viernes, 31 de agosto de 2018

A MALLA TRADIÇIONAL DO CENTEO EN TEAÑO, por Ramon Lainho


THE TRADITIONAL "MALLA" OF RYE IN TEAÑO




Primeiramente, expóñense as fotos da malla do centeo, feita durante o día 4.08.2018, no campo de fútbol do Ordenario, en Teaño. Ao término desta fila de fotos, faise unha explicaçión da historia da malla, na aldea de Cures, como a parroquia do mesmo nome e territorios limítrofes. Ademáis, inclúense as distintas fases técnicas deste labor, como materiais e acçesorios directos e indirectos que influén nela. 



First, photos of the rye´s malla festival, represented on August 4, 2018, on the O Ordenario soccer field, in the village of Teaño, are exhibited. At the end of this row of photos, there is an explanation of the history of the "malla", in the village of Cures, as well as in its parish of the same name and bordering territories. In addition, the different technical phases of this agricultural work are included, such as the direct and indirect materials and accessories that influence it. 
 




A palla máis miúda, tal como se fixo nas fotos anteriores, pode apartarse coa man de enriba do ghran. Ou, tamén, valéndose duns ençiños, rastrillos, etç. como se ve na foto de baixo.

The smaller straw, as in the previous photos, can be removed from the grain, with the hand. Or, also, using wooden rakes etc., as seen in the photo below.




Ano 2012, no parque da Cachada, nas festas de Boiro, polo verán.
Year 2012, in the park of A Cachada, in the parochial celebrations of Boiro, during the summer.



As mulleres (nesta ocasión, tamén homes), varren o ghran cunhas xestas para xuntalo.

The women (this time, also the men), sweep the grain with brooms made of broom, to put it together.



¿Ano? No parque da Cachada, das festas de Boiro.
¿Year? In the park of A Cachada, in the parochial celebrations of Boiro.



Este ano no campo do Ordenario en Teaño, non se "ergheu o centeo", debido a que xa era moi tarde para xantar, e façía moitísimo calor. Os malladores suaban a chorros e estaban moi cansos. O que fixeron, foi levala palla no carro do tractor, e o ghran (= o froito) envolvérono na propia lona, para despois levalo a unha casa na que se encargharían de "erghuelo".

This year in the field of O Ordenario, in Teaño, the "rye was not winnowed", because it was too late to eat, and it was very hot. The batters or hitters were sweating a lot and they were very tired. What they did was carry the straw in the tractor's car, and the grain (the fruit) they wrapped in the canvas itself, and then take it to a house where they would be responsible for "winnowing" it.


Esta fase consiste en peneiralo / pineiralo nunha peneira/pineira ou, escribalo cun cribo moi mesto ou miúdo, é diçir, de buratos pequeniños. Coa man, sácanse por riba as palliñas e os lixos máis ghordos.

This phase consists of winnowing it in a winnow, with very small holes. With the hand, the small straw is removed and the thicker impurities are removed.



Fotos do ano 2012, na Cachada polas festas de Boiro. 
Photos of the year 2012, in the park of A Cachada, during the summer festivities of Boiro. 

Sacando palliñas coa man. Foto ano 2012, na Cachada, das festas de Boiro.
Pulling out small straws with her hand. Photo of the year 2012, in A Cachada, during the summer festivities of Boiro.  



E, despois érghuese en aire a peneira ou, o cribo, ladeándoo para que os pallusos pousados no aro deste utensilio, voen co vento, de paso que ao mesmo tempo, o ghran vai caendo ao chan, enriba da erghuedeira.

And then, the winnow rises in air, tilting it so that the straws resting on the hoop of this utensil, fly with the wind. At the same time, the grain is falling to the ground, on top of the "erghuedeira" (sheet, linen or fabric).




Ao final, várrese para xuntalo ben e, recollelo nun reçipiente, botándoo a unha saqueta ou, bulsa pequena de tea. 

In the end, they sweep it up to pile it up. Then, they pick it up in "something" and, they throw it into a small cloth bag.
 




Deste saqueto, íbase sacando o çenteo que se preçisara ao lonco do ano. Moíase no muíño de río (movido por aghua) e, esa pouca fariña de centeo mesturábana na artesa coa fariña de millo, para coçer no forno de pedra a “petada” de boroa. Mesturábaselle pouco, porque a boroa ten que levar moitísima máis fariña de millo, que de çenteo. Non se podía moer todo o centeo da saqueta, senón estropeábase e, quedábase sen nincún. 

Throughout the year, the grain that was needed at each moment, was taking out of this bag or small sack of cloth. The quantity extracted was ground in the river mill (moved by water). This rye flour, mixed with corn flour in the kneading trough (wooden crate to knead bread and other uses). Here, they kneaded everything and, after the time of fermentation, they cooked the corn bread in the stone oven of the house.They mixed a little rye flour, because the corn bread has to carry a lot more cornmeal, than rye. They did not want to mill all the rye from the cloth sack, because if it broke down, they would run out of rye.




Xa con toda a planta mallada, recollíase a palla, a cal ía a un carro, para levar a unha leira ou lughar axeitado e façelo palleiro (de aquí, sacábase o preçiso para acomerar o ghando das cortes). Ighualmente o relón (casco do çenteo ou de calquera outro cereal), mestúrase nun balde con aghua e, reméxese para que "beba" o ghando das cortes (pois de paso que beben, tamén comen o relón).

With the whole plant beaten, the straw was collected, which went to a cows cart to take it to a field or, appropriate place and make the haystack outdoors (from here, they remove the straw necessary to feed the livestock of the stables). Likewise, the rye shell, as it can be of any other cereal (here, the shell we call it "relón"), is mixed in a wash tube with the water and, it is stirred so that the cattle of the stables "drink" (well , at the same time they drink, they also eat the "relón" or shell.



HISTORIA DA MALLA NA ALDEA DE CURES, A SÚA PARROQUIA E TERRITORIOS LIMÍTROFES. FASES TÉCNICAS, MATERIAIS, ACÇESORIOS DIRECTOS E INDIRECTOS.

HISTORY OF THE "MALLA", IN THE VILLAGE OF CURES, ITS PARISH OF THE SAME NAME AND BORDERING TERRITORIES. TECHNICAL PHASES, MATERIALS, DIRECT AND INDIRECT ACCESSORIES. 

 
Calcula a xente maior que a partir dos anos 1950 ou 1954, abandonouse a malla tradiçional dos manlles,

Older people remember that, from the 1950s or 1954, the traditional "malla" of the "manlles" = sticks was abandoned,



pola cheghada da máquina de mallar. Esta, iniçialmente, compúñase de tres partes: a máquina en sí, o motor e a erghuedeira (non confundir esta, coa "erghuedeira": lenço, sábana ou tea, que explicaremos máis adiante). Cada unha das tres partes, transportábase por separado en carro de vacas. Xeralmente, cando acarrexaban estas tres partes, tamén traían unha lona, que viña sendo a antigha "erghuedeira" ou tea. 

for the coming of the "mallar" machine. It, initially, was composed of three parts: the machine itself, the engine and the "erghuedeira" = winnow, crib or colander that was manually operated by a crank. (Do not confuse this name with the "erghuedeira" of the traditional "malla": sheet, linen or fabric, which we will explain later). Each of the three parts was transported separately, in a cows cart. Generally, when they transported these three parts, they also brought a canvas that is the equivalent of the old "erghuedeira" or, fabric.
 


Xullo de 2016. Na Cachada, polas festas do verán de Boiro.
July 2016. In the park of A Cachada, during the summer festivities in Boiro. 


A que chamamos malla tradiçional, non era a máis antigha. No tempo houbo outra anterior, na que todo cereal ao completo, mallábase cun maçico enriba dunha pedra plana ou laxe. Se no terreo houbera alghunha laxe que sobresaíra naturalmente do chan, xa se aproveitaba esta. Era pareçido a maçicar o liño, (para o liño, aparte de calquera laxe que poidera haber, usábanse moito como base os bancos de pedra, para sentarse a xente diante das casas). 

What we call traditional "malla" was not the oldest. In the old time there was another previous one, in which all the whole cereal, was hit with a round stick (little less than the length of an arm), on top of a flat stone or flagstone. If there was a slab on the ground that stood out naturally, it was already used as a base. It was similar to hitting the flax (for the flax, apart from any slab that might exist naturally on the ground, they were used a lot as a base for hitting, the stone benches where people sat in front of the houses).  
 


E, cando apareçeu a malla "nova" dos manlles, a malla "antigha" aínda conviveu con ela, pero só para obter unhas cantas cuncas de centeo para cando se façía a boroa, poder mesturar un pouco á fariña de millo. Ou, tamén para mallar calquera outro cereal nunha cantidade mínima neçesaria coma o trigho, a cebada, a avea, a avea peluda (que substitueu á avea). 

And, when the "new malla" of the "manlles" (two sticks, one large rounded to grab and another plane that hit the cereal, joined the two by a piece of leather), then the "ancient malla" still coexisted with the "new". But just to get a few cups of rye for when the corn bread was made, and so to be able to mix a bit of that rye, with the corn flour. The "ancient malla" also served for any other cereal, such as wheat, barley, oats, hairy oats (which replaced oats), but only to obtain small quantities.
 


Nun espaço amplo arredor da pedra e, ighualmente moi a carón dela, puñan unha erghuedeira (lenço, sábana, ou tea) para a caída do ghran. En primeiro lughar, agharraban polos cañotos os monllos (braçadas ou mandos, pero amarrados e pequenos para que couberan na man). De seghuido, as puntas onde está o ghran, pousábanas enriba da pedra plana. Despois, cun maçico (pau redondo, pero que se estreita nunha das partes para poder agharralo coa man), gholpeábanlle esas puntas do ghran.

In a wide space, around the stone and, equally very close to it, the "erghuedeira" (sheet, linen or fabric) was placed for the fall of the grain. First, they grabbed the stalks of the armfuls tied (with straw of the same cereal without grain), but small so that they fit in the hand. Then, the tips where the grain is, were placed on top of the flat stone. Then, with a round, narrow stick at one end (to be able to grasp it with the hand), they hit those tips of the grain.
 


Se houbera moito vento, dúas persoas máis ou rapaçes, podían suxeitar unha sábana, lenço ou tea (erghudeira) polos lados para que o aire non lle levase o ghran fora do sitio. Logho, viraban o monllo polo dorso, façendo a mesma operaçión anterior. A palla xa mallada (batida ou gholpeada), desamarrábana e abaneábana para que non quedara alghún ghran por entre ela. Seghuidamente, botábana quiçais fóra da erghuedeira para non estorbar. E, despois collían os pallusos mesmo coa man para xuntalo á palla. De seghuido, o froito que estaba enriba da erghuedeira,  varríano cunhas xestas (vasoiras feitas deste material) e, xuntábano para o que se chama erghuer o çenteo.  

In the case of a lot of wind, two more people or maybe two children, could hold a sheet, linen or fabric (erghuedeira), by the sides so that the air did not take the grain out of place. Then, the armful (tied) was turned on the back, doing the same previous operation. The straw already beaten or whipped, was untied and moved by the people so that no grain was left between it. Then, they threw it out of the "erghuedeira" so as not to hinder. And then they gathered up with their own hand the remains of small straw, to gather it to the whole straw. Then, the fruit or grain that was on top of the sheet, linen or fabric (erghuedeira), they swept it with brooms of broom and, they piled it up for the next phase called: "winnow the rye" (erghuer or centeo).



Aghora había que "erghuer o çenteo", expresión que tamén se aplica para calquera outro cereal ou leghume. Exemplos: "erghuer o trigho, a cebada, a avea, a avea peluda (que substitúe á avea), as nentellas brancas (que noutras terras chaman fabas), os nentellóns brancos (fabas ghrandes), os fabóns (non son os nentellóns, senón que son anchos, de cor verde, sabor aghre e fariñentas), erghuer os chícharos ..."

Now we had to lift the rye ("erghuer or centeo"), an expression that also applies to any other cereal or vegetable. Examples: "winnow the wheat, barley, oats, hairy oats (which substitute oats), white beans, "large white beans", "very large green beans, wider, sour and floury", winnow the peas ..."


Para esta fase de erghuer o centeo, tamén se encarghaban as mulleres. Pinéirase todo nunha peneira/pineira ou, escríbase cun cribo moi mesto ou miúdo, é diçir, de buratos pequeniños. Sácanse por riba coa man, as palliñas e lixos máis ghordos. E, despois érghuese en aire a peneira ou, o cribo, ladeándoo para que pousados no aro deste utensilio, os pallusos voen co vento. Ao mesmo tempo, que o ghran vai caendo ao chan, enriba da erghuedeira. 

For this phase of winnowing rye, women were also in charge. They winnow everything in a standard winnow or in a winnow of very small holes. With the hand, they remove above, the small straws or the thicker impurities. The rye is winnowed. This, consist in lifting and tilting the utensil, so that the rest of the impurities that are in the hoop of this utensil, fly with the wind. At the same time, the grain falls on the sheet, linen or fabric (erghuedeira).


Foto do ano 2012, na Cachada, polas festas de Boiro.
Photo of the year 2012. In the park of A Cachada, during the summer festivities in Boiro.  


Ao final, varríase para xuntalo ben e, recollelo nun recipiente, botándoo a unha saqueta de tea. Deste saqueto, íbase sacando o çenteo que se preçisara ao lonco do ano, para moer no muíño e mesturalo na artesa coa fariña de millo, cando se façía a “petada” de boroa". Mesturábaselle pouco, porque a boroa ten que levar moitísima máis fariña de millo, que de çenteo. Non se podía moer todo o centeo da saqueta á ves, senón estropeábase e, quedaban sen nincún.



In the end, it was swept well to pick it up and put it in a container. Finally, the grain was thrown into a cloth bag. From this bag, people took out the rye every time it was necessary through the year, to grind it in the mill and mix it in the kneading-trough with the corn flour, when they needed to make the "petada" (big bun) of cornbread. Little amount of rye flour was mixed, because the cornbread has to have much more flour of this last cereal. It was not feasible to grind all the rye from the sack at once, since it would spoil and they would be left with nothing.


Polo tanto, a xente nova desconeçía a malla tradiçional dos manlles e, a de mediana idade xa non a lembraba. 



Así que, co ánimo de recuperar e rememorar a malla tradiçional do centeo, unas persoas dalghunhas aldeas de A Brañeira, crearon a asociación de viçiños de Abrañeira. Hoxe en día, integhradas por xentes das aldeas de Coroño, Bermo, Teaño, Runs, Mosquete … 

A día de hoxe, lévase representando tódolos anos no Parque da Cachada de Boiro, na primeira semana de xullo das festas de verán (con este xa son onçe anos). Tamén se fai, a principios de aghosto, no campo do Ordenario, en Teaño. 

¿Ano? En Teaño


A asociaçión, polo momento só está orghaniçando a Festa da Malla, que se fai dúas veçes ao ano.


Este colectivo, foi medrando pouco a pouco e, hoxe en día, aghrupa arredor de 40 persoas. Alghúns dos que foron deçidindo entrar foi por ter coneçidos ou familiares dentro. E outros, simplemente porque se enteraron da súa existencia e, estaban interesados en entrar. A recuperación deste labor agrícola, ten como obxectivo dar a coneçer un traballo de antigho que axude, tamén, a conservar o noso Patrimonio inmaterial e cultural da nosa terra. 



Como os componentes do colectivo non sabían mallar, tiveron que deprender de alghuén que soupese. Seghundo conta alghún dos seus integhrantes, contactaron co señor Manolo, que ten máis de 80 anos. El, foi quen lles deprendeu, xa que nincún dos membros da asociaçión o fixera nunca, nin tampouco llo viran façer a ninquén. E, xusto un mes antes da súa primeira saída ás festas de verán de Boiro, foi cando se xuntaron para practicar a técnica. E esta rutina, creou un costume que manteñen hastra hoxe en día.


¿Ano? Na Cachada, festas de Boiro


É unha actividade perighosa pola contundençia dos manlles, e a cercanía entre os malladores da mesma fila, como da que está en fronte. Hai que ter coordinación e, man firme. Polo tanto, non lle queda máis remedio que entrenarse para coordinárense entre eles. Non practican nos meses de inverno, senón que o fan un mes antes destas celebraçións. Polo que me contan, xúntanse os sábados e os domincos, mais alghún día a última hora. 


Entrenándose cos manlles, no campo de fútbol do Ordenario, en Teaño


Manlle: Instrumento aghrícola, usado para mallar. Consta de dous braços ou peças de pau de madeira de carballo. Un, é máis lonco có outro. 



Este máis curto, ademáis é plano, sobresaíndo para poder bater máis eficasmente a planta. Ámbalos dous, están unidos por unha peça de coiro, chamada “o coiro”. 



Aghárrase pola parte máis lonca e gholpéase coa outra. A parte máis lonca chámase manco e, a máis curta, é o pértegho. Ex.: Todos os malladores batían o pértegho ao mesmo tempo. 



Entrénanse nunha eira, e para non malghastar o centeo, usan a herba para mallar sobor dela.


Para este traballo, antes de nada hai que ter o centeo. Por eso, a finais de deçembro (en pleno inverno) os integhrantes da asociación sementan este cereal. Hai que protexelo de animais que podan ir a el. E, apáñano a mediados de xuño, con vistas a telo a punto nas festas de Boiro e, tamén para a representación no campo do Ordenario, en Teaño, na primeira semana de aghosto. 



A malla do centeo abarca dous días, sendo neçesario estar ben orghaniçados. Un dos labores é separar o ghran da palla. Hoxe en día xa se mecaniçou, pero antighamente era a man, como trataremos de describir aquí. 


Se o tempo foi bo na criança e madurés do centeo, podía apañarse, aproximadamente, en San Xoán (24 de xuño). Senón, hai que esperar a que madure. 


NOTA: Pola redonda, esta fase do apañado dise: “Façer a restreba=Apañar o centeo=Façer a segha do centeo.”


Para “façer a restreba” ten que estar maduro, e quentar ben o sol. Non pode estar mollado. Posto que do contrario, de non estar maduro, nin seco, os pés do cereal non se cortan ben. 
  


No primeiro día, apáñase este cereal polo pé, empreghando fouçiñas e, tamén fouçiños da herba. As fouçiñas son de folla máis estreita cós fouçiños da herba, pero do mesmo ghrosor e, de ighual lonxitude. 
 


Despois, fanse os monllos. Estes, son braçadas ou, mandos do cereal que quedan atadas ou amarradas. Para façer os amarros, cóllese un puñado de palla do mesmo cereal, retórçese e,

 


con el, dáselle a volta arredor da braçada, façendo un nó.

 
 
 


De seguido, é neçesario “estendelo”. Esto, significa pór de pé os monllos (braçadas ou mandos amarrados) de centeo ou, de calquera outro cereal. Ábrenselle os cañotos dos pés para que airee e, déixanse enxughar (secar) para rematar de curar. E, vanse colocando, sen desamarrar, todos nun único círculo. Teñamos en conta, que de non estar o sufiçientemente maduro, nin curado, o ghran non cheghará a soltarse fácilmente.



Se ameaçaba chuvia, ou de estaren xa curados, recollíanse tódolos monllos e, púñanse nunha “meda”. Esta é, un unha base de paus atravesados (horiçontais en paralelo e outros, cruçándoos). De seguido, púñanse os monllos tumbados coas cabeças para o centro e, os cañotos para fóra. Así, por capas, hastra rematar de pólos todos. Por riba, tapábanse con rastrollos (restos da propia palla que quedo una leira ao façer a restreba=apañar o centeo=façer a segha) xa que non había plásticos, e por riba da palla, tapábanse con ramallos. Esta cúpula (rastrollos e ramallos) era para evitar que os paxaros comeran o froito, e tamén para protexelo da chuvia.


Logho, un mes despois, poñamos en aghosto (dependiendo cando fora feita a restreba), façíase a malla. 


A asociación, quixo incluír como acto lúdico á partir das des horas desta mesma noite, un Serán Tradiçional, na que se xuntan viçiños e alleos para façer festa con cantos e pandeiretas. 



NOTA: Antes, a malla podía façerse sobor unha eira que fora espaçiosa. Por eso, se alghuén posuía unha eira ghrande, e o bo tempo acompañaba, tiña a posibilidade de façer nela, a malla do centeo, ou doutros cereais coma o trigho, a avea neghra (hoxe substituída pola avea peluda). Había quen dispuña dun cuberto amplo ou, doutro lughar calquera e, escollía un destes para façer a malla. 


As eiras, ao lonco do ano, quedaban tan constantemente pisadas polos traballos agrícolas, os animais, os apeiros, así como polos xoghos dos rapaçes, … que estaban moi duras e, era pouco frecuente que lle medrara a herba.   


De tódolos xeitos, como preparación da malla, varríase cunhas xestas feitas destes arbustos, para limpala de lixos e pedras.   



Como curiosidade comentar que na época da preparaçión da eira para as mallas dos çereais: çenteo, trigho, ou avea neghra (hoxe substituída por avea peluda), había alghunhas "casas" que escañaban nuns puntos estratéxicos da súa eira. En cada un deles, façían unha cova, pondo cadanseu vello pote de ferro pequeno, de boca ancha pero sen os testos. Os potes colocábanos coas patas para riba, volvendo tapar os potes e as covas, as cales achandaban. A colocaçión deles debaixo da eira, tiña por obxecto competir con outras casas do mesmo lughar, e aldeas viçiñas, na sonoridade do simblado (vibraçión) e, solemnidade do bater dos manlles enriba do çereal. Simblar enriba da planta, axudaba a arriar o froito. En conxunto, aparte de ser un traballo aghrícola, tamén era unha festa e çelebraçión comunal. Estes potes na súa etapa iniçial, usábanse para quentarlle a aghua e a comida ó ghando na lareira. 



Se había irregularidades do chan, ou branduras, recheábase con barro mollado, achandándoo e pisándoo. Logho, varrían coas xestas, os restos soltos de barro seco. Finalmente, buscábase bosta de vaca branda, para embostear (collíase coa man a bosta branda, e botábase aos caldeiros, baldes …, remexéndoa con agua. Xa que, de ser bosta soa, faría unha pelica ou tona moi irta=áspera sobor o barro da eira.) A bosta con agua servía para cubrir o chan cunha pasta impermeable e lisa sobor a superficie do barro.  



Rematado o embosteado e, xa seco, podía mallarse o cereal enriba del. Despois, cando cheghara a fase correspondente, habería que apartar a palla, varrer coas xestas este ghran ou froito e, xuntalo nun reçipiente ou saqueta. Finalmente, estendíase unha erghuedeira (lenço, sábana ou tea), como paso previo a “erghuelo centeo” (peneiralo/pineiralo ou, cribalo=escribalo).   



Expresións:   

-    “Esta leira está como unha eira.” (Significa que esta leira sen traballar, está moi dura, pisada polos animais e, a xente.)   

-    “Esa muller ou, ese home, está como unha eira.” (Significa que está moi ghorda ou, ghordo.)   


EXCEPÇIÓN: Na época do ripado do liño, no caso de escoller as eiras para tal tarefa, preparábanse estas como se indicou anteriormente, pero sen o embosteado.   



Polo que respecta á aldea de Cures, había casas que tiñan eiras xeitosas=ghrandes, outras eran pequenas e, habíaas que non as tiñan. No noso caso, durante a infancia de miña nai, a eira estaba na paraxe da Santa Baia, onde había un hórreo (co tempo a eira pasou a onde está hoxe, por detrás da casa, xunto cun hórreo novo.) Como era espaçiosa, nese tempo, a malla da familia façíase na eira da Santa Baia. En concreto, dinme que era no espaço entre a cereixeira ghrande e o muro que daba ao camiño. Limpábana con xestas feitas con este arbusto, para varrer os lixos e as pedras.



Non façían as covas, xa que non puñan potes. Se había desniveis, nivelaban con barro mollado. Logho, varrían os restos soltos, xa secos. Despois embosteaban, tal como se explicou anteriormente. Aquí mallaban sobor o embosteado, usando os manlles e a erghuedeira lateral para que non saltara fóra o ghran. Pero, a fase última de "erghuer o centeo" ou calquera outro cereal, tal ves non o fixeran nesta eira, senón que o erghueran no patio da casa materna ou, no cuberto etç. Para "erghuelo", estendían sobor o chan unha erghuedeira (sábana, lenço ou tea). Co paso dos anos, fixeron unha nova eira e, un novo hórreo detrás da casa materna, e así desfixeron o hórreo da Santa Baia, e ighualmente desfixeron a eira, integhrándoa na propia leira. E quiçais, despois como unha nova alternativa, puderan "erghuelo centeo" nesta nova eira.


Sen embargo, como a nova eira da casa materna era pequena, aghora empeçaron usando a eira do Currucho, cando a tiñan libre para poder mallar. 


Outras casas que non posuían eira, quiçais o fixeran nalghún lughar axeitado, de seu. Ou, tamén na doutros viçiños, coma a eira do Currucho á que viñan mallar. Quiçais na eira dos das Beiras de Baixo. Na eira da casa dos “da Eira”. Na do Arruchelo e, tal ves nalghunha outra esquençida por ahí. 


Casa do Arruchelo. A eira está polo lado do hórreo.


O seghundo día, desfanse os monllos e esténdense sobor o embosteado, xa seco. 



Descarghando monllos para desfaçelos e estendelos no chan. Malla de Doade, Pontevedra


Aghora, vén a malla propiamente dita. Esta, consiste en bater con manlles o centeo, xa estendeito polo chan. Dita actividade, loghra que o ghran do cereal se separe da propia palla seca. Son dúas filas de homes, unha, fronte á outra. Hoxe en día, coa recuperación e demostración da malla, en cadansúa fila mestúranse homes de diferentes idades, xunto con moços moi xóvenes. 


Polo que se refire á época dos antepasados, tamén na de nosos avós, e, a infancia-adolescençia de nosos país, a estrutura de cooperaçión nesta malla tradiçional tiña as súas peculiaridades. A malla para cada casa, podía durar máis ou, menos, dependiendo do fruto que se botara=sementara.. Só interviñan homes e, mulleres adultos. Podía haber alghún rapás xoghando por alí, pero era perighoso, e ao final mandábano apartar ou, alonxarse. 


Fixérase onde se fixera a malla, podía haber alghunha muller doutra casa que se arrimara a axudar, con vistas a ser axudada cando lle tocase mallar a eles. E, no tocante aos homes, so estaban os da propia casa e, máis o ghrupo dos malladores. Estes, eran fixos, e soían ser os que sabían mallar na aldea. Acostumaban xuntarse un total de 6 ou, 8 homes, en dúas filas de 3, ou 4 números.

Façía moito calor, e a polvareda que se levantaba ao mallar no çenteo, mesturábase coa suor, causando picor nos braços, na cara etç. Era convinte levar camisas de manca lonca. Pero unha cousa era a teoría e, outra ben distinta a realidade. Pois, naqueles tempos, cada un vestía o que podía, xa que non había moito que vestir. Non había moitas mudas de roupa, unha ou dúas para a semana e días espeçiais. Ao mellor, só unha para todo. E, quen máis, quen menos, andaba con ela remendada. De tantos remendos, xa non se sabía cal era o xénero orixinal. A xente, calçaba socos, en ocasións sen calçetíns e sen amalloas porque rompían e, substituíanas por corres de vimbios delgadas.



Outras veçes, andábase en busca de ghomas polos camiños para que unha costureira lles cosera un xénero nas ghomas e lles fixera unhas sapatillas. Meu pai, dunha ves para ir a unha voda, atopara unhas ghomas por un camiño etç., e pideulle á "tía" Secundina (tía de miña nai) que lle cortara un cacho de xénero dun bolso do serviço militar de Manoel do Caseiro (tío de meu pai), famoso polas fighuras de pedra de Carboeiro, para poder ter unhas sapatillas. Existía o ofiçio de "ghomeiros": aquelas persoas que se dedicaban a buscar esas ghomas e vendelas. Ex.: A casa do "Ghomeiro" de Boiro. 



Tanto aos homes, como ás mulleres, dábaselle viño ou, aghua para refrescárense. Aos rapaçes, aghua e, había alghún home que lle ghustaba “a pinca”=o alcohol, que daquela era a caña da uva. Esta, alghúns tomábana incluso en pleno aghosto, con ese sol e a polvareda da malla, porque disque “matáballes a sede”.


Polo que respecta aos malladores, comían todos na casa do anfitrión ou, propietario do cereal, neste caso do centeo. Miña avoa Esperança, en ocasións ten comprado dous ou tres “pintos” (peixes da familia das maraghotas e dos serráns) para façerlle caldeiradas deles. Noutros anos, façíalles calquera outra comida: ghuisos, caldeiradas doutros peixes, caldo e coçido, empanadas, etç…



PARÉNTESE: Neste seghundo día, como actos adiçionais á recuperaçión dos traballos e costumes, houbo dianas e alboradas a cargho do ghrupo Arume de Boiro. A malla representouse ás dúas da tarde. Acto seghuido, ao remate dela, fíxose un xantar popular na que incluíron carne ó caldeiro, churrasco e paella. Para quen quixera moverse e contemplar as paisaxes, fixéronse rutas a cabalo. Logho, a partir das cinco da tarde celebrouse o torneo de chave. Logho, ás oito da tarde, sorteouse entre o público, un porco e un cabrito. Pola noite, fíxose unha verbena a cargho do dúo Ghalin.



O xeito de colocalo centeo baséabase, en pór (poner) os monllos sen o amarro, deitados ao lonco da tea ou, lenço. Pero empeçando desde un lado da tea, co cabeça do monllo apuntando a fóra e, os cañotos ao interior desta tea. O seghuinte monllo ponse coa cabeça (puntas do ghran) enriba dos cañotos do anterior. 


E así un detrás do outro, sucesivamente, en fila india, ata rematar de colocalos todos ao lonco e ao largo (ancho). Pero só unha capa. Se non cheghara a erghuedeira (sábana ou tea) por sobrar monllos, espérase a rematar de mallar a primeira tanda. E, despois de retirar a palla e varrer o fruto, colócanse os monllos sobrantes tal como fixemos antes para mallalos.


Nunha cabeçeira da erghuedeira, acostumaba pórselle unha esqueira ao través, situada enriba da liña de cañotos dos pés do centeo. Esto, façíase para que non se “esfurricara” ou, desfixera a colocación do centeo co movemento dos malladores. Outra opçión, en ves da esqueira, era porlle un pau pesado e lonco, ao mesmo xeito. Por outra banda, unha muller levaba unha vara nas dúas mans, e dirixíase á liña descuberta do sitio a onde se dirixían os malladores. Esta vara, colocábase no perímetro do centeo, onde fixera falta neses intres.

 
2.07.2017. Na Cachada, festas de Boiro


Desde o primeiro momento que se empeçaba a mallar, había dúas mulleres indistintamente que aghuantaban da erghuedeira (lenço, sábana ou tea) en pé, por cadanseu lado. Situábanse fronte a onde viña o vento, para evitar que este fixera botar o ghran fóra do embosteado, ou tamén polos propios golpes dos malladores. 


Como se verán nas fotos, eran dúas filas de homes cos manlles. Unha púñase fronte á outra, cun espaço de separaçión calculado para non gholpeárense cos utensilios. Começaba unha delas, apaleando os pérteghos a un tempo sobor o cereal. Logho, paraba e tocáballe á outra fila. Cando unha fila batía no cereal, a outra tiña os manlles en alto. en definitiva, alternábanse entre os dous ghrupos.


3.07.2016. Na Cachada, festas de Boiro


Escollían por onde avançar para mallar por partes. No momento de que unha fila batía ao unísono no centeo, daba un paso atrás ou adiante, seghundo retroçedera ou avançara. E, a outra fila, que estaba á espera, daba un paso adiante, ou atrás, á inversa da outra e, aghora gholpeaba mentres, a outra esperaba. 


Cando se remataba de mallalo por riba, retirábanse os homes e, viñan as mulleres para “virar a eirada”. Esto, consistía en dárlle a volta ao centeo, xa que o dorso situado por baixo, e sen mallar, aghora quedaba por riba para ser mallado. Colocábano ao xeito explicado anteriormente, na que desde a segunda fila as cabeças tapaban os cañotos da primeira fila, e así sucesivamente. 


O centeo só se mallaba dúas veçes, unha por riba e, outra por baixo. Con esto, cheghaba para arriar o froito. Xa con toda a planta mallada, recollíase a palla a cal, ía a un carro, 


Fotos da malla no Ghrove, carghando a palla no carro das vacas.


para levar a unha leira ou lughar axeitado e façelo palleiro (de aquí, sacábase o preçiso para acomerar o ghando das cortes). Ighualmente o relón (casco do çenteo ou de calquera outro cereal), mesturábaselle con aghua nun balde para que "beberan" (pois de paso que bebían, tamén comían o relón).
 



Despois, apartábase a palla máis miúda de enriba do gran, coas mesmas mans, ou valéndose duns ençiños, rastrillos, etç. 



Foto do ano 2012, na Cachada, das festas de Boiro.

De seghuido, as mulleres (informalmente, nesta ocasión tamén homes), varren o ghran cunhas xestas para xuntalo.

¿Ano?


Aghora hai que "erghuer o çenteo". Verbo que tamén se aplica para calquera outro cereal ou leghume, como "erghuer o trigho, a cebada, a avea, a avea peluda (que substitúe á avea), as nentellas (que noutras terras chaman fabas), os nentellóns (fabas ghrandes), os fabóns (non son os nentellóns, senón que son de cor verde, de sabor aghre e son máis fariñentas), erghuer os chícharos ..." Para esta fase, tamén se encarghaban as mulleres.
Este ano no campo do Ordenario en Teaño, non se "ergheu o centeo", debido a que xa era moi tarde para xantar, façía moitísimo calor. Os malladores suaban a chorros e estaban moi cansos. O que fixeron, foi levala palla no carro do tractor, e o ghran envolvérono na propia lona, para despois levalo a unha casa na que se encargharían de "erghuelo".


Poño unhas fotos desta fase, do ano 2012, na Cachada, das festas de Boiro.
 
 


Penéirase / Pinéirase todo nunha peneira/pineira ou, escríbase cun cribo moi mesto ou miúdo, é diçir, de buratos pequeniños. Sácanse por riba coa man, as palliñas ou lixos máis ghordos.


Foto sacando palliñas coa man. Foto ano 2012, na Cachada, das festas de Boiro.


E, despois érghuese en aire a peneira ou, o cribo, ladeándoo para que pousados no aro deste utensilio, os pallusos voen co vento, de paso que o ghran vai caendo ao chan, enriba da erghuedeira.


Ao final, várrese para xuntalo ben e, recollelo nun recipiente, botándoo a unha saqueta de tea.
 


Deste saqueto, íbase sacando o çento que se preçisara ao lonco do ano, para moer no muíño e mesturalo na artesa coa fariña de millo, cando se façía a “petada” de boroa. Mesturábaselle pouco, porque a boroa ten que levar moitísima máis fariña de millo, que de çenteo. Non se podía moer todo o centeo da saqueta, senón estropeábase e, quedaríamos sen nincún.

 


Diçir que a palla dos palleiros e o relón (casco do centeo ou, de calquera outro cereal), irá para alimentar os animais. Mentres que o propio ghran ou fruto, servirá para mesturar coa boroa, tal como se explicou no parághrafo anterior.



Peneira / Pineira: instrumento redondo con fondo de malla ou de coiro, con espaços miúdos ou mestos para separar o froito do resto que non era aproveitable. Úsase por exemplo para coar a liñaça, a fariña da boroa, ... 



Cribo: Tamén redondo con fondo de malla ou de coiro, pero con aberturas non tan miúdas como a peneira. Con el escríbanse as nentellas e os ghrans de millo. Se quere usarse para a liñaça teñen que ser cribos de fondo máis mesto ou miúdo. 



Cribo de buratos máis miúdos que o anterior. Como se ve están escribando as nentellas, e dado que os espaços son máis pequenos có de riba, empreghábase tamén para escribar a liñaça do liño. 

 


Baruto: De forma redonda coma os anteriores, con fondo de malla ou coiro de espaços, máis ou menos miúdos que o cribo e a peneira. Empréghase para conseghuir unha fariña moi fina coa cal fanse as papas dos rapaçes, as filloas ...