jueves, 19 de septiembre de 2013

FAÇENDO UNHA SENLLA, por Ramón Laíño


Á hora de façer unha senlla, debemos calcular a base e o volume do espaço onde se pousará.  Para esto, medimos o seu ancho, fondo e altura, simplemente cun metro. 


Posteriormente, trasladamos estas medidas a unha plancha, ou táboa. Logho, cun compás imos probando ata axustarnos a estes parámetros, e marcamos na plancha a circunferencia xa definida. Traçamos o diámetro, e verificamos o marcado. 


Neçesitamos madeira para façer a senlla. Neste caso, dispoñemos de doelas de perfias desfeitas. Buscamos as máis axeitadas, que estean en bo estado.


Recortamos cada punta da doela que empreghuemos do barril, onde ten a marca do xabre. Aghora, tendo en conta a altura que terá a senlla, cortamos a doela a medida. Despois cepillamos co cepill



E así, sucesivamente, ata conseghuir todas as peças para completar o corpo da senlla. Temos xa a madeira lista, á cal lle marcaremos "a ghordura", ou sobrante mediante o ghramil (ferramenta de carpintaría), e lla sacaremos co cepillo eléctrico.  



O ghramil úsase para traçar liñas paralelas no bordo dunha peça. Ten un manco de madeira que remata nunha cabeça de media lúa. Nunha parte do manco, xa moi perto da media lúa, ten cravada unha punta, que marca a ghordura sobrante de calquera táboa. Expresión: O carpinteiro para marcar os sucos da táboa, usa o ghramil.


Debemos dispoñer de arcos dalghún barril, ou dunha tina para façer a senlla. Desde o iniçio da montaxe é preçiso ter, ou senón, adaptar un arco como veremos máis adiante, ás dimensións que vai ter a senlla. Neste caso, o propio carpinteiro enghancha no arco un pau ata o chan, coa fin de estableçer a altura deste arco. 


Tamén no arco, pero cara riba, chanta unha táboa pequena para poder arranxarse el só, de paso que coloca, e aghuanta as peças da senlla. 


Vainas acheghando, e xuntando unhas a outras, ata o seu remate. Cada ves que fagha falta, pómoslle a "montea", ou táboa xa preparada, a cal serve tanto para mirarlle a volta, coma o escuadro da madeira traballada.


Despois dáselles forma e nivélase cun martelo, maçeta, ...


De seghuido, cun chaço, e unha maçeta, ou un martelo, báixaselle o arco para apertala, e estruturala.


Dándolle retoques, ata que o reçipiente vai collendo a forma propia do que debe ser.


Antes de proseghuir coas seghuintes fases, debe aseghurarse que as medidas da parte superior, e do fondo da senlla continúan dentro das dimensión estableçidas. 


Para a parte superior, perto da boca, collemos outro arco aproximado a esta enverghadura, máis que nada para non malghastar metros de metal, e córtase por exemplo, cunha rebarbadora.


No seu fondo, ou base, xa se lle colocara un arco para que non se desfagha a súa estrutura. No que respecta ao arco da parte do pescoço, probámolo na altura apropiada, apertándoo coa man ata calcular o punto de unión.


Límanse as súas unións coa mesma máquina.


Pómolo no torno para fixalo, sen que se mova.


Preparamos o taladro con broca de ferro, dun calibre acostumado seghundo o tipo de remache, e furamos no punto marcado. 


Buscamos algho que teña forma de remache (punta, tornillo, remache, ...), e suxeitámolo cun alicates de presión. Prendemos (açendemos) o esmeril, e ímolo desbastando, ata conseghuir a forma axeitada. 


Metémolo dentro do burato con algho de força, axudándonos do mesmo alicates de presión. Cunha serra de ferro, serramos un pouco por riba da parte saínte do remache.


Sacamos o arco do torno, e situamos o punto onde está o remache nun sitio duro, coma por exemplo enriba do torno. Logho, batémoslle coa maçeta, ou un martelo a punta do remache, para esmacholalo ben.


Dámoslle uns retoques coa pulidora antes de colocalo. Entón, pómolo na parte superior do pescoço do recipiente. Batemos o arco co chaço, e cunha maçeta para que aperten ben.


Logho de baixado e axustado, ao arco ímolo maçando coa maçeta para “darlle viaxe”, de xeito que medre ao ancho pola parte de baixo do arco.


Preparamos a pulidora, ou lixadora para a madeira. 


Lixamos ben por dentro. 


Aghora, imos sacarlle ghordura á boca da senlla. Para eso, primeiro marcamos co lapis á metade da súa anchura. De seghuido, coa caladora imos cortando pola liña de carbón. 


Na seghunda volta, cortamos en “ochava”, é diçir, dámoslle o corte algho inclinado. 


Esa sería a súa forma.


Pulimos este corte da boca para quitar desniveis da liña traçada pola caladora. 


Sacamos o arco da parte superior, e coa pulidora (lixadora) de ferro, pulímoslle as beiras, tamén por dentro, e algho por fóra. 


Coa lixa de man, pulimos a banda, e arredores onde se asenta o arco. 


Asentamos o arco coa maçeta, e o chaço. Entón, maçámolo para “darlle viaxe”.


Dándolle coa escofina á madeira, entre a boca e o extremo superior do arco. 


Pulimos o arco ata deixalo brillante.


Aproveitamos para lixar a superfiçie da madeira entre os arcos dos extremos, debido a que sempre colle manchas mentres se traballa con ela. Volteámola co fondo para riba. Hai que nivelarlle a base, e para eso, empreghamos o cepillo eléctrico. Vaise en volta, ata completar o recorrido. 


Lixamos o arco do medio polas beiras, e por dentro. 


Axustámolo ao seu corpo. Pulimos ben por fóra o arco central, ata que brille. 


Volteamos a senlla, e sacamos o arco da base. Realiçámoslle as mesmas operaçións que os outros, como poñelo, axustalo, e abrillantalo no seu sitio.


Intercalamos pulido (lixado) dos espaços de madeira, entre os arcos, debido ás constantes marcas que deixa a ferramenta, e o lixo.  


Preparamos unha xabradeira. Instrumento de carpintaría que se empregha para xabrear, é diçir, para façer o xabre. É de madeira con cabeça en forma de media lúa. Ten un manco de pau, no cal, xa moi perto da media lúa, vai incrustado un pequeniño serrucho para façer o xabre. 


Xabre: Fenda que se fai en certos obxectos para encaixar, ou inserir nela alghunha peça. Preparamos unha táboa e dámoslle forma de media lúa. Furamos cun barreno, trade, ...no medio e medio. 


Preparámoslle un manco, e colocámosllo. 



Cortamos un anaquiño de serrucho, mesmo coa rebarbadora. 


Dámoslle forma, e limámoslle os dentes no torno. 


Cravámolo a unha determinada medida do manco, perto do cabeçal da xabradeira. 


Xabradeira rematada.


Aghárrase o corpo do recipiente, situamos o cabeçal de media lúa enriba do fondo da senlla, e vaise riscando co serrucho que ten no manco da xabradeira, ata dar todo a volta. Podemos repetir a operaçión as veçes que fagha falla para un mellor marcado.


De tódolos xeitos, afóndase cunha trencha para façerlle máis sitio. 


Cheghamos á preparaçión do fondo da senlla. Buscamos madeira en bo estado.


Recortamos o xabre da propia doela que compuña as perfias. E a partir de aquí, tomamos as medidas, e cortamos sempre cun pouco máis de marxe.


Repetimos esta operaçión ata ter a madeira neçesaria que cubra o fondo.



Aghora, co cepillo eléctrico quitámoslle algho de lombo. 


Marcámoslle "a ghordura", ou sobrante mediante o ghramil (ferramenta de carpintaría), e sacámoslla co cepillo eléctrico.  


Comprobando co escuadro a medida en ánghulo recto da madeira. Xuntando toda a madeira preparada.



Tomando co compás as medidas en circunferencia do xabre. 


Trasladando estas medidas co compás sobre a madeira do fondo. Asentando, e suxeitando cunha prensa, unha das súas beiras.


Volvendo medir. Axudándose cunha prensa a maiores noutro dos seus laterais. 


Riscamos co compás.


Numeramos as táboas, e marcamos o suco do riscado cun lápis.


Recortamos coa caladora. 


Dámoslle coa escofina para pulila a rentes, ou a carón das liñas traçadas. 


Marcamos co lápis para “sacala ao ghordo”. 


Pasámoslle indistintamente cepillo de man, escofina, cepillo eléctrico, ..., seghundo fagha falla. 



No seu remate as peças quedan en ochava por ambas partes, por mor de encaixar no seu sitio.


Volteamos a senlla, e quitámoslle o arco do fondo para afrouxala. Imos asentando a madeira por orde de numeración, dun xeito firme no xabre.


A última peça abocámola no suco, e asentámola baténdolle co manco do maçeta, ou co que cadre. 


Pómoslle o arco, colocámola de pé, e axustamos coa maçeta e o chaço.


Volteámola, e batémoslle no arco para “dárlle viaxe”, e ao mesmo tempo que encaixe o fondo no xabre. 


Tapamos os arcos con cinta de papel, e dámoslle unha man, ou máis de verniçado. 


Cando estea enxoito, sacámoslle as tiras de papel. Lixando a man alghúns defectos do arco do fondo.


Cubrimos a madeira xa verniçada, coa fin de pintar os arcos. 


Pintura de imprimaçión para protexer o metal contra do óxido. Reméxese para diluíla ben, e que corra doadamente. Dáselle unha man, ou máis se querer, pero intentando non deixar espaços sen protexer. 


Logho de enxughar,dámoslle unha pintura dourada.


Cubriremos ben a imprimaçión, 


e eso inclúe as beiras internas dos arcos, e remaches. 


Cheghamos ao momento de preparar a tapa. Medimos co compás as dimensións da boca da senlla. 


Trasladamos as medidas a unha táboa, e riscamos nela co compás.


Suxeitamos cunha prensa, e cortamos coa caladora para logho ver como se asenta na boca. 


Marcamos co compás para façer o encaixe, e quitamos aleiro coa caladora.


Pola parte interior que ven sendo o fondo da tapa, desbastamos en ochava co cepillo electrico. 


A tapa vai ao torno, e traçamos unha liña media co propio serrón de man. 



Logho, xa fóra do torno, recortamos un pouco con este serrón de man. Medimos co compás para deixarlle un aleiro exterior ao círculo da parte de riba da tapa.


Recortamos co serrón de cota, que é máis preçiso, e desbastamos coa escofina. 


Lixamos coa pulidora, 


pasámoslle a escofina nos sitios preçisos, e aplicámoslle a lixa de man para mellor acabado.


Furamos a tapa no seu centro para o tornillo, e o seu embeleçedor de asa. 


Verniçamos, e esperamos a que enxughue.


Logho de enxoita, metémoslle o tornillo, enroscándoo no embeleçedor mediante un destornillador. 


Tapa xa montada co embeleçedor de asa.


Toca o momento de levala á pousa da senlla. Pómos o recipiente na súa base, e situámoslle unha das asas que xa case cadra no medio da circunferencia.


Espichamos cun pincho metálico no oco, e apertámoslle cadanseu parafuso nos espaços.


Medimos o seu diámetro por riba da asa colocada, e así marcar no lado contrario. 


Probámolo adaptado no seu asento, por ver se permite estas medidas que tomamos. Espichamos o pincho no sitio da asa que falta. 


Proçedemos coma no caso anterior, completando o xogho de asas, 


e finalmente colocamos a senlla na súa pousa.