Cando se di que alghuén colle o aire, podería definirse como un ente
abstracto que se adquiría de tres maneiras, tanto, a través das femias dos
animais cando se atopan na época de aparearse, como dun defunto, ou dunha
muller que se atopase con fluídos menstruais ou postparto, incluído o puerperio.
Tense por máis perighoso e difíçil de quitar, o aire do defunto.
As persoas favorables a coller o aire, eran os nenos, ou os adultos
enfermos.
Polo común, a xente maior que viña dunha vela, traía impregnado consigho o
aire do defunto que llo podía transmitir a calquera neno, ou persoa enferma.
Incluso, podía dárse o caso de que o propio neno, ou un maior enfermo, por
calquera motivo, foran á casa do defunto, e llo pasasen nese entorno.
Ao paso dun enterro, os nenos debían atoparse lonxe de alí.
Se había alghún adulto enfermo, este, ao paso dun enterro, e antes de
cheghar á súa altura, tiña que levantarse da cama para non coller o aire do
defunto. Enténdese que as xanelas debían estar pechadas.
Seghundo a informante, cando unha persoa viña dunha vela, e volvía para o
seu foghar, existía un ritual de afumado.
Para esto, pouco antes de cheghar á
súa propia casa, xa perto, ou diante dela, prendía o lume no exterior con algho
que fixera fume. Por exemplo, con picaños, ou calquera outra cousa. Entón,
afumábase bem de corpo enteiro. Estiraba os pés por riba da fumeira, as pernas,
os braços, e o corpo enteiro. Para rematar o rito, pasaba por riba da
foghueira, dun lado ao outro, façendo un afumado completo.
Deste xeito, trataba de quitar o aire do defunto que pudera traer con el.
No caso de que un rapás, ou unha persoa doente, collese o aire a través de alghuén
da casa, ou de fóra que non estivera afumado, ou por outra causa, entón había
que quitarllo por medio dalghúns dos rituais que existían.
Como dixemos, tamén podía collerse un tipo de aire diferente, por muller,
ou animal, que son menos perighosos, e máis doados de curar.
Podería definirse o síntoma de ter o aire un neno, ou unha persoa xa enferma
que o colleu, como estar ensumido, decaído e extremadamente delghado que perdeu
o solás, ou o ánimo.
Esto implica que o rapás irá muchándose, abaténdose e enfermando. Ou se era
unha persoa adulta que xa se atopaba enferma, irá a peor.
Para estableçer un rito, deben enumerarse unha serie de elementos básicos
que o estruturan, e avalan:
- Asentar un tempo ritual a través dun número. Pode ser o
nove ou o tres, considerados números saghrados. Esto dependía de cada caso, e dos ofiçiantes.
- Façer saghrado un espaço durante o ritual:
1. A casa (os curandeiros).
2. No cemiterio, xunto da tumba do defunto que
supostamente lle pasou o aire.
3. Unha silva prendida polas dúas partes (na raís e na
punta) façendo de pontella.
Se pudera ser, mellor na beira dun río. Senón, en
calquera outro sitio.
4. Un cruçeiro, nun cruçe de camiños.
5. Unha fonte.
6. A ponte de San Antonio, na Pobra do Caramiñal.
- Nomear unhas “palabras”.
O feito de “quitar ou tirarlle o aire”, daría lughar a que o doente sandara
e fóra para riba, é diçir, se recuperara.
-------------------------------------------------------------------
1. A CASA
Dise que para sacar o aire nas casas, dedicábanse a esto unhas mulleres
espeçiais, cunha serie de cualidades innatas ou naturais. Esto transmitíase de
nai a filla, sempre que esta tivese “o don”, é diçir, que pudese realmente
reçibir as palabras e para eso tiña que darlle a alma a súa nai.
Pero antes
desto, a nai tiña que pensalo moi ben, porque non se lle podía dar a calquera,
ao tum-tum. Porque senón, perderíase a virtude da palabra, é diçir, o seu
poder.
As palabras non podían escribirse. Debían manterse oralmente. Quen non o
aprendía á primeira ves, é que non estaba preparado para recibir este seghredo
esotérico.
Esas palabras non se poden diçir máis dunha ves a unha persoa. Se as sinte,
e se as apropia interiormente delas, memoriçándoas, significa que colleu a
sabiduría que se lle transmite.
Se a filla non era válida, podía pasárselle á seghuinte xeraçión da casa, e
senón a outra muller anque non fóra do mesmo foghar.
Actuaban por medio duns ritos, da palabra e a fe. Neste caso, ao sacarlle o
aire na casa, façíano na bóla de borralla (proçeso que consta de varias fases
para compoñela, e aplicala no neno, ou na persoa enferma). Este ritual definirá
se o aire é de animal, ou de muller, chegando a ser curativo. En cambio, non
será curativo, se o aire é de defunto.
Cando se saca o aire na casa levado a cabo polas curandeiras, pode darse o
caso, de que a persoa estea tamén “atada”. Para eso, hai que levar o
neno, ou a persoa a un cruçeiro ás doçe da noite. Átanselle os pés e as mans
cunha corda, e espérase a que pase a primeira persoa andando que pode ser home,
ou muller.
Se pasara un animal, por exemplo, un can, ou un ghato, xa terías que volver
outra noite.
Á primeira persoa que pase, tes que preghuntarlle: “¿Qué se lles fai aos
presos?”
Entón, o viandante ten que contestar: “Os presos çéibanse.”
Logho, a muller que está co neno nos braços, ou coa persoa, entréghalle
unhas tesoiras ao viandante, e dirálle: “Çéibame a este miniño.”
Córtalle o cordón das mans e dos pés, e deste xeito tíranlle ao neno o aire
ao que estaba amarrado.
----------------------------------------------------------------------------
En Ponte Ghoiáns, a señora conoçida
como tía Manuela a Tata, baseada nun recordo de infançia, diçía que lle
quitaban o aire aos miniños envoltos na “folla do aire”.
"Era a folla do aire, e durmia o miniño nove días nesa folla, e cando lle
quitaban a folla ó probiño, saíalle a pel peghada na folla, nove días sen lavar
o miniño. Façíano na aldea da Ponte Gheáns."
Íbase buscar á finca da torre, e era unha folla moi ghrande.
---------------------------------------------------------------------------
2. O CEMITERIO
Conta meu pai Xaquín que súa nai (miña avoa paterna), Manoela de Carboeiro,
ten ido alghunha ves con outra persoa maior, levar alghún rapás, ou rapaça ao
cementerio para “tirarlle o aire” = ”quitarlle o aire”.
Seghundo comenta el, súa nai non lle explicou se a outra persoa maior que a
acompañaba, podía ser home, ou muller. Ían de noite co neno, ou nena afectada,
sen que ninguén o soubese.
O rito debía levarse a cabo ás 12 da noite. Dirixíanse á sepultura do
defunto xa enterrado, que supostamente lle pasara o aire ao neno. Entón, xa a
carón da sepultura, unha das persoas co neno no braço, púñase nunha das beiras
da lápida, sen pisala, e a outra, de fronte, no outro lado, tamén sen tocala.
Cheghada a medianoite, a persoa que tiña o rapás no braço, pasáballo no
aire á outra persoa (a criatura non debía tocar o chan), e no intre de
pasarllo, diçía o nome do defunto: “XXX, toma o aire do morto, e dáme o do
vivo.”
Entón, quen reçibía o neno, recollíao nos braços. De seghuido, repetía esta
frase, “XXX, toma o aire do morto, e dáme o do vivo.”, devolvéndollo á outra
persoa do mesmo xeito. Din que o façían 3 veçes sen tocar a sepultura. E
despois ían para súas casas, sen alertar ao veçindario, e posiblemente por un camiño diferente.
----------------------------------------------------------------------------
Outra persoa que ten partiçipado nestes ritos do cemiterio, a señora María
Encarnaçión das Chonas, curmán de meu pai e aínda viva, relata as súas
experiençias.
Ela, di que as persoas que ían sacarlle o aire aos rapaçes no cemiterio, debían
ser dúas mulleres, as cales tiveran o primeiro nome María.
Alá, xa de noite, ían ao cemiterio, e dirixíanse co neno, ou nena afectada, á tumba do defunto
causante deste aire.
Como no exemplo anterior, non se podía tocar a lápida. Por iso, unha delas
xa co neno nos braços, situábase nunha das beiras, e a outra, no lado
contrario, sen tocaren a pedra.
Ao cheghar as 12 da noite, a muller que tiña o rapás, começaba o rito,
diçindo o nome do defunto: “XXX, toma o aire do morto, e dáme o do vivo.”, ao
tempo que llo pasaba no aire á compañeira (sen que a criatura tocara o chan).
A outra muller reçibía o neno no aire. Logho, devolvíalle de novo o neno,
repetindo esta frase saghrada: “XXX, toma o aire do morto, e dáme o do vivo.”
Neste relato, a informante di que o ritual repetíase 9 veces, sen tocar a
sepultura. Despois, saían dalí para cadansúa casa, sen chamar a atençión. Existe a posibilidade de que podía volver ás súas casas por un camiño diferente do que viñeron.
----------------------------------------------------------------------------
3. A SILVA PRENDIDA (ENRAÍÇADA) POLAS DÚAS PONTAS.
Outra posibilidade de tirarlle o aire aos rapaçes, ou persoas enfermas, era
buscar unha silva prendida polos dous lados. É diçir, que aparte de estar
enraíçada pola raís, tivera tamén a outra ponta na terra. Isto, daría lughar á
figura dun arco.
Diçíase que era bo que apareçera á beira dun río, ou onde
circulara aghua, como unha fonte natural, un regho, ...
Senón se atopara perto dun curso de aghua, pénsase que podería valer perfectamente en calquera outro lado, imbuídos polo poder da deçisión, ou da fé.
Ían dúas persoas maiores de noite, acompañadas do afectado. Suponse que a
medianoite sería a hora máis axeitada. Sen embargho, coa noite poderían obterse
bos resultados, anque non fora a hora
Aténdonos aos casos anteriores do cemiterio, as persoas acompañantes serían
prototipos trasladables a este caso.
Tanto, un home e unha muller, entraría no esquema das persoas que se
situarían unha fronte á outra, e no medio a silva. Alí, farían pasar ao neno
por debaixo da silva, dun lado ao outro, e viceversa. De paso, cada acompañante
no seu turno, nomearía as palabras e desexos reparadores.
Esto podería repetirse 3, ou 9 veçes, ámbolos dous números son sagrados. Esto dependería do caso que os ocupara e dos rituais dos propios ofiçiantes.
Por outra banda, podería tamén aplicarse á singularidade dos acompañantes,
que fosen dúas mulleres de primeiro nome María.
No remate do acto solemne, e ocultista, dirixíanse secretamente para os
seus foghares. E poderían variar de camiño, ou recorrido diferente do que viñeron.
--------------------------------------------------------------------
Como unha suposiçión persoal miña, podería intuírse ou deduçirse como outro lughar saghrado, semellante ás fontes, aos cruçeiros, e á ponte de San Antonio para axudar a que as mulleres con
abortos anteriores, puderan loghrar os fillos.
Nun momento da preñés, a muller ía co seu home, ou senón outra persoa de
confiança, e dirixíanse ao escureçer, ou de noite, senón de madrughada, xunto
desta silva prendida. Con eles levaban aghua bendita.
Deberían ter pensado o nome do futuro fillo. Había que aghardar a que
pasara a primeira persoa. Nese intre, trataban de darse a conoçer entre sí, e
explicábanlle o caso.
(Se cadrara a pasar un animal calquera, antes que unha persoa, deberían volver outra noite.)
Ao mesmo tempo, pedíanlle que representara o ritual do bautiço, como se xa
estivera naçido o neno, bendeçindo a barrigha da muller. Debía, ighualmente,
pronunçiar os nomes que os pais pensaban darlle ao neno, ou nena.
Deste xeito, esa persoa, desde ese intre tiña a obrigha moral de ser padriño, ou madriña, no caso de naçer o fillo, asistindo ao bautiço na ighrexa.
--------------------------------------------------------------------
4. O CRUÇEIRO
Outro punto de sacralidade permanente, o cruçe de camiños, xa anterior á simboloxía
cristián. Que é o espaço en sí mesmo, con toda a simboloxía que o arrodea .
E a sacralidade espeçífica, que é a transformaçión do mesmo espaço mediante
unha acçión ritual.
A natureça máxica e de bruxaría das encruçilladas aínda vive nas crenças actuais.
A encruçillada é lughar axeitado para curar moitas enfermidades en base ao
reçitado de ensalmos (curar con oraçións máxicas e aplicaçións empíricas de
remedios naturais), ou realización de determinados ritos.
Neste caso, podería abarcarse o acto de quitarlle o aire aos nenos, e
persoas afectadas, así como o posible desamarre, se é que a maiores estivera
amarrado.
Lévase o neno, ou persoa afectada a un cruçeiro ás doçe da noite.
Alí, tamén posiblemente se podería realiçar o acto de tirarlle o aire, cuns
ensalmos axeitados ao afectado.
Se, ademáis, o afectado sufrira de “amarre”, entón habería que esperar a
que pasara a primeira persoa que pode ser home, ou muller.
Seghundo a informante, Maruxa do Vioxo (casada na Ameán con Manolo do Sampaio), un destes cruçeiros no que se quitaba o aire e mailo desamarre, era o cruçeiro do Pousiño, tamén conoçido como cruçeiro da Bara, situado na Ponte Ghrande.
Se cadrara a que pasara de primeiro un animal, por exemplo, un can, ou un
ghato, xa terías que volver outra noite.
Postos no caso, átanselle os pés e as mans cun cordón ao doente, e espérase
a que pase a primeira persoa andando que pode ser home, ou muller.
A esa persoa que pase, tes que preghuntarlle: “¿Qué se lles fai aos
presos?”
Entón, o viandante ten que contestar: “Os presos çéibanse.”
Logho, a muller que está co neno nos braços, ou coa persoa, entréghalle
unhas tesoiras ao viandante, e dirálle: “Çéibame a este miniño.”
Córtalle o cordón das mans e dos pés, e deste xeito, aparte de térselle
anteriormente xa “tirado” o aire ao neno, tamén aghora queda “desamarrado” =
ceibado do “amarre invisible”.
Esto façíase en segredo, e sen chamar a atençión da xente. Posiblemente podían volver por outro camiño diferente aos seus foghares.
-------------------------------------------------------------------
Estes cruçeiros, ao pé das encruçilladas, servían tamén para axudar a que
as mulleres con abortos anteriores, que aghora estaban en estado,
conseghuiran logralos.
Nun momento dado da xestaçión, a muller xa embaraçada, façíase acompañar do
home, ou senón dunha persoa de confiança, e dirixíanse ao escureçer, ou de
noite, senón de madrughada a un cruçeiro. Con eles levaban aghua bendita.
Levaban pensado o nome que lle ían poñer ao futuro fillo. Entón, esperaban a que pasara a primeira persoa. Trataban de
identificarse entre sí, e explicábanlle o caso.
(Se cadrara a pasar un animal calquera, antes que unha persoa, deberían volver outra noite.)
De paso, pedíanlle que dixera as palabras rituais como se xa tivera naçido
a criatura, e bendeçira o ventre da muller, pronunçiando os nomes que os pais
lle tiñan pensado dar ao neno, ou nena.
Aghora, estaba obrighado a ser madriña, ou padriño no caso de naçer o fillo, e debía asistir ao bautiço
relixioso na ighrexa.
----------------------------------------------------------------
5. A FONTE
Lughar de sacralidade, tamén son os naçementos de aghua, é diçir, as
fontes.
É moi probabel que aquí se conxuntaran as persoas posuidoras dese saber ancestral, que como nos
casos anteriores, axudaban a quitarlle o aire aos doentes.
---------------------------------------------------------
Ademáis, como tema paralelo, había casos de mulleres que non daban logrado
os fillos, e tiñan malos partos, ou non os formaban ata o seu fin.
Un remedio ancestral para estes casos, era façer un ritual que poderíamos
chamar de “protecçión da fertilidade”.
Exemplo real desta maxia ancestral, é o caso dunha parella da Pobra do Caramiñal que se dirixiran para celebrar o ritual en Mieites, onde está a Fonte da Cova do Río, perto da casa alcumada "dos do Río" .
Eran arredor das cinco ou seis da madrughada dun día da semana, cando a defunta de miña avoa materna, Esperança, Avelina (nai de Encarnaçión das Chonas), e Xaquina das Beiras de Baixo, todas de Cures, ían polo camiño de costume co leite na cabeça e no braço para vendelo por Boiro, Escarabote, Cabo de Crus, ...
Estaban cheghando a ese punto da Cova do Río, cando lle saíron ao paso da escuridade, esa parella da Pobra do Caramiñal.
Elas, no primeiro momento, asustáronse. Pero, os forasteiros explicáronlle que ela estaba en estado, e en casos anteriores non loghrara conseghuir os fillos. A parella tamén lles dixo que aquí había unha fonte milaghreira, chamada a Fonte da Cova do Río. E viñan dispostos a que a primeira persoa que pasara, pedirlle que bautiçara a súa barrigha.
Miña
avoa, e as demais estaban pola labor. Pero ao final, cadroulle a Avelina das
Chonas a ser a encarghada de ofiçiar o acto.
A parella da Pobra, xa traía con eles, aghua bendita, e tamén xa pensaran os
nomes do posible fillo, por ser fora neno, ou nena.
Dirixíronse ao pé da fonte, e entón, Avelina bendiçeulle o ventre da muller,
diçindo os nomes dos fillos, elixidos polos pais, co resto do rito.
Ela, sería a madriña, cando naçera ese fillo, para bautiçalo posteriormente na
ighrexa. E o padriño, soía ser o propio home, e de ser viúva, buscaban outro
padriño.
Ao final, o fillo naçeu. E a parella da Pobra, desde o primeiro momento, veu a
Cures a aghradeçerlle a todas estas tres mulleres a súa disposiçión na
bendiçión do ventre da nai.
Foron por cada casa das tres, dándolles as ghraçias e incluso con alghún
aghasallo. Pero sobretodo, por lóxica, as ghraçias foron para quen lle tocou
ser a súa madriña, Avelina das Chonas, a quen a obsequiaron con algho.
Tamén lle dixeron, que ghraçias a ela, e ás súas compañeiras, aghora tiñan un
fillo loghrado e vivo.
---------------------------------------------------------------
6. A PONTE DE SAN ANTONIO, NA POBRA DO CARAMIÑAL
As pontes son outro punto de sacralidade que ben puderan servir para
tirarlle o aire aos afectados. Por desgraça non me cadra a ter ningún relato a
este respecto.
-------------------------------------------------------------------
Continuando cos problemas dos malos partos, existía un lughar de referençia
na redonda para estes males. Dise que era a Ponte de San Antonio, situada nun
punto determinado do territorio deste conçello.
Quen se deçidira por este rito, podía ir ao escureçer, de noite, ou de
madrughada, coa fin de que se lle loghraran os fillos, e lle naçeran vivos.
Levaban consigho aghua bendita da casa, e tamén o nome xa proposto para o
posible fillo, ou filla. Xeralmente, a muller
en estado acompañábase polo seu propio home. Senón estivese o home, podía ir
con calquera outra persoa de confiança da casa, ou de fóra.
Ían para esta ponte e esperaban a que pasase alghuén. Suponse que de
antemán xa lle terían pedido a calquera conoçido que pasara pola ponte a tal
hora. Isto era unha posibilidade para non arriscarse a esperar tempo esquençido
en balde, sen que lles viñera ninguén.
Outra posibilidade, era que a muller e acompañante, xa levasen alghuen a
maiores desde o primeiro momento. Deste xeito, non tiñan que esperar por
ninguén máis. Esta terçeira persoa representaría o simulacro de vir desde unha parte
da ponte, mentres eles estaban por alí.
No caso de que o primeiro que pasara, fóra un animal, entón terían que volver outra noite.
De darse o suposto que a persoa que pasara por alí, fora un desconoçido,
deberían identificarse entre eles. Comentábanlle o problema, e pedíanlle que
representara o papel de bautiço da criatura como se xa estivera naçido. Pronunçiaba
as verbas esperadas, diçindo os nomes do fillo, ou filla que os pais escolleran
e bautiçábao coa aghua bendita na barrigha da muller.
Finalmente, quedaban empraçados a bautiçalo na ighrexa, no caso de que
naçera o fillo vivo. Esa persoa sería o padriño, ou madriña, a cal tería que acompañarse da parte correspondente.
---------------------------------------------------------------------
Unha práctica deste rito ancestral foi o da defunta señora María da casa de Pilara, da aldea da Silva, en Mieites.
Cóntase que dunha ves que quedou en estado, precedida de abortos anteriores, decideuse someter a este ritual antigho.
Para eso, fíxose acompañar dunha persoa maior (podería ter sido seu home), e levando da casa, alghunha aghua bendita, foron pola tardiña, xa case noite á Ponte de San Antonio, na Pobra do Caramiña. Podía irse ao escureçer, ou de noite, senón de madrughada.
De antemán, a parella xa lle tiña buscado o nome á criatura, tanto, se fóra neno, ou nena.
Esperaron a que pasara alghunha persoa por alí. Era neçesario que se deran a conoçer entre eles, como identificaçión previa.
Se pasara un animal de primeiro, terían que volver outra noite.
Entón, comentáronlle o problema, e pedíronlle que coa aghua bendita bautiçara á criatura que levaba dentro da barrigha, coma se xa tivera dado a lus. Botou as oraçións apropiadas, e a bendiçión. Ao mesmo tempo, xa lle puxeron o nome do futuro crío-a, e o viandante quedou empraçado a que cando se bautiçara na ighrexa, formaría parte do acto relixioso, como padriño, ou madriña
Ao final, a señora María de Pilara dou a lus a unha nena, que ven sendo a señora Ramona, aínda viva na casa matrís, da aldea da Silva, en Mieites.
--------------------------------------------------------------------
Outra experiençia vivida nesta ponte, foi tamén a da defunta da muller de Moncho
das Laíñas, da Ameán, quen tivera varias xestaçións fallidas.
Por este motivo, cando a muller quedou en estado da última ves, ámbolos
dous deçidiron acudir a esta ponte para someterse a este rito antigho.
Foron alá ao escureçer, levando consigho aghua bendita da casa. Estiveron
aghardando na ponte a que pasase alghuén.
Estaban sabidos de que se pasara un animal, antes que unha persoa, terían que volver outra noite.
Ao final, pasou unha persoa que como
se explica anteriormente, se identificaron mutuamente e falaron do problema.
Verbaliçou, e bautiçou no ventre á criatura, cos nomes dados polos pais.
Todos trataron de visionar que o fillo xa estaba naçido. E o transeúnte quedou
pendente de asistir ao posible bautiço na ighrexa, no caso de que a muller
lograra o fillo.
Co tempo, dou á lus a dúas nenas xemelghas.
----------------------------------------------------------------
O ANTOLLO DUNHA MULLER PREÑADA
Conta a señora Encarnaçión das Chonas, que dunha ves súa avoa, e súa tía
Dolores, foron vender os seus produtos á feira da Pobra do Caramiñal, como de
costume. Non era esta soamente a única localidade da redonda na que vendían.
Nesa ocasión, cando se atopaban detrás do seu posto da feira, cheghoulle a
hora de xantar, e puxéronse sentadas a comer.
Nun momento da comida, pasou por alí un moço coa súa compañeira a quen xa
se lle vía a barrigha bastante ghrande, aghardando un fillo.
A moça ao ver e ulir a comida delas, sentiu un antollos raros. O corpo
pideulle urxentemente probar da comida que estaban tomando elas. Era como algho
irresistible e imparable para ela. Entón, contoullo ao seu compañeiro.
Vai o moço, e diríxise ao posto, presentándoselle a elas.
- Bos días. ¡Qué aproveite!
Elas respóndenlle:
- Ghraçias.
Dille que el e a compañeira son dalí da Pobra. Cóntalle que a súa muller tivo
abortos e nunca loghrara ter fillos.
De paso, el explica:
- Voulle pedir un favor.
Elas:
- Dinos, meu fillo.
El:
- ¿Se pudera dárlle algho desa comida para a miña muller? É
que llo pide o corpo, e ten a crença de que esto quiçais servise para que o
embaraço pudera saír ben.
Elas mandan acercarse á muller e dinlle:
- ¡Toma miña filla, toma. Que nos xa nos arreghlaremos.!
(E déronlle toda a comida.)
Muller:
- Pero, eu non quero que vostedes queden sen nada.
Elas:
- Non te preocupes miña filla, que despois xa compraremos
algho para comer nós. (Como así fixeron).
A muller comeu desa comida ata o final, cumprindo totalmente o seu
antollo.
Nun pouco tempo aínda se viron nalghunha feira semanal da Pobra. Pero, en
breve a parella deixou de verse.
Ao cabo dun tempiño, ahí se ve a parella cun rapás no braço. Alí, de
primeiro, dirixíronse xunto elas, as do posto das Chonas, e o rapás con eles. Pero non viron á avoa de Encarnaçión, e díxolle Dolores (unha das fillas que estivera con ela) e outra irmán substituta, que ao ser tan maior, cansábase das pernas e tivo que quedar na casa.
A muller doulle as ghraçias por ese antollo cumprido. Ela presinteu
que por ese momento clave o seu corpo respondeu ao embaraço, conseguindo o
fillo que ata ese intre lle estaba sendo neghado constantemente.
Na seghuinte feira, ou noutra posterior, a parella volver ver a avoa no posto, con Dolores tamén. E dixéronlle que ghraçias a ela e mais á filla, puderon ter o fillo que aghora levan pola man.
Agasallounas cun vestido de puntilla, a pesar de que elas lles insistía que
non façía falta.
A parella, cada ves que era feira, sempre lle daban as ghraçias e as aghasallaban
con algho, dada a súa insistençia.
Cheghou un día en que a avoa de Encarnaçión se puxo enferma, e non pudo ir
vender á feira. Tiveron que coidar dela na casa.
O matrimonio seghuía indo co rapás á feira da Pobra, pero cando xa non viron ás
dúas mulleres do posto, preghuntáronlle aos outros vendedores próximos. Ao
final, souberon que a señora maior atopábase enferma en Cures.
Ao pouco tempo, a avoa morreu, e eles enteráronse da súa morte.
Tanto era o seu aghradeçemento que viñeron da Pobra a ver á defunta.
Presentáronse alí co rapás pola man, e de paso, déronlle á familia un vestido
branco e tamén o hábito dos Dolores. A defunta levou posto ese vestido branco por baixo, e o hábito dos Dolores por riba, cos que foi
velada e enterrada.
-----------------------------------------------------------------------
O CALDEIRO HOSTIL
Era dunha ves un moço de Taraghoña que andaba cunha moça de Cadarnoxo, arredor
de finais da década dos anos 40, prinçipios dos 50.
El, fielmente viña a visitala á aldea, suponse que nos días propios de moçear na tarde-noite dos:
martes, xoves, sábado e domingo.
De seghuro que xa se encontraban por alghunha festa e romaría.
Polo que se ve, ela tiña pousada nel a súa ilusión e esperança, confiando
que alghún día sería o seu home.
Daquela, había pola aldea, un adolesçente que polas súas cualidades,
podería definirse coma un líder de ghrupo. Tiña ocorrençias divertidas, era
pavero, forte e imprevisible. Anque como todo, sempre había alghún “pero”, e
esto debíase a que tiña alghunhas bromas algho pesadas.
Os namorados seghuían co seu romançe, e todo continuaba o seu curso. O home
de Taraghoña viña polos camiños de costume para cheghar ata a aldea de Cadarnoxo,
xunto súa amada. Nese lughar, como tantos outros, prodigábanse as corredoiras.
Había
tramos de recorrido que quedaban por debaixo da altura de leiras e
terreos. Polo tanto, eses puntos eran fáçilmente dados a posibles sabotaxes.
O adolesçente ocorrente sabía dos amoríos da muller da súa aldea co home de
Taraghoña.
Existían certas rivalidades dos moços das aldeas desta parroquia cos moços
de fóra. Pero, a maiores, existían determinados prexuíços cos de Taraghoña e
Cespón, posiblemente polo seu talante e eleghançia.
Esto marcaba unha diferençia coas xentes do lughar.
O moço de Taraghoña soía vir sempre ben presentado, peiteado, e preparado. Co
devir do tempo, un día como tantos outros, e sen perder o seu porte, viña
vestido cun ghabán, pantalón de terghal, sapatos bos, e ben peiteado.
Neso que foi visto polo pillo ao lonxe. Con marxe de tempo, xuntou a
dous gharabulleiros e bromistas coma el.
Pasoulle pola cabeça de coller un caldeiro de madeira, dos de aquela época.
E sen máis miramentos, pensou e así llo fixo saber aos outros, de mexar e
defecar no recipiente. Cada un foi cumprindo o seu cometido, e cando viron que
tiñan bastante reunido, remexérono ben cun pau.
Cando o home estaba xa entrando en Cadarnoxo, esperaron a que pasara por
alghún tramo de corredoira fonda, protexida e cuberta por unhas árbores, e vexetaçión. Entón, o orghaniçador da idea aproveitou desde ese punto para emborcarlle o caldeiro enriba do moço.
Aquelo foi un estropiçio. Roupa, pelo, e corpo quedou todo emporcallado.
Desde aquela, aquel home desisteu de vir xunto da moça, e a relaçión amorosa
foise acabando
Ela enterouse da desfeita desa broma, e loghrando saber quen foran
os causantes, tívoos debaixo dun dente por por daquel atrevemento inconsçiente.
A muller ao final buscou outro moço con quen se casou.
-----------------------------------------------------------