jueves, 17 de mayo de 2012

OS MUÍÑOS. DESDE A PONTE DE CAROU, RÍO ABAIXO ATA ENSEÑO - POMAR DO RÍO, por Ramón Laíño


Ponte de Carou, no ámbito da Ameán







Por abaixo da ponte, e case moi perto dela, atopábase o "Muíño de Rúa". Contan os vellos do lughar, que foi arrasado por unha enchenta moi forte, de hai varias décadas atrás que levou ata a última pedra.
  
A uns cantos metros en descenso, próximo á ponte e visible tamén desde alí, encontramos o "Muíño do Cura". Chámanlle así, pero realmente non pertençe ao cura.

 
Meus avós maternos e seus membros da "casa dos de Esperança", antighamente moeron neste muíño. Tiñan un día, ou unha noite, é diçir, cando de día, cando de noite. Despois, e xa definitivamente, moíamos no muíño da Aghra de Cures situado xunto á ponte nova de Cures-Ameán. 


Muíño da Aghra



Este cambio de muíño foi debido a unha permuta feita cos de Felipe da Ameán, onde se casara un tío materno meu (José), e moían neste "muíño da Agrha" de Cures. Deste xeito, nós pasamos a moer no "muíño da Aghra", e eles no "muíño do Cura". Ámbalas casas saíron ghanando por quedaren máis perto das súas respectivas aldeas.

De tódolos xeitos, a efectos leghais de propiedade, cada casa conserva as roldas nos seus propios muíños. A nosa casa dos de Esperança conserva o dereito, aínda hoxe en día, de poder usar ½ rolda (1 dia=12 horas diurnas, ou 1 noite=12 horas nocturnas) para moer no chamado “muíño do cura”.


Muíño do cura









Estes dous muíños, o que levou o río, Muíño de Rúa, así como o aquí reflectido, Muíño do Cura, están no entorno da aldea da Ameán.



Seghuimos río abaixo





Entramos na órbita da aldea de Enseño-Pomar do Río, e vemos o "Muíño das Cachopas"



















Proseghuimos baixando o río e xa na "Aghra de Pomar do Río", descubrimos o "Muíño de Cruxide". Está máis ou menos en liña coa entrada da aldea de Enseño, pero por abaixo dela.



































Deixamos o muíño de Cruxide, e descendendo o río, a poucos metros,



atopamos a "Ponte de Cruxide". Esta ponte só se fixo para que a xente pasara a pé. Non foi preparada para atravesaren cos carros de vacas, nin tampouco cos animais pola corda. 

Contan as persoas maiores que daquela, a xente de Enseño, Pomar do Río, ou doutras aldeas, que querían pasar cos carros dun lado a outro, tiñan xa instaurado o costume ancestral de atravesalo por alghún paso natural do río, por riba das pedras. 

Eses pasos naturais tamén eran válidos cando se levaba o ghando pola corda, ou a outros animais. De tódolos xeitos, en épocas de invernía, aumentaba moito o caudal do río, e víanse obrighados a non poderen pasar co ghando, nin co carro, ata a época en que baixara o caudal, ou buscaban outras alternativas. 

Por outra parte, o paso da xente pola ponte de Cruxide non se vía afectado en nincunha época do ano, a non ser en casuais, e enormes enchentas do río.


Ponte de Cruxide





 





O río prosighue no seu andar, para xuntarse co río da Aghra de Cures, que desembocará na Ponte Ghoiáns, tamén conoçida como Ponte Gheáns.

No hay comentarios: