miércoles, 18 de julio de 2012

OS MUÍÑOS NO ENTORNO DA ALDEA DE MOIMENTA, por Ramón Laíño

Saíndo de Moimenta direcçión noroeste, e monte arriba, atopamos o primeiro muíño chamado "Muíño dos Maios".






















Perto do muíño dos Maios, atopamos ao subir o que se conoçe como "Camiño de Pá, ou Calçada de Pá", empedrado de antigho. Realmente xa começaba desde as primeiras casas a carón da estrada de Boiro-Noia. Hoxe polo medio da aldea empedrouse con lousas cortadas a medida.

Seghuindo por el, e aproximadamente a uns cen metros encontramos un seghundo muíño a man dereita. Leva o nome de "Muíño Pequeno". Está nunha toxeira con pendente.

























Fronte ao anterior, e á man esquerda xusto na beira do camiño, hai un terçeiro muíño. Conóçeno como "Muíño dos Hermos".





























Retomando a rota deica riba, e a unha determinada distançia,


atopamos nunha pequena chan de laxes, unhas rodeiras evidentes, e profundas, causadas polas lamias de ferro dos carros, que transitaron durante séculos.


As rodas buscaban o seu sitio,


e co tempo, uns detrás dos outros foron afondando,


e ancheando a cama das rodeiras



A man esquerda, fronte a esta pequena chan de laxes, e nun altiño, vemos a rentes do camiño, un cuarto muíño. Denomínano "Muíño das Escaleiras".























Continuamos camiñando en sentido asçendente.


Na foto do medio, laxes arranxadas polo home, e asentadas no terreo, empedrando o camiño nos sitios onde lles fixo falta.

As pedras, e a terra, en ocasións barro, intercálanse ó lonco do camiño. Hai espaços en que non están empedrados.







A uns cen metros do muíño anterior, e tamén a man esquerda, damos co quinto muíño desta vía. Chámano "Muíño de Esteiras".








Continuamos uns cantos metros, e atopamos un cruçe de camiños, onde pasa un reghueiro de aghua.




De fronte para riba, está un camiño empedrado, chamado a Portela de Pá.


Aquí, neste mesmo punto, antighamente había unha cançela que ghardaba as propiedades fronte ós animais, ou como estrema indicativa para xente doutras aldeas. Esta abríase, e pechábase seghundo se pasara por ela, como fronteira de cara a fóra, e tamén para os de dentro.


Á dereita, outro camiño de terra, e herba, que nomean camiño de Pedra Lonca.



Se subimos a rentes do reghueiro, monte arriba, imos atoparnos co sexto, e derradeiro muíño, xusto a carón do propio reghueiro.




Chámano "O Muíño Novo", e sen embargho é o máis antigho de tódolos seis descritos aquí.