viernes, 22 de mayo de 2015

UNHA MINA DE COLONIA, por Ramón Laíño



Era o ano 34 do século pasado e o tempo continuaba o seu curso na aldea de Cures.

Por aquel entón, unha mestra xoven punha escola no andar superior da casa do Castaño.



Fora enviada para reempraçar á primeira predeçesora, dona Elvira, natural de Santa Luçía de Tarás, da Serra de Outes.



O período de estançia desta primeira mestra, abranguía dende 1927, data de construçión da casa, ate 1933. Nesta fecha, a ensinante trocou de destino, ou xubilouse.


A nova professora, chamada dona Benedita, cando cheghou a esta aldea, contaba com vintedous ou vintetrés anos. Era nativa de Pontevea (Reis, Teo) e estaba casada em Santiagho. E como non conoçía a ninquén, intentou relaçionarse coa xente.

Unha das primeiras persoas coas que estableçeu íntima amizade, foi coa senhora Adelina das Chonas. 


Pouco a pouco, colleu confiança com mais veçiños.


Outra das persoas coas que se levaba bem, era coa sra. Secundina do Cacheiro, irmán da avoa materna, Esperança. Por tanto, tía de miña nai.



Polo que se refire ao seu acervo estético, moi marcado, era característico o uso intenso e cuantioso de colônia. Isto indicava unha orixe de alto status familiar.



Lembran que por onde pasaba, permaneçía o arreçendo a perfume.




En ocasións, com bo tempo, sacaba aos nenos da escola para levalos á paraxe de “O camposo do Lardoeiro” que pertençía aos do Currucho. E a xente podia perçibir esse arreçendor, a unha distançia normal para o olfato.



Din que a mestra, expresaba o seu desexo de ser madrinha dalghún pequeno do lughar. 

Foto dalghúns veçiños de Cures que a foron saudar a Santiagho, ou a Pontevea (súa terra), logho de ser destinada a Cacheiras. Aproximadamente no ano 1960.



Tanto dexesaba ser madrinha que no 1936, cando tía Secundina se atopaba en estado, dona Benedita concordou con ela, ser madriña da criatura.

Logho de naçer a nena, a mestra púxolle de nome, Benedita, igual cá ela. Polo tanto, aghora a nai da nena e a mestra, aparte de amigas, eran comadres. 

Na foto inferior, a afillada Benedita cun ramo de flores nas mans. E á dereita, dona Benedita cun bolso na man. Por esta época, 1960, a mestra xa estaba destinada en Cacheiras, Teo. 


Arredor do 1964, a mestra enfermou cando daba clases en Cacheiras. E aprox. no ano 65, ou 66, faleçeu.

Mentres puxo escola en Cures, a mestra vivía na aldea. Permaneçía aquí, de luns a venres ao longo do curso escolar, aghás vacaçións. Con ela habitaba o primeiro marido, contra o cal se ten enfrontado por defender a distintas persoas.  

Habitaban o piso superior da casa do Castanho, nunhas dependências a carón do cuarto da escola. 




Por outra banda, os propietarios da vivenda, estaban no Arruchelo, en Cures. Pero, despois da ghuerra, unha filla do propietario, a sra. Manoela, casou co Castanho de Pousada-Tallara e viñeron vivir ao primeiro andar desta casa.

Os fins de semana e festivos, a mestra ía co home no seu coche ate Santiagho, ou a Pontevea, terra dela. Tamén tiña moto. Esto sucedeu aprox. desde 1933 ate 1943, ou 1944, en que lle faleçeu o marido, de tremebunda e pesada memoria.



Ían por Boiro, distançia mais curta para alcançar a estrada Boiro-Santiagho. Por outra banda, a vía Boiro-Noia, daquela era unha pista de barro e ghrava.

Ademáis, non había caminho de saída desde a aldea ata a pista. 



Por isso, sempre deixaba o coche e a moto na pista, a carón da forxa e da casa dos tíos Domincos e Secundina. Deste xeito, o punto de partida era desde aqui.



Diçir tamén que a fraghua construírase no 1934 e pouco despois, no mesmo ano, rematouse a casa.

Naquela época, había o coche de liña “do Faxeiro” de Taraghoña e outro de “Angelito” de Rianxo. Tinhan unha hora de ida e outra de volta, os xoves de feira em Noia. Tamén unha hora de ida e unha de volta, os domincos. 



Todo esto durante a semana. Por iso, xeralmente, a mestra ía no coche particular, co seu primeiro home.



Neses anos, cando dona Benedita baixaba na parada de Cures, acostumaba ir á casa de tía Secundina.

Na fraghua, traballaba o sr. Domincos do Caseiro, tío de meu pai. 



Pero tamén estaba de aprendís, Ramón da Xastra, de doze ou treze anos quen mais tarde casaría con tía Benigna, irmán de miña nai.




Um día pola semana do ano 34, a mestra volvía de vacaçións de Pontevea, no coche do home. Ao chegharen a Cures, aparcaron o veículo onda sempre e a mestra baixou cun frasco de colônia na man.



Sem embargho, á altura da forja, caeulle ao chan e rompeu. Ela quedou toda apesarada porque era a colonia de toda a semana. Sen embargo, recolleu os cristais e encarouse á porta da tía. 



Petou e entrou para falaren das súas cousas.




O líquido deixou tal perfume que arreçendía por todo arredor. E así, o aprendís da fraghua ao ver a esçea, ocorréuselle unha idea. Aproveitou a ocasión para coller um esqueiro e façer unhas covas polo barraçeiro, fronte á forxa.



As covas semellaban pequenas minas a ceo aberto, en busca de colônia.

Máis tarde, veu por alí un home de Pomar do Rio. Tanto lle ulía a colonia que quedou asombrado.

Daquela, a xente común non se sabía como se obtiña a colonia.



E tampouco, a usaba. Ademáis, era inaçesible porque non había nin para comer.


Entón, este home que tanto lle arreçendía a perfume, foise cara á forxa e díxolle aos que alí estaban:




-      ¿E moito arreçende aquí?



Vai o aprendís Ramón da Xastra, e sinalando as covas, respóndelle:



-      ¡Si, oh!  ¡Estamos buscando aquí unha mina de colonia.!

A persoa marchouse toda convençida da explicaçión. E cando cheghou a Pomar do Río, 



contoulhes aos veçiños que xunto á fraghua de Domincos do Caseiro, había unha mina de colonia.




As xentes desa aldea, ao escoitaren a historia, viñeron ata a mina para buscar colonia. Pero ninquén a puido atopar.