: avariarse. Váiseche desamañar o peiteado. SINÓNIMO: desaliñarse.



DESBULLAR: 1. Sacar os ghran de millo da espigha por medio dun caroço de millo. Ex.: Temos que desbullar ese çesto de espighas. SINÓNIMO: debullar. 2. Quitar os chícharos, as nentellas, e froitos semellantes, do interior da cuncha, ou vaxina. SINÓNIMO: debullar. 3. Sacar os ghrans dun froito. Ex.: Tes que desbullar os chícharos. SINÓNIMOS: deluvar, debullar. 4. Sacar as castañas dos ouriços. Ex.: Hai que desbullar esas castañas. 5. Quitar a casca a unha castaña. Ex.: Púxose a desbullar as castañas para coçelas. SINÓNIMOS: deluvar, debullar, descascar, estonar.



DESEMPENAR: poñer plana unha táboa, pedra, ..., ou calquera outra cousa.



DESENGHADELLADA, DESENGHADELLADO: 1. Partiçipio do verbo desenghadellar. SINÓNIMO: desenghuedellada-o. 2. adxectivo. Pelo desordenado, sen peitear. Ex.: Levantouse co pelo desenghadellado. SINÓNIMO: desenghuedellada-o. 3. Persoa co pelo sen peitear. Ex.: Iba para a escola todo desenghadellado. SINÓNIMOS: desenghuedellada-o, espeluxada-o, espenuxada-o.



DESENGHADELLAR: 1. Desfaçer o enredo formado por fíos, roupas, cordas, etç. Ex.: Desenghadellar o pelo. Ex.: Haber se podes desenghadellar a madeixa. 2. fighurado. Pór claro un asunto, unha custión, unha idea, etç., confusos. Ex.: Colleunos a noite desenghadellando aquela morea de complicados problemas. 3. Fíos, cordas,  roupas, etç. que deixan de estar enghadellados. Ex.: Desenghadellouse o rolo da corda. 4. fighurado. Saír dunha situaçión complicada ou comprometida. Ex.: A neghociaçión tardou en desenghadellarse. 5. Desordenar o pelo a alghuén. Ex.: Desenghadellouno na pelexa. SINÓNIMOS: desghuedellar(se), despeitear(se), espeluxar(se), espenuxar(se). 6. Deixar de ter ordenado o pelo. Ex.: Desenghadellouse co vento. SINÓNIMOS: desenghuedellar(se), despeitear(se), espeluxar(se), espenuxar(se)



DESENGHADELLAR(SE): VÉXASE Desenghadellar.  



DESFEITA: 1. Ghrave dano, destrucçión, estragho. Ex.: Aquelo foi unha desfeita, non quedou pedra sobre pedra. Non pudo recuperarse de semellante desfeita. A morte da nai foi a desfeita da familia. SINÓNIMO: desastre 



DESGHANA: 1. Falta de ghana de comer. Ex.: Esa desghana que tes non che é nada boa. ANTÓNIMOS: apetito, ghana. 2. fighurado. Falta de interese por façer algho. Ex.: Aínda que era un home polo xeral activo, ás veçes invadíao a desghana. SINÓNIMOS: apatía, indiferençia, indolençia. ANTÓNIMOS: entusiasmo, ghana. CONFRONTAR: pasividade.



DESGHANADA: feminino de desghanado.



DESGHANADO: adxectivo. Que ten desghana. Ex.: Ese rapás anda moi desghanado, non sei que lle pasa. SINÓNIMO: apático. CONFRONTAR: indiferente.



DESGHANAR: 1. Façer perder o desexo, a vontade, a ghana de comer ou de façer calquera outra cousa a alghuén. Ex.: A enfermidade desghanouna completamente. 2. Perder o apetito ou a ghana de comer. Ex.: Desghanouse co desghusto. 3. fighurado. Perder a ghana de façer algho que antes se façía con praçer. Ex.: Todos os días practicaba unhas horiñas, pero, como non avançaba, desghanouse e deixouno. 



DESENGHUEDELLADA-O: VÉXASE desenghadellada, desenghadellado



DESENGHUEDELLAR: VÉXASE desenghadellar
 


DESENGHUEDELLAR(SE): VÉXASE Desenghadellar(se).  




DESGHUSTADA, DESGHUSTADO: Partiçipio pasado do verbo desghustar. 



DESGHUSTAR: 1. Causar desghusto. Ex.: Non lle dighas eso que o vas desghustar. Sempre o desghustou a vida da çidade. 2. Cousa que resulta desaghradable aos sentidos ou á raçón. 
OBSERVAÇIÓNS: Empréghase sobor de todo en construcçións neghativas. 
Ex.: Non me desghusta o sabor deste viño. SINÓNIMO: desaghradar.
3. Persoa que resulta, polas súas calidades, pouco atractiva a outra. 
OBSERVAÇIÓNS: Empréghase sobor de todo en construcçións neghativas. 
Ex.: Non me desghusta ese rapás para xenro. SINÓNIMO: desaghradar. 
4. Ter un desghusto. Ex.: Desghustouse polo que lle pasou.      



DESGHUSTARSE: VÉXASE desghustar  



DESGHUSTO: 1. substantivo masculino. Pesar causado por un suçeso adverso. Ex.: Foi un ghran desghusto para ela saber a verdade. 2. Impresión desaghradable ou molesta causada por unha persoa ou cousa. Ex.: Eses espectáculos prodúçenme desghusto. SINÓNIMOS: desabor, desaghrado. 



DESLOMBAR: 1. Maghoar no lombo. Ex.: Co gholpe que lle dou houbo deslombalo. SINÓNIMOS: derrear(se), eslombar(se). 2. Cansar en extremo. SINÓNIMOS: derrear(se), eslombar(se). Ex.: Se sighue traballando así, vaise deslombar. 3. Cansarse en extremo. Ex.: Co que traballa non se deslomba. SINÓNIMOS: derrear(se), eslombar(se)



DESLOMBARSE: VÉXASE deslombar



DESMIUÇAR: 1. Desfaçer unha cousa en anacos moi pequenos. Ex.: Desmiuçou o papel. Desmiuçou o bacallau para o rustrido da empanada. SINÓNIMO: esmiuçar. 2. fighurado. Explicar ou examinar algho moi polo miúdo. Ex.: O mestre desmiuça os problemas para que os entendamos. SINÓNIMO: esmiuçar. 



DESPILICAR: separarse dun, marcharse, desfaçerse dun. Exemplo: Este non se despilica del. / Aquel que ben se despilicou del.



DESTARTELAR: Gholpear algho, e ocasionarlle aboiaduras, ou façerlle perder a súa forma orixinal. Ex.: Destartelou a tarteira. SINÓNIMO: esmacholar.



DESTEMPERADO: 1. Partiçipio do verbo destemperar. Adxectivo. 2. Que se destemperou. Ex.: Un metal destemperado. Instrumentos musicais destemperados. Ex.: Unha persoa destemperada por mor da anghustia.



DESTEMPERAR: 1. Façer que un metal perda o tempero. Ex.: Destemperar o açeiro. 2. fighurado. Façer que algho, en particular un instrumento musical, perda a harmonía. Ex.: Destemperou a ghuitarra por non saber tocala. O alcochol e o tabaco destemperáronlle a vos. 3. fighurado. Façer que alghuén perda a moderaçión, o control de si mesmo. Ex.: Nin aquela situaçión comprometida consighueu destemperalo. 4. Perder a moderaçión, ou o control de si mesmo. Ex.: Destemperouse con tanta tensión.



DESTOLLER: 1. Façer que un membro do corpo recupere a mobilidade. Ex.: Só unha operaçión cirúrxica podía destollerlle as pernas. 2. Membro do corpo que recupera a mobilidade. Ex.: A acupuntura permiteu que se lle destollese o braço.



DESVENTURA: 1. Sorte adversa. Ex.: Queixábase da súa desventura. 2. Suçeso adverso. Ex.: Todas aquelas desventuras orixinaran a súa depresión. SINÓNIMO: infortunio.



DEVALAR: 1. Mar, ou marea que diminúe de nivel. Ex.: Estaba devalando cando saíron ao mar. 2. Lúa que pasa do plenilunio ao novilunio. Ex.: Hoxe empeça a devalar a lúa. SINÓNIMO: minghuar. 3. Río que decreçe no seu caudal. Ex.: Despois dunha semana de enchente parece que aghora o río xa devala.



DEVEÇER: 1. Desexar con ansiedade. Ex.: Cando era moço deveçía por ir ás festas. SINÓNIMOS: adoveçer, rabiar. Ansíase algho, e adovéçese por algho.



DEVESA (A): Paraxe do lughar, con brañas e monte. Hoxe boa parte das brañas van sendo abandonadas e converténdose en monte, xa que a xente foi desfaçéndose do ghando.



DEVESA: Terreo extenso, poboado de árbores non moi mestas, normalmente valado ou çercado. Ex.: Cortaron os últimos castiñeiros que quedaban na devesa.



DEVOLVER: 1. Lançar pola boca algho que estaba no estómagho. Ex.: Devolveu a comida que tomara. Tamén absoluto. Ex.: Sentoulle mal a comida, pero non devolveu. SINÓNIMO: ghomitar. 2. Façer que alghuén volva ter no seu poder algho que deixara, perdera ou lle quitaran. Ex.: Devólvoche o libro que me prestastes. Devolveu os cartos que roubara. 3. Dar unha cantidade de cartos como cambio. Ex.: Paghín con vinte euros e devolveume dous. 4. Dar unha cousa a cambio de algho semellante que se reçibeu. Ex.: Devolver o favor. 5. Volver unha cousa ao estado normal. Ex.: Cunha sinxela operaçión devolveulle a vista. 6. Façer que algho que se compra volva ao vendedor para cambialo ou recuperar o seu valor. Ex.: Devolveu a chaqueta porque non lle servía. 7. Dar de novo a un cliente o que paghou por un produto ou serviço. Ex.: Se o cliente non queda satisfeito devolvémoslle os cartos. 8. Non açeptar un cheque, unha letra, unha factura. Ex.: O banco devolveu as facturas por falta de fondos  



DIARREA: Evacuaçión frecuente de excrementos líquidos ou case líquidos. Ex.: Unha comida en mal estado pode produçir diarrea. SINÓNIMOS: cagharría, descomposiçión, foira, furrica, furricallada, furriqueira.



DIMINUÇIÓN: Acçión e efecto de diminuír. Ex.: Diminuçión das temperaturas. 



DIMINUÍR: 1. Façer menor algho en extensión, intensidade ou número. Ex.: O Ghoberno vai diminuír as importaçións de tabaco. SINÓNIMO: reduçir. 2. Algho que vai a menos en extensión, intensidade ou número. Ex.: O caudal do río diminúe no verán. O número de asistentes ao médico diminúe día a día. SINÓNIMOS: baixar, minghuar, reduçir. Ex.: O seu poder diminuía. 



DO TRINQUE. locuçión adverbial. VÉXASE trinque, do
Acabado de estrear, novo de todo. Ex.: A chaqueta estaba do trinque cando lla emprestín e mira como ma devolve. SINÓNIMO: novo do trinque.



DÓ: 1. Sentimento de pena ou mághoa que produce no espírito o sufrimento de alghuén e que leva a tratar de evitalo ou de non aumentalo. Ten dó do pobre rapás, non o castighues máis. Mallaron nel sen dó nin piedade. Sinónimos: conmiseración, compaixón. 2. Sentimento de dor ou mághoa por alghunha cousa. Non ten dó nincún dos bens que lle legharon os devançeiros. 3. Dor ou afliçión que se sente por algho. Dó pola morte dun ser querido.



DOA: Boliña pequena de vidro ou outro material, cun buratiño polo que se enfía con outras peças ighuais formando colares, adornos, etç. Ex.: As doas do rosario. SINÓNIMO: abelorio.



DÓÇE: 1. Que produçe un sabor aghradable ao ghusto, como o do sucre, ou do mel. As laranxas están doçes. Este flan está doçe de máis. 2. Que non ten sabor picante ou salghado, comparado con outras cousas da mesma espeçie. Pemento doçe. 3. fig. Tenro, bondadoso, benévolo. Unha rapaça de carácter moi doçe. Un ollar doçe. Sinónimo: agharimoso, meloso. 4. Produto alimentiçio que leva na súa composición fundamentalmente sucre, ou mel. Fixen un doçe de maçáns. Unha caixa de doçes. Aghua doçe. Frauta doçe.



DÓIME / DÓICHE / DÓILLE: Conxughaçión do verbo doer da 1.ª, 2.ª, e 3.ª persoa do singhular, respectivamente, do verbo doer. Está referido a unha parte do corpo, ou a calquera outra situaçión fighurada.



DÓINOS / DÓIVOS / DÓILLES: Conxughaçión do verbo doer da 1.ª, 2.ª, e 3.ª persoa do plural, respectivamente, do verbo doer. Está referido a dúas partes do corpo, ou a outras situaçións fighuradas.



DON: Cousa que conçede a alghuén, como un favor espeçial, unha instituçión dotada de autoridade, e en particular Deus, a Providençia etc. Ex.: Un don conçedido pola raíña. SINÓNIMOS: ghraçia, merçé. Ex.: A súa fermosura é un don da natureça. A fe é un don divino. SINÓNIMO: ghraçia. 2. Habilidade, aptitude ou inclinaçión para algho. Ex.: Posúe un don espeçial para o mando.



DONAIRO: Calidade de quen se move con eleghançia e desenvoltura, particularmente ao andar. Ex.: Con que donairo camiñaba! Ten o donairo. SINÓNIMO: aire.



DÓNME / DÓNCHE / DÓNLLE: Conxughaçión do verbo doer da 1.ª, 2.ª, e 3.ª persoa do singhular, respectivamente, do verbo doer. Está referido a dúas, ou máis partes do corpo, ou a outras situaçións fighuradas.



DÓNNOS / DÓNVOS / DÓNLLES: Conxughaçión do verbo doer da 1.ª, 2.ª, e 3.ª persoa do plural, respectivamente, do verbo doer. Está referido a dúas, ou máis partes do corpo, ou a outras situaçións fighuradas.



DOR: 1. Efecto dunha lesión nunha parte do orghanismo, que se perçibe como sensaçión molesta máis ou menos forte ou aghuda a través do sistema nervioso. Ex.: Dor de cabeça. Dor de moas. Ouh, que dor. SINÓNIMO: dolor. 2. Sentimento de tristeça no ánimo, produçido por un desenghano ou un suçeso adverso. Ex.: A morte do seu amigho produçeulle unha profunda dor. SINÓNIMOS: dolor, pena. 



DORIDA-O: adxectivo. 1. Que padeçe ou sinte dor física nunha parte do corpo. Ex.: Está dorida do lombo. 2. Parte do corpo ou órghano afectado pola dor. Ex.: Ten o pé tan dorido que xa non pode andar. 3. Que padeçe dor moral. Ex.: Está dorida porque ninquén a comprende. 



DURMIÑENTO: 1. Persoa, ou animal que anda máis durmido que desperto. 2. Que sempre anda con sono, como cansado.



E




EGHUA: Femia do cabalo. Ex. A eghua pareu un poldro. SINÓNIMO: besta. 



EIVADA-O: Partiçipio pasado do verbo eivar. 



EIVAR: 1. Causar a alghuén un dano físico que lle impide valerse por si mesmo ou poder valerse dalghún membro. Ex.: Eivouno dun braço co fouçiño. 2. Causar un defecto ou imperfeión nunha cousa. Ex.: Os malos costumes poden eivar os espíritos nobres. 3. Persoa que sofre un dano que lle impide valerse por si mesma, ou valerse dalghún membro. Ex.: Eivouse nun acçidente de tráfico.



EIXADA: Ferramenta pareçida á lighoña / leghoña, pero cadrada. Noutras partes apañan o batume con ela. Ex.: En sitios da ribeira apañan o batume coa eixada.



EMBARRANCAR: 1. Embarcaçión que queda detida ao tropeçar coa area ou coas pedras do fondo. Ex.: O barco foi feito en Cures, din que aghuanta moita tormenta. E na primeira viaxe, embarrancou en Moimenta. SINÓNIMOS: encallar, varar. 2. Façer que unha embarcaçión tropeçe na area ou nas rochas do fondo e se deteña. Ex.: O carro das vacas, viña carghado de batume e embarrancou na lameira.



EMBORRALLAR: verbo transitivo. 1. Enlixar con borralla ou con outra cousa que mancha. Ex.: Colleu un tiçón da lareira e emborrallou pintou toda a cara. SINÓNIMOS: enfurruxar, manchar, pintar. 2. Fertiliçar, abonar con borralla. Ex.: Emborrallou o çeboleiro. / Emborrallou o tallo do çebolo). SINÓNIMOS: abonar, aborrallar. (verbo pronominal) 3. Enlixarse con borralla ou con outra cousa que mancha. Ex.: O pote da lareira emborrállase enfurrúxase todo. O pote da lareira xa ten furruxa. SINÓNIMOS: enfurruxar(se), manchar(se), pintar(se). 4. Tornarse ghris coma a borralla. Ex.: O ceo emborrallouse virou - tornou ghris / Apareçeron cardaduras de lan no ceo, e logho empeçou a baballar (babuxar). Refrán: “Cardaduras de lan, se non chove hoxe, chove mañán.” SINÓNIMOS: tornar, virar



EMBOSTEAR: 1. Tapar con bosta unha xunta, unha fendedura, unha colmea, etç. Ex.: Embostearon as fendeduras do forno para que non perdese calor. 2. Cubrir a eira cunha capa de bosta para que o ghran non se mesture coa terra e se perda. Ex.: Tempo atrás embosteaban as eiras antes de mallar os çereais. 



EMBOUTADA, EMBOUTADO. 1. Acçión e efecto de emboutar (acepçións 2 e 3). Ex.: Tuveron que parar de moer por culpa da emboutada. O muíño estaba emboutado. 2. Materia porcallenta e pastosa que mancha. Ex.: Mira como puxo a roupa con esa emboutada.



EMBOUTAR: 1. Cubrir algho ou alghuén dunha substançia que mancha. Ex.: Emboutouno de prebe. SINÓNIMO: enlixar, manchar. Ex.: Emboutouse de lama ata as orellas. SINÓNIMOS: enlixarse, ensoufarse, mancharse. 2. Saturar a pedra do muíño da materia que moe, empeçando o movemento con esta pasta pero sen desfaçer o ghran que cae nela. Ex.: O millo lento embouta o muíño. 3. Muíño que ve interrompido o movemento da pedra por efecto da saturaçión de fariña. Ex.: O muíño emboutouse. 



EMBOUTARSE: Véxase emboutar. 



EMBUDE: Utensilio de boca ancha con forma de cono, e rematado nun tubo, que se empregha para verter líquidos a través del en reçipientes que teñen a boca estreita. Ex.: Botou o viño na botella cun embude. SINÓNIMO: ¿funil?



EMBULSAR: 1. Meter en bulsas. Ex.: Traballa nunha fábrica embulsando peixe conxelado. Os empreghados embulsaron o diñeiro para trasladalo de banco. SINÓNIMO: embolsar. 2. (fighurado). Ghañar ou reçibir unha cantidade de cartos. Ex.: Embulsou çinco mil euros. SINÓNIMOS: embolsar.



EMPALLAGHAR: Quedarse indixesto, ou molesto na ghorxa, por causa de tomar alghún alimento moi seco, ...



EMPEGHAR, OU EMPEGHARSE: Dise de dúas correntes de aghua que chocan nunha presa. Unha sobe e outra baixa, frenándose mutuamente. Esto impide, por exemplo, mover o reduçio do muíño. 



EMPENAR: 1. Pór curvo ou torto unha cousa, xeralmente de madeira. Ex.: Os toneleiros empenan as táboas para façer as doelas. 2. Cousa que se curvar ou torçe por efecto da calor, da humidade, polo seu propio peso, etç. Ex.: A madeira do piso empenou porque aínda estaba verde. A porta empenou porque chovía por ela. A vigha do alpendre empenou co peso. SINÓNIMOS: Brandear, cambar, pandear.



EMPETAR: 1. Ghardar os cartos nun peto. Ex.: O neno empetou aquelas moedas que lle dera o avó. 2. por extensión VÉXASE Aforrar (e como sinónimo, ver acepçións 3, 4, 5 de Forrar). Ex.: Imos ter que empetar alghúns cartos para cando veñan máis ghastos.



EMPLASTE: Trapo ao que se lle poñen enriba herbas coçidas, e que se pode envolver, ou non, coa fin de pousalo nalghunha parte do corpo, como remedio.



EMPOLEIRAR. 1. Ghaliña que sobe ao poleiro. Ex.: As ghaliñas empoléiranse cando van durmir. SINÓNIMO: Ir para o poleiro. 2. Persoa ou, animal que se pon nun sitio alto. Ex.: Empoleirou o neno sobor dos ombreiros para que vise mellor. SINÓNIMO: Estar no poleiro.



EMPORCALLAR: Véxase Emporcar.
Ex.: Emporcallaron a alfombra porque non limparon ben os sapatos ao entrar. Emporcalláronse xoghando coa terra do xardín. 



EMPORCAR: Enlixar, encher de manchas algho ou alghuén. Ex.: Emporcastes a coçiña coa lama dos sapatos. SINÓNIMOS: enlixar, manchar. Ex.: A roupa mollada caeu ao chan e emporcouse toda. SINÓNIMOS: enlixarse, ensoufarse, emboutarse, emporcallarse, mancharse.
  


EMPREÑAR: 1. Fecundar unha femia. Ex.: O boi empreñou a vaca. SINÓNIMO: preñar. 2. Femia ao quedar fecundada. Ex.: Inseminamos as vacas e empreñaron todas. SINÓNIMOS: agharrar, preñar.



EMPURRAR: 1. Façer força contra unha persoa ou cousa para movela do seu sitio. Ex.: Non me empurres que caio. SINÓNIMO: empuxar. 2. fig. Ser algho a causa ou motivo de algho que se realiza. Ex.: O medo empurrouno ao suiçidio. A fame empurrouno á mala vida.



EMPUXAR: 1. Façer força contra unha persoa ou cousa para movela do seu sitio. Ex.: Non me empurres que caio. SINÓNIMO: empurrar. 2. fig. Ser algho a causa ou motivo de algho que se realiza. Ex.: O medo empurrouno ao suiçidio. A fame empurrouno á mala vida.



ENCABEÇAR: Mesturar viño novo co vello, nunha perfia ou barril para deixar a outra perfia livre. E así temos a perfia totalmente baldeira para encher o viño novo.



ENCALCAR: 1. Encalcar o millo, é diçir, façer os calcos. Só se refire ao millo e façíanse cando o tempo atmosférico non acompañaba para a esfolla, ou porque non se tiña un momento no calendario para esta labor. Polo tanto, había que deixalo na leira, días e noites, con chuvia e reçío, ata que se dispuxera dun momento para esfollalo. 2. Façer presión sobor algho. Ex.: Co dedo furabolos encalcou o tabaco na pipa. SINÓNIMO: calcar. 3. SINÓNIMO: Apisonar. Ex.: Xa colleron o pisón para encalcar a terra da leira. 



ENCAMADA, ENCAMADO: Partiçipio do verbo encamar.



ENCAMAR: 1. Meter na cama unha persoa. Ex.: Se o hai que encamar imos ter máis traballo. ANTÓNIMO: desencamar. 2. Estar na cama por enfermidade. Ex.: Encamou durante un mes a causa da hepatite. ANTÓNIMO: desencamar. 3. Animal que se mete ou refuxia na súa ghorida. Ex.: O coello encamou. SINÓNIMO: acocharse. 



ENCANDEAR: 1. Enroscarse e retrerse a lanta dun fruto cando hai moita lus e calo. Ex.: O millo cando quenta moito o sol, enrolla e encandea. ¿2. Impedir que alghuén vexa ben, ou deixalo momentáneamente sen vista por un exçeso de lus. Ex.: Os faros do coche encandeárono.? SINÓNIMO: çeghar. ¿3. Provocar admiraçión e asombro, causar unha viva impresión a alghuén. Ex.: A súa beleça encandeouno. SINÓNIMOS: asombrar, çeghar, impresionar, marabillar, pasmar?



ENÇERNAR: Poñer ou façer dura ou, máis dura unha cousa. Ex.: As nentellas que están fóra ao sol para mallar, se as colle a humidade ou, a brétema, ençernan. E eso é malo. SINÓNIMO: endurar.



ENCHOPAR: 1. Mollar unha cousa de xeito que quede totalmente penetrada dun líquido. Ex.: A chuvia enchopa a terra. SINÓNIMOS: empapar(se), encharcar(se). 2. Mollar moito. Ex.: Enchopei os sapatos no río. SINÓNIMOS: empapar(se), encharcar(se). 3. Mollarse moito. Ex.: Fun pescar e enchopeime. 



ENCORADO: Partiçipio pasado do verbo encorar.



ENCORAR: Preparar ou arranchar (arranxar) as paredes para pórlle, por exemplo, madeira. Ex.: Este verán, encorou as paredes do seu cuarto



ENCROCHAR: Endureçerse a leira, debido a que a terra se aghrupa en bólas duras, conoçidas como croudillóns. Ex.: Esta leira está encrochada.



ENCROUDILLAR: Formarse bólas de terra dura, denominadas croudillóns. Ex.: Esta leira está chea de croudillóns. Esta leira está encroudillada. Desfai os croudillóns coa cota da lighoña / leghoña, sacho, ..., ou senón coa súa plancha.



ENCRUADA, ENCRUADO: 1. Non estar ben coçido un alimento, ou en sentido fighurado, calquera outra cousa. O touçiño está a medio coçer, ou case cru. Este temario está medio cru, ou aínda verde. 2. Empeorar o tempo.



ENCRUAR: Alimento ou, comida que se torna ou, ponse cru e duro. Ex.: Os garavanços encruaron por lle botares aghua fría á pota. 2. Tempo que cambia para peor. Ex.: O tempo encruou á tardiña.



ENDURAR: Pór ou façer dura ou, máis dura unha cousa. Ex.: As nentellas que están fóra ao sol para mallar, se as colle a humidade ou, a brétema, enduran. E eso é malo. SINÓNIMO: ençernar.



ENFARDAR, ENFARDARSE: 1. Encherse de comer, beber, ... SINÓNIMOS: fartar-se. 2. Poñer algho en fardos. Ex.: A rapaça enfardou a roupa, e levoulla ao pai. SINÓNIMO: enfardelar. 3. fighurado. Poñer moita roupa para abrigharse. Ex.: Veu que nevaba e enfardouse para saír.



ENFASTÍO: 1. Forte sensaçión de desaghrado pola comida ou outra cousa. Ex.: As comidas con moito açeite danme enfastío. SINÓNIMO: repugnançia. 2. Cansançio ou descontento pola falta de interese e atractivo de algho. Ex.: O enfastío insoportable daqueles loncos días de mal tempo. SINÓNIMO: aburrimento. 



ENFESTIAR: 1. Causar molestía ou enfastío a alghuén. Ex.: Enfestíame ter que acompañalo. SINÓNIMO: amarghar. Ex.: O neno non fai máis que enfestiarnos cos seus choros. Este asunto enfestióucheme ben. SINÓNIMOS: amolar, molestar, xiringhar. 2. Causar repugnançia unha comida ou outra cousa. Ex.: Enfestíanme os ghrelos. SINÓNIMOS: aburrir, anoxar. 3. Causar aburrimento ou enfado. Ex.: Enfestíao a televisión. 



ENFIAR: 1. Meter un fío polo burato dunha aghulla. Ex.: Enfíame unha aghulla co fío verde. 2. Pasar por un fío cousas como as doas dun colar ou dun rosario, formando unha sarta. Ex.: Fixo unha pulseira enfiando cunchas de cores. 3. fighurado. Diçir moitas cousas unha detrás doutra. Ex.: Enfiaba parvada tras parvada. SINÓNIMOS: empalmar, empatar, ensartar.



ENFLAQUEÇER: Diminuír considerablemente de peso, pórse flaco. Ex.: Moito enflaqueçestes este verán. Case non o conoço de tanto como enflaqueçeu. SINÓNIMO: adelghaçar. 



ENFURRUXAR: Manchar con furruxa. Ex.: O fume enfurruxou a tixola. O pote da lareira está cheo de furruxa. ANTÓNIMO: Desenfurruxar. Tamén absoluto. Ex. Non lle botes a man polo fondo á ola que enfurruxa. Tamén verbo pronominal. Ex. Cando limpo a cheminea teño coidado de non me enfurruxar.



ENFURRUXAR(SE): VÉXASE Enfurruxar



ENGHABEXAR: Andar a remexer en algho. Realiçar tarefas, ou traballos de pouca importançia que non requiren moito esforço. Ex.: Pasou a mañán enghabexando pola horta. Está enghabexando no faiado para ordenalo un pouco. SINÓNIMO: ghabexar.



ENGHADELLAR: 1. Envolver unha ou varias cousas de xeito desordenado formando un lío difíçil de desfaçer. Ex.: Sen querer enghadellou a corda. SINÓNIMOS: embrollar, ençerrellar(se), enliar(se), enmarañar(se), enredar(se), ensarillar, liar(se). 2. Mesturar de maneira confusa cousas, ideas, etç. Ex.: En cada fala que da enghadellas máis o que di. SINÓNIMOS: complicar, embrollar, ençerrellar(se), enliar(se), enmarañar(se), enredar(se), ensarillar, liar(se). 3. fighurado. Meter a alghuén nunha cousa que pode traer problemas e da que é difíçil saír. Ex.: Enghadellárono nunha nova aventura, non sei como lles sairá. SINÓNIMOS: ençerrellar(se), enliar(se), enmarañar(se), enredar(se), liar(se). 4. Unha ou varias cousas que se envolven de xeito desordenado formando un lío difíçil de desfaçer. Ex.: Enghadellóuselle o nobelo. SINÓNIMOS: embrollar(se), ençerrellar(se), enliar(se), enmarañar(se), enredar(se), ensarillarse, liar(se). 5. fighurado. Cousas, ideas, etç. que se mesturan de maneira confusa. Ex.: Cada día enghadéllase máis o asunto. SINÓNIMOS: anobelarse, complicarse, embrollar(se), ençerrellar(se), enliar(se), enmarañar(se), enredar(se), ensarillarse, liar(se). 6. enghadellar en. Alghuén que se mete nunha cousa que pode traer problemas e da que é difíçil saír. Ex.: Enghadelláronse nunha discusión. SINÓNIMOS: ençerrellar(se), enliar(se), enmarañar(se), enredar(se), liar(se).



ENGHAIOLANTE: Que atrae fortemente, ou fai sentir unha intensa admiraçión, amor, etc. Tiña un xeito de falar enghaiolante. Sempre lembro o ollar enghaiolante daquel rapás. SINÓNIMOS: ghaioleiro. Moito me tarda velo. É enghaiolante. 



ENGHAIOLAR: Exerçer sobre alghuén un encanto irresistible. Enghaiolume o seu aspecto de boa persoa. SINÓNIMOS: encantar, enfeitiçar. 



ENGHRUÑAR: 1. Contraer o corpo ou un membro del. Ex.: Enghruñar os braços. 2. Corpo ou, parte do corpo que se contrae. Ex.: Enghruñouse xunta o lume e non se moveu en toda a tarde. SINÓNIMO: acurrucharse. 3. fighurado. Demostrar pouca força de ánimo ou carácter. Ex.: Ti non te enghruñes ante nada, senón acabarás fracasando. SINÓNIMO: encollerse. 



ENGHUEDELLAR: VÉXASE enghadellar



ENLATAR: nalghúns sitios nomean así, ao que por aquí lle chaman amadeirar as viñas. Repoñer ghueiros, varas, canas nas viñas.



ENLIXAR: 1. Pór suçio. Non me toques, que me enlixas, díxolle o pote á tixola. SINÓNIMO: emboutar, emporcallar, emporcar. O pequeno enlixouse ao comer. SINÓNIMOS: emboutarse, emporcallarse, emporcarse, ensoufarse. 2. Fighurado. Prexudicar a boa sona de alghuén, por alghunha acçión verghoñenta. O escándalo enlixou a boa reputación dun conoçido empresario. SINÓNIMO: manchar. Non me vou enlixar por tan pouca cousa.  



ENREDANTE: Que enreda. Confundístesme con tan enredantes palabras. 1. Mesturar de xeito confuso ou façer máis complexo [cousas, ideas etc.]. Cada ves que actuaba enredaba máis a situaçión. Sinónimos: complicar, embarullar, embrollar, enlear, enmarañar. 2. fighurado. Meter [alghuén] nunha cousa que pode traer problemas e da que é difíçil saír. Enredouno no conflito. Sinónimos: enghuedellar, enlear.



ENREDAR: Pasalo tempo, ou perdelo. Envolver unha ou varias cousas de maneira desordenada, formando un enredo ou lío difíçil de desfaçer. SINÓNIMOS: embrollar, enghadellar, enghuedellar, enliar, enmarañar, ensarillar. 2. fighurado. Mesturar de xeito confuso, ou façer máis complexo cousas, ideas etc. Ex.: Cada ves que actuaba enredaba máis a situación. SINÓNIMOS: complicar, embarullar, embrollar, enliar, enmarañar. 3. fighurado. Meter a alghuén nunha cousa que pode traer problemas e da que é difíçil saír. Ex.: Enredouno no conflito. SINÓNIMOS: enghuedellar, enIiar. 4. Perder o tempo. Ex.: Non enredes moito polo camiño. SINÓNIMOS: distraerse, entreterse. 5. Dedicar o tempo a realizar algo sen saber como se fai, ou por se entreter. Ex.: Deixa de enredar coa máquina e atende ao teu. SINÓNIMOS: fedellar. 6. Façer cousas que sirven de diversión e entretemento. Ex.: Os nenos están enredando no patio. SINÓNIMOS: bricar, trebellar, xoghar. 7. Unha ou varias cousas que se envolven de maneira desordenada, formando un enredo ou lío difíçil de desfaçer. Ex.: Enredouse o cabestro do carro. SINÓNIMOS: embrollarse, enghadellarse, enghuedellarse, enliarse, enmarañarse, ensarillarse. 8. Cousas, ideas etc. que se mesturan de xeito confuso, façerse máis complexo. Ex.: O asunto foise enredando e acabou por involucrarnos a todos. SINÓNIMOS: anobelarse, complicarse, embarullarse, enliarse, enmarañarse. 9. Alghuén que se mete nunha cousa que pode traer problemas e da que é difíçil saír. Ex.: Enredouse nun neghoçio. SINÓNIMOS: enghuedellarse, enliarse.



ENRINCHOAR: Dise de algho que está moi torrado. Desecar algho pola acçión do calor ou, do lume, tomando unha cor morena.



ENRUGHA: Pregho ou dobrés irreghular que se forma nunha cousa flexible ao dobrala ou ao dobrarse. Ex.: Cos anos fóiselle cubrindo a cara de enrughas. Pásalle o ferro á saia, que colleu unhas enrughas moi feas. 



ENRUGHADA, ENRUGHADO: Partiçipio pasado do verbo enrughar.



ENRUGHAR: 1. Façer enrughas en algho. Ex.: Sentouse co abrigho posto e enrughouno todo. SINÓNIMO: arrughar. 2. Coller enrughas. Ex.: Esta tea enrúghase moito. SINÓNIMO. arrughar



ENSIÑO: Apeiro que consta dun manco rematado nun dos extremos por un pau atravesado, onde van uns dentes de madeira ou de ferro, formando unha espeçie de peite. Apaña os picaños cun ensiño. Sinónimo: anghaço.



ENSOUFAR: Mancharse moito. O neno comeu chocolate, e ensoufouse todo. Ensoufouse pola cara coas papas do almorço. SINÓNIMOS: emboutarse, emporcarse, enlixarse.



ENSOUFARSE: Véxase ensoufar.



ENSULLA: 1. Ghraxa das aves. Ex.: A ensulla dálle moita substançia á sopa.



ENSUMIDA, ENSUMIDO: Partiçipio pasado do verbo ensumir, nas súas distintas acepçións.



ENSUMIR: 1. Algho ou alghuén que vai a menos. Ex.: Como non chova un pouco o trigho vai acabar ensumíndose. SINÓNIMOS: consumirse, esmirrarse, esmornecar, mincuar, muchar. Ex.: O enfermo ensómese día a día. SINÓNMOS: consumirse, esmirrarse, achicarse, muchar. Ex.: As uvas ensumíronse na viña. SINÓNIMOS: consumirse, esmirrarse, esmornecarse, achicarse, mucharse. 2. Sumirse ou recollerse na propia intimidade. Ex.: Anda ensumido todo o día dándolle voltas a esa idea. SINÓNIMOS: absorberse, abstraerse.



ENSUMIRSE: VÉXASE ensumir 



ENTALADA, ENTALADO: 1. Partiçipio do verbo entalar. Adxectivo. 2. Que está entumeçido polo frío. Ex.: Collín unha manta para abrigharme que tiña os ósos entalados. 




ENTALAR: 1. Façer que quede unha cousa ou persoa, presa ou oprimida entre dúas cousas, ou nun sitio ou lughar estreito e apertado, de tal xeito que lle impida o movemento ou lle sexa difíçil saír. Ex.: Entalei os dedos na porta. Tanto empuxaban que os acabaron entalando contra o valado metálico. 2. Corpo, parte do corpo ao quedar sen movemento pola acçión do frío. Ex.: Entaloulle un xeonllo coa friaxe. SINÓNIMO: entumeçerse. 3. Algho que era flexible ao quedar teso pola acçión do frío, sol etc. Ex.: Ao deixar o porco aberto en canal e colghado pola noite, entálaselle a carne.



ENVORCAR: 1. Botar fóra o contido virando ou inclinando o reçipiente. Ex.: Envorca aí as patacas. SINÓNIMOS: baldeirar, verter. 2. Poñer boca abaixo ou inclinar unha cousa. Ex.: Hai que envorcar o bote para pintalo. SINÓNIMO: virar. 3. Cousa que da a volta ou se inclinar. Ex.: O carro envorcou nunha pendente.



ENVORCALLAR: Deitarse dando voltas e refreghándose. Ex.: Anda envorcallándose na terra. SINÓNIMO: estomballarse.



ENXAGHUAR: Pasar por augha limpa algho. Ex.: Enxaghua os pratos, e despois enxúghaos. SINÓNIMO: enxavar. 2. Limpar a boca con aghua ou outro líquido. Ex.: Como me doía unha moa, enxaghuei a boca con caña da uva. SINÓNIMO: enxavar.



ENXAMIO: Ghrupo de abellas que forman unha colonia. Ex.: Teño un enxamio nun cortiço. 2. fighurado. Ghrupo numeroso de persoas ou cousas en movemento. Ex.: Saeu do cine un enxamio de xente.



ENXAVAR: Pasar por aghua limpa algho. Ex.: Enxaghua os pratos, e despois enxúghaos. SINÓNIMO: enxavar. 2. Limpar a boca con aghua ou outro líquido. Ex.: Como me doía unha moa, enxaghuei a boca con caña da uva. SINÓNIMO: enxavar.



ENXERTAR: 1. Introduçir unha parte dunha planta, ou árbore no tronco, ou ponla doutra para que se desenvolva alí. Ex.: Hoxe enxertín (enxertei) dúas maçeiras. Enxertaron as pereiras. 2. Aplicar teçido vivo a unha parte do corpo morta, ou lesionada. Ex.: Queimou unha man, e tuveron que enxertarlle pel. Enxertáronlle parte da pel do braço.



ENXIVA: Anatomía. Porçión da mucosa bucal que recobre a base dos dentes. Ex.: Fireuse nunha enxiva co çepillo de dentes. 



ENXOITO: 1. Participio irreghular do verbo enxughar. // adx. 2. Que perdeu a humidade que tiña. Ex.: Dáme unha toalla enxoita. Vou coller a roupa que xa está enxoita. SINÓNIMO: seco. 3. Extremadamente delghado. Ex.: Un vello enxoito, todo óso.



ENXORDAR: 1. Deixar xordo. Ex.: Pois foiche así; estoupoulle mesmo á beira e enxordouno. SINÓNIMO: axordar. 2. Deixar coma xordo. Ex.: Deixa de berrar que me enxordas. Tanto ruído enxórdame. SINÓNIMOS: abrouxar, atronar, axordar. 



ENXUGHADO: Participio reghular do verbo enxughar.



ENXUGHAR: Quitar a humidade de algho. Ex.: Saca os sapatos e enxugha os pés. 2. Perder a humidade. Ex.: A roupa aínda non enxughou de todo. SINÓNIMO: secar. Obs. Ten dous partiçipios: enxughado e enxoito.



ERMO: 1. Sen habitantes ou con moitos menos dos que tiña un lughar. Ex.: Aghora estas terras quedan ermas porque a xente marcha para a çidade. 2. Terreo sen cultivar. Ex.: Terras ermas. SINÓNIMO: baldío. 3. Lughar deshabitado e sen cultivar. Ex.: Toda esa rexión é un ermo. 



ERMOS (OS): parte da aldea da Ameán, parroquia de Cures.



ESBAGHOAR: Deitar bághoas. Teño un lixo no ollo que me fai esbaghoar. Por culpa do fume empeçei a esbaghoar. Começou a esbaghoar sen nincún motivo. Sinónimos: baghullar, chorar, esbaghoar, esbaghullar, laghrimar.



ESBAGHULLAR: Deitar baghullas. Ex.: Teño un lixo no ollo que me fai esbaghullar. Por culpa do fume empeçín a esbaghullar. Começou a esbaghullar sen nincún motivo. SINÓNIMOS: baghoar, chorar, esbaghoar, esbaghullar, laghrimar.



ESBARDALLAR: 1. Falar moito sen xeito, fanfarronear. Falar moito dicindo parvadas. Ex.: Cala a boca e non esbardalles. SINÓNIMOS: baballar, laretar, latricar.



ESBIRRAR: Botar esbirros. Botar violentamente aire dos pulmóns, dun xeito involuntario, e repentino. Ex.: A humidade faime esbirrar. 



ESBIRRO: Expulsión brusca e ruidosa, pola boca e o narís, do aire dos pulmóns por causa da irritaçión das mucosas nasais. Ex.: Por culpa do po botei un esbirro.



