Entramos na aldea de Enseño,
e ao pouco recorrido, atopamos a horta da casa de Xan Antonio.
Aquí vemos unha árbore frutal podada, un hórreo con pés de pedra, e o corpo de táboas de madeira, con tellado do país.
Ao pé deles, hai un lavadeiro da casa, con dous compartimentos estancos, para lavar a roupa.
Continuando o camiño,
sentido norde-noroeste, atopámonos coa fonte-lavadeiro de Enseño que como se ve
na inscripción, foi feita no ano 2004.
Está tellado sobre estrutura de madeira.
Sopórtase en dúas columnas de pedra, e ao mesmo tempo está empotrado na parede.
Está dotado de lus para a noite.
Lavadeiro, enfeitado con
maçetas de flores.
E conduto circular de pedra onde cae a aghua da fonte, e pareçe
que enche o lavadeiro, o cal desagua por outro lado.
Ao pasar de aquí, subo por un camiño que me leva a outra propiedade. E aquí, xunto dunha viña, vexo un asento de madeira tallado no
cachopo dunha árbore cortada. E, a carón do poste, pío de aghua, cunha
mangueira para enchela e reghar.
Subimos por este camiño ata a pista forestal asfaltada que está por riba de Enseño. De fronte, alí xa atopamos unha pisçina na mesma lonxitude que Enseño.
Atópase a unha curta distancia da casa de Xosé da Cacheira.
Esta pisçina, tamén serve como depósito para recollida de aghua na loita contra o lume, como para nadar a xente, …
A
agua sobrante encamíñase por regueiros, que poden aproveitar os animais para
aliviaren a sede.
Proseghuindo pola pista asfaltada, pero en direcçión a Carboeiro, e como a uns cen metros da piscina, atopamos uns depósito que tamén surten a Enseño - Pomar do Río.
Volvemos pola pista, deica a pisçina. E ao pasar dela, uns metros despois á mesma man, pero uns pasos máis no alto, atopamos outra arqueta que envía aghua a Enseño-Pomar do Río.
Cano polo que reve a aghua sobrante.
Parede da arqueta. Vemos na esquina da foto, un transformador e a casa de José da Cacheira, de cor rosada.
Tapa de acçeso á arqueta.
Deixamos este punto, e dirixímonos cara o transformador, pois perto del, hai un camiño de carro empedrado que sobe polo monte.
Sigho este camiño, en búsqueda dun depósito de maior tamaño, seghundo me dixo un veçiño.
No alto, collo a man dereita, e prosigho a rota que me marca as rodeiras. Aquí vese unha espeçie de sebe feita de varas de arcolito e arame que indica non pasar a esta toxeira.
Continúo camiñando e ao pouco vexo un descampado, cun depósito bastante voluminoso. Este "tanque, ou arsenal" surte a Pomar de Río e Enseño.
Vou arrodeando as súas distintas caras,
e nun currucho vexo o desaghüe da sobrante
que verte por unha baixante e vai ao chan.
Dou a volta completa,
e na parte de atrás obsérvanse varias mangueiras
que van para diferentes casas destas dúas aldeas.
A sobrante, vai en escorrentía monte abaixo, buscando o seu regho xa lavrado por si mesma.
Baixamos á aldea de Pomar do Río e nunha parte da aldea, atopamos unha mámoa no xardín, a cal,
está por riba da fonte-lavadeiro de Pomar do Río.
Esta fonte e lavadeiro, tal
como se observa no gravado, foi feita no ano 2008.
Ao lado da fonte, hai unha laxe de pedra erghueita, que fai tamén de fonte. No seu pé, adaptóuselle unha pía de pedra que se atopaba perto da casa que está en fronte, pertençente a Manolo de Arribóns.
A fonte, ten dous canos que
verten a aghua nunha pía, e de paso corre en descenso ata o lavadeiro de pedra
que está á súa beira. Este á súa ves, desfaise da aghua sobrante por outra vía.
Xunto ao lavadeiro, hai uns
asentos de pedra, e unha mesa para merendeiro.
Ten unha estrutura tellada,
sobre armaçón de madeira.
O tellado e a madeira, aghúantanse sobre dúas columnas de pedra, e tamén entestan na parede para façer de apoio.
Posúe unha lámpada que se prende ao anoiteçer.
Avançando por Pomar do Río,
dirixímonos cara a vertente sur, por onde se atopa o río. Alí, atopamos unha pequena vaghoada, cunha braña e un canabal, enfronte do camiño.
Na beira, ou marxe esquerda
do camiño, encontrámonos coa que os veçiños chaman “Fonte de Paulos”.
Está empedrada en todo o seu arredor. E tamén posúe tellado, con vighas e travesas de madeira que se sosteñen sobre catro columnas de pedra.
Ten dous canos por onde bota
a fonte. No reghueiro, ou canalón de pedra que recolle esa aghua, semella ser que se dirixe a encher o lavadeiro que está ao lado.
Este lavadeiro, ten laxes de contención que se axeitan para refreghar e lavar a roupa.
Seghuimos o camiño de pés,
con postés no arredor, os cales vense que sostiñan ghuieiros das viñas.
Polo
que se deduçe que unha viña cubría ese camiño, empatando ca de riba.
Cheghamos á ponte do río,
tal como indica esta casa “Casa do Río n.º 15”
É unha ponte nova, con dous
canos por onde discorre a agua, adaptada ás dimensións deste río.
Parte da casa, está a carón
deste reghato,
e un camiño de pés discorre a maior altura por debaixo dunha
viña.
Damos unha volta máis por
Pomar do Río, e entre a eira dos da Fonte, e a casa de Antonio de Raña, atopamos unha arqueta,
que surte a alghunha das casas da Aghra de Pomar do Río.
Subimos cara a taberna de Arribóns. A partir de ahí, encaramos
cunhas aghuas que caen do monte. Pareçe que están recollidas nun cano, ou
semitubo e caen en escorrentía.
Présa de aghua que vai para as brañas. Atópase na outra beira da estrada, enfronte da escorrentía anterior.
Continuamos indo cara diante,
e nunha das baixadas, oio un can que “daba moito á xente” (ladraba a cotío
a calquera desconoçido).
Ven sendo a casa dos do
Carballal. E a xente informoume que ao lado dela, había outra fonte, conoçida
como “Fonte do Carballal”. Ollo cara o can, e observo unhas escaleiras baixantes.
Tomo a baixada, e alí vexo a
fonte,
cun pequeno lavadeiro a modo de pía.