Unha ves un pai mandou a un fillo que se chamaba Xan, buscar un encargho á taberna.
Cando cheghou alí, entrou e dirixeuse ao mostrador.
Díxolle o taberneiro: - ¿Eh logho que queres?
Xan: - Que me dea unha caxetilla de cricadura.
Taberneiro: -¿Non te enghañarías, oh?. Vai xunta teu pai
e preghúntalle! ¿Ou non sería unha de picadura?
Xan: - Ai. Sería! Sería, logho!. Eu entendínlle de
cricadura.
Taberneiro: ¿E de qué clase che dixo?
Taberneiro: ¿E para qué é eso?
Xan: - É para fumar.
Taberneiro: - ¡Ah, boeno!
Un home
“tiña un real” (alghún carto). Era dono dunha casa algo valida. E cando
acababan de comer, sempre diçía:
- Estamos fartiños que nos fartou Dios.
Levantade a mesa e damos ghraçias a Dios.
Como o dono era tan rañado e apurado, o criado estaba
cansado de escoitar sempre o mesmo sermón. Ademáis, case nunca lle daba tempo
de comer o pouco que había na mesa.
E díxolle:
E díxolle:
- Non estamos fartiños, nin nos fartou
Dios. Deixade estar a mesa, válghame Dios, e aghora traballade vós.
Ao final, o criado deçideu marchar definitivamente da
casa. E así suçesivamente, nincún dos criados aghuantou con este dono.
Despois díxolle a dona da casa ao seu señor:
- Ves, por seres así, marchouche este
criado e todos os outros. Aghora traballas ti.
E co paso do tempo, todo foi quedando abandonado,
deixando tódalas leiras en campo.
Unha muller, aproveitando que non estaba o seu home na
casa, fixo unha tortilla pensando nela soa.
E nesto, cando sinteu que viña o home, para proveito
dela, meteu a tortilla debaixo da artesa.
Chegha o home á casa, e actúa como de costume.
Como non quería que o home descubrise este seghredo, nin
tampouco que o ghato lle andivera no prato, tratou de discurrir algho.
Entón, co afán de façer liscar o ghato de alí, dí ela en
vos alta:
¡Ai, mundo, mundo e lévalas todas (bis)!.
Era a época de ir botar o millo. Puñan o ghando ao carro,
e levaban o arado para descarghalo na leira.
Logho, sacaban as vacas do carro e axeitábanas no arado.
Entón, labraban e a xente por detrás, ía sementando o ghran .
Alí, na Aghra de Cures, ao final do traballo cando
escureçía, xuntábase a xente e púñanse a cantar:
- ¡Boeno! Ghraçias a Deus que vén a
noite para descansar, pra o outro día ir traballar.
Cheghou por alí un araghán derrota e dixo:
- ¡Coño!, ¿E que cantar de aleghría é
ese para descansar e mañán ir a traballar?
- ¡Home! ¡O meu cantar é mellor!
- Ghraçias a Deus que vén a noite pra
descansar e mañán pasear.
Un fulano de Cures que andaba a naveghar, cheghou ao
porto de Bilbao. Desembarcou e foi a unha taberna. Alí pideu un txiquito,
bebeuno e díxolle ao taberneiro:
- ¿Ti sabes como moscan os bois e as
vacas polo veran?
- Eu non.
- Pois así. Anduvo arredor de sí e do
local coma se lle picaran as moscas.
- Marchouse a ghalope e foise sen paghar.
Era un mariñeiro que saleu para o mar. Como se sabe, onde
hai barcos e mariñeiros, por alí andan as ghavotas.
Ao pouco, unha ghavota pousóuselle na cuberta e díxolle
ao mariñeiro:
A primeira faneca que pesques será para min.
E o mariñeiro aceptou, sen poñerlle ningún problema.
Logho, despois que a faneca estaba na barca. dille a
gavota ao pescador:
- “Moita lengüiña patrón e a faneca na panela”.
O raposo foi lamber a fariña ao muíño. Como a porta
estaba furada, entrou por ese burato.
Antes de empeçar a lambela fariña, asustábase coa capa do
muíño que andaba arredor.
Estivo un tempo ollando para fóra, e despois, farto de
esperar, dixo:
- Eh!?. Pero de onde virá ese ruído?. E foi mirar ao cubo
do muíño, e máis ao sartegho.
- Ah!. Eso xa o sabía eu que de baixo tiña que ser.
E, por curiosidade, ou desconfiança, mentres lambía a
fariña, ía mirar abaixo o reduçio.
Eran dúas moças que che estaban a bailar con cadanseu
moço nunha fiada. Elas chamábanse Saladina e Florentina.
De cando en ves
tocaban as pandeiretas as dúas xuntas. Outras veçes tocaba unha e a outra saía
a bailar. Noutras ocasións bailaban as dúas.
Entón, elas botábanlle esta copla:
Entón, elas botábanlle esta copla:
- O sapato quer a media, a media quere o
sapato. Así fai a boa moça tamén quer un moço ghuapo.
Outra versión:
- O sapato quere a media, a media quere
o sapato. A rapaçiña bonita tamén quere un moço ghuapo.
Érase unha muller da aldea da Ameán que despois de vella,
casou cun home que andaba a pedir e foi para o lughar do Obre, en Noia.
Naquel intre, no momento do encontro, ela estaba
acompañada por unha curmá súa que incitaba ao pretendente con este cantar:
- Bailador, baila con ela que che ten
unha cariña e pareçe unha Madanela, ai, la, la, la, lelo, ai, la, la, la, la.
- Bailador, baila con ela, sacude ben os
calçóns que pareçe que levas dentro un ferrado de abellóns.
Eran dous homes da aldea de Cures que ían de viaxe e de
volta, á noite, sempre viñan medios contentos a cantar pola aldea:
- Parranda coma a nosa non a hai no mundo enteiro e por
eso a formamos de casados e solteiros.
A- Había nunha ocasión, dúas familias na aldea de Cures
que por alghún motivo, naquel momento tiñan un problema.
Entón, nun ano, polo entrodio, aproveitando que nestas
festas se fan antroidadas, ou bromas, unhas veçes pesadas e outras máis
lobeáns, pensaron neste caso de discordia.
A xente, xeralmente moços, alleos a estas dúas casas,
colleron o carro dunha das familias, turrando del as persoas.
Foron buscar algho de batume xa apañado, ao monte do dono
do carro.
Cargharon un pouco batume no carro, e leváronlle o carro
con batume á leira do contrario.
Ao día seguinte, que notase a falta do carro, debía ir
mirar por el, e encargharse de sacalo da leira do que non se levaba ben.
B- No entroido, había ghrupos de moços na mesma aldea, e
noutras aldeas que actuaban por separado, façendo entroidadas.
Unha ves, un moço, Juan da casa de Xan de Cures, viña de
volta da Ameán de levar un carro dunha casa a outra casa desa aldea. El viña co
seu ghrupo, xa cumprido o traballo do Entroido.
No camiño, encontrou de fronte a outro ghrupo no que
estaba meu pai. Este ghrupo levaba un carro para botar á baixada do río.
Dille Juan de Xan e o seu ghrupo ao de meu pai:
- Haber que vós axudamos a nosa pandilla a levar o carro
cara o río, á Ponte Ghrande. E axudáronllo a levar por unha baixada do camiño,
ata o río.
Á mañán seghuinte, cada familia que lle faltaba o carro,
ou calquera outra cousa, coma cançelos, apeiros, ..., buscaba os seus.
E os de Xan viron o carro deles no río. Seu tío Manoel de
Xan, sabedor que se seu sobriño Juan estaba no ghrupo que axudara a botar o
carro ao río, díxolle:
- Turra Juan, tamén o botastes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario