lunes, 28 de enero de 2013

martes, 22 de enero de 2013

martes, 15 de enero de 2013

ACOMERANDO OS ANIMAIS, por Ramón Laíño


O noso ghato da casa, chamado “mico” coa súa mirada felina, absorvedora de enerxías neghativas.



Coa cunca de aghua ao seu carón para beber. Tanto come restos de comida sobrante, como ratea por onde puder, ou así aghora, come penso.



Ao abrir o ghaliñeiro, póñense ao axexo as ghaliñas para veren o que poida chegharlles.
 


Desta ves vánlle restos de comida, ademais das verduras frecuentes, xunto coa fariña e aghua que se lle repón nos cacharros. 


De cote peteiran polo chan e nas paredes para comeren ghrans de area, bichos pequeniños, ...
Son moi curiosas, e van dereitas á tarteira para ver que hai.

Atentas e coquetas para saíren na foto.



Teñen as súas barras nas paredes para descansaren de noite, ou durmiren. Alí frecuentemente fan as súas neçesidades.
Hai veçes que teñen comido os seus propios ovos, polo que nese instante dedúçese que o corpo lles pide calçio.  


Por este motivo, de ves en cando acostumamos pisarlles as cascas dos ovos que se consumen na casa para que elas os piteiren e coman. Así repónselles o calçio no corpo, e evítase que coman os seus propios ovos.  


Outra posibilidade e machacar cunchas de calquera bivalbo que podem ser berberechos, mexillóns, vieiras, ... para dárllelos em ves da casca dos ovos.




Os ghalos no capoeiro ao axexo da xente da casa para reçibiren a comida.




Esplenderosos, apostos e fortes, postos en pé coas súas crestas erghueitas, tal así dispostos a saíren na foto. 



 Restos de comida, verduras, e repoñerlles os cacharros da fariña e da aghua.

Entrando ao capoeiro.

Pensan os ghalos se quedaren dentro, ou sairen fóra.




Meu pai arrima o esqueiro á parede para subir á barra onde está a palla, neste caso herba de xoio seca. 
 


A palla foi deixada en monllos (braçadas ou mandos atados) e amontoados na barra.



De paso, collemos uns catro monllos 


e desfaçemos as ataduras de palla que lle deron os da casa na leira.




Botámolos abaixo. 




Na parede temos pendurada unha “espadela” de ferro com fío cortante na súa parte cóncava para seghar a palla.



Pómola no ghancho, en posiçión horiçontal. 


Collemos unha manchea de palla e ímola seghando (cortando) en anacos mais ou menos curtos.


Xa se están rematando os monllos que baixamos da barra.

Botámolos a un pedra asento que temos ao pé de nós.


Seghuimos façendo esto ata rematar a palla que baixamos.

Arrombámola na pedra, enriba da outra.


Xa rematada a labor, vemos a morea xuntada


Esta palla seghada soía botárselle ás vacas, mesturada coa herba para que esta última a comeran mellor, xa que lle daba bo sabor. En outras ocasións a palla iba enteira pero embarullábase mais na boca. Tamén podían darlla soa, sen herba, ou incluso en mandos (braçadas) separados.




Hoxe en día ao non ter vacas, fai o substituto do batume.

Neste caso, como así vemos neste valde que non ten batume sufiçiente para estralo cortello (façerlle a cama), entón podemos botarlle a palla. 


 





Abrímoslle a porta do cortello, e arrecuamos ao porco para arrebolar a palla e estenderlla no chan.



Para estralo é preferible palla seghada, en ves de enteira, xa que a enteira enghuedéllase moito á hora de estercar as leiras.




Se vemos que a capa de batume case non ten ghordura, podemos estralo por riba do esterco que fixo o porco, con novo batume ou palla. Cando tem moita capa, hai que sacarlle o batume ou a palla, e despois estralo.



Baldeirámoslle todo o valde de palla.


Xa o conseghuimos estrar, quedándolle a cama feita.




Morea de verduras para ghaliñas, ghalos e porco.


Collemos unha manchea delas, ou se lle ghustaran moito, podería dárselle un mando.




Botámosllas nun ou en dous curruchos do cortello.


No vasieiro emborcámoslle um ou dous pratos de fariña de millo.

Na parede, a carón das verduras vemos o pitelo onde bebe o porco.