jueves, 8 de enero de 2015

NENO DOS MEUS ADENTROS, por Ramón Laíño





¡Oh, vida impía. Todo levas e só deixas as lembranças!


¿Onde vai aquel neno de antano que corría polos montes, façendo cabanas?


Que en silençio, asexaba curioso os tobos dos coellos e dos raposos.


Livre e inmenso, ghabeaba ás árbores para ollar o horiçonte e os paxaros.


En solemnidade, escoitaba o canto misterioso do cuco, a curuxa e o rilar dos ghrilos nocturnos.


Sentía con lediçia, o piar melodioso do paparrugho, o chasco e a pimpina, …


Case dun chimpo, subía aos outeiros, como tumbas de xighantes para ver os dominios e a vista lonxana.


¡Qué maneira de brincar muros e valados, detrás dos compañeiros!


Continuamente, transitaba camiños e corredoiras por onde cantaban os carros.


Tantas veçes fuxía, cando ao lonxe vía choqueiros, ghulichos e desconeçidos.


Logho, ao pé do lume da lareira, confiadamente comía filloas.


Ten aos avós na súa memoria, façendo papas no pote e tomar cuncas delas.


Mándanlle acomerar os animais que compaxina con diversións naturais e, vai coa familia ás leiras.


Orghulloso, mira o seu trompo novo rodando no chan e, no medio ve ao desdichado trompo das nicras.


Córre que voa aos camposos para xoghar ao balompé, con balóns de trapo e porterías de pedras.


¡Qué rápido rodan os aros brilantes, empurrados polos ferros!


De día ou de noite, conta ao escondite cos ollos pechados, mentres se aghachan os amighos.


Nun tempo, acordan unha batalla nos bosques sombríos e, prepara en sixilio as súas armas seghredas.


¡Cómo estira o arco coa frecha. Qué ben arrebola o tirapedras, …!


En momentos de calma e pas, diríxese aos bosques saghrados, para descansar.


Por veçes, saca do peto boliñas de cristal, mais noutros tempos só tiñan "crochos" de carballo.


E, desde o chan, arrebólanas co polghar contra outras para ghanalas.


Ao aviso de ¡Prima!, din ¡Vai! E, a estornela voa co impulso do pau, se no traxecto non lla "coan" cas mans.


Era na estaçión dos calores, cando desde o río ouvíanse risas e, chapoteos de corpos bañándose espidos.


Escorren monte abaixo as cascas de arcolito, como canoas sobre camas de picaños. E, con paus coléanas por entre os pinos.


Tantos xoghos unidos a ti, incansable soñador. A naina, a estrícula, a comba, as peleas ou tumbas.


O pano da man, os sancos, as carreiras de sacos, tresperrestriñas-tresperrestrainas, …


Soña que na noite de Reis Maghos verá no ceo, a caron das estrelas e a lúa, viaxar a súas maxestades en camellos.


¿Onde estás, a onde te fostes, neno dos meus adentros?

No hay comentarios: