sábado, 31 de enero de 2009

CANÇIONEIRO POPULAR- O MUIÑO-Ramón Laíño



É o meu propósito dár a conoçer parte das miñas recolleitas levadas acabo na miña época de adolesçente e xuventude, as cales foron herdadasdos maiores do meu lughar dun xeito intençionado e buscado por min eoutras veçes indirectamente.

Todo o isto forma parte do noso patrimonio cultural.

Asímesmo é extensible e está emparentado en boa parte co entornovivençial de toda a nosa xente deste país como denominador común dasnosas semellanças.

Con esta pequena exposiçión pretendo honrar nas miñas humildes posibilidades aos que mantiveron viva esta chama, coa fin detransmitírvola a vós e ás xeraçións vindeiras.


RECOLLIDA DO NOSO CANÇIONEIRO POPULAR



TEMÁTICAS DA EXPOSIÇIÓN:
O MUÍÑO.
- Unha noite no muíño, unha noite non é nada, unha semaniña enteira,esa sí que é muiñada. (ensoufarse de fariña)

- Fun ó muíño con Paula, fun ó muíño con ela. Ela durmeu no meu regaço/ nos meu braços e eu durmín no regaço / nos braços dela.

- Esta noite no muíño ha de haber o que ha de haber, as telliñas domuíño / tellado han de ir ó río beber.

- O muíño troula, troula (roelo millo), se troula déixao troular, afilla do muiñeiro arrabea por casar.

- Unha nena foi ó muíño moer para unha empanada, non trouxo a fariña e veu preñada.

- Esta noite hai muiñada. Bóteme / Tíreme o caldo mimadre que eu tamén son da manada.

- Muíños de Pedrachán, levei os sapatos novos, trouxen as soles.(soles = solas dos sapatos)

- Os muíños de meu pai eu ben lle sei o tempero, cando está alto,baixalo, cando está baixo, erghuelo.

- A nosa burriña cando vai para o muíño, vai toda enfariñada, cheíñade frío, cheíña de frío e máis de xiada. ¡Ai, a nosa burriña sempreanda carghada!.

- Aturuxas, aturuxas, eu ben sei onde os hai. Polo reghueiro arribanos muíños de meu pai.

viernes, 30 de enero de 2009

CRONICAS DO CAMIÑO - 25.OS SEÑORES DO CASTELO - EPISODIO XXV - O TROVADOR - LUIS FERREIRÓS.




Episodio XXV- O TROVADOR



Baixaba Antonio o do Boiro coa carretilla baleira, dando mostras da súa robustez e hercúlea complexión, facía que o aparato fose dando botes camiño abaixo sobre a súa única roda dianteira,normalmente baixaba a media tarde, pero suponse que aquel día quedar rezagado por algunha ignota razón, e polo tanto ía buscar herba á leira, que posteriormente tería que transportar costa arriba, facilitando de aquel modo a mellora da súa forma física.


Detrás viña Jose Luis o Carballeiro co seu can ó que chamaba Cola-cao, viñan enfrentados nunha carreira, poñendo a proba quen era o máis rápido, o home con can ou o home con carreta, e digo homes, porque a pesares da súa curta idade, eran uns mozos feitos e dereitos, xa tiñan traballado moitiño do nuestro señor toda a xente alá por aqueles tempos.Baixaban polo novo asfalto da via,qeu sustitueu ás antigas, pedras, lousas e pandullos que atopabas no camiño, sempre coa sorpresa engadida de algún charqueiro ou lameira en condicións no que poder facerlle a puñeta a algúén salpicandoo cos zapatóns.



Era moitiña a vida que o camiño levaba ó seu lombo, séculos de historia pasaran pola súas gastadas pedras ata que alá polos anos 70 algunha mente lúcida tivera a ben pasar unha capa de chapapote coa consabida alegría dos usuarios de carros e coches e a sincera tristura da xente partidaria de conservar o entorno, a historia,a harmonía….Os días que estaban a pasar o alquitrán era moi fácil camiñar polo lugar sen enterarte do que estaba a acontecer e acababas cos tenis completamente empichados, menuda faena! ..Sacar o piche dos tenis era unha tarefa fartamente complicada, nen con aguarrás Dispitol ou pedra pómez saía o demo do piche, ….quen non empichou un teni algunha vez na súa vida?...

Alí convivían novos e vellos, guapos e feos, listos e menos listos, no vello camiño vello, e alí…xusto na xunción que separa os dous mundos, os dous Boiros, estaba emplazada a casa das panadeiras, , dúas irmás que facían da fenestra o lugar mási cómodo da casa, vendo de esa froma rebulir o xentío e a veciñaxe, testemuñas da vida dos veciños, de Manolo o Comeuñas, de Sara a da “Casa de los niños”,de Ermitas a de Jaime a do “42”, de Fabeiro o avoghado, de Consuelo,de Maria a Pinchuda,de Sofía,de Pepita Caamaño, de Nicolasiña,de Celso, da Sastrería de Blanquita, do Señor Ventura o Zapateiro, de Doña Evarista,.. do taller do meu pai, dos anos oscuros e posterior renacer da parte baixa da vila, do espertar do pobo o sábado á tardiña,… da vida.


A morada das señoras era punto estratéxico de parada para Candidiño, un velliño da Ponte Goians,….. boina calada, barbiña de catro días,pel curtida, ollo dereito derramado,mirada triste, pena na alma, chaqueta marrón cruzada, pantalón de mahón e zapatillas rusas,trovador na miña nenez coa súa musiquiña onde quixera que estaba… xa non nacera moi ben o probe do home e arrastraba a súa penuria por toda a vila coa súa constante poesía….

Sempre foi vello,hai vinte anos era vello e agora aínda é vello, posto que aínda vive,agora con unha sobriña, daquela coa irmá na casiña na curva da ponte; …hai sesenta anos o meu pai levou unha “pallera” por culpa del, posto que o home , acuciado pola fame , a insensatez e o pouco sentido da propiedade, entrou na casa da miña avoa e apropiouse indebidamente, coa inocencia que só un home coas súas limitacións pode ter,dunha tallada de touciño,……. e a culpa levouna Manolo Catodoiro, que cobrou da súa nai co pau da escoba de xestas, ata que ó día seguinte apreceu Candidiño, saltando e carpindo coma sempre…---- “-Merseedes, non che roubo máis o tousííííño,”.



Home de costumes moi arraigadas,perdido sen unha rutina que poder seguir, adoitaba ir todos os días aliviar a vexiga nunha gran pedra sita na curva, enfrente da casa de Faluco, ata que chegou o progreso arramblando con todo para poñer quitamedos,… quitamedos dos conductores e medo do pobre do home, que andaba desorientado, aguantando as gañas de mexar, sen saber onde facelo, ata que reventou e tomou por costume facelo noutro lugar, …aquel día coa pedra quitaron un cachiño da vida de Cándido, un cacho da vida do pobo.


Pero él continuou adiante e seguía a saltos, mordendo a man dereita chorando e repetindo constantemente a súa cantinela con sonsonete a ritmo de 3 por 4..-“Peeeghoume Pápaa, peghoume pápa..:”, ó que había que responderlle…” Vaite Candidiño que non che peghan máis”.. e o marchaba máis tranquilo repetindo o refrán.


Eu tíñalle medo, eran o Home do saco, O Lute, Manolo Carolo(matou á muller con sete cuchilos e un alfiler) e Candidiño os meus obxectos de temor,para min so era un velliño tolo que atopaba no camiño da Ponte, gritandome “Voute peghar, voute peghar..”, e polo tanto eu escapaba case sempre, pero Marisa achegábase a él e tranquilizabo decíndolle, “non lle peghes Candidiño que non é malo” e o bo do vello marchaba pola Ponte arriba repetindo “Peeeghoume pápa, peeghoume pápa”…. Coa súa musiquiña sen apenas chamar a atención dos transeúntes, acostumados á escea.


Unha vez, alá polos anos do instituto, cando non existían as beirarrúas diante do centro, nunha das moitas horas libres que tiñamos ou faciamos nós pola nosa conta, poidemos escoitar o triste cantar de Cándido achegándose provinte da praia,…alá viña o velliño con un impresionante cesto de corres cheo de arghaso pousado enriba da cabeza, pero eso non era impedimento para que seguira con seus saltiños, esta vez máis leves, e os seus prantos,..non seu canto pesaría a carga, pero moitos quiliños de nuestro señor viñan enriba da boina do noso amigo, que sin mediar palabra chegou ante cancela do centro, e cunha tremenda fortaleza, agachou o baixo lombo e ergueu os xeonllos tras baixar os pantalóns e sen que o cesto ladeara nen un centímetro da súa cabeza, soltou dous tremendos pinos para alegría de moscas verdes que acudiron á chamada da fame….naturalmente escarallámonos de risa, pobres, mentras continou coa faena e sen pasar nen un fieito por detrás tirou bandeando costa arriba co seu triste cantar , a silueta do velliño, rural Carmen Miranda co seu cestiño de arghaso,perdeuse por diante da tenda da señora Juanita cara á casiña da Ponte.


As panadeiras tiñan a ben facer uso de boa veciñanza invitando a Cándido a tomar café ou leite con galletas cando o probe do home pasaba polo Cano, e él, xente agradecida, paraba diante da fiestra e repetía unha e outra vez,-“Loola, venm’ abrir a porta, Loola venm’abrir a porta….”, ata que por fin..a boa de Lola, abreulle a porta.








Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"


Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXIV

jueves, 29 de enero de 2009

ONDE HABÍA FRUSTACIÓNS, por Mary Hermo.

Onde había frustracións,

bordo ilusións,

maduro os soños,

maltrato angustias,

a alma non quere

as caricias mustias.

Asasinando penas que

para o corazón non son boas,

atan a esperanza con cadeas…

Bordo ilusións…

con fíos de seda, para que o amor

todo o poida…

Basta de chorar,

de largas esperas,

basta de rogar

a ese amor que non chega,

porque a unha Muller

nunca soubo amar.

Deixou feridas

que hai que cicatrizar,

e co olvido poidan curar,

a un corazón gravemente ferido.

Bordando ilusións,

a miña alma acomoda emocións,

non teño grandes aspiracións,

nin pretensións,

tan só espero un amor verdadeiro,

sinxelo e sincero.

Abro a porta á tenrura,

haberá un ceo estrelado,

a lúa coquetea con rizos prateados

dándolle a benvida ós namorados.

Creceranos alas, bordadas con rosas,

voaremos sen retorno e sen escalas,

nesa viaxe onde o amor

será a única equipaxe,

e esta emoción,

esta ilusión

xa é a dona do meu corazón.

Mary Hermo.

miércoles, 28 de enero de 2009

CRONICAS DO CAMIÑO - 24.OS SEÑORES DO CASTELO - EPISODIO XXIV - A ATALAIA NO CAMIÑO - LUIS FERREIRÓS.




Capitulo XXIV- A ATALAIA NO CAMIÑO.

A escea que alí acaecía provocou en nós unha risa bastante boba, supoño que pola tontería da adolescencia non fixemos máis que expresar o noso reir ante o tabú ,o prohibido, e xa que era un mundo vetado, alí estabamos contemplando o espectáculo con pouca sorpresa, posto que por aquel tempo dos primeiros oitenta, en cada esquina da vila veiase repetida a mesma escea e sempre coa mesma protagonista…a “Chuspi”.

“Chuspi” era a cadela dos da Molinera, unha femia palleirán, fea con avaricia, de cor castaña, media altura, chea de carrachos ata por debaixo do rabo e obxecto de burlas e pedradas furtivas da rapazada da vila..Naquel semicaluroso día do prontoverán andaba no seu estado de celo espertando as calores de todo can que tivese a ben captar os seus efluvios e o seu arrecendor a feminidade, e polo visto durante eses días, os cans do pobo tiñan ben agudizado o sentido do olfacto.

A pelexa case sempre acababa en táboas, sempre había algún can, con ou sen pedigree que tiña a ben pasar pola pedra a tan lozana doncela, que aparte de fez era moi puta, pero puta coas catro letras en maiúscula, máis puta que as ghaliñas, que xa teñen bastante puterío enriba, pero claro, a natureza chama, e a xente axuda, xa que os rapaces do pobo poñían o seu gran de area para facela caer na promiscuidade, apurrándolle cans á pobre da cadela.

Un sinfín de lendas urbanas circulaban sobre ela mancillando o seu bó nome,”que si unha vez virona enganchada con un pastor cola no punto da xunción, que si fora vista en situación comprometida na compaña dun lobo, en fin, un sinfín de burradas de contido erótico-festivo froito ou non da imaxinería dos rapaces, co fin de saciar a súa curiosidade nos temas sexuais daquela vedados nos que todos andabamos pouco versados.

A loita continuou durante uns poucos segundos, ata que a selección natural escolleu a un galán de rasa loba que ipso –facto colocou as súas patas dianteiras sobre o seu lombo e gozou da súa compaña, metres o resto miraba con ansiedade e “quentaba pola banda” á espera do momento en que o gañador rematara a súa improvisada performance para intentar facerlle o esperado relevo.


O peepshow canino desapareceu con un par de pedradas e correasos do máis vello de nós, que desa maneira deixou o camiño aberto ós nosos pasos, que avanzaron con firmeza para avanzar ata alcanzar o taller de Carollo onde estaba congregada toda a rapazada que deixara deserto o lugar do Currillo para dar estreo a un balón de cuero caucho de marca “Caplan”que a José María o de Outeiro tivera a ben regalarlle a súa madriña polo seu aniversario; Xogaban un emocionante partido de fútbol modalidade “un goleador” co balón con uns bares de exceso de presión e alí …Genaro emulaba a Arconada dende a meta, marcada con tella no portalón verde do taller, e o resto dos nenos emulaban a Schuster, Juanito ou Satrústegui.

José María miraba con satisfacción como o seu irmáns Paco facía de pulmón e o difunto de Daniel (que deixou a vida nunha noiteboa nas malditas curvas de Vilas) facía de Quini, de executor.


Tamén estaba Arturito, os Carrasquillos (xa morreron tres), os Tarulos (morreu un deles), e máis rapaces dos que non lembro o nome,…Sempre preguntei que tipo de Deus maldiciu aquel fermoso recuncho da vila, para que gran parte da súa mocidade caera en todas as desghracias habidas e por haber, dende atopar o final na estrada, ou na enfermidade ou caer no escuro mundo da adicción, moitos…moitiños mozos e mozas do lugar sucumbiron ante a vida e o malfado.


Os nenos pararon un instante ante a orde de “Dejar pasar oh” por parte do gardamenta, e pasamos trunfantes polo corredor que os cracks do balón deixaban para darnos paso cara á seguinte etapa, todo baixo a atenta mirada de Merencho de Venerando que dende a súa atalaia construida en forma de terraza na fermosa casa sita no alto do camiño e que domina o Cano, lugar de separación entre os dous Boiros, o novo e o vello, o camiño e a estrada, nós os nenos do Currillo e outro invitado especial que por alí apareceu.







Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"


Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXI


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXIII

martes, 27 de enero de 2009

AROMA A ROSAS, por Mary Hermo.

AROMA A ROSAS


Aroma a rosas,

se desprendía

de tu cuerpo.

Perfume a gloría

salía desde

tu boca.

El corazón

que agitado latía,

persiguiéndote

sin más miedo

que del tiempo.

La cama vacía

esperaba,

las sabanas frías,

ya no sentía nada,

sólo el frío y

la sangre que corría

por mis venas

cargada de poesías,

llegaba a destino.

Pero tú ya no estabas.

Tarde, noche y día

mi cuerpo perseguía

el aroma, tu perfume

entre las gentes,

y de nuevo

mi cama encontraba,

calida, llena de vida

y de nuevo hervía la sangre,

el corazón agitado

que amando latía,

por el amor

que regresaba

a la vida.

Mary Hermo.

lunes, 26 de enero de 2009

CRONICAS DO CAMIÑO - 23.OS SEÑORES DO CASTELO - EPISODIO XXIII - O RECUNCHO DAS MALAS BESTAS - LUIS FERREIRÓS.



CAPITULO XXIII- O RECUNCHO DAS MALAS BESTAS


E sen dar un mínimo de importancia esixible ante unha situación que ,cando menos, resultaba un pouco inusual, continuamos camiño pasando o vello cruceiro e chegamos a un punto de estreitez do mesmo que eu ,personalmente , agradecía, porque a pesar da súa lixeira costa arriba o xa de por sí angosto camiño, chegaba a un punto de estreitura que facía dificil o paso dun carro se o ghiador non gozaba dunha precisa destreza que fixera esquivar de forma correcta o muro da finca de Outeiro que invadía parte da vía, que aparecía cuberta por unha altísima parra verdescente para facer daqueles escasos dez metros un remanso no medio do traxecto do camiñante, facendo que o mesmo eleve a súa mirada e goze da visión das follas para de repente desviar a súa mirada á man dereita e contemplar a vella casa da Tenencia.



Observando con detalle o portón da señorial residenza, caín na contade que apenas uns escasos metros máis adiante atópabase outro treito ingrato, un punto crítico no camiño debido unha vez máis á esaxerada presenza de cans, nunha pequena calexa á man dereita según encaras hacia o lugar do Cano estaba a casa dos Carrasquillos, unha casiña pequena onde vivían pais , nais , irmáns, avós e primos que frecuentemente facían visita con miles e miles de cans de tódas as tallas que facían vida no camiño.



Alí estaba a señora Ventura, unha mulleriña con gafas marca Duralex que vendía castañas na entrada do cine de Outeiro ,ou cine de abaixo según para quen fales,e acomo adoitaba pasar naqueles tempos, os nenos facían vida na rúa que ademáis comenzaba a súa decadencia debido á apertura de novas vías mási cómodas para os novos medios de transporte.eles non tiñan medo de xogar cos cans,eran deles, pero para os que eramos de fora, aquello era un reto dificil de superar, posto que os bichos en cuestión saín ó encontro do camiñante envidando e intimidando cos seus ladridos.

Polo xeral sempre había algún adulto da familia que decía con voz segura :


–“Pasa meniño, que non fan nada”, (como din todos os donos dos cans), pero eu sempre preguntaba “¿E si fan?”, de feito sei de seguro que algunha vez morderan e Sofía, a nai ,acabou sacrificando ó animal para, deste modo, poder protexer a súa prole.


Polo tanto o medo era testemuña das miñas moitas idas e vidas ó longo do tempo polo camiño vello, atravesar aquela liña Maginot era tarefa complicada para min,….adoitaba parapetarme detrás das miñas primas ou os meus irmáns maiores cando iamos á casa da Ponte, a miña finalidade non era outra que tentar pasar sen seres visto por aquelas bestas infernais que facían daquel tramo o seu territorio, e aínda por riba, naquel intre co cheiro a vaca morta que levabamos pegado ó corpo seríamos de seguro obxecto da súa canina curiosidade, que por outra parte lembremos que matou ó gato, pero non ó can.

Pero era unha garantía de protección facer o camiño na compaña de Fran, un rapaz cheo de contrastes posto que medrou entre o arrecendo a flores, tinta de imprenta e talladas de porco alá polo seu Vimieiro, feito que en moitas ocasión era trasladado ó seu carácter,fiel refrexo dos tres extraños elementos,…..- reservado, delicado e ás veces doce coma as flores, pero constante coma a tinta e curtido coma a carne crúa , e cando as cousas tornaban serias, actuaba en consecuencia.

Exercendo o seu rol de líder da Irmandade, coma a súa condición de membro maior do grupo mandaba, e en débeda moral por non teres resolto o asunto do asedio canino no lavadoiro de Mosquete, colleu a vaca polos cornos e deu un paso adiante , facendo deste xeito de buque insignia do grupo e encabezando e comitiva co fin de espantar ós animais que no medio do camiño agardaban a nosa chegada.

Víñanme á cabeza esceas do mesmo Fran con animais, un palleirán que sempre estaba a importunar cos seus aseidos e arrecendos, acabou cos seus ósos no medio das corres ó lado da casa de Juan de Roque,… a tremenda patada na colloada fixo que o bicho procedera, a partires daquel día, a cambiar de dirección cada vez que divisaba a súa, daquela non tan fornida, silueta.


Outra vez cedendo o paso a un canciño pequeño que evitaba atoparse con nós cheiño de medo, e sobre todo as súas clases maxistrais falandonos dos animais, distinguido un cuco dun gavilán, ou un cernícalo dun milano pola forma do seu vó, alá no monte de Vimierio , na Selva ou na Cachada, cando aínda era un monte con pinos cheos de niños de rapacóns


Encabezados por el, encaramos o lugar onde poidemos contar da orde de doce a quince cans rebulindo, ladrando, pero sen dar importancia á nosa presenza, pelexando entre eles e montando un salientable escándalo na batalla campal canina que alí montaron, os cada vez máis altos berros dos bichos fixeron que por un momento detiveramos o noso ata entón firme e decidido paso.

Colleu unha pedra na man dereita e unha corre na esquerda a adiantouse co fin de encarar a ameaza da desenfreada xauría, pero de repente caeu na conta, ó igual que todos nós, do que alí estaba a acaecer.





Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"


Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIX


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XX


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXII

domingo, 25 de enero de 2009

É DOMINGO

Hoxe é domingo, e cando tiñamos algún aniño menos, chegaba a hora despois da misa e íamos tomar o vermouth durante o cal aproveitabamos para quedar para a noite, para falar de ligues, de mozos e mozas, etc.
E hoxe saímos a tomar o vermouth cos fillos, e pola tarde a dar un paseiño ata o parque para que os pequenos xoguen, mentras nós cotilleamos un pouco, e chega a noite e despois de darlle a cea e deitar os cativos, vemos unha pelicula co noso partener e logo a camiña porque pensamos que maña é luns e temos que ir a traballar.
Os anos que duros son, e como pesan, xuventude diviño tesouro, dicía alguén, unha verdade categorica.


Tratade de adiviñar isto:

¿CAL É O BICHO QUE MÁIS PICA NA PANZA?



Un vídeo para bailar como noutrora. De quen se trata?


sábado, 24 de enero de 2009

CRONICAS DO CAMIÑO - 22.OS SEÑORES DO CASTELO - EPISODIO XXII - POLOS CURRAIS DO CURRILLO- LUIS FERREIRÓS.




Capitulo XXII-POLOS CURRAIS DO CURRILLO


Alí estaba collendo un caldeiro de auga na fonte da Ponte Goians, seguramente a súa nai fixera uso efectivo da súa xerarquía de xefa da casa e mandara ó fillo pequeño a facer a ingrata tarefa do carrexo do caldeiro, era Moncho o de Elvira, orfo de pai,( que aparecera morto na cama alá pola posguerra,)e debido á súa minusvalía psiquica, ó coidado da súa nai a pesar de ser un home xa feito e dereito..



O home en cuestión non era “alá moi ben”, aparte do seu problema estaba que moitas veces perdía os papeles e non tiña un comportamento demasiado exemplar, resultaba pesado para a xente coñecida e se a todo iso lle añadiamos que alguén tivera a xentileza de invitarlle a dous ou tres viños, tornábase bastante cansino,.... en resumo, “ rómpialle a cabeza a un santo”.



Gañabase a vida, aparte dunha pensión que supoño que tería e terá, facendo labouras de recollepelotas no campo de Barraña, sempre co seu chandal vermello con letras blancas que poñían Maperlán e botas de goma verdes ata o xeonllo, por si había que entrar en algunha das numerosas brañas que había nas fincas colindantes co recinto deportivo.



Adoitaba e adoita a persoa en cuestión abusar da confianza que algunha vez foi brindada por calquera lugareño, e sen saber onde está o límite entre a familiaridade e o abuso da mesma,pasaba esta fronteira con demasiado facilidade, polo tanto o seu encontro non era un prato agradable de consumir.




Pero como todo sucede na vida, mirounos en fite e segueu coa súa tarefa sen presar importancia ós catro chavaliños cheos de sangre por todo o seu atavío, polo tanto nós aceptamos o brindis e continuamos polo camiño vello arriba deixando á man dereita a casa de Candidiño , e á esquerda a casa da Profesora Josefina, gran manexadora da táboa de multiplicar, o caderno rubio e a cana de bambú.



Ó pasar pola casa de Don Juan sempre lembraba cando unha vez en primeiro da EGB, a profesora saiu da clase deixando a cargo dela a Pily a da Cueva, boa estudiante durante toda a súa vida, e polo tanto digna da confianza da maestra, que nun alarde de autoridade apuntou o meu nome no encerado sen ter razón xa que eu sempre funche moi ghiadiño, o resultado foi que tiven que pasar polo cadalso da cana india. ....Intentei non poñerme nervioso e dominar a situación, e ó parecer a miña autosuficiencia e paseo por diante da cana sen inmutarme non foi moi ben visto por ela, e de forma increible perdeu a compostura e atacou o meu pupitre con moita saña dando canasos a discrecciónbaixo un imaxinario grito de “Banzai”, polo que a pesar de intentar protexerme fun alcanzado na cabeza, mans e lombo, naturalmente a pesar da miña curta idade de cinco anos (son de decembro), non tiven arrestos de decirllo ós meus pais, xa que nese caso a cana tornariase en zapatilla, cinturón ou goma de butano, polo tanto mellor estar calado que empeorar a situación .





Pero esta vez non estabamos na escola, polo tanto a temida profesora non saiu á porta da casa para fustigarnos coa súa letra, e tivemos camiño expedito para continuar deixando ó noso flanco esquerdo o camiño de a pés que leva á Senra e encabezandonos en fias de a catro ata o lugar do Currillo.



Increiblemente non había ninguén no Currillo, a xente estaba nas casas e non saía ás portas nen fiestras, raro,,xa que sempre estaba Antonia a do Ghalo na ventana da planta baixa da súa casa, pero esta vez estaría exercendo a súa afición do ganchillo.



Moitas veces entrei nesa casa e sempre chamou a miña atención, aparte da oscuridade que devoraba o ambiente,a cantidade de coxíns, almofadas e tapetes que había na salita ,con mesa camilla e braseiro, da morada en cuestión.Toñita ensinaballe ás mozas de Boiro a cose, calcetar e ganchillar alá pola posguerra,..levaba a sección feminina e as rapazas facían a súa mili particular acompañadas desta muller de espalda elevada e ideas moi conservadoras.

Sentíanse as galiñas e as pombas que había no curral de enfrente,aves que todavía andan por alí, e o cruceiro estaba extrañamente deserto, digo extrañamente porque sempre había varios rapaces sentados e falando das súas cousas, pero aquel día algo pasaba que o sempre bullicioso Currillo estaba deserto.



Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"


Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXI


viernes, 23 de enero de 2009

SEN SENTIDO, por Mary Hermo.

Con todo isto, e tanta festa, xa non sei nin o que escribo, e aquí vos deixo algo que escribin sen sentido, espero que polo menos comentedes algo, que ultimamente estades moi pouco faladores, que vamos ter que dicir, a verdade é que esperaba máis aportacións, máis recordos (entendede que a miña cabeza é pequena e ten que deixar sitio para o presente), pero se un se acorda dalgunha anécdota, pode que outros a completen e todos vaíamos lembrando ós poucos.



Os soños esvaecen, as ilusións son vanas, pero acaso conservar o único que ninguen debería perder, quizais o soño mais difícil de todos, quizais imposible, pero que cojones, a libertade que non me abandone pois entón xa non tería nada, sería cemento na masa social; porque amigos, xa non teño grandes “cousas”, disfruto do máis preciado, da familia, de bos amigos e da naturaza, e sego tendo a libertade de pensar ainda que xa perdín a de soñar, e doeme faime sentir atada a non sei que, nen porque.


As veces penso na morte pois é o fin, podería decir tantas cousas sobre a morte, a pesares de que non a coñezo aínda que vin como sigilosamente se arrimaba a min e pedínlle tan só un pouco mais de tempo, e agora que a chamo constantemente non quer acercarse dime que non lle da a gaña, e iso cabreame de tal maneira que non me deixa ver con claridade, hoxe é un día negro quizáis.


Polo día choro constantemente por non poder ver as estrelas e pola noite sego chorando por perder o sol, non sei porque e xa non o entendo, se as bagoas fosen aire esparciranse, pero as bagoas son agua e non esvaecen, permanecen ahi impasibles, observandote, asfixiandote ata gritar.

Deciame alguén que dormir era perder o tempo e non podiamos deixalo ir sen facer nada, sen soñar. Agora entendo pois o seu tempo acabou, perdeuno todo como o perdin eu a él.


Non son quen de lograr voltar vela luz, de librarme dese negrura do meu ser e xa empezo a crer que tampouco me interesa, pois non sei se paga a pena.


Todo é tan contradictorio, tan complexo, pero todo é nada, e iso que significa, quen sabe pode ser que a vida non sexa mais que un pesadelo ou que sexa como o vó dun páxaro moi fácil de abatir. Un gorrión que vive encadeado que pía por sair, e cando chega o momento desa saida tan añorada, perdese e non sabe que facer nen a onde ir. Estou, acaso, eu perdida....


Non podia perder mais do que perdin, pero ¿perdino todo?, e agora ¿que me queda?, ou ¿teño todo?

Mary Hermo.


Agora un vídeo para lembrar outros tempos, que non por ser pasados foron peores pero tampouco foron mellores, jajaja.

De quen se trata, que eu non sei que son estes nin cal é a canción



Premio: UN ¿TESTA? ROSA

jueves, 22 de enero de 2009

CRONICAS DO CAMIÑO - 21.OS SEÑORES DO CASTELO - EPISODIO XXI - LEXIONARIOS LICENCIADOS - LUIS FERREIRÓS.



CAPITULO XXI-LEXIONARIOS LICENCIADOS

Desde Runs ata a casa quedaba unha carreiriña dun can, apenas tres kilómetros e case todo costa abaixo, primeiro unha costiña arriba ata chegar ó matadoiro de Xarmea, e despóis todo era cuestión de afroxar as patas e facer as zancadas o máis longas posibles para aforrar esforzos.Estaba claro que iamos facer o traxecto curto, todo pola beira da estrada, posto que estabamos cansos e o sol empezaba a caer por detrás da Curota, polo tanto emprendemos a baixada de Runs para cruzar o Rubicón pola ponte , esta vez xa licenciados, e emprender o derradeiro esforzo antes de chegar á casiña.



Unha vez chegados ó cruce de Coroño , cruzámonos con Luis o Fosón(un home con dous carnés de identidade, cada un con nome e número diferente) nunha vella Mobilette co escape aberto;A estridencia do son e a cantidade de CO2 que aquel aparatiño botaba pola parte traseira non eran deste mundo, a suposición máis certera facíanos ver que o mentado aprendiz de Angel Nieto, ía para a súa casa, sita no lugar de Coroño, ó lado da taberna, para poder precurarse, pasar un peine e marchar para a movida que xa daquela empezaba a facer furor entre a xuventude da comarca, polo daquela os sábados iase ó Suky a botar unhas bailas e tomar uns cubaslibres, porque o que era disfrutar da música era unha cousa bastante improbable, posto que Juan do Suky sufría ás veces arrebatos de euforia e autosuficiencia que facían que tomase o mando da cabina do pincha e empezase a poñer pachanga a toda mecha, baixo os gritos de “GHERRA”, que o mesmo dono do local emitía a micro aberto para asombro de toda a plebe alí concentrada.

Alcanzamos o matadoiro de Xarmea sen novidades salientables e comenzamosa a baixar pola beira antes de chegar ó transformador de Fenosa, cada vez que pasaba por alí víñame á cabeza lonxanos recordos da nenez na casa dos meus avós subindo e baixando a costa nunha bicicleta de marca Honor, que o meu rescatara das silveiras no vello talller da Tenecia, eu quería unha Bicicross, pero era o que había, unha vella bici de cuarta man, e con máis quilómetros que un Alvarez Entrena, aínda así, fun o neno máis feliz do mundo cando meu pai tivo a ben decidir que xa non se podía vender, polo tanto era mellor aproveitala.


Enriba desa montura tiña pasado tardes de arriba abaixo,agarrado ó manillar de cornos e ós mandos dos freos metálicos e ríxidos, botaba carreiras con Montserrat a Cabeca que tiña unha bici máis grande, taménás veces levaba a Marisa na barra de ferro que atravesaba a bici de proa a popa, pero a miña condición física non permitía grandes alardes e normalmente agababa agotado e mandando á nena volver á casa andando.


Outra vez, despois de conseguir de forma furtiva a BH que Manola mercara por Reis despois de atopar 3000 pesetas no chan, foramos Marisa e máis eu facendo unha carreira por Xarmea abaixo, ata que os freos fallaron e a miña destreza non foi que de controlar a montura, de forma que os meus blandos ósos acabaron tirados no medio dunha silveira cuneta abaixo, foi máis doloroso levantarse que caer posto que daquela os rapaces estabamos feitos dunha especial aleación mezcla entre a goma e o titanio , e toda caida era superable e con rápida recuperación,… pero levantarse apoiando as mans nas silvas,.... penso que acabei con espiñas ata debaixo das uñas e tiveronme que extraelas unha por unha con pinza de depilar e para os golpes, pois bañarme en vinaghre, que era o mellor para a dor.


Ou eso era o que pensaba miña nai, posto que tiña frecuentes dores de cabeza e co fin de palialos metíase na cama cun pano bañado en vinaghre na cabeza, ata que o meu irmán pequeno espetoulle con toda a súa candidez:


-"Pareces Mcenroe", ....catro aniños e tan listiño Dios o dou!, Bendita inocencia!


Xarmea abaixo chegamos ó Catadoiro, a antiga casa de mamá Consuelo, a miña bisavoa, da cal teño vagos recordos, unha mulleriña miuda con gafas de cú de vaso e xa nas últimas.Non sei que anos tería cando morreu, pero debeu ser alá polo 74 ou 75, cando pasou a mellor vida , polo tanto os seus recordos quedan reducidos a un par de visitas na pronta nenez e pouco máis.



Foi nese punto cando cruzamos co furgón do peixe, unha Citroneta de cor branco que pasaba a última hora pola Ponte, tras pitar varias veces, as mulleres saían ás portas e a señora do peixe podía desa forma de liquidar as existencias que non poideran ser vendidas, normalmente a precio de ganga, e desa maneira, solucionar a comida dos domingos ós meus avós e de gran parte do lugar, posto que tocaba besugho ó forno cortado ó modo de barra de pan con cuartos de limón metidos en cada fenda que co coitelo era practicado no Ollomol.



Tamén por alí pasaba o pan, pero eso unha DKW que pasaba a media mañán , as conseguintes pitadas facían que a xente acudise ó bendito alimento, sen ter desa forma ter que desprazarse ata a vila ou á tenda máis cercana, que era a da difunta de Genucha a muller de Paquito o Maroño, na Ponte Goians,ó lado da casa de Mari Fé, que pintaba o colorete con barra de labios,... xusto antes do almacén de Uralita que todavía sobrevive ó paso do tempo.


Foi alí nese punto, pasada a casa dos meus avós, en chegando á fonte diante da casa de Ramoniña e Esclavitud, cando fixo a súa aparición, coma se dun espiritu falaramos, unha persoa que, eu particularmente, non quería que aparecese.



Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"


Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XX