Aquí vén a misteriosa lúa,
rodeada de estrelas ençendidas.
Ten a súa mirada, un halo de
fermosura clara, presença enigmática que adorna o ceo con formas encantadas.
Suave brisa que corre sobre o
mar e a terra.
Como unha cita ansiosamente
esperada, é amante creadora de innumerables fighuras e siluetas nocturnas.
Por ti soben e baixan as
mareas, por ti se reghulan os períodos da vida.
Sabes das paixóns do home, deusa
seductora que atraes no teu tránsito inçesante, a natureça dos sons, de cantos
e reverençias.
Suave tenrura de lus lonxana e
sombría, profunda e única.
Co influxo do teu rostro,
ouvea o lobo, ocúltase a curuxa, mía o ghato á xaneira, en busca de compañeira,
…
Ela quere ser maior, e a
través de diferentes etapas, vai façéndose adulta, ata o momento que volve
esmorecer.
Ao ritmo dun vals nocturno,
vai dançando desde o anoiteçer ata o mençer.
E, nese incansable e cíclico
andar, abre as súas alas con todo o seu brillo, e esplendor
para converterse en lúa chea e
intensa, ata ocultarse como unha tímida rapaça nova.
Desde as alturas se nos mostra
como unha vixía hipnotiçadora.
Baixo a súa lus, recollida e
íntima, trae o vento susurros e abraços dos namorados.
Na contemplación dun
resplandor cristalino e animado, vai coleándose o río refulxente e prateado.
Non temas pasar inútilmente,
xa que contigho se ralentiça o tempo e despertan os soños.
Ao lonxe, dentro da noite
escura, por veçes apartas nubes e te asomas, como fiel reflexo da soedade e do
descanso.
Alí, onde vaias, lémbranse de
ti. Acompañante dos solitarios, cómpliçe dos namorados, apoio dos
desafortunados.
Miña amiga lúa que curas as
feridas abertas, co ténue bico da túa pel núa.
Entre bosques perfumados que
evoca o luar, camiña en silençio a miña sombra baixo a lúa.
Lévoche nas miñas pupilas,
portadora de lus máxica.
É balada antigha dun oculto
calendario que alghuén imaxinou en seghredo.
Volver, espero que si a verche
de novo. Virás esta noite para nós, lúa cambiante, alimentando o que sinto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario