jueves, 23 de enero de 2014

PARAXES, HISTORIAS E XENTES, por Ramón Laíño


O ENCANTO DO COTO DA MOUREIRA


Na costa de Covelo hai un lughar por riba desta aldea, perto do Outeiro. É o Couto da Moureira, no cal atópanse os ciamentos dun poboado castrexo. Os seus habitantes, debido á tradiçión e aos contos do pobo, eran coneçidos como “os mouros”, pero, neste caso concreto, pertençían á época castrexa. 

Din os habitantes da parroquia, que por este entorno hai un outeiro ou pedra que está oca, que pode ter unha forma aproximada dunha campana.

As persoas que saben dela, sitúana na paraxe do Campo dos Curros, no alto da Pedreira, por riba de Covelo, perto do Coto da Moureira.

Non saben diçir se foi producto da erosión natural dos elementos, se da súa propia formaçión, ou se foi tallada pola man do home. Desta sorte que os nosos maiores, e persoas dunha determinada idade, téñena visto, andiveron nela e tocárona con paus.

Afirman que a campá de pedra ao pegharlle no seu interior cun pau, soaba pareçido a unha campá de metal, pero tendo en conta o son da pedra oca. 

NOTA: Relátame unha persoa informante, que por desghraçia, esta "campana" foi destruída por un veçiño de Carboeiro, da parroquia de Cures, faleçido hai poucos anos. Din que andaba ás pedras para façer alghunha construcçión, ou murar etç. e, colleuna coma outra calquera. De seghuro, sabía que era a "famosa campana", pero como pasa moitas veçes, non lle dou valor a algho do noso patrimonio, integhrado durante centos de anos, incluso de moito máis atrás, na nosa cultura popular. E, coma sempre, non hai peor inimigho que a iñorançia, ou inda máis ghrave, a falta de escrúpulos da nosa propia xente. Por eso, non fai falta que veña ninquén de fóra destruír o noso, que xa os temos dentro da nosa propia casa.  De nada serve diçir o nome desta "persoa inconsçiente", xa que eso non fará volver a pedra destruída ao seu sitio.


Debaixo desta “campana dos Curros”, din que hai un tesouro. É unha historia moi común nos asentamentos castrexos, debido a que neles traballábase o metal, e a orfebrería. Polo tanto, sempre rondaba a posibilidade da existençia de restos, e tesouros antighos.

Neste caso, contan que había dúas olas, unha con ouro e outra con veleno. Esto era un risco para calquera salteador de épocas pasadas que quixera curiosear no noso mundo antigho. Por eso, quen atopase este tesouro, se ao levantar o testo dunha ola, era a do veleno, quedaba morto. Se fora a outra, tiña riqueça a escachar.

Por outra parte, o Coto da Moreira atópase cataloghado como conxunto castrexo, onde se ven çiamentos de vivendas circulares, ... tapadas polos toxos.

Na Idade Media, este Coto foi asento das cabalarías do xeneral “Moureira ou Moreira” do paço de Gheáns, ou Ghoiáns. Ademáis, doutros asentos en diferentes puntos do Barbança.



En Covelo lavaban no río e había dous muíños. Río arriba desta ponte, a non moitos metros, atópase o "muíño de riba". 


Deste, son propietarios a casa de Carmen e Chico, como tamén a casa de Manolo e, unha casa de Lidón. Esta última, tiña rolda polo verán e moía nel porque, na estaçión estival o río de Lidón non levaba aghua sufiçiente para moer alá. 


Logho, da ponte abaixo, atópase o "muíño de baixo", propiedade únicamente da casa de Manolo de Cubelo. 



ACHÁDEGHOS NO COTO DA MOUREIRA


Contan as xentes de antes que, no Coto da Moureira había casas (asentamentos) onde viviron pobos doutras épocas (pobos antighos). 

Eles chámanos “os mouros” e asóçianos aos árabes, pero en realidade pertençen á cultura prehistórica, meghalítica, neolítica, do arte rupestre, da cultura castrexa, e doutros pobos que se perden na historia. 

Diçíanlle por medio da tradiçión e dos contos que os que habitaran aqueles lughares deixaran tesouros aghachados na terra. 

Houbo casos referentes a esto, coma o da señora Delores / Dolores de Cubelo, veçiña da casa de baixo, xa que soamente había dúas casas nesta aldea. Ela, levaba a miúdo as ovellas e as cabras a paçer ó monte. Debeu ser arredor do ano 1900, cando de tanto pasar polo mesmo sitio, os animais foron escañando no terreo coas patas, deixando á vista unha cousa brillante. 



Era unha espeçie de arame de ouro, con doas (boliñas) de ouro. Resultou ser un colar de ouro da época castrexa. Ela foi comentando este achádegho aos veçiños, e a nova cheghou aos ouvidos dalghún xoieiro de Noia, como vila prinçipal do entorno. Daquela, as persoas desconeçían o valor de determinados obxectos. E tal como me relata a informante, o xoeiro paghoulle á señora Delores un preço moitísimo menor do seu custe real. Ao final, o xoeiro quedouse co colar de ouro.



Nota do xornal da Vos de Ghaliçia do 3 de novembro de 2013, no que se di textualmente que o rexistro do achádegho é do ano 1893. Por este dato, penso que foi ese colar da foto superior o que atopou a señora de Covelo cando andaba coas ovellas e as cabras. Esto ten moito que ver co que me dixo a informante da aldea de Cures, xa que tantea a data do descubremento do obxecto, nun ano próximo ao 1900. 

 

Así di textualmente o xornal: 

“Apenas unhas horas despois de que a Xunta anunciase a incoación do expediente para declarar ben de interese cultural (BIC) a colección de xoiería prerromana de Álvaro Gil, os seus herdeiros sacaban do museo provincial de Lugo este tesouro composto por 44 pezas, 43 delas de ouro, entre as que se atopa o colar de Chaos do Barbanza. Agora, o seu futuro é incerto e, de momento, o único se que se sabe do seu paradoiro é que está gardado a recado co resto da colección. 

O colar atopouse en 1893 na serra barbancesa, e tras pasar por mans dun xoieiro de Noia, pasou a formar parte da colección Blanco Cicerón e, logo da Álvaro Gil. Agora, a peza, que a Xunta destaca como unha das máis singulares do conxunto, está nalghún lugar de Madrid e non se sabe cal será o seu destino. Segundo o dito pola familia de Gil, a súa intención é que a colección poida contemplarse nalgún outro museo, pero por agora se descoñece se isto será así nin en cal. O único que parece seguro é que o colar de Chaos do Barbanza non emigrará ao estranxeiro.”

Sexa polo feito anterior, ou por outras causas: a casualidade, a ignorançia, o atrevemento, ou por propia avariçia, foi a partir desa data de 1893, cando proliferaron as excavaçións aventureiras neste lughar, polo que pouco a pouco foron apareçendo distintos tipos de restos.

Tamén se dou a circunstançia dun cura dos vellos, daquela época, que vivía coa súa famila, supostamente na rectoral da Ameán.




A señora que me conta todo esto, dime que os familiares do cura (sobreenténdese co consentimento e compliçidade del) ían escañar no Coto da Moureira, buscando atopar "algho". E todo que topaban, entreghábanllo ao cura, quen se quedaba con todo, pois non se oía que llo entreghase á autoridade pública.



Outros restos, e tesouros que se encontraron no Coto da Moreira, foran parar aos da casa do Sampaio: xoias, etç. Tamén se atoparon testos, caçolas, cachos de barro, ... 

Había buratos por debaixo da terra, significando excavaçións dos buscadores, ou tamén de ocos e conductos deixados polos habitantes que viviron antighamente alí. 

O espallamento pola redonda destas novidades, mesturouse coa falta de formaçión e a ignorançia da xente. Caso aparte podía ser o do cura, ou os xoeiros, ... que era xente con formaçión, e conoçemento, pero que primaba a súa avariçia, en ves do interese público.  O resto do pobo, en xeral, non tiña conciençia nin conoçemento mínimo do que significa o patrimonio arqueolóxico, cultural, artístico e histórico.

Deste xeito, o que máis e o que menos, nalghún tempo libre, ocorréuselle ir escañar alá, haber se atopaba algho interesante.
Así mesmo, meu bisavó paterno, Xaquín do Caseiro, din que pola curiosidade, e a aventura, deçideu ir alí, haber que había, tal como façía outra xente desa época. E por unha casualidade atopou determinados obxectos que a informante non sabe definir.

De tódolos xeitos, dase o feito que tal como se conta no seghuinte relato (Breve historia dun ofiçio humilde e esençial), por esa época, el atopábase traballando para o señor do Paço de Gheáns. 



Coa circunstançia inesperada de ter encontrado alghúns obxectos, expresoulle a súa confusión ao señor deste paço, e mostroulle as cousas de valor. 


A partir de aquí, dada a diferençia de estatus soçial, económico e cultural entre ámbolos dous, así como o afán de posesión do máis poderoso, pareçe ser que lle deixou os obxectos ao señor do paço de Ghoiáns.

Incluso, na década de 1930 e 1940, ten habido xente da redonda, cavando alí por aventura. Outra informante de Cubelo, da casa de baixo, que estivo emighrada en Venezuela e voltou na década do 80 ou 90 deste século, relata que incluso na década de 1930 e 1940, era normal que continuase a búsqueda neste coto. Por exemplo, un moço daquela, moi xovençiño (Ramón da Xastra), propúxolle de forma "pereghrina" ao pai desta muller ir ao coto da Moreira haber se atopaban algho. E alá foron, pero non encontraron nada.


BREVE HISTORIA DUN OFIÇIO HUMILDE E ESENÇIAL


Arredor do ano 1900, a señora Adelina de Cures, nai de Encarnaçión das Chonas, levaba a vender o leite a varios sitios, e entre eles ao señor do Paço de Gheáns. Un día, cando llo foi vender, preghuntoulle o señor: 

- ¿Haberá alghún carpinteiro por alá por mor de construír un fuste para a nosa adegha do paço? Explicar que un fuste, é un barril enorme coa capacidade de cinco pipas, no que cada pipa ten cincocentos litros, así en total contén 2500 litros.

Ela respondeulle:

- Si, hai.

Entón, dille el:

- Pois, avíseo por se quere façer este traballo. E se está interesado, tráiamo.

E constestoulle: 

- Así o farei.

Entón, ela avisou ao meu bisavó paterno, Xaquín, quen traballaba de carpinteiro polas casas, por onde o chamaran. El estivo de acordo, polo que colleu a ferramenta, e sen falta, foise alá.

Á súa porta sempre cheghaban mendighos pedindo esmola.

Nunha desas, apareçéulle petando na porta meu bisavó paterno, un señor pequeno de pelo branco, cunha ghrande barba branca.

Levaba un pao ó lombo do que colghaba por unhas asas, a esporta (Espeçie de cesta con dúas asas, feita de esparto, ou dunha materia semellante. Fai de bulsa e serve para transportar obxectos.) Nela, levaba a pouca ferramente esençial da que se valía. Non tiña metro e para esto servíase do seu cóbado co que marcaba sobre o mesmo pao do cal colghaba a esporta.

Cando lle abreu o maordomo, pensou que era un mendigho pedindo esmola e botouno. 

El, insisteu en que viña polo encargho dos fustes. E díxolle que traía a ferramenta, a cal lle mostrou. O maordomo estranouse pero de tódolos xeitos foi chamar ao señor do paço. 

De seghuido, o señor esixeulle unhas probas da súa valía como carpinteiro, e entre outras demostraçións, tomou as medidas co seu cóbado sobre o pao que traía, quedando perfectamente definidas, polo que o traballo foille encarghado a el.

Ao mesmo tempo, o señor esixeulle que neste fuste "non faltase nin sobrase". Esto quere diçir que fosen as dimensións exactas. E de paso, díxolle:

- E se pode vir mañán, veña xa.

Polo que el responde:

- E boeno. Virei logho, mañán.

Diçir que para as perfias, ou barriles, tanto se pode empreghar madeira de carballo, como de castiñeiro. Ámbalas son madeiras moi duras, pero un pouco máis dura é a de carballo.

O dono do paço, encarghara para este traballo unha boa madeira de carballo, e xa a tiña alí. 

Ao día seghuinte, cheghou o bisavó ao paço, e púxose mans á obra. Diçir que esta madeira había que queimala algho no lume para poder dobrala. Cando se puxo con esta tarefa, diçíanlle os do paço:

- Pero así vai queimar a madeira.

El respondía:

- Non, home, non.

E pouco a pouco foi dándolle forma ao fuste. Dado que dominaba completamente a súa profesión, cheghou a construílo, cumprindo exactamente co que se lle encarghara. 

Ao final, púdose comprobar que ao fuste non lle faltou, nin lle sobrou. Non revía (perdía líquido), e tiña as medidas que correspondían nel. 

Como remate da labor, o señor do paço quería levalo a Vilagharçía de Arousa para ensinarlle todo o que el pudera aprender con mestres profesionais. Ademáis, alí, tiñan o propósito de metelo nunha escola para cursar os estudos primarios, e despois escoller o que el quixera seghuir estudando.  

Dase a circunstançia que o bisavo paterno era o máis vello de seus irmáns. Estaba ao seu cargho, traballando polo xornal e así poder traer uns patacóns aos seus. Ademáis, había que axudar na casa, en  traballos aghrícolas e ghandeiros. Por ese motivo, non pudo aceptar a oferta do dono do paço de ir estudar a Vilagharçía. 

Débese explicar que a totalidade da poboaçión do ámbito rural non tiña acçeso ao ensino básico. Exceptuando as familias de clase nobiliar (donas de paços, e casas señoriais), ou fidalghos (labreghos) moi acaudalados, os cales, si tiñan a posibilidade de estudiar.

Ao señor do paço, pareçeulle ghrandioso, e espectacular que un señor de apariençia humilde e estrafalaria, con esa vestimenta, portando unha ferramenta de traballo mínima e básica, pudese sacar adiante todo o encomendado. Dada a enverghadura de tal recipiente, e a forma en que a persoa cheghou ao seu paço, como o seu xeito de traballar, decideu que toda esta historia saíse nos xornais da época de prinçipios do 1900, século XX.



O xornal onde saeu reflectido tal feito, foi ghardado polo bisavó Xaquín, e máis tarde, tamén por un fillo del, Xosé do Caseiro de Cadarnoxo. A pesar desto, o papel do xornal foi deteriorándose co paso do tempo, e desinteghrouse. 

Tamén lle construeu outro fuste á casa de Treus, en Bermo. Para a época, suponse que unha perfia destas característica, indicaba unha casa de labrança forte, con cantidade de viñedos.

Por descontado, que como carpinteiro non só se dedicaba á construcçión de fustes, senón que abranghuía todo tipo de traballos en carpintería.


ASENTAMENTOS ANTIGHOS


A. En Pá, por riba de Moimenta, indo para Ghuiende a xente maior di que hai casarellos circulares. Estos, veñen sendo, castros. Dise que a  asçendençia dos antighos Arruchelos (casa de Arruchelo de Cures), vén dalí.

B. Por riba de Soborviñas no monte, atopáse o dolme da Cova da Moura. Unha construcçión meghalítica, ao que a xente do pobo comentan que alí estiveron os “mouros”. Hoxe, enténdese, non como os mouros do norde de África, senón como habitantes antighos, sexa da cultura da pedra, Paleolítico, Neolítico, como da idade do bronçe, coa cultura da arte rupestre dos petroghlifos, e da idade do ferro, coa cultura castrexa, ..., e de épocas posteriores que aínda se perden na noite dos tempos.

C. En Xamiñón, indo para Nebra, ó baixar da Ghraña tamén hai “casarellos” que puderan ser castros. Esta paraxe é un paso de altura e inmediato ás chans do Barbança, rica no meghalitismo da Idade do Bronçe, e de asentamentos castrexos, como o Coto da Moureira, da Idade do Ferro.

D. Na Miserela da Pobra do Caramiñal hai restos arqueolóxicos de cultura prehistórica e castrexa.

E. Castros de Loxo de Abaixo, e Loxo de Arriba. E petroghlifos de arte rupestre.

F. No castelo de Vitres apareçeron tellas, çiamentos, ... Suponse de construcçión medieval  da Alta Idade Media. O topónimo, castelo, é un indicador deste suposto. Nesa época hai moita inestabilidade e conflitividade política polas invasións normandas, vikinghas e sarraçenas. Érghuense torres para vixiar, protexer e defenderse dos asediadores. Constrúense as Torres do Oeste, en Catoira, os fortes de Pontesampaio ou a Lançada, e posiblemente o Castelo de Vitres que ten un pleno campo visual da ría de Arousa.

Descártase que sexa unha fortificaçión romana, anque pode estar sedimentada unha vía antigha. 

jueves, 9 de enero de 2014

AGHUA, por Ramón Laíño





Substançia do noso ser, inherençia deste mundo.


En misterio discorre, aquel líquido claro e vivificante que nos lava e purifica.


Sorbos de espírito acuoso, refrescante e cálido. 


Es substento do meu corpo, aghua pereghrina e reparadora.


En ti nos vemos, espello natural, por veces inquedo e noutras, sereno.


Polo río vas, plena de vida, correndo hacia o mar. 


Flúe a súa música, como medicina natural, dun incansable cantar.


En silençio, brotan os murmullos nas entrañas da terra, 


onde naçe libre, a substancia máxica e animada.  


Xa abren as verdes fontes, deitando aghua viva e pura.


Como unha recén naçida, sae do ventre, inocente e cristalina.


Son as orixes da súa aventura, os reghatos primeiros.


Da altura dos montes, baixa por reghueiros serpenteantes, entre pedras e outeiros.


Cursos de aghua lavrados de tempos pasados, e tantas veces surcados.


Raio de lus que atravesa a vida, reino de claridade diurno, brillo de prata nocturno.


Entre inquietudes e temores, salta e asústase, proseghuindo o seu destino.   

 
Desde o alto, estremeçida, nun instante cae ao abismo.


Fervença de caída vertixinosa, salpicada de burbullas e espuma cristalina.


Remansos tranquilos e apacibles, ríos caudalosos de aghua turbulenta.


En intenso desexo, avança na busca de camiñantes desconoçidos.


Xa, nas suaves chans, fúndese cos seus novos compañeiros.


Escóitase ao seu paso, susurrando palabras e deixando sentimentos.  


Animais e paxariños, cruçan aleghres e divírtense, ao vela pasar. 


Lentamente, camiño da súa viaxe, vai esqueçendo os medos,


e entre calmas e perighos, chegha ao final do seu andar.  


Exhalando o derradeiro alento, deixa o seu sangue no ancho mar.


Nada se acaba, todo se transforma. De repente, evapórase, disposta a un novo començo.


Reino de suaves sentimentos, envolto en orballo caído, como pinqueiras no vento.


Tormentas desbordadas de paixóns e furores, desprendidas en choivas densas e trono impetuoso.


Visión dun existir a través das bághoas dunha xanela mollada.


Nubes do firmamento, aghua empapada en soños.


Viaxeira sobre o mar e a terra, quéreche o sol e bícache a lúa.


Escorrentías de aghua caída, por tódolos lughares espallados.