martes, 19 de julio de 2016

LATIDOS DO CORAÇON, por Ramon Lainho





Late o meu coraçón, ao son dun profundo tambor por todo aquelo que ama.


Entre a follaxe prateada, síntese maxestouso ao contemplar a dança das árbores no vento.


Inundado en harmonía, mira a través dos ollos dunha ave planeando na altura.


Ao lado do seu dono, camiña o can, amigho inseparable que tan só pide un pouco de cariño.


Polo río da existençia, óbrase no ventre da muller o fruto ao que dará vida.


En inocençia xogha o neno, sen preocupaçión polo futuro dun porvir.


Bombea a savia da vida, ghardando os recordos na súa memoria.


Cando un día esperte a conciençia do seu existir,


temerá sufrir marchas e desapariçións do que lle é querido.


¿A onde irá entón, a compañía dos pais cando deixen de estar á súa beira?


¿Qué será daquel cariño bondadoso e, protector dos avós que daban todo polo seu "novo fillo"?


Das mil aventuras que viveu cos compañeiros, brincando por prados e arboredas, só queda a lembrança.


Un feminino andar, de hipnotiçador vaivén, convérteo en palpitar axitado.


Así, rememora aquel primeiro amor, espertando nel a virxinal paixón esquençida.


Xa os nosos beiços saborean o viño natal, recordos da terra que nos ofreçemos mutuamente.


Unha mirada de desexo, un abraço cálido para fundirnos nun solo corpo.


E, nese momento, unimos o noso amor diçindo que nos perteneçeríamos para sempre.


Sancre da infançia e xuventude, dun tempo efímero que foi quedando atrás, convertido en vida pasada.


Un día volvinche ver e, desde o máis fondo do meu ser, sentía bater o meu peito.


Aghora sigho aquí, transformado nos meus propios pensamentos, dunha realidade desconoçida.


Todo o que había dentro de min, risas, bághoas, penas, aleghrías, ..., como un volcán quixo saír.


Quiçais era un berro de anghustia, reprimido no tempo. E sen esperar máis, fíxome escribir.


Os meus soños quixeron inmortaliçarse, plasmándose no papel para expresar o que sentía.


Vivir a vida co sinal de que un día, livres de equipaxe, deixaremos este mundo.


Fálame de ti, fálame coraçón, ti que convives coa verdade.


Dime se o meu camiño está equivocado, nesta terra de tránsito.


Porque nun aconteçer insignificante, pronto me reunirei coa eternidade.


E tan só espida, levarei a alma, pero ighual de pura coma o día do meu naçemento.