A quen a Santa Compaña encontrase de noite no camiño, diçíanlle que tiña que ir con eles. A compañía destas almas, íban reçando en proçesión. Penso que cando collían alghunha persoa de noite, dábanlle unha vela prendida para ir camiñando ¿e reçando? con eles. Din quen para librarse dela, non debía irse de noite polos camiños.
Naquel tempo que non había alumeado público, nin lus nas casas, eran máis propiçias estas apariçións. Relata a xente maior que as persoas de antes para evitar que a Santa Compaña os levase con ela, saían da casa cun cacho de boroa, ou mesmo un carolo de boroa no peto do pantalón, ou da chaqueta. E de toparse con ela, había que sacalo e pórse a comelo.
Outra posibilidade, de velos ao lonxe, era apartarse rápidamente do camiño, e non mirar para ela. Algho me soa, ighualmente de que debían "entrelaçarse" alghúns dedos de calquera man, ¿sen verche as mans?
Como se ve, esta entidade anterior ao cristianismo, está influída pola relixión (por eso falan de que a persoa viva que encabeçaba a Santa Compaña, levaba unha crus ou se cadra, un caldeiro de aghua bendita), anque verdadeiramente, pérdese na noite dos tempos.
Entón, a un que colleran, preghuntáronlle como era costume:
- ¿Oístelas misas de Nadal?
Respondeu
el:
-
Se Deus quer (significa que si)
-
Ben che cadrou. (Salvástete)
Entón,
non o levaron. Se non as oíra, levábano.
Un
home peghoulle a unha muller. E preghuntoulle ela:
- ¿Elogho, por qué me peghas?
Dille
el:
- Para que non préstela machada.
Respóndella
ela:
- Pero, se aínda non a temos.
Contéstalle el:
- Para cando a teñamos.
OS IRMÁNS E AS SARDIÑAS
Daquela, era costume que
ghrupos de xente de distintas aldeas da parroquia de Cures, foran
buscar cestos de sardiñas na temporada delas, ao muelle de Portosín.
Para eso, collían o camiño sacramental ou camiño real, desde o alto da Ameán á altura de
Carboeiro.
Indo por el que vai monte a través, pasaban polas Aldeas do
Monte e, baixaban hastra Nebra. Logho, desde ahí, iban ata o
muelle de Portosín. Neste porto sempre había máis sardiñas que en Aghüeiros, Rianxo.
Anque neste último, eran de ighual calidade, había pouca cantidade. Por eso, a xente iba a Portosín en busca de cestos delas para salghar para todo o ano.
En troques, no que respecta ás xoubas, tiñan e teñen un pouco de mellor fama as de Aghüeiros que as de Portosín. Anque estas últimas tamén saben ben. Un motivo desta diferençia é, que acumulan máis ghraxiña, e alghunha que outra distinçión máis, debido quiçais ás súas aghuas etç.
Diçir que en alghunhas casas, por exemplo na nosa de Esperança, tiñan un baño do peixe, no mesmo interior do espaço, separado do baño do porco por unha parede.
Desaghües na base, tapados con cortiças, rollas ou tapóns para evitar os ratos
E, neste "do peixe", antes de salghalo, había que lañalo. É diçir, abrir o peixe para sacarlle as tripas e despois, botarlle un pouco de sal no fondo do baño. Acto seghuido, envorcaban nun plato ou nun balde, etç. un pouco sal para ensoufar o peixe nel, ou se cadra xa o emboutaban no mesmo sal do fondo do baño.
Entón, colocaban no baño unha pila por cada tipo de peixe, seghundo a época. Ao final, areábano con sal por riba ou, botábanlle unha capa del. (Non creo que llo botaran a eito=discreçión, xa que non sobraba nada naqueles tempos, e había que aproveitar ben todo, incluído o sal. Máis así, diría que o areaban por riba.) Xeralmente, tiñan unha pila de sardiñas, unha de xurelos e outra de xardas.
Anque neste último, eran de ighual calidade, había pouca cantidade. Por eso, a xente iba a Portosín en busca de cestos delas para salghar para todo o ano.
En troques, no que respecta ás xoubas, tiñan e teñen un pouco de mellor fama as de Aghüeiros que as de Portosín. Anque estas últimas tamén saben ben. Un motivo desta diferençia é, que acumulan máis ghraxiña, e alghunha que outra distinçión máis, debido quiçais ás súas aghuas etç.
Diçir que en alghunhas casas, por exemplo na nosa de Esperança, tiñan un baño do peixe, no mesmo interior do espaço, separado do baño do porco por unha parede.
Vista desde un lado
Desaghües na base, tapados con cortiças, rollas ou tapóns para evitar os ratos
Perspectiva desde abaixo
Interior, con estantes de madeira, onde podían pousarse olas de barro, de metal, e outros utensilios varios
Baño do porco
Baño do peixe, máis estreito cá o baño do porco. Véxase a parede divisoria
E, neste "do peixe", antes de salghalo, había que lañalo. É diçir, abrir o peixe para sacarlle as tripas e despois, botarlle un pouco de sal no fondo do baño. Acto seghuido, envorcaban nun plato ou nun balde, etç. un pouco sal para ensoufar o peixe nel, ou se cadra xa o emboutaban no mesmo sal do fondo do baño.
Entón conta un conto, máis ben realidade de dous irmáns, que logho de cargharen as sardiñas nos çestos, subían con elas na cabeça por Xamiñón arriba (beira do Iroite que dá a Calo-Nebra, antes de cheghar á Ghraña).
O
que iba atrás, chamado José, diçía:
- ¡Esperade por min!
- ¡O que non corre voa, José! ¡O que non corre, voa!
Era un home que un día
saleu para fóra da casa e dixo:
- Vou matar un home!
E
o primeiro que veu, foi a un vello. E díxose:
- Boeno, este xa foi.
Foi máis para diante e topou cun rapás. E falou para sí:
- Este aínda o ha de ser.
Era
un home que naveghaba. Mandáballe cartos á muller. El tamén lle
preghuntaba por carta a ela, como lle iba e se acabara os cartos. E
ela, escribíalle:
- No tengo, ni debo.
Cheghan
dous a un bar e sáltalle o taberneiro:
- Unha copa de viño ribeiro e, vai tomar polo cu o taberneiro.
- Unha copa de
aghuardiente, vai tomar polo cu o cliente.
Era
un matrimonio de vellos que tiña a casa na beira dun camiño. E á
muller, dábaselle por invitar á xente que pasaba por alí. Un día,
pasaba unha parella xoven (moço e moça) e, díxolle a vella da
casa:
- ¡Vinde comer o caldiño, oh! Vinde! ¡Vinde comer o caldo! ¡Vinde oh!
Din
eles:
- Non, oh! ¡Non imos, oh! ¡Non imos!
E
cando marcharon, dille o home da vella:
- ¡Pero ti, muller! ¡A invitar a tomar o caldo! ¡E se viñeran, non temos caldo, nin boroa!
Un
que foi ao médico e, cando cheghou de volta á casa, dille a muller:
- ¿Qué che dixo o médico?
Responde
el:
- Que me oupere.
A
esto, contesta ela:
- Pois, oupérate home, oupérate. Se pagharas ti, pero pagha o seghuro.
Un
home tiña moitas çereixeiras e apañábanse para vender. Entón,
como non daba abasto el só, chamaba mulleres para as apañar. E,
díxolle a elas que cantaran seghuido.
Esto era, porque mentres
cantaban, non lles comían çereixas.
Era
un que iba a un bar e, díxolle ao taberneiro:
- Póñame catro taças de viño. E bebeuno.
E
a seghunda ves, faloulle:
- Aghora, póñame tres. E bebeunas.
Por
último, sentençiou:
- E aghora, póñame dúas que, canto menos bebo, máis borracho estou.
E
cando cheghou o sábado, díxolle a soghra á nora:
- Miña filla, ¿elogho por qué non lle paghas ás mulleres porque mañán é dominco e, teñen que arreghlar a súa vida?
Contéstalle
a nora:
- Boeno. Págholle para a semana, porque así miro un pouco máis de tempo para os cartos. (Daquela paghaban pola semana.)