Eí está Loxo de Baixo, visto
desde a Aghra de Comoxo. Ao deixar Loxo de Riba, seghuimos a pista que vai deica a aldea irmán.
Como noutras aldeas, aquí viviron e viven as súas xentes e as súas historias. Atopámonos a man esquerda con esta travesa, ou pau que prohíbe o paso á braña.
A man dereita, ollamos unha pequena plantaçión de castiñeiros nunha leira deixada a campo, ou antigha toxeira que pouco a pouco, se convertirá nun souto.
Na marxe contraria, despois da
travesa, vai este camiño de carro con direcçión ás brañas e leiras.
Vemos un cuberto, rehabilitado e habitado en ocasións. É propiedade dos de Marçial, o cal, a finais dos anos cincuenta, primeiros dos sesenta, fixo unha casa en Bermo e asentouse alí, deixando a casa matrís que está polo medio da aldea de Loxo de Baixo.
Ghato pinto ao asexo.
Nai cos nenos. Sonia do Pío de Enseño casada cun fillo do defunto de Marçial de Bermo saíndo desta vivenda, antigho cuberto rehabilitado.
Continuamos, sen entrar inda na aldea. E neste recorrido, encaramos cunha fonte nova e cun lavadeiro, construído polos veçiños de Loxo de Baixo.
Vese detrás, xusto a carón do muro, unha billa de aghua canaliçando un regho de aghua que ven dunha fonte.
Asento comunal á beira do
lavadeiro.
Pinche da casa de Bretal de
Baixo.
Viñas na beira do camiño.
Perspectiva do banco, o
lavadeiro e as fontes.
Antigho camiño que ía para as
toxeiras.
Regho con aghua da fonte, pola
beira da pista.
Reghueiro, ou afluente que
baixa do monte,
vai por debaixo da pista
e xúntase ao río que pasa por Loxo de
Baixo.
Indicador de Loxo de Baixo,
vindo en sentido contrario.
Pasando este sinal, deica a
súa periferia, encontramos camiños de carro
que se adentran en carballeiras.
Están inçadas de carballos, e polo momento son pequenos, pero co paso do tempo irán tomando forma de árbores xeitosas.
Na outra beira da pista, temos un monte de piñeiros e arcolitos, mesturados con toxos, escarchas, fieitos, … Hai muros delimitando as súas estremas da propiedade.
Penso que estas carballeiras e monte están xa, na paraxe de “Moirás”.
Un pouquiño máis adiante, na mesma marxe do monte de Piñeiro, atopamos un camiño de carro que leva ao “cruçeiro de Talló”.
Vémolos desde distintas posiçións e tamén as escaleiras na súa base.
Ten unha capeliña, pero sen
santo, nin crus enriba porque llo roubaron.
O que si conserva é un anxo ghardián
na súa fronte.
Uns pasos máis arriba por este
camiño, topámonos á mesma man coa antigha casa “da Laxe”. Está perto deste cruçeiro de Talló. Comentan alghunhas persoas do lugar que antighamente, esta casa tiña tantas propiedades que se podía ir soamente por elas ata Boiro, sen pisar as doutros veçiños.
Pinche e fachada norde da
casa.
Como se ve, nun lateral do
pinche xa está a medio caer.
Corredor entre o muro exterior
e o pinche norde.
Ciamentos do pinche.
Esquina do lateral esquerdo do
pinche norde e a fachada da parte sur.
Pedras caídas desta parte da
casa.
Unha porta e a xanela da
fachada sur. Vese un carballo dentro da casa.
Proseghuimos o recorrido desta
fachada.
E atopamos outra porta,
posiblemente de cortes, dun cuberto, ou doutra dependeçia da casa. Non ten xanela enriba.
Dependençias caídas na parte
última da fachada sur.
Xanela, ou posible
respiradeiro dalghunha corte. O terreo foi subindo pola "ghordura" que produçe o propio monte.
Algho de parede esquinal do
pinche sur.
Outras dependençias da casa,
ou cortes e cortellos dos animais.
Pinche sur con xanelas.
Interior da vivenda.
Un carballo
de moitos anos, xa no seu interior.
Saíntes de pedra, posiblemente
de apoio para pisos de madeira.
Volvemos ao camiño, e baixamos
por el.
De fronte, ao cruçar a pista, localiçamos o "cruçeiro do Pulido" ao que lle roubaron a crus. Pertençe á casa vella do Pulido, a cal está derrubada e veremos de seghuido, perto del.
Logho de limpalo na base,
póñome detrás del e enfocamos ao outro cruçeiro de Talló, con capeliña que está na beira
do camiño,
e máis atrás, entre os pinos, vemos a silueta da casa da Laxe.
Detrás deste cruçeiro, sen crus, do Pulido, atopamos outra casa derruída, pertençente ao "Pulido”.
Ímonos acheghando polo pinche
sur.
Damos a volta, pola fachada
sur e vemos que ten unha brecha no medio,
con parte da parede caída neste
punto.
Xanelas vistas máis de perto,
dentro da fachada norde.
Dependençia adxacente na parte
dereita da foto, con ponlas de pino secas taponando a parede que temos diante
da vista.
Xanela do interior desta parte
da casa.
Brecha na fachada sur desta
dependençia.
Pinche sur.
Esa brecha, ou abertura vista
por fóra da fachada sur.
Obsérvase tamén outra abertura na parede interior que
podería ser propio dunha porta que comunicaba o paso interno, ou simplemente un
derrumbe de parte das pedras.
Esquina da fachada sur co
pinche sur.
A xente
maior do lughar, di que as orixes da aldea de Loxo de Baixo eran estas casas,
compostas pola casa da Laxe e a do Pulido. Polo tanto, esta era a antigha
aldea de Loxo de Baixo. Deste xeito, inda non existían as casas que hoxe forman
a nova aldea.
Volvemos por onde viñemos,
reghresando pola pista con direcçión á aldea, e dámos cun outeiro en plena
carballeira.
Ao lonxe, contemplamos o
núcleo de Loxo de Baixo.
Esa casa, coas tres xanelas na
fachada sur, é a casa nova do Pulido. Como dixemos antes, os seus antepasados
viviron na casa derrubada do mesmo nome.
Vista dun aghro con viña,
adxacente con esa casa.
Á esquerda, casa do Pulido,
cun cuberto entrocado na fachada. E na man dereita, casa de Bretal de Riba.
Panorámica da aldea, desde
esta perspectiva, con aghro moi verde.
Bestas pertençentes a Manolo
do Rulo, de Loxo de Riba. Están paçendo no aghro que se atopa a carón da casa
do Pulido. Na foto vemos, na parte esquerda un cabalo e na dereita, unha éghoa preñada.
Éghoa preñada paçendo.
Cabalo ollando na distançia.
O cabalo xa paçendo na leira.
Encadre do ghrupo de casas enfocadas
desde a parte interior que dan ás súas hortas.
Permaneçendo no mesmo aghro,
casa dos de Bretal de Baixo, co pinche e fachada adxacente co cuberto.
Unha visión máis de perto, con
cruçeiro perto desa vivenda.
Situados xa na mesma pista,
encontramos esta casa pequena, chamada "Casa de Ciprián de Baixo". Está dividida en dúas partes. É de dous sobriños de
Ciprián.
A metade tellada e arranxada
pertençe a José Antonio casado en Comoxo, na "casa nova dos de Cristovo", ao pé da estrada. E a parte que esta abandoada e sen
tellar, é propiedade dunha irmán del que se fora para Arxentina.
Deixamos a construcçión
anterior e próxima a ela, atopamos un cruçeiro propiedade da casa de Bretal de Riba.
Foi encarghado e/ou feito polo defunto de Xaquín, desa familia.
Así pareçe constar no basamento do cruçeiro, tal como reflicten as súas letras.
É moi común que as casas nas
aldeas orixinais, estiveran peghadas unhas ás outras, como medida defensiva e
preventiva. Esto debíase ao distançiamento entre os lughares e á necesidade de
valérense por eles mesmos.
Continuamos pola beira da casa
de Bretal de Baixo
e vemos un cançelo de ferro.
A través del, ollamos un
portalón de madeira. Unha parte da porta é de folla enteira, e a outra consta
de dúas follas. Ten unha asa de ferro redonda.
Como se apreçia, a vivenda está
pechada. Penso que os seus descendentes viven por Ribeira.
Muro derredor da casa.
Chantas de pedra delimitando o
patio da eira e o hórreo.
Hórreo e viña desta casa.
Plantas con flores de cor
lila. Desconoço o seu nome propio, se é que a nomean dalghunha maneira por aquí.
Fronte á casa de Bretal de
Baixo, na outra beira do camiño, vemos a casa dos de Ciprián,
con cubertos e
hórreo á man dereita.
Este hórreo, xusto na beira do
muro, por baixo da casa de Ciprián, pertençe tamén aos de Bretal de Baixo.
Ten un símbolo fálico e outro
cristián.
Pinche sur, da casa de Bretal
de Riba.
Can do Pulido, xunto á porta
de entrada de Bretal de Riba,
remosqueando por alí en busca de algho.
Fachada norde da casa de
Bretal de Riba, con portalóns, xanelas e
un respiradeiro das cortes dos animais. Na
actualidade non vive ninguén nesta casa. Creo que os seus donos están por
Boiro.
Esta casa estreita, da mesma
altura ca que falamos antes, con vigha de pedra saínte, está hoxe en día
rehabilitada e habitada por unha filla de Joam do Pulido.
Ten unhas escaleiras
exteriores, con descanso que dan á porta prinçipal.
Seghundo me conta ela,
posiblemente no século XIX, inda pertençía aos de Bretal de Riba, como unha
prolonghaçión máis desa casa e comunicábanse por unha porta interior.
A casa vella dos de Ciprián,
rehabilitada. No patio, vese unhas albardas de burro, ou besta, disimulada
cunha pranta que lle naçeu por xunto ela.
Logho desta casiña, atopamos
un cuberto dos de Bretal de Riba.
E a carón do anterior, ollamos outro cuberto,
inçado de herbas, hedras, …, e sen portal. Pertençe aos de Marçial.
Reghresando por este rueiro,
ata o iniçio da camiño,
começamos pola man dereita, xunto o coche da filla do
Pulido. Aquí está este cuberto dos de Bretal de Riba, fronte á casa dos mesmos
donos.
Outra construcçión antigha, só
coas paredes en pé e sen tellado, nin porta, …, tamén dos de Bretal de Riba.
Está con silvas por dentro e outras que soben polas paredes.
Casa nova dos de Ciprián, xa
que a vella, seghundo falamos antes, era a pequeniña que se atopa rehabilitada
e con albardas no seu patio.
Cançelo que vai dar á horta
dos de Ciprián.
Cançela que tamén da entrada á
horta do propietario anterior.
Sen embargho, o hórreo, por complexidades de
propiedades, pertençe aos de Bretal de Riba.
Os de Ciprián, deixaron esta
aldea décadas atrás, e instaláranse na beira da estrada de Comoxo. Hoxe en día, logho de faleçer o ano pasado Pilar de Ciprián, xa tampouco habita ninguén a casa de Comoxo, e os máis novos están por Boiro.
Subindo polo camiño,
contemplamos a man dereita,
a antigha casa “das Leveanas” que foi restaurada
por unha sobriña de Delores de Porfica.
A sobriña está casada aquí e fai vida nela.
Pedra de mampostería. Cuberto adxaçente, xunto á casa,
con maçeteiros cuberta por unha vigha e cheminea de pedra con diversos respiradeiros.
Acçesorio enghadido na horta
desta casa.
Fronte á antigha casa “das
Leveanas”, atópase un muro con dous portalóns que protexen a casa “da Laxe”,
tamén conoçida como “do Laxeiro”. Non hai moitos anos que faleçeu o seu dono.
Este home era desçendente dos
antighos propietarios da casa abandoada na paraxe de “Moirás”, onde está o
cruçeiro de capeliña de Talló. Como dixéramos, aquelas dúas casas, a de Laxe e
a do Pulido, en Moirás, formaban a antigha aldea de Loxo de Baixo, posto que o
que estamos describindo aghora, daquela época non existía.
Cuberto da casa da Laxe.
Muro e portalón.
Perspectiva lateral deste
cuberto.
Horta e parte da parede da
casa, con outra dependençia.
Entrada directa á casa e
a outra súa casa vella.
Ollése no pinche como foi
taponada o sitio dunha xanela, cunha pedra feita a medida.
Proseghuimos o camiño e
bordeamos esta casa.
Parte traseira da casa e a
horta.
Ola convertida en xardineira.
Hórreo da casa, enriba dun outeiro,
en terreo rochoso.
Diferentes ánghulos do hórreo.
Ten a porta polo norde, xa que
polo sur é onde veñen máis frecuentemente as choivas.
Continuamos cara ao monte.
E ao pouco tempo
atopamos o
depósito da aghua que da serviço a Loxo de Baixo.
Distintos lados do depósito
A tubería vén dunha fonte de
máis arriba, tal como se ve na foto.
Desde este depósito, baixa un
conxunto de mangueiras
que se reparten para cada casa.
Reghresamos do monte, ata a esquina da casa das Leveanas que está máis abaixo do muro da horta do Laxeiro.
Antes de que se metera a aghua nas casas, a xente ía buscala á fonte, e lavaba a roupa no lavadeiro que
está xunto desta fonte.
Un camiño para cheghar ata
alí, era a carón dese cuberto dos de Marçial que hoxe está tapada por unha
valla metálica.
Seghuindo ese camiño, pasábase
polas viñas e a horta dos de Porfica, ata cheghar á fonte e lavadeiro públicos. Conoçíase simplemente como fonte e lavadeiro de Loxo de Baixo.
A fonte ten un cano de pedra, por onde
verte a aghua que vén por el.
O lavadeiro ten tres pedras,
inda visibles para refreghar e lavar a roupa.
Logho esa aghua vai polos
reghueiros
que vai dar ao lavadeiro e fonte novas que se atopan na beira da
pista.
Volvemos ata onde está o
cuberto dos de Marçial.
Hórreo da casa de Marçial que perdeu a madeira do
seu núcleo,
e só conserva a estrutura de pedra, co tellado, as rateiras, os
pés.
Vemos que tamén tiña unha paneira, unindo os pés de pedra con ladrillos.
Portalón do cuberto.
Perspectiva da casa de
Ciprián.
Pinches e tellados de casas e
cubertos vistas no traxecto das primeiras casas.
Casa dos de Marçial, con pasamáns metálico.
A estrutura é de cantería.
Debaixo do balcón e pasamáns de metal, ten un portal que dá ao soto, ou cuberto.
Diçir que os de Marçial abandoaron esta casa arredor dos anos 50-60.
Os seus desçendentes asentáronse en diversos lughares. Por exemplo, Marçial fillo, fixo unha vivenda en Bermo, na beira da estrada, a finais dos anos 50, prinçipios dos sesenta. É conoçido como Marçial de Bermo. Outra irmán, Maruxa, fixo casa en Xarmea.
Lola, logho de casar, foi para Boiro. Flora, comprou en Cures, e levantou unha casa ao pé da estrada prinçipal. Ramón, constrúeu vivenda en Espiñeira. E Manoela, casou para a casa da Canliña, en Mieites.
Diçir que os de Marçial abandoaron esta casa arredor dos anos 50-60.
Os seus desçendentes asentáronse en diversos lughares. Por exemplo, Marçial fillo, fixo unha vivenda en Bermo, na beira da estrada, a finais dos anos 50, prinçipios dos sesenta. É conoçido como Marçial de Bermo. Outra irmán, Maruxa, fixo casa en Xarmea.
Lola, logho de casar, foi para Boiro. Flora, comprou en Cures, e levantou unha casa ao pé da estrada prinçipal. Ramón, constrúeu vivenda en Espiñeira. E Manoela, casou para a casa da Canliña, en Mieites.
Metida a man dereita, logho da casa de Marçial,
está a vivenda de Delores de Porfica que aínda vive nela con alghunha filla.
está a vivenda de Delores de Porfica que aínda vive nela con alghunha filla.
Vista pola outra fachada interior da horta, a casa dos de Porfica, é a restaurada con dúas xanelas e tellado do país, xunto con outro anaco enghadido de tella de uralita e xanelas verde e branca.
Cubertos dos de Porfica.
Véxanse que uns alprendes teñen porta e paredes frontais e outros non.
Hórreo pechado de Porfica, na
súa horta.
Millo encabanado no hórreo de
Delores.
Ghaliñas por debaixo
do hórreo e da horta de Porfica.
Obsérvese que se aproveita en
moitos casos, o espaço do fondo do hórreo para colghar a roupa, coa fin de
enxughala.
Outro alboio de Porfica, pero
aberto por un lado e sen porta.
Deixamos a casa dela e
baixando polo camiño, a man dereita, está a casa de Joam do Pulido que ten un
baixante de aghuas de cor branco no esquinal. É unha das casas habitadas,
nas que vive el. Como dixemos antes, noutra casa da aldea vive unha filla.
Fachada do Pulido, con
xanelas, porta e respiradeiro das cortes.
Laçena de abellas.
Portais do cuberto de entrada,
tamén á casa.
Fachada suroeste da casa de
Bretal de Riba.
Nesta mesma casa de Bretal de Riba, e a través do cristal da xanela rompida, podemos ver un vertedeiro de mármore e un chineiro.
Portal sur do muro da horta dos de Bretal de Baixo.
Achéghase a noite e hai que
volver á casa. Emprendemos camiño de reghreso.