Ao pouco divisamos o primeiro muíño a man dereita.
Seghuidamente diante de nós, móstrase totalmente visible o chamado "Muíño de Baixo".
Sartegho
medio tapado por fieitos, fieitas, silvas, chopo neghro (planta que ten a flor chamada "estalo", en forma de capuchón de
cor rosa). Ao fondo, nun punto un pouco máis elevado, vese outro muíño, denominado "Muíño de Riba".
Chopo neghro, co capuchón cor rosa nomeado estalo.
Chopo branco, de talo máis ghroso e claro. As follas son anchas, e non ten flor, nin froito.
Fieitos.
Fieitas (Son as femias dos fieitos. De folla menos ancha).
Burato da saída do cubo onde se acoplaba a billa.
Muíño totalmente limpo ao seu arredor.
A fachada de atrás, fronte á porta de entrada, está
derrubada, coas pedras amontoadas, e as vighas, cumes, cancos, e ripas xa podres no
chan.
Outra capa á que lle falta un anaco, pousada dentro do
muíño.
Pé do muíño, e ollal, ou burato central.
Pequenas laxes enriba das
paredes que fan de cornixas, ou voladiço para que non caia a aghua da chuvia a rentes das paredes. Nas cornixa teñen asento os elementos do tellado, e por
riba de todo van as tellas. Dintel, ou lintel (pedra horiçontal) na parte superior da porta, e marcos nas
beiras dela.
Pequeno muro que fai de sostén da presa da aghua, a cal descende ao cubo. Case sempre o nivel da presa estaba a maior altura que o propio muíño para acumular máis presión da aghua. Se o terreo era propiçio, xa non se asentaba en muro nincún. En caso contrario, como nestes exemplos, erghuíase sobre unha cama de pedras, e terra pisada.
Vista da ghradisela por onde
pasa a aghua, e baixa ao cubo.
Parede derrubada.
Pasamos este primeiro muíño, e camiñamos a rentes do reghueiro/presa da aghua, ata toparnos co "Muíño de Riba".
Apañando camiño de fieitos, e silvas.
Pequena laxe que estaba con
outra un pouco máis ghrande, caídas no reghueiro, ou presa, dentro da aghua.
Muíño despexado de maleça ao
seu arredor. Vese un burato na parte superior esquerda da fachada, que podía ser como ventilaçión do interior, ou asento para unha vigha. Tamén se
observa a “pousa” a media altura da porta da entrada para pousar o saco mentres
se abría a porta, ou despois de moído, para saír co saco, e pechar.
Crus do erghuedoiro, que por medio do alobeadorio (unha tranca de madeira xa propia) e os apoios dunha-s cuña-s, permitía subir, ou baixar o reduçio, e con ela a capa do muíño.
Pé do
muíño.
Pequeno muro divisorio para
conter a fariña no tremiñado (sitio onde cae a fariña ao saír entre a
capa, ou pedra móbil, e o pé ou base de pedra fixa).
Asento de pedra para a xente.
Interior do muíño coas paredes.
Porlóns, ou ghonços incrustados no marco da porta.
Pinche, ou lateral onde está situada a presa da aghua,
coa ghradisela, e a baixada ao cubo.
Ghradisela, e cubo.
Parte traseira onde se desviaba a aghua do reghueiro, ou presa, deica o muíño. Hoxe está cuberta de terra, e non se ve a súa forma, a cal corresponde ao camiño de pés que se ve na foto.
Coa entrada da brétema, e desde a altura do seghundo muíño que é o máis elevado, vese o muíño primeiro, cunha parede derrubada.
A aghua baixa pola presa bordeando este muíño máis alto.
Pode apreciarse outra presa, ou reghueiro que aghora está seco, e por onde outrora discorría máis aghua que se xuntaba co que aínda hoxe está activo.
Seghuindo o curso da aghua, volvemos desçender.
Tal como o eterno fluído que desde o seu naçemento busca de novo o seu destino,
así tamén por calquera destes reghueiros ondulantes,
entre pinos ençines, e do país,
No hay comentarios:
Publicar un comentario