miércoles, 30 de marzo de 2011

VIDA DO PORCO, OUTROS ANIMAIS E INTERRELAÇIÓN COA XENTE, por Ramón Laíño


A vida do porco, co seu posterior sacrifiçio, ten unha doble vertente. Despois de convivir con nós, pasa a servirnos como sustento do ghrupo familiar. Tal sacrificio pérdese na noite dos tempos, e realçase de xeito artesanal seghundo os costumes de cada lughar. Ten a fin de xuntar carne e embutidos para todo o ano como despensa da familia. Faise unha ves nese período anual, e corresponde aos meses máis fríos do inverno, dentro dos cales cadaquén escolle o seu momento de acordo coas súas neçesidades.




A súa existençia desenvólvese, xeralmente, no cortello. Como dato notorio, a xente maior lembra da propia infançia, e xuventude, que alghunhas casas, non todas, tiñan o ançestral costume que se perde en épocas pasadas, de sacar ó animal do cortello nun momento do día.


(Porta do cortello do porco, e vasieiro para comer e beber)

 

Non por esto era tradiçión de obrighado cumprimento, e çeibábano baixo o seu coidado polos camiños da aldea.



 

Era preçiso andar perto del, xa que de vir un carro de vacas, ou aparello semellante por este traxecto, había que apartar o porco ou levalo a outro ramal.

 

Comenta alghunha persoa maior dunha idade próxima ao século, ter escoitado que ós porcos ceibados polos camiños, había quen lle puña unha canca, consistente nun pau amarrado en sentido horiçontal ó pescoço do porco, ou a calquera outro animal que fose mester, coa fin de impedirlle o paso por sitios estreitos sen cobertura das cançelas, e deste xeito non puderan fuxir da aldea, ou meterse en leiras alleas.



 

A explicaçión a esta práctica de sacalo periódicamente aos camiños, era para que o animal estirara as patas, movera o corpo, e fosara nas lameiras de terra, ou nas cañeiras de batume que se botaban diante das casas para obter esterco, comendo do que atopara. 


Tamén se deitaba, enlamándose. Todo un xogho de distraimento en benefiçio do seu ánimo e corpo, xa que logho daí a un anaco, seghundo considerara o dono, ía de volta para o cortello. A expresión usual para chamar polo porco é “Quiño, quiño”.


Conta meu curmán Moncho do Caseiro, de mediana idade, que el foi das últimas persoas que ten sacado o porco polos camiños de Cures de Baixo naquela época. 


Di que cando recollía o animal para levalo á casa, había o costume de paralo na fonte de San Andrés, e alí botáballe uns caldeiros de aghua polo lombo e resto do corpo para lavarlle a lama. Despois ghuiábao para o cortello.


(Camiño de baixada ás leiras de "Leiroas", e porcos çeibos)


Aclarar que polos camiños da aldea non había nincún vehículo de motor, sendo os carros de vacas, ou alghún burro, prácticamente os únicos existentes.



 

En contadas ocasións podía apareçer alghuén a cabalo ou na besta, e xa anecdótico eran os carros de cabalos.



 

Nunha etapa anterior, a comunicaçión tradiçional coas vilas discorría polo camiño real que viña desde Boiro de Riba, Espiñeira, montes de: Bermo, Comoxo, Mieites, Cures de Riba, Belles de Riba, Moimenta ou Insuachán, Lousame ou Tállara ..., ata Noia)



(Camiño real polo monte, entre Cures e Belles de Riba, concretamente O Ghrilo, Aghros da Roça Vella, Campo da Crus, ...)


Posteriormente, arredor dos anos 20 do século pasado abreuse a estrada prinçipal Boiro – Noia, e co tempo, nos anos 1977-78 ábrense as pistas que unen unhas aldeas coas outras, e estas coa estrada prinçipal.


(Camiño do Boliño, que era de terra e cheghaba ata aquí. Foi cementado e prolonghado nos anos 80 para conectalo coa estrada prinçipal de Boiro-Noia)

 

No que respecta ás aves domésticas, como son as ghaliñas e os ghalos, sempre había alghuén que as çeibaba pola aldea adiante, pasando a recollelas antes de porse o sol para ghuialas ao ghaliñeiro. De cando en ves, o ghaliñeiro tamén o nomean capoeiro-a, e en menor medida, poleiro-a. Daquela aínda non fixeran apariçión os parrulos, quicos, coellos, ...