ESBORRALLAR: verbo transitivo. 1. Tirar ao chan, botar por terra unha construçión ou un conxunto de cousas ordenadas. Ex.: Esborralloulle Ciscoulle os papeis e documentos que tiña sobor da mesa. SINÓNIMO: çiscar. 2. Manchar de borralla. Ex.: Caeulle o caldeiro da borralla e esborrallou enfurruxou / manchou / pintou o chan da coçiña. SINÓNIMOS: enfurruxar, manchar, pintar. (verbo pronominal) 3. Construcçión ou, cousas amontoadas que se veñen abaixo, caen. Ex.: Plantaron árbores nas paredes do talude para evitar que se esborralle derribe / derrube / esbarroe / esboroe. SINÓNIMOS: derribarse, derrubarse, esbarroarse, esboroarse. 4. Mancharse de borralla. Ex.: Non lle toques ao pote que te esborrallas enfurruxas / manchas / pintas. SINÓNIMO: enfurruxarse, mancharse, pintarse



ESBULIGHAR: Moverse dun lado para outro de xeito rápido e inquieto. A avoa esbulighaba pola coçiña sen façer nada. SINÓNIMOS: bailar, dançar, bulighar. O ghato esbulighaba polo salón entre a xente. Os paxariños começaron a esbulighar no niño. SINÓNIMOS: bulir, bulighar.



ESCACHAR: 1. Romper un obxecto fráxil en cachos. Ex.: Escachou o cristal da xanela dunha pedrada. SINÓNIMOS: escachiçar, esnaquiçar. 2. Obxecto fráxil que rompe en cachos. Ex.: O prato caeu ao chan e escachou. SINÓNIMO: esnaquiçar. 3. Aghua que fai cachóns. Ex.: Bota as patacas no caldo cando a aghua escache. 4. Reçipiente que contén un líquido que ferve a cachón. Ex.: Quítalle lume ao pote que xa escacha.
FRASES E EXPRESIÓNS CON escachar
Escachar de risa = Escachar coa risa
Ex.: O público da festa escachaba de risa cos cómicos. 
Escachar coa risa
Rir moito, ás gharghalladas.
Ex.: Contounos un chiste e escachamos coa risa. SINÓNIMOS: escachar de risa, escarallarse coa risa, escarallarse de risa, esmendrellarse coa risa, esmendrellarse de risa, partirse de risa, rebentar coa risa.



ESCACHARRAR: 1. Deixar unha cousa en mal estado ou inservible, a causa dun gholpe ou por unha manipulaçión incorrecta. Ex.: Por foçares tanto na televisión, escacharrástela. Escacharrou a biçicleta ao caer. 2. Levar un gholpe ghrande cun coche, moto, etç. Ex.: Quedou sen frenos e escacharrouse contra un valado. 



ESCACHIÇAR: Romper algho en anacos pequenos. Ex.: Colleu un vaso e escachiçouno contra a parede. SINÓNIMO: esnaquiçar.   



ESCAGHALLADA, ESCAGHALLADO: Partiçipio pasado do verbo escaghallar.
 


ESCAGHALLAR: 1. Desfaçer bruscamente as partes que constitúen unha cousa, de xeito que se veña abaixo. Ex.: Caeu unha chispa e escaghallou o muro. 2. Desordenar o que estaba arranxado ou en orde. Ex.: O vento escaghalloume os papeis que tiña enriba da mesa. Non escaghalles a cama. 3. Botar ou deixar caer cousas no chan de maneira desordenada. Ex.: Caeu e escaghallou as laranxas que traía no cesto. SINÓNIMOS: çiscallar, çiscar, esparexer. 4. Cousa ao desfaçerse bruscamente, cando se separan as partes que a constitúen. Ex.: Escaghallouse o castelo de area que fixeramos. SINÓNIMOS: derribarse, derrubarse. 5. Cousas ao caer de maneira desordenada. eX.:  Rompeulle o saco e escaghalláronselle as noçes polo chan. SINÓNIMOS: çiscarse, esparexerse.



ESCAMAR: Tirar as escamas aos peixes. Ex.: A coçiñeira escamou a pescada. As sardiñas ásanse sen escamalas. 



ESCAMPAR: Parar de chover. Cando escampe vou dar unha volta.



ESCANCALLADA-O: Partiçipio pasado do verbo escancallar. 



ESCANCALLAR: 1. Botar a perder unha cousa separando as partes que a compoñen de tal xeito que quede inservible. Ex.: Non movas o armario que o escancallas. O neno escancallou o libro. SINÓNIMOS: ¿esbandallar?, esmendrellar. 2. Cansar en extremo. Ex.: Tanta actividade escancallouno para o resto do día. 3. Cousa que queda desfeita e inutiliçada para o seu uso. Ex.: Levaban arranchando medio esçenario cando se escancallou por completo. Na caída escancallouse a biçicleta. 5. Cansarse en extremo. Ex.: Con este traballo escancalleime para toda a semana. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON escancallar
Escancallarse coa risa
Escancallarse de risa 



ESCAÑAR: 1. Ir cavando, e sacando terra, con calquera apeiro, ou instrumento, e incluso cando é posible, coas propias mans para façer cova, ou burato. 2. Façer oca unha cousa sólida quitándolle parte da súa masa. Ex.: Escañaron unha soca.



ESCARALLAR: 1. Pór unha cousa en mal estado ou, peor estado do que estaba. Ex.: No acçidente escarallou o coche. SINÓNIMOS: estragar, foder. 2. Cambiar algho ou alghuén para peor, de xeito que perda total ou parçialmente o que tiña de bo. Ex.: A chuvia escarallou o partido. SINÓNIMO: estraghar. 3. Algho ou, alghuén que se pon en mal estado ou en peor estado do que estaba. Ex.: Xoghando ao fútbol escaralláronseme os sapatos. Escarallouse coa bebida. SINÓNIMO: estraghar. 4. Perder o que tiña de bo. Ex.: Con esta notiçia xa me escarallou o día. SINÓNIMO: estraghar.
OBSERVAÇIÓNS: É unha palabra de uso popular.
FRASES E EXPRESIÓNS CON escarallar
Escarallarse de risa = Escarallarse coa risa     



ESCARAMONAR: 1. Ghuixarlle ás ascuas do lume. Ex.: Escaramonou o lume. 2. Corrixir, ou causar que alghuén se corrixa seriamente, para non volver cometer unha mala obra, ou acçión. Ex.: O veçiño berroulles aos rapaçes e escaramonounos para que non lle volveran coller fruta na horta. SINÓNIMO: escarmentar.



ESCARAVELLAR: 1. Remover a superfiçie da terra. Ex.: As ghaliñas escaravellan a terra en busca de vermes. Os nenos escaravellan no chan para façer buratos. SINÓNIMO: foçar, fuchicar, furghar. 2. Andar no narís, dentes, etc co dedo, ou cun obxecto. Ex.: Escaravellar os dentes cun escarvadentes. Non escaravelles na ferida que se pode infectar. SINÓNIMO: furghar. 3. fighurado. Andar a remexer, fedellar ou trebellar en alghunha cousa. Ex.: Anduven escarvellando algho pola casa.




ESCARAVELLO: 1. Insecto da familia dos escarabeidos, dos que existen moitas espeçies, de forma arredondada, patas curtas e antenas en forma de maçán. Ex.: Alghúns escaravellos, coma o da pataca, son moi prexudiçiais para a aghricultura. 2. Insecto da orde dos coleópteros de ghran tamaño, e de cor negra e loura, que, no caso do macho, ten dúas mandíbulas semellantes a cornos en forma de arco. Ex.: Á noitiña sempre pasa alghún escaravello soando. 



ESCARCHAR: 1. Conxelarse o resío que cae nas noites frías. 2. Preparar unha bebida alcohólica façendo que o sucre cristaliçe nunha fronça, ou rama de anís metida na botella.



ESCARPADORA: Aparello agrícola, con dentes para escarpar unha leira.



ESCARPAR: Romper a cuberta vexetal dunha leira coa escarpadora, ou apeiro con dentes.



ESCARRANCHADA, ESCARRANCHADO: Partiçipio pasado do verbo escarranchar.



ESCARRANCHAR: 1. Abrir moito as pernas. Ex.: Escarranchou as pernas. 2. Separar as pernas. Ex.: Escarránchate, que che vou levar a cabalo. SINÓNIMO: esparrarse.



ESCASULAR: sacar o envoltoiro vexetal, ou casulo da espigha de millo. Nalghúns casos, hai persoas que aplican este termo á acçión de escunchar chícharos, nentellas, ou fabas, ...



ESCATALADO: Ollos abertos e fixos. Ex.: Estaba cos ollos escatalados, e pareçía un boi peghón.   



ESCATALAR: Abrir os ollos moi ampla e fixamente. Ex.: Ao escatalar tanto os ollos, pareçía que quedara pasmado por algho. Escatalou tanto os ollos que pareçía un boi peghón.



ESCOLLER: 1. Quitar os vaghullos inservibles (podres, secos, avinaghrados, verdes) das piñocas de uvas na vendima. Coller o mellor, ou o que interesa dun (conxunto de cousas). Escoller as nentellas, ou fabas. SINÓNIMO: selecçionar. 2. Tomar ou designar (unha persoa ou cosa) ao preferila antes ca outras con quen se compara. Ex.: Non sei que sapatos escoller, todos me ghustan. Sempre escolle a mellor fruta. SINÓNIMO: elixir. CONFRONTAR: optar. 



ESCORDADURA: Acçión e efecto de escordar. Ex.: Teño unha escordadura nun pé. SINÓNIMO: torçedura.



ESCORDAR: Forçar violentamente a articulaçión dunha parte do corpo, ás veçes coa rotura dalghún lighamento ou de frebas musculares próximas. Ex.: Escordar un pé. SINÓNIMO: torçer. CONFRONTAR: ¿desartellar, descompoñer, descompor, desconxuntar, desnortellar?



ESCORNEAR: Animal, espeçialmente a vaca ao gholpear cos cornos. Ex.: Ata ben curto o pucho para que non escornee. SINÓNIMOS: cornear, escornar, trucar.



ESCORRALLAR: Baldeirar unha botella, ou calquera outro obxecto ata escorrer o último escorrallo, ou pinqueira de líquido do seu interior.



ESCORRALLO: Última pinqueira de líquido. Cando remata de pincar un barril. Líquido no fondo dun vaso, botella, pouquiña cousa. Resto de bebida, ou líquido.



ESCORRENTAR: 1. Façer fuxir para outro sitio un animal ou persoa. Exemplo: Escorrenta as ghaliñas da eira. Escorrenta o can da leira. Escorrentar as moscas. SINÓNIMO: tornar. CONFRONTAR: botar, espantar. 2. fighurado. Façer desaparecer unha sensaçión. Ex.: Imos andar un pouco para escorrentar o frío.



ESCORRER: 1. Tirar a aghua, ou o açeite sobrante a unha comida. Ex.: Escorrer os macarróns. SINÓNIMO: envorcar. 2 Tirar a aghua ou o açeite sobrante a unha comida. Ex.: Escórrelle a aghua á verdura. 3 Tirar a algho o líquido que contiña. Ex.: Escorre un pouco a roupa antes de botala a enxughar. 4 Algho que solta o líquido que contén. Ex.: Deixa a roupa a escorrer. Pon os pratos no vertedeiro para que escorran. 5. Perder o equilibrio ou o control do movemento ao pisar ou despraçarse sobor dunha superfiçie. Ex.: Iba andando pola neve e escorrín. SINÓNIMO: escorreghar OBSERVACIÓNS: Este verbo ten dous partiçipios: escorreito, e escorrido.



ESCOUÇEAR: 1. Animal que couçes. Ex.: A xovenca é mansa, non escouçea. SINÓNIMO: couçear. 2. Cortar unha táboa, un pao por unha das cabeças. Ex.: Escouçearon os toros para deixalos da mesma medida. Escouçearon os ghuieiros, e as varas pola parte ghorda da cabeça para deixalas mellor cando amadeiraron as viñas.



ESCOURA: 1. Substancia vítrea que se forma durante a fusión dos metais e contén as impureças. Ex.: Os fornos teñen aberturas para eliminar a escoura. 2 Materia que se desprende do ferro ao traballalo na forxa. Ex.: Varreu a escoura da fraghua. 3 Residuo dunha combustión. Ex.: Ao queimar o carbón queda a escoura. 4 fighurado. O máis desprezable de algho. Ex.: A escoura da soçiedade. 5 Lava porosa solidificada. Ex.: Rochas de escoura volcánica.



ESCRIBAR: 1. Pasar algho polo cribo para limpalo do que interesa separar, como a fariña do relón, o ghran da palla, etç. Ex.: Hai que escribar unha pouca fariña. Escribar o trigho. SINÓNIMO: cribar. 2. fighurado. Limpar de impureças ou defectos (certas cousas non materiais). Ex.: Eso inda está moi verde, non che queda nada que escribar... SINÓNIMOS: depurar, cribar.



ESCUBICHAR: investighar, sacando de alghuén, ou para saber doutra persoa. Preghuntar para sacar da xente, investighar.



ESCUNCHAR: 1. Arrincar as cunchas, ou vaxinas das nentellas da planta das nentelleiras, ou arrincar as cunchas (vaxinas) dos chícharos das ramas da planta dos chícharos, … 2. Quitar un molusco da cuncha. Coçeu os berberechos para escunchalos. 3. Sacar as castañas dos ouriços. Están no souto escunchando as castañas. Sinónimo: debullar, 4. Quitar a casca a unha nós. Estas noçes non se dan escunchado. 



ESCURA-O: 1. Que está privado de lus ou claridade, de xeito que non se ve ou se ve mal. Ex.: Un cuarto moi escuro. Unha noite escura, sen lúa. 2.Cor que tira ao neghro. Ex.: Esta cor é moi escura. 3 Que ten esta cor unha cousa. Ex.: Roupa escura. 4. Que se contrapón a outra máis clara da súa mesma clase de cor. Ex.: Açul escuro. 5. Que ten esta cor unha cousa. Ex.: Ten dous vestidos marróns, un máis claro e outro máis escuro. 6 fighurado. Que non se comprende fáçilmente. Ex.: Un escritor de estilo escuro. Un carácter un tanto escuro. 7. fighurado. Que non se conoçe, que ofreçe dúbidas. Ex.: Un porvir escuro. SINÓNIMO: inçerto.8. Fighurado. Cousa que infunde sospeita ou desconfiança. Ex.: Veuse envolto en escuros asuntos. 9. fighurado. Persoa sen renome. Ex.: O protaghonista do relato era un escuro e mediocre empreghado. 
FRASES E  EXPRESIÓNS CON escuro
Ás escuras. Sen lus nincunha. 
Andas ás escuras. Andar atetiñando.



ESFOIRAR: 1. Provocar diarrea. Ex.: Tanta froita que comemos esfoirounos. 2 Desfaçer cos pés un terreo en costa. Ex.: As vacas esfoiraron o prado da costa. 3 popular. Caghar por si. Ex.: O neno esfoirouse outra ves. 4. Desfaçerse ou derrubarse. Ex.: Esfoiróuseme o flan.



ESFOLAR: 1. Despois de sacrificado un animal, espeléxase, é diçir, sacarlle o pelexo. Por exemplo, un carneiro, un coello, ... Ex.: Matou un coello e despois esfolouno. SINÓNIMOS: espelexar, pelar. 2. Arrincar o pelexo acçidentalmente a unha parte do corpo. Ex.:Esfolou un dedo. 3. fighurado. Quitar os cartos ou bens a alghuén mediante abuso, deixalo sen nada. Ex.: Non te metas en neghoçios con esa xentiña, que che van esfolar vivo. SINÓNIMOS: espelexar. 5. Ferirse na pel. Esfolouse nun xeonllo. SINÓNIMOS: espelexar, pelar.



ESFOLLAR: 1. Façer a esfolla a unha planta, un froito. Ex.:Hai que esfollar o millo para ghardalo no hórreo. Hai que esfollar a viña.



ESFRANCULLAR: Desfaçer algho, espeçialmente o pan en anacos pequenos ou francullas. Ex.: Esfrancullou o pan para no caldo. SINÓNIMO: esmighallar. 



ESFURRICAR: Coller ou ter diarrea. Ex.: Fíxolle mal a comida e esfurricouse. SINÓNIMOS: descompoñerse, descomporse, escagharriarse, esfoirar, desfaçerse, derrubarse.



ESGHAÇADURA: Acçión e efecto de esghaçar. Ex.: Fixésteslle unha boa esghaçadura ao pantalón.



ESGHAÇAR: verbo transitivo.  1. Rachar un teçido ou algho semellante produçindo unha rotura irreghular. Ex.: O neno esghaçou a camisa xoghando. Esghaçou a orella. 2. Romper unha ponla produçindo unha rotura irreghular. Ex.: O vento esghaçou as ponlas do castiñeiro. 
verbo intransitivo. 3. Teçido ou algho semellante que racha produçindo unha rotura irreghular. Ex.: A tea estaba moi ghastada e esghaçou ao tirar por ela. 4. Ponla que rompe produçindo unha rotura irreghular. Ex.: A ponla esghaçou co vento. 




ESGHADOUPARSE: Irse dúas ou máis persoas ás mans, percurando ferirse mutuamente. Ex.: Aqueles dous esghadoupáronse. SINÓNIMOS: ghadouparse, esghadouparse.



ESGHADUÑAR: 1. Causar feridas superfiçiais na pel dun ser vivo pola acçión dunha cousa afiada, espeçialmente as uñas. Ex.: Esghaduñoume sen querer. Córtalle as uñas á nena, que se vai esghaduñar. SINÓNIMOS: ghaduñar, rabuñar. 2. Causar rascaços na parte externa de algho, pola acçión dunha cousa afiada espeçialmente as uñas. Ex.: Os ghatos esghaduñaron o sofá. SINÓNIMOS: ghaduñar, rabuñar. 3. Ser vivo ao sufrir feridas superfiçiais no pelexo, produçidas por unha cousa afiada. Ex.: Caeu nas silvas e esghaduñouse toda. Botouse a min coma un can, pensín que me esghaduñaba. Esghaduñouse nos toxos. SINÓNIMOS: ghaduñar, rabuñar.



ESGHAFADO: Partiçipio do verbo esghafar. Punta de pico ghastado, ou fío de cortar ghastado. SINÓNIMO: ghafado.



ESGHAFAR: Ghastar polo uso, quedando sen punta, ou sen fío. Ex.: Este coitelo está esghafado. SINÓNIMO: ghafar.



ESGHAFARSE: VÉXASE esghafar. SINÓNIMO: ghafarse. VÉXASE ghafar.



ESGHALORCHADO: 1. Persoa que leva calçado rudimentario, ou vello. Se acaso, desamalloado e medio rompido. 2. Persoa desaliñada e mal vestida.



ESGHANAR: 1. Matar por asfixia a unha persoa ou animal, apertándolle a ghorxa. Ex.: Se pillo o ladrón, esghánoo. SINÓNIMOS: afoghar, estranghular. 2. Morrer dese xeito. Ex.: A cabuxa esghanouse coa corda. SINÓNIMO: estranghularse. 3. Alghuén que queda coa corda obstruída con algho que comeu ou bebeu. Ex.: Esghanín (Esghanei) cun óso. Esghanouse cunha espiña. SINÓNIMO: atraghoarse.



ESGHARRAR: Expulsar esgharros. Ex.: Esgharra moito porque fuma. 



ESGHARRO: Flegma que se expulsa pola boca, proçedente das vías respiratorias. Ex.: Non pises os esgharros. SINÓNIMO: ¿ghargallo? 



ESLOMBAR: 1. Façer que alghuén dobre moito o lombo. Ex.: Esta cargha eslómbame, non podo con ela. 2. Causar dano no lombo. Ex.: Arreoulle un lóstregho ao animal que o eslombou. SINÓNIMOS: derrear, deslombar. 3. Produçir un cansançio extremo. Ex.: A viaxe eslomboume. SINÓNIMOS: derrear, deslombar. 4. Dobrar moito o lombo. Ex.: Co paso dos anos eslombouse. 5. Sufrir un cansançio extremo. Ex.: Polo que cobra non lle pagha a pena eslombarse. SINÓNIMOS: derrearse, deslombarse. 



ESLOMBARSE: VÉXASE eslombar 
 


ESMACHOLAR: 1. Bater un obxecto, deixándoo sen forma. Ex.: Bateu co martelo e esmacholou a cabeça do cravo. 2. Gholpear algho, e façerlle aboiaduras, ou destartelalo. Ex.: Esmacholou a tarteira. SINÓNIMO: destartelar.



ESMAGHAR: 1. Façer presión sobor dunha cousa para desfaçela, extraer o sume, etc. Ex.: Esmághalle as patacas ao neno. Esmaghar as uvas. SINÓNIMOS: estruchar, machucar, pisar. 2. Apertar de forma involuntaria unha parte do corpo. Ex.: A roda do tractor esmaghoulle un pé. Esmaghou un dedo na porta. SINÓNIMOS: estruchar, machucar. 3. fighurado. Façer sucumbir algho, ou a alghuén, someténdoo a alghún tipo de presión irresistible. Ex.: Viven esmaghados polos impostos. SINÓNIMO: oprimir. Ex.: A sublevaçión foi esmaghada pola força das armas. 




ESMECHAR: 1. Ferir na cabeça cunha pedra ou un pau. Dar un levar unha necha. Ex.: Se non lle quitamos o croio, esméchache con el. ¿2. Sol que quenta moito. Ex.: Poñédevos á sombra que hoxe o sol esmecha? 



ESMENDRELLAR. 1. Botar a perder unha cousa, desfaçéndoa ou tornándoa inservible. Ex.: Non lle deixes andar na radio que cha esmendrella. Os cativos esmendrellaron os sapatos novos xoghando ao balón. SINÓNIMOS: escancallar, escarallar, estraghar. 2. Dar mal trato ou causar dano físico a unha persoa ou animal, usando a violençia. Ex.: É un bruto, dóulle unha patada ao can e esmendrellouno. 3. Quedar ferido, ou con alghunha parte do corpo lesionada a causa dunha caída, dun gholpe, dun esforço exçesivo, etç. Ex.: Escorreu baixando as escaleiras e esmendrellouse.
FRASES E EXPRESIÓNS CON esmendrellar
Esmendrellarse coa risa = Esmendrellarse de risa   



ESMIGHALLAR: Desfaçer algho, espeçialmente o pan en mighallas ou en anacos moi pequenos. Ex.: Esmighalla o pan no leite. SINÓNIMO: esfrancullar. 



ESMIRRAR: 1. Cousa que vai a menos enrughándose ao perder a humidade que ten. Ex.: Esta froita estase esmirrando. As patacas esmírranse ao façerse vellas. SINÓNIMOS: ensumirse, mucharse. 2. Persoa que vai a menos adelghaçando e, aparentemente, encollendo. Ex.: A probe vai esmirrándose día a día. SINÓNIMOS: ensumirse, mucharse.



ESMIRRARSE: VÉXASE esmirrar



ESMIUÇAR: 1. Desfaçer unha cousa en anacos moi pequenos. Ex.: Esmiuçou o papel. Esmiuçou o bacallau para o rustrido da empanada. SINÓNIMO: desmiuçar. 2. fighurado. Explicar ou examinar algho moi polo miúdo. Ex.: O mestre esmiuça os problemas para que os entendamos. SINÓNIMO: desmiuçar. 



ESMOLICAR: Alimento que abranda por perda de frescura ou por unha acçión que se exerçer sobor del. Ex.: As peras maduras logho se esmolican.  



ESMORNECAR: 1. Algho que vai a menos. Ex.: As uvas esmornecaron na viña. SINÓNIMOS: achicarse, ensumirse, esmirrarse, mucharse.



ESMORNECARSE: VÉXASE esmornecar



ESNAFRAR: 1. Romper algho totalmente dun gholpe. Ex.: Esnafrou o vaso contra o chan. Esnafroulle o narís dun sopapo. 2. Lastimouse ao caer de fuçiños. Ex.: Coidado, non tropeçes e non te esnafres.



ESNAQUIÇAR: 1. Desfaçerse algho en anacos pequenos. Ex.: Esnaquiçar unha pedra cun martelo. SINÓNIMOS: escachar, escachiçar. 2. Desfaçerse algho en anacos pequenos. Ex.: O prato caeu ao chan e esnaquiçouse. SINÓNIMO: escachar.



ESNICRAR: Gholpear un obxecto, persoa, animal, deixándolle unha nicra, pequena fendedura, ou ferida en punta. SINÓNIMO: nicrar.



ESPADANA: 1. Planta herbáçea da familia das tifáceas, da que existen varias especies, propias de zonas húmidas, de follas moi longas e lisas, rematadas en picos, semellantes a espadas, e flores que forman unha espeçie de maçaroca na parte superior dunha cana. Ex.: Çerto tipo de foghuetes fanse coas variñas da espadana. 2. Calquera planta que ten as follas en forma de espada. Ex.: Na feira había lotes de repolos para plantar, atados con espadanas. ¿3. Campanario dunha soa parede, que se eleva xeralmente sobor da fachada prinçipal e ten un ou máis espaçios. Ex.: Caeu unha chispa no cumio da espadana.?



ESPADELA: Substantivo feminino. 1. Acçión de espadelar. Ex.: Para as espadelas convidan moita xente. 2. Utensilio de madeira, con forma de coitelo, empreghado para espadelar o liño. Ex.: Aprendeulle súa avoa a usar a espadela.



ESPADELAR: Tirar a casca ao liño, batendo nel coa espadela. Ex.: O liño secou ben, xa sirve para espadelalo.



ESPALLAR: 1. Estender en distintas direcçións. Ex.: Non espalles os libros por toda a casa. SINÓNIMOS: çiscallar, çiscar, esparexer, estrar. 2. Façer que cheghue unha cousa a máis persoas ou a máis lughares, façer que ocupe ou abrangha máis espaço. Ex.: Non espalles este seghredo que che vou contar. SINÓNIMOS: airear, laretar, predicar, preghoar, publicar, ventilar. Ex.: Espallou a boa nova entre toda a veçiñanza. SINÓNIMOS: difundir, divulghar, estender, propaghar. Ex.: Espallar a herba. SINÓNIMOS: esparexer, estender. ¿3 Separar a palla miúda e partida da enteira, separar o ghran da palla dun çereal. Ex.: Espallar o trigho? 4 Cousa que chegha a máis persoas ou a máis lughares, abranghuer máis espaço. Ex.: A nova do casamento espallouse enseghuida. SINÓNIMOS: correr, difundirse, divulgharse, estenderse, propagharse. Ex.: A mancha de petróleo espállase cara ao norte. SINÓNIMOS: esparexer, estenderse. 5. Estenderse en distintas direcçións. Ex.: A familia espallouse polo mundo. SINÓNIMOS: çiscarse, esparexerse.



ESPARRADA, ESPARRADO: Partiçipio pasado do verbo esparrar.



ESPARRAR: 1. Esnaquiçar algho exerçendo presión ou cun gholpe. Ex.: Esparrou o teléfono no chan. 2. Asar sardiñas na ghrella sen espiñas e cun recheo de tomate, pemento e çebola. Ex.: Esparrou poucas sardiñas para tantos convidados. Caer tendido ou lonco. Ex.: Escorreu e esparrouse na lama. 5. Escarrancharse. Ex.: Teño as pernas pequenas e non me dou esparrado tanto.



ESPARRARSE: VÉXASE esparrar



ESPELEXAR: 1. Despois de sacrificado un animal, esfólase, é diçir, sacarlle o pelexo. Por exemplo, un carneiro, un coello, ... Ex.: Matou un coello e despois espelexouno. SINÓNIMO: pelar, esfolar. 2. Arrincar a pel acçidentalmente a unha parte do corpo. Ex.: Espelexou un dedo. 3. fighurado. Quitar os cartos ou bens a alguén mediante abuso, deixalo sen nada. Ex.: Non te metas en neghoçios con esa xentiña, que che van espelexar vivo. SINÓNIMOS: esfolar, pelar. 5. Ferirse no pelexo. Ex.: Espelexouse nun xeonllo. SINÓNIMOS: esfolar, pelar.



ESPELUXAR: 1. Desordenar o pelo a ... Ex.: A chuvia espeluxouna toda. SINÓNIMOS: desenghadellar(se), desenghuedellar(se), despeitear(se), espenuxar(se). 2. Quedar co pelo desordenado. Ex.: Ao desvestirme pola cabeça, espeluxeime sen me dar conta. SINÓNIMOS: desenghadellar(se), desenghuedellar(se), despeitear(se), espenuxar(se)



ESPENTENEXAR: Mover as pestanas ou as pálpebras abrindo e pechando os ollos. Ex.: Tiña un lixo nun ollo e non paraba de espentenexar. 



ESPENTENEXO: Acçión de espentenexar. Ex.: Neghouno sen un espentenexo. 



ESPENUXAR: 1. Desordenar o pelo a ... Ex.: A chuvia espenuxouna toda. SINÓNIMOS: desenghadellar(se), desenghuedellar(se), despeitear(se), espeluxar(se). 2. Quedar co pelo desordenado. Ex.: Ao desvestirme pola cabeça, espenuxeime sen me dar conta. SINÓNIMOS: desenghadellar(se), desenghuedellar(se), despeitear(se), espeluxar(se)
 


ESPERÓN: Pedra ghrande, e fixa, de afiar os fouçiños, coitelos, ..., ou calquera ferramenta con fío cortante. Existe o esperón dóçe, e o bravo. Ex.: Vai, e afíame o coitelo no esperón.



ESPERÓN BRAVO: Pedra áspera, e algho menos dura que o esperón doçe. Este esperón empréghase xeralmente de primeiro para desbastar, quitando as portelas do fío, e logho, afiar.



ESPERÓN DOÇE: Pedra máis dura, e fina que o esperón bravo. Úsase en seghundo lughar para asentar ben o fío dos fouçiños, coitelos, navallas, ... Tamén pode afiar algho, pero non tan ben.



ESPERRECHADO: Partiçipio pasado do verbo esperrechar. Ghroseiro, impertinente, berrón.



ESPERRECHAR: Porse moi ghroseiro, impertinente, berrón. Ex.: Non te esperreches tanto que as cousas arránchanse con máis calma.



ESPERRECHARSE: VÉXASE esperrechar 



ESPETAR: 1. Introduçir un obxecto rematado en punta nun corpo, superficie. Ex.: Espetou un pau no chan. SINÓNIMOS: chantar(se), cravar. 2 Afundir unha parte do corpo nunha superfiçie branda. Ex.: Espetou os pés na lama. 3 Façer presión sobor dun corpo contra un obxecto aghuçado, de xeito que este quede introduçido naquel. Ex.: Espetou o polo no espicho para asalo. Espetaron o inimigho nunha lança. 4. Introduçir de maneira involuntaria un obxecto aghuçado nalghunha parte do corpo. Ex.: Espetou un cravo nun dedo. SINÓNIMOS: chantar(se), cravar. 5 Façer chocar algho contra un obstáculo. Ex.: Espetou a moto no poste. 6. popular. Peghar ou diçir algho dunha maneira brusca e inesperada. Ex.: Espetoulle unha trompada. Espetoullo todo na cara. SINÓNIMOS: estampar, chantar. 7. Algho ou alghuén que bate contra un obxecto aghuçado, e queda este introduçido naquel. Ex.: Espetarse nunha estaca. SINÓNIMOS: cravarse, chantar(se). 8. Afundir parte do corpo nunha superfiçie branda. Ex.: Non podes pasar ao outro lado sen te espetares no barro. 9. Obxecto aghuçado que se introduçe nalghunha parte do corpo. Ex.: Espetóuselle unha espiña na man ao caer. SINÓNIMOS: cravarse, chantar(se). 10. Chocar contra algho. Ex.: Tropeçou e espetouse na parede.



ESPETEIRA: 1. Táboa redonda ou cadrada, con pés. Na parte da mesa ten cantidade de buratos, en varios aneis circulares. Nela, fanse os cestos e buçeiros. Ex.: Na espeteira redonda da súa casa, fixo un cesto ghrande. 2. Táboa cravada na parede na cal se cravan os fouçiños. Tamén pode estar provista de espetos onde se colghan as ferramentas. Ex.: Colleu un fouçiño da espeteira. O carpinteiro, ao rematar a xornada, colghou a ferramenta na espeteira.



ESPETO: Utensilio feito dunha barra de ferro, ou unha vara rematada en punta, no que se cravan a carne, peixe etc., para asalos nas brasas. Ex.: Puxeron o carneiro no espeto. 2. Pau, barra de ferro etc., rematados en punta. Ex.: Crava un espeto no chan para marcar o sitio.



ESPICHAR: 1. Poñer o espicho a un bocoi ou reçipiente semellante. Ex.: Espicha o barril pequeno. 2 Introduçir algho afiado ou rematado en punta nunha cousa façendo presión. Ex.: Espichei un cravo nun pé. SINÓNIMOS: chantar, cravar, espetar, fincar. 3 Chantar na terra unha planta, unha ponla para que prenda. Ex.: Foi ao tallo por unhas leitugas e espichounas na horta. Espichou unhas pughas de maçeira, a ver se lle prenden. 4. familiar. Morrer. Ex.: Non estaba ninquén con el cando espichou.



ESPICHO: Pau ou tubo de madeira, pequeno e delgado, que se mete nun dos furados dun barril, ou de reçipientes semellantes para tapalo, ou extraer líquido. Ex.: Sacoulle o espicho ao barril para encher a xerra. Fixo un espicho de toxo para o bocoi novo.



ESPIGHAR: Cereal que empeça a botar a espigha. Ex.: Este ano o millo espighou çedo. 



ESPINALLA (A): restos de toxos, ..., que quedan despois de apañalo batume, logho de recollelas ghalladas. Logho de ver que enxughara a toxeira, ou o monte, e xa estaba enxoita, entón recollíanse para levalas á casa. Botábanse ao lume, pero rendían pouco porque son miúdos. SINÓNIMO: pallusada.



ESPINICAR: escoller as uvas, ou calquera outra cousa. / Sacar frebas ao desfaçer a carne.



ESPORRIÑAR: Estar ou andar remexendo en algho, façendo alghunha tarefa ou pasatempo. Ex.: Andas a esporriñar. Estás esporriñando.



ESPORTELAR: 1. Deteriorar un obxecto de louça ou pedra, quitándolle un anaco. Ex.: Anda a xeito cos pratos que os vas esportelar. Esportelou o fouçiño ao darlle contra unha pedra. 2. Obxecto de louça ou pedra que se deteriora ao perder un anaco. Ex.: Escorreu a fonte e esportelou por un lado 



ESPULLA: Vulto moi pequeno e benigno que se forma na pel. Ex.: Unha bruxa cunha espulla no narís. SINÓNIMO: verrugha 



ESPURIO: (feminino: espúria) Adxectivo. 1. Que naceu fóra do matrimonio. Á parte dos fillos do matrimonio tamén tiña unha filla espuria. SINÓNIMOS: bravo-brava. 2 Que non é auténtico. As investighaçións posteriores demostraron que o documento era espúrio. 3 Contrario ás leis ou á ética. Denuncia o poder político espúrio baseado na inxustiça.



ESTADA: Estrutura provisional de madeira ou metálica, que sirve para andar por ela a certa altura en traballos de construcçión, arrancho ou pintura de casas, paredes, barcos, etç. Ex.: Os canteiros puxeron unha estada para levantar a fachada da casa. SINÓNIMO: andamio.



ESTALAR: 1. Produçir un ou máis estalos. Os dedos estalan ao estiralos. As xestas estalan ao arder. As castañas estalan cando se asan. Sinónimos: estoupar, estourar. 2 Estoupar con ruído. Estalou un artefacto explosivo. Sinónimos: estoupar, estourar. 3 fighurado. [Cousa] manifestarse de repente e con força. No 36 estalou a ghuerra civil española. Cando o home acabou de falar estalaron os berros. Sinónimos: estourar, estoupar. 4 Manifestar intensamente algo que non se pode reprimir. Aghuantou e aghuantou ata que non puido máis e estalou. Sinónimos: estoupar, estourar. 5 Façer que [algho] produza estalos. Pedro non sabía estalar os chopos, ou estalotes. Sinónimos: estoupar, estourar.



ESTALLA: Saída que se fai nun regho para que a aghua vaia para fóra e non corra pola leira.



ESTIVADA (A): Paraxe do lughar.



ESTIVADA: 1. Operaçión que consiste en roçar e cavar un anaco de monte, queimar a broça e os terróns e espallar a borralla, para labrar despois a terra e sementar trigho ou centeo. Ex.: Están a façer unha estivada no monte comunal. 2 Monte ou porçión de monte queimado, e cavado para ser cultivado con trigho ou centeo. Ex.: Están sementando a estivada. SINÓNIMOS. ¿cachada (por Boiro, ...), seara (polas aldeas do Monte, ...)?



ESTOMBALLADA, ESTOMBALLADO: Partiçipio pasado do verbo estomballar



ESTOMBALLAR: 1. Deixarse caer sobor algho debido á fatigha, á canseira ou pola falta de ánimo. Ex.: Cheghou tan esghotado, que se estomballou nese sofá e quedou durmido. 2. Animal que se deita no chan, dando voltas por el. Ex.: Os porcos estombállanse na lameira do curral. SINÓNIMO: envorcallarse. 



ESTOMBALLARSE: VÉXASE estomballar. 



ESTONAR: Quitar a tona a unha cousa. Ex.: Cortouse estonando patacas. SINÓNIMOS: deluvar, depelicar, espelicar, mondar, pelar. Ex.: Sempre estona o leite despois de fervelo.



ESTORNELA: substantivo feminino. 1. Xogho que consiste en dar cun pau noutro máis pequeno e rematado en punta nos extremos, que está colocado no chan, de xeito que se fai saltar e, xa no aire, dáselle un seghundo gholpe que o despide a maior distançia. Ex.: Os rapaçes están xoghando á estornela na eira. 2. Pau que se gholpea neste xogho. Estábamos a xoghar e perdemos a estornela. 



ESTORNIÑO: Paxaro de cor neghra, e peteiro amarelo. Soe ir en bandadas, e son moi ruidosos. Máis pequeno có merlo. Os maiores da casa din non telos visto por aquí, hastra non hai moitos anos que entraron tardiamente nesta contorna.



ESTOUPAR: 1. Romper violentamente con ou sen ruído ao sufrir unha forte presión. Ex.: Estoupou unha bombona de ghas butano. As castañas começaron a estoupar no lume. SINÓNIMOS: estourar, rebentar. 2. Provocar que unha cousa rompa violentamente e con ruído, ao façer que aumente de repente a presión do que contén. Ex.: Estoupou o ghlobo picándoo cunha aghulla. SINÓNIMOS: rebentar, estourar.



ESTOURAR: 1. Romper violentamente con ou sen ruído ao sufrir unha forte presión. Ex.: Estoupou unha bombona de ghas butano. As castañas começaron a estourar no lume. As castañas estouraban no lume. SINÓNIMOS: estoupar, rebentar. 2. Provocar que unha cousa rompa violentamente e con ruído, ao façer que aumente de repente a presión do que contén. Ex.: Estoupou o ghlobo picándoo cunha aghulla. SINÓNIMOS: rebentar, estoupar.



ESTOUREAR: Xoghar, sexan animais, rapaçes, xente en xeral. SINÓNIMOS: brincar, rechinar, xoghar.



ESTRAFALARIA, ESTRAFALARIO: 1. Que chama a atençión polo seu pouco habitual ou estrano aspecto exterior, vestimenta ou conduta (persoa). Ex.: Aquel vello estrafalario non debía ser de aquí. SINÓNIMO: extravaghante. 2. Que amosa este comportamento (cousa). Ex.: Teñen unha maneira ben estrafalaria de vestir. SINÓNIMO: extravaghante.   



ESTRAR: 1. Estender toxo, palla etc., no lughar onde comen ou dormen os animais para mantelos enxoitos e, ao mesmo tempo, que faghan esterco. Ex.: Teño que estrar a corte e mais o curral. 2. Botar ou deixar caer cousas no chan de maneira desordenada. Ex.: Non estres a roupa pola casa. SINÓNIMOS: çiscallar, çiscar, escaghallar, espallar, esparexer.



ESTRIBAR: 1. Persoa ou cousa que se apoia sobor doutra. Ex.: Non tiña un sitio firme en que estribar para subir. 2. Cousa que tena a súa raçón ou fundamento noutra. Ex.: A diferençia fundamental entre eles estriba no seu carácter. 3. Apoiar unha persoa ou cousa sobor doutra. Ex.: Estribade ben os pés no chan e tirade forte. 



ESTRIBEIRA: Pano pendente do pescoço para soster unha man ou un braço cando están maghoados ou lastimados. Ex.: Fixo unha estribeira cunha ghasa. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON estribeira
En estribeira
Sostido cunha estribeira. Ex.: Teño que levar o braço en estribeira dúas semanas.  



ESTRIBO: 1. Pau, ou poste de pedra, ou çemento que serve de soporte e apoio a algho. Ex.: Puxeron estribos para aghuante dos turros da viña. 2. Peça de coiro, madeira ou metal na que o xinete pousa o pé cando cabalgha. Ex.: Puxo o pé no estribo e subeu ao cabalo. 3. ext. Peça semellante a un paso, para subir e baixar en certos vehículos. Ex.: As portas dos vagóns teñen un estribo para facilitar o acçeso. 4. Anat. Pequeno óso do oído medio en forma de estribo. Ex.: O estribo está unido á bighornia. 5. Peça de ferro ou doutro material coa que se aseguran vighas ou se ligan dúas peças de madeira. Ex.: Amarrar os estribos dunha vigha.
FRASES E EXPRESIÓNS CON estribo
Perder os estribos
Perder a paciençia e o dominio de si mesmo, falando e obrando sen tino, fóra de si. Ex.: Aínda que é unha persoa tranquila, as impertinençias daquel individuo fixéronlle perder os estribos.



ESTRUCHAR: Apertar unha cousa moi fortemente hastra reduçir o seu volume, extraer o que ten dentro ou maghoala. Ex.: Estruchou a laranxa para sacarlle o sume. Estruchar as uvas para que solten o sume. SINÓNIMOS: esmaghar, machucar, pisar. Ex.: Estruchar un dedo na porta. Sóltame a man que ma estruchas. SINÓNIMOS: esmaghar, machucar.