domingo, 13 de octubre de 2013

AIRE, por Ramón Laíño





Aire, soplo de alento divino,
convertido en ser alado e invisible,
desde aquel tempo oculto en misterio,
por tantas criaturas respirado.


Aire que me envolve e me acariçia,
aire que respiro, ¿a onde irá?
Como espello prodixioso, apenas terrenal,
dunha eternidade enamorada.


Soños inhalados dun día limpo e claro,
visión iluminada dun firmamento estrelado.
Como un inoçente xogho de nenos,
diríxome hacia o seu encontro.


Camiñante perpetuo,
de ancha e inmensa envoltura,
diluído en transparente brisa,
asçendendo ata o espírito.


Cristal sen corpo nin forma,
errante de sendeiros non marcados,
onde a lus como un suspiro traspasa,
para mostrar o mundo que habita.


Sen rumbo coneçido avança o ançián da vida,
apenas materia, ou quiçais sen ela,
entre a espesura do bosque, e a brétema,
sobre o río e o mar, a chan e a montaña.


Ao sol dóranse as alturas,
amigho dos froitos e os penedos.
E entre a claridade e as pedras,
hai xúbilo de revoloteos.


Dança a axitada follaxe,
no horiçonte arbolado,
como torres ao unísono de perenne frescor,
erghuéndose amighas ata o ceo.


Na imperçeptible levedade,
do esplendor da túa ghloria,
vive certo e puro,
o berçe da noble estirpe.


Es aire do día, e da noite.
Amañeçes na brisa fresca da madrughada.
Surcas na quentura morna do ocaso.
¡Meu aire no tempo, de aghora e de sempre.!


Esplendor dun ceo de brancos e açules.
Intensamente puros. Alborotados.
Aleghrías de tenues cores.
Avisan de divinidades e lumes.


Ghrupos de paxaros elevan o voo.
Soben, baixan, xiran.
Brincando. ¡Mirade, alí van!
Todos axudan neste enigma creado.


A vida sen parar,
humilde vale.
En silençio vai polo aire.
É aire. ¡Case nada.!


Susurra o aire, quen non quere pareçer novo,
un vello e antigho cantar.
Como ritmo dunha oraçión,
enviada desde o paraíso.


Aire da soedade, aire da liberdade.
Irmán inseparable, irmán invisible.
Lévame contigho ata a última fronteira.
¡Lévame!