jueves, 26 de junio de 2014

CONTOS E HISTORIAS DA XENTE, por Ramón Laíño



ENCARGHO DUN PAI A UN FILLO PEQUENO 


Unha ves un pai mandou a un fillo que se chamaba Xan, buscar un encargho á taberna.

Cando cheghou alí, entrou e dirixeuse ao mostrador.

Díxolle o taberneiro: - ¿Eh logho que queres?

Xan: - Que me dea unha caxetilla de cricadura.

Taberneiro: -¿Non te enghañarías, oh?. Vai xunta teu pai e preghúntalle! ¿Ou non sería unha de picadura?

Xan: - Ai. Sería! Sería, logho!. Eu entendínlle de cricadura. 

Taberneiro: ¿E de qué clase che dixo?

Xan: - Un rei de espadas. (Tabaco çeltas cortos)


Taberneiro: ¿E para qué é eso?

Xan: - É para fumar.

Taberneiro: - ¡Ah, boeno!


SOBERBIA DUN SEÑOR


Un home “tiña un real” (alghún carto). Era dono dunha casa algo valida. E cando acababan de comer, sempre diçía:

- Estamos fartiños que nos fartou Dios. Levantade a mesa e damos ghraçias a Dios.

Como o dono era tan rañado e apurado, o criado estaba cansado de escoitar sempre o mesmo sermón. Ademáis, case nunca lle daba tempo de comer o pouco que había na mesa. 


E díxolle:

- Non estamos fartiños, nin nos fartou Dios. Deixade estar a mesa, válghame Dios, e aghora traballade vós.

Ao final, o criado deçideu marchar definitivamente da casa. E así suçesivamente, nincún dos criados aghuantou con este dono.

Despois díxolle a dona da casa ao seu señor:

- Ves, por seres así, marchouche este criado e todos os outros. Aghora traballas ti.

E co paso do tempo, todo foi quedando abandonado, deixando tódalas leiras en campo. 


A TORTILLA E O GHATO


Unha muller, aproveitando que non estaba o seu home na casa, fixo unha tortilla pensando nela soa.

E nesto, cando sinteu que viña o home, para proveito dela, meteu a tortilla debaixo da artesa.

Chegha o home á casa, e actúa como de costume.


Pero, ao mesmo tempo, ela decatouse que o ghato estaba debaixo da artesa, e andáballe na tortilla.


Como non quería que o home descubrise este seghredo, nin tampouco que o ghato lle andivera no prato, tratou de discurrir algho.

Entón, co afán de façer liscar o ghato de alí, dí ela en vos alta:

¡Ai, mundo, mundo e lévalas todas (bis)!.


A VIDA DO LABRADOR E DO ARAGHÁN


Era a época de ir botar o millo. Puñan o ghando ao carro, e levaban o arado para descarghalo na leira.

Logho, sacaban as vacas do carro e axeitábanas no arado. Entón, labraban e a xente por detrás, ía sementando o ghran .

Pouco despois viña a época do sacho, para sachar o millo, e dentro de pouco tempo, arrendábase.


Alí, na Aghra de Cures, ao final do traballo cando escureçía, xuntábase a xente e púñanse a cantar:

- ¡Boeno! Ghraçias a Deus que vén a noite para descansar, pra o outro día ir traballar.

Cheghou por alí un araghán derrota e dixo:

- ¡Coño!, ¿E que cantar de aleghría é ese para descansar e mañán ir a traballar? 
- ¡Home! ¡O meu cantar é mellor!
- Ghraçias a Deus que vén a noite pra descansar e mañán pasear.


GHAMBERRADA DUN AVENTUREIRO


Un fulano de Cures que andaba a naveghar, cheghou ao porto de Bilbao. Desembarcou e foi a unha taberna. Alí pideu un txiquito, bebeuno e díxolle ao taberneiro:

- ¿Ti sabes como moscan os bois e as vacas polo veran?

- Eu non.

- Pois así. Anduvo arredor de sí e do local coma se lle picaran as moscas.

- Marchouse a ghalope e foise sen paghar.


O MARIÑEIRO E A GHAVOTA


Era un mariñeiro que saleu para o mar. Como se sabe, onde hai barcos e mariñeiros, por alí andan as ghavotas.

Ao pouco, unha ghavota pousóuselle na cuberta e díxolle ao mariñeiro:

A primeira faneca que pesques será para min.

E o mariñeiro aceptou, sen poñerlle ningún problema.

Logho, despois que a faneca estaba na barca. dille a gavota ao pescador:

- “Moita lengüiña patrón e a faneca na panela”.


O RAPOSO E A CAPA DO MUÍÑO


O raposo foi lamber a fariña ao muíño. Como a porta estaba furada, entrou por ese burato.

Antes de empeçar a lambela fariña, asustábase coa capa do muíño que andaba arredor.

El, como non sabía a orixe do ruído, púñase a mirar polo burato da porta por se viña alghuén.


Estivo un tempo ollando para fóra, e despois, farto de esperar, dixo:

- Eh!?. Pero de onde virá ese ruído?. E foi mirar ao cubo do muíño, e máis ao sartegho.

- Ah!. Eso xa o sabía eu que de baixo tiña que ser.

E, por curiosidade, ou desconfiança, mentres lambía a fariña, ía mirar abaixo o reduçio.


DÚAS MOÇAS NA FIADA


Eran dúas moças que che estaban a bailar con cadanseu moço nunha fiada. Elas chamábanse Saladina e Florentina. 

De cando en ves tocaban as pandeiretas as dúas xuntas. Outras veçes tocaba unha e a outra saía a bailar. Noutras ocasións bailaban as dúas. 


Entón, elas botábanlle esta copla:

- O sapato quer a media, a media quere o sapato. Así fai a boa moça tamén quer un moço ghuapo.

Outra versión:

- O sapato quere a media, a media quere o sapato. A rapaçiña bonita tamén quere un moço ghuapo.


O BAILE COMO ENCONTRO


Érase unha muller da aldea da Ameán que despois de vella, casou cun home que andaba a pedir e foi para o lughar do Obre, en Noia.

Naquel intre, no momento do encontro, ela estaba acompañada por unha curmá súa que incitaba ao pretendente con este cantar:


- Bailador, baila con ela que che ten unha cariña e pareçe unha Madanela, ai, la, la, la, lelo, ai, la, la, la, la.
- Bailador, baila con ela, sacude ben os calçóns que pareçe que levas dentro un ferrado de abellóns.


PARRANDA DE DOUS RANDAS


Eran dous homes da aldea de Cures que ían de viaxe e de volta, á noite, sempre viñan medios contentos a cantar pola aldea:

- Parranda coma a nosa non a hai no mundo enteiro e por eso a formamos de casados e solteiros.


ENTROIDADAS


A- Había nunha ocasión, dúas familias na aldea de Cures que por alghún motivo, naquel momento tiñan un problema.

Entón, nun ano, polo entrodio, aproveitando que nestas festas se fan antroidadas, ou bromas, unhas veçes pesadas e outras máis lobeáns, pensaron neste caso de discordia.

A xente, xeralmente moços, alleos a estas dúas casas, colleron o carro dunha das familias, turrando del as persoas.

Foron buscar algho de batume xa apañado, ao monte do dono do carro.

Cargharon un pouco batume no carro, e leváronlle o carro con batume á leira do contrario.

Ao día seguinte, que notase a falta do carro, debía ir mirar por el, e encargharse de sacalo da leira do que non se levaba ben.



B- No entroido, había ghrupos de moços na mesma aldea, e noutras aldeas que actuaban por separado, façendo entroidadas.

Unha ves, un moço, Juan da casa de Xan de Cures, viña de volta da Ameán de levar un carro dunha casa a outra casa desa aldea. El viña co seu ghrupo, xa cumprido o traballo do Entroido.


No camiño, encontrou de fronte a outro ghrupo no que estaba meu pai. Este ghrupo levaba un carro para botar á baixada do río.

Dille Juan de Xan e o seu ghrupo ao de meu pai:

- Haber que vós axudamos a nosa pandilla a levar o carro cara o río, á Ponte Ghrande. E axudáronllo a levar por unha baixada do camiño, ata o río.


Á mañán seghuinte, cada familia que lle faltaba o carro, ou calquera outra cousa, coma cançelos, apeiros, ..., buscaba os seus.

E os de Xan viron o carro deles no río. Seu tío Manoel de Xan, sabedor que se seu sobriño Juan estaba no ghrupo que axudara a botar o carro ao río, díxolle:

- Turra Juan, tamén o botastes.   

viernes, 13 de junio de 2014

HISTORIAS REAIS E CONTOS, por Ramón Laíño



PRESOS POR NON IR Á MISA 



Discorría a etapa final dos anos 30 e prinçipios da década dos 40. Unha neghrura sen alma, fría e cortante, estendíase por tódolos curruchos, levándose a vida das xentes e as súas ilusións.

Repentinamente, aqueles estalos, as súas represións e os silençiamentos, foron secuestrando a vida pública e particular das xentes, meténdoas na longa noite de pedra, chea de escuridade e morte en vida.

Incluso a supervivençia máis básica e primaria, era desesperada. Daquela, polo xeral, as familias tiñan moitos fillos. Façía falla man de obra para traballaren nas leiras, nos montes, e axudaren na casa.

Era preçiso buscar alghún tipo de inghreso económico, polo que alomenos un membro da familia debía buscar un traballo por conta allea, se é que tivese a sorte de atopalo. Senón, debía seghuir axudando na casa.

Había alghunhas familias que tiñan máis terreos que outras. De calquera dos xeitos, a terra non cheghaba para cubrir as neçesidades das xentes e dos animais.

Aquel que posuíra alghún terreo, con moito esforço, podía ser que puidera sacar alghún froito, para levar á boca e darlle tamén aos animais. Esto tampouco significaba fartura, senón, pouco menos que supervivençia.

Na vida das nosas xentes, pasáronse moitas penurias e miserias.


Por eso, as nosas avoas completaban o traballo na terra, coa venda dos froitos polos mercados e as feiras. Leite, ovos, froitas, ... Todo esto para obter alghún ingreso extra. Os cartos sempre façían falla para comprar cousas neçesarias, ou para urxençias, e diçir, para arranxar unha vida.

Por todo o comentado anteriormente, era preçiso aproveitar e traballar ata o último currucho de terreo. E façían falta todos os membros da casa, día tras día ao longo de todo o ano, de acordo coa ceifa que tocara.

Nin que diçir ten que unhas xentes eran máis esforçadas que outras. Incluso, había alghún que non reparaba no día de mañán. Houbo casos de xente que posuían boas propiedades, pero o cabeça de familia, douse á boa vida, empeñando boa parte do que tiña.

Por neçesidade, a xente que se preocupaba e o preçisaba, traballaba sábados, domincos e festivos. Esto repetíase frecuentemente, e a cotío, xa que había moitos fillos que manter. O tempo non cheghaba a nada, e as poucas terras que había, botábanse todas.

Daquela, no réxime franquista, a igrexa tiña moito poder, xa que era un elemento máis do sistema imperante. Había que cumprir con todos os sacramentos relixiosos e festas de gardar. Esto, implicaba asistir á misa dominical e días festivos, sen falta.


Todo estaba controlado por algún servidor do réxime, ou senón, directamente polo propio cura e a guardia civil.

Segundo me diçía a persoa informante, naquel tempo había moito cacique, e entre eles estaba o propio cura de Cures. Ese párroco, contemporáneo desa época, chamábase Enrique.

A informante, relátame que daba misa en Cures, e en Maçenda. A súa xurisdicçión relixiosa estaba na parroquia de Cures, e vivía na rectoral da Ameán.

Dispuña dunha besta, coa que se despraçaba para ir a Maçenda e dar viaxes por aí adiante.

Nunha determinada época do ano, douse o caso que tres veçiños da aldea de Cures, con moitos fillos para manter, e que posuían alghunha terra, víanse na neçesidade de traballar os domingos. E, aínda así, os froitos que obtiñan, eran poucos.

Nunha ocasión, este cura nunha das súas camiñatas a cabalo, veu que meu avó materno, Ramón de Esperança, Nicolás do Caseiro, casado na casa das Chonas (e tío de meu pai), e Françisco das Beiras de Baixo, estaban traballando ese domingo, e non lle foron á misa.

Entón, sen máis miramentos, denunciounos á guardia civil que os chamou ao cuartel, ou os viñeron buscar á aldea para levalos. Dun xeito, ou doutro, fose cal fora o método practicado, estiveron dous días coas súas respectivas noites no calaboço.

Os detidos, trataron de xustificar a realidade das súas vidas, pero non lles reconoçeron ren do que aleghaban. E, como último remedio para defendérense, pediron que todas as persoas maiores de cada casa da parroquia, declarasen no cuartel que esa era a súa realidade. Había que confirmar que os presos tiñan unha chea de fillos para manter e víanse na obrigha de esforçárense para obter o alimento.


Tendo a maioría ao seu favor, pensaban que primaría o sentido común das autoridades para poñelos en liberdade.

Pero, aínda non era tan doado ver a lus ao final do túnel. As autoridades, esixíronlles que se querían vover estar coas súas familias, deberían no momento de saír do cuartel, dar un viva ao réxime.

Se non aceptaban esto, continuarían presos “indefinidamente”. Eso significaba que dentro da prisión, os guardiáns do réxime, amenaçaban dun xeito posible e real, a integridade física, e os dereitos fundamentais das persoas. 


Ademáis, non dispuñan do privilexio de pensar so nas súas propias vidas, senón que eles mesmos eran membros responsables das súas familias, para alimentalas e coidalas. Non había outra saída, ou esperar calquera cousa peor.
----------------------------------------------------------------------

OS COMPADRES E OS PAPARRUGHOS


Dous compadres foron caçar e colleron dous paparrughos. Antes de irse para cadansúa casa puxéronse de acordo entre eles por mor de quen levaría os paparrughos e os prepararía, para logho comelos xuntos.

Determinado esto, colleron camiño cada un por seu lado.

Chegha o que levaba os paparrughos á súa casa e mándallos preparar á muller.


A muller cando rematou de preparalos probou un bocadiño e ghustoulle, dese xeito siguenos comendo. Cando veu que os acabara, armou un plan para botarlle a culpa ao compadre do seu home.

De repente ela ve vir ao compadre quen lle preghunta polo seu home. Ela respóndelle que ía afiar o coitelo para cortarlle os collóns. 


O compadre asustouse e foise andando axiña.

Chegha o home que quedara encarghado dos paparrughos e ao non velos preghúntalle a súa muller por eles, e ela dille que alí vai o compadre cos dous paparrughos.

El vai detrás do que fuxía e dille:

-          ¡Déixame un por Dios!

O que fuxía, contestaba sen perder o paso:

-          ¡Nin un, nin dous, os meus collóns non son para vós!

--------------------------------------------------------------------------------

INTERCAMBIO DE SEMENTES POR ANO ENTRE ALDEAS



Inda, non hai moito tempo, ata arredor dos anos 60, inda non se compraban as sementes dos froitos, como se fai hoxe en día.

Entre estas, destacaban e inda destacan os froitos do millo e as patacas, como os máis representantivos.

Lembran meus pais que eles mesmos, como tamén nosos avós e seus devançeiros, intercambiaban entre as aldeas xeralmente veçiñas, as sementes das patacas e do millo, dun ano para outro.

A cantidade que se intercambiaba era, tanto polo tanto, fora cal fora a medida empreghada.

Este intercambio ou troco, façía que naçeran mellor as patacas e o millo, e daban máis cantidade.

A causa podía ser que ao intercambiaren as sementes coas doutras terras, estas traían diferentes aportes, ou compostos. Ademáis, as terras nas que se ían sementar, engadirían alghunha propiedade mineral diferente.

Todo isto, axudaba a que saíran reforçadas e máis completas.

-----------------------------------------------------------------------------------

O SEGREDO DO FERREIRO


Eran dous ferreiros e un deles sabía apeghar o açeiro co ferro, sabía caldear.

Pero o compañeiro non sabía, e só traballaba a peça enteira e continuada, como por exemplo lighoñas, fouçiños, culleres, ... pero sen empatala co outro metal.

O que non sabía estudiou como façer para aprender a técnica. Penso de mandar aos rapaçes xunta o ferreiro que tiña este conoçemento para enghañalo cunha trola e poder sacarlle o segredo.

Ao día seghuinte fixo desta maneira.

Os rapaçes mandados por el foron diante da porta do ferreiro que sabía usar a aleaçión e dixéronlle a este: - ¡Ai, apeghou, apeghou!.

O ferreiro que os reçibeu contestoulle: - ¡Ai, burros, porque barro lle botou!.

Deste xeito o secreto continuou con quen o tiña.

-----------------------------------------------------------------------

OURO EN MOSQUETE



Nunha época diçíase que atoparan ouro nun lughar de Mosquete.

A nova correu coma a pólvora e a febre do ouro espandeuse tal fóra a peste.

Alá apareçeron xentes da redonda, armadas coas ferramentas que eles consideraban válidas para extraer o metal que non deixaba durmir a todo aquel que se considerara aventureiro, ou curioso.

En pouco tempo, xuntouse unha chea de xente a minalo con picochas, sachos, palas, eixadas, ...

Nesta tarefa, estaban, cando vai un e corta un dedo. 


E de paso vai diçindo:

¡Pra min xa levo, pra min xa levo!

E os outros que por alí estaban, diçíanlle, querendo ir detrás del:

-¡Espera oh, espera!. ¡Deixa alghún para nós!.

-------------------------------------------------------------------------

O CARNEIRO, ¡BELÉN, BELÉN!


O pai do defunto señor Henrique do Vioxo ía chamando as vacas. Detrás do carro, ía atado un carneiro que camiñaba cun cascabel no pescoço.

Ao coidado do animal atopábase o sr. Henrique. Este encontrábase tan despistado que o carneiro enredouse na corda e meteu a cabeça no suarco da roda.

Dese xeito o animal empeçou a berrar de dor. Como o sr. Henrique non se decataba das queixas do carneiro, este seghuía berrando.


Nesto que o pai do sr. Henrique escoitou os berros do carneiro e o ruído do cascabel, polo que lle chamou a atençión, diçíndolle:

-       ¡Henrique, Henrique¡ ¡Hei, Henrique¡ ¡Cabeça de mulo!. ¿Non síntelo carneiro, belén, belén?

-------------------------------------------------------------------------

O RAPOSO E O DONO DAS GHALIÑAS


Unha ves o raposo foi a unha aldea en busca de ghaliñas e agharrou unha.

Nesto díxolle o dono:
-          Mañán ven outra ves por aquí que hei de ter un saco chea delas.

Cheghou o raposo ao día seghuinte, veu o saco e dixo:
-          Ghaliñas serán, pero o saco chéirame a cans.

Vai o dono, abre o saco e çéiballe os cans. De súpeto, ahí van os cans detrás del.



Sen máis miramentos, o raposo ¡Jispa!, e fuxe a fume de caroço. Sobeu enriba dun outeiro, pero os cans non puderon cheghar ata alí.


E o raposo lambendo as patas dixo:

- Patiñas, patáns, se non foras vós comíanme os cans.
- Rabo, rabás, en ves de tirar para adiante, tirabas para atrás. 

---------------------------------------------------------------------------

O RAPOSO E A CANA FURADA



O raposo foi a unha aldea como de costume por ver se atrapaba algho para comer.

Pero, con tan mala sorte que o viron cheghar. De súpeto óese un estrondo de alghuén que lle tirou un tiro cunha escopeta.

E ahí fuxe o raposo, marchando triste porque non pudo façerse con nada.

Chegha ao tobo que é a casa onde viven, e dille aos pequerrechos:

¡Non traio nada, e mirade meus filliños!:


-  Cando vaiades a aquela aldea, tende coidado que sae un home cunha cana furada e cando di ¡tras! no cu está ¡plas!.