jueves, 25 de diciembre de 2014

INOCENÇIA, por Ramón Laíño





Es, inoçencia soñada, un aleteo profundamente anhelado.


Ecos de susurros efímeros, viaxando na memoria do vento.


Desde aquela illa esquençida, dun tempo encantado.


Onde as ilusións e os desexos, eran reais no mundo novo dun neno.


Por ti, emprendemos a busca dun tesouro perdido.


Como náufragos sen rumbo, suspirando por retornar a ese querido pasado.


Bulen as ansias de vivir por un amañeçer colorido.


Todo sorprende nos ollos brillantes dunha vida sen recordos.


Soan risas, óense correteos, nun día iluminado.


Inoçencia en tódalas formas e aspectos.


¡Qué fáçil ser felís! Asómbrase na noite, ao mirar as estrelas do ceo.


Pasea polos campos, recollendo flores de varias cores.


Lonxe van os sorrisos, ao perderse entre soños e realidades.


Túa presença reparte aleghría, desexando ver e experimentar cada momento.


Pode imaxinar mundos diferentes, aos que se eleva voando polo firmamento.


A cándida lus baixa sobre a terra, entre a brétema da nostalxia, buscando o camiño do seu destino.


Xoghan os avós cos netos, nun novo renaçemento.


Bendiçión dunha seghunda infançia, nesta mesma existençia.


Ábrense as flores ao despunte da alba.


Os animais dánlle ás súas crias o alimento.


Aghua pura e transparente que tranquila vai polo sendeiro.


Pían os paxariños no niño. Mama na nai o neno.


Brisa de aire invisible que acariçias aos que dançan ao vento.


Son estes, momentos de ilusión, amor sen complexos, encontros emoçionados.


Nun amañeçer virxinal, a vida sabe mellor. A aghua é máis fresca, o aire está limpo e inmaculado.


As cousas e os seres son, en esençia, parte de nós mesmos.


Cada instante é único e verdadeiro, sen neghruras que escureçan todo.


Nada é complicado, senón natural e sublime para aquel que ama e xogha.


Ese é o fermoso resplandor da inoçencia pasaxeira.

jueves, 11 de diciembre de 2014

CAMIÑANDO POR LOXO DE RIBA, FONTES, PONTES, DEPÓSITOS, PATRIMONIO, ... por Ramón Laíño




Vimos da A Cuncheira, e antes de seghuir para Comoxo, collemos un camiño de carro a man dereita. 



Non hai moito tempo, por el ía a xente, o ghando co carro e outros animais. 



Aquí, apareçen varios cruçes 



que nos levan a distintas paraxes, e leiras.



Así, buscamos a direcçión correcta para cheghar ata Loxo de Riba.




De ves en cando, xurde alghún marco, pero neste caso non podo diçir se é un marco estremeiro nesta latitude, entre a aldea de Comoxo e A Cuncheira, 



ou un marco na estrema da testa dunha leira que chegha ata o camiño, podendo indicar deste xeito que sería un camiño de serventía.



Hoxe, o pouco uso destes camiños, permiten que as hedras podan inçar polos muros, e o empedrado, xa non é renovado e restableçido, como antano entre os veçiños. Sempre había quen, cando ía co carro, ou sen el,  empedraba alghunha falta que vise no traxecto. 



Outras veçes, cando as desfeitas eran extensas, alghuén da aldea trataba de xuntar ao resto do veçindario. 



Xeralmente ían os homes de cada casa que tiveran a ben ir para empedrar tramos dos camiños que tocara naquel intre.



Cheghamos a un punto no que podemos divisar de fronte, a aldea de Loxo de Riba.



Un pouco máis abaixo, na Aghra de Comoxo, 



hai unha ghranxa de animais.




E as ghavotas que ulen os abonos orghánicos, …, 



achéghanse dende a costa para sobrevoar esta paraxe, polo que podan atopar. 



Polo que se ve, xuntouse unha boa cantidade delas, xa que son aves que soen ir en ghrupo.



Ollamos nesta leira, un poste de teléfono, 



no que as hedras foron inçando pouco a pouco, ata cubrilo por completo.



Seghuindo a pista da Aghra de Comoxo,  



cheghamos á Ponte de Ghamo.



Aquí vemos o río que inda trae caudal. 



Mirando desde a ponte, deica riba, compróbase que nalghúns tramos o río ten nas súas beiras, arboleda intercalada con terras de cultivo.



Tramo inferior do río. Vemos na marxe dereita un muíño.



Non hai moito que as persoas da idade de nosos país, acostumaban pescar troitas, e outras espeçies, coa técnica únicamente das mans, noutros casos cos espetos de pau, e incluso con tenedores.

Cando metían as mans, téñense dado casos de colleren culebras de aghua, e soltalas tan axiña as vían. Dise que non teñen veneno, ou de telo, que a aghua o dilúe no momento de morder.

Río de menores dimensións que se vai xuntar ao anterior, 



cruçándose no seu percorrido.



As xentes da época, encargháronse de murar (façer muros) as terras de cultivo. Dáse por suposto que este tipo de traballo faríase no verán, cando baixaba o caudal, de xeito que se pudera traballar. Aparte, desto, conterían a aghua do río en pesqueiras, ou desviaríana momentáneamente noutra direcçión.



Un pouco máis adiante vemos unha marquesina e 



un sinal pétreo da aldea. Desde aquí, dirixímonos a Loxo de Riba, pola ponte feita de non hai moito tempo para encarar a aldea.



Ponte da entrada a Loxo de Riba, vindo desde Pomar do Río, ou desde Comoxo.



Ponte sobre o río. 




Parte de riba da ponte, coa cheghada do río.



Exceptuando alghúns atentados ecolóxicos, como canteiras, desmontes, …, 



na serra da nosa comarca, ata o momento este río estase librando desas catástrofes.



Mirando desde a ponte, a marcha do río. 



Braña xeitosa dentro dunha brañeira. Ao lonxe vese alghunha leira de millo, como posible aghro, tamén.



Pau a xeito de tranca para impedir o paso á braña.



Viñas que sighuen coidándoas.



Pista cara Loxo, tanto de Riba, como de Baixo.



Depósito para preparar o sulfato que inda, non hai moitos anos, construíronse coa fin de evitar carrexar os caldeiros de aghua para as sulfatadoras de bombín en reçipientes abertos e posteriormente máquinas do lombo de palanca. 



Alghuén tivo a idea de façer estes depósitos en sitios estratéxicos das súas propiedades, onde tiñan reghos ou fontes para alivio do corpo. Logho despois, viñeron as carretas con depósito, e os tractores, tamén con eles.



Camiño ao Aghro, ou á leira.



Viña acotada por aramada.



 Terreno abandoado e



viña abandoada e caída.



A man esquerda, ao fondo da foto e xusto a carón do río pequeno que vén polo curso da ponte de Loxo de Riba, muíño no que teñen rolda varias casas de Loxo de Riba e de Loxo de Baixo.



Antes de cheghar á aldea, camiño a man dereita que sobe polo monte e permite dar co pombal que supostamente pertençía á antigha casa vella das Collaças, a cal no século pasado pasou a ser propiedade dos Riatelos.



Pombal restaurado, visto desde un lateral.



Fronte do pombal, cunha porta de entrada para a xente e na parte superior, perto ao tellado, ten varias entradas para as pombas.



Parte de atrás. Véxase o aro saínte que arrodea a súa metade, todo o pombal. Debido ao desnivel do terreo, este aro semella máis alto por diante que por detrás. Ten a funçión de pousárense as pombas. Dentro do pombal aniñan, dormen e abríghanse.



Cuberto de bloques á beira do camiño, hoxe pista e que se atopa por debaixo do pombal. Debe pertençer ao mesmo propietario. O uso que lle dan é de ghardar leña e outros apeiros.




Vemos ao noso alcançe, Loxo de Riba. 



UNHA CRÓNICA DA ALDEA NO SÉCULO PASADO

A man dereita, esa primeira casa amarela foi feita sobre a a antigha casa “das Collaças”. Nela vivían dúas mulleres solteiras que non tiveron descendençia. Cando chegharon a unha certa idade, ao non poder valerse por si mesmas, trataron cos “do Cuico” de Comoxo para que as coidaran.

Cheghado un certo tempo, os do Cuico de Comoxo, non continuaron coidándoas. E as Collaças, por todo ese período ao coidado deles, pagháronlle “en espeçie”, dándolle unha leira en troques.

Por aquel entón, había xente que xeralmente non dispuña de cartos en metálico, e efectuaban as débedas con alghunha propiedade de seu.

Dada esta situaçión de emerxençia, meu avó materno Ramón de Esperança, de Cures, e o Sr. Antonio de Ignaçio de Loxo de Riba, que conxeniaban ben entre eles, e ao mesmo tempo levábanse ben coas velliñas, propuxéronlle ao señor José Ramón, casado coa Riatela, se se comprometía a coidar ás Collaças.


A casa da Riatela, era a última casa pequena da aldea, saíndo polo sur, perto dunha Ponte de pedra, e outra de cemento actual.

El aceptou, e coidounas ata o final. Dado o tempo que estaba alá, façéndose cargho do coidado das ançiáns, a súa propia muller "a Riatela", botaba bromas. Ela, din que era moi locuás, e de verba áxil, diçía: “Arre carallo, co meu home. Moito tempo bota alá. Quereralle encarghar un fillo a aquelas mulleres.”

Co tempo, as velliñas morreron, e dado que non tiñan familia directa, doáronlle a casa e o que tiñan, ao defunto do señor José Ramón do Riatelo.
-------------------------------------------------------------------------


Cheghamos á altura da aldea. Esta casa amarela, co enreixado de cor neghra á beira das escaleiras exteriores, pertençe a unha filla, xa ançián, de José Ramón e da súa muller "A Riatela".



Subida a unha horta 



que tamén leva ao depósito de Loxo de Riba.



Aproveitan a aghua sobrante que dirixen a un pequeno lavadeiro, 



construído a uns metros do depósito. 



Parte traseira, con mangueiras que van ás casas. 



Cume deste depósito.



Este lavadeiro ten dúas pedras para refreghar a roupa. 



Proseghuimos camiño.




Can neghro ladrando que coida a horta da casa dos “da Carballeira”, 



a cal é a segunda que atopamos a man dereita. Ten unha cor crara, en amarelo.



Banco para sentarse.



O can neghro alertou a outro conxénere da casa primeira que veu axudarlle a escorrentar ao forasteiro. Ao mesmo tempo, a vaca loira da casa, 



arrimouse ao portal para ver quen cheghaba.




Este can non abandona.




A vaca vese ben mantida e fermosa. A súa cornamenta é de tamaño medio.




Cando me vou indo, ela vaise virando para verme marchar. Erghueu ben a cabeça, como diçindo, sácame ben na foto.

No currucho da entrada do portal, no chan, hai unha forcada espetada na morea de herba.




Parede da corte da vaca que empata con dúas pequenas bodeghas, na súa beira, en sentido desçendente. Tamen se observan un conxunto de casas de pedra, con enghadidos de cor salmón.



Parede da corte da vaca, cun respiradeiro típico cadranghular, que servía para que lle entrara lus aos animais e tamén aire. 



Aghora está tapada, xa que ten ventilaçión polo portal e por outros puntos.



Na parte superior da foto, vemos unha casa vella con hedras xa secas de cor marrón, e unha pequena xanela con follas de madeira. Debe ser a antigha casa “dos da Carballeira”, peghada á nova de cemento, pintada de cor amarela crara.



Suposta bodegha da casa dos “do Rulo”, coa porta de madeira cor castaña.



Terreo baldeiro entre estas dúas bodeghas. A que se atopa a man dereita, con porta metálica, e cunha pestana (feita en pedra) da porta, é de Antonio de Sabuçeda, das Aldeas do Monte.



Saínte na parede que posiblemente foi apoio de algho. Ou dunha vigha dun tellado, dun ghuieiro dunha viña, …, ou simplemente como parte da estrutura do teito desta bodegha.



Pestana de pedra, enriba da porta da bodegha de Antonio de Sabuçeda. Serve para desviar da entrada, as aghuas da chuvia.



Lateral da bodegha do Rulo. 



Poste que de seghuro formaba parte da estrutura dunha viña que se atoparía por riba do camiño principal, 



e/ou do camiño que sobe para riba.



Cuberto, con leña e demáis apeiros e utensilios, con portal metálico, propiedade “do Rulo” e a súa casa no seu carón que sobresae en cor salmón.



Hórreo dos “de Ignaçio”, con cuberto pechado ao seu carón e portalón metálico, cor verde, na súa eira. Ten unha viña que cubre parte da eira.



Cuberto de dobre pranta. Na parte superior, ten dúas columnas con fronte aberta nun departamento que ten porta de madeira. Debaixo posúe catro columnas façendo de soportal, e un portalón ancho e alto de madeira. En todo o seu redor, está pechado con pedras de cantería.



O hórreo ten alghún millo (espighas de millo) dalghunha leira apañada. Déixanlle a porta aberta para mellor curar. Columnas do soportal superior. 




Véxanse as ochavas da metade das columnas.





Os hórreos xa teñen de por sí mesmo, aberturas por onde se cola o aire. 




Tellado a tres aghuas. 



Columnas do soportal inferior, e á beira esquerda, poste alto da viña.



Cadea que corta o paso ao camiño empedrado que vai á eira anterior.



Depósito para façer o sulfato, peghado á parede deste cuberto.



Prolonghaçión da cadea, entre outros dous postes que pertençe aínda aos de Ignaçio. Logho do remate desta cadea, á sua beira, 



hai unha mesa de pedra, con bancos de pedra que pareçen ser dos do Rulo, 



quen ten o seu cuberto en fronte.



Escaleiras de subida a este cuberto de dobre pranta dos de Ignaçio.



Cepa de viña na esquina do cuberto, á volta das escaleiras. 



Pinche do cuberto, con pasamáns ascendente coas escaleiras, porta de madeira, aleiro de pedra, e dous soportes na parede que posiblemente sexan perpiaños que van dun lado a outro no seu interior.



Asento das escaleiras.



Camiño de carro, con canabal sobresaínte.




Parede lateral do cuberto adxaçente, con saíntes de pedra que pudera ser que fixeran de base para ghuieiros dunha viña sobre o camiño.



Burato na parede que quiçais sexa o sitio dunha estada (sitio onde se puña un pau, necesitando outro máis distançiado para apoio dunha táboa, no cal traballaban os canteiros cando se ía façendo a parede).



Vista en perspectiva do pinche deste cuberto e leira de millo xa apañada.



Foto frontal do pinche, coas dúas pedras saíntes, e buratos a diversas alturas que fan sentido dos puntos onde se aghuantaban as estadas.



Hórreo dos de Ignaçio, visto desde este punto.



Frontal dos dous cubertos (alpendres, ou alboios), fotografiados desde a eira.



Hórreo á esquerda, coa porta de madeira aberta para que o aire frío cure máis axiña as espighas de millo.



Millo xa “encabanado”, ou “encabeçado”, tal como reflicte a foto. 



Camiño deica as leiras.



Canabal e vimbieiro, pertos un do outro.




Parede doutra horta.



De volta polo camiño, desandando o andado.



 E casa “do Rulo” de fronte.



Situámonos no camiño prinçipal da aldea.



Enreixado de cor verde, da casa dos de Ignaçio. Esta casa, era moi valida, con diversas propiedades, como de seghuido veremos.




Enfronte, horta con hórreo. Pareçe ser propiedade, tamén dos de Ignaçio. A pedra do fondo que fai de parede, na súa parte superior, semella que teña incripçións de alghún tipo, como diversos debuxos de antigho. 



É un cuberto de pés con rateiras para evitar a subida dos roedores. 



E ten o símbolo fálico e o cristián. 



Corredoira, entre esta horta e outro cuberto.



Cuberto, alpendre ou alboio, ighualmente dos de Ignaçio que na actualidade, posiblemente teña uso de gharaxe.



Fronte da casa de Ignaçio. Ten un soportal que cubre o patio, e diversa balaustrada de ferro.



Mesa de pedra con maçeta, no patio. E detrás un saínte semicircular que probablemente sexa unha prolonghaçión do baño, xa que había casas que llo puñan deste xeito.



Pequeno cruçeiro entre dous símbolos fálicos, ou piramidais, 



enriba da porta de entrada.



Portalón do patio, quiçais alghún día curral, perto da porta. 



Fíxese na súa anchura. Por aquí, de seghuro que entraban e saían carros, ghando, apeiros e outros animais. É raro que na época actual se fixera o peche de pedra, posto que semella unha feitura pareçida á fachada da casa, do mesmo tipo de canteiros.



Máis alpendres (alboios, ou cubertos) pertençentes a esta casa valida.



Con este pequeno alboio, no currucho, ou esquinal,



rematan os locais adxaçentes de Ignaçio.



Enfronte ao cuberto da foto anterior, hai un paredón, con algho de terreo diante e portas de entrada a estoutra casa. Tamén é posesión desta familia, pero está sen restaurar, a diferencia da casa onde vive a xente.




Pinche, con xanela e baixada de aghuas.



Sighuen xurdindo os saíntes de pedra no pinche. 



Fachada prinçipal, con dúas portas de entrada,



e varias xanelas no andar superior.



Escaleiras que van dar á horta da casa.



Camiño ás brañas e ás leiras, entre o alpendre dos de Ignaçio a man esquerda e o portalón da horta do Riatelo, na man dereita.



Pinche da casa do Riatelo.



Esta casa dun só andar (é diçir, de pranta baixa), é a casa matrís dos do Riatelo. Aquí viveu a Riatela e seu home, José Ramón. Hoxe en día, vive un desçendente.



Cubertos, con entrada aberta, propiedade desta casa.



Horta desta familia, con frutais,



e aramado fronte do camiño, ao río e na parte de atrás.  



Toma desde esta posiçión, coa horta.



Camiño a “A Pontiña”.



Depósito para preparar o sulfato. 



Inda ten a cor del, cando se preparaba o composto aquí dentro.



Banco para sentarse. 



“A Pontiña”, nome que define á ponte de pedra. Seghundo din os maiores, inda se lembran cando non había ponte de pedra, senón uns pasais con pedras polo río. E esa era a única maneira que podían pasar dun lado a outro do río.



Esta ponte, como se ve, ten pedras longas, 



tanto no camiño, como nas beiras que fan de quitamedos.



Ao seu carón, fíxose unha ponte nova, tal como se olla na foto.



Río entre viñas e muros.



Cruçeiro que se atopa á altura da ponte, do río, tamén perto dunha fonte e un lavadeiro. Posiblemente a colocaçión da crus, fose un intento de cristianiçar a relixión panteísta que respetaba e rendía culto aos elementos da natureça. Díghanse fontes, ríos, outeiros, cruçe de camiños, bosques, aire, animais, lume, aghua, terra, seres faleçidos, fenómenos sobrenaturais, ... Daquela estaban lighados a "O Esprito da Natureça", con maiúsculas, en conexión coa trascendençia.



Tramo final da ponte de pedra.



Aghua que discorre por debaixo das pontes.



Pés da ponte de Pedra, nomeada “A Pontiña”.



Diversas perspectivas destes pés. 




Viña de Antonio de Sabuçeda, das Aldeas do Monte. Véxanse o substitutos dos postes, montando pedras sobre pedras,



que se erghuen debaixo das viñas, e en moitos deles, sobrepasan en altura do emparrado.



Diferentes partes de muros de mampostería que sustentan outros terreos, e muro circundando o río.



Ao fondo, parte de atrás dunha das casas de Ignaçio, sen restaurar. Viñas, depósito do sulfato, á beira do camiño.




Río no seu desçenso.



Arboredas, frutais, viñas, muros e río, todo unha mestura frondosa. 



De como puderon andar con moitas destas pedras, tiveron que axudarse entre varios, a rolos con elas, ou á "palicuerda", con palancas, ...




Por debaixo da viña, apréçianse diversos carreiros,



ou camiños de pés para poder camiñar por ela.



En moitos casos, son pedras moi pesadas.



Hai outeiros que se aproveitan como base, e na que se apoian e colocan outros "loios", ou "ghrandullos" de pedra para façer montículos máis altos, ata nivelar a viña.



Muros con outeiros, ou pedras de ghran dimensión e outras de menor tamaño,



 que sustentan o terreo das viñas e terras de cultivo á beira do río.



Poste traballado, pero polo que posiblemente inda non teña sido empreghado. 



Unha morea de varas de arcolito para amadeirar as viñas. As varas poden ser xeralmente, de pino, ou arcolito. Son as crías de pinos ou arcolitos que se apañan, polo xeral, en xaneiro no monte. Córtanse e despónlanse cunha machada para logho estonalas cun fouçiño, téndoas preparadas para amadeirar a viña. 



Muro á beira do camiño de carro, hoxe pista asfaltada e ancheada.



Contençión do terreo dunha horta por medio dun muro, a carón do río. 



A “Fonte da Ponte e lavadeiro”, reçentemente restaurados.



Ten un cano por onde bota a aghua que verte nunha pía de pedra.



A mesma aghua da pía, vai ao lavadoiro, o cal ten catro pedras para refreghar a roupa. 



Esa aghua sae do lavadeiro e vai ao río. 



Escaleiras que van a esta fonte e lavadeiro. Vese unha laxe que vai sobre o río.



Árbores frutais en outono, 



sen follaxe, perto da fonte.



Un açivo esplendoroso neste entorno, con prantas decorativas, ou arreçendentes, ao seu pé. 



Reghatos que baixan por todos os lados 



e aumentan o caudal do río.



Vou saíndo de Loxo de Riba. 



Camiño de pés cara a alghunhas hortas, terras de cultivo e monte, 



con lousa de pedra sobre o reghueiro. 



No seu percorrido, atópase algho empedrado. 



Estes camiños de pés, antighamente eran moi usados para ir a calquera sitio, ou tamén para atallar un traxecto.



Começa a escureçer. As chemineas das casas xa fumean ao prenderen o lume das coçiñas e as lareiras. 



Tamén o alumeado público préndese a esta hora. E como vai sendo noite, vou de reghreso camiño da casa.