Planeta máxico, viaxando
na estaçión dos catro elementos. Creador de vida.
Suspendido, vas
envolto en éter, por un velo protexido, e encuberto.
Es
horiçonte inabarcable, de diversidade inmensa.
Pasado orixinal, consciençia dun presente, futuro desconoçido.
Pasado orixinal, consciençia dun presente, futuro desconoçido.
Sentimentos
de mil formas e cores, descansan na túa memoria.
Entes
que desexan ser entendidos, queren ser mirados, anhelan renaçer cada
día.
Somos
parte do teu ser, esençia vital, camiñando na túa compañía.
Como
un palpitar latente, desde as orixes dos tempos,
¿por qué reter os sentimentos?
¿por qué reter os sentimentos?
Abro
os meus ollos a un mundo novo. Tanto por aprender, tanto por
experimentar.
Tal
é a visión dun cadro en branco, aínda por pintar, e colorear.
Inocençia
dun coraçón aberto, cheo de amor, en liberdade para amar.
Acariñado no reghaço dos seres queridos, atópome disposto para sentir.
Era
o seu falar, todo un mundo de cariño.
Aleghría
da infançia, paixón de xuventude, esperança do porvir.
Viaxo
á realidade dos soños. Vida dun mundo verdadeiro.
Cada
día algho novo por descubrir. Son ansias de vivir.
Latidos
de vidas semellantes transitan con nós, nesta existençia.
Éramos
lus que en todo momento brilaba. Choros
que non eran de tristura, senón de lediçia.
Luçes
na escuridade, recuncho de vida. Frío
da nada, calor de firme confiança.
Hai vida
no misterio da noite. Rebule o día.
Aqueles recordos
de neno. Aos seus ollos todo era natural.
Unha porta
ao desconeçido dun mundo anxelical.
Do seu corpo, saían movementos de cariçias.
Apreçiar
a beleça dunha flor. Inquietudes de color, esperando ser vividas.
Alá se foron co vento, aqueles primeiros versos escritos naquel tempo.
Camiños perdidos por lughares, e recunchos. Amor sentido.
Camiños perdidos por lughares, e recunchos. Amor sentido.
Aqueles
amighos que coneçemos, están empeçando a sufrir. Cada cal polo seu
camiño, coma ti.
Non é tarde, amigho. Se retomo o meu destino para continuar a historia que empeçei.
Ao mirar
as estrelas, aquel neno que fun onte, quéreche coma un irmán.
Seres antighos e contemporáneos. Seres que virán.
Seres antighos e contemporáneos. Seres que virán.
Deixo
o meu mundo nas túas mans.
¿Sabes? Todo
ten un porqué, anque custe comprender.
Paraíso
esquençido de benevolençia e pureça, buscando renaçer.
Soños de animais
livres por entornos encantados.
Chans
solitarias de alturas elevadas. Descanso dos deuses.
Vento
falador, choiva refrescante, canto de sereas, fadas dos bosques, sons
de meighas, …
Dançade
sen perturbaçión, arredor do lume. Respetemos á natureça, e súas
criaturas.
Honremos
os nosos maiores, e aos semellantes.
Falemos
reunidos en círculo polo día, e ao amparo da noite.
Bailemos
arredor do sol, e a lúa, a dança dos animais saghrados.
Surquemos
como aves maxestuosas, as contrariedades da vida, e marquemos nelas a
harmonía dos nosos soños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario