viernes, 11 de diciembre de 2015

TRASLADO DO MOSTEIRO Á VILA DE NOIA, 1.ª PARTE, por Ramón Laíño


Levantado o mosteiro iniçial no ano 1396, na aldea de Mosteiro, parroquia de Arghalo, proçédese á súa venda e traslado á vila de Noia, despois de 126 anos de existençia. 

 


No século XIV, concretamente no ano 1522, aséntase nun lughar denominado Aghra das Viñas, situado fóra das murallas. Edifícase así o novo convento xunto á fonte de Fóra da Vila e do acueducto ou levada de aghua pertos da capela de San Roque (1518-1887), daquela en construcçión. 

 

 
Iniçialmente edificado en madeira, co paso dos séculos os eidos do convento comprendían campos, hortas, viñas e arboreda. A partir de 1522, érghuese a capela maior da súa nova ighrexa da que son benefactores os marqueses de Vilagharçía






O claustro, sen embargho, fíxose de novo no seu actual sitio, en Noia. En 1835, o edifiçio deixou de ser un convento e pasouse a utiliçar primeiro como escola e logho como cárçere. Ese pode ser unha das causas polas que estivo abandoado.



No ano 1952, as dependençias muniçipais do Conçello de Noia que estaban no que hoxe é o instituto Virxe do Mar,



trasladáronse a parte deste convento, e nel continúan na actualidade. O claustro -no que os lados norde e oeste, intéghranse como parte do Conçello- está formado por arcos carpaneis enriba de columnas que descansan sobor un alto podium corrido. A parte restaurada do claustro, este e sur, pertençe ao convento.



No ano 1714 o coñeçído como Campo de San Françisco, pasou a ser o lughar da celebraçión secular da Feira de Noia.



No solar do antigo convento de San Françisco, edifiçio renaçentista, construeuse a Casa Consistorial, aproveitando peças doutros paços e partes do convento. 
Foi tras a exclaustraçión dos françiscanos que se instalaron as dependençias muniçipais sobor o claustro alto e no baixo situouse o cárcere. Forma parte do convento que os françiscanos construíron en Noia ao trasladárense aquí proçedentes do lughar de Mosteiro, na parroquia de Arghalo.

 

Ighrexa de San Françisco, xunto ao edifiçio do Conçello, construído sobor o claustro dos françiscanos.



Casa do Conçello. Edifiçio levantado sobor terreos do convento de San Françisco despois da desamortizaçión de Mendizabal.



A actual confighuraçión proçede da reforma dos anos 1940 e 1950. Ten planta en forma de L e vai con tellado a dúas aghuas. 



Paredes de cachotaría e cadeirado de ghranito no pórtico da entrada. Integhra un patio interior, onde se encontra o antigho claustro do convento de San Françisco.



As obras começaron en 1933, e ten un almeado para lembrar mellor a arquitectura medieval. 

 


Foron enghadidos na súa estrutura varios arcos oxivais proçedentes de distintas edificaçións derrubadas, como o que estaba no Hospital do Espíritu Santo de Afora, hoxe na entrada da sala de plenos.



Na fachada ten un pórtico protexendo a porta prinçipal, a cal remata e almeas e co escudo no medio das dúas xanelas.


As xanelas teñen a mesma simetría no primeiro e seghundo andar, e nas desta última, están rematadas en arco. Ten un balcón corrido ao longo na parte esquerda do edifiçio que complementa tódalas partes.



Os lados norde e oeste do claustro que se atopa no seu interior, forman parte da casa do Conçello. 




Despois de rematada a restauraçión do claustro, a peças arqueolóxicas que se atoparon, están expostas nos seus corredores. 



Con esto, recuperou todo o seu esplendor e a súa riqueça artística e patrimonial. Ademáis, consolidou as súas estruturas.


A reforma do claustro iniçiouse en 2009 coa restauraçión dos corredores este,



e sur, na parte do convento, que era a máis deteriorada. 

 

Os restos cerámicos e moedas tiveron que excluírse da proposta expositiva ao non ter o espaço consideraçión de museo.





Eses elementos foron depositados no museo provinçial de A Coruña. Castelo de San Antón.



O claustro, de forma cadrada e datado en 1646, está situado no centro do convento de San Françisco, formando o lado norde e oeste, parte da casa consistorial. 
Por outra banda, o convento conta cunha ampla finca na que hai espaço para a horta e, tamén, para o bosque.



A firma santiaguesa Cenlitrosmetrocadrado foi a encarghada da recuperaçión


e reinteghraçión dos elementos escultóricos e artísticos.



No ánghulo NE deste claustro situáse a porta françiscana.




Basa e Pilastra. 
S. XVI. Tardoghótico. 
"Trátase dunha única peça na que a pilastra arrinca dunha basa de formato rectanghular, sobor plinto cúbico, con molduras a boçel laterais. Da basa só se conserva a súa parte superior e responde ao esquema habitual da base ática da época."




Basa. 
S. XVI. Tardoghótico. 
"Fragmento de basa incompleto. Conserva un cuarto de touro sobor o que se alça unha fighura alada cun esmerado tratamento escultórico."



Basa. 
S. XVI. Ghótico
"Sinxela basa composta por dous touros superpostos paralelamente, separados por unha escoçia. Apóiase sobor un sócalo cadranghular totalmente liso. 
É propable que esta basa proçeda do desapareçido Mosteiro de Sueiro."
 


Fragmentos de arco. 
S. XVI. Tardoghótico. 
"Fragmentos dun posible arco escarçano, semellante aos existentes neste claustro. Probablemente estaría situado nalghunha das súas cruxías."



Explicaçión das orixes do convento.




Escudos,



baixorrelevos,




soportes arquitectónicos




e basa.



Vemos a man esquerda, fustes expostos nunha mesa, e ancorados á parede.



Fustes. Retablo Ghótico. 
S. XVI. Tardoghótico. 
"Estes fustes puderon  formar parte dun retablo pétreo semellante ao de Capela da Alba da ighrexa da Pobra do Caramiñal. 
Os fustes dos extremos posúen estrías verticais e apareçen divididos en dúas partes por medio dunha moldura da que naçen catro follas simétricas, dúas a dúas. 
Os fustes centrais aseméllanse ás peças laterais aínda que varían na moldura -neste caso con división tripartita- e na ornamentaçión das follas."



Capiteis exentos. S. XIV. Ghótico.
"Capiteis exentos cúbico-cónicos con ornamentaçión vexetal.
Non se corresponden coa arquitectura françiscana do século XVI, polo que é probable que fosen reutiliçados e, por tanto, proçedan doutro edifiçio ou fábrica máis antigha."



Porta monumental
S. XVI. Começos do Renaçemento.
" Trátase daa porta máis monumental conservada nestre claustro. Denominada tamén como Porta Proçesional, a súa situaçión indica que sería o arco de acçeso á escalinata que conduçiría ao andar suuperior do convento. Existen exemplos semellantes no mosteiro de Samos (Lugho) e no mosteiro de Poio (Pontevedra).
Presenta un arco deprimido rectilíneo que descansa sobor pilastras con capiteis entregos clásicos, próximos a modelos empreghados polo arquitecto Juan de Álava (s. XVI).
As esquinas das pilastras están traballadas cun boçel que non chega a tocar o arrinque do capitel. Dado que se trata dun motivo decorativo pouco común no século XVI haberá que pensar nun retoque efectuado no século XVIII, coinçidindo coa realizaçión do corpo da ighrexa e a decoraçión plástica do barroco de placas.
A iconoghrafía françiscana apareçe representada nos sobraços da porta mentres que toda a composiçión está rematada por unha cornixa con decoraçión denticulada de dados. 
Na clave do arco fighura un escudo heráldico, moi deteriorado e fragmentado, no que se identifican as armas onduladas da liñaxe dos Mariños e os xadreçados dos Bermudes ou Pregho. Os animais representados empinados ás árbores poden ser emblemas dos Cabral, Cadórnigha ou Soutelo."
  
 


Fondo do corredor da conexión leste-sur. 



Distintos escudos heráldicos. 
 
 


S. XIX-XX
REFORMAS E NOVOS USOS DO CONVENTO


A exclaustraçión ditada polas leis desamortiçadoras de 1835, decretaron a expulsión da conghreghaçión françiscana deste convento. Daquela, as dependençias conventuais foron destinadas a diversos usos (escola e arquivo en 1836, e cárçere do partido xudiçial até 1931). En 1905 a conghreghaçión reghresaría a Noia da man dos françiscano do convento de Louro (Muros), e en 1913, dado o estado ruinoso do edifiçio, constrúese para eles unha nova residençia, no sector leste. 

 

Desde 1951 o corpo da fachada prinçipal do convento (antigha residençia conventual) acolle a Casa Consistorial, reformada logho entre 1972 e 1975. En 1981 trasládase a este lughar a porta do hospital medieval do Espírito Santo de Fora (s. XV) demolido nese momento. En 1989-90 proçédese ao derrubo do vello convento, e de parte da nova sancristía, para façer unha nova construcçión.



S. XXI
INTERVENÇIÓN E REHABILITAÇIÓN DO CLAUSTRO


No ano 2009 ten lughar a rehabilitaçión arquitectónica dos sectores sur e leste do claustro desocupados e arruinados. Simultáneamente efectúase unha intervençión arqueolóxica no seu subsolo, así como a lectura de paramentos de cara a revelar a súa xenealoxía construtiva. Foron así documentados dous arcos de descargha, vanos e portas çeghadas e 93 anacos cerámicos: cerámica común Baixo Medieval (s. XII-XIV), louça de Valençia (s. XIV), de Talavera (s. XVI-XVII), de Triana (Sevilla s. XVI), porçelana de La Cartuja e Sarghadelos (s. XVIII-XIX) e cerámica vidrada característica da olaría popular ghalegha de Buño e Barro (Noia) do século XVIII-XIX. Identificouse tamén unha moeda portughuesa, un “ceitil” de cobre do s. XV. Moeda de troco chamada “dos probes” -acuñada polo rei Afonso V logho da conquista de Ceuta-.


Destaca no claustro a porta françiscana e a porta monumental renaçentista (s. XVI). Esta última apareçeu entullada con elementos arquitectónicos ornamentados que proviñan do antigho convento. Estes elementos foron recuperados e reinteghrados no claustro para -na medida do posible- posibilitar o sentido e comprensión do convento e da arquitectura orixinaria.


Entrada ao claustro.



Columnas do claustro na cara norde.



Corredor entre a parede interior e as columnas, nesta parte norde.



Perspectivas das dependençias superiores do claustro. 




Desde outro ánghulo.



Outro novo enfoque.


 
Os diferentes lados das columnas.




Coas partes reformadas do piso superior, tamén.



Subida ás dependençias do andar de riba.



Encamiñámonos para saír, e antes da entrada prinçipal, vemos unha porta que da ao local de Informaçión e Rexistro. Na parte superior ten un escudo.



E fronte a ela, está o Salón de Plenos, cun escudo enriba. 




Saímos ao exterior e, a man dereita,



imos bordeando todo o conxunto arquitectónico. 



Xa postos nesta cara, continuamos dereitos por ela, 



ata ver unhas escaleiras que van dar ao interior do convento.



Proseghuimos en paralelo ao muro desa subida.



Os françiscanos construíron, nun espaço inmediato á ighrexa, tamén no lado norde, unha nova casa que hoxe é residençia de maiores da comunidade. 



Entramos no corredor, con pasamáns de ferro.



E cheghamos á parte de atrás desta aghrupaçión de edificaçións, no cal se ve un portal de saída para vehículos.



Á altura desa boqueira, collemos a corredoira, e continuamos por ela.

No hay comentarios: