Xogho dos bolos, en Pomar do Río.
É un xogho centenario que se leva practicando ininterrumpidamente no camposo da taberna de Arribóns.
Hai dúas laxes espetadas no chan. Nunha delas ponse o tirador, ou arrebolador da bola, e na outra, póñense os bolos. Todo é de madeira.
Aquí vese a José da Marica de Cures, casado en Mieites, na casa de Ambrosio. O obxectivo é tratar de derrumbar todos os bolos dunha tirada. Anque realmente non conoço as reghras deste xogho, e a suma de puntos.
Aghora é o turno doutro xoghador. Neste caso, José de Paulos, de Pomar do Río. Pareçe que está medindo os pasos ata a bola que lle corresponde a el.
Xunta os bolos que derrubou o anterior tirador, e vainos póndo enriba da laxe.
Preparado para arrebolar a bola contra dos bolos. Velaí vai.
Pareçe que tumbará todos eles.
E, finalmente, así foi tal como pareçía.
Saímos do xogho dos bolos, e aventurámonos pola aldea.
Subimos á altura da taberna de Arribóns.
Aquí vemos un foghón-asador, usado para as ocasións.
Ao pouco, vexo un cabrito manso, atado nunha braña para paçer, que quedou atento á foto.
Ghabeamos por unha
parte da aldea, de Pomar do Río.
E ao pouco, vemos
unha eira, con utensilios do mundo de hoxe, un cuberto de pedra cunha peça de
bloques de cemento, e un hórreo de pedra.
É propiedade dos
da Fonte. Seghundo os vellos do lughar, antes de haber campo da festa na Ameán,
téñense feito aquí, nesta eira, a festa do Sacramento de Cures, en dous anos. O
cuberto façía de cantina, e baile, e a eira, tamén para dançar.
Xa en Pomar do Río, nunha das súas entradas, encontramos a casa do "das Costureiras".
Posible cuberto dos das Costureiras.
Pés e capas, con vighas caídas, son os restos dun hórreo ao que non lle queda nada máis có que se vé.
As ghaliñas comen livremente pola leira de herba, os bichos e areas que atopen.
Noutra boqueira da aldea, vemos un hórreo na súa maior parte de pedra, con algho de madeira. Pertençe a Manolo de Picos, situado na casa vella onde vivían antighamente.
Estamos diante da casa de Manolo de Arribóns, feita sobre unha casa vella e derruída que pertençera a unha señora chamada Irma, a cal marchou a prinçipios do século pasado para Arxentina, Bos Aires, e levou con ela aos seus fillos, Moncho e José.
Fora mercada aos fillos da señora cando viñeran nalghunha ocasión por aquí desde Bos Aires. É curioso, pois nestes días reçibíronse novas, diçindo que o fillo máis novo de Irma, José Laíño, morreu en Bos Aires. Teranlle o próximo fin de semana unha misa na súa memoria na Ighrexa da Ameán - Cures. Penso que o fillo máis vello, posiblemente teña xa faleçido, anteriormente. Non sei se había outra filla máis de Irma, ou non.
Pola parte superior da casa da foto anterior, atópase unha mámoa que está ao pé dun camiño.
Hórreo de Picos, desde unha nova perspectiva.
Cun novos enfoques laterais.
Vese outro hórreo detrás, que pertençe ao Ghalleiro.
Panorámica lateral.
Rueiros pola aldea.
Metémonos por máis camiños, e rúas,
sen saber exactamente o que nos imos atopar.
Casarellos restaurados, que serven de anllares para ghardar a leña, ...
Rota de casas pequenas (casarellos), cortellos, ...
Daquela todas as casas dos "moi probes" ghardaban as mesma altura e feitura.
Porta de doble folla. Unha baixa e a outra alta, partidas pola metade.
Dentro vemos dúas ovellas a comer herba na corte.
Casa de José de Calo.
Banco de pedra para sentarse, xusto baixando, ao pasar a casa de José de Calo.
Soportal, onde ten o Ghalleiro unha bodegha, quen nese intre estaba correndo o viño.
Soportal visto desde a parte superior.
Antonio de Raña, "O amighaso", camiñando por Pomar do Río.
Casa en restauraçión do Ghalleiro.
Xanela desta casa restaurada.
Imos máis ao fondo surleste da aldea, e atopamos un camposo, ou eira,
con tres hórreos.
Son de Xandermo, Ferrín e Ghalleiro.
Collendo polo lado dun destes hórreos,
seghuimos un camiño de pés empedrado, e con chantas en forma de muro,
o cal nos leva ás leiras. Apareçe un pequeno laranxo, xa con abondosas laranxas.
Camiñando á parte sur da aldea, observamos casas antighas que están en abandono. Esta, en concreto, é a casa antigha da familia dos Vidales.
Adornos de pedras enriba de postes de cemento, nun cançelo. Fighuran dous materiais distintos e incompatibles.
Postes de pedras, posiblemente de viñas, que aghora fan serviço de bancos para sentarse.
Canabales ao pé do río.
Escorrentando moscas co rabo.
O cabalo asexa atentamente, e ao ver que non represento perigho ningún para el, volve baixarse para paçer.
En menos do que canta un ghalo, o cabalo pasou a leira, a comer mellor herba mol.
Aghora, dirixímonos a Enseño.
Atopámonos coa casa da defunta da señora Ramona de Amalia, e o cuberto no lateral, cun portal metálico.
E alí vemos, a través das reixas, na súa eira, un hórreo, e unha perfia, ambolos dous en bo estado.
A esta señora morréranlle as dúas fillas que tiña, e un fillo por fóra. Quedou só co xenro, e un neto na casa.
Ela foi partíçipe primordial dunha historia vivida no ano 1974. Naquel intre, o actor Fernando Rey, estaba dando unha publicidade dun seguro de pensión de vida.
Foi, nunha desas, que a ela lle caeu simpático, e alcumouno como "o home que nunca se afeitaba", ou tamén coma “o home das barbas”.
Cando saía dando esa publiçidade, ela non podía comer diante da televisión, porque pensaba que a podía ver, ou que estaba dentro do televisor.
Asesorada e acompañada por alghuén de Boiro, quixo ir ver a ese home que lle caía tan ben. Colleron un avión en Lavacolla e foron a Madrid. Alí, o, ou a acompañante buscou ao actor e presentoullo á señora Ramona.
A actitude da mulleriña era chocante para a xente da capital. Tal foi así, que a prensa, radio e televisión da época, retrataran, entrevistaran e gravaran á señora co actor.
Desde esa, Fernando Rey viñera á casa dela a Enseño, fixolle de comer, e ensinoullo o que había na casa e pola aldea.
El, miroulle a situaçión da señora, e por dereito, consighueulle unha pensión de vida.
Cruçeiro de Enseño.
Casa dos de Caamaño, restaurada.
Cuberto dos de Caamaño.
Hórreo de madeira, cos pés e as capas de pedra, na Horta dos de Xan Antonio.
Meténdonos máis adentro en Enseño, e ao pasar a casa dos de Xan Antonio, e a casa do Pío,
podemos ver nunha horta, un arado de ferro, con rodas e unha posible base dun cruçeiro de pedra.
podemos ver nunha horta, un arado de ferro, con rodas e unha posible base dun cruçeiro de pedra.
De seghuido, ollamos unha tina, ou unha perfia cortada pola metade que fai de ghran maçeta para plantas. Hórreo ao fondo, dos da casa de Rúa.
E alí vemos dous hórreos en ringhleira, un de Xan Antonio, e outro do Pío.
Subimos por un camiño cara o monte, e vemos outro hórreo de pedra noutra horta.
Pertençe, tamén á casa de Xan Antonio.
Pertençe, tamén á casa de Xan Antonio.
Nesta horta, atopamos un madeiro para fender leña, e un banco de madeira feito nunha cachopa dunha árbore, cun pequeno respaldo, para sentarse.
E vemos un pío, con aghua que surte unha mangueira.
Marco da horta, poste caído e outras pedras de traballo.
Banco de pedra a carón do muro, dentro da súa horta. Ao pé das árbores.
Non podía faltar, un can branco ceibo, no medio da Aghra.
Outro can branco, coidando de ovellas e cabras a paçer.
Leiras de millo apañado, e escaçulado, ou esfollado, con varias moreas de esterco para a nova ceifa.
Leira cavada, plantada de coles.
Varas, ghuieiros, canas, ... para amadeirar as viñas no seu momento.
Continuamos subindo, e atopamos un cruçeiro de capeliña. Tamén, propiedade da casa dos de Xan Antonio.
Vemos máis polo miúdo, as ofrendas (flores, velas, ...),
así como o seu interior, e as imaxes.
Xa, situados na pista forestal, vemos un camiño empedrado de carro que de antigho viña de abaixo da aldea, e continúa polas toxeiras e o monte.
así como o seu interior, e as imaxes.
Xa, situados na pista forestal, vemos un camiño empedrado de carro que de antigho viña de abaixo da aldea, e continúa polas toxeiras e o monte.
Cheghamos á casa nova de cor rosada de José da Cacheira, a carón da pista forestal. Xunto dela, atopamos un antigho "casarello" circular que posiblemente era un cuberto, ou cortes de animais, e á súa beira, a casa de pedra con xanela e porta, onde vivían antes de façeren a casa nova. Nese terreo da foto inferior, pareçe apreciarse un tallo de supostas rabiças.
Na súa horta, máis á esquerda, vemos un hórreo entre frutais.
Observamos unha fighueira, con fighos maduros. Moitos deles xa rabeados e abertos pola chuvia, o frío e os paxaros.
Cuberto, ou alpendre, dos do Carballal.
Eira xeitosa cun hórreo dividido á metade, entre dous propietarios.
Vese unha parte lavada, que está máis branca, a cal penso que pertençe aos do Carballal, e a metade escura, pertençe aos do Pío.
Este hórreo está un pouco máis alto co anterior. .
É propiedade dos de Caamaño
Vista frontal do hórreo da foto superior.
Entre Enseño e Pomar do Río, indo por un camiño de carro,
onde a herba xa vai tapando o empedrado
atopámonos baixo as viñas, cunhas antighas cortes de animais,
que son propiedade dos do Campiño, os cales fóronse para a Pobra do Caramiñal.
As hedras,
e o paso do tempo, foron façendo o seu labor.
Chanta, ou pedra onde se asentaba unha cançela, ou unha sebe para impedir o paso de animais e xente. A outra beira podería ser outra chanta, e/ou mesmo unha parede, ou un muro.
Portas de entrada ás cortes. Vense as columnas coas súas cubriçións.
A que pareçía ser a casa dos do Campiño, foi tellada polos seus donos, e puxéronlle un portal metálico.
Chantas de pedras façendo de muro divisorio,
e unha ghrade de ferro apoiada nel.
Camiño deica a casa dun veçiño.
Vista da intersecçión entre Enseño e Pomar do Río,
conoçido como Arribóns.
Imos alonxándonos destas aldeas, en retirada ao meu lughar.
Cada ves máis lonxe da perspectiva dos antighos asentamentos castrexos, coma o Coto da Moureira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario