Atopámonos na corredoira que vai por detrás da ighrexa, en concreto, da capela da Epístola correspondente ao altar maior. O cordón fransçiscano decora a porta da ala septentrional.
Hai dous contrafortes, ou estribos nos esquinais, que permiten ao muro resistir empuxes, transmitindo as carghas transversais á cimentaçión.
Vemos un escudo dunha casa nobiliar.
Fin da corredoira, e ollamos para atrás o tramo recorrido.
Casa antigha, perto da ighrexa.
Ao seu carón, érghuese outra vivenda máis alta, con arcos de xanelas estilo oxival en balcóns saíntes, e tamén marcos rectanghulares en balcóns abertos.
Comprobamos que na esquina da capela prinçipal, perto do contraforte,
hai un blasón ou escudo.
Perspectiva frontal da referida secçión.
Imos encarando a fachada da capela da Epístola.
E na fronte superior do contraforte esquerdo, encóntrase un escudo dunha casa nobre.
Capela Epistolar.
Outra perspectiva desta capela. Vense pombas no tellado.
Xardín.
Pedra decorando o xardín fronte á fachada sur da ighrexa de San Françisco.
Fonte deste patio.
O convento de San Françisco que forma conxunto coa ighrexa, foi construído no ano 1522, por doaçóns da nobreça do lughar, mesturando estilo ghótico e renaçentista. Dunha soa nave dividida en cinco tramos, moi espaçioso e proporçionado. Ten planta de crus
latina con braços de cruçeiro curtos e capela maior
rectanghular.
Na data referida do parághrafo anterior, érghuese a capela maior da nova ighrexa de San Françisco, da que
son benefactores os marqueses de Vilagharçía.
Chama
a atençión o feito de que se empregha, como se di textualmente en documentos escritos: “toda la cantería labrada
y arcos y puertas, y las demás piedras de molduras que se han sacado
del monasterio de San Francisco el viejo”; é diçir, o que
anteriormente existeu en Sueiro. Tamén se seghuiron as obras
ghraçias ás esmolas dos devotos.
A ighrexa de San Françisco pertençeu ao convento dos françiscanos. Atópase na Alameda de Noia. É un edifiçio do século XVI, de estilo renaçentista, erghuido ghraçias ás doaçóns das familias de Noia. Tellado de tella, torre-campanario de tres corpos, obra do mestre Rodrigho de Sedo.
Os françiscanos instaláronse na vila de Noia no ano 1522.
Poden verse numerosos escudos e blasóns, tanto no
exterior coma no interior do templo.
Fachada
entrada lateral e frontal da ighrexa de San Françisco.
Escaleiras e parte do patio.
Entrada do templo, e casa do conçello.
No
antigho solar do convento de San Françisco erghueuse no século XX o
paço muniçipal, aproveitando peças doutras construcçións
antighas.
Na parte posterior do convento, do cal forma parte, amósase un fermoso claustro, de estilo oxival renaçentista. Trala
exclaustraçión dos françiscanos instaláronse as dependençias
municipais sobor o claustro alto, e no baixo situouse o cárçere.
Frontal e campanario.
Porta de entrada oxival, característico do estilo ghótico.
Interior do templo. A bóveda desta
capela así como das capelas laterais, son de cruçería
propias de finais do ghótico tardío, sostidas
por nervaduras de complicada factura.
Arcos con nervadura, sillares, bancos para sentarse e altar maior ao fondo.
Nunha
destas capelas laterais atópanse dous sepulcros de fins do século
XVI que presentan cabaleiros coas súas armas e cabeças descansando
sobor almofadas.
No
seu interior destacamos a capela da Epístola e o seu retablo do
século XX.
Moitos
cabaleiros foron enterrados nesta ighrexa pero as sepulturas
desapareçeron coa desamortiçaçión de Mendizábal no século XIX.
Tamén desapareçeron interesantísimos documentos que se custodiaban
no seu arquivo. Consérvanse dúas tumbas na capela Epistolar.
Na
clave do arco, sobor o sepulcro do cabaleiro da Orde de San Xoán de
Malta, Françisco
Bermúdes de Castro, hai un escudo coa crus desta Orde.
O
sarcófagho que gharda os restos deste cabaleiro ten sobor a tapa a
súa estatua xaçente, coa mesma crus de Malta sobor do peito. Unha
inscripçión e un escudo serven para identificar á persoaxe aquí
enterrada. O cabaleiro apareçe vestindo armadura
completa coa viseira levantada, pareçe durmir. A man esquerda
semella que a usa para descansar, mentres a outra apóiaa nas
costas. Os pés descansan sobor un can.
No outro
sepulcro pódese ler: “aquí xaçe Pedro de Losada, fillo de Alvaro
Vasques de Sanabria e súa muller Inés Ianes Dacosta, contino da súa
Maxestade”.
Denominábase contino a cada un dos cen membros da
Gharda Real que velaban, de cotío polos monarcas e súa familia.
Corpo creado por don Alvaro de Luna, deica mediados do século XV, en
tempos de Xoán II de Castela, para defender ao monarca dos continos
ataques da nobreça e que, máis tarde, os Borbóns transformaron no
Real Corpo de Alabardeiros.
Por
outra banda, no lado da Epístola ábrese un nicho, que se chamou do
Ecce Homo- por ser durante moito tempo o sitio de tal devoçión-, na
parte do evanxeo disponse outro, que se correspondeu co saghrario,
ademáis da porta de acçeso á sacristía.