miércoles, 7 de febrero de 2018

O GHRUPO DOS TRINTETRÉS. CUARTA PARTE, por Ramon Lainho


Na paraxe de "Xamiñón", hai un manantial natural que lle chaman "A fonte de Xamiñón". Din que tiña, non sei aghora, unha aghua moi pura, cristalina e fresca. Neste mesmo entorno, os xóvenes pasaron polo "Aghro das Casiñas".



Desçenderon para enfiar o camiño a Calo.



Despois seghuiron polas "Brañas das Abeláns".



Sinal da rota do sendeiro ou, camiño sacramental.




Brañas, con frutais.




Vista ao lonxe da aldea de Calo.



Máis adiante, atravesaron o "río Portomaseiro" e,
 



un pouco máis adiante, atravesaron o que me informaron chámase de dúas maneiras: "a Poça do Souto" ou, tamén "o río do Souto" que nesta época que fotoghrafiín (=fotoghrafiei), está seco por falta de chuvia.




Entraron no camiño que vai para Calo. Nesta aldea, existen dous núcleos de poboaçión chamados "O Rueiro de Riba" e "O Rueiro de Baixo", cunha liña divisoria entre ámbolos núcleos. A división constatábase por unha pedra que façía de marco, chamada literalmente "Pedra Estremar". Diçir que esa pedra foi arrincada polos veçiños no seu día, cando lle botaron cemento aos camiños.



Estes, como tamén os currais en todo o territorio rural, aproveitábanos para cañeiras. Literalmente, poderíase definir como batume que vai amoleçendo e coçendo no curral ou en camiños enchopados (anque a cañeira non é tan boa coma o esterco das cortes.) Ao lonco da fronte dalghunhas casas polo que discorría o camiño e no curral de cada familia, estraban o batume, sobor do cal os animais ao pasaren, de ves en cando depositaban os excrementos e, mexaban, façendo as cañeiras.



A xente façía as súas neçesidades nos cubertos. Podía ser tamén na corte do ghando, e con coidado apartábano a un lado, para façelo alí. Había quen se iba ao pé dun palleiro, se o tempo llo permitía, etç. Se cadra, tamén o façían nas hortas. En calquera dos casos, tapábano con batume. O esterco das cañeiras, aseméllase algho ao das cortes, pero non é tan completo como o destas últimas, xa que os animais pasaban a maior parte do tempo nelas. 




Na súa aventura de verán, o ghrupo atravesou o Rueiro de Riba, con destino á festa de Nebra que se façía no adro da súa ighrexa. Calquera dos dous ramais, fannos empatar cos cruçes que levan ao Rueiro de Baixo.



Puderon coller un deles, tanto da esquerda como da dereita que está a carón da casa abandoada dos "de Xavante", no Rueiro de Riba. Esta vivenda, con outra construcçión adxaçente, o hórreo, a horta etç., pertençe á casa dos do Carballal, no Rueiro de Baixo. Nesta última, casara Pepa do Marico de Cures.
 


Mais nós, por ver a maioría das casas, continuamos polo da esquerda, que está cementado. Imos recto a través do Rueiro de Riba. 



Dámos coa casa habitada dos de Carou, co seu hórreo e horta. Aquí naçeu a señora María, que fora casar a Cures.




Pinche sur e fachada leste, do hórreo.



Cançelo ou portelo, que vai dar á horta dos de Carou. 




Pinche leste da casa e,




pinche noroeste.



Portela ou cançela que pecha a entrada a unha propiedade, enfronte do pinche noroeste da casa referida na foto superior.



Proseghuimos a marcha e, topámonos co portal de entrada á casa de Carou.



A casa dos de Torrado ao fondo, onde naçeu o defunto de meu tío José (na foto), casado con miña tía Digna, irmán de miña nai. 



A man esquerda, a señora Rosa de Torrado, (nai de meu "tío político" José, tamén de Antonio, María e Rosa.) Xunto dela, meus avós maternos, Ramón e Esperança. Esta foto, foi tirada = sacada en xaneiro de 1975. 
 


Outra foto, nese mesmo día. Á esquerda, María de Torrado, que sempre usaba a expresión ¡Ai, Cheíña!, para calquera cousa. Tanto fose un tema triste, como aleghre, ou doutra índole. A persoa que abraça a meu avó, é miña tía Lela, do lughar de "A Banda", da Pobra do Caramiñal, muller de meu tío materno, Moncho de Esperança. Á dereita de todo, con gharsé (xersei) castaño claro, Rosa de Torrado. De fronte, sentadas, a señora Rosa de Torrado, miña avoa Esperança. E a nena, é María José, filla de tía Lela e Moncho.




Xa cumprido do serviço militar, deçideu probar sorte en países lonxanos. Por iso, arredor do ano 1953, foi ao consulado de Brasil en Vigho, coa fin de buscar unha vida mellor nese país. E, nese mesmo ano, fixo unha viaxe nun barco de pasaxe, tamén coneçidos como barcos correo ou, de vapor.  



Aproximadamente nese mesmo ano, ou quiçais, no ano 1954, desembarcou leghalmente en Brasil, para ver este país e o seu xeito de vida. Sen embargho, ese ambiente non era o que buscaba, nin se adaptaba ao seu plan presente, nin futuro. Así que, deçideu dirixirse ao Urughuai. Foi saíndo dos lughares habitados, e internándose por bosques e selva.



Nesta aventura, tuvo duras e apuradas viçisitudes, tratando de sobrevivir. Entre moitas vivençias, ten dito que se ofreçeu cortar leña e axudarlle nas labores diarias, a un home penso que velliño, que vivía nunha cabana, a cambio de abrigho e alimento. Como pudo, creo que cando a oportunidade llo permiteu, cruçou invisiblemente a fronteira, para quedar en Urughuai. Quedouse en "Camino Los Sarrillos", no departamento de "Los Canelones", a 25 quilómetros de Montevideo.



Despois de instalado daquela maneira neste país, e con historias varias, escribeulle a miña tía Digna (que eran noivos), para casárense por poder. El, fixo os respectivos trámites a través dalghún conoçido que lle arranchou o papeleo no xulghado do Son (se é que o había), senón no xulghado de Noia. E, por outra banda, determinou que o substituíra no papeleo do casamento civil, no xulghado de Boiro, meu tío materno José de Esperança, irmán de tía Digna, a cal tamén estaba presente como noiva.


Fronte da casa "nova", construída en 1943 / Devant la "nouvelle" maison, construite en 1943 / Front of the "new" house, built in 1943



Casa "nova". Primeira restauraçión en 1991 (interior e exterior). Seghunda restauraçión en 2015 (exterior e tellado) / "Nouvelle" maison. Premiére restauration en 1991 (intérieur et extérieur). Deuxiéme restauration en 2015 (extérieur et toit) / "New" house. First restoration in 1991 (interior and exterior). Second restoration in 2015 (exterior and roof)
  


Porta de madeira de dobre folla, e portal de aluminio, onde estaba a antigha casa e os animais coas cortes, antes de 1943. Anque, cheghaba un pouco máis adiante. / Porte en bois á deux vantaux, et portal en aluminium, oú était  la vielle maison et les animaux avec les écuries, avant 1943. Bien qu´il soit arriveé un peu plus en avant. / Double-leaf wooden door and aluminium portal, where the old house was and the animals with the stables, before 1943. Although it arrived a little up ahead.
 


Parte de atrás da casa nova antes de ser restaurada / L´arriére de la nouvelle maison avant d´être restauré / Back of the new house before being restored.
 
 

Eira, parte de atrás da casa nova e hórreo coa paneira. Primeira restauraçión en 1991 (interior e exterior). Seghunda restauraçión en 2015 (exterior e tellado) / Ére, l´arriére de la nouvelle maison et hórreo avec base fermeé. Premiére restauration en 1991 (intérieur et extérieur). Deuxiéme restauration en 2015 (extérieur e toit) / Threshing floor, threshing ground, back of the new house with closed base granary. First restoration in 1991 (interior and exterior). Second restoration in 2015 (exterior and roof).
 


Logho ela, con tristura polos pais e irmáns, amighos, viçiños e mundo coneçido, como antes lle pasou a José de Torrado, embarcou nun vapor, no porto de Vigho con destino a Urughuai para encontrarse con el. Penso que a viaxe sería duns quinçe días.



Alá atopáronse, e pouco a pouco, mercaron unha "quinta", que vén sendo unha casa e terreo de labrança ao seu redor. Tuveron en total, tres fillas e un fillo. Deçidiron plantar frutais e cultivaron hortaliças, leghumes etç. Tiñan bois e vacas, porcos e outros animais.

Eles, coas fillas máis vellas, Susana enriba do carro dun cabalo e Lourdes no braço da tía. Este carro, era no que levaban a froita e demais produtos da horta para vender polos mercados e feiras.



Co tempo, fixéronse cun camionçiño para levar os frutos a vender polos mercados e as feiras dos lughares do seu entorno. 

Amighos urughuaios da familia


Nun curto período de tempo, José reclamou a seu irmán Antonio de Torrado, que tamén marchou para Urughuai.



Ao cheghar alá, asentouse con meus tíos. E, ao pouco tempo, Digna reclamou a súa curmán Evangelina, que era moça de Antonio.



Como anécdota, indicar que antes de nada, Evangelina debía arranchar o papeleo. Polo tanto súa nai "tía" Secundina, e ela, tuveron que despraçarse ao consulado de Urughuai en Vigho. Diçir que "tía Secundina" era e sempre foi unha muller moi inqueda, sinxela e áxil. De temperamento apurado, moi natural, e sen nincún tipo de complexos.



Cando chegharon a esta çidade, non sabían a direcçión. Vai logho miña "tía", apura o paso e deixa atrás a Evangelina, encarando cunha muller na rúa. Entón, preghúntalle toda deçidida:

- Señora. ¿Quien es aquí el consul de Jujurujú?

E respóndelle ela sorprendida, máis pensando que eso existiría na realidade:

- No me suena.

Nese intre, Evangelina que estaba detrás da "tía", fíxolle ghraçia e reu algho disimuladamente. Todo orixinado pola espontaneidade e inocençia de súa nai, expresada na máis auténtica naturalidade. 

Como miña "tía" non sabía consçientemente diçir o nome do país do cal buscaban o consulado, vai logho Evangelina e encárase coa muller:

- Señora. ¿Sabe donde está el consul de Uruguay?

E díxollo, dándolle as "cadras" (señas). Polo que dirixíronse alí, e arrancharon o que pretendían.



Cheghou o día no que Evangelina tiña que marchar, coa tristura do que deixaba atrás. Subeuse a un vapor e fixo a ruta trasatlántica para cheghar ao Urughuai. E en Montevideo, casaron os dous no día 2.08.1961. Creo que no consulado español, situado na Avenida 30 de xullo, de Montevideo.



Resulta que Evangelina, façía limpeça no consulado norteamericano de Montevideo, e Antonio penso que estaba como conductor dese consulado ou, senón encarghado de algho, ahí mesmo. Mais o cónsul e a muller marchaban (se cadra por xubilaçión) para Os Ánxeles e, como lle tiñan simpatía, pedíronlle que foran con eles. Pero, sen traballo alá, non podían irse sen máis. Así que o cónsul e a súa cónxuxe, perpetuáronlle as ocupaçións laborais no destino para o que ían (¿a súa propia casa?). Deste xeito, deixaron aos seus familiares José e Digna, e marcharon para os Ánxeles, California, onde asentaron definitivamente. E alí, naçeu súa filla.



Por ese tempo, finais de 1950, prinçipios de 1960, meu tío José chamou a Ramón da Xastra (do lughar de Hermo-Ameán, parroquia de Cures, Boiro) quen andaba naveghando, para ir a Urughuai. (Este último é un dos líderes protaghonistas desta aventura de "O ghrupo dos trintetrés", acaeçida no 1940-1941, cando rondaba os 18 ou 19 anos).



Convertéronse en cuñados a finais da década de 1940, prinçipios dos 50, ao casar con miña tía materna, Benigna de Esperança. 

Casa da Xastra (deshabitada, aprox. na década do 1960)


Tía Benigna e Ramón, foron vivir coa señora Ghenerosa (tía del), ao lughar da Ighlesia, na aldea da Ameán.



Taberna-ultramarinos (Bar "A Viña"), en Cures. 1º esquerda: Edelmiro das Maestras (estivera uns poucos anos naveghando e, nunha desas, pasou dous anos embarcado, sen vir á casa). 2º: Tío José de Torrado cun rapás naçido en Norteamérica, do que os pais, ou polo menos a nai, é de Muros. 3º: Chico da Marica, no fondo da mesa. 4º: José do Fidalgho (naveghara alghúns anos tamén) 5º: Tío Ramón da Xastra (naveghara varios anos, e tamén estivera uns trinta, en Urughuai). 6º: Manolo de Insuachán. 7º: De pé no mostrador, Luís das Beiras de Baixo.


Chico da Marica, pasou uns trinta anos en Venezuela. 



Polo que respecta a meu tío José, miña tía Digna e varios dos seus fillos, estiveron trinta anos en Urughuai. Por outra parte, meu pai Joaquín do Caseiro, arredor do ano 1966 ou, 1967, andaba ao mar, en concreto na mercante. Xa desde prinçipios dos anos 60, andaba ao mar. 

 

O seu barco atracara en Porto Aleghre, Brasil.



E foi ahí, cando pensou en visitar á familia. Pero para eso, tivo que tramitar papeis no consulado de Urughuai en Brasil, xa que debía saír técnicamente dun país e entrar noutro. Así, aproveitando que tiña uns días de marxe, colleu un "ônibus" (colectivo=guagua=autobús) da empresa "A Onda" para dirixirse a Montevideo. 



Ao cheghar á estaçión desta çidade, subeuse a un taxi. A familia, vivía a 25 quilómetros da capital. En concreto, en "Camino Los Sarrillos", departamento de "Los Canelones.



Dóulle as "cadras" e, fóronse ao sitio indicado. Ao cheghar alí, o taxi parou e baixaron os dous. Entón, dirixíronse ata unha casa subterránea para preghuntar o endereço. Daí saeu un home con barba, pero con cara de poucos amighos. Faille a preghunta meu pai vestido de traxe: 

- ¿Vive aquí José Torrado y familia?  

Responde o home:

- ¡Aquí no vive nadie, hijos de la gran chingada! ¡Váyanse de acá!



Dille o taxista a meu pai:

- ¡Vamos! ¡Vámonos de acá!

(Posiblemente, unha das cousas que máis lle afectou a ese homiño con barba, sería térselle açercado un home desconeçido vestido con traxe. Eso, quiçais o anoxou máis, xunto coa sensaçión do taxi perto da súa "vivenda". Pudera ser que intentara vivir lonxe do mundo da explotaçión, sen débedas, lonxe do home erradamente "civiliçado". ¿Quiçais equivócome, e o homiño xa era aghresivo por natureça, ou non?

Ocorréuselles ir preghuntar á ofiçina de correos, onde informáronos do novo domiçilio da familia.

Foron ata alá, e chegharon á entrada da horta, pois a casa estaba adentro. O taxista baixou con meu pai, e este último ía traxeado, cun maletín na man.



A familia atopábase construíndo un poço ghrande para reghar toda a "quinta" (terreo e horta arredor da casa) de bastante extensión. O poço era como unha pisçina redonda.




Ao sentir parar o taxi, veu correndo miña tía Digna cos rapaçes, as tres fillas e o fillo máis novo, que daquela andaría polos catro ou cinco anos.

Ela: - ¿Que desean ustedes?

Joaquín: - Venía a cobrar una letra del Banco de Urughuay.




Ela: - ¡Si nosotros no tenemos ninguna letra para paghar! ¡José, vení!

E veu José, mais viña mosqueado. Pero non coneçeu a meu pai, porque cando José emighrara, meu pai aínda era un rapaçiño: - ¿Qué desean ustedes?

Joaquín: - Venimos a cobrar una letra del Banco de Urughuay.

José: - ¿Ustedes están de ghuasa o qué? ¡Nosotros no tenemos ninguna letra para paghar!

Pero para desviarlle un pouco o cabreo, vai meu pai e preghuntoulle: 

-  ¿Elogho ti non conoçes ao Ghaleo de Calo? 

(O Ghaleo era viçiño dos de Torrado, onde naçeu José de Torrado. Ámbalas dúas casas están separadas por unha pequena corredoira, pinche con pinche, a cal vai dar á casa de Silvestre.)

José: - ¿Entonçes, vós sois de allá?




Meu pai: - ¡José, eu son teu cuñado Joaquín!

José: - ¡Ai, Joaquín, qué aleghría, qué sorpresa! 

(Abraçouno e, tamén tía Digna, ámbolos tíos con baghullas de emoçión nos ollos. E tamén abraçárono as tres fillas. Porque o fillo máis pequeno, naçeu prácticamente dous anos despois ou, ao ano seghuinte.) 

- ¡Vamos para dentro a tomar algho! ¡Vamos!

E xa dentro da casa, ensinoulle un trabuco que tiñan na parede, por se acaso. E de paso, dixo José: 

- Vamos a tomar unos vinos, y unos choriços de un cerdo y una vaca que hemos matado.

De esquerda a dereita, Pierina, tía Digna, Susana (de pé), tío José, Lourdes e Ghustavo.  (Celebraçión dos quinçe anos de Susana. Aquí era costume, celebrar o cumprimento dos quinçe anos, penso que das moças. Non sei se o dos moços.)


Meu pai (dirixíndose a tía Digna): - Se teu pai sabe que matástela vaca para os chouriços, ... (vaiche ir ao lombo)

E puxéronse a falar das lembranças pasadas, e das novas vidas de aquí e de alá. Durmeu alí e, foise ao día seghuinte ou no que lle sighue. 

Pasaron os anos que inevitablemente, cambian a fisonomía das persoas e marcan o seu físico.

De fronte, tía Digna. Detrás pola esquerda, Susana, Ghustavo, tío José e Pierina (Foto dos quinçe anos de Pierina)


Co paso dos anos, a seghunda filla, casou. Mais antes de coneçérense, a casualidade da vida, fixo que seu futuro home de orixe italiano, que tal vés vivía en Montreal, viñera a Montevideo. Quiçais de vacaçións coa familia ou, para visitala, se cadra polo traballo etç. Así, o destino façilitou que se "encontraran".

Casamento da curmán Lourdes, con Luís. Día 26.08.1978 


Ela, marchou co home para vivir a Montreal, Quebec. Máis tarde, aproximadamente no ano 1984, aquela filla reclamou aos tíos e ao irmán máis novo, para que foran vivir alá.
 


Transcorreron uns aniños e, foron integhrándose neste novo país.  


Diferentes momentos desta nova vida.


Co tempo, aghora xa os propios pais, reclamaron ás dúas fillas que seghuián en Urughuai, cos maridos e, netos respectivos. Xuntaríanse todos en Montreal, Quebec. 
 


PARÉNTESE: Respecto das visitas, comentar que meu pai, fora ver uns aniños antes, a outros familiares e viçiños de Cures e, da Ameán que vivían en Bos Aires, Arxentina.

Estaban Juan de Xan de Cures que, emighrara para alá, entre 1965-1970. Compañeiro de infançia e xuventude de meu pai e de miña nai, viçiños da aldea. 



Era fillo de "solteira", porque seu futuro pai fora enviado á ghuerra e morrera nela, sen dárlle tempo a casar.



Mais ao pouco tempo, tamén morreu súa nai, sendo el un rapaçiño. Quedou orfo, e sighueu vivindo na casa de seu tío materno, Manuel de Xan, onde vivía a defunta da nai, antes de morrer.  


Foron pasando os anos naquel mundo "de neçesidades". Moita xente andaba descalça, ou se cadra cos socos amarrados con amalloas de vimbios. Buscaban solas de ghoma das sapatillas tiradas polo camiños, campos etç., para volver façer outras sapatillas con lona de sacos dos fillos ou parentes, ..., cumpridos do serviço militar ou doutra cousa. Cosíanas as costureiras con aghullas ghrandes, coma por exemplo tía Secundina ou, alghunha outra pola redonda. A roupa de tantos romendos que tiña, xa non se sabía cal era o teçido ou tea orixinal. Que diçir da falta de alimentos etç.



E, cando Juan de Xan tivo vinte e poucos anos, reclamárono un tíos maternos seus que levaban uns anos en Bos Aires, (chamados Pachico e outra tía que non lembro o nome.)

Foise alá e, ao pouco tempo, escribeulle a súa noiva Benedita (irmán de Evangelina da que xa falamos antes, e curmán de miña nai e de meu pai). Nesas correspondençias por carta, planteábase que ao mellor podían cheghar a casaren. 



Ela arranchou os papeis no consulado de Arxentina en Vigho. Colleu o barco e atravesou o Atlántico para xuntarse con el. E, nese período de 1965-1970, contraeron matrimonio en Bos Aires, naçendo o seu fillo.

Por eses anos, nunha viaxe do barco no que meu pai estaba nese momento naveghando, atracou no porto de "La Plata", ou se cadra no porto da "Ciudad de Buenos Aires".



Con el, naveghaban Viçente "do Ratiño" de Comoxo, (curmán de meu pai e, casado na Ameán con Maruja da Taberna),


Casa dos da Taberna, da Ameán


e Manolo de Reperto do lughar da Ighlesia, na Ameán. Manolo ao final, casou (a súa muller é de Cadarnoxo, parroquia de Cures, Boiro) e, ámbolos dous asentáronse en Londres-Inclaterra, onde teñen descendençia.

Casa matrís dos de Reperto. Ten o marco da porta do balcón, en cor vermella. Soleira, e varanda desfeita e oxidada. Portal metálico no baixo. E, subindo o camiño, está a súa casa nova de cemento, coas persianas brancas baixadas. 
 


Xa en terra, tomaron contacto con tódolos viçiños da súa época, que estaban emighrados neste país. Entre eles, atopábanse José "da Taberna" da Ameán e, Enrique "do Sancristán", do lughar de Hermo - Ameán, da parroquia de Cures. E, Juan de Xan, que comentamos anteriormente.

Casa do Sancristán (a do balcón)


Sentido contrario 


Foto. De pé, de esquerda a dereita: 1.º señor desconeçido, 2.º Juan de Xan, 3º. meu pai, Joaquín do Caseiro.
En baixo, de esquerda a dereita: 1.º Viçente do Ratiño, 2.º José da Taberna, 3.º Manolo de Reperto, 4.º Enrique do Sancristán.


Continuando o noso andar e, antes de cheghar á casa de Torrado, pero a man dereita, vemos a casa de Bibiana.




Hai un hórreo de cantería que pertençe aos de Silvestre.




Vese un vimbieiro amarrado para non saírenselle as súas fronças ao camiño.





Baixamos a carón da casa dos de Bibiana.




E, xusto despois de pasar esta cançela ou portal, da casa referida, atopámonos cunha horta. Nela, poden verse alghunhas maçeiras, alghún laranxo, unha çereixeira, ..., e dous hórreos, despois de pasar esta cançela ou portal da casa referida, baixando a man dereita.




E, a man esquerda, con terreo máis elevado e muro de pedra para contençión, ollamos un laranxo, unha fighueira, estremas muradas con altura humana, unha viña etç. 



Nesta mesma man, pasada a horta anterior, está a casa de Chousa.

 


Seghuindo o camiño, imos encontrarnos de fronte coa casa dos de Eiteiro.



 Vivenda da señora Josefa de Eiteiro.



Cuberto (alpendre, alboio, pendello), dos de Eiteiro, con seis postes de pedra, façendo de columnas. Ten un muro de cachotería, que divide dúas partes. Nunha delas, hai un arado de pau no muro. 



No chan, pódese ollar un madeiro para fender leña, picala e outros usos. Vemos un carro de vacas sostido polo chavellón, coas súas rodas e lámias ou ferros. O chideiro ou chedeiro. 

 


Ten a pégha, que é unha peça en forma de "Y" e serve para aghuantar a valoura da cargha (batume, leña etç.), evitando que lle veña enriba ao ghando. Na beira do camiño, fan de parede deste cuberto, dúas chantas de pedra.

 


Volvemos atrás, e situámonos de novo, diante da casa dos de Bibiana.



A man dereita, hai unha corredoira que leva á casa abandoada dos de Xavante (pertençente aos do Carballal, onde casou Pepa do Marico, de Cures). Construcçión adxaçente, hórreo e horta de Xavante que vimos en primeiro lughar. 



Pequena viña, con piñocas de uvas catalán roxo, muros, casa e hórreo, dos de Xavante.



De volta para as restantes casas do Rueiro de Riba, dentro de Calo. Fachada surleste da casa dos de Bibiana.



Véxanse unhas chantas de pedra, postas en horiçontal no muro de pedra, façendo de "pasos" ou esqueira para entrar adentro da horta, ou leira, como para saír dela ao camiño de carro.



Camiño de carro ou, corredoira que nalghún tramo está empedrado. Muro de pedra no lado dereito. 


 
Hórreo da casa de Silvestre.  





Subimos por este camiño á esquerda e, topámonos coa casa dos de Torrado.



Aos vimbieiros que lle cadren estar a carón dos camiños, soen atarse para que as fronças nos os invadan.




Postes ghrandes a man esquerda, que hai poucos anos tiñan viña e, desmontárona. Estaba sobor dese camiño de terra, que se ve á esquerda e sobe para diante.
 


Portal da entrada á casa de Torrado, da que xa falamos anteriormente.



Casa dos de Xusto, co portal de entrada pintado desta cor hai uns anos atrás. 

  

Hoxe, cunha nova cor.



Aquí, casou miña tía Elena con Alfonso de Xusto, finada o 13 de xaneiro de 2017. 

Na foto, miña nai. A tía, con pelo branco


Tanto Alfonso, como súa irmán Teresa, xa desde sempre foron moi hospitalarios. Contan que eles reçibían a tódolos familiares, tanto adultos como rapaçes, que viñan andando monte a través, ás festas da parroquia. Dunha ves, iban para as festas de verán da Nosa Señora, a mediados de aghosto, parentes desde Cures.

A Banda (Pobra do Caramiñal), aprox. no ano 1975-1976. Alfonso de Xusto, de fronte seghundo pola dereita, con gharsé (xersei) vermello.


Por exemplo, miña tía Benigna da Ameán con alghúns fillos. Logho, miña nai, a avoa Esperança e alghuén máis. Tía Secundina, non sei se tío Domincos, e unha que outra filla. E do Cacheiro, a señora Sara, a filla Manuela, outro fillo Alfonso coa súa muller Rosa. Din que Alfonso do Cacheiro, dado que lle pareçía moito que foran catro persoas dunha mesma casa, iba roñando boa parte do camiño afirmando que con tres dunha mesma familia xa era dabondo, para máis catro como eran eles.
 


Chegharon a Calo e abriron o portal da casa de Xusto, avançando ao lonco do patio. Alfonso do Cacheiro pareçía que seghuía roñando por viren catro da casa. Mais, desde unha das xanelas superiores, divisouse a meu tío Alfonso de Xusto afeitándose. E tan axiña como veu aos invitados, erghueu os braços e púxose a dançar, demostrando aleghría e reçeptividade. Non tiña en conta para nada, a cantidade de xente que viñese de cada casa. Todos cabían aquí, na de Xusto.



A súa cuñada, Teresa, era unha muller que compaxinaba ben coa xente e, non dighamos cos rapaçes da casa e de fóra. Ninquén lle estorbaba. Era coma unha rapaça pequena, sen maliçia. Ghustáballe vir a Cures á casa de meus avós maternos. De sobrarlle tempo na casa de Calo, viña axudar a cavar as viñas e calquera outra labor. Cheghaban ata aquí monte a través e, volvían para alá do mesmo xeito. Desde Cures, teñen levado ao lombo, mandos de canas para plantar en Calo, e crear canavais que non tiñan.

Teresa, vestida de luto co pano típico na cabeça.


Esto, era coa fin de amadeirar as viñas. Tamén, alghúns baçelos e ou, barbadas para castes de viño que desexaban prender en Calo, etç ... Nas festas de Calo-Nebra arranchábase como podía para acomodar aos rapaçes das casas familiares de Cures. Durmían en xalghóns no chan porque non había sitios sufiçientes, e aos adultos adaptábaos do mellor xeito posible. Algho me soa que puña alghunha manta colghada para façer cuartos provisionais. 
 


Coçiñaba moi ben, e anque escaseaba o açeite, sumáballe ghraxa da pouca que se tiña para coçiñar. Por exemplo, as patacas fritidas, a falta de açeite e ghraxa, torrábaas e, din que lle sabían moi ben aos comensais. Combinaba o que había para calquera tipo de comida, conseghuindo saír do paso. Tantas historias e lembranças que me teñen transmitido os maiores sobor esa época, onde faltaban moitas cousas e nada sobraba.  

Nesta foto, vese un cançiño no camiño a man esquerda.


Os rapaçes acostumaban quedar despois das festas, polo menos hastra o día seghuinte. Vemos un alpendre, tamén chamado cuberto, alboio ou pendello, con portal de madeira onde ghardan as ovellas, e onde está o can. A man dereita, con chantas de pedra frontais, teñen a palla e a leña.



Posible antigha xanela, hoxe tapada no exterior que se atopa no patio. Quiçais, antighamente fora curral.



Forno e pileta, reçen creada, onde antes había cortes dos animais. 



Proseghuimos a baixada polo Rueiro de Riba.


 
Casa do Ghaleo, onde viveu o defunto de Venançio. Portal de madeira para entrada do ghando ao cuberto.




Porta de dobre folla de entrada á casa do Ghaleo.




Corredoira entre a casa de Torrado e a de Venançio do Ghaleo,



que vai dar á casa de Silvestre.



Outra das portas de entrada á vivenda do Ghaleo, con xanela de metálica esmaltada, e contras de madeira.



Cuberto e portal dos de Chousa. 



Portal do cuberto de Piñeiro e,



fronte da súa casa.


 

Case, enfronte da casa de Piñeiro, temos esta construcçión, con muros de pedra. Varios postes de pedra supostamente para viñas, porque hai cepas e, unha vighueta de cemento que parte de riba do muro ata a cabeçeria dun poste, façendo de tope lateral outro poste de pedra máis ghrande. 




Pía ou bebedeiro do ghando (vacas, cabalos, etç) que dá a indicar un posible lughar para ter animais ghardados provisionalmente. Ou, quiçais tamén, para reunilos en forma de "curro improvisado".



Camiñando a carón desta "construcçión", en direcçión norte,



vemos dous portalóns de entrada a uns cubertos no Rueiro de Riba.



O portal de madeira coas ferraduras é dos "de Chousa". E o portalón metálico é de María "de Silvestre". 



Véxase no portal de madeira, tres ferraduras cravadas nel, coas puntas para baixo (como xeralmente se fai no noso territorio) para atraer a sorte e, que esta se espalle por toda a súa "casa". Quiçais, tamén sexan para escorrentar as envidias, mal de ollos, meighallos etç. 

 


Continuamos baixando e, a man dereita, hai un cruçe que vai dar cara a outras casas.



Cheghado ao cruçe anterior, e ollando desde o lado sur, podemos ver boa parte do tellado da casa de Chousa (tellado de fibroçemento). E, un cacho do tellado da casa de Silvestre (tellado con tellas do país). Ámbalas dúas, están tapadas polo pinche de pedra dunha casa antigha (dos de Chousa), xa caída e sen tellado, desde tempo esquençido. 



Vemos de fronte á esquerda, a casa de Otero, con tellado do país. E, peghada a ela de costas, a casa da señora Josefa de Eiteiro, con tellado de fibroçemento. Os habitantes de ámbalas dúas vivendas, son familiares entre sí.



Carro de vacas e arado de pau, ámbolos dous pertençentes aos de Eiteiro, co chavellón para apoiar a cabeçalla e, tamén a pégha (en forma de V) para aghuantar a valoura da cargha, e non lle viñera enriba do ghando. 



Vese a casa da señora Josefa de Eiteiro, por onde teñen a entrada.



Gharaxe de Eiteiro. Xusto na esquina deste gharaxe que se ve un cacho pequeno de pedra, estaba a "Pedra Estremar". É diçir, un tipo de marco que dividía O Rueiro de Riba, do Rueiro de Baixo. Aghora xa non está, porque fora arrincada cando os veçiños lle botaran cemento aos camiños da aldea. 




NOTA: A pedra podería ser algho pareçida a esta, cuxa foto tirín / tirei en Cures. (Está perto / preto da casa nova do Tarelo, e fora posta polo Castaño. Hoxe, propiedade do Tarelo.)

 


Podería ter unha forma rectanghular, seghundo medio me explicaron.