(Ghaliñeiro da casa das "Chonas". Hoxe en desuso)

 

A maior parte das eiras estaban abertas, posto que non lle tiñan sebes, alambrada ou muros. Podía haber quen a acotara provisionalmente de calquera maneira.


Na nosa había unha cançela que a separaba do patio, e logho, na mesma eira existía un cancelo perto do hórreo, e de seghuido unha sebe na beira norte, e polo sur-surleste tíñanlle leña cortada que a protexía da corredoira.



Por este motivo os nosos soltaban as ghaliñas pola eira, e á noite metíanas na paneira (parte baixa) do hórreo, que façia de ghaliñeiro.

(Hórreo noso, coa paneira na súa base)

 

O método anterior servía para calquera leira que pudera estar a carón da vivenda, e tiveran o propósito de pechalas alí. Hainos quen tiñan curral e alí çeibaban as ghaliñas. Pola tardiña, previo ao escureçer, ghuiábanas ao capoeiro-a (ghaliñeiro/poleiro) por medio destas palabras: “Pitas, pitas”, ou “Churras, churras”.


(Ghaliñas no curral)

 

Nin que diçir ten que en tempo de choiva, ou moita friaxe, os animais quedaban ó abrigho dentro dos cubertos, e non se botaban fóra.


 

Daquela os camiños eran lameiras (terra enlamada pola chuvia), e cañeiras (diante de cada casa sobre do camiño público ou de servidume, botábase batume, e nel paraban os restos da comida da xente, …, o alobeo ou baleirado dos animais cando pasaban por alí, e todo “este composto” aproveitábase como esterco).



 

Era moi raro façer cañeiras lonxe das casas, pero sempre había quen botaba batume nalghunha finca apartada e distante, coa fin de que fora converténdose en materia orghánica equivalente ao esterco, para así poder estercar esas leiras máis lonxanas.


(Carro de batume, xa con valoura: volume)

 

Con idéntico obxectivo, no chan do cuberto fronte das cortes dos animais, estendíase ighualmente batume, e alí a xente da casa e invitados puntuais podían façer as súas neçesidades. E tapábano, pois daquela non había cuartos de baño, axudando con isto a obter esterco, xunto co respectivo trillado e complemento do ghando cando saía das cortes. Posteriormente volvíase estrar (botar batume por riba = “façer a cama”) como se fora unha corte máis. Cando se saca o esterco, levántase con ghadañas saíndo en “chotas”=capas ou “desfeito, solto” e collése con forcadas (horquillas) para botar ao carro.



 

Nas antighas casas da aldea, como por exemplo a casa "vella" de meus avós maternos, as dependençias dos animais quedaban por debaixo das habitaçións da xente.



 

En moitas desas vivendas, a entrada das persoas e dos animais (ghando, porcos, …) podía ser pola mesma porta, xeralmente da lareira, onde o piso era de barro pisado.

 

De ser a entrada común para todos, neste caso non puñan rodapés na porta. Non obstante, incluso anque a entrada fora diferente para persoas e animais, só por ser o piso de barro pisado, xa bastaba para non poñer rodapés deica un chan barrento. De tódolos xeitos, sexa como for, estas entradas tiñan todas soleira de pedra.



 

Na nosa casa "vella", a entrada dos animais era polo portal (latón o aluminio) do cuberto, independente do da xente.





(Arghola: aro de ferro onde se ataba o ghando, ou outro animal por calquera motivo)

 

E xa no cuberto, os animais conduçíanse para as cortes, e o cortello.



 

O piso superior onde estaban as habitaçións e outras partes da casa, podían cadrar sobor as cortes das vacas, separadas polo mesmo piso de madeira. Este sistema servía de calefacçión para a xente, pois aproveitaba o calor do ghando, que quentaba a madeira, e subía para riba.



 

No piso das habitaçións soía deixarse unha abertura reduçida de feitura cadrada, na que pousaba unha tapa sen cravar, chamada “trapa”, con bisaghra ou sen ela, e que se levantaba por unha asa ou agharradeiro, por mor de “alobear” (evacuar) o ventre e a vexigha.



 

Polo xeral estas “trapas” estaban calculadas para cadrar sobre un lateral da corte, ou nunha das súas esquinas, de xeito que non manchara os animais.



 

Non se pode diçir que o ghando estivera completamente libre dalghunha "inclemençia" sobor o seu lombo.



 

De non ter estas “trapas”, usábanse vaçenillas/vaçinillas que logho se baldeiraban onde mellor correspondera.



 

De non dispor de nincunha destas opçións, víanse obrighados a baixar e entrar na corte. Apartaban ao ghando para un lado, e façían as súas neçesidades nunha esquina, tratando de non ser pisados. Outros, sen entrar nas cortes, escollían no mesmo cuberto un currucho apartado, e ao acabar, estrábano (tapábano).



 

NOTA: Arredor do ano 1943 do século pasado, meus avós fixeron a casa nova, adxaçente á antigha vivenda.



 

Nesta nova casa, construiron un “retrete” artesanal para a súas neçesidades, que era unha peça oca e circular de porçelana adaptada nunha base de madeira, cuns laterais suplementarios de madeira para illar a friaxe da pedra do váter.



 

Baldeábase con xerras de aghua (esta traíase en senllas da fonte próxima), e limpábase a peça cunha pequena xestiña / escobiña. Despois cubrían a peça con outra tapa cadrada de madeira fixada en bisaghras.

(Senlla: utensilio para coller aghua da fonte. Esta senlla foi feita por meu pai Joaquín en setembro de 2013, para pór na pousa orixinal da casa de baixo, dos avós maternos de Cures. Casa dos "de Esperança". Ten dúas asas laterais, para agharrala.)

 

Dito “retrete” estaba situado na parte de atrás que dá á eira, na mesma altura do andar da entrada da vivenda. Fixérase enghadíndolle un pequeno anexo rectanghular á casa. Entón, todo caía ao nivel do chan sobre unha cama de batume, ou estro (nomeado por outras contornas como estrume, ou molime), o cal se volvía estrar reghularmente con novas ghalladas deses vexetais a través dunha pequena porta exterior de madeira.


(Saínte rectanghular na esquerda da foto que alberghaba o retrete, situado aprox. á altura da xanela)

 

Na ceifa do estercado e labrado das leiras, proçedía sacar o esterco humano do retrete ao través da boqueira ou pequena porta que estaba no exterior deste saínte rectanghular. Incluso podía sacarse antes desta época debido á valoura (volume) acumulada.

 

No mesmo intre construíron noutro departamento da casa, unha bañeira de cemento cuberta con baldosas brancas, que aparentaba unha bañeira actual, cun braço ou billa de ducha fixo e incrustado na parte alta da parede. Ao abrir a rosca, baixaba a aghua por un tubo de cobre desde o tanque (depósito) de uralita situado no piso superior da coçiña vella, pertençente á casa antigha e adxacente á nova.


(Tanque de aghua, na altura, e bañeira de mármol)


Este tanque enchíano con senllas de aghua traídas da fonte, que estaba perto da casa, pois non había rede da traída. Para mornar ou temperar a aghua do depósito anterior, había que quentar a cubeta de aghua que a nosa coçiña de ferro levaba empotrada na parede (outras levábana na mesma plancha metálica, ou na parte frontal de baixo), a cal se repuña continuamente, e sacábase para envorcala no tanque e mesturala coa que había nel.


("Anllar" para ghardar leña, piñas / Coçiña de ferro das de antes)

 

A augha xa enlixada polo baño da persoa, desaghuaba por un tubo que remataba nunha pequena cova escañada no chan, debaixo do patio. Como so saía augha, era perfectamente absorbido pola terra.




Dentro do cuarto onde se atopaba a bañeira “artesanal”, puxeron independente a ela, un pequeno moble de madeira feito na casa, no que lle colocaron unha palancana de "pedra branca"=porçelana, da feitura dunha pileta. Alí, ao seu carón pousaban a xerra de esmalte con aghua, e así envorcábana na “pileta” para lavar as mans, a cara, afeitarse, …




 

A augha "neghra" (suxa) arrebolábana onde houbera ou fora xeito. A todo esto, fixárase na parede un pequeno espello. Non existía daquela o papel hixiénico. Aproveitaban papel de periódico que traía miña avoa cando iba vender ó mercado, e á feira, como tamén en casos puntuais, polas portas dos clientes (dependendo do "xénero" ou víveres que cadraran). E senón, como alternativa para distintas situaçións e momentos, cando a xente atopábase traballando polo campo e no monte, empreghaban para a hixiene, elementos naturais e tradiçionais no açervo cultural, e da experiençia da xente: caroços, follas de plantas, fieitos, ...


(Palancana e xerra adaptado nun moble)

 

Creo que foi a primeira casa da aldea de Cures, e posiblemente da parroquia, senón unha das pioneiras, en adaptar unha bañeira de ducha con depósito para uso hixiénico da xente, xunto cun cuarto de baño: retrete, moble con pileta, ...


Tamén, na mesma liña foron os primeiros en ter patio enlousado, neste caso con pedra de porpiaño, diante da casa. Ighualmente, adiantáronse en pór soleira de mármol no chan da porta, e rodapés na entrada da casa, que era de esparto simple para limpar a base dos socos que tiñan chatolas. 



Trouxeran unha mesa rústica, de mármol blanco uniforme, adaptada en madeira para colocar na coçiña, que botou moitos anos sendo a única da aldea. Puxeron antes que ninquén, baldosa no chan dalghunhas dependençias da casa (entrada, coçiña, ¿cuarto da bañeira?). A nivel de tránsito pola aldea, os camiños delimitaban /estremaban cos muros de pedra nas súas beiras, separándoos das hortas, as vivendas, eiras, leiras, …, aghás as casas estremeiras aos camiños, pervivindo así ata os nosos días.



(Cancelos pequenos na horta das "Chonas", e xunto ao hórreo da casa dos da "Eira" )

 

En cada entrada de todo camiño que desembocaba na aldea, existía cadansúa cançela de madeira.


(Cançela)




(Santa Baia: posiblemente houbera alghún tipo de cançela )




(Camiño entre a casa das "Chonas" e o seu cuberto, que seghuindo a foto inferior,


xa na altura da casa dos da "Eira", debaixo do seu hórreo, hai un camiño de carro onde estaba unha cancela que daba paso ás leiras do "Naval")


(Camiño de pés, na baixada chamada das "Eiras", preto/perto da casa das Chonas, por onde se iba ao muíño da Aghra, ou tamén a Talloas, As Currucheiras, Os Bouçiños, ...)




(Camiño da "Fonte", no cal entre o poste de lus e a esquina do hórreo, había outra cancela de entrada á aldea)




(Camiño "da Crus", xunto a casa dos de "Arruchelo", onde se situaba unha cançela que podería estar na esquina da casa, ou senón á altura do hórreo)



(Camiño de subida ao "Boliño", a carón da casa dos de "Xan". Aquí atopábase outra cançela xunto ao muro empedrado que sostén un hórreo, o cal foi sacado da horta e traspasado aquí hai unhas décadas)


As cançelas evitaban que, os animais domésticos çeibados por alghunha xente polo camiños, fuxiran da aldea, e entraran nas terras veçiñas, ou se extraviasen. Do mesmo xeito impedían aos animais de fóra, entrar no lughar.



(Camas/buratos ou, sitios onde se aghuantaban as cancelas)






 

Toda aquela persoa que saía ou entraba na aldea, fose soa a pé, fora levando animais, ou con calquera apeiro de tracçión animal, tiña a obrigha moral e formal de pechar a cançela do camiño ao saír, ou entrar.



 

Arredor da década dos anos 40 foise abandoando o costume dalghunhas persoas, pois non eran todos, que tiñan de çeibar / botar os porcos polos camiños, como pequeno recreo dos animais. Por este motivo as cançelas non se arranchaban, e co tempo foron apodreçendo ata romper por completo, sen cheghar a reporse.


Cançela dunha leira


Cançelo dunha viña, ou horta

 
Alghunha das últimas persoas que lles tocou vivir esto, como por exemplo meu pai que daquela era rapás, pero moi preocupado, ofreceuse nese intre de cambio de hábitos, arranchar e repoñer as cançelas, pero a xente optou por abandonalas.

 

Oxe en día varias persoas continúan botando fóra as ghaliñas, as cales non se alonxan moito do ámbito do lughar.

 

Boa parte do tramo nos camiños da aldea en Cures, estaban empedrados. Polo menos no que respecta por diante de cada casa, onde lle botaban batume enriba para façer cañeiras, e obter esterco.


(Mirando de fronte a foto, vimos desde varios ramales: de "Fraís", da "Devesa", de "Piñoi" e aquí entramos á aldea para empatar co camiño "da Crus")


Outras partes do recorrido puderan non estar empedradas. Daquela cando se empedraban os camiños, de existir o alcalde de barrios, este avisaba polas portas e petaba nelas diçindo: “Hai que ir ós camiños.” E moito antes da creaçión de tal representante do municipio, nomeado directamente polo alcalde, enténdese que o “veçindario” dun xeito individual ou colectivo, empedrarían “daquela maneira”.





Xa na década dos anos 80, a comunidade de veçiños dispúxose a rechear con cemento tódolos viais do núcleo da aldea, desapareçendo as lameiras e cañeiras. Pero tamén, pudera ter despareçido alghún cacho empedrado, de habelo. 

NOTA: Meu avó Ramón de Esperança, construíra un muro de porpiaño diante da casa materna, seghuramente arredor do ano 1943, cando fixo a "casa nova". Este muro, delimitaba o camiño de servidume que pasaba por alí, para serviço noso e dos do Currucho (que tiñan a súa parte desde o iniçio do seu cuberto ata o remate, onde hoxe começa a pista interparroquial). Tamén podía usalo quen quixera. Así, atallábase o paso ou traxecto que discorría á altura das dúas casas, para chegharmos ao hórreo que nós tíñamos na horta e leira da Santa Baia. Diçir que, a casa máis vella (anterior á nova de 1943, xa estaba de moi antigho. Mais, antes de feita a casa nova, xa empedrara "a nosa parte da serventía" (toda a lonxitude e anchura, tocando coas paredes das casas de enfronte, desde o cuberto ata o remate da esquina da casa).



Técnicamente, seghundo os documentos familiares, un de 1915 e, outro de 1930, ese camiño de servidume desde a esquina do noso cuberto ata o remate da esquina da casa, pertençía aos de Esperança. Sen embargho, no ano 1956, un empreghado muniçipal veu levantar acta para un inventario muniçipal de bens e camiños. E, "suponse" que lle preghuntaría a alghún viçiño ou viçiña, se ese camiño era público. No caso de que preghuntara, ese viçiñ@ diría que sí. Ou se cadra, por iniçiativa propia, o empreghado declarouno como público. Sexa como for, con preghunta ou sen ela, o caso e que esta vía de servidume ou serventía, pasou a ser un "ben demanial", é diçir, público. Desde março de 2015, este tramo empedrado está cementado.




(Reghueiro onde desemboca a aghua. A carón do cuberto das Chonas)

 

Á hora de comprar o porco, sexa na feira, ou en calquera outra parte, débese calcular a marxe de tempo para que o seu sacrifiçio cadre no inverno. Como mínimo o animal debería sacrificarse cuns nove ou des meses.


 

De pequenos, se son naçidos na casa, maman na nai ata tarde. Logho vén o destete, que é cando deixan de mamar, e de seghuido arrincan comendo da mesma comida que se lle dá á nai.



 

Na actualidade para o arranque dos porquiños, aparte de alimentárense da mesma comida que os adultos, mestúranselle pequenas contías de penso para a súa medra.




(Entrada ó cortello dos "do Castaño". Vemos diante da porta, e moi acaroados/xuntos, unha carreta con herba, çestos, bocois=barriles ou ou perfias, varas da viña, caldeiros)

 

Cando os porcos xa ían maiores, nosos pais e avós preparábanlle "a lavadura ou masada do porco", que consistía en coçerlle no pote, colocado no tres pés sobre a lareira, un remexido de aghua, patacas moi contadas que puderan sobrarlle á xente, verduras, fariña máis ben pouca que moita, ou senón relón (casca do millo), pois façía falta para a xente façer a boroa.




Despois de estar todo coçido, botábase nun valde de madeira, pois o plástico non existía, e pisábase cunha lighoña=leghoña, unha sacha ou un sacho, converténdoo todo nunha masa, que viña sendo a chamada "lavadura ou masada do porco". Esta repartíase como comida ó lonco do día, ata onde cheghase: un día, dous ou tres.


Seghundo me contaron meus pais, durante a súa época, e antighamente tamén case que seghuro, a xente da beira do mar dáballe maghas de peixes ós porcos. Esto complementábase con alghunhas verduras crúas ou coçidas, e herba fina=delghada que puderan apañar, pois non era un lughar de moita terra.



Estas verduras, herba, ..., podía dárselle en forma de "lavadura ou masada do porco", ou por separado.
O millo escaseáballe, e por descontado non lle podían dar fariña ós porcos, xa que non lle cheghaba para eles.A estes porcos que entre a súa dieta, lle intercalaban asiduamente maghas de peixe, cheghado o momento do sacrifiçio, disque a súa carne non tiña bo sabor, xa que se lle notaba ese cheiro a peixe.


Esto pode deberse a que a ghraxa do peixe, chamada saín, ó remoela os porcos, produçe açeite de saín, que se filtra no orghanismo, quedando na carne do animal.


En séculos pasados as maghas (saín) das sardiñas, e doutros peixes, destinábano ás fábricas de salaçóns para ser prensado, e obter açeite delas, que se usaban para as chamadas "lámparas de saín" nas casas, todavía durante a década dos 50-60. Afumaban moito.


Xa, desde finais do 1770 e pico, este açeite exportábase a ghrandes vilas importantes da península, non so para as lámparas de saín, senón para o inçipente alumeado público con farolas, nas rúas dalghuna capital importante daquela época.
Como parte complementaria a esta escases, existía a venda de peixe a pé efectuada polas mulleres da beira do mar que ían ás aldeas, e subían á montaña, intercambiando a súa mercadoría da vaçía por frutos aghrícolas como alghunhas espighas, ou unhas poucas patacas, senón ovos, ..., é diçir, o que puderan apañar.


O preço do peixe podía estar xa definido ou estipulado de antemán, pero se ó comprador non lle cheghaban os cartos, ou non tiña, complementábase co troco de produtos da terra, seghundo o que faltara. Quen non tiña medios para comprar, nin alimentos sufiçientes para comer, tiña que esquençerse dos peixes. Podía haber xente que podendo ou façendo por poder, trataba de axudar á vendedora con alghunha dádiva a maiores.
Con mellores tempos, e dende hai unhas décadas, a dieta alimentaria neste caso dos porcos, abrangue un amplo abano: verduras, millo en ghran, ou fariña de millo, patacas crúas ou coçidas, froita pasada, leghumes, cereais, restos de comida que non leven ósos ou espiñas, tonas de patacas e doutros froitos e hortaliças, …


Desde que fixo apariçión entre nós o penso (alimento seco), desde mil noveçentos setenta e pico,
tamén se lle complementan pequenas cantidades deste material, sendo maior o alimento natural que o penso, sempre e cando se queira que a carne teña boa sustançia e sexa saudable, libre de excesivo penso, hormonas, ….



(Estercando leira con forcada / Leira de ghrelos / Palleiros de çenteo na açotea da casa)

 

Contan meus proxenitores que na matança desta contorna, prácticamente tódalas casas tiñan un porco para matar, e ghardar como despensa. Así e todo, existían alghunhas diferençias, pois había quen tiña dous porcos, outros tres, sendo sacrificados todos os da mesma casa durante esa época do ano, ou nese mesmo día, seghundo conviñera.




Non se aconsella matar en días de brétema, nin tampouco cando a lúa vai na força (creçente para chea), porque a carne pode criar "sens", é dicir, o "bicho" ou "bichoco". Aconséllase matalo en días de frío e xiadas, así como cando a lúa vai en cuarto mencuante xa que perde a força.