que
nos falas desde os teus adentros, cun son profundo e milenario.
Véxoche
na mirada dos meus ollos.
Tal
fora un lóstregho, síntoche no coraçón.
Oio
o susurro do teu ser. Ao instante, perçíboche no meu interior.
Habitante
encantado de lento creçemento,
pero
de cerna dura como un templo.
Os
teus irmáns de corpo furado,
lembran
esquençidos refuxios solitarios.
Por
sempre omnisçiente e secreto.
Ighual
que aquel maduro e apaçible ocaso,
Aleghres
paxaros e animais, buscan ese foghar querido,
para
façer no teu reghaço, os seus humildes niños.
En
ti, acolles unha frondosidade de fermosa estampa,
animada
por vida fructífera e marabillosa.
Anhelos
son de amor cando se lembra,
a
quen naçe libre das propias entrañas da terra.
Moldeado
polas "idades" da paisaxe e o clima,
levas
un vestido de cor sombría e maxestuosa.
Meu
fiel compañeiro da penumbra e a frescura,
que
reservas sabiduría latente de existençias pasadas.
Por
entre a túa follaxe, atravesan os raios do sol e a lúa.
Con
ela xoghan as luçes e as sombras, creando diferentes formas.
Xa
caen as alandras, froitos camuflados da túa procura,
coas
que os antepasados, extraían fariña para façer o pan.
Hoxe,
tal coma onte, cómenas os porquiños e,
outras
criaturas sobre o chan.
¿Lémbraste? Ca túa madeira compacta e resistente,
relevo do castiñeiro, construíase
a carpintería da casa.
Tamén outros variados enseres, como as perfias,
e alghunha peça do carro.
¡Qué
ben ardían as hachas, quentando a pota da caña!
¡Qué
tanto rendías e quençías na lareira e, na coçiña de ferro!
Hai
que ver como muda a túa apariençia,
a
seu paso por este mundo.
Cando
novo, de reluçente tronco prateado,
e
de maior, ghris acastañado.
Aghora
contemplo os crochos.
Esas
bólas redondas, de ton pardo apaghado.
Sei
que algho se esconde no seu interior.
Nelas,
críanse as moscas e outros insectos.
Amigho.
Vés dun tempo antigho,
onde
os sabios elaboraban remedios máxicos.
¡Ai,
carballeira derramada e sacrificada pola man do home!
¡Tan
esquençida quedastes no sentir da xente!
Pero
eu, sempre che teño presente, coraçón remoto.
De
latexo encuberto, evocador dun universo transçendente e vivo.
Todo
un bosque enfeitiçado, de condiçión misteriosa e nobre.
Contigho
non naçe a maleça. Contigho non é posible o desorde.
Hai
tanto arte en ti. Hai tanta pureça.
Tal
fora aquel xardín primixenio e virxinal.
Se
souberas canto che quero. Se souberas canto che adoro, non me
creerías.