jueves, 27 de noviembre de 2014

CAMIÑANDO POLA A CUNCHEIRA, FONTES, DEPÓSITOS, PATRIMONIO, ..., por Ramón Laíño




Vou camiño da A Cuncheira para o cal deçido, entre varias alternativas, ir pola pista do Castro que está perto da Ponte Nova da Aghra de Cures. 



Tan axiña como me vou acheghando a esta aldea, xa me atopo con brañas, 



reghueiros de aghua de fontes que aumentou a chuvia, e abriron máis coas tronadas.



Nas testas das brañas, pódense ver vimbieiros, os cales son usados hoxe en día, máis que nada para abater as viñas, ou para cestería, …



A carón das brañas, podemos ver un canabal de canas indias. Pareçe ser que alghuén antigamente as introduçeu aquí. Son máis duras que as canas autóctonas.



Braña cun salghueiro, que abundan en terras húmidas.




Millo esfollado na leira, e cortado. Xa non levan a palla para a casa porque non teñen ghando a quen llo dar. Próximamente, fresarano antes de labrar a leira.




Braña media abandoada que ía indo a monte. Xa criara fieitos e outras espeçies vexetais, os cales foron apañados en ghalladas, semellante ao batume das toxeiras.  




Raís profunda de pino buscando enraiçamento e alimento, visible na barreira da pista.




Depósito de aghua que surte a A Cuncheira.





Vese a fonte de manantial, onde naçe esa aghua.



Tubería que leva a aghua desde o interior da fonte, ata o depósito.





Tubo para eliminar o sobrante que reve por fóra, e vai en escorrentía ata xuntarse coa do reghueiro.





Vemos o curso da aghua que foi convertida en presa, e reghaba antighas brañas. 





Hoxe en día, moitas delas como neste caso, están converténdose en toxeiras, ao desfaçerse a xente do ghando e dos animais que comían a herba.





Ghalladas de herba, xa brava, mesturada con silvas, fieitos, ... Perto a converterse en batume de monte. 




Os arrós apáñanos por mor de manter livre a presa de aghua.




Antigho camiño de carro para unha parte das leiras da Acuncheira.



Estou na entrada pola parte norte da aldea. Nela, atópase a casa de Brión, co seu cuberto para os animais.




Viña abandonada polas silvas, …



Viña con postes de pedra, ghuieiros e varas. Non leva canas, nin arame.




Cuberto de Brión, e súa casa ao fondo.



Moncho de Brión coa vaca pola corda para levala a paçer (comer herba) á braña. 




Cruçe de antighos camiños de carro, hoxe pistas asfaltadas, na entrada norte de A Cuncheira. 



Fonte de pedra con billa. 



Cruçeiro de capeliña, a carón da casa de Brión, con postes de pedra e valado ao seu redor. 



Distintas partes do cruçeiro. A crus,




e unha virxe na capeliña con ofrendas de flores e velón.



Banco para sentarse. 



Casa vella dos de Lina, á esquerda e restaurada. Cuberto da mesma casa. 



Xardineira pública. 



Baixada do camiño prinçipal. 




Muro de pedra, con cepas en espaller. 




Cubertos, propiedade dos de Lina, na mesma man que a casa.



Casa vella que ten unhas escaleiras, cunha porta de madeira marrón na entrada. Aquí, Saladina de Carboeiro, curmán de meu pai, viveu un tempo coas tres fillas maiores que tivo con Ramón de Cadarnoxo, tamén curmán de meu pai. 




Ao pouco, a nai dela, a sra. María de Carboeiro que era tía de meu pai, chamouna para ir vivir con ela a Soborviñas. Así podía axudarlle a coidar da familia nunha casa máis ampla.

Pero, cando as tres primeiras fillas xa tiñan uns aniños, o pai das nenas, Ramón, casou con Saladina. Entón, foise vivir con elas a Soborviñas. Posteriormente, tiveron doçe fillos máis, pero teño en mente que lle morreran dous ao naçer. E incluso padeceu varios abortos, polo que se todo saíra ben, serían máis de quinçe.



A nai de Saladina, axudoulle a criar os fillos mentres viveu. Ademáis, a sra. María, traballaba nunha casa valida de Arghalo e despois, estivo de coçiñeira para o restaurante Ribadavia, de Noia. Os netos e a filla, Saladina, teñen dito dela que lle estaban moi agradeçidos pola súa axuda.


Viñas en terreo con outeiros. 



Camiño de carro, ou de servidume para paso ás leiras, a carón da casa "do Neno", fillo de Carmen de Casanova. 




Casa vella sen restaurar, á esquerda da foto. 



Fonte de pedra con billa. Propiedade da casa na que está, de Carmen de Casanova. 




Camiño á esquerda, 




que baixa á vía da que víñamos.



Casa nova de cemento, de Manolo do Cacarexo, 




levantada sobre unha antigha propiedade. 



Curva da A Cuncheira, onde se atopa a man dereita unha fonte, e ao seu carón, un tellado que cubre unha mesa de pedra, con bancos de pedra. 




Casa restaurada dos de Simón, herdada dunha tía deles, tamén da familia do Simón. 





Pequeno saínte peghado ao pinche da casa. Ten laxes de pedra façendo de tellado. Supostamente é a baixada dun antigho báter. Cando se começaron a poñer baños nas casas de pedra, nos primeiros momentos colocábanos deste  xeito. 




Cuberto do Simón, pertençente á casa restaurada da foto anterior. Na foto inferior, á esquerda dela, vese a baixante das aghuas da choiva, de cor cobre. 



Casa nova dos de Simón, ao fondo, de cor vermella.



Leira de coles reçen botada. 



Fonte. Ao seu carón, tellado sobre columnas de pedra, e vighas de madeira. Cubre unha mesa de pedra, con bancos de pedra. 



Ten unha lona na cara sur,  




e un borralleiro, ou cinçeiro, sobre a mesa. 



Alumeado prendido ao ir escureçendo. 




Camiño de carro deica as leiras. 




Vaghaço emborcado na horta, de José do Cacarexo, "o cañeiro". 



Cubertos dos de Simón, de cor vermella, con portais azuis, que están peghados á casa nova. 



Portal de entrada ao cuberto de José "do Cacarexo" e casa ao fondo. 



Ghaliñeiro, capoeiro, ou poleiro na horta dos de Simón, adxaçente coa casa de José do Cacarexo. Ten a súa parte aberta e visible ao exterior, onde se airean as aves, e outra pechada a man dereita, onde se ghardan dentro. Neste caso, son todos ghalos. Un ghalo subeuse enriba da táboa, a cal debe estar posta a propósito, coa funçión de ghabear e façerse ver. O ghalo quedou asexando ao intre de tirarlle unha foto. 



Cacarexando ao ghrupo para escorrentalos e moitos deles fuxen. Pía de aghua para beberen cando teñan sede. 



Peche da horta dos de Simón, con postes de pedra e táboas de madeira.




Abeto, roseira, árbores frutais, arbustos, ... 



Pequena pía de pedra, e pontella de madeira. 




Presa de aghua que pasa por debaixo da pista asfaltada. 



Pontella de madeira sobre a presa de aghua, na horta do Simón. 



Xa no remate sur de A Cuncheira, direcçión deica Comoxo. 



Lavadeiro público da aldea. 



Presa de aghua que atravesa o lughar, e banco de madeira no parte inferior esquerda da foto. 



Camiño de pés que vai á casa dos "da Fonte". 



Chámanlle así a esta casa porque no seu recorrido atópase unha fonte. 



Ten dous canos polos que verte aghua. Foi feita no ano 2003 sobre un manantial natural. 



Canas indias deitadas nun muro, 



entre vimbieiros, e un tallo de hortaliças. 




Parte de atrás da fonte. 



Baixada do camiño (de pés) da fonte. 



Vista de boa parte da aldea desde esta fonte. 




Tirando fotos desde un lateral do lavadeiro público. 



Volvemos ao cruçe de camiños, na parte de riba da aldea, xunto á casa "dos de Brión". 



Parte traseira do cruçeiro, coa capeliña. 



Collemos cara a casa dos "do Aghriño". 




Vista da beira esquerda do camiño. 




Perspectiva da marxe dereita, con muro e viña de Brión. 



Subideiros para as ghaliñas e os ghalos. 




Curva na baixada, ou subida, seghundo se mire, e remate do muro.




Antigho camiño de carro para subida ás terras de labor, e a toxeiras. 



Encarando á casa "do Aghriño". 



Hórreo de ladrillo, con paneira enfoscada en cemento, e portas de aluminio. 



Acheghándome ás súas herdades. 



Pía de pedra sobre poste de pedra, 




e pío de pedra, ámbalas dúas façendo de xardineiras. 



Fillo da casa do Aghriño. 



Antigha laçena das abellas, 



hoxe en día está sen traballar e taponada. 



Camiño de pés desde esta casa e a través das leiras que vai ao medio da aldea. 



Escaleiras de pedra nun tramo deste camiño que sobe a unha leira. 



Camiño de pés, ou carreiro, e regho á beira do muro. 



Vista desde este punto, da aldea de A Cuncheira, e máis arriba, Comoxo. 



Casa restaurada de pedra, do Simón. 



Casa e hórreo de José da Cacarexa. 




Cuberto da casa anterior e hórreo, con varas no pinche do hórreo para amadeirar as viñas. 




Aghora, situados outra ves, no punto de partida do cruçe de camiños xunto o cruçeiro e a fonte, subimos por esta man. 




E imos dar á casa nova dos "de Lina", que como dixemos nun começo, teñen a casa vella e os cubertos pola parte de abaixo da nova. Conservan o hórreo na antigha eira. 



Portalón que da entrada á eira. Hórreo de pedra, co símbolo fálico precristián, e coa crus cristián. Apóiase nos típicos pés, os cales teñen as rateiras en forma de seta, para evitar a subida dos ratos. 




Vista desde este alto da aldea. 



Seghuimos ao pasar a casa de Lina, e vemos a horta con elementos decorativos de pedra, xardineiras e farolas. 



No remate da súa horta, tocamos con outro propietario foráneo que comprou esta propiedade a un veçiño desta aldea. Nela, ollamos unha construcçión de bloques de cemento.



Ten a entrada por ese portalón de cor neghra. 



Antes de seghuir esta baixada, partimos desde esta casa de Lina e collemos un camiño, a man esquerda. Este vai dar á casa da defunta dunha tía paterna, conoçida como "tía Manoela da A Cuncheira" quen faleçera neste século aos 103 anos.



Naçera e vivira en Cubelo, pero despois permutou as propiedades dalá, cos donos desta casa de A Cuncheira, que tamén vivían en Cubelo. Concretamente permutoullas aos pais de Carmen de Cubelo, casada con Chico do Caseiro de Cadarnoxo. Resulta que tía Manoela era tía de Chico. A tía, logho da permuta, viveu nesta casa unha parte da súa vida, ata que cando non pudo arranxarse por si soa, deixou de vivir aquí. 



Camiño de carro que continúa despois de pasar esta casa. Vai en direcçión a Algharia, aldea pertençente a Mieites. 



Obsérvese a porta de entrada de madeira, de dúas follas (dividida en dúas partes), coa asa na parte superior. 



Tamen vemos o alpendre, cuberto ou alboio, o cal pode ter paredes, ou non. Neste caso, ten unha columna de pedra e tellado, pero sen paredes, nin porta. 



Porta de entrada a outro cuberto pechado. 



Alboio, cuberto, ou alpendre, sen paredes. 




Á súa beira vemos un cactus, e unha variedade de espadana.




Na horta, ten un portalón de entrada. 



Nela hai un hórreo con carcasa, ou cadraso de pedra, e a parte restante de madeira. O tellado é de tellas do país. 


Vista da parte de atrás do hórreo, desde a baixada do camiño. 




Inspecçionamos o tramo que continuaba logho da horta dos de Lina. Este portal, como xa dixéramos, pertençe a un novo propietario vido de fóra da aldea que murou, puxo arame, e pechou. 



Antes desto, era unha propiedade aberta, na cal había un antigho lavadeiro natural e fonte, chamada "Fonte de Ghu" que usaban tamén os veçiños. Seghundo din eles, o novo dono tapou este manantial. 



Vai dar cara a un pequeno río que é a presa que relatamos anteriormente e pasa polo lavadeiro público e a horta dos de Simón. 




Nalghúns tramos, desbórdase polo camiño, antes de volver á presa.



Can vixiando esta propiedade, e camiño interior. 




Posible antigha "Fonte de Ghu" (lavadeiro natural e fonte natural), 




hoxe tapada polo dono deste terreno.



Braña pola que baixa a presa de aghua, e 



un marco cuberto polas hedras. 



Presa de aghua pola testa da braña, 




cos "tornadeiros ou pasales"



que conduçen ás "tornas ou reghadoiros" para despois, no seu remate, ir en escorrentía pola braña. 



Canabal de canas indias. 



Saio da braña, e no camiño de carro, brinco sobre a "pesqueira natural" (embalse feito de xeito natural polo terreno) 



para encarreirarme sobre chan xa enxoito. 



O terreo do camiño xa vai subindo.



Diríxome á casa da fonte por esta nova direcçión. 



Vista da aldea desde aquí, 



dividíndoa en varias partes seghundo o obxectivo da cámara. 




Tirando foto por riba dun loureiro, e outras árbores, perto da casa dos "da Fonte". 



Ao achegharme a esta casa, 



tópome cun hórreo de pedra. 



Ademais, na eira fronte á entrada da casa, encóntrase unha pía bastante ghrande, chea de aghua e plantas acuáticas.



Dime a señora da casa que antighamente tíñana nunha corte. Unha parede dividía polo medio esta pía, quedando unha cara nunha corte, e a outra metade noutra corte. Nestas divisións bebía o ghando, cabalos, vacas, ....



Conta esta mesma muller que había outra de maiores dimensións que estaba á vista arredor da casa. Pero, nunha época que deixaron de ter un uso práctico, a xente da casa non apreçiaba o valor destes enseres, e foi vendida a un comprador de antighüidades. A señora di que foi unha pena, pero que as persoas daquel tempo non lle daban valor, e incluso mal vendérona. 



Pía pequena, en comparança coa ghrande. 



Están apoiadas sobre pedras que as manteñen en equilibrio, 



e resaltan sobre o chan, elevándoas máis en altura. 



Posible piqueta de canteiro, exposta sobre unha pedra rústica. 



Ten dous cabeçais para picar a pedra. 



Arboleda e xardín que envolve toda esta exposiçión. 



Xugho dunha vaca soa, espetada sobre un madeiro. 



Mesa e bancos, ámbolos dous de pedra, sobre a que hai unha estrutura metálica para pórlle unha lona e dar sombra no verán. Asador ao lado. 



Reçinto de chantas de madeira, façendo un acotamento circular para xardín, coma un ghran maçeteiro. 



Pedras semellando un afloramento natural desde a propia terra. 



Perspectiva da A Cuncheira desde a parte sur de Comoxo. 



Hórreo e casa de José do Cacarexo, "o cañeiro". E detrás, a casa nova de cor vermella, dos do Simón. 



Foto tirada de máis perto da casa, a cal se camufla entre a vexetaçión da horta. 



Foto expandida do pinche da casa, 



e do hórreo, coa casa branca dos do Aghriño ao fondo